LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE...

16
DOLMEN DE OURO 2010 A cita anual do empresariado de Barban- za ten lugar esta noite e debe servir non só como punto de encontro, senón que debe ser un escaparate da fortaleza eco- nómica de Muros, Noia, O Sar, Barbanza e Mazaricos. No marco dunha situación futuro e afrontando os retos que se presentan. Esta é unha cita que ten xa unha longa historia e que é o reflexo do dinamismo e o empuxe empresarial que sempre caracterizou ás comarcas representadas. Agora máis que nunca é necesario traballar de forma conxunta porque son moitas as dificultades que deben superarse e porque os maiores lo- gros sempre se conseguen cando, unidos por unha causa común, os implicados reman ma mesma dirección. económica difícil, o empresariado da bisbarra está demostrando que sabe aguantar o tirón e, de feito, está sendo un exemplo. Por iso este encontro debe servir para unir esforzos nun traballo conxunto, para continuar mirando o Escaparate da forza económica A gala debe servir para poñer de manifesto a aposta de futuro do empresariado da bisbarra SIMÓN BALVÍS A consecución da reprodución do dolmen constitúe o recoñecemento ao traballo desenrolado, á capacidade de afrontar novos retos XXII EDICIÓN GRAN GALA DOLMEN DE OURO 2010 FEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DO BARBANZA Tel. 981 848 216 e-mail [email protected] www.feba.es Asociación de Empresarios de: Padrón, Rois e Dodro; Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Riveira, Porto do Son, Noia, Outes, Muros, Carnota, Mazaricos e Centro Empresarial da Construcción do Barbanza Concello de Riveira LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 | Especial |

Transcript of LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE...

Page 1: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

DOLMEN DE OURO 2010

A cita anual do empresariado de Barban-za ten lugar esta noite e debe servir non só como punto de encontro, senón que debe ser un escaparate da fortaleza eco-nómica de Muros, Noia, O Sar, Barbanza e Mazaricos. No marco dunha situación

futuro e afrontando os retos que se presentan. Esta é unha cita que ten xa unha longa historia e que é o refl exo do dinamismo e o empuxe empresarial que sempre caracterizou ás comarcas representadas. Agora máis que nunca é

necesario traballar de forma conxunta porque son moitas as difi cultades que deben superarse e porque os maiores lo-gros sempre se conseguen cando, unidos por unha causa común, os implicados reman ma mesma dirección.

económica difícil, o empresariado da bisbarra está demostrando que sabe aguantar o tirón e, de feito, está sendo un exemplo. Por iso este encontro debe servir para unir esforzos nun traballo conxunto, para continuar mirando o

Escaparate da forza económicaA gala debe servir para poñer de manifesto a aposta de futuro do empresariado da bisbarra

SIMÓN BALVÍS

A consecución da reprodución do dolmen constitúe o recoñecemento ao traballo desenrolado, á capacidade de afrontar novos retos

XXII EDICIÓN GRAN GALADOLMEN DE OURO 2010

FEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DO BARBANZATel. 981 848 216e-mail [email protected]

Asociación de Empresarios de: Padrón, Rois e Dodro; Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Riveira, Porto do Son, Noia, Outes, Muros, Carnota, Mazaricos e Centro Empresarial da Construcción do Barbanza Concello de Riveira

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Especial |

Page 2: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Dolmen de Ouro 2010 | 2 |

Marta GómezRibeira

A edición número vinte e dous da gala dos Dolmen de Ouro, na que este ano será a patronal ribeirense a que actúe como an-fi trioa das demais asociacións integradas da Federación de Empresarios de Barbanza (FEB), será, ao igual que se pretendeu nas últimas citas do empresariado da bisbarra, unha cerimonia sobria e áxil. Os dis-cursos das autoridades serán breves co fi n de non eclipsar aos auténticos protagonistas da velada: as once empresas barbancesas galardoadas este ano co premio Dolmen. A cita é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes.

Ás 21.00 horas está previsto que o mestre de cerimonias, desta volta Antonio Blanco, presentador do Canal Rías Baixas, dea o pistoletazo de saída á gala anual da FEB dando a benvida ás máis de 300 persoas que confi rmaron a súa asistencia á entrega dos galardóns. De seguido, tomará a palabra José Paz, máximo di-rixente da patronal de Ribeira e a quen lle corresponde actuar este ano como anfi trión.

Tamén Gladys Bermúdez, a presidenta da FEB se dirixirá aos asistentes, ao igual que o alcalde de Ribeira, quen dará paso xa á esperada entrega dos galardóns.

Convidados de alto nivelComo testemuñas deste re-coñecemento que as distintas patronais integradas na FEB fan aos empresarios dos seus respectivos municipios haberá varios convidados importantes. O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, é un deles, ao igual que Antón Louro, Delegado do Goberno en Galicia e res-ponsable de poñer o punto e

fi nal á gala deste ano con unha breve intervención.

Entre as autoridades que se espera que acudan á cita co empresariado barbancés está tamén o titular da Consellería de Economía e Industria, Ja-

vier Guerra, que confi rmou a súa asistencia á celebración a semana pasada.

O presidente da asociación de empresarios de Ribeira, José Paz, explicaba hai uns días que practicamente todas

as cuestións relativas á orga-nización da gala dos Dolmen están pechadas dende a se-mana pasada, aínda que, pese a estar confi rmada a asistencia de todas autoridades convida-das, podía producirse algunha baixa de última hora.

Sen sorpresasPolo demais, e salvo imprevis-tos, a cerimonia de entrega dos galardóns e a cea posterior se-guirán a estrutura de edicións anteriores, así que non haberá grandes novidades no formato do acto.

Os presidentes das patronais ribeirense e barbancesa serán os primeiros en intervir, men-tres que os discursos dos polí-ticos quedarán para a recta fi nal da gala, despois de que os once empresarios homenaxeados este ano reciban os prezados galardóns.

A sobriedade caracterizará a festa dos empresarios barbancesesO delegado do Goberno e o conselleiro de Economía están entre os convidados

S. BALVÍS

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda (no centro), asistiu á cita do ano pasado

S. B

A imaxe do dolmen está presente durante toda a cerimonia

Son poucas as novidades da gala desta noite con respecto ás de anos anteriores e, por non cambiar, non variou nin o número de asistentes á cea que seguirá á entrega dos premios Dolmen, aínda que neste caso os límites de aforo do restau-rante Baiuca foron os respon-sables desta nova coincidencia coas últimas cerimonias orga-nizadas en Boiro.

