LECTURAS RELACIONADAS COAS RELACIÓNS ......Leoníe ten a mesma voz que a súa nai. Pero todos...

3
LECTURAS RELACIONADAS COAS RELACIÓNS FAMILIARES E A DIVERSIDADE FAMILIAR A NAI DA NAI DA MIÑA MAMA Conto infantil que amosa dúas visións da vida ben distintas: por unha banda, nárrase o punto de vista dunha meniña que está empezando a súa vida; pola outra, a da súa bisavoa, que está chegando ao remate da súa. O proceso natural da vida a través de dúas miradas tan distintas e, sen embargo, paralelas e coetáneas. Dous contos cargados de afecto e emocións que nos transmiten unha mensaxe clara: a do respecto polos nosos adultos maiores porque eles son a base da nosa historia, da nosa vida. As dúas xeracións que hai entre estas dúas mulleres (a nai e maila avoa da nena, que veñen ser a filla e a neta da bisavoa) a penas asoman polas narracións, aínda que elas sexan o eixo vertebrador da relación entre elas. Son a primeira infancia e a cuarta idade as que camiñan da man e reflexionan en alta voz unha sobre sobre o futuro da outra. Este é un fermoso libro para compartir en familia, para disfrutar xuntos, para homenaxear e aprender e, moi importante, para ensinara respectar o pelo branco. Pero, sobre todo, para non esquecer que a nena de hoxe será a bisavoa de mañá. P DE PAPÁ Un pai é quen de transformarse nas cousas máis incribles para favorecer a relación cos seus fillos: tractor, colchón, espertador, guindastre... Os afectos e o xogo visualízanse neste libro que transmite tenrura. MAMÁ O ser humano é unha especie máis neste álbum onde se ensalza á Nai Terra: animais, plantas e espazos do mundo que nos rodea plasmados en imaxes exuberantes onde a natureza está presente de principio a fin. AVÓS Todos nos facemos vellos, é lei de vida. Pero a beleza non morre cos anos, simplemente se transforma. Unha historia romántica e poética repleta de metáforas encadeadas.

Transcript of LECTURAS RELACIONADAS COAS RELACIÓNS ......Leoníe ten a mesma voz que a súa nai. Pero todos...

Page 1: LECTURAS RELACIONADAS COAS RELACIÓNS ......Leoníe ten a mesma voz que a súa nai. Pero todos teñen unha cousa en común: Cada un pertence a unha familia, e como esta só hai unha

LECTURAS RELACIONADAS COAS RELACIÓNS FAMILIARES E A

DIVERSIDADE FAMILIAR

A NAI DA NAI DA MIÑA MAMA

Conto infantil que amosa dúas visións da vida ben distintas: por unha banda, nárrase o punto de vista dunha meniña que está empezando a súa vida; pola outra, a da súa bisavoa, que está chegando ao remate da súa. O proceso natural da vida a través de dúas miradas tan distintas e, sen embargo, paralelas e coetáneas. Dous contos cargados de afecto e

emocións que nos transmiten unha mensaxe clara: a do respecto polos nosos adultos maiores porque eles son a base da nosa historia, da nosa vida. As dúas xeracións que hai entre estas dúas mulleres (a nai e maila avoa da nena, que veñen ser a filla e a neta da bisavoa) a penas asoman polas narracións, aínda que elas sexan o eixo vertebrador da relación entre elas. Son a primeira infancia e a cuarta idade as que camiñan da man e reflexionan en alta voz unha sobre sobre o futuro da outra. Este é un fermoso libro para compartir en familia, para disfrutar xuntos, para homenaxear e aprender —e, moi importante, para ensinar— a respectar o pelo branco. Pero, sobre todo, para non esquecer que a nena de hoxe será a bisavoa de mañá.

P DE PAPÁ Un pai é quen de transformarse nas cousas máis incribles para favorecer a relación cos seus fillos: tractor, colchón, espertador, guindastre... Os afectos e o xogo visualízanse neste libro que transmite tenrura.

MAMÁ O ser humano é unha especie máis neste álbum onde se ensalza á Nai Terra: animais, plantas e espazos do mundo que nos rodea plasmados en imaxes exuberantes onde a natureza está presente de principio a fin.

AVÓS Todos nos facemos vellos, é lei de vida. Pero a beleza non morre cos anos, simplemente se transforma. Unha historia romántica e poética repleta de metáforas encadeadas.

