Lagartiño nº14 2014

28

Transcript of Lagartiño nº14 2014

2

Lagartiño 2014

ÍndicePortada Paula Fernández 3ºB

Editorial 2 Susana Sánchez Aríns

Sementando pensamentos 3 Alumnado 3º

Faro de Punta Cabalo 4 Ana Martínez Santórum 4º PDC

Cálculo de distancias S IV a.C. 6 Varios 2º A

Destino París. 12 Sara Mougán e Alexandra Chaves 4º

Entre Illas 13 Lidia de la Torre e Miriam Rial 2ºA

Non todo vai ser futbol 14 Carlos Cañón 3ºA

Proxecto “Voz Natura” 16 Charo Bañobre e Sonia González

No centro do Universo 18Belén Paz Allo 4º ESO

Historias da Prehistoria 20Alumnado de 1º ESO

Puzzte 24Plástica

As às da arte 25Ética 4º ESO

Había outras..... 26

Contraportada Elvira Lois 3º A

REDACCIÓN - EQUIPO Normalización lingüistica IES ILLA DE AROUSA

Traballo duro o de abaixarse a arrincar malas herbas, estercar, cavar, sementar, regar, escoller, vixiar as xeadas, e volta a arrincar

herbas e volta a regar e volta e volta. Os labores da horta nunca acaban. E às veces, a única vontade é largar a sacha, o rastro, as tesoiras de podar e deixar que a vexetación coma a leira. Se temos de todo no Eroski!!

Mais é certo que dá gusto poder dicir dun carballo frondoso e sombreante que nós o sementamos, e nunca unhas leitugas son tenras como as que nacen nos nosos laños, e nunca mellor saibo sacan uns tomates se regados coa nosa suoriña. María Reimóndez, escritora e activista galega, di sempre que ten ocasión que os dereitos das persoas son unha leira na que temos que sachar todos os días. Non son unha concesión dos de arriba, senón algo que temos que reconquistar cada mañá a base de traballo.

E isto tamén o aprendemos neste centro. É duro, é laborioso, é custoso, sentindo por momentos só vontade de tirar a toalla e deixar que a resignación nos coma por dentro… E outra vez ter que defender o noso dereito a unha escola pública de calidade? E outra vez ter que esixir o profesorado que necesitamos? E outra vez a voltas co número de alumn@s por aula? En verdade é esgotador. Mais é o que teñen as leiras. Cando esqueces a sacha unha tempada, uns anos, despois todo son maniotas e dobre esforzo. A terra está dura e chea de pandullos. Se queremos unha escola de calidade non queda outra: traballar todos os días un pouco, andar vixiantes perante as malas herbas e as pragas e sempre, sempre, regar con vontade, alegría e un grande sorriso ante a adversidade.

Así nacen fortes e rexos premios como o de VOZ NATURA deste ano, orgullos como o de sabermos que se nos recortaron non foi por ficarmos caladas. Ese é o sabor da dignidade.

SACHA NA HORTA!!

IES ILLA DE AROUSA

Arousa-Xuño 2014

3

Sementamos pensamentos

Colleitamos poemas

Esta foi a nosa particular celebración das Letras Galegas: plantamos pequenos pensamentos acompañados de cadanseu poema escollido polos alumn@s de 3º ESO. Temos que agradecer a idea a Mª Xosé Lázare; a colaboración necesaria de Charo e Sonia e, por suposto, aos rapaces e rapazas voluntarios que botaron unha man na plantación e presentación das “poeplantas”.

Nunha sesión previa contamos coa presenza da famosísima poeta Susana S. Aríns, quen nos falou de como empezou a escribir, cales son os seus gustos literarios, cantos cartos se gañan escribindo poesía... en fin, unha sesión moi ben aproveitada na que @s alumn@s preguntaron todo o que sempre quixeron saber sobre a creación poética e non tiñan a quen preguntarlle... Para ela tamén houbo unha poeplanta.

SEMENTANDO PENSAMENTOS, COLLEITANDO POEMAS

4

Lagartiño 2014

Na clase traballamos as lendas con Susana e miramos algunhas. Logo inventamos unha e a miña foi a de “Faro de Punta Cabalo”. Este faro foi construido no 1870 polos mariñeiros de Arousa. Inspireime nas lendas que Susana nos contara. Esta é a miña.

