Introdución á minería no Barbanza -...

162
Introdución á minería no Barbanza Coordinadores: Mª. Luisa López Otero “Asociación O Faiado-2” José Manuel Álvarez-Campana Gallo “Cámara Oficial Mineira de Galicia”

Transcript of Introdución á minería no Barbanza -...

Page 1: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

Introdución á minería no Barbanza

Intr

oduc

ión

á m

iner

ía n

o B

arba

nza

Coordinadores:Mª. Luisa López Otero “Asociación O Faiado-2”

José Manuel Álvarez-Campana Gallo “Cámara Oficial Mineira de Galicia”

Obxectivos:

• Poñer en valor e espertar o interese, para posteriores estudos, do papel tan importante que noutrora tiveron algúns dos minerais do Barbanza, explotados en períodos de máis ou menos actividade, desde a prehistoria ata ben mediado o s. XX.

• Valorar o estado actual das minas e das súas instalacións.

• Recoller toda a información que aínda poden aportar algunhas persoas vivas, relacionadas coa actividade mineira do s. XX.Asc. Artesá

e Etnográfica do Barbanza

Page 2: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

Introdución á minería no BarbanzaCoordinadores:

Mª. Luisa López Otero “Asociación O Faiado-2”José Manuel Álvarez-Campana Gallo “Cámara Oficial Mineira de Galicia”

Page 3: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

© dos textos e fotografías, os seus autores

Edita:Cámara Oficial Mineira de Galicia

Imprime:Gráficas Garabal

Dep. Legal:

ISBN:

Page 4: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

Coordinación:

Mª. Luisa López Otero “Asociación O Faiado-2”José Manuel Álvarez-Campana Gallo “Cámara Oficial Mineira de Galicia”

Fotografías :

Faustina Dieste Sánchez, Paola García Paz, Antonio Parada Mariño, Dani Gestoso, Xan Guerra Bouzas

Revisión lingüística:

Manuel Cartea Gómez

Traballo de arquivo:

Mª del Mar Ordóñez Reboiras, Sofía Sanvicente García, Carmen Vázquez Dieste, José M. Pérez Lustres

Portada:

Antonio Parada Mariño

Contraportada:

Faustina Dieste Sánchez

Persoal especializado que participou nas “Xornadas de introdución á mineria no Barbanza”, organizadas pola Asociación Artesá e Etnográfica do Barbanza “O FAIADO-2”, e celebradas en Boiro, en xaneiro de 2007:

Carlota García Paz, Doutora en Xeoloxía e profesora titular do Departamento de Edafología da USC. Antonio González Millán, Historiador. Xurxo M. Ayán Vila, Arqueólogo e investigador do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento - CSIC-XUGA. Xosé Moledo Santiago, Arqueólogo do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento - CSIC-XUGA. Leonardo González Pérez, Arqueólogo e especialista en Antropoloxía Cultural do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento - CSIC-XUGA. Ana Filgueiras Rei, Arqueóloga e Antropóloga. Mª Luisa López Otero, Mestra e artesá, Asc. “O Faiado-2”. José Manuel Álvarez-Campana Gallo, Director da Cámara Oficial Mineira de Galicia. Blanca Caamaño González, Catedrática en Xeografía e Historia. Joaquín E. Ruíz Mora, Enxeñeiro de minas e Responsable do Proxecto da Área de Enxeñería do terreo e recursos minerais de Lousame. Victor J. Barbeito Pose, Arqueólogo e responsable técnico do Centro arqueolóxico do Barbanza. Xulio Gutiérrez Roger, Lic. en Bioloxía, e especialista en Educación Ambiental.

Organismos e empresas colaboradoras:

Concello de Boiro, Cámara Oficial Mineira de Galicia, Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela, Obradoiro de Restauración e Etnografía “O Faiado”, Caixa Galicia. Concello de Lousame e Concello de Ribeira.

Page 5: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

Agradecementos:

A todas as persoas que amablemente prestaron a súa desinteresada colaboración, informando no noso exhaustivo traballo de campo, e moi especialmente a:

José Mª Gestoso Fernández, Josefa Rivadulla, Carmen Rivas, Ricardo Rivas Barreiro, Rubén Pablo Paz Brión, Paulo Nunes, Xulio Gutiérrez Roger, Manuel Casais Arestín, Manuel González Resúa, Manuel Mariño del Río, Pastor Rodríguez Santamaría, J. Antonio García Romero, Pedro García Vidal, Xesús Santos Suárez, José Manuel Vilas Álvarez, Ignacio Pérez Hermo, José Lojo Pose, José Romero Fernández, Abelardo Soler Torrente, Ramiro Villoch Herrera, Flora Dios, Antonio González Millán, Pablo Payo Cangado, Ramona Lojo Romero, Manuel Caramés, Noa Caramés Vila, Jorge Gago Mariño, Victoria Carou Mariño, José Manuel Triñanes Núñez, Vicente González Lijó, Mª del Carmen Sampedro Mella, José Mª Toucedo Lorenzo, Lina Mª González López, Vicente Martínez Pérez, Victoriano García Fernández, Marcelino Somoza, Alberto Piñeiro Bermúdez, J. Vicente González López, José García Fernández, Ramón Mato Romai, Nemesio Romero Piñeiro, Luís García Pose, Mª del Carmen Piñeiro González, Dani Torrado Gestoso, David Bello, S. Onofre, Maruja Piñeiro González, Esther Piñeiro González, Francisco Calo Romero, Mª del Carmen García Blanco, Manuel Lojo Calo, José Mª Romero Piñeiro, Alberto García Sánchez, Francisco Pena Calvar, Marcelino Barros Redondo, Marcelino Sánchez Somoza, Marisa Lamas Carreño, Antonio Rodríguez Mayo, María del Mar Torres Santamaría, Victor Barbeito Pose, Atocha Ramos Martínez.

Page 6: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

ÍNDICE

Prólogo .......................................................................................................................................................................................... 7

Introdución .................................................................................................................................................................................... 9

Características xeolóxicas da Península do Barbanza ..................................................................................................................... 11Carlota García Paz

Contribución das minas de San Finx á historia mineira do Barbanza ............................................................................................. 29José Manuel Álvarez-Campana Gallo

José Manuel López García, Manolo de Carril. Memoria viva das Minas de San Finx ..................................................................... 41Unai González Suárez

Achegamento ao estudo da mina de estaño de Lampón ............................................................................................................... 53Blanca Caamaño González

Resumo de pozos, galerías e sondaxes (“calicatas”) do Concello de Boiro .................................................................................... 65Protección Civil de Boiro

Explotacións mineiras en Moimenta e Bealo (Boiro, A Coruña) .....................................................................................................71Mª Luisa López Otero

Traballadores de Bealo nas minas de San Finx .............................................................................................................................. 81J. Alberto Figueira Resúa

Etnoarqueoloxía e paleometalurxia de Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña) ............................................................................ 83Xurxo M. Ayán Vila / Xosé Moledo Santiago / Leonardo González Pérez / Eduardo González Gómez de Agüero

Vivencias da minería do volframio na enseada de Corrubedo (Ribeira, A Coruña) ....................................................................... 121Ana Filgueiras Rei

Page 7: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

Outros traballos de aproximación á minería en Ribeira ............................................................................................................... 129Asociación Artesá e Etnográfica do Barbanza “O Faiado-2”

Outros vestixios mineiros no Barbanza: Pobra do Caramiñal, Rianxo e Noia ...............................................................................137Asociación Artesá e Etnográfica do Barbanza “O Faiado-2”

A minería na posguerra en Porto do Son .................................................................................................................................... 141Pastor Rodríguez Santamaría

Tríptico das Xornadas ................................................................................................................................................................. 149

Presentación e relatores .............................................................................................................................................................. 151

Visitas durante as Xornadas ........................................................................................................................................................ 155

Bibliografía ................................................................................................................................................................................. 159

Page 8: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

7

PRÓLOGO

A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ten entre os seus obxectivos fomentar a industria mineira galega, procurando o desenvolvemento desta actividade, clave para a nosa economía, en termos de sustentabilidade, isto é, integrando os ámbitos económicos, sociais e ambientais, de xeito que se satisfagan as necesidades das xeracións actuais sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para satisfacer as súas.

O desenvolvemento, alén de requirir avances tecnolóxicos, a mellora das condicións das nosas explotacións e o peche da cadea de valor no noso país, precisa necesariamente que se dedique un esforzo importante á recuperación e á conservación do saber e da historia que esta actividade foi acumulando co paso do tempo na nosa terra.

Por este motivo, a Consellaría de Innovación e Industria ofreceu dende o principio o seu apoio para contribuír á organización das xornadas de Introdución á Minería no Barbanza, como punto de partida para espertar o interese da sociedade pola visión industrial do noso patrimonio histórico, unha herdanza cultural que nos pertence e nos caracteriza como pobo.

A importancia de conservar este legado cultural queda demostrada pola boa acollida que tivo esta iniciativa e o a amplo respaldo institucional co que contou, por parte de organismos tan variados como a Universidade de Santiago de Compostela, os Concellos de Boiro, Lousame e Ribeira ou a Cámara Oficial Mineira de Galicia.

Este libro deixa testemuño da memoria doutros tempos e doutras xentes que fixeron posible o desenvolvemento da actividade mineira, razón pola cal dende a Consellería de Innovación e Industria continuaremos a traballar para que este coñecemento tan valioso non só non se perda, senón que se incorpore como un contido esencial da historia do noso desenvolvemento ao patrimonio cultural do pobo galego.

NomeCargo

Page 9: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

8

Page 10: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

9

INTRODUCIÓN

Os depósitos de minerais de Galicia véñense explotando dende a idade de Bronce, chegando a xogar papeis clave en diferentes etapas históricas e zonas, e deixando a súa pegada ao longo dos séculos. Esta pegada é un importante legado que compre conservar, un patrimonio industrial que forma parte da historia e da cultura daqueles lugares nos que se desenvolveu a actividade extractiva.

Na comarca do Barbanza, a minaría supuxo durante finais do século XIX e principios do XX un dos principais motores para a economía da zona, favorecendo a aplicación de tecnoloxías e a aparición de movementos sociais relevantes. É de destacar, como exemplo, a vinculación das minas de estaño e wolfram con feitos históricos relacionados coa Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial.

Ante isto, xurdiu entre a sociedade civil, a través de asociacións tan importantes como O Faiado-2, o desexo de difundir o papel tan especial que a minaría tivo ao longo da historia nesta comarca, ademais de espertar o interese polo patrimonio mineiro e valorar o seu estado actual de conservación. Con este fin, organizáronse en 2007 as Xornadas de Introdución á Minería no Barbanza, que serviron como canle de intercambio e punto de colleita de información, e nas que a Cámara Mineira contribuíu co seu coñecemento histórico.

Dita documentación recóllese agora neste libro, como testemuña do valor histórico dunha actividade ligada ao home dende antigo e que segue a ser vital para o seu desenvolvemento.

Francisco Aréchaga RodríguezPresidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia

Page 11: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

10

Page 12: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

11 Introdución á minería no Barbanza

En 1830 Guillermo Schulz foi nomeado Comisario de Minas ao servizo do Goberno español e no ano 1833 Inspector de Distrito en Galicia e Asturias. O mapa petrográfico del Reino de Galicia. Escala 1:400.000 foi feito entre 1832 e 1834. En 1835 Descripción geognóstica del Reino de Galicia.

O Barbanza na descripción de Schulz

Na Descripción geognóstica del Reino de Galicia (1835) escribe:

“… pero muy elevadas y ásperas son las sierras que dominan á Muros. Otro tanto debe decirse de la Barbanza que es muy agreste, aunque rodeada de una costa mas suave, bastante vária, y sumamente fértil y graciosa hácia la ria de Arosa.”

“…infinitas veces se ve al gneis y la pizarra intercalados en el granito, v. gr. en la Barbanza…”

“Podria tambien hacerse un reconocimiento sobre un criadero de grafito pizarroso que se halla en un pinar á media legua al N.O. de la Puebla del Dean, al pie de la sierra de la Barbanza, donde llaman Riomorto.”

Foto 1. Guillermo Schulz (Dörnberg, Alemania, 1805 – Aranjuez, 1877)

CARACTERÍSTICAS XEOLÓXICAS DA PENÍNSULA DO BARBANZA

Carlota García Paz, Doutora en Xeoloxía, profesora titular do Departamento de Edafoloxía da USC

Primeiros mapas xeolóxicos

Page 13: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

12Características xeolóxicas

Geología del zócalo cristalino de la península del Barbanza, cerca de Noya (La Coruña). Dr. Jurgen Von Raumer (Institut de Mineralogie et Petrographie de l´Université Fribourg, Suiza), 1962

El “granito de Barbanza” ocupa la mayor parte de la Península…de dos micas y de grano grueso, cuyos componentes minerales cristalizaron según la secuencia normal o sea, Accesorios-Micas-Plagioclasas -Feldespatos potásicos-Cuarzo.

Al NE., el granito está limitado por las rocas marginales de la zona metamórfica de Noya, mientras que al S.-W., en la parte de Corrubedo, se transforma en una variante de grano fino con muchos xenolitos y también migmatitas.

Totalmente diferentes en su aspecto son los granitos de grano grueso que ocupan el extremo S.-W. de la Península, cerca de Ribeira y toda la costa SE, así como en la carretera de Noya- Boiro, en la parte de Moimenta.

Foto 3

Fotos 2. Mapa petrográfico do Reino de Galicia (1834)

Page 14: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

13 Introdución á minería no Barbanza

Mapa petrográfico estrutural de Galicia. Isidro Parga Pondal, 1963

Grupo de Laxe:”…conjunto de rocas formado principalmente por esquistos micáceos intensamente migmatizados, gneises graníticos y granitos de anatexia”.

Foto 4

Complexo Antigo

Foto 5. A Península da Barbanza no mapa de Parga Pondal, 1963.

Page 15: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

14Características xeolóxicas

Foto 6. Mapa xeolóxico publicado polo grupo “Galicia” do Departamento de Petroloxía, Mineraloxía e Cristalografía da Universidade Estatal de Leiden, Holanda.

Foto 7. Mapa xeolóxico do Instituto geológico y minero de España. Publicado a escala 1:200.000, corresponde ás follas: Santiago de Compostela (1984) e Pontevedra, La Guardia (1985).

Page 16: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

15 Introdución á minería no Barbanza

Falla do río Barbanza

Falla do río Pedras

Fotos 8. Trazos da xeoloxía do Barbanza vistos co Google Earth.

Fotos 9. Fallas vistas dende o aire

Page 17: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

16Características xeolóxicas

Fotos 10. Macizo granítico de Confurco ou de Moimenta

Foto 11. O ciclo das rochas

Page 18: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

17 Introdución á minería no Barbanza

Oroxenia Hercínica

Fotos 12. A oroxenia Hercínica

Foto 13. Unidade de Malpica - Tui no Mapa xeolóxico do Instituto geológico y minero de España

Unidadede de Malpica - Tui (Fosa blastomilonítica ou Complexo antigo), tamén chamada aquí Complexo de Noia: Xistos e paragneis con anfibolitas.