Se na pasada edición da entrega dos galardóns se xun-taron no restaurante boirense preto de 350 asistentes entre

público, empresarios e autori-dades varias, desta volta serán 325 as persoas que confi rmaron a súa asistencia á festa do em-presariado barbancés que se celebra esta noite.

Hai xa máis de unha semana que se pechou o número de comensais porque non había sitio para máis. José Paz, o presidente dos empresarios ribeirenses, comentou que incluso hai xente que quedará sen poder asistir á gala por falta de espazo sufi ciente no local para dar cabida a todo

o mundo: «Faría falta un co-medor máis grande porque había máis xente que estaba interesada en asistir, pero en Ribeira non hai un espazo de maiores dimensións así que non queda outra».

Con todo, a cifra de asisten-tes confi rmados garante que a nova gala de entrega dos premios Dolmen sexa, como o é sempre, un éxito. Para isto, a federación leva invertidas moitas horas nos últimos meses na organización da cita empresarial.

O aforo dispoñible para o acto quedou pequeno ante a expectación que suscitou a entrega dos premios

A gala que se vai celebrar esta noite en Ribeira ten como obxectivo reunir ao empresariado da comarca e recoñecer o labor dos profe-sionais que, por diferentes motivos, máis destacaron nos últimos doce meses. Nembargante, a cita desta noite pasa por ser tamén un dos acontecementos sociais máis importantes do ano en toda a bisbarra barbancesa, un acto case que de obrigada asistencia.

Unha celebración como a que vai ter lugar no res-taurante Baiuca é capaz de reunir edición tras edición a máis de trescentas per-soas pertencentes non só ao eido empresarial, senón tamén político e social. Non resulta raro ver entre os convidados a nomes destacados do empresaria-do barbancés convenien-temente arroupados polas súas respectivas familias, como tampouco chama a atención ver a concelleiros de todas as cores políticas e de todos os municipios da zona compartindo mesa e mantel. Todos vestidos, por suposto, coas súas me-llores galas.

Non parece tampouco que nesta edición número 22 dos premios Dolmen vaia variar o guión da cerimonia, pese a que a tan manida crise económica volveu aconsellar á federación das patronais apertarse o cinto na organización deste acto. Salvo novidades de última hora, polo restaurante ri-beirense deixaranse caer, ademais de empresarios e afeccionados a este tipo de celebracións en xeral, as principais autoridades políticas da comarca, en-cabezadas polos alcaldes dos municipios integrados na FEB.

A gala pasapor ser un dos acontecementos sociais do ano

Como vén sendo habitual nas galas que celebra a federación barbancesa de empresarios, trala entrega dos Dolmen a cada unha das empresas se-leccionadas polas respectivas patronais, chegará o momento de outorgar o máximo galardón da FEB, o Dolmen de Ouro, á fi r-ma máis destacada na bisbarra polo seu labor empresarial. Ata ese mesmo momento, o nome da compañía premiada seguirá sendo o segredo mellor gardado

dos actos desta noite.O que si se sabe xa é que o

representante da fi rma galar-doada co Dolmen de Ouro será tamén o encargado de dirixirse ás autoridades e patronais bar-bancesas no nome dos demais premiados para agradecer a concesión dos distintivos.

Logo produciranse ás in-tervencións do presidente da Deputación, do conselleiro de Industria e do delegado do Go-berno, que darán paso á cea.

A firma merecedora do máximo distintivo que outorga a FEB será unha incógnita ata última hora

Page 3: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Publicidad | 3 |

Peirao do Marqués, 4 • 15200 NOIA • Tel.: 981 821 450www.clinicajuanatey.com

[email protected]

Page 4: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

Romero Doniznoia

Será unha gala onde a sor-presa por coñecer o premio Dolmen de Ouro aportará a salsa necesaria para que o encontro de empresarios e outras personalidades rele-vantes da comarca teña un plus especial.

Serán doce galardóns que as patronais locais de Ri-beira, Padrón, Rianxo, Boiro, A Pobra, Ribeira, Porto do Son, Noia, Outes, Muros, e Mazaricos propuxeron aos seus premiados en recoñece-mento polo traballo feito ao longo do último ano. No caso ribeirense, a distribuidora de produtos lácteos L. Quintáns, afi ncada no polígono de Xarás obterá o recoñecemento dos seus compañeiros. Polo que respecta a Noia, un membro da afamada clínica de odonto-loxía Juanatey será a fi rma que subirá ao estrado para recoller o premio concedido.

No municipio boirense a sociedade elixida foi Elec-trodomésticos Otero. Un re-presentante que coñece ben os hábitos dos seus veciños

equipando dende fai tempo os seus fogares e colaborando para que a súa vida sexa máis confortable. Outro exemplo de popularidade recoñecida é o elixido polos empresarios pobrenses, que se decantaron por Luis Escurís Batalla, a re-coñecida empresa dedicada á elaboración de conservas de primeira calidade.

DiversidadeA patronal presidida por Luis Oujo en Porto do Son preferiu mirar cara a hostalería, sen-do o Bodegón O Pescador, no peirao de Portosín, a iniciativa empresarial seleccionada para recoller este ano o Dolmen.

No outro lado da ría, en Mu-ros, o distribuidor de bebidas Eleuterio Balayo González será o encargado de despra-zarse a Ribeira para recoller o premio no restaurante Baiuca. No municipio veciño, Outes, as premiados son dous: Cer-vexería O Anexo e Café Con-certo Antano.

A construción é o sector polo que se decantaron na patronal rianxeira. A fi rma especializada en pedra Taller

Ramos foi este ano a empresa elixida polos compañeiros da patronal.

O restaurante Casa Pego de Mazaricos e a pensión Jardín de Padrón completan este cadro de agasallados do 2010. Un ano no que ao longo de to-dos os meses os empresarios coincidiron en recoñecer que as difi cultades económicas, consecuencia da crise, foron o maior obstáculo co que tiveron que loitar para evitar medidas traumáticas coas que saír da situación. Por iso, esta gala supón un recoñecemento ao gran esforzo realizado para que o músculo industrial des-ta parte de Galicia continúe aportando datos positivos de contratación e creando em-prego, unha situación atípica no resto da comunidade.