“ En maio de 1951 o meu avó comezou a traballar no faro de Punta Cabalo, na Illa de Arousa. O seu pai contáralle que alí se aparecía unha fermosa moura de ollos verdes, pelo castaño e labios encarnados da cor do sangue. Neste faro desapareceran varios homes. “ O meu avó ía tódalas mañás ao faro e sempre buscaba pola gorida daquela fermosa muller, aínda que lle tiña medo. “ Un día levantouse cedo e marchou traballar

para o faro. Chegou e comezou as súas tarefas de fareiro, como a de cambiar a lámpada. Subiu e dende arriba viu unha fermosa muller peiteándose no medio das pedras. O meu avó baixou para achegarse a ela: era a moura.

“ Ela propúxolle un trato:- Se xogas comigo ó xadrez e gañas, dareiche

un saco cheo de ouro. Pero se perdes sufri-rás un dos meus conxuros.

“ O meu avó aceptou. Estiveron xogando durante unha hora e acabou perdendo. A moura botoulle un feitizo que durou sete anos: convertiuno nunha pedra con forma de cabalo. “

FARO DE PUNTA CABALO

Ana Martínez Santórum 4º PDC

Arousa-Xuño 2014

5

6

Lagartiño 2014

Antes, os gregos pensaban que a Terra era plana e que todo xiraba en torno a ela, pero os gregos tiñan tres razóns para confirmar que a Terra era redonda.

1) A primeira razón era que ao camiñar, as constelacións non se vían iguais en todos os puntos desde os que se miraban, senón que cambiaban, e isto non podería ocorrer se a Terra fose plana.

2) A segunda razón era que ao mirar desde a costa un barco, a medida que se vai afastando, víase só a parte máis alta. E chega un punto no que desapa-rece. E se a Terra fose plana, o barco faríase máis pequeno pero seguiríase vendo.

3) A última razón era que nunha eclipse de Lúa, a Terra reflectida nela fai unha sombra re-donda.

COMO OS GREGOS CALCULARON AS MEDIDAS

TERRA-SOL-LÚA

Arousa-Xuño 2014

7

Erastótenes, estando na biblioteca de Alexandría, atopou un informe de observacións sobre Siena, cidade situada a 800km, ao sur de Alexandría, no que dicía que o día do solsticio de verán (21 de xuño) a mediodía, un pau non producía sombra e no fondo do pozo, podía verse a luz do Sol. Observou que en Alexandría, o mesmo día e a mesma hora, non se producía o mesmo feito. Isto desmantelou por completo a idea de que a Terra era plana, xa que se o fora, produciríase o mesmo fenómeno nas dúas cidades .

Deuse conta de que atravesando cunha diagonal, nos dous extremos, daban lugar dous ángulos iguais. Mediunos e dábanlle 7.2º, que unido ao feito coñecido de que a distancia entre as dúas cidades era de 5000 estadios, deron na conclusión de que a Terra media 360•5000/7.2; e dicir 250000 estadios aproximadamente

ERASTÓTENES (276 a.C- 194 a.C)

COMO ERASTÓTENES NO ANO 240 a.C CONSEGUIU MEDIR O RADIO E A SUPERFICIE

DA TERRA

40.000 7,2•x=800•3600 x=40000km de lonxitude

Lc:2•π•r 40.000=2•3´14•x

X= 6.250 km de radio

800

X

Grados Lonxitude

7,2

800

360

8

Lagartiño 2014

Arístarco foi o primeiro que se lle ocurreu medir o tamaño da Lúa, asi como a súa distancia da Terra. Observou que durante a eclipse de Lúa, a Terra proxectaba a sua sombra sobre a súa superficie. A partir de aí e collendo tres puntos, puido calcular o tamaño relativo da Terra trazando mediatrices. Comparando a sombra da Terra sobre a Lúa, Aristarco descubriu que era 2´5 veces máis grande ca do noso satélite. Tendo en conta que Aristarco viviu antes que Eratóstenes, e por tanto non coñecia o valor do radio da Terra, non puido calcular o radio e o diámetro da Lúa, pero deeñou as bases para poder facelo. Os cálculos serían o seguintes:

Aristarco mediu a distancia Terra-Lúa empregando unha moeda. O procedemento foi o seguinte: Afastou a moeda ata tapar por completo a Lúa e tendo en conta que sabía calcular distancias mediante triángulos semellantes:

Arístarco de Samos (310 a.C- 230 a.C)

COMO ARISTARCO DE SAMOS CALCULOU AS VECES QUE A TERRA É

MÁIS GRANDE QUE A LÚA.