Ortogneis biotítico

Page 19: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

18Características xeolóxicas

Fotos 14. Xistos do Complexo de Noia

Materiais preordovícicos (mais de 500 M.A.), probablemente Precámbrico superior-Cámbrico

Probable intercalación de anfibolita nos xistos

Fotos 15. Ortogneis biotíticos do Complexo de Noia. Proceden de granitos emprazados no Ordovícico. Idade probable 466±29 M.A.

Argalo

Page 20: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

19 Introdución á minería no Barbanza

Foto 16. Dominio migmatítico e das rochas graníticas ou Grupo de Laxe. Mapa xeolóxico do Instituto geológico y minero de España.

Ortogneis glandular

Xistos e paragneis

Granito do Barbanza

Granitoide migmatítico

Granito de Corrubedo

Page 21: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

20Características xeolóxicas

Foto 17. Ortogneis glandular do Grupo de Laxe Procede de rochas graníticas prehercínicas. Idade probable 462 M.A.

Fotos 18. Xistos micáceos do Grupo de Laxe en San Finx. Proceden de rochas sedimentarias, probablemente do Silúrico (entre 435 e 410 M.A.).

Foto 19. Xistos con niveis carbonosos do Grupo de Laxe na Magdalena

Foto 20. Metasedimentos migmatizados do Grupo de Laxe

Foto 17Fotos 18

Foto 19 Foto 20

Page 22: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

21 Introdución á minería no Barbanza

Foto 21. Migmatita do Grupo de Laxe

Foto 22. Granitoide migmatítico do Grupo de Laxe

Fotos 23. Granito de dúas micas de Corrubedo

Fotos 24. Xenolitos no granito de Corrubedo

Foto 21

Foto 22

Fotos 24

Fotos 23

Page 23: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

22Características xeolóxicas

Fotos 25. Granito do Barbanza

Foto 26. Microfotografía de Granito do Barbanza

Foto 27. Plaxioclasa e moscovita no Granito do Barbanza

Foto 28. Outras rochas graníticas Hercínicas. Mapa xeolóxico do Instituto geológico y minero de España

Granodioritas precoces

Biotita

Plaxioclasa

Moscovita

CuarzosFeldespato K

Granodioritas tardías

Granito do Confurco

Fotos 25

Foto 26

Foto 27

Foto 28

Page 24: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

23 Introdución á minería no Barbanza

Foto 29. Granodiorita precoz, inicios da oroxenia Hercínica

Fotos 30. Granodioritas tardías, finais da oroxenia Hercínica

Fotos 31. Granodiorita tardía. O dolmen de Axeitos está feito con este tipo de rocha

Foto 32. Granodiorita tardía. Microfotografía.

Feldespato Potásico

Mica negra: Biotita

Foto 29

Fotos 30

Fotos 31

Foto 32

Page 25: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

24Características xeolóxicas

Foto 33. Enclave de sienita na granodiorita tardía

Fotos 34. Granito do Confurco en Macenda

Fotos 35. Corrubedo: exemplo de ambientes sedimentarios. Segundo F. Vilas y M.A. Nombela: “El complejo de Corrubedo es un sistema de playa-duna muy evolucionado. Reúne todos los medios sedimentarios característicos de complejos de este tipo”

Foto 33

Fotos 34

Fotos 35

Page 26: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

25 Introdución á minería no Barbanza

Foto 36. Mapa minero-metaloxenético. Instituto Geológico y Minero de España (1982). Xunto ás importantes mineralizacións de volframio e estaño en San Finx e o contorno de Noia, aparecen outras como as de: La Cubeta, Piñeiro, Inglaterra e Xeniña con casiterita e tantalita con columbita e berilo. Rúa Nueva con niobiotantalita. Parada e Armada con mispiquel (arsenopirita) e pequenas proporcións de ouro. Entre as concentracións de minerais non metálicos cabería destacar as de: Caolín, cuarzo, feldespatos e cianita.

Foto 37. Explotación de San Finx

Foto 36

Foto 37

Page 27: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

26Características xeolóxicas

Fotos 38. As mineralizacións de San Finx aparecen en filóns de cuarzo e pegmatitas: Casiterita, volframita, calcopirita, molibdenita, pirita, bismuto, bismutina, blenda, galena, estannita, pirrotina, mispiquel e óxidos de ferro.

Foto 39. Exemplares de casiteritas de Lousame no Museo de Historia Natural da USC

Foto 40. Exemplar de volframita no Museo de Historia Natural da USC

Foto 41. Exemplares de scheelitas no Museo de Historia Natural da USC

Foto 42. Mostra de pegmatita de Lousame mineralizada con sulfuros. Exemplar do Museo de Historia Natural da USC doado por Teodoro Varela Radío

Fotos 38

Foto 39 Foto 40

Foto 42Foto 41

Page 28: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

27 Introdución á minería no Barbanza

Foto 43. Exemplar de molibdenita de Lousame no Museo de Historia Natural da USC

Foto 44. Exemplares de piritas de Lousame no Museo de Historia natural da USC

Foto 45. Exemplar con grandes cristais de cuarzo e algunhas piritas de Lousame. Museo de Historia Natural da USC. Doado por Luis Estepa Vera

Foto 46. Situación dos filóns na área de Noia. En: La minería de Galicia 1991. Ed. Consellería de Industria y Comercio. Xunta de Galicia

Foto 47. Esquema do tratamento na mina de San Finx. En: La minería de Galicia 1991. Ed. Consellería de Industria y Comercio. Xunta de Galicia

Foto 43Foto 44 Foto 46

Foto 45

Foto 47

Page 29: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

28Características xeolóxicas

Foto 48. Filón de cuarzo con turmalina. Minerais do Barbanza no Museo de Historia Natural da USC.

Foto 49. Berilo. Minerais do Barbanza no Museo de Historia Natural da USC

Foto 50. Gran exemplar de cuarzo rosa de Ribeira, doado por Juan Martínez Nuñez. Minerais do Barbanza no Museo de Historia Natural da USC

Foto 51. Areas de ouro de Escarabote, doadas por Castor Agra García. Minerais do Barbanza no Museo de Historia Natural da USC

Foto 48

Foto 50

Foto 51

Foto 49

Page 30: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

29 Introdución á minería no Barbanza

La minería es una de las actividades económicas más importantes en Galicia, no sólamente en la actualidad en que los sectores extractivos (granitos, pizarras, lignitos) contribuyen de forma importante a crear riqueza y empleo, sino también desde tiempos históricos e incluso prehistóricos...legándonos un patrimonio excepcional.

Numerosos lugares y decenas de miles de familias han vivido directa o indirectamente de las actividades mineras. En lugares y períodos concretos, la creación de riqueza más importante –e incluso en ocasiones la propia supervivencia- ha dependido de yacimientos minerales (rarezas geológicas).

La naturaleza ha sufrido, lógicamente, transformaciones derivadas de esta actividad, pero precisamente los nuevos planteamientos orientados a la sostenibilidad y a la multifuncionalidad de los espacios mineros pretenden convertir en nuevas oportunidades lo que han sido importantes extracciones (p.ej., se pretende crear dos grandes lagos a partir de las explotaciones de lignito que concluirán en los próximos años) y hay otras importantes

iniciativas medioambientales y culturales en marcha...como esta que hoy exponemos...

Fotos 52. Mineral de estaño, filón de casiterita y lingote del museo de mina de Poldark, Cornwall

CONTRIBUCIÓN DAS MINAS DE SAN FINX (LOUSAME) Á HISTORIA MINEIRA DO BARBANZA

José Manuel Álvarez-Campana Gallo, director da Cámara Oficial Mineira de Galicia

Contexto general

Page 31: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

30Minas de San Finx

Los yacimientos mineros de Galicia están presentes en la historia universal de la minería desde la edad del bronce hasta la actualidad. San Finx tiene una especial relevancia en esta larga historia

Es conocida la existencia de la ruta fenicia del estaño, a través de la que este pueblo comerciante enlazaba desde Gadir (actual Cádiz) los ricos yacimientos del noroeste peninsular con los de Britannia y Cornualles (otro de los referentes históricos fundamentales en la minería del estaño). Para esta época, la actividad minera de la zona está acreditada por diversas labores superficiales en estudio que se asocian a antiguas técnicas extractivas. En la península del Barbanza se vienen encontrando importantes restos arqueológicos (castros y petroglifos) de la edad del bronce, incluso con elementos que atestiguan una metalurgia básica del estaño. Un metal estratégico durante siglos en la economía del bronce.

En la baja edad media se constata de nuevo la explotación en Lousame del estaño con destino al consumo local: los picheleiros, o talleres de orfebres de estaño y plata en la vecina Santiago de Compostela, situada a unos treinta y cinco kilómetros de las minas. La demanda de los orfebres de Santiago, centro fundamental de peregrinación de la cristiandad, superaba la producción de estaño de Lousame, por lo que habían de completar su abastecimiento con estaño procedente de la provincia de Ourense e incluso de Inglaterra.

...vengamos a Lousame...

Foto 53. Memoria de Joseph Cornide al Intendente General, año 1783

Page 32: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

31 Introdución á minería no Barbanza

Foto 54. Isla de Sálvora, tal vez una de las casitérides

Foto 55. Petroglifo Os Mouchos, Rianxo

Fotos 56. Economía del bronce y sus utensilios (más de 1.000 años)

Foto 57. La ruta del estaño y sus variaciones en el tiempo. Museo Poldark, Cornwall

Foto 57 Foto 54Foto 55

Fotos 56

Page 33: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

32Minas de San Finx

Foto 58. Situación geográfica de Lousame y la mina San Finx

Foto 59. Modelo de minería subterránea y operaciones finales s. XIX y principios s. XX

Foto 60. Vista general del poblado minero de San Finx (ver Cuartel Viejo en 1897 y Edificio de compresores en 1971).

Foto 61. Interior del Edificio de compresores. Visita del director general de minas en 1971

Foto 58

Foto 59

Foto 60

Foto 61

Page 34: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

33 Introdución á minería no Barbanza

Foto 62. Pozo nuevo (sustituye a Pozo maestro en la década de los 30)

Foto 63. Detalle del Pozo nuevo

Foto 64. Vista de las instalaciones. Mina San Finx (ver lavadero y separadores)

Foto 65. Lavadero (actualidad)

Foto 66. Interior del Edificio de separadores magnéticos (uno de los primeros equipos de este tipo en Europa en el siglo XIX).

Foto 67. Detalle separador magnético

Foto 68. Formación geológica de interés minero

Foto 62 Foto 66Foto 65

Foto 68

Foto 64

Foto 67

Foto 63

Page 35: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

34Minas de San Finx

Fotos 69. Cartografía geológica general

Fotos 70. Cartografía geológica de superficie para exploración minera

Foto 71. Cartografía de diques de interés minero (explotación subterránea)

Fotos 69

Fotos 70 Foto 71

Page 36: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

35 Introdución á minería no Barbanza

Fotos 72. Interior del yacimiento filoniano (más de 3.000 metros de filones)

Foto 73. Filón de cuarzo mineralizado estaño-wolframio (vista filón y detalle)

Fotos 74. Galería transversal Buenaventura y boca de galería

Foto 75. Galería operativa y elementos de servicio (vista 1971)

Fotos 72

Foto 73

Foto 75

Fotos 74

Page 37: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

36Minas de San Finx

El estado actual del patrimonio industrial es el resultado de un proceso complejo de agregaciones, superposiciones, eliminación y conservación...

En 1884 se inicia su explotación bajo un modelo racional de a p r o v e c h a m i e n t o minero. Es la familia Burbury, de origen británico, la que inicia los trabajos del nuevo modelo de industria minera.

En año 1897, se establece la sociedad The San Finx Tin Mines Limited, que constituye la PRIMERA EXPLOTACIÓN DE WOLFRAMIO iniciada en España y una de las primeras de Europa. Un halo de misterio envuelve el comienzo de la explotación de wolframio precisamente en San Finx…

Para ello se acometen importantes inversiones con el objeto de disponer de las instalaciones técnicamente más punteras para la época (se destacan las separadoras magnéticas de bandas cruzadas, las primeras separadoras electromagnéticas que se montan en España; que hoy se encuentran en perfecto estado de conservación) y se realizan considerables labores mineras. Esta iniciativa representa el mayor auge industrial de Lousame en el siglo XIX.

Poco después del final de la Guerra Civil española, en 1940, se disuelve la sociedad británica, y la mina pasa a ser propiedad de la empresa de capital español Industrias Gallegas, S.A., sociedad que la explota durante los siguientes 25 años.

Hasta su cierre operativo en la década de los noventa, la mina será propiedad de Gabriel Pérez (y posteriormente herederos de Gabriel Pérez).

Foto 76. Bloque diagrama de la mina

Foto 77. Cuartel viejo en año 1897 (aún existente)

Foto 78. Plano fábrica nueva (antes de 1929)

Foto 79. Fábrica nueva, año 1929 (una referencia internacional en diseño industrial de lavaderos mineros)

Page 38: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

37 Introdución á minería no Barbanza

Patrimonio inmaterial. La mina de San Finx como escaparate de evolución de la cultura y la tecnología

La cultura y la tecnología que se han desarrollado a lo largo de los siglos representan un patrimonio inmaterial de gran valor. La forma en que han evolucionado las prácticas mineras y metalúrgicas, desde sus inicios en la parte oscura de la edad del bronce, a partir de la separación de mineral en las arenas de los ríos y de las playas, las zanjas excavadas para alcanzar los diques (en las labores llamadas ‘fenicias’). La importancia del yacimiento minero de San Finx en la cultura castreña de la edad del bronce, y su relación con los procesos posteriores de romanización.

La cultura y papel de estos yacimientos mineros en la edad media, y su tránsito lento de manos de científicos y técnicos, en el siglo XIX hacia un modelo minero racional, con un proceso secuencial y ordenado de extracción y preparación del mineral.

La aparición del wolframio como elemento de interés en la nueva cultura de uso de la luz eléctrica y de los aceros especiales, el movimiento de capitales y de tecnología que ocasiona la vital extracción del estaño y wolfram en episodios bélicos (guerra civil, segunda guerra mundial, guerra de Corea), los tránsitos y el decaer de la actividad hasta la crisis mundial de los precios de los metales de principio de los años noventa…

Un espacio que ha planteado un número creciente de preguntas…

Las personas. Pequeñas historias.