A gala estará cargada tanto de momentos interesantes coma de diferentes persona-lidades que responderon po-sitivamente a invitación feita dende o colectivo organizador, que coa mellor intención pre-tende que estes galardóns continúen aportando máis prestixio ao Barbanza.

Doce galardóns para unha velada cargada de emociónHoxe coñecerase á empresa que vai obter o Dolmen de Ouro

SIMÓN BALVÍS

Imaxe de todos os premiados na edición do ano pasado

S. BALVÍS

Integrantes das patronais felicitan a Triñanes pola distinción

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Dolmen de Ouro 2010 | 4 |

“RAMOS TALLER DA PEDRA” É UNHA EMPRESA FAMILIAR CONSOLIDADA E CON FUTURO,

INTEGRADA NA COMUNIDADE [email protected] • Tel./Fax: 981 86 24 85 • BURES-ASADOS • 15984 RIANXO (A Coruña)

Fundado no 1952, por Xosé Benito Ramos Quintáns, Taller da Pedra Ramos, comezou sendo un peque-no obradoiro de aprovisionamento de pedra para cemiterios e viven-das familiares, para, dez anos des-pois, converterse no primeiro taller con máquina de corte de pedra da comarca.

Un pequeno obradoiro do que, no ano 1981, tralo repentino falece-mento do seu fundador; pasou a fa-cerse cargo o seu fillo maior, Xosé Ramos Rivas.

Con todo, e ao compás do clima de cambio que existía na vida em-presarial da época, o que noutrora fora unha manufactura conveteuse nunha pequena empresa. Moderni-záronse os sistemas de produción, e pasouse a necesitar máis espa-zo para mover a pedra e para a montaxe de nova maquinaria, polo

que no 1987 as vellas instalacións trasladáronse do lugar de Ourolo a Burata, dentro do mesmo concello rianxeiro.

Co novo século, Taller da Pedra Ra-mos, que agora se atopa no lugar de Asados (Rianxo), converteuse na empresa punteira e de referencia que é hoxe, nunha firma presente nas máis importantes feiras industriais da comarca como foron BOIRO-MOSTRA ou EXPOBARBANZA. Unha empresa forte e emprendedo-ra, fonte de formación e emprego di-recto de dezaseis familias.

Page 5: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

M. X. Blancoribeira

Desde a súa posta en funciona-mento, no ano 1996, a consecu-ción dun produto de calidade foi sempre o obxectivo número un de Luis Escurís Batalla, unha empresa da Pobra dedicada á fabricación, comercialización e distribución de conservas de peixes e mariscos. De feito, a fi rma está especializada nun segmento de mercado pouco mimado: o gourmet.

A compañía dispón dunha planta de produción situada na Pobra, ata a que chegan os produtos pesqueiros captu-rados nas rías galegas. Peixes e mariscos son sometidos a un proceso manual e artesán de elaboración. De feito, Luis Escurís recupera receitas tradi-cionais da comida caseira para elaborar as súas orixinais salsas, fundamentadas principalmente no aceite de oliva.

O bo facer desta factoría queda avalado por marcas de garantía como Galicia Calidade,

que ven de ser incorporada á gama de mexillóns de Lo Bueno e Fuera de Serie, seleccionando só aqueles exemplares de maior tamaño e mellor textura, friti-dos en aceite de oliva virxe.

Desde as instalacións da Pobra, Luis Escurís Batalla distribúe directamente os seus produtos por toda a comunida-de galega e polas provincias de León, Zamora e Salamanca. A través dunha ampla rede de distribuidores, colaboradores e axentes, chega ao resto do territorio español, incluídas as illas. A maiores, a fi rma está presente no mercado interna-cional, cun volume de importa-cións importante a Suíza, Italia, Xapón e Portugal.

Baixo o envoltorio de Lo Bue-no, os clientes poden atopar ata dezaseis produtos, entre os que se atopan exquisiteces como agullas, navallas, ameixas ou ourizo. Mentres, en Fuera de Serie hai desde berberechos e mexillóns ata calamares, polbo e zamburiñas.

A calidade é a carta de presentación de Luis Escurís BatallaO mercado «gourmet» é o destinatario das conservas fabricadas pola firma pobrense

S. BALVÍS

Os dirixentes locais apoian aos emprendedores coa súa presenza

O seu negocio evolucionou, e moito, co paso do tempo, pero se de algo presumen María Dolores Santama-ría e Miguel Ángel Novo, propietarios do Bodegón O Pescador, é de manter nos pratos que ofrecen a esencia que caracterizou ao local nos seus comezos, alá polo 1989.

As racións de calamares e peixe fresco seguen a ser o forte dun local que, claro está, tamén se adaptou aos novos tempos e á demanda dos seus clientes coa intro-dución de carnes variadas.

Lonxe queda a época na que O Pescador estaba si-tuado no local da confraría de Portosín e permanecía aberto as 24 horas do día. Agora, aínda que segue a ser un negocio familiar, chega a contar no verán cun plantel formado por unha ducia de traballadores.

É que, aínda que a capa-cidade do comedor non é grande, ao redor dunha vintena de comensais, o éxito das racións fai que o movemento nas mesas sexa constante.

A esencia dos comezos segue viva nos pratosdo Pescador

Falar de L. Quintáns é falar dunha empresa que naceu da nada no ano 1980 e que hoxe conta cunha fl ota de seis camións e xera 14 pos-tos de traballo. Esta compa-ñía, dedicada actualmente á distribución de iogures Da-none, pastas frescas Buitoni e artigos de Ferrero Rocher, iniciou a súa andaina da man dun autónomo, José Luis Quintáns, que cun camión de reparto cubría as zonas de Barbanza e Sar.

Co tempo, o eido de in-fl uencia expandiuse cara a Muros-Noia e Fisterra, e a pequena nave da Pobra deu paso a unhas instalacións importantes en Xarás. De xeito paralelo tería lugar o incremento no número de traballadores e tamén na cifra de vehículos na estrada.

É máis que probable que a expansión non remate aquí. Xa hai proxectos de amplia-ción de cara a o ano que ven enriba da mesa.