6250 : 2.5= 2500 km de radio a lúa 2500 • 2= 5000 km de diámetro

COMO ARISTARCO MEDIU A DISTANCIA TERRA- LÚA

Arousa-Xuño 2014

9

Aristarco decidiu determinar a distancia Terra-Sol desta maneira: cando a Lúa recibe a luz do Sol, é a orixe das fases da Lúa. Cando vemos media Lúa iluminada (cuarto crecente ou menguante) a luz do Sol forma un ángulo recto coa liña que une a Terra e a Lúa. Se nesas condicións medía o ángulo que formaban as direccións Terra-Sol e Terra-Lúa, obtería un triángulo rectángulo co que é fácil determinar a distancia Terra-Sol.Aristarco mediu o ángulo e obtivo un valor de 87 graos(trabucouse na medida), o outro tiña que medir 90 graos, porque era recto, e o outro 3 graos porque a suma dos ángulos dun triángulo sempre é 180 grados.

Saiulle que a Terra estaba 20 veces máis lonxe do Sol que da Lúa (parecíalle moito e axustou ao menor resultado). 500.000 • 20 = 10.000.000 km distancia Terra-Sol

Pero en realidade era 400 veces Terra-Lúa. Este erro debeuse a que naquel momento non había aparatos para medir con exactitude o ángulo. De feito non foi posible ata o século XVII, con HALLEY.

Diámetro moeda Diámetro Lúa 1 Distancia moeda Distancia Lúa 100

Distancia lúa 500000 km Terra-Lúa

COMO ARISTARCO SE ATREVEU A MEDIR A DISTANCIA TERRA- SOL

10

Lagartiño 2014

Fixo o mesmo que coa moeda, pero neste caso a Lúa facía de moeda e para iso utilizou unha eclipse total de Sol, tendo en conta que a Lúa cobre por completo o Sol. Diámetro da Lúa partido da distancia da Lúa á Terra, igual ao diámetro do Sol partido pola distancia Sol-Terra. Saiulle que o Sol era 20 veces maior que a Lúa, pero ao confundirse anteriormente medindo os graos tamén se confundiu neste resultado.

Diámetro da Lúa Diámetro do Sol Distancia á Lúa Distancia ó Sol

Diámetro da Lúa= 5.000km 5.000 • 20= 100.000 km o diámetro do Sol 500.000 • 20 = 10.000.000 km distancia Terra-Sol

COMO HIPARCO, NO ANO 150 A.C CORREXIU O DIÁMETRO DA LÚA

Hiparco de Nicea mellorou o método de Aristarco medindo directamente a curvatura da sombra da Terra sobre a Lúa nunha eclipse total lunar. As mediatrices de dúas cordas da circunferencia de sombra córtanse no seu centro, o que permite establecer a relación Radio Lúa/Radio Terra (sombra). En realidade, a ecuación de escala era a mesma, non obstante, Hiparco foi o primeiro en pasar á historia por calcular as dimensións e distancias da Lúa cun error mínimo, pois douse conta que o diámetro contraíase unha vez máis.2¨5 veces3.5 veces—estaba contraído.

COMO ARISTARCO SE ATREVEU A MEDIR O DIÁMETRO DO SOL

Hiparco de Nicea (190 a.C- 120 a.C)

Arousa-Xuño 2014

11

A explicación da contracción é a seguinte: Cando se observa a sombra durante unha eclipse de Sol sobre a Terra, obsérvase un punto, o que quere dicir que sobre a Terra hai un diámetro menos. Tendo en conta o anterior, durante a eclipse de Lúa, a sombra da Terra sobre ela tamén se ten que contraer un diámetro da Lúa. 6250 : 3.5= 1785 kmde radio da Lúa 1785 • 2= 3570 km de diámetro