La actividad minera genera una importante demanda de mano de obra, llegando la mina a dar empleo estable a cuatrocientas personas. Va surgiendo un poblado minero con las dotaciones e infraestructuras: electricidad, agua, jardines, escuela, gerencia, asistencia sanitaria, etc. Esta actividad, que se realiza bajo CONDICIONES LABORALES MUY DURAS, viene a traducirse también en tensiones sociales, pudiendo datar en 1918 la aparición en este lugar de uno de los PRIMEROS MOVIMIENTOS SINDICALES DE GALICIA

Se da una singular forma de explotación, junto a la sistemática habitual, son los MINEROS DE MONTE, que buscan, seleccionan y preparan fragmentos de roca y minerales para intermediarios, representando un porcentaje muy apreciable de la explotación

Foto 80. Diagrama de proceso de producción del mineral

Page 39: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

38Minas de San Finx

Foto 81. Edificio de la gerencia de la mina, hacia 1929

Foto 82. Practicando a “roubacha” no val mineiro de San Finx.

Foto 83. Trabajadores en día de fiesta, años 40

Foto 84. Visita del Director general de minas en 1971

Fotos 85. Trabajadores (maquinista y perforistas) hacia 1970

Foto 81

Foto 82

Foto 83

Foto 84

Fotos 85

Page 40: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

39 Introdución á minería no Barbanza

En la Segunda Guerra Mundial, San Finx se convierte en un foco industrial de interés estratégico con motivo de la llamada “FIEBRE DEL WOLFRAM”. La población flotante crece hasta más de mil personas que explotan superficialmente el wolframio para venderlo a la propia mina e incluso a agentes de los gobiernos británico o alemán. La roubacha se convierte en una práctica habitual...

Proyecto mina de San Finx

Cuestiones abiertas por el espacio de San Finx (varios ejemplos):

- Papel de la minería de estaño (metal estratégico) del NW de la península ibérica en los asentamientos y comercio de los fenicios durante la edad del bronce

- La conexión prehistórica con las minas de estaño de Cornualles,

- Efecto del cambio tecnológico global en la edad del hierro sobre la economía minera del estaño

- Historia del espacio minero durante la romanización de la península ibérica,

- Papel de San Finx en el mantenimiento de la orfebrería medieval y moderna de Santiago de Compostela,

- Aparición y difusión de las técnicas mineras racionales que aportan los británicos, o

- Claves socioeconómicas de los metales estratégicos (wolframio) en los períodos de guerras.

Proyecto de intervención en la mina de San Finx

En diferentes espacios, fundamentalmente en norteamérica y europa occidental, existe una corriente científica de arqueología industrial que ha venido también derivando en la puesta en valor de estos sitios, con valores patrimoniales indudables y de gran interés para el uso público.

Son buenos ejemplos el campamento minero Seawell en la cordillera andina, declarado patrimonio de la Humanidad recientemente, o –por analogía minera– el distrito de minas de estaño de Cornualles, en el suroeste de Inglaterra, en donde se están haciendo numerosas intervenciones...

Fotos 86. Minas de estaño Geevor y Poldark en Cornualles)

Page 41: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

40Manolo de Carril

Page 42: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

41 Introdución á minería no Barbanza

Esta historia ben podería ter dúas datas de comezo, a primeira sería o día no que vén ao mundo Manolo de Carril, o 11 de maio de 1918, na Vila de Carril (Vilagarcía), fillo dunha costureira da familia dos Capelláns, e orfo con ano e medio dun navegante dun correo de pasaxe, tamén de Carril, e da familia dos Cortadores. A segunda data que podería dar comezo a este relato sería o 6 de xaneiro de 1935, ano no que José Manuel López García aparece en San Finx como axudante de almacén, por mediación dun tío seu torneiro da mina, e cun salario de 2.50 pesetas ao día.

Pero este artigo non pretende ser unha análise científica nin histórica sobre a minería en Lousame, nin sobre a “crise ou febre do wolfram” nin sobre o estraperlo de posguerra onde tantos listos se enriqueceron coa desidia das autoridades afíns aos seus negocios prósperos, lixentos, nin sobre a Guerra de España, os represaliados ou escondidos no monte… Tan só nace como un relato de vida, unha aproximación con alma e corazón a unha persoa que pasou media vida, a máis importante da súa existencia, en San Finx de Lousame, onde a maior festa se facía na honra de Santa Bárbara, patroa da minería, e non de San Finx de Vilacova,

que era nesta parroquia todos os primeiros de agosto, e acudía, sen faltar un ano, todo o persoal da Mina por darlle a xornada festiva o xerente de San Finx; onde outros personaxes como Don Teo, o médico da mina, fixo alí boa parte da súa humanitaria obra cos máis pobres; ou o Señor Comparado empezou o negocio do transporte cunha camioneta que incluso foi monte abaixo nunha curva un día que ían para Noia; ou onde Don Manuel, cura de Fruime, agachaba fuxidos do fascismo, e celebraba misa na parte de atrás da Escola Nova…

Esta historia é testemuño fiel de José Manuel López García, e polo tanto sobran os efectos especiais e a ornamentación. Existen xa feitos históricos que son imposibles de maxinar e que conformaron os trinta anos de estancia de Manolo de Carril nesta explotación mineira. E as nove décadas que este home vai facer o vindeiro maio florido, cumprindo así cun dos seus propósitos; isto é, vivir humildemente, sen riquezas, pero coa forza suficiente para axudar os demais, enchendo o mundo de consellos, e exemplificando o dito máis universal e verdadeiro: sabe máis o Demo por vello que por Demo.

JOSÉ MANUEL LÓPEZ GARCÍA “MANOLO DE CARRIL”, MEMORIA VIVA DAS MINAS DE SAN FINX.

Unai González Suárez

IntroduciónA Judit Ordóñez, neta do Sr. López e compañeira miña

Page 43: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

42Manolo de Carril

Nenez e chegada a San Finx

O Señor López, como é coñecido na súa Ribeira de adopción, viviu en Carril e Bouzas a súa nenez. Alí trasladouse coa súa nai cando quedou orfo de pai, e logo en Vilagarcía, onde mentres súa nai cosía, el estudaba no Colexio Alfonxo XIII, e na casa cun profesor particular, que lle ensinou matemáticas e contabilidade ata os 15 anos. Tamén estudou música e aprendeu a tocar a bandurra na Rondalla do Gato Negro, que se estreou con sesenta compoñentes o sábado de Entroido de 1933. Cedo deixou a Rondalla, o grupo de amigos e a familia para ir traballar á Mina de San Finx, en Lousame, empezando de axudante de almacén cun salario de 2.50 pesetas ao día, e traballando de luns a sábado, aínda que pouco neste último día porque estaba implantado o sábado inglés. Era 6 de xaneiro de 1935, tiña dezasete anos, e empezou levando as contas e vales do almacén da man de Anastasio Yéboles, natural de Valladolid. No almacén había todo tipo de ferramentas e material, que se compraba en Coruña e Padrón aos ferrancheiros. Neste almacén estivo de encargado un mes, no que Yéboles casou, e bastante tempo despois da guerra; ao longo da súa vida en San Finx foi combinando este labor co de contable na oficina, e de encargado do economato. Todos os meses se levaba a contabilidade. Este salario pagábase á semana e por día, mentres que os mineiros cobraban por quincenas un fixo e un complemento por produtividade; o soldo chegou a ser de cinco pesetas diarias antes de marchar para o Servizo Militar e a Guerra. Alí mantivéronlle o salario ata o ano 1940, mandando parte do mesmo á súa nai, que era viúva.

Antes da guerra, en San Finx había almacén, serradoiro, oficinas, escola (a vella), electricidade, teléfono propio, vivendas e transporte público. Traballaban unhas oitocentas persoas, das que a metade vivían alí, e o resto paraban nas parroquias veciñas: Vilacoba, Lousame, Fruime… Moitos dos traballadores eran de Lousame e de Noia, pero tamén había portugueses, andaluces, e da zona de Arzúa. Os directivos, ou cargos de responsabilidade, eran ingleses, rusos (que viñeron cando pechou a Mina da Magdalena (Lampón-Boiro), e casteláns. Alfredo Burme era o xerente (inglés), vivía coa muller, que era mexicana, e tiña tres fillas e dous fillos, e tiñan casa propia á que a xente chamaba “A Gerencia”. Tiña un fermoso xardín con eucaliptos traídos de Australia, piscina, e a bandeira inglesa no salón onde celebraban almorzos e ceas con personaxes de importancia. Ao estalar a guerra, o xerente e a súa familia foron vivir a Vigo, e logo viña pasar temporadas, aínda que seguía dirixindo a mina ata que foi vendida a Industrias Gallegas SA, no comezo da década dos 40.

San Finx estaba explotada por unha compañía inglesa dende 1834, propiedade da familia Burbury. A sociedade The San Finx Tin Mines Limited, establecida en 1897, realizaba a extracción do mineral baixo un modelo racional de aproveitamento mineiro, constituíndo a primeira explotación de volframio realizada en España, e unha das primeiras de Europa. Fora descuberta e explotada polos fenicios con sondaxes na Idade de Bronce, formando parte da ruta fenicia do estaño que ía dende Gadir (Cádiz) a Britannia e Cornualles. O primeiro emprazamento era no Pozo Vello. A organización inglesa era matemática en canto a

Page 44: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

43 Introdución á minería no Barbanza

traballadores, recursos, equipamentos, etc; tiñan un sistema de electricidade propio, cunha pequena central no río de Vilacoba (parroquia, como a grande maioría naquela época, onde non había enerxía eléctrica), e no verán, pola escaseza de auga, tiñan un xerador de gasóleo, que proporcionaba electricidade ás vivendas, pozos e edificios da Mina, incluso ao alumeado da rúa, que se instalou a comezos da década dos 50. Tamén contaban cunha liña de teléfono propio, e privado, a Noia. O xacemento contou con zonas de extracción a ceo aberto (denominadas Central, Buenaventura, Castiñeiros, Phoenicia e Ernesto), e pozos transversais, como o Pozo Maestro, Pozo Novo, Pocito, Explotación Silva e as bocaminas Poblado e Revolta.

Había vivendas no lugar do Páramo, xunto á entulleira, casas baratas onde vivían mineiros, obreiros e as súas familias nun principio; e logo, tamén, xente das aldeas veciñas. Aquí viviu José Manuel, de solteiro, na casa de seu tío o Torneiro, antes de levar á súa nai para a Mina. Tamén tiña casa Don Teo, o médico, á que chamaban Regos. Na casa Azul viviu máis tarde José Manuel, con súa nai, estando solteiro e acabado de chegar da guerra, no ano 40. Máis tarde (xa nos anos 50) viviría na Casa do Almacén, coas súas fillas Ángeles e Cristina, nadas alí, e a súa muller Fina, que foi mestra na Mina, en Tállara e Moimenta; esta casa tiña dúas vivendas, a de José Manuel e a de Dona Maruja e Don Florindo: a primeira era mestra titular da Mina, e o segundo, o seu home, traballaba na oficina, e máis tarde sería alcalde de Lousame. Logo estaba A Gerencia, que era grande, con moita horta. Toda a mina estaba plantada de cerdeiras, e na súa época apañaban a froita a

cestos, para consumo propio, e para vendela as mulleres en Noia, Lousame, Fruime ou Tállara.

Contaban con taller mecánico, con oito obreiros e un encargado, Ramón. Neste taller traballou como mecánico o pai de Aguado, o que tiña unha casa de comidas en Ribeira, na rúa Santa Uxía. Había tamén o taller de carpintería, con encargado e cinco obreiros. Serradoiro, con tres obreiros, cuxa madeira recollía o crego de Vilacova, que a mercaba nos piñeirais das aldeas do arredor. Taller eléctrico, con encargado e tres obreiros. Unha das máis importantes construcións tivo lugar no 1940, o Castillete do Pozo Novo. Tiñan tamén compresor, que xeraba aire para todos os martelos dos mineiros, que producían po, e morría a xente por silicose. Logo, incorporaron martelos de auga, que mollaba o mineral antes de moelo, aínda que a enfermidade cebábase igual cos traballadores. Pese á falta de medidas de seguridade, xa que só contaban cos martelos de auga e con cascos, non foron moitas as mortes por accidente acontecidas na etapa que José Manuel estivo en San Finx. Vagamente recorda dous mortos, un encargado e un mineiro, ao quereren afundir un pozo e non saíren a tempo: a dinamita estoupou con eles dentro e afundíronse na terra. Os labores de busca dos cadáveres duraron varios días.

Non houbo economato ata despois da guerra. Tiñan que comprar a comida en Noia, e a encargada era a nai de Ons (que foi alcalde desa vila), e o seu marido, o Señor Manolo, que recollía os encargos ao teléfono, en Noia. Mandaban un cesto (só o persoal de oficina) cun cadeado, e cunha nota, para que a señora fixese a compra;

Page 45: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

44Manolo de Carril

ao morrer esta, quedou Lolecha a Ceboleira de encargada. Tiñan unha muller que levaba os cestos dende San Finx, e chamábanlle A propia. O transporte era do Señor Comparado; el era o chofer da Mina, e tiña unha camioneta para ir ao mercado, a Noia, só os domingos. A anécdota está nun accidente acontecido nunha destas viaxes: nunha curva foron polo monte abaixo, quedando todos indemnes logo de dar a camioneta dúas voltas de campá. A xente tamén ía moito a pé, facendo doce quilómetros pola estrada, e sete polo atallo, que era polo monte e varias aldeas.

Na Mina había unha vida tranquila. Todos e todas se levaban ben. Era coma unha aldea, con vida propia, con verbena o 4 de decembro, festividade de Santa Bárbara, onde as Ceboleiras cantaban coma anxos nunha Misa de campaña, oficiada polo cura de Fruime, no camiño entre as oficinas e o almacén. O nivel económico era superior ao das xentes do campo. En Nadal, Aninovo e Reis a xente das aldeas veciñas ía cantar panxoliñas á Mina, para recibir un aguinaldo do xerente, do médico, dos encargados, e ata dos traballadores. Os servizos cos que contaba San Finx eran propios da empresa; con todo, beneficiaban as aldeas veciñas, indo a xente desas parroquias á escola do Páramo ou á clínica de Don Teo. Porén, non era doada a vida dos mineiros, que empezaban primeiro de paleros, acarrexando e limpando terra nos pozos e nas galerías, logo de axudantes de mineiro, para seleccionar o material, e, finalmente, de mineiros. As xornadas de traballo eran de sete horas, e a dos oficinistas de oito. Moitas mulleres traballaban tamén na fábrica para escoller, lavar e seleccionar o mineral. Houbo, así mesmo, tres mestras; a primeira deu escola

abaixo, na entulleira; e logo foi Delfina Castro Abeijón, muller de José Manuel, que non era mestra titular, pero poñía escola por non haber aínda praza para San Finx. A ensinanza era de día para os cativos, e de noite para os adultos, que querían alfabetización básica e matemáticas. Tamén poñía escola na casa do Almacén para os rapaces das aldeas do arredor que non podían ir á escola por teren que traballar. Fina foi a primeira en impartir clase na Escola Nova, acabada de construír, e sen mestra titular, aínda que máis tarde viría unha mestra de Santiago, pagada pola empresa administradora da Mina. Ao pouco tempo a escola pasou a ser propiedade plena do Estado, polo que enviaron unha mestra con praza propia, Dona Maruja, que deu clase no novo edificio do Páramo ata o progresivo e practicamente definitivo abandono da Mina, a finais dos 60.