Quintáns, tres décadas en constante evolución

Luis Escurís Batalla, S. L.Luis Escurís Batalla, S. L.

Polígono Industrial A Tomada, 3715940 Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Tel.: 981 84 32 50 - Fax: 981 83 23 18

www.luisescuris.com

Conservas deConservas deElaboración ArtesanalElaboración Artesanal

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Dolmen de Ouro 2010 | 5 |

Page 6: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Dolmen de Ouro 2010 | 6 |

Digar é unha empresa que comezou a súa actividade en 1971 dedicada en exclusiva á forza e a carpintería de alu-minio. A fi rma foi constituída polo matrimonio formado por Manuel Reiriz e María Bretal. No ano 1992 pasou a denomi-narse Digar de Artes.

Durante este período Di-gar sempre se caracterizou polo seu continuo desenrolo. Desta maneira, a fi rma, que naceu en principio ofrecendo servizos de ferraxería, hoxe en día expandiu as súas acti-vidades dedicándose a todo tipo de construcións metá-

licas e facéndose merecedor da confi anza dun bo número de clientes cos que traballan con asiduidade para ofrecer confi anza e calidade.

A empresa está formada por un equipo de doce profesio-nais especializados e máis de vinte anos de experiencia avalan a esta fi rma con fabri-cantes.

A calidade sempre se consi-derou o seu pilar fundamen-tal e por iso, implantaron o Sistema de Xestión de Aseguramento da Calidade conforme a norma UNE-En ISO 9001/2000.

A calidade e a confianzason as bases do éxito de Digar

S. BALVÍS

A gala congrega cada ano a numerosas persoas

J. M. Jamardoribeira

Xosé Otero Ares, o fundador de Electrodomésticos Otero de Boiro, naceu no 1946 en Urdilde, Rois. Dende pequeno, era un auténtico manitas ao que lle encantaba a electrónica. Au-todidacta, deseñaba e construía os seus propios receptores para posteriormente vendelos polas aldeas próximas a súa casa. Fixo o servizo militar na brigada de telecomunicacións e ao rema-tar foise a Madrid a traballar en Radio Televisión Española, aínda que acabou traballando nun comercio de Ribeira repa-rando electrodomésticos.

Pero no 1977 decidiu esta-blecerse en Boiro. Nacía así Electrodomésticos Otero, unha pequena tenda onde traballaban el a e súa muller, María del Carmen Rey. O dono da empresa, ademais de vender, tamén se ocupaba do reparto a do servizo postvenda que era o punto forte da empresa e que máis tarde resultaría decisivo

no crecemento da fi rma.Como o negocio funcionaba

contrataron ó primeiro traballa-dor que se ocupaba das repara-cións da gama branca.

CursiñosOtero foi un dos pioneiros do servizo postvenda pero tamén en técnicas de márketing e pro-ba diso foi a maneira que tiña de vender as máquinas de co-ser a fi nais dos 70. Organizaban cursiños de trinta rapazas para aprender a usalas e ao rematar o cursiño cada unha recibía o seu diploma e tamén tiñan a op-ción de comprar as máquinas a un bo prezo e tamén a prazos.

No anos 1993 e 1994 entraron a traballar os seus fi llos Alfre-do e Moncha. Na actualidade, Electrodomésticos Otero ten once empregados e obtivo o certifi cado de calidade UNE 157001.

Está integrado no grupo Ce-nor e dispón dun local de 450 metros cadrados de tres plantas na rúa Pérez del Río.

Electrodomésticos Otero, un pioneiroen vendas a prazosNa actualidade a firma, situada en Boiro, dispón dun local de 450 metros cadrados

Xosé Benito Ramos Quin-táns fundou o taller de pe-dra Ramos no 1952. Come-zou sendo un pequeno obra-doiro de aprovisionamento de pedra para cemiterios e vivendas unifamiliares pero dez anos despois con-verteuse no primeiro taller con máquinas de corte da comarca. Tralo repentino falecemento do seu funda-dor, fíxose cargo da empre-sa o seu fi llo Xosé.

O taller foi medrando e converteuse nunha peque-na empresa. Modernizaron os sistemas de produción e cambiaron de ubicación porque necesitaban máis es-pazo para mover a materia prima. No ano 1987, as vellas instalacións trasladáronse dende Ourolo para o lugar da Burata, na parroquia de Taragoña.

Co novo século, o taller de pedra Ramos, que agora ten a súa sede en Asados, converteuse nunha empre-sa punteira e de referencia na zona. É unha industria forte e emprendedora e dá traballo a un total de 16 familias.

O taller de pedra Ramos é un referente na comarca

Page 7: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Dolmen de Ouro 2010 | 7 |

J. M. Jamardoribeira

A calidade é a prioridade dos responsables do Restaurante Casa Pego de Mazaricos. Por iso, sempre buscan a mellor materia prima para elaborar os seus pratos coa fi nalidade de que os clientes saian sem-pre satisfeitos. Casa Pego leva máis de 50 años ao servizo dos seus clientes. Iso si, sempre en constante evolución.

Os donos do negocio comeza-ron cun comercio antigo no que se podía comprar de case todo. Primeiro foi unha panadería e tamén era unha taberna, e ao mesmo tempo había a disposi-ción dos clientes unha tenda de comestibles como acostumaba a ser un negocio antigamente.

Pero os propietarios foron ampliando o negocio e ao mesmo tempo evolucionando. Despois de varios anos dis-pensando todo tipo de produ-tos, hai unhas tres décadas, os responsables desta empresa convertérona tamén nunha casa de comidas. Na actualida-de, Casa Pego é un restaurante cunha ampla e variada carta de especialidades nas que desta-

can precisamente os produtos da comarca, que son a esencia da súa cociña.

«O rei da carne á pedra» e o principal reclamo deste restau-rante, a súa especialidade máis demandada. O xerente, José Manuel Pereira, destaca que a materia prima procede de ani-mais criados na comarca do Xa-llas, a máis famosa da zona en canto a este tipo de carne, que é seleccionada e preparada nas

súas pedras e que se converte nun manxar especial.

As zamburiñas, o polbo á prancha e o bacallau á sidra completan un menú que atrapa os paladares máis exquisitos.