500.000 • 2.5= 1.250.000 km 1.250.000 : 3.5= 357.000 km Terra-Lúa

357.000 • 20 = 7.140.000 km distancia Terra-Sol Diametro da lúa= 3570 km 3570 • 20 = 71.400 km o diámetro do Sol

Erastótenes Aristarco Hiparco RealTerra Radio= 6250

KmL o n x i t u d e = 40000 Km

Radio: 6371 kmLonxitude= 40000 Km

Lúa Radio=2500 kmDistancia a Terra= 500000 Km

Radio=1785 kmDistancia a Terra= 357000 Km

Radio da Lúa: 1.737 kmTerra – Lúa: 384.403 km

Sol Radio=50000 kmDistancia a Terra= 10000000 Km

Radio=37500 kmDistancia a Terra= 7140000 Km

Radio do Sol: 695.800 kmD i s t a n c i a Sol:149.597.870,7 km

Aristarco é anterior a Eratóstenes, pero deixou as bases para o cálculo das medidas da distancia Terra-Sol-Lúa.

Eclipse de Sol Eclipse de Luna

CONCLUSIÓNS

Traballo feito polos Alumnos de 2ºA baseado na charla impartida polo profesor Jorge Mira con motivo do dia da Ciencia en galego:

Jennifer Fernández NovásAsier Otero Mougán

Eloy Poza DacostaMiriam Rial Vázquez.

12

Lagartiño 2014

As vacacións son o momento de descansar, relaxarse e viaxar. E que mellor destino que a cidade do amor e da luz, París, capital de Francia, unha das principais cidades de Europa e un dos destinos turísticos máis famosos do mundo? A primeira visita ten que ser, obrigatoriamente, á Torre Eiffel, posiblemente o monumento máis representativo de París, unha enorme estrutura de ferro que se ergue á beira do río Sena. Outra das paradas obrigatorias: un paseo en barco polo río que atravesa a cidade e que nos ofrece unhas marabillosas vistas.Tamén temos a opción de visitar o Arco do Triunfo e descender pola avenida dos Campos Elíseos até chegar ao antigo Hospital dos Inválidos, e visitar a tumba do emperador Napoleón. Outra parada indispensable é a catedral de Notre Dame, situada na illa de La Cité, ou a outra gran igrexa de París, o Sacré Coeur, na cima da colina de Montmartre. E baixando esa colina, atópase o barrio artístico, cheo de pintores, escritores e de todo tipo de artistas. Nesa mesma zona atópase tamén o cabaret do Moulin Rouge no chamado Barrio Vermello.Para os afeccionados á cultura e á arte, está o Museo do Louvre, fogar da famosa Gioconda, de Da Vinci. Tamén se pode visitar o excesivamente grande palacio de Versalles, un fermoso monumento ao egoísmo dos reis absolutistas, e o parque de Disneyland, para pasar un día de diversión acompañado polas personaxes dos contos e películas da compañía. É ben certo que París é unha cidade cara, e comer pódete arruinar se non tes coidado. Podes tirar de McDonalds para non gastar moito, pero non podes irte de París sen probar unha boa crêpe, por moi cara que sexa.Podes facer unha visita bastante completa á cidade no metro, pero se queres disfrutala de verdade, tes que percorrela andando!

Destino: París

Alexandra Chaves Suárez 4ºB

Estás seguro de que a perfección non existe?Pois estás moi equivocado. Tes que coñecer

París, a que esperas?O mellor aloxamento pódelo encontrar en

hoteis como o “Novotel” con minibar e ximnasio incluído.

Referente ao transporte, o mellor é o metro, porque é rápido e barato, pero tes que andar con coidado porque, como te descoides, róubanche todo.

Se queres acabar o día moi cansado, reco-méndoche que subas as escaleiras de Montmar-tre, son infinitas e esgotadoras.

Se tes a necesidade de sentirte un triunfador, non te esquezas de pasar polo Arco do Triunfo.

Se todo iso che resulta moi aburrido, unha boa compra en Louis Vuitton e Chanel non vén mal.

Para despexar a mente e desconectar do mundo, un paseo polo Sena é ideal.

Se queres perderte entre cadros e esculturas, temos o Museo do Louvre, imposible de ver nun día. Aí poderás darlle unha visita á Gioconda.