A Guerra de España

O 18 de xullo de 1936, o que fora o xeneral máis novo de Europa, levantouse en armas no Norte de África contra o Goberno democrático da II República Española, sendo secundado por algúns dos xefes das distintas Rexións Militares na Península. Así, Francisco Franco Bahamonde comezou a súa cruzada contra os comunistas, “rojos” e masóns, que ameazaban a unidade do imperio.

José Manuel López García era fillo único de viúva, polo que non tiña que ir á fronte, nin cumprir o Servizo Militar, pero estaba na reserva. Isto fai que, con 19 anos, no 1938, se incorpore como

Page 46: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

45 Introdución á minería no Barbanza

quinto de infantería de mariña. Foi para o Ferrol (aínda sen apostila “del Caudillo”), e alí permaneceu dez días facendo a instrución, para logo ser destinado a Palma de Mallorca, onde estivo de febreiro a agosto dese mesmo ano. De Mallorca trasladáronos aos Perineos, á poboación de Sort (Lleida). Agregado a unha bandeira de Falange, conformaban a compañía de metralladoras. Estiveron de retén ata a “Toma de Barcelona”, e logo marcharon a Pamplona. Pero como os falanxistas e os requetés levábanse mal, houbo novo destino a Santander, e finalmente a Cartaxena onde se licenciou. Estiveron oito días nun tren de carga dando voltas pola meseta, porque non sabían a onde mandalos, dado que Madrid xa fora “liberado”.

Na guerra, por ter estudos e recomendación, e a pesar de estar en varias frontes en Catalunya, e entrar en combate varias veces, tocoulle a maior parte do tempo desenvolver a función de escribente, realizando partes de baixa, nóminas mensuais, control de correspondencia… Por sorteo, e en varias ocasións, tivo que estar en primeira liña de fronte, ao igual que o escribinte do comandante, e grande amigo del. Debido á recrudescencia das técnicas militares e á utilización de armas químicas tiveron que formarse en materias de combate e protección; e así, mandáronos a Sort a facer un cursiño antigás durante oito días.

Foron case tres anos os que pasou José Manuel na contenda militar. No decurso dos mesmos púxose moi enfermo debido a unha doenza estomacal, producida seguramente por froita ou setas silvestres ás que era moi dado o cociñeiro mallorquino

da Compañía, xa que eran escasos os alimentos, e o control do economato era severo canto á alimentación. Dende San Finx houbo unha recomendación para José Manuel, que viña da muller de Carlos Andreoletti, un topógrafo ruso que viñera de Lampón-Boiro, da Mina da Magdalena, unha vez vendida esta. A recomendación foi fundamental para salvarlle a vida, xa que obrigou ao médico, Tenente da Compañía, a administrarlle ao paciente un antibiótico en vea, medicamento que estaba reservado só para os de máis alto rango militar debido á súa escaseza.

Unha vez recuperado ascendérono a Cabo, e nomeárono axudante do Brigada encargado do libro de contas e manutención no pobo de Sort. A anécdota está nun día no que anunciaron inspección dos libros, e había nos mesmos unha diferenza de 100 ptas. dun vale extraviado polo Brigada, polo que tiveron que volver a pasar o libro vello a un novo toda unha noite. Tamén tivo problemas cun Oficial, porque o mandaron para a casa cun permiso e non recibiu notificación para volver, e ao regresar quixo cortarlle o pelo como sanción de desobediencia; interveu o Sarxento a favor de José Manuel, e díxolle ao Oficial: “Antes de cortarle el pelo a López me lo cortas a mi si tienes cojones”, polo que a sanción non tivo efecto, e a partir daquel día converteuse, en certa medida, nun dos protexidos da compañía.

No ano 1940 regresou a Carril uns días de descanso; e xunto coa súa nai trasladaron a vida familiar para a Mina de San Finx, onde conservaba emprego e posto por ter combatido no Bando Nacional e vencedor da contenda militar, mérito que non era tan

Page 47: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

46Manolo de Carril

satisfactorio na persoa de José Manuel, xa que como moitos, e a pesar de considerarse apolítico, tivo que verse loitando contra ideais que compartía na meirande parte.

A volta a San Finx na Nova España

A miseria e a fame invadía unha España en anacos, nas capitais eran maiores os odios e as vinganzas, escaseaban os alimentos, as menciñas e a roupa; amoreábanse os entullos. Na aldea, todo era mellor, aínda que non perfecto; non escaseaba o alimento porque había agro e leiras que traballar, mariscábase na ría, e o gando, aínda que fraco, andaba ceibe polos prados e daba leite e carne fresca: os territorios que antes caeran sen oposición eran os que agora mellor sobrevivían.

José Manuel, cos petates, e acompañado da súa nai, trasladouse de Carril á Mina para emprender unha nova vida; instaláronse na Casa Azul cun can chamado Tom. En San Finx había moitos que non regresaran; algúns morreran, e outros tiveron que escapar para o monte, agochados e perseguidos: comían onde lles daban, e durmían sobre o palluzo nas covas dos outeiros ou nos pozos de labranza. Un irmán do seu tío, que fora Secretario da CNT en Vilagarcía, estivo escondido na casa do cura de Fruime, ata que se beneficiou da amnistía por non estar manchado de sangue. Nesa zona, e xa na Posguerra, non houbo moitas represalias, aínda que a garda civil apresou algúns, e matou un asturiano que fora delatado polos mesmos compañeiros, por medo a que as súas borracheiras desen pistas de onde se agochaban, e que, por

non ser reclamado, foi soterrado na parroquia de Lousame, no cemiterio de Seoane.

A xente das aldeas de Lousame e Noia axudaron moito aos escapados, e aínda que algúns se dedicaban á pillaxe, non houbo demasiados problemas naquelas terras. Polas noites baixaban a coller víveres e comer, e moitos estaban escondidos nas casas de curas ou falanxistas. A maioría ían meter algo no bandullo a Tállara, á casa matriz de Dona Fina, a muller de José Manuel, xa que súa nai, a Señora Ramona, tamén viúva, tiña unha taberna e ultramarinos, e sempre foi dada a axudar os necesitados. Nunha ocasión, un dos fuxidos roubou os cartos da quincena dos mineiros; Pedro Martín Posch era o xefe de contabilidade e pagador, e foi o que sufriu o contratempo ao vir de Noia: asaltado cunha pistola, tivo que entregar 14.000 pesetas do ano 1940, destinadas ao salario do persoal.

Acabado de chegar á Mina, e pese a conservar o seu posto na oficina, foi nomeado encargado do almacén. Por orde interna (e seguramente gobernamental) creouse o economato, só para os empregados de San Finx, sendo José Manuel, pese a opoñerse, o primeiro encargado do mesmo. No economato había todo tipo de alimentos, e en moita cantidade, subministrados aos traballadores da Mina con cartillas de racionamento propias, seladas no Concello de Lousame, aínda que non eran do Goberno.

Chegou a San Finx un enxeñeiro de minas de Madrid, e trouxo con el a familia. Tamén vén Don Juan Casal, que era profesor mercantil, e tivo que marchar por saber inglés e sentirse ameazado o xerente

Page 48: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

47 Introdución á minería no Barbanza

polas negociacións que este último facía con certos personaxes; recordemos que era a época da “febre do wolfram”, e este mineral estivo moi cotizado na II Guerra Mundial, vendéndose aos dous bandos da contenda: por un lado transportado ao porto de Taragoña en camións para venderllo aos alemáns, e polo outro ao lombo de burra a Noia, para levalo a Portugal e venderllo aos británicos e aliados da contenda. Pouco despois, a finais do ano 1940, o xerente, Don Alfredo Burme, marchou coa súa familia, e instalouse en Vigo, aínda que seguía controlando a explotación mineira con visitas periódicas. Na oficina traballaban oito persoas; Don Gonzalo Murientes Durán, que era inspector de facenda relegado do servizo por causa da guerra, era o xefe de persoal e de oficina; tamén estaban Martín Posch, Don Florindo, Andrés, que era fillo do Santeiro de Tállara, Andrade, e o Sr. López, protagonista desta historia.

Na década dos 40, a explotación de San Finx mellorou considerablemente; os equipamentos foron revisados pola nova administración e xerencia da Mina, Industrias Gallegas S.A., do Banco Pastor. Pese a reducir o persoal de mineiros e obreiros, debido á modernización dos talleres de carpintería e de mecánica, así como da propia oficina, incorporouse novo persoal coa creación de postos que antes non existían, como dous vixilantes, un par de peóns camiñeiros, que amañaban a estrada, de San Finx ao Confurco, e obreiros que amañaban os camiños da Mina. Instalouse tamén un posto da Falanxe acabada a guerra, e máis tarde un da Garda Civil, debido ao incremento do estraperlo e á pillaxe dos fuxidos e agochados no monte.

Existiu unha amizade moi grande entre Don Teo (Teodoro Idalgo Iglesias), médico da Mina, e José Manuel, xa que fora forxada durante anos. O Señor López foi para a Mina en xaneiro de 1935, e Don Teo en xuño dese mesmo ano; eran longas e profundas os faladoiros que celebraban na Casa do Almacén, e no Liceo de Noia, filosofando sobre a vida e os novos tempos… José Manuel e Fina tamén tiñan estreita relación con Don Manuel, cura de Fruime, xa que a iniciativa desta parella, e financiada practicamente por eles, foi posible habilitar unha pequena capela na parte traseira da Escola do Páramo, onde se fixo un Altar cunha porta corredoira, e unha imaxe de Santa Bárbara, propiedade de Don Luis Estepa, o que fixo posible celebrar Misa na Mina todas as semanas.

Froito destas relacións de amizade entre compañeiros, e da admiración e respecto que Don Teo, José Manuel e o outro persoal lle tiñan ao xerente, Don Alfredo Burme, e ao Xefe de Persoal, Don Gonzalo Murientes, foi a adquisición e colocación dun cruceiro no alto do monte, no ano 1940. A iniciativa xurdiu principalmente de Don Teo; o canteiro foi Andrés Castaño Castro, O Santeiro de Lousame, e tío de Fina, dona de José Manuel. Á festa asistiron entre outros, Alfredo Burme, José Quintillán, Andrés Castaño e o seu fillo, Teo Idalgo, José Manuel López, Carlos Andreoletti, Gonzalo Murientes, Ramón de Comparado, Manuel Martínez e o seu fillo, e algúns mineiros de San Finx, que foron os que costearon o cruceiro. Desta obra só se conserva na actualidade a base e o capitel, na que consta a seguinte inscrición, “A don Alfredo Burme y a don Gonzalo Murientes Durán. Dos hombres buenos”.

Page 49: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

48Manolo de Carril

Debido á Orde Gobernamental de nacionalización do capital estranxeiro en España, a Mina foi adquirida por empresas españolas, absorbida por Industrias Gallegas SA, propiedade de Don Pedro Barrié de la Maza. Esta orde trouxo parella as axudas económicas para estas adquisicións, así como para formación e reciclaxe dos traballadores, das que en certa medida se beneficiou José Manuel e outros tres compañeiros no ano 1958, realizando unha viaxe a Sevilla para faceren un curso na Sección de Capacitación Social da Universidade Laboral “José Antonio Primo de Rivera”. Viaxaron dous traballadores da oficina (Pepe de Marracín e Manolo de Carril) e dous obreiros, un electricista e un garda nocturno, pasando pouco máis dun mes na capital andaluza, e obtendo un certificado que acreditaba os coñecementos adquiridos, citando textualmente que José Manuel López García facíase “acreedor por su aprovechamiento y ejemplaridad a Distinguido”.

Máis tarde viñeron uns andaluces, persoal administrativo e mineiro; un era de Córdoba, das Minas de Peñaroña, e era topógrafo; chamábase Luis Estepa, e quedou ata o ano 1964, no que marchou José Manuel para levar a contabilidade de FRINSA, en Ribeira, con Don Joaquín Otero. Esta xestión foi realizada por Don Luis, xa que a Lei Estatal, que obrigaba a nacionalizar o capital estranxeiro en territorio español, propiciou o interese do Marqués de Revilla pola adquisición da explotación, dado que tiña unha Mina ao lado para facer as guías. Pero a compra non prosperou por pedirlle moitos cartos, facéndose Industrias Gallegas do Banco Pastor de Barrié de la Maza con esta propiedade durante vintecinco anos, pasando logo a mans dun novo propietario, a Comunidad de Herederos de Gabriel Pérez, que abandonou a explotación da mina no 1989. Por recomendación de Estepa, e sabendo do interese de Industrias Gallegas por desfacerse da Mina, no ano 1964 foi José Manuel para Ribeira de responsable da oficina de

Foto 87. Delfina Castro, muller do Sr. López, coas súas fillas Ángeles e Cristina na Gerencia (Casa do Xerente Alfredo Burme) da Mina de San Finx, ano 1958.

Foto 88. En Sevilla; o Sr. López con tres compañeiros da Mina (un garda nocturno, un electricista e un oficinista), e outros compañeiros de curso na súa estancia na Universidade Laboral en 1958.

Page 50: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

49 Introdución á minería no Barbanza

Foto 89. Don Teo Idalgo, médico da Mina, co seu cabalo Wolfram e o seu can en San Finx, ano 1944.

Foto 90. Inauguración do cruceiro de San Finx en 1940; están o xerente Alfredo Burme, José Quintilláns, párroco de Fruime; Andrés Castaño Castro, autor da obra, co seu fillo Andrés; Teo Idalgo, médico da Mina; Carlos Andreoletti, topógrafo; Gonzalo Murientes, xefe de personal; J. Manuel López, contable; Ramón Comparado e o seu fillo, propietarios de Autos Comparado; Manuel Martínez, empresario, co seu fillo; Ramón Tubío; Francisco Aguado; Manuel Ces, encargado de taller de carpintería; Andrade, oficinista; Serbia, encargado de electricistas; Jesús, garda, e varios mineiros.

Foto 91. José Manuel López e Manuel Ces, encargado do taller de carpintería, no homenaxe a Doña Antonia de la Torre, o 23 de maio de 1964.

Foto 89

Foto 90

Foto 91

Frigoríficos del Noroeste SA, sendo o primeiro controlador de pesos de túnidos no Barbanza, tarefa que se realizaba na báscula de camións de CONRESA, fábrica de fariña de peixe situada no lugar do Touro, en Santa Uxía.

Remata así un relato de vida, un anaco da historia de José Manuel López García no transcurso de tres décadas na Mina de San Finx (Lousame); unha historia latente aínda na lembranza deste home,

o Señor López, espírito inquedo e á vez tranquilo. Sen dúbida unha persoa á que un está encantado de coñecer, agradecendo á existencia a oportunidade de atopar no camiño a un ser humano excepcional e único.