E para rematar unha boa co-mida, os clientes tamén poden gozar de especialidades casei-ras como a panacota, o tirami-sú, o fl an de café ou a torta de chocolate e coco, unha ampla variedade de sabores.

A carne é o principal reclamo de restaurante Casa PegoO establecemento abriu as súas portas hai máis de 50 anos

S. BALVÍS

A gala sempre tivo carácter rotatorio, na foto a de Outes do 2007

A empresa muradana de distribución de bebidas Eleuterio Balayo González naceu hai uns 40 anos. A súa actividade está ligada principalmente ao reparto de gasosas, viños, cerve-xas e refrescos pola zona. Comezou cun coche e na actualidade conta cunha plantilla de cinco persoas e outros tantos camións.

Co paso do tempo, ade-mais das bebidas, distribúe embutidos de gama alta, vendendo tanto a profe-sionais do sector coma a particulares.

A empresa naceu nun almacén de 120 metros cadrados e na actualidade dispón dunha nave de 400. Este ano adquiriu unha par-cela no polígono industrial de Muros coa fi nalidade de ampliar ata os 700 metros.

Eleuterio Balayo forma parte dun grupo de com-pras que está integrada por empresarios do sector. Ao mesmo tempo ten parte dunha adega de albariño denominada Castro de Baroña.

Eleuterio Balayo, un especialistana distribución de bebidas na zona muradana

Está nun lugar privilexiado. A Pensión Jardín de Padrón atópase na estrada de Vigo a Santiago e fronte a un dos lugares máis emblemáticos da vila de Rosalía e que precisamente lle dá nome a este establecemento, o xardín botánico, unha ma-rabilla da natureza.

María do Carmen Fernán-dez é a responsable deste hostal, un dos máis vellos dos que hai na localidade deste tipo. Foi precisamen-te a sogra da xerente a que comezou co negocio.

Tiña unha casa moi gran-de hai 50 anos e as mulleres que viñan a Padrón visitar aos seus fi llos que estaban no colexio de Huérfanos del Ejército acudían a ela para pasar a noite, e así foi como naceu esta pensión. Conta con sete habitacións, todas elas amobladas con pezas antigas que fan do lugar de descanso un sitio dou-tro tempo pero ao mesmo tempo acolledor e conforta-ble para os forasteiros que deciden pasar a noite nese lugar de descanso.

A Pensión Jardín leva medio século anos dando descanso aos forasteiros

Page 8: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

M. X. Blancoribeira

Leva case tres anos á fronte da Federación de Empresarios do Barbanza (FEB), un período de tempo que Gladys Bermúdez cualifi ca de «bastante difícil», posto que o colectivo ao que representa está tocado por unha crise que semella non ter fi n. Ela insiste en que, desde a patronal comarcal, se está a traballar, de xeito sixiloso pero constante, tanto para paliar as consecuen-cias desta recesión no tecido industrial como para mellorar as infraestruturas da zona.—¿Que balance fai destes tres anos como presidenta da patro-nal comarcal?—Foron tres anos duros nos que, ademais das iniciativas que se ven, como a gala dos Dolmen ou a campaña comercial de Nadal, se estivo traballando a nivel de consellerías. Houbo moitas cues-tións polas que loitar, desde o mapa de autovías ata a variante de Noia. Agora, por desgraza, volve a saír a necesidade de

mellorar o enlace coa autopista AP-9 por Catoira.—¿Cre que pode parecer que a FEB non está a facer o sufi cien-te por defender os intereses dos empresarios?—Hai que ter en conta que a bu-rocracia é moi lenta. Desde que accedían á presidencia da FEB tiña claro que, cando se trata con gobernos e, polo tanto, con partidos políticos, a discreción é importantísima. Hai quen prefi re ir á prensa, pero nós non buscamos protagonismo, senón melloras. Penso que a nosa dis-creción está a dar os seus froitos e o traballo estase a ver en forma de resultados.—¿Segue Barbanza pecando do mal dos localismos?—Totalmente. Nós somos unha federación de doce asociacións e cada presidente tira para a súa, pero logo temos grandes proxectos que defendemos de forma conxunta. Iso cos alcaldes non ocorre. Só hai un pequeno exemplo, que é o caso de Arou-sa Norte, que fai un bo traballo.

Ás veces non só ocorre que os alcaldes non se unen, senón que poñen atrancos.—¿Cal foi o logro máis impor-tantes nestes tres anos?—Estivemos traballando coa Consellería de Industria en dúas frontes, unha a nivel de conseguir subvencións e outra para que os bancos concedan préstamos. O maior problema que ten agora o sector empre-sarial é a falla de fi nanciamento. Cónstame que desde a Xunta se está traballando, pero non é doado.—¿Cales son as materias pen-dentes?—Ademais de conseguir que se mellore este tema do fi nancia-mento, pretendo que os esta-tutos da FEB se aproben canto antes, pois inclúen a posibilidade de actuar en eidos nos que ago-ra non temos competencia. Imos poder traballar con subvencións para mulleres, primeiros empre-gos e persoas con problemas de inserción laboral, materias que agora non podemos abarcar.

«Non buscamos protagonismo, senón melA dirixente destaca o labor constante que a entidade fai diante dos organismos na procura de fondos para o sector

Entrevista | Gladys BermúdezPRESIDENTA DA FEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DO BARBANZA

Bermúdez alude á importancia a aprobar os novos estatutos da FEB, q

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Dolmen de Ouro 2010 | 8 |

Bocatas e Pratos Combinados

Cervexas de Importación

Avda. do Rocío, s/n - OUTES

B

Café-Concerto

Música en vivo

www.cafeconcertoantano.com

Page 9: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

lloras»r e para a comarca

SIMÓN BALVÍS

que están en fase de redacción

«A nosa discreción está a dar os seus froitos e o traballo estase a ver en forma de resultados»

«O maior problema que ten agora o sector empresarial é a falla de financiamento

«Ás veces non só ocorre que os alcaldes non se unen, senón que poñen atrancos»

«Pode parecer que a gala dos Dolmen supón un gasto innecesario, pero nós non o vemos así»

Van xa 22 anos desde que a patronal comarcal decidiu or-ganizar unha gala para premiar aos empresarios barbanceses máis destacados. Aínda que esta iniciativa tivo os seus alti-baixos, continúa viva e semella que o seu futuro está garantido, polo menos mentres que Gladys Bermúdez teña algo de peso no seo da federación.