Se qureres alucinar cos rosetóns da catedral de Notre Dame, só terás que pagar 15€ por entrar.

Pero o mellor sen dúbida é a Torre Eiffel. A que esperas a subir arriba de todo para poder contemplar todas as vistas da cidade? Son só 12€ por cabeza.

E para divertirse un pouco temos o parque de atraccións máis visitado por xente de tódolos lados, ese parque é Disneyland.

A que esperas para ir? Non o podes perder!

PARÍS É A PERFECCIÓN

Sara Mougán García 4ºA

PARÍS: con “P” de Perfección

Arousa-Xuño 2014

13

Este ano os rapaces e rapazas de 2º da ESO participamos nun proxecto chamado “ENTRE ILLAS” co IES As Bizocas de O Grove. O proxecto constaba de tres partes:

• A primeira parte era un vídeo de pre-sentación onde os/as alumnas/os de 2º dos dous centros nos presentabamos.

• A segunda parte era o intercambio de cartas, onde lles contabamos un pouco máis de nós mesmas/os.

• E a última parte era unha viaxe en cata-marán á Illa de Sálvora.

O día da saída reunímonos no porto de O Grove e tanto elas/es coma nós tiñamos ganas de pasalo moi ben.

Cando chegamos a Sálvora fixemos unha ruta pola illa na que tamén nos contaron varias lendas e historias da xente que vivira alí, camiñamos ata o faro e visitamos a antiga aldea. Despois deixáronnos un pouco de tempo para poder comer algo. O malo é que nos choveu e non puidemos disfrutalo tanto coma quixéramos. Á volta no catamarán, xa todos/as nos

coñecíamos algo máis, e rímonos un cacho co baile que nos ofreceu un de O Grove. A verdade… é que nos chocou un pouquiño. Pero en definitiva pasámolo moi ben. E todas/os gustamos de

compartir esa mañá cós de O Grove.

Esperamos volver a facer unha excursión conxunta!

Lidia de la Torre y Miriam Rial 2ºA

“ENTRE ILLAS”

14

Lagartiño 2014

Seguramente todos sabedes que o Céltiga é o equipo de fútbol da Illa de Arousa. Pero igual moitos de vós

non sabedes que hai unha gran variedade de deportes alternativos ao fútbol, como por exemplo o baloncesto, o piragüismo, o kenpo ou a ximnasia rítmica. Todos eles son deportes moi completos que se poden practicar sen ningunha dificultade de desprazamento, xa que hai un club de cada deporte na Illa de Arousa.

CLUB DE PIRAGÜISMO

O piragüismo é un deporte náutico que se practica sobre unha embarcación lixeira, que pode ser propulsada

por unha, dúas ou catro persoas. Ten dúas variantes: o kaiak, que se practica sentado e cunha pa de dobre folla, e a canoa que se practica de xeonllos con unha pa dunha soa folla. A sede do Club de Piragüismo Illa de Arousa está situado na saída da Illa de Arousa. Intégrano numerosos padexeiros

da Illa e máis de Vilanova de Arousa. O Club da Illa de Arousa participa nun gran número de regatas tanto de benxamíns, alevíns, infantís, cadetes, xuvenís e sénior. A partir da categoría de cadetes (estes incluídos) xa se practican máis modalidades: descensos de ríos, travesías e regatas de augas tranquilas. Os campións a nivel nacional que saíron do Club son Ramón Ferro, Sabela Suárez e David Mochales. Ramón Ferro foi varias

veces campión do mundo de maratón xunto ao seu compañeiro Óscar Graña; actualmente reman no Kaiak Tudense. David Mochales Vigo foi o terceiro clasificado no campionato español de xoves promesas 2012, en Verducido. Sabela Suárez resultou dúas veces campioa de España en k2.

XIMNASIA RÍTMICA

A ximnasia rítmica está obtendo uns bos resultados, xa que contan con máis de 60 rapazas distribuídas en

Non todo vai ser fútbol

Practicando a modalidade kaiak

Deportes alternativos na Arousa

Arousa-Xuño 2014

15

diversas escolas de iniciación. Entre estas 60 rapazas destacan Jennifer Fernández, Sandra Vázquez e Laura González. Este deporte pode ser practicado individualmente ou en conxuntos de 5 ximnastas.