Page 51: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

50Manolo de Carril

Foto 92.: José Manuel López con compañeiros da Mina de San Finx, na Romería de San Cristóbal na aldea de Ces.

Foto 93. Delfina Castro, muller do Sr. López, coas súas fillas Ángeles e Cristina na horta da Casa do Almacén, onde vivía a familia en San Finx. Ano 1957.

Foto 94. José Manuel López e a súa dona Delfina Castro, diante da Casa do Almacén onde vivían na Mina. Ano 1956.

Foto 95. Sevilla, febreiro de 1958. Imaxe grupal, onde está José Manuel López, da 5ª Promoción da Sección de Capacitación Social da Universidade Laboral “José Antonio Primo de Rivera”.

Foto 94

Foto 95

Foto 92

Foto 93

Page 52: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

51 Introdución á minería no Barbanza

Foto 96. Judit Ordóñez, neta do Sr. López, nas oficiñas da Mina de San Finx. Ano 2001.

Foto 97. Certificado de José Manuel López, acreditando os estudos realizados na Universidade Laboral de Sevilla, no ano 1958.

Foto 98. Manolo de Carril

Foto 97

Foto 98

Foto 96

Page 53: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

52Manolo de Carril

Testemuños de José Manuel López García

Imaxes de José Manuel López e Delfina Castro

Colaboración de Ángeles e Cristina López Castro

Tratamento de imaxes de José M. Pérez “Mariscal”

Page 54: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

53 Introdución á minería no Barbanza

A mina obxecto deste estudo está situada ao sur da provincia da Coruña, no concello de Boiro, pertencente ao partido xudicial de Ribeira, no lugar do Cobo, aínda que os terreos onde estiveron establecidas (e algunhas aínda están) as instalacións para a explotación do xacemento son coñecidos como “A Mina”. Estes lugares están adscritos á parroquia de Santiago de Lampón.

Emprazada nas estribacións meridionais da Serra do Barbanza, explicada desde o punto de vista xeolóxico, de xeito excelente noutro apartado desta publicación pola profesora da USC, Dona Carlota García Paz, posúe as características xeomorfolóxicas deste bloque, erguido bruscamente no Terciario entre as Rías de Arousa e Muros, cortado por fallas en todas as direccións, ben que predominen as de dirección NO-S.

Desde o punto de vista histórico, esta mina experimenta un proceso de aculturación que vai desde a Prehistoria ata os nosos días. As primeiras noticias que temos dunha posible primeira explotación, xa sexa desta mina ou das circundantes, é o achado de dúas machadas de bronce nunha cova, hoxe perdida, no Castelo de

Vitres, que foron entregadas nos anos posteriores á Guerra Civil ao entón farmacéutico de Cespón D. Carlos Ferreño. Se ben non se atoparon restos de explotacións fenicias, probablemente porque non se buscaron, a súa presenza parece quedar testemuñada por explotacións inglesas, das que nos ocuparemos máis tarde, pero que sabemos seguían as prospeccións do estaño abertas polos fenicios. A este respecto hai que lembrar que estamos dentro da ruta das Casitérides, que chegaría ata Cornualles, previo paso por estes xacementos.

A presenza dos Romanos está testemuñada polos fragmentos de cerámica atopados en Vitres, analizados por D. Carlos Alonso del Real, e por el depositados no Departamento de Prehistoria da USC., e pola chamada “Calzada Romana”, que xa López Ferreiro consideraba que era un ramal da “Per loca marítima” que atravesaba o Barbanza ata o Castro de Baroña, servindo de acceso ao campamento da Legio Vectris, que parece ter estado ubicado no devandito Castelo de Vitres, no que apareceron moedas que gardaba D. Fermín Bouza Brey. Se ben é certo que os romanos

ACHEGAMENTO AO ESTUDO DA MINA DE ESTAÑO DE LAMPÓN

Blanca Caamaño González, Catedrática de Xeografía e Historia

Page 55: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

54Mina de estaño de Lampón

buscaban ouro principalmente, tiveron que buscalo cerca das extraccións de estaño, nos ríos e regatos nos que aparecía en forma de pebidas. A calzada, debido á súa continua reutilización, sufríu reformas tales como as medievais, que quedan patentes nas forzas de sustentación laterais visibles en varios lugares e analizadas polo citado profesor Alonso del Real. A última das reformas foi levada a cabo polos presos do Campo de Concentración da Pobra do Caramiñal, segundo as noticias recollidas polo avogado das minas, D. José Caamaño Caamaño, e unha testemuña anónima de Mosquete, que decían que fora restaurada para facilitar aos alemáns o acceso a un posto de observación que tiñan para controlaren o comercio do volframio durante a Segunda Guerra Mundial. Os estudos sobre este mercado hispano-alemán confirman esta hipótese con suficiente rigor.

Sabendo a importancia que o estaño tivo na ourivería, medieval e para a industria conserveira que tanto auxe tivo nesta comarca, poderiamos pensar que, dun xeito ou doutro, estas zonas seguiron sendo explotadas nun proceso máis ou menos discontinuo que nos leva ata a primeira explotación contemporánea, a dos ingleses, xa que no 1920 xa hai testemuñas que recordan que a mina tiña un encargado e estaba funcionando. Dado que “The Phoenicia tin Mines” estaba explotando o próximo xacemento de San Finx, a mina que nos ocupa debeu comezar a súa moderna andadura coa citada compañía na explotación chamada “Inglaterra”, como nos recorda o nome da galería principal de entrada : “ A Inglesa”.

No 1929 a devandita compañía inglesa vende San Finx e, coincidindo coa venda e desaparición da compañía, aparece a

“Estañífera de Arosa” (seguindo o estudo feito por Joám Carmona Badía, a ”gran empresa“ en Galiza : un primeiro achádego aos cambios no grupo das maiores empresas entre 1930 e 1973, publicado en Internet) como unha S.A. mineira, con domicilio social en Madrid, ocupando o lugar 17 entre as 50 maiores empresas de Galiza no ano 1930, segundo os seus activos netos. Neste estudo figura como ano de construción da citada sociedade 1929 pero, segundo consta na Acción ordinaria nº 0490 que acompaña este traballo (Foto 100), a ”Estañífera de Arosa S. A.” foi constituída por escritura pública outorgada en Madrid ante o notario, D. Toribio Gimeno Bayón, o 21 de xaneiro de 1930, cun capital social de 4.500.000 pesetas. Polas razóns aducidas na Introdución, non imos tocar agora os nomes dos galegos directamente implicados na construción e constitución da Sociedade; si sinalaremos que

Foto 100

Page 56: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

55 Introdución á minería no Barbanza

na HISTORISCHE WERTPAPIERE HIESS-BERGBAU/ /MINEN/HUTTEN, levada a cabo por Karl Ludwig Hiess, e publicada en Internet coa data de 15-04-2007, podemos observar que a compañía alemana posuía accións na Estañífera, porque aínda que os capitais alemáns estaban presentes en moitas das sociedades españolas, o feito de que aparezan na que nos ocupa subliña a súa importancia.

Inda que A “ESTAÑÍFERA DE AROSA S.A.”, como tal entidade, perdura polo menos ata os anos 60, data na que se venden tanto as instalacións como a maquinaria, os seus intereses desprázanse deste xacemento de estaño, seguindo o devir da Historia. Deste

modo, na postguerra civil española, sobre os anos 49, 50, as instalacións deixan de funcionar e, como veremos, o que se extrae xa é á marxe do proceso industrial que houbera ata ese momento. Este feito vén corroborado polo mapa do GRUPO MINERO DE BOIRO nº 2, (Foto 101) realizado a escala 1: 10.000, en Vilagarcía, en decembro de 1951, por un enxeñeiro de minas de firma ilexible, onde aparece claramente reflectido o territorio que abranguían as explotacións de estaño, sen aparecer xa como tales, mentres que si aparecen nomeados e numerados outros xacementos fóra desta liña de sinalización.

O funcionamento da mina a través das instalacións que había cando estaba en actividade, e os restos que quedan daquelas.

A través dos testemuños orais das persoas citadas nas fontes puidemos facernos unha idea bastante clara de como funcionaban estas minas, de que instalacións e maquinaria dispuñan, e de como se utilizaban para a obtención do estaño.

Dun xeito aproximado, na perspectiva aérea (Foto 102) podemos observar os terreos onde se sitúan parte das construcións sinaladas na reconstrución hipotética, levada a cabo por D. Pablo Payo Cangado (Foto 103). As primeiras construcións foron unha primeira casa metálica onde se gardaba a maquinaria grande, e non consta na reconstrución porque somentes queda unha plataforma de cemento; está situada á dereita, na estrada que leva a Montaña. Un pouco máis abaixo están as ruínas do

Foto 101

Page 57: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

56Mina de estaño de Lampón

Foto 102

Foto 104

Foto 103

Fotos 105. Restos de muros e lavadoiros

Page 58: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

57 Introdución á minería no Barbanza

primeiro transformador; estas dúas construcións, segundo o testemuño de D. Manuel Araújo, deberon ser construídas antes da Estañífera de Arosa, probablemente na explotación inglesa. Desde este primeiro transformador (Foto 108) podía cortarse todo o suministro eléctrico que desde aí ía ao segundo transformador (Foto 107). Ambos transformadores, unha vez pechada a mina, foron reutilizados como vivendas: No primeiro residiu o practicante de Boiro, mentres que o segundo albergou a distintas familias ata chegar a ser propiedade de D. Cándido Alonso Muñiz, quen agrandou a vivenda engadíndolle un anexo; ambos os dous sobreviviron en perfecto estado de conservación ata este verán de 2007, no que foron destruídos, e os escombros enterrados no “pozo maestro”, por necesidades da ampliación da chamada vía rápida. Ao lado pode verse aínda a construción que serviu de taller mecánico, (reutilizada como vivenda moitos anos e hoxe abandonada (Foto 109), detrás da cal estaba a fragua e o depósito, aínda recoñecible, da auga que se utilizaba para as tarefas de preparación do mineral, que chegaba desde a explotación “ María Luisa” (Foto 116, 117, 118, 119), situada no monte de en fronte, transportado en vagonetas que ían sobre carrís e arrastradas por un cabrestante que as levaba ata a torba. Desde este lugar, baixando en terrazas, estaba toda a infraestrutura que servía para a preparación última do estaño, con cubertas metálicas para protexer das inclemencias do tempo. Así, desde a torba caía o mineral á esmagadora, unha enorme roda de ferro de onde pasaban a outras máis pequenas ata chegar ao lavadoiro, dividido en varias partes que ían eliminando cada vez

Fotos 106

Page 59: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

58Mina de estaño de Lampón

Casa e 2º transformador da mina

Muro contención

Casa-Almacén para maquinaria

2º Transformador

Foto 109

Foto 108 Primeiro e segundo transformadores da estañífera

Foto 107

Page 60: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

59 Introdución á minería no Barbanza

Casa onde vivían os técnicosFoto 110

Page 61: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

60Mina de estaño de Lampón

máis as impurezas, ata quedar só o estaño (mesas, cribas, muíños de bolas, etc.). Todas estas funcións realizábanse cun circuíto de auga, pechado, que recollía a area máis fina, que despois botaba na chamada “Mina Escombrera” e que, xunto coa cheminea, os fornos e os lavadoiros, quedaron sepultados pola primeira vía rápida, salvo os muros de contención e a base circular de separación por auga do mineral e o lugar onde se botaba a area máis grosa, tapado hoxe polo campo de fútbol, (Foto 106). Nos fornos, segundo o testemuño de D. José Rodríguez, fillo dun dos encargados da mina, facíanse lingotes de estaño.

Doutra banda, a primeira fonte de extracción do estaño foi a mina recordada como “A Inglesa” (Foto 116), pola explotación británica, pero que pasou a chamarse “Mina Florita” coa Estañífera, en honor a Dna. Flora Dios, filla de D. Casto Dios. Por esta entrada extraíase o mineral do primeiro nivel, facilmente transportable á sección de triturado e lavado, mentres que para os outros niveis construíuse o citado “Pozo Maestro” (Foto 120) cunha plataforma para subir as vagonetas. Hoxe, como se pode ver na fotografía, está tapado cos restos do segundo transformador e toneladas de terra polas razóns devanditas. Ao lado da Mina Escombrera, uns galpóns recordan as cabaleirizas onde vivían os dous cabalos: “ Minero” e “Pinto” ou “Bonito”, dependendo das versións.

Sen dúbida, a mina “Florita” foi a mina principal nesta explotación, tendo en conta que todos a lembran como a entrada principal e que xunto a un lado da boca estaba unha casa metálica, hoxe desaparecida, que tiña o economato abaixo e as oficinas arriba. Ao outro lado estaba e segue estando a casa principal (Foto 110), dividida en dúas plantas con entradas diferentes, xa que no baixo, que servía de vivenda aos enxeñeiros, entrábase directamente, mentres que á parte superior accedíase por unha pasarela. Aí viviu o encargado, pai de D. Manuel Araújo, coa súa familia, e baixábanlles por un montacargas a comida aos xefes. Así mesmo, e baixando uns escalóns, atópase, tamén moi ben conservado o Laboratorio da Mina (Foto 111) que tamén servía de vivenda ao químico da mesma. As dúas casas teñen función de vivenda na actualidade.

Foto 111. Antigo laboratorio da mina

Manolo “Carrecho”

Page 62: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

61 Introdución á minería no Barbanza

Arredor do ano 57,a Estañífera decide vender as instalacións, pero entre o peche das explotacións e a venda, hai un período de intensa actividade no lugar do Cobo, porque, segundo as testemuñas, case todo o Cobo traballou na época dos chamados “buscóns”, os homes dentro das minas e as mulleres fóra, a excepción de dúas que traballaban dentro cos homes, pero que non lembran os nomes. Mais, ¿en que consistía a tarefa dos buscóns? Así o relata D. Manuel Araújo Muñiz (Foto 112), de 71 anos de idade, veciño da Magdalena, que viviu na parte superior da casa principal ata os 7 anos, momento no que teñen que irse pola morte do seu pai, á sazón encargado da mina. Traballou de “buscón“ con 13 ou 14 anos, sobre os anos 49-50.

Entre o peche e a aparición dos “buscóns”, tres vixilantes cumpren sucesivamente o deber de non deixar expoliar as galerías. Vivían na casa, ao lado do areal da Mina. El era o único rapaz que ía cos maiores. Entraban pola Inglesa, que era o primeiro nivel, e que somentes tiña auga nun regueiro polo lado esquerdo. Baixaban por unha escala ao segundo nivel, onde encontraban pedras grandes e boas. Nunca pasaron do segundo nivel, porque tirando pedras encontraron que o nivel da auga, ao non achicala, subira inundando os niveis inferiores, catro polo menos cree el que había. Como non se traballaba coas ferramentas adecuadas, xa que se limitaban a coller as pedras que estaban nas paredes ou no teito, o risco era moi grande, porque de feito produciuse un derrubamento no segundo nivel e, para saír, apagados os candís de carburo, tivérono moi difícil para non caer á auga. Sen ningún tipo de Seguridade Social, e estando obrigados a vender o mineral

Foto 113. ConchaFoto 112. Manolo Araújo

Manolo “Carrecho”

Page 63: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

62Mina de estaño de Lampón

Foto 116. A Inglesa

Foto 115. José MaríaFoto 118. Mª Luisa “B”

Foto 117. Mª Luisa “A”

Page 64: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

63 Introdución á minería no Barbanza

ao dono da mina, pagándolles o kg a 20 ptas., agachaban todo o que podían para vendelo de estraperlo na “Candocha”, ou na de Salvador Muñiz, onde lles pagaban o triple.