—Hai un par de anos, houbo unha pequena crise interna ao redor da organización da gala, ¿como se afronta esta edición?

—Aquela non foi unha crise. Quixemos darlle un xiro á gala, porque se empezaba a criticar o feito de que fose todos os anos igual e para algúns facíase dema-siado monótona. Había quen se amosaba máis conservador e ha-bía quen apostaba por un cambio radical. Somos doce asociacións e cada unha ten a súa opinión pero, máis que unha crise, eu di-ría que o debate que se abriu hai un par de anos foi un exemplo de

que a federación é un ente activo. Este ano imos seguir o formato da última edición, polo que xa non houbo debate algún.

—Alguén podería pensar que esta gala é un acto demasiado ostentoso, sobre todo para unha época de crise económica como a actual, ¿como se defen-de a organización dos Dolmen nun momento coma este?

—É certo que pode parecer que a gala dos Dolmen supón un gasto innecesario, pero nós non o vemos así. Para nós é o homenaxe que se lle rende ao sector empresarial. Tendo en conta a crise, este ano houbo un recorte importarte dos gas-tos, e xa se descartou desde un principio organizar a gala nun polideportivo ou nunha carpa, pois iso eleva moito o orzamen-to. Isto fi xo que a capacidade fose moi reducida, só poderán asistir trescentos empresarios e as entradas esgotáronse nada máis poñelas á venta. A maiores, suprimiuse a actuación musical.

De todos os xeitos, vai ser unha velada dinámica e á altura das circunstancias.

—¿Non se pensou nin por un momento na posibilidade de suprimila ou facer un recorte drástico en vista da precaria situación económica?

—De momento, non, pero si é certo que quizais teñamos que estudar algún cambio máis drástico, como pode ser su-primir a cea e organizar só un acto de entrega de galardóns. O que está claro é que a gala vai seguir celebrándose porque é o recoñecemento que se lle fai aos empresarios da comarca, que ben o merecen.

«A gala vai seguir celebrándose porque é o recoñecemento que se lle fai aos empresarios»

Gladys defende, por riba de todo, a continuidade dos Dolmen

«Quizais teñamos que estudar algún cambio drástico, como podeser suprimir a cea»

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Dolmen de Ouro 2010 | 9 |

MENCÍA PAZO DE BEXÁN

Distribuciones

Eleuterio Balayo González

C/ Buenavista, s/n - Tel.: 981 82 71 51 - 15250 MUROS (A Coruña)

40 Anos ao Servizo da Hostaleria

Page 10: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

Romero Doniznoia

Pouco ou nada queda, a excep-ción do interese por practicar o mellor posible a odontoloxía, na clínica Juanatey dende a súa fundación. Iniciou a súa andai-na en 1984 nunhas instalacións que non superaban os 120 me-tros cadrados. Con todo, agora as dimensións que ocupa a ac-tual sede desta clínica noiesa alcanzan os setecentos, sendo o número de traballadores outro dos aspectos que evidencia a evolución imparable desde o seu nacemento hai xa 26 anos.

A clínica Juanatey conta na actualidade con preto de vinte persoas entre o seu persoal. Un equipo que posibilita o amplo número de servizos que pro-porciona. Tantos que esta fi rma sumou ata un departamento de formación no que os novos pro-fesionais desta rama sanitaria poden dar os seus primeiros

pasos no mundo laboral.Unha particularidade que fala

por si soa, así como o número de pacientes que pasaron polas salas de espera da clínica. As bases de datos marcan que na actualidade son preto de 12.000 as persoas que ao longo destes cinco lustros confi aron no seu momento na reputación de Juantaney para arranxar os seus problemas bucodentais.

Recoñecemento finalMotivos, todos eles, que expli-can as causas polas que esta noite terá o recoñecemento como a mellor empresa de Noia, recibindo un dolmen para recordar a data.

Pero o camiño foi longo ata chegar a hoxe, xa que tal e como confi rman dende a mesma clí-nica, «foi moito o traballo que tivemos que levar a cabo para ter o nome que temos hoxe».

Entre os diferentes momen-

tos polos que o doutor Juanatey pasou dende que fundou esta fi rma, a mediados dos anos oitenta, foi a súa época en Estados Unidos, onde se for-mou durante varios anos para regresar e ofrecer os mellores coñecementos. Algo que con-seguiu a tenor do visto, xa que

na actualidade os interesados poden gozar de vantaxes tan variadas como odontoloxía preventiva, a restauración, prótese estomatolóxica, radio-diagnóstico ou cirurxía bocal. É dicir, un exemplo de evolución empresarial de adecuación aos novos tempos.

A clínica Juanatey cumpre 26 anos alegrando os sorrisos da comarcaDende a súa fundación son cerca de 12.000 as persoas que pasaron polas instalacións

SIMÓN BALVÍS

A reprodución do dolmen empezouse a usar no 1993

Naceron co actual século e a progresión foi imparable. Os culpables son os irmáns Castro, Begoña e Daniel, propietarios da cervexería O Anexo e do café musical Antano. Recoñecen que nunca pesaran en gañar este premio, e que cando coñeceron nova fai quince días «a sorpresa foi total».

A súa historia nace no 2001 cando arrendan o pri-meiro local no que tiveron O Anexo. Un ano despois, o café canción, O Antano, foi o seguinte paso. Cinco anos máis tarde, no 2006, os benefi cios permitiron a compra dun novo local no que facer a nova cervexería O Anexo, con capacidade para 90 persoas. Ademais dunha ampla carta de cer-vexas de importación, a xerencia ofrece menús.

Foi Begoña Castro quen recoñece que a crise «vai-se levando, xa que este ano superamos os ventas do an-terior». Un raio de sol que fai pensar que a vida máis alá da época que estamos a vivir na actualidade.

O Antanoe o Anexo, a historia duns irmáns sen medoa asumir retos

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Dolmen de Ouro 2010 | 10 |

Na casa Pego levamos máis de 50 anos ó servizo dos nosos clientes,

en constante evolución comezando como un comercio antigo sendo en

primeiro lugar unha panadería e taberna, e ao mesmo tempo supermer-

cado como acostumaba ser antigamente, pasando despois a ser unha

casa de comidas, hai uns 30 anos aproximadamente, sendo na actuali-

dade un café bar restaurante familiar cunha ampla carta de especiali-

dades.