Cando participan en grupo, as ximnastas poden usar o mesmo aparato ou dous diferentes no grupo de cinco, é dicir, tres e dous. A duración do exercicio ten que ser de dous minutos e medio cando se trata dun grupo, pero en individual debe de ser de minuto e medio.

Pódense usar estes aparatos:• Corda

• Aro

• Mazas

• Cinta

A NOVIDADE: O KENPO

O kenpo é unha arte marcial de sistema de autodefensa, creado en Honolulu, Hawai, Estados Unidos

durante os anos 50. O Club de Kenpo da Illa de Arousa é un club que está conseguindo bastantes bos resultados nos campionatos. Teñen deportistas de alto nivel, como Irene Castro e Ricardo Ramos.

As mozas do Club Arousa

16

Lagartiño 2014

PROxECTO VOz NATURA: CARREIRóN O NOSO ESPAzO PROTExIDO

PREMIO VOz NATURA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2014

Traballo na horta

Plantación de verduras no invernadoiro

O noso xardin de flores e aromáticasO viveiro forestal

Repoboacións forestais con BATA

Reciclaxe de papel

Arousa-Xuño 2014

17

Limpeza de praias. Carreirón Embaixadores na Arousa de Coge3

Visita ao centro do alumnado de Bata- Autismo Vilagarcía Obradoiro de Arte e Natureza

Exposición Voz NaturaRecollida do premio Voz Natura

18

Lagartiño 2014

Heliocentrismo e XeocentrismoO Universo é infinito. Nós, o noso planeta, o noso Sol e os nosos astros veciños atopámonos dentro dun gran de area en comparación con el. Os humanos soubérono sempre e intentaron desvelar os seus misterios dende a distancia, como situar onde se atopa o seu centro.Uns dos primeiros en mirar cara o ceo e sacar as súas propias conclusións acerca disto foron os gregos. Eles, ó ver coma o Sol e as estrelas ían e viñan dende o leste ata o oeste, decidiron que a Terra debería estar no centro do Universo, quieta, mentres o resto das estrelas e planetas se movían ó seu arredor. Aristóteles, no século IV a.C., foi o primeiro en formular esta hipótese, denominada Xeocentrismo, e Ptolomeo no século II completouna. Eles representaban a Terra redonda e inmóbil, con todo o Universo ó seu arredor (o Sol, a Lúa, os planetas, as constelacións, as estrelas...)

O Xeocentrismo de Aristóteles (arriba) e o de Ptolomeo (abaixo) diferían en varios aspectos, aínda que a base continuaba sendo a mesma. A Terra inmóbil no centro de todo, os demais astros xirando ó seu arredor e unha bóveda de estrelas fixas no ceo; mais tamén variou, e o máis importante é que Ptolomeo incorporou á hipótese inicial os chamados epiciclos e deferentes. As deferentes xa existían no primeiro esquema de Aristóteles, son as órbitas que trazan os planetas

arredor da terra, pero os epiciclos foron unha novidade, os movementos circulares que cada planeta seguía arredor de si mesmos.

Curiosamente, a Antiga Grecia non foi só o berce do Xeocentrismo, senón tamén do seu contrario, o Heliocentrismo. Un ano despois de Aristóteles, no III a.C., Aristarco de Samos propuxo que no medio do Universo non estivese o noso planeta, senón o Sol. Hipatia de Alexandría, a primeira muller científica, tamén apoiaba esta teoría. Sen embargo, o Heliocentrismo foi ignorado polos demais astrónomos. A humanidade estaba demasiado satisfeita no seu modesto lugar do centro do Universo como para escoitalo.Dezanove séculos despois, Nicolás Copérnico estudou a teoría heliocéntrica de Aristarco de Samos. Durante o Renacemento, o modelo do Heliocentrismo veu a luz grazas ó traballo do científico polaco.