Dna. Concepción Barral López, nacida no Cobo no 1936 (Foto 113), hoxe veciña de Escarabote, compartiu con Manuel Araújo a experiencia da época dos buscóns, sobre os 40 ou 50, traballando nas tarefas propias das mulleres, que consistían en recoller de noite o mineral que os homes extraían de día e esmagalo á man con marretas e martelos; os homes axudábanlles empregando os instrumentos máis pesados. Este proceso facíase nos baixos da desaparecida casa metálica, onde estivera o economato. O paso seguinte era o lavado que realizaban facendo unha canaleta para a auga que saía do regueiro da mina. E logo repasaban con outro lavado en almofías, e secábano nunha tarteira vella ao lume, para sopraren despois a terra e quedar só o mineral. Finalmente, aplicábase un imán para recoller as partículas de ferro, pero nestas dúas explotacións, asegura Concha, que o estaño era moi puro e non tiña apenas nada . “Era do bo”, apostilla. Máis adiante, ela, xunto con outras moitas persoas, tiveron que trasladarse a outras explotacións, como as da “Meda” ou “A Cova da Xerpa”, onde a vixilancia para evitar a “roubecha” incrementouse, chegando a intervir a Garda Civil. Sempre coa obriga de venderen o estaño na casa metálica tantas veces mencionada. Seguiron traballando nos regos preto do lavadoiro de Mosquete: alí foi onde atoparon pequenas pebidas de ouro que ocultaban para vender nos devanditos lugares de estraperlo. A última etapa deste traballo remata cando, con máis ou menos 15 anos, é contratada dous

ou tres meses para coller mostras nunha praia en Cabo de Cruz para ver se pagaba a pena explotala. Pagábanlle 20 ptas. diarias, e tamén ía a parar ás instalacións do Cobo. Cando aos 16 anos comeza a traballar nas fábricas de conservas, recorda como chegaban alí lingotes de estaño con algo de chumbo para estañar as latas.

Estado actual das dúas explotacións

As últimas exploracións levadas a cabo polos membros da Asociación AXENA (Asociación xuvenil para o estudo da natureza), Rubén Pablo Paz Brión, Xurxo Gago Mariño, José Juan Fernández de Dios, Iago Vázquez Brea, Roberto Resúa Silva e Raúl Riera Álvarez, revelan que na primeira explotación existen tres niveis claramente, máis un cuarto, e posiblementre un uinto, submerxidos nas augas subterráneas. De cada nivel parten múltiples galerías en diversas direccións, o que fai máis difícil e perigoso o seu estudo; lembremos que baixaron ata 36 metros de profundidade, e que os pozos, as galerías mal seladas, etc. están a cada paso. Na explotación secundaria, a “María Luisa”, coincide o modo da busca dos filóns. Así, aquí, coma na anterior, existe un profundo pozo (hoxe tapado pero con pouca seguridade), que ten acceso a cinco galerías; as bocas das minas fixéronse máis tarde e polo menos dúas están comunicadas entre si a distintos niveis. Dos cinco niveis puideron explorar parte do segundo, terceiro, carto e quinto. A existencia de pozos entre as distintas galerías, e os efectos que sobre eles e a totalidade da mina puideron ter as cargas de dinamita empregadas na citada ampliación da vía

Page 65: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

64Mina de estaño de Lampón

rápida do Barbanza, fan aínda máis dificultoso o seu estudo. O que quedou patente é que o estaño segue sendo abundante e bastante puro.

Fontes utilizadas para o traballo

Non aporto datos bibliográficos porque este traballo levouse a cabo coas entrevistas realizadas ás testemuñas mencionadas a continuación. As únicas fontes escritas foron as encontradas no arquivo do avogado D. José Caamaño Caamaño.

Testemuñas que colaboraron neste traballo: D. Manuel Araújo Muñiz, Dna. Concepción Barral López, D. Manuel López (Carrecho) e D. José María Romero Piñeiro.

Interior das galerías da Mª Luisa

Pozo galería “A”

Fotos 119

Foto 120. Pozo Maestro

Page 66: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

65 Introdución á minería no Barbanza

Resumo elaborado pola Asc. O Faiado-2, a partir dun traballo realizado por Protección Civil de Boiro co motivo do peche de 20 pozos, 43 galerías, 25 sondaxes (calicatas) e varias chemineas (respiradoiros) deste mesmo concello, por razóns de seguridade. Estes vestixios pertencen a antigas explotacións como: Inglaterra, Xeniña, Florita, Isabelita, La Cubeta e outras, todas dentro do Concello de Boiro.

A case nula sinalización da perigosidade dos montes con antigos vestixios mineiros, a profundidade dos pozos e a súa ocultación pola maleza así como as longas galerías agora moi derrubadas, supoñen un gran perigo para os visitantes do monte, tanto a pé, como coa maquinaría pesada empregada hoxe en día nos distintos labores do rural, pois corren o risco de afundirse.

Os nomes de cada espazo inventariado por Protección Civil foron postos dun xeito aleatorio, como meros referentes para ser utilizados por eles mesmos e situar máis doadamente o lugar das distintas coordenadas xeográficas realizadas nos mesmos. Cada

nome agrupa varios compoñentes da mesma explotación ou das súas inmediacións:

CORTELLAS

Pozo: Ten 3,5 m de diámetro e un mínimo de 10 m de profundidade. Situado a 5 m do camiño forestal a Lampón e a 100 m da estrada asfaltada de Boiro a Montaña. Mal tapado con lixo e entullo, que podería ceder co paso do tempo por efecto de descomposición dos materiais que o atoan e do arrastre da auga procedente das galerías que desembocan nel.

Galería: Situada a 30 m do pozo anterior. Boca mal tapada con lixo e entullo.

Sondaxe: De dimensións 4,5 m x 30 m x 4 m de acceso a galerías e pozos, rodeada de maleza. Situada á dereita da estrada a Montaña unha vez pasado o ramal asfaltado que parte cara a Mosquete. Está composta dunha Galería que ten a 2 m da boca un pozo duns

RESUMO DE POZOS, GALERÍAS E SONDAXES (CALICATAS) DO CONCELLO DE BOIRO

Servizo de Protección Civil de Boiro

Page 67: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

66Pozos, galerías e sondaxes do Concello de Boiro

5 m de profundidade e do que parte outra galería a diferente nivel duns 250 m de longo (pasa por debaixo da estrada de Mosquete). A 100 m da boca da galería observase unha claridade que provén dun respiradoiro de 1m de diámetro en boca e 10-11 m de profundidade dende o exterior (a uns 20 m da estrada subindo o Monte Meda). Posiblemente pertence á concesión de explotación inglesa entre 1928-31 e 1941-45.

SERPA

Pozo: De aprox. 25 m de profundidade e 3,5 de lado (situado na cima do Monte Meda). A 3 m del atópase unha prospección de 30 m x 8 m x 10 m de profundidade. Dela parten 3 bocas de galerías de 2 m de lonxitude, 2,5 m e 2 m respectivamente. Todas sen sinais de continuidade.

TRASAGRIÑO

Galería: Con boca de 2 m x 2 m e de lonxitude descoñecida. Pasa por debaixo da estrada asfaltada de Mosquete, onde se nota un pequeno afundimento. Mal tapada con lixo e entullo.

Pozo: De 8 m de profundidade e 3,5 m de ancho. No fondo apréciase unha galería. A 4 m monte arriba hai outro pozo de 2,5 m de profundidade.

MEDA

Galería: Cunha entrada de 2 m x 2 m, duns 200 m de longo. Moi perigosa polos afundimentos interiores. A súa boca está á esquerda, pegada a un camiño forestal que vai a unha antiga pirotecnia abandonada partindo da estrada asfaltada de Mosquete.

Foxo: De 10 m x 3 m e de 3 m de profundidade. Preto dun valo e rodeada de maleza.

Pozo: Duns 3 m de profundidade. Situado a 10 m da prospección anterior.

CUERDA

Galería con entrada de 2 m x 2 m e máis de 300 m de longo. Presenta afundimentos en varios puntos e dela parten outras galerías. A uns 15 m o outro lado do camiño forestal, atópase outra galería duns 100 m de lonxitude. Diante da súa boca ten un montón de entullo, e dentro dela presenta algún afundimento.

DEPÓSITO

Galería con entrada de 2 m x 2 m e de aproximadamente 200 m de longo. Atópase nun camiño forestal que pasa próximo a un depósito de auga, á esquerda deste. Boca tapada case na súa totalidade por un montón de terra. No seu interior producíronse afundimentos.

Page 68: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

67 Introdución á minería no Barbanza

GRANXA

Pozo: duns 2 m de profundidade. Atópase a 10 m dun cerrado de pedra de medio metro de altura que está pegado ao camiño forestal.

Sondaxe: de 3 m de lado e 1,5 m de profundidade pegada cara ao camiño forestal da parte de Sealo, a uns 4 m.

MANANTIAL

Galería: cunha entrada de 2 m x 2 m e de máis de 200 m de longo. Moi perigosa a causa dos afundimentos interiores. Atópase en Sealo. A uns 10 m do seu interior á dereita, hai outra galería que aproximadamente a 100 m da entrada se atopa afundida. Posiblemente pertence a labores de concesión da explotación Xeniña.

III Galería situada nunha entrada do monte que parte do camiño forestal de Mosquete a Sealo no monte de Lampón. Aos 2 m do comezo hai un afundimento. Posiblemente da concesión Xeniña. A 6 m desta hai outra galería de máis de 250 m. Dela parten outras galerías que presentan moitos afundimentos. Posible explotación da concesión Xeniña. Todas estas galerías traballáronse antes de 1936 e de 1941-45.

Pozo: de 3.5 m de profundidade. Desemboca na galería I. Está dentro dun eucaliptal.

CEBOLO

Pozo de 4 m de lado e profundidade descoñecida. Mal tapado con lixo e entullo. A 2 m del está unha galería de máis de 200 m de longo que presenta a 50 m da entrada lixo procedente nun pozo (respiradoiro) de 3.5 x 2,5 e 12 m de altura. Dela parten outras galerías. Posiblemente pertence á explotación Inglaterra, que traballou de 1928-31 e de 1941- 45.

BLANQUITA

Sondaxe: De 5 m x 1,5 m e unha profundidade de 6 m. Dela parten dúas galerías con bocas de 2 x 2 m das que se descoñece a súa lonxitude. Posiblemente pertence á explotación Inglaterra.

Pozo: De 4 m x 3 m e uns 20 m de profundidade. En inverno acumula auga. Moi perigoso dada a súa profundidade.

BENIGNO

Galería: Cunha entrada de 2,5 m x 2 m e máis de 200 m de longo. Situada na Granxa da Mina. Ramifícase en outras galerías. Existen afundimentos en bastantes puntos. Comunícase ao exterior por un pozo (respiradoiro) dunhas dimensións de 2 x 2,5 m e 5 m de profundidade ata o entullo.

Sondaxe de 20 m x 4 m e uns 4 m de profundidade. Nela atópase un pozo. Nos arredores hai desbroces dunha tala de piñeiros.

Pozo cunha profundidade de 15 m e entullo no fondo. Restos de tala de árbores arredor del.

Page 69: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

68Pozos, galerías e sondaxes do Concello de Boiro

Sondaxe de 10 x 2 m e 2 ou 3 m de profundidade.

Galería duns 35 m de longo. Presenta algún afundimento interior.

Todas estas prospeccións crese que posiblemente sexan da explotación Inglaterra.

RAILES

Galería con entrada de 2,5 m x 2 m e máis de 200 m de longo. Dela parten outras galerías nas que existen varios afundimentos. Desemboca nun pozo de 3,5 m de diámetro e 13 m aprox. de profundidade

SEALO II

Sondaxe no medio do monte seguindo a bifurcación dereita da pista sen asfaltar de Sealo.Ten 15 m x 1 m e sobre 2,5 m de profundidade. Nos arredores hai outras 7 prospeccións.

SUALOMBA

Sondaxe de 7 x 8 m e 2,5 m de profundidade. Situada a 50 m subindo polo monte Sualomba. Posiblemente pertence a labores da concesión Florita e traballouse entre 1950 e1953.

Sondaxe de 7 x 9 m e duns 2,5 m de profundidade. Situada a 20m do camiño forestal de Piñeiro a Montañó.

Galería de menos de 20 m. Dela parten galerías laterais curtas. Presenta tramos con afundimentos.

Galería de máis de 250 m de longo. A boca atópase na unión de dous regatos. Presenta gran cantidade de auga na súa entrada. Dela parten outras galerías. Existen afundimentos en varios tramos.

AREAS VERMELLAS

Sondaxe de 7 x 6 m e 3.5 m de profundidade.

Sondaxe de 15 x 6 m cunha profundidade de 8 m. Nela ábrese unha galería de 8 m de longo.

PRADOS

Sondaxe de 3 x 10 m e 4 m de profundidade.

CUBETA

Galería duns 150 m. A súa boca atópase no mesmo camiño forestal. Presenta afundimentos. Posiblemente pertence a labores de explotación La cubeta.

Galería duns 25 m. Situada a 25 m do camiño forestal, pero desde el non se aprecia a boca.

Page 70: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

69 Introdución á minería no Barbanza

PO

Pozo de 2 x 3 m e 6 m de profundidade.

MADEIRA

Galería duns 50 m cun montón de entullo na boca. Presenta algúns desprendementos.

Pozo de 2,5 x 3 m e 7 m de profundidade, que vai dar a unha galería de 20 m de longo.

Galería de máis de 150 m de longo. Encóntrase metida dentro dunha prospección. Ramifícase noutras galerías e ten un pozo no seu interior. Presenta afundimentos

MONTAÑA

Gran prospección de 30 x 15 m e 5m de profundidade. Nela hai un pozo e parten 5 galerías. Está situada a carón do campo de celebración das festas de Montaña. No seu pozo foi onde se produciu o accidente mortal dun mozo ao afundirse co peso do coche os materiais de recheo do mesmo. Pertence a labores da concesión da explotación Isabelita, tapándose o pozo de 3.5 m de lado e máis de 11 m de profundidade despois do accidente.

As galerías teñen entre 5 e 10 m.

MOIMENTA

Galería duns 100 m de lonxitude. A boca sitúase á dereita da estrada, e unha mangueira conduce a auga do seu interior ata a cuneta. Presenta pequenos afundimentos. Pertence a labores de concesión da explotación Esperanza.