A nosa carne á pedra, de animais criados na comarca do Xallas é a

máis famosa da zona, carne seleccionada e preparada nas nosas pedras

que se converten nun manxar especial.

As zamburiñas, o polbo á prancha e o noso bacallao á sidra completan

un menú que atrapa os padales máis exquisitos.

E para rematar unha boa comida, poderá gozar das nosas especialida-

des en postres caseiros como a “panacota” o “tiramisú”, o fl an de café e a

tarta de chocolate e coco.

PECHAMOS TODOS OS

MÉRCORES

Antes, nº 37 – MAZARICOS (A Coruña) • Tlfs. 981 08 80 80 – 620 95 83 54 • [email protected] • www.casapego.es

““ ““

Page 11: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

Laura Lópezribeira

A Ribeira convértese este ano na sede da gala dos Dolmen. José Paz, presidente da patro-nal, está encantado coa idea, aínda que non pode evitar mostrarse pesimista ao falar da economía na comarca.—¿Como vive as horas pre-vias á entrega dos Dolmen?—Tivemos moitas cousas que organizar, pero agora xa está todo a punto. Eliximos o menú, a disposición das mesas no Baiuca... Ao fi nal, seremos 325 comensais, e deles medio cento son de Ribeira.—¿Pensa que estes premios seguen tendo prestixio no mundo empresarial?—Parece que se está retoman-do, e por iso houbo moita de-manda para asistir á gala. Nós premiamos a L. Quintáns, pola súa traxectoria profesional.

—¿Cre que a crise será un tema recorrente esta noite?—A crise está aí, así que a gala será o momento de chorar e de pedir.—¿Considera que o fi nal da crise está cerca?—No 2011 ímolo pasar mal. Eu véxoo pola nosa empresa, non hai obras previstas para o ano que vén, os bancos non conceden créditos... A xente ten moito medo e os que te-ñen cartos non os gastan polo que poida vir.—¿Por onde pasa o despegue económico na comarca?—Pola habilitación de chan industrial. Así poderían ins-talarse aquí as empresas que o desexaran e crearíanse postos de traballo.—¿Hai algo novo con respec-to ao macropolígono?—Cando pase a gala dos Dol-men, chamaremos aos empre-

sarios para saber exactamente canto solo precisamos, e así comunicarllo á Xunta. Temos que seguir loitando para que sexa canto antes unha rea-lidade o chan industrial en Ribeira e que as empresas non se vaian fóra. —¿Cal é a situación actual da empresa na comarca?—A estas alturas, é difícil ter datos concretos, porque os empresarios son reticen-tes a dicir realmente como lles vai. Pero o certo é que a construción estao pasando realmente mal. O balance xe-ral é negativo, non hai espírito empresarial, véndense barcos de Ribeira para fóra... Mesmo na lonxa, pasei hai uns días por alí e non hai alegría, hai caixas e caixas de peixe de calidade que non ten saída porque está aumentando o consumo de conxelado.

Entrevista | José Paz CadabalPRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE RIBEIRA

«A crise está aí, así que a gala será o momento de chorar e de pedir»O dirixente da patronal insiste en que habilitar chan industrial é imprescindible para lograr o despegue económico na comarca, unha recuperación que non ve inmediata por agora

SIMÓN BALVÍS

Paz segue loitando para que o macropolígono sexa realidade

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Dolmen de Ouro 2010 | 11 |

Page 12: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Dolmen de Ouro 2010 | 12 |

Laura Lópezribeira

A O alcalde de Ribeira, José Luis Torres, destaca o peso in-dustrial que ten esta cidade na economía barbancesa.—¿Que supón para Ribeira ser a sede da gala?—Este é un acto itinerante e para nós é unha gran sa-tisfacción volver ser a sede. Ademais, Ribeira é cabeza de comarca e, por tanto, un foco industrial forte, cun sector im-portante de pequenas, media-nas empresas e autónomos.—¿Cal é a importancia des-tes premios?—Estes premios son de moi-ta calidade e teñen prestixio. Non premian só que se trate dunha grande empresa, senón

tamén a capacidade de man-terse e crear postos de traba-llo. De feito, os autónomos e as pequenas empresas crean moito emprego nesta zona.—¿Está afectando moito a crise na comarca?—A crise afecta con menos forza en Ribeira ca noutros sitios. Na construción, moitos dos promotores que traballa-ban aquí non eran de Ribeira. No sector do mar, a extracción é mellor que outros anos, pero é certo que o peixe non está tendo tanta saída. Aínda que, as conserveiras, por exemplo, estanse defendendo ben.—¿Cre que os concellos tiveron responsabilidade nesta crise?—Penso que non temos nada

que ver, nós facemos planea-mentos de ordenación urbana e logo veñen os promotores. Os concellos son vítimas desta crise e están pasando momentos moi duros. Aínda así, estamos intentando dar o máximo posible de obra pública e facendo esforzos para pagar o antes posible. De feito, aumentou moito o número de empresas que se

presentan aos concursos.—¿Haberá chan industrial pronto?—Hai demanda de terreo, e a idea é que se vaia habilitando en función da demanda. Por iso se vai facer por fases.—¿Como van os trámites da nova lonxa e do mercado?—Licitouse o proxecto da lonxa e pronto se adxudicará. Esperamos que se estea traba-

llando nas obras a principios do 2011. A praza de abastos é outro plan no que traballamos, e esperamos que se converta nunha especie de área comer-cial de produtos frescos. Pero non é o único reto importante para a nosa economía. Ribeira non pode renunciar ao atra-que exterior, por ser o primei-ro porto de baixura de España, nin á circunvalación.

Entrevista | José Luis Torres ColomerALCALDE RIBEIRENSE

«Os autónomos e as pequenas empresas crean moito emprego»Para o rexedor, Ribeira está afrontando ben a crise, e confía en que os proxectos previstos axuden a mellorar a economía

CARMELA QUEIJEIRO

Torres di que entre os grandes retos para Ribeira están o atraque exterior e a circunvalación

L. QUINTÁNS, S.L.Polígono Industrial de Xarás, parcela 27 � RIVEIRA � Tel.: 981 874 150

Original de Teo, José Luis Quintáns Suárez, comienza su andadura profesional en el año 1969 como fontanero-electricista, iniciando en el año 76 su trayectoria como vendedor de alimentación.