Page 2: LECTURAS RELACIONADAS COAS RELACIÓNS ......Leoníe ten a mesma voz que a súa nai. Pero todos teñen unha cousa en común: Cada un pertence a unha familia, e como esta só hai unha

TODA MI FAMILIA A familia inclúe a moitas máis persoas á parte de nai, pai, fillos ou avó e avoa, e se cadra ata se pode coñecer aos bisavós. Despois, polo xeral, os recordos pérdense. Con todo, existen moitos antepasados… Poderiamos chegar aos prehistóricos! Todos eses antepasados están relacionados cun mesmo: son parte de nós. Deixáronnos características físicas, algúns obxectos, descubrimentos e toda unha sociedade coas súas tradicións. Este libro de ilustracións claras e textos breves e precisos abre a porta á reflexión e ao diálogo, fai, ademais, que se desexe descubrir as raíces propias.

EN FAMILIA Ben pelea as veces coa súa irmá Lisa. Mía non ten irmáns, pero ten todo por duplicado. Jakob ten un tres cuartos de pai a quen quere moito. Carla e Moritz teñen dúas mamás e dous papás. Jule está triste e non ten ganas de ter unha nova mamá. Paula celebra o seu aniversario dúas veces ao ano. A Moritz seu pai chámao “parrulo”. Leoníe ten a mesma voz que a súa nai. Pero todos teñen unha cousa en común: Cada un pertence a unha familia, e como esta só hai unha no mundo.

FAMILIAS Existen tantas familias como formas de amar. Unha familia non necesita ser explicada, só vivida. Este álbum ilustrado presenta 14 viñetas con distintas familias onde a cama é o escenario principal. As ilustracións están acompañadas de textos en rima, cos que as autoras normalizan a diversidade familiar e plantean as familias como un espazo de amor e de coidado.

MI FAMILIA Pablo pronto terá un irmán, Martina pregúntase por que ela s ten unha mamá e Juan recorda cando o adoptaron...

Coas familias pasa o mesmo que coas persoas: todas son distintas, non hai dúas iguais. Pero todas teñen algo en común, aquilo que fai que, para cada un de nos, a nosa familia sexa a mellor do mundo: que nos queremos!

FEDERICO Y SUS FAMILIAS O gato Federico visita de tellado en tellado a todas as súas familias. A Tadeo, que vive cos avós; a Ana e as súas dúas mamás; A Virginia, o seu papá e a súa mamá... Son familias diferentes e Federico quere a todas por igual.

Page 3: LECTURAS RELACIONADAS COAS RELACIÓNS ......Leoníe ten a mesma voz que a súa nai. Pero todos teñen unha cousa en común: Cada un pertence a unha familia, e como esta só hai unha

CON TANGO SON TRES

Con Tango son tres é a historia real dunha singular parella de pingüíns aos que o coidador do zoo de Central Park, en Nueva York, Rob Gramzay, lles deu a oportunidade -depositando un ovo no seu niño- de ter una cría, tras observar que incubaban infructuosamente unha pedra. Así naceu Tango, que foi a primeira pingüín en ter dous pais.

UNHA FAMILIA NORMAL Mamá xirafa, papá crocodilo e os seus fillos son unha familia feliz e normal. Viven nunha casa a medida e los bebés teñen un aspecto peculiar. Para toda a familia, a hora do almorzo pode convertirse nunha aventura inolvidable.

A FAMILIA C

O III Premio Compostela lévanos ao único e irrepetible espectáculo circense

dunha peculiar familia que, a base de imaxinación, combina realidade e

ficción. Saltimbanquis, malabaristas, domadores ou pallasos, ata os días

máis grises se enchen de color estando ao seu carón.

UN MÁIS

Mamá está gordecha e o coelliño percorre o bosque dando a boa noticia: a

familia medra! Pero, cando nacerá? Mamá sempre responde: ''Cando xa non

poida ver os meus pés''.

UNHA CHEA DE FAMILIAS

Mariña pregúntase cantos tipos distintos de familias pode haber. De

feito, a familia de Mariña é diferente. Na familia de Mariña non hai

mamá. Seu pai vaina acompañar nunha curiosa excursión polo edificio no

que viven na procura de tipos de familias. A conclusión á que van chegar

é que efectivamente hai unha chea de familias.