Galería duns 50 m. Presenta afundimentos.

Galería de aprox. 50 m. Hai 20 cm de auga na súa entrada e existen dúas arquetas de recollida de auga.

Foxa de 50 m x 1,5-2 m, con profundidade entre 4-5 m. No interior atópase lixo e animais mortos. Está paralela a un camiño e é resultado da explotación dun filón, ao igual que outras foxas existentes ao seu redor.

Foxa de 30 x 1,5-2 m con profundidade de 1 a 5 m. Está pegada a un camiño e paralela a el.

Foxa de 60 m x 1,5-2 m e unha profundidade de 4-6 m. Ten lixo, entullo e incluso un coche enteiro. Transcorre a 3 m dun camiño e paralela a el.

Pozo de aprox. 3,5 m de diámetro e de profundidade descoñecida, dado lixo que contén. Atópase no interior dunha construción antiga de pedras en ruínas de 6 x 9 m.

Page 71: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

70Pozos, galerías e sondaxes do Concello de Boiro

INSUACHÁN

Galería que se afunde aos 60 m. Na súa entrada hai un montón de terra e algo de auga. Presenta pequenos afundimentos no interior antes de chegar ao afundimento final. Está á esquerda da estrada asfaltada e pegada a un regato.

SANCUÑEIRAS

Galería de aprox. 90 m que se encontra nunha pequena sondaxe. Contén uns 35 cm de auga á súa entrada. Presenta afundimentos no interior.

Galería fronte á anterior, de 1.5 m de longo. Está nunha pequena prospección diante da cal hai un pequeno regato.

FERREIRO

Galería duns 50 m. Encóntrase nunha calicata. Nalgún momento tivo porta. Presenta pequenos afundimentos. Posiblemente pertence á explotación Inglaterra.

Galería dun 50 m. Encóntrase nunha prospección e presenta afundimentos no interior.

Galería duns 60 m con afundimentos no interior.

Galería duns 50 m que presenta afundimentos no interior.

MINERÍA EN COMOXO

No Ordenario para Chans de Reis: 3 ou 4 bocas

Informante: Ignacio Pérez Hermo ( Servizo de Protección Civil de Boiro).

Agradecementos moi especiais a Nacho e aos demais membros do Servizo de Proteción Civil pola información aportada e o tempo que tan amablemente nos dedicaron.

Page 72: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

71 Introdución á minería no Barbanza

Segundo nos conta Juan Manuel Ríos Pérez no libro Boiro, concejo gallego (Ed. Concello de Boiro, 1984), un xerente ruso das minas de Estañífera de Arosa, en Lampón, que tiña o novelesco nome de Conde Alejandro Tichetsky, compensou unhas débedas co Tenente Coronel de Artillería D. Fernando González-Conde de Borbón (Madrid, 1909), quen comezou a explotar en Moimenta, polos anos 40 do século XX, a mina de estaño e volframio nomeada ”Esperanza”, na que traballaban máis de 200 persoas.

Os labores estendéronse ata terreos particulares de varios veciños. En concreto sábese de 3 galerías, varias foxas e un pozo (datos obtidos dos planos de localización realizados por membros do Servizo de Protección Civil de Boiro), e de dúas galerías máis que teñen a boca de entrada dentro dos terreos da finca Esperanza, agora ocupada pola comunidade Desafío Joven Galicia.

Minas á beira da estrada que vai de Moimenta a Insuachán

EXPLOTACIÓNS MINEIRAS EN MOIMENTA E BEALO (BOIRO-A CORUÑA)

Mª Luisa López Otero (Asc. O Faiado-2)Fotos: Paola García e Antonio Parada

MINERÍA EN MOIMENTA

Page 73: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

72Explotacións mineiras en Moimenta e Bealo

Galería Moimenta I.

Coordenadas xeográficas: 42º 42´19” N, 8º 53´08” W. Duns 100 m de lonxitude, a boca sitúase á dereita da pista asfaltada que no alto de Moimenta leva á aldea de Insuachán. No seu interior almacena auga, que quitan ata a cuneta da estrada mediante unha mangueira. Segundo Protección Civil, presenta pequenos afundimentos e pertence a labores de concesión da explotación “Esperanza”.

Galería Moimenta II.

Coordenadas xeográficas: 42º 42´52” N, 8º 53´05” W.

Duns 50 m. Presenta afundimentos. (Información P. Civil).

Galería Moimenta III.

Coordenadas xeográficas: 42º 42´30” N, 8º 52´52” W.

Galería de aprox. 50 m. Na súa entrada hai dúas arquetas de recollida de auga. (Información P. Civil).

Foxa Moimenta IV.

Coordenadas xeográficas: 42º 42´52” N, 8º 53´ 08” W.

De 50 x 1,5-2 m, con profundidade entre 4-5 m. Entullada. É resultado da explotación dun filón, o mesmo que outras foxas existentes ao seu redor. (Información P. Civil).

Outra das minas cerrada na estrada de Moimenta a Insuachán.

Page 74: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

73 Introdución á minería no Barbanza

Foxa Moimenta V.

Coordenadas xeográficas: 42º 42´51” N, 8º 53´ 07” W.

De 30 x 1,5-2 m, con profundidade de 1 a 5 m. Está pegada a un camiño e paralela a el, a uns 2 metros da anterior. (Información P. Civil).

Foxa Moimenta VI.

Coordenadas xeográficas: 42º 42´50” N, 8º 53´ 06” W.

De 60 m x 1,5-2 m e unha profundidade de 4-6 m. Ten lixo, entullos e incluso un coche enteiro. Transcorre a 3 m dun camiño e paralela a el, e atópase a 30 m da foxa Moimenta IV, ao mesmo lado do camiño. (Información P. Civil).

Pozo Moimenta VII.

Coordenadas xeográficas: 42º 43´00” N, 8º 53´ 05” W.

Dun diámetro de, aproximadamente, 3,5 m e de descoñecida profundidade dado o lixo que contén. Atópase no interior dunha antiga construción de pedras en ruínas de 6 x 9 m. (Información P. Civil)

Galería finca Esperanza I

Coordenadas: 42º 42.819´ N, 08º 53.052´ W

Atópase dentro da finca Esperanza. Dunha lonxitude de 50 m, Mina situada na parte posterior do centro Desafío Joven Galicia

Mina da entrada do centro Desafío Joven Galicia

Page 75: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

74Explotacións mineiras en Moimenta e Bealo

dela parten outras seis galerías. A boca está entre a casa que foi vivenda de D. Fernando e o garaxe-almacén, pois ademais do vello Dodge Dart, gardaba as mechas dos barrenos, etc. Pechando a esquina, e perpendicular ao garaxe, había un pequeno lagar a carón duns rochedos. Na súa fronte, unha pequena vivenda auxiliar, e máis os lavadoiros do mineral.

Dende o ano 2001, toda a finca está ocupada pola comunidade Desafío Joven Galicia, dirixida por Paulo Nunes. Esta comunidade amañou o lugar que estaba practicamente abandonado dende varios anos antes deles chegaren. A maleza cubría mesmamente todas as edificacións, que ademais foran fortemente espoliadas. Hoxe en día é un fermoso curruncho de paz, arrolado polos sons das augas que discorren baixo os rochedos que conforman a empinada ladeira do monte Pedregal, semellando xigantes durmidos a gardar o mineral, parte do cal noutrora saíu das súas galerías. (Información proporcionada polo centro Desafío Joven Galicia).

Galería finca Esperanza II

Situada na entrada da finca e cunha boca semellante á da Esperanza I, protexidas ambas por unha cancela de ferro.

Os actuais moradores informáronnos de que mide uns 150 m, e dela parten 12 galerías. Actualmente sae do seu interior unha grande cantidade de auga, da que dan mostra dúas arquetas no seu exterior e varios tubos que subministraban auga ás distintas edificacións rehabilitadas a partir dos antigos galpóns.

Boca de galería anterior á explotación “Esperanza”.

Casa auxiliar. Aquí lavábase o mineral.

Page 76: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

75 Introdución á minería no Barbanza

Entrevista a D. JOSÉ LOJO VENTOSO, traballador e vixiante da mina “Esperanza”

Realizada na antiga taberna de Caramés de Moimenta. Participaron Manuel Caramés, Paola García Paz, que actuou como fotógrafa, e Mª Luisa López Otero, coordinadora do evento.

O señor José Lojo vive en Moimenta. Home de mente moi lúcida, non tivo problema en retrotraerse no tempo e irnos narrando algúns anacos de experiencias vividas en primeira persoa.

Segundo el, na mina Esperanza comezouse a traballar no ano 1941, coincidindo co que se coñece aquí como a época do primeiro wolfram, que durou ata 1944-45, e que logo dun parón, volveu funcionar no 1947-48. Realmente este parón só se realizaría a nivel oficial, pois había homes con cuadrillas que seguían a traballar. Así, no 1947, sen terse dado de alta a mina de D. Fernando, foron quitar mineral nun dos terreos do Galeo. Produciuse entón un derrubamento que deixou sepultado un mozo de Belles, que acudira á mina no lugar da súa irmá. Nese mesmo afundimento Primitivo, o do Caseiro, quedou enterrado ata a cintura, e o mesmo Sr. José Lojo cavou na terra ata podelo quitar. Pero... comecemos polo primeiro. Segundo o Sr. José, no 1942, cando veu nun permiso da mili, había máis de mil persoas por Moimenta. Na taberna do Beiro, do lugar de Moimenta, vendíanse arredor de mil litros de viño diario. Manuel Quintáns traía os bocois dende Cespón, Trevonzos, San Martiño, etc. Para os traballadores da mina o viño servíase xa en caldeiros.

A actividade mineira, legal, realizábase máis ben de día, pero de noite ían á roubecha. Para vender legalmente tiñan que ter unhas guías, que só se conseguían sendo propietarios dunha explotación. Polo tanto, algunhas persoas dispuñan de lugares (pozos e pequenas galerías) onde só se almacenaba mineral, para así conseguir unha guía mediante estas explotacións ficticias, nas que tamén se gardaba algún mineral do estraperlo. Pagábase o kg. a máis de 100 Pts. Segundo o Sr José, nun permiso traballou oito días e cando chegou de volta a Madrid puido mercar un bo traxe, camisa e todo.

Page 77: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

76Explotacións mineiras en Moimenta e Bealo

Os beneficios repartíanse entre os propietarios das fincas e o dono da explotación mineira, sendo bastante común que o propietario da leira tivese a súa propia cuadrilla de traballadores.

Eran anos de fame, pero algúns encargados de cuadrillas que facían moitos cartos carecían de sentido comercial e gastaban case todo o diñeiro no Casino de Noia, en facer comerotas ou en casas de citas dos lugares onde, dicían, ían facer negocios. Algúns das aldeas aproveitaron para arreglar as súas casas e mercar vacas ou algunha leira.

A obtención do mineral en Moimenta segundo información de José Lojo: Algunhas veces aparecían pedras de 10 a 20 kg de mineral, aínda que a maioría eran máis pequenas ou anaquiños de pedras soltas. Primeiro, machucábase a pedra cun pisón ou maza. Logo moíase encima dunha pedra un pouco cóncava, fretando con outra pedra, como se facía cos grans de cereais nos antigos muíños chairos. En terceiro lugar lavábase, meténdoo nunha palangana ou nun pío. Ao botarlle auga, por diferenza de densidade, o mineral quedaba no fondo e a auga arrastraba parte da ganga. O mineral que se obtiña non era todo da mesma lei e, segundo fose esta, así se pagaba. O encargado de determinar a lei era un químico de Vilagarcía. Finalmente metíase en saquetas o mineral e vendíase. Entre os compradores estaban o Vicentón de Taragoña, o irmán de Franco o da conserveira, etc.

Nas explotacións mineiras adoitaba haber un vixilante, ao que lle era moi difícil enfrontarse coas cuadrillas; conta o Señor José como lle ían rogar se podían quitar algún quiliño para ir tirando.

Ante a súa negativa, convencíano ou... deixábase convencer, para deixalos ir botar unha ollada ao interior. Os visitantes levaban unha media colgada xunto aos xenitais dentro do pantalón, metendo nela o mineral que podían. Outras veces, o vixilante non estaba para lerias e avisaba ao encargado, e máis dunha vez, D. Fernando, o propietario, non tiña reparo ningún en cargar a súa pistola do nove largo e disparar, poida que ao aire, aínda que o noso entrevistado afirma que... ao aire dispararía, pero que a el... lle caeran balas aos pés, e que un día, de tanto correr, perdera a chaqueta.

Antigo pozo mineiro en Moimenta.

Page 78: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

77 Introdución á minería no Barbanza

Logo de hora e media de conversa co Sr. José, achegámonos ao pozo, despois de seguir unha pista asfaltada ata o cerrado de perpiaños que cerca a “horta do Crego”, onde se atopa. Dende el partía, polo menos, unha galería, xa que os veciños lembran algúns afundimentos de terreo fronte do muro, onde se abre unha especie de fiestra de 0,80 x 1,40 m de alto e, a ambos lados da parte superior da parede, hai uns furacos onde se introduciu un soporte. Agora, arredor da caseta, comezan a nacer a ferraña e os nabos, e dentro dos muros, ademais de restos de tella da antiga cuberta, medran a carón de dúas das paredes unhas plantas de kiwi. Nos arredores, pequenas leiriñas rodeadas de croios, perpiaños e grandes cons de variadas formas e tamaños. Este pozo segundo pescudas realizadas por o Sr. José, xa existía antes das concesións de D. Fernando Conde. Fora explotado alá polo 1924-25, por D. Benigno López (pai do médico D. Gonzalo López Romero), xunto co cura de Macenda daquel entón, José Beiro (sogro do Sr. José) e Santiago Fernández, un capataz das minas de San Finx. O mineral extraído ía para as minas de San Finx.

Dende alí baixamos á esquerda por unha pista sen asfaltar, e tomamos un antigo e estreito camiño de pés, na actualidade cuberto de cemento e de grava que nos conduciu á pista asfaltada que vai de Moimenta a Insuachán. Percorremos uns metros en dirección a Insuachán e atopamos a galería Moimenta I. A boca, parcialmente tapada, sitúase á dereita da estrada. No seu interior, efectivamente hai unha poza de auga cunha mangueira que a conduce á cuneta da estrada, segundo informaba Protección Civil de Boiro.

Uns 50 m máis abaixo atopamos outra Galería con dúas arquetas de recollida de auga (Galería Moimenta III). Tanto esta galería como a anterior está nunha parte do monte Peón, coñecida como a Asiñeira. Monte arriba, unha das persoas que nos acompañaba lémbrase de ter visto varias bocas que os veciños usaban de entulleira.