No centro do Universo

Arousa-Xuño 2014

19

O Heliocentrismo proposto por Copérnico unicamente varía na posición do Sol e da Terra, que se inverten, todo o demais (órbitas circulares, estrelas fixas) mantense.A partir deste feito, numerosos avances de descubrimentos foron mellorando e afianzando o modelo heliocéntrico, e facendo que o Xeocentrismo perdese forza. Por exemplo, Johannes Kepler substituíu as órbitas circulares polas elípticas. Galileo Galilei creou o mellor telescopio da época, e con el observou o Sistema Solar, descubrindo varias probas irrefutables que defendían o Heliocentrismo, ó que convenceu a moita xente da súa veracidade e lle ocasionou graves problemas coa Igrexa, mais logrou salvarse da morte ó negar ante o Tribunal o Heliocentrismo, aínda que seguiu coas súas investigacións na sombra.

Unha das propostas máis curiosas é a de Tycho Brahe, que combinaba o Heliocentrismo e o Xeocentrismo. Segundo o seu modelo, o Sol e a Lúa xiran arredor da Terra, que permanece inmóbil, e os demais planetas fano arredor do Sol.Moitos séculos despois, os estudos de varios astrónomos, científicos e matemáticos determinaron que o Sol era verdadeiramente o centro do Sistema Solar, pero non do Universo. De feito o Sistema Solar, coma hoxe coñecemos, forma parte da galaxia Vía Láctea, unha máis entre miles de millóns, que non ten nada de especial.A Lei de Gravitación UniversalA Lei de Gravitación Universal, de Isaac Newton, é unha lei física que describe a interacción gravitatoria entre distintos corpos con masa.

Esta fórmula fixo posible calcular as órbitas e os movementos de todos os astros do Sistema Solar, xa fosen naturais (os planetas e as súas lúas) ou artificiais (as sondas enviadas dende a Terra).A precisión desta fórmula foi evidenciada en moitas ocasións, unha das máis significativas é o feito de que, en 1800, o cálculo das órbitas dos planetas coñecidos mostraban irregularidades, sobre todo en Urano. Varios científicos nomearon como causa destas anomalías un planeta descoñecido, e algúns deles calcularon mediante esta fórmula a posición deste planeta. 46 anos despois, e con só un grao de diferenza da posición xa calculada, foi descuberto Neptuno.

A Teoría do Big BangBig Bang, que significa “gran explosión”, é a aceptada actualmente. Nela o centro do Universo non é o Sol nin a Terra, en realidade non é ningún punto, pois este se atopa en continua expansión.Ó parecer, a orixe do Universo foi unha “singularidade espazo temporal de densidade infinita”, seguida da expansión do propio espazo. No pasado, o Universo tiña unha densidade e temperatura superiores á actual, polo que se supón que no futuro estes valores tamén varían.

O Universo está crecendo a cada segundo que pasa, lévao facendo dende a singularidade que lle deu inicio, e todos os astros estanse afastando entre eles, polo que é imposible que exista un centro fixo.

Belén Paz 4ºA

20

Lagartiño 2014

HISTORIAS DA PREHISTORIA

Uxia Somoza 1ºA

Arousa-Xuño 2014

21

22

Lagartiño 2014

Arousa-Xuño 2014

23

Adriana Ríos1ºB

24

Lagartiño 2014

PUZZTE

Arousa-Xuño 2014

25

Os seres humanos nacemos coma eirugas: pequenas, graciosas e famentas. A medida que crecemos saciamos esa fame con soños, sentimentos, recordos, vivencias e saber; todas as nosas emocións e pensamentos residen no noso saber, que adquirimos e cobizamos coma larvas avariciosas. Mais deixamos atrás a nenez, deixamos atrás a mocidade, e envolvemos corpo e mente con néboas de seda para dormitar na nosa pupa ata madurar coma persoa, e abrir unhas ás polícromas e etéreas, que compartirán con quenes nos rodean o que pensamos e sentimos.

Hoxe a nosa crisálida é de teas toscas e duras, envelenadas polas mentiras e a vergoña, mais temos que ser fortes e valentes e romper esa camisa de forza. O mundo, a humanidade, ti máis eu merecemos pintar o vento, o lenzo e as palabras coa nosa voz, pincel e pluma. Merecemos voar, coma as bolboretas que somos.

Belén Paz Allo, 4ºA

AS ÁS DA ARTE

26

Lagartiño 2014

HABÍA OUTRAS

Arousa-Xuño 2014

27

HABÍA OUTRAS