En 1978, �Danone� le propone la distribución para la zona como autónomo y es en 1982 cuando constituye su prime-ra Sociedad, operando ya con dos camiones de reparto en toda la comarca del Barbanza.

Luego se ampliaría la zona de reparto a las poblacio-nes lindantes de Bertamiráns, Negreira, Muros, Cee, Corcubión y Fisterra, constituyéndose ya como Sociedad Limitada y trasladando su actividad a una nave en el Polígono Industrial de Xarás.

Desde entonces no ha dejado de crecer, contando en la actualidad con una plantilla Þ ja de 14 empleados y con una ß ota de reparto de cinco camiones.

También se ha crecido en variedad de productos distribui-dos, previéndose un incremento inminente en la plantilla.

Page 13: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Publicidad | 13 |

Page 14: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

A historia dun compromisoA gala naceu co propósito de recompensar o esforzo e a traxectoria do empresariado

CARMELA QUEIJEIRO

A do ano 2003 foi a última revista «O Dolmen» que saíu editada pola organización

Páxinas que son testemuña da larga traxectoria� Estas páxinas son a testemu-ña da larga traxectoria dos dol-men. Nesta selección recóllense o importante momento da gala do décimo aniversario, cunha celebración plenamente consoli-dada, e algúns dos cambios que se foron introducindo co paso do tempo, como a decisión de recoñecer ao mellor empresa-rio da zonas de Sar, Barbanza, Muros e Noia. Outes foi o lugar no que se entregou por primeira vez o distintivo.

A. GerpeRibeira

Transcorreron xa vinte e dous anos desde que un grupo de empresarios da bisbarra, unidos baixo o manto dunha federa-ción comarcal de empresarios, decidiron poñer en marcha unha celebración que eviden-ciase a fortaleza e unidade dos empresarios barbanceses e que, ao mesmo tempo, servise para recompensar o traballo e o empuxe amosado. Co tempo a festa empresarial foi cobrando forza, prestixio e converteuse nun auténtico escaparate.

Entre quen participou no na-cemento deste encontro atópa-se o presidente da Asociación Rianxeira de Empresarios, Felipe Ordóñez, quen recorda que durante os primeiros catro anos entregábanse unhas pla-cas ás industrias seleccionadas: «En aquel momento estaban as patronais de Ribeira, A Pobra, Boiro, Porto do Son, Muros, Noia, Padrón e Rianxo. Despois incorporouse Outes e máis tar-de foron sumándose outros».

Ordóñez conserva as revistas do Dolmen de Ouro editadas entre 1995-2003 e lembra a boa aceptación que sempre tivo a cita: «Había moito interese por parte das empresas. Sempre tivo un gran peso a nivel institucional e empresarial».

Nos seus inicios, o encontro chamábase Galardón ás Empresas. Foi en 1993, da man da Asociación Boirense de Empresarios, presidida entonces por Juan José Fajardo, cando naceu a Gala dos Dolmen de Ouro e cando se impuxo como distintivo a entregar aos premiados unha reprodución do monumento megalítico de Axeitos.

Transformación boirenseFajardo lembra aquel punto de infl exión neste acontece-mento: «A cea íase celebrar en Boiro e eu quería facer algo diferente. Que Boiro fose o punto de partida para algo dis-tinto. Por unha banda quería buscar un obsequio que fose un elemento identifi cativo da comarca, algo que nos unise a todos, e así o propuxen nunha reunión. O entonces presiden-te da patronal pobrense suxe-riu que podía ser o dolmen de Axeitos. Pareceunos unha excelente idea e decidiuse que a cita pasara a chamarse Gala Dolmen de Ouro».

O empresario boirense indica que se tomaron unhas imaxes do túmulo e que lle encargou o deseño ao escultor Otero Re-gal. Este primeiro dolmen foi modifi cado posteriormente: «Era demasiado alto e estaba asentado sobre un pedestal», explica Fajardo.

� Outros detalles

Unha cita ligadaá Federación de Empresariosdo Barbanza

Os premios da patronal barbanzana non exis-tirían se Juan Manuel Penalta e un grupo de empresarios non tivesen fundado a FEB. Penalta foi o primeiro presiden-te dunha patronal que posteriormente capita-nearon Anxo Cristobo, Ramón Hermo, Pablo Martelo e, na actualida-de, Gladys Bermúdez.

Despois do cambio in-troducido en 1993, que supuxo o nacemento dos Domen de Ouro, sucedéronse outras modifi cacións. En 1995 apareceron dous novos galardóns, un dedicado á mellor iniciativa em-presarial e outro diri-xido a un embaixador barbanzano.

En 1997 decidiuse outorgarlle un premio especial ao mellor empresario da bisba-rra. Tres industriais obtiveron ese máximo galardón: José Manuel Cortizo, Jesús Alonso Fernández e Ramiro Carregal.

Ao mesmo tempo, varias das citas que se levaron a cabo, como a do 2001, incluíron, ademais da gala, a rea-lización dunha semana empresarial na que se abordaban aspectos de interese para o sector.

Presidentes, consellei-ros e centos de represen-tantes da comarca teñen acudido a este encontro cos empresarios. Desde as institucións sempre se lles animou a contar co seu empuxe e se cola-borou coa federación.

Vinte aniversarioNo 2008, con motivo do vinte aniversario da cita empresarial, a FEB, consciente da necesi-dade de darlle un novo aire á gala, decidiu facer un punto e aparte. Foi o momento elixido para lembrar a quen ocu-paron a presidencia da patronal comarcal e para deseñar o novo rumbo deste encontro.

O número de ga-lardóns reduciuse e instaurouse un premio especial entre os se-leccionados por cada entidade.

De cara ao futuro todo apunta a que esta cerimonia continuará mudando e non deixará de dar sorpresas.

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Dolmen de Ouro 2010 | 14 |

Page 15: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Publicidad | 15 |

Page 16: LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... · LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010 ... é esta noite no restaurante Baiuca, en Artes. Ás 21.00 horas está

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 15 DE OCTUBRE DEL 2010

| Publicidad | 16 |