Deixamos á esquerda o cartel que indica o Centro Cristián Esperanza. Seguimos uns 300 m ata pasar unhas plantacións de Kiwis e atopamos unha mina de auga. No outro lado da estrada áchase unha construción rectangular de varios metros de longo, con porta e varias fiestras protexidas por reixas, que foi a casa da gardián da mina. Ao seu carón, un gran con nomeado “Outeiro Redondo” sinala o límite das parroquias boirenses de Moimenta, Belles de Arriba e Insuachán. Este con presenta varios furados e un nítido petroglifo na súa parte superior.

Petroglifo xunto á casa do garda da explotación “Esperanza”.

Page 79: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

78Explotacións mineiras en Moimenta e Bealo

D. Fernando González-Conde y de Borbón ademais de ter as minas de Moimenta, era titular doutras en Porto do Son e noutros moitos lugares, incluso fóra de Galicia. Así, en Don Benito (Badajoz), segundo escritura facilitada por dona Carmen Rivas, “era propietario do 50 % da mina de estaño “Mary Carmen”, nº 11.030, vendida en 1986”.

MINERÍA EN S. PEDRO DE BEALO

Estaño no monte Ramilo

Coordenadas: 42º 42.122´ N, 8º 50.911´ W

Despois do campo de S. Ramón, á esquerda do rego de Laxoso, nun terreo duns 4 ferrados (1 ferrado = 420 m cadrados), tres irmáns de Coristanco comezaron unha explotación mineira. Facían covas de máis de tres metros de profundidade e uns 4 m de anchura ou máis, pois ás veces había catro homes padexando. Este agro era de José Romero, coñecido como “Pepito o Tramollo”.

Moitas veces o estaño comezaba xa a aparecer a un metro e pico de profundidade. A referencia para encontralo segundo os paisanos era atopar antes anacos de pedra que adoitaban ser de cuarzo de cor amarelenta (sarso). Segundo o informante, estiveron varios meses traballando, quizais máis dun ano. Dispuñan dalgunha máquina para achicaren auga, e o mineral limpábano cribándoo. Ao día sacaban só uns poucos caldeiros de mineral. Traballaban aquí unhas 10 ou 12 persoas, procedendo todas dos arredores, agás os capataces. Estes paraban na casa de Pepito, que rexentaba unha taberna.

Informantes: Manuel Otero Saborido (traballou nesta explotación antes de emigrar). José Romero Fernández, 85 anos, aldea de Beluso.

Antigos terreos de explotación mineira preto do regato de Laxoso.

Page 80: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

79 Introdución á minería no Barbanza

O Sr. Manuel González mostra os pozos entullados polos veciños.

Restos de animais que os veciños tiraban nos pozos.

Outros vestixios mineiros da parroquia

No Monte da Lomba, detrás do campo de fútbol, seguindo un camiño térreo, nas coordenadas 42º 42.148´N, 8º 51.049´ W, aparece unha mámoa duns 16 m de anel perimetral, sen chanzos dentro da cámara. A poucos metros dela, e en todo aquel pinal, hai buratos con bocas case circulares, de pouco diámetro pero de varios metros de profundidade.

A zona resulta moi perigosa, xa que, co tempo, moitas das bocas fóronse reenchendo con desperdicios de difícil reciclaxe e animais mortos, do que dá fe a gran cantidade de mandíbulas que se atopan nos arredores.

De moitos destes buracos non se sacaba mineral senón que se gardaba o procedente doutros lugares, dando a entender que se quitaba de alí, a fin de obter deste xeito, o permiso de explotación e poder vendelo. Outros buracos proceden de catas de proba, das que non saía mineral e quedaron sen tapar.

Á outra banda da estrada, cara a aldea da Galea, había tamén explotacións deste tipo. A persoa que nos acompañou afirmou ter traballado alí. O mineral que atopaban era bastante escaso, o que aquí denominan “mineral de area” ou “de canto rodado”. As pedras, á súa vez, eran máis ben de pequeno tamaño e o labor de lavado tiña lugar no regato máis próximo.

No monte Beiráns, había gran cantidade de covas procedentes da extracción de mineral que foron tapadas para habilitar o antigo campo de tiro. Pola zona do Muíño Novo tamén se achaban

Page 81: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

80Explotacións mineiras en Moimenta e Bealo

buracos e houbo ao parecer actividade mineira en pequena escala por gran parte da parroquia, polo que hai que ter moito coidado onde se poñen os pés de non seguires un camiño sinalado. No río de Landeiras, por enriba de Bealo, houbo tamén algo de estaño. No Monte dos Seixiños Brancos, existiu un socavón alongado semellante a unha corredoira, agora tapado.

Informante: Manuel González Resúa, 65 anos, S. Ramón de Bealo. José Romero Fernández, José Mª. Gestoso Fernández, Josefa Rivadulla, José España Lorenzo e Francisco Pena Calvar, párroco do lugar.

Page 82: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

81 Introdución á minería no Barbanza

Podemos dicir que a minería en Bealo corre parella ao labor que xorde por mor dese monstro mineiro que foi a mina de San Finx, tendo en conta ademais que xeograficamente esta parroquia é limítrofe co concello de Lousame.

A eclosión produtiva do wolfram deuse a carón do mercado da guerra, pois era compoñente básico na blindaxe de carros de combate e na construción doutros artefactos bélicos; a partir de 1939 o seu comercio coñece unha importante expansión coincidente coa Segunda Guerra Mundial e coa posterior Guerra de Corea, o que fixo multiplicar por dez a produción galega entre 1940 e 1943 e por cen o seus prezos, o que provocou moito emprego, tanto legal como ilegal. O volframio pasou de ser o refugallo do estaño a ter importancia de seu e converterse nun valioso mineral nestes convulsos anos de entreguerras. Foi entón cando a “febre do ouro negro” se propagou pola xeografía galega, onde as zonas mineiras se converteron nos centros económicos e sociais dunha época na que a emigración e o exilio eran os camiños máis transitados. Así, arredor da propia infraestrutura da mina agromou un desenvolvemento social que se concretou

en poboados para atender a toda a masa social, arredor da que naceron tamén instalacións de lecer e entretemento (como uns cines que chegou a haber nas minas de Fontao - Vila de Cruces- con capacidade para centos de persoas). Centros, nacidos na maior parte das ocasións, para que a xente puidese gastar os cartos que gañaba na mina.

Desta febre do wolfram contaxiaríase a zona de Bealo, que a través dos mineiros empregados en San Finx e outros extractores máis o menos clandestinos era capaz de canalizar mineral vía mercado negro cara Portugal e outros países. Tamén se escavaron ramiñas de mineral provocando fochancas, algúns dunha profundidade considerable, en lugares como o monte Ramilo, o monte da Lomba, etc.

De case todas as parroquias de Bealo houbo traballadores na mina. É difícil concretar en que anos comezaron, pero durante a década dos anos corenta existía un grupo bastante amplo de obreiros da mina que, primeiro camiñando, e máis tarde en bicicleta, se desprazaban ata alí polo corredor do Monte Castelo, facendo a

TRABALLADORES DE BEALO NAS MINAS DE SAN FINX

Alberto Figueira (Asc. O Faiado2)

Page 83: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

82Traballadores de Bealo nas minas de San Finx

seguinte ruta (en torno a uns 15 km): pista da Pallagueira, Chan da Retorta, Cabalaríza, Fruíme, Peital, Alto de Pino Manso e San Finx. Houbo todo tipo de traballadores, aínda que os máis abundantes eran os dedicados a escavar nos pozos da mina. Nin que dicir tiña que este era un traballo bastante ben remunerado, o cal convertía a estes obreiros en privilexiados dadas as circunstancias do momento. Da parroquia houbo mineiros coma: Manuel Lorenzo e Lisardo González, encargados de empuxar polos vagóns, e outros que escavaban nos pozos, coma Ramón Resúa, Manuel Resúa, Manuel González, Juan Segade, Manuel Blanco, Ramón Bermúdez, Francisco Pérez, Valentín Saborido, Ramón Castelo (carpinteiro) e outros.

A muller xogará un papel moi importante como axudante á hora de transportar o mineral mediante sacos de esparto na cabeza ata os puntos de compra. Moitas delas traballaban na zona libre escañando nas escombreiras e na terra en busca das “pintas” (anaquiños de mineral incrustados nas pedras). Despois de lavadas e xuntas, vendíanas aos propios donos da mina, e cando podían fóra dela, pois os prezos eran moito máis altos, o que deu lugar a un montón de picaresca.

Rematada a guerra, as minas foron entrando nun período recesivo ata finais dos anos setenta do século pasado, cando esmoreceron languidamente ata pechar a totalidade das instalacións.

Josefa Rivadulla e José Mª Gestoso

Page 84: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

83 Introdución á minería no Barbanza

Dende 2003 un equipo do Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia) leva a cabo un proxecto de campo de traballo arqueolóxico na área de Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña). Mediante esta intervención precuramos recuperar para a sociedade, dende a Arqueoloxía, un espazo social e patrimonial e xerar, á súa vez, un recurso turístico e cultural que favoreza o desenvolvemento local desta zona da Península de Barbanza (Ayán 2005; Ayán et. al. 2007).

Partimos dun enfoque interdisciplinar que defende a natureza da Arqueoloxía coma unha prática social no presente que debe respostar, por unha banda, ás demandas do mercado e, doutra banda, ás esixencias e necesidades da propia sociedade. Neste senso, dende o noso Laboratorio de Arqueoloxía encetouse unha reconversión técnica da disciplina, devalando cara á súa reformulación coma unha técnica de Xestión Integral do Patrimonio que ten que asumir, de entrada, un compromiso directo coa divulgación e difusión do coñecemento arqueolóxico

ETNOARQUEOLOXÍA E PALEOMETALURXIA DE OS CASTROS DE NEIXÓN

Xurxo M. Ayán Vila, Arqueólogo, investigador do Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia). Xosé Moledo Santiago, Arqueólogo e documentalista audiovisual. Leonardo González Pérez, Arqueólogo e especialista en Antropoloxía Cultural e Historia das Mentalidades. Eduardo González Gómez de Agüero, Departamento de Estudios Clásicos-Universidad de León. Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-XuGa)

Introdución

Busca, busca ese lugar, busca ese sitio llamado

el templo del Metal.Gigatrón (El Templo del Metal, Los Dioses han llegado, 1998)

Page 85: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

84Os Castros de Neixón

xenerado pola nosa actividade. A este respecto, o proxecto de Os Castros de Neixón non é unha iniciativa subsidiaria á propia sociedade, senón que precura dar a coñecer os resultados da investigación desenvolta, mediante a implementación dunha estratexia de difusión que abrangue visitas guiadas aos Castros de Neixón, exposicións temporais, conferencias, charlas para escolares, comunicacións a Congresos e reunións científicas, etc.

Neste contexto, constitúe para nós unha enorme satisfación a invitación cursada ao noso equipo de traballo pola Asociación Artesá e Etnográfica do Barbanza O Faiado-2, e mais o Excmo. Concello de Boiro para participarmos nestas xornadas sobre a minería en Barbanza.

Como somos arqueólogos e, polo tanto, historiadores, a nosa contribución neste congreso versará sobre a materialización do pasado, sobre as ruínas arqueolóxicas que nos remiten á actividade mineira e metalúrxica nunha zona emblemática do Barbanza como son os Castros de Neixón. Tralas intervencións arqueolóxicas desenvoltas nos últimos anos, temos claro, a día de hoxe, que un dos factores sobranceiros que explican a continuada ocupación deste espazo ao longo do primeiro milenio a. C. é, precisamente, a riqueza estannífera desta zona SE da península do Barbanza.

A este respecto, na primeira parte do noso traballo exporemos, por primeira vez, os recentes resultados da investigación paleometalúrxica desenvolta no marco do proxecto arqueolóxico de Neixón, que forneceu datos interesantes sobre problemáticas

praticamente inéditas coma o desenvolvemento tecnolóxico das comunidades castrexas ou o espallamento da metalurxia do ferro entre os séculos IV-II a. C.

Fotografía aérea de Os Castros de Neixón.

Page 86: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

85 Introdución á minería no Barbanza

Até aquí chegaría a aportación da Arqueoloxía tradicionalmente entendida: unha serie de consideracións formais, funcionais e tecnolóxicas sobre obxectos materiais do pasado que nos permitan falar da minería antiga. Pola contra, a estratexia de investigación asumida dende 2003 no proxecto do Castros de Neixón procura, como obxectivo último, tracexar unha panorámica arqueohistórica do proceso de conformación da paisaxe cultural na que se insiren os xacementos obxecto de estudo. Abandonados como espazo habitacional, pasaron a inserirse coma un espazo máis nas dinámicas históricas que conduciron ao nacemento da paisaxe rural e mariñeira desta zona de Barbanza. Neste senso, deuse unha apropiación simbólica dos Castros de Neixón pola sociedade labrega e mariñeira tradicional (Ayán e Arizaga 2005), mais tamén seguiu sendo utilizado coma unha área de captación de recursos económicos, desenvolvéndose unha actividade mineira até época recente.

Partindo da Etnoarqueoloxía, na segunda parte da nosa comunicación, precuramos documentar as explotacións de estaño no contorno inmediato dos Castros de Neixón que estiveron en activo na postguerra. Cómpre sinalar que no noso país aínda está por facer unha Arqueoloxía do Patrimonio industrial, situación debida, en primeiro lugar, ao feito de que a investigación sempre estivo obsesionada coa idea do fracaso da industrialización de Galicia, e en segundo lugar, pola inexistencia de proxectos interdisciplinares que sentasen na mesma mesa a arqueólogos e historiadores contemporaneístas.

Para nós, os restos dunha fíbula de bronce castrexa teñen a mesma importancia como obxecto de estudo cás ruínas dun lavadoiro de estaño de 1950, e aínda máis, se temos en conta que, neste segundo caso, contamos con informantes vivos que participaron de cheo na utilización e construción desa cultura material. Mediante o emprego sistemático da enquisa etnográfica e da Historia Oral xeramos unha documentación moi valiosa que conforma un corpus importante do alcumado Patrimonio inmaterial (xunto coa microtoponimia, as lendas de mouros, as vellas técnicas artesanais...) (Simón e Prado 2006). Neste senso, compartimos de cheo unha das angueiras destas xornadas de introdución á minería do Barbanza: recoller toda a información que aínda poden aportar algunhas persoas vivas, relacionadas coa actividade mineira do s. XX.

Debemos asumir o compromiso ético de coadxudar á recuperación da memoria histórica das comunidades locais nas que desenvolvemos o noso traballo. Estamos afeitos a unha Arqueoloxía que só fala de obxectos, nas que as sociedades e os individuos do pasado non aparecen por ningures, e a unha Etnografía obsoleta na que os informantes do presente son meros reprodutores de audio que describen artefactos.

Deixar falar aos protagonistas do noso pasado máis presente, recuperar a voz daqueles que foron tratados como clases subalternas, pobo galego ou cultura popular (non sabemos que termo é pior) ou como simples obxectos de estudo, aprender deles e empregar esa información para xerar un mellor rexistro

Page 87: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

86Os Castros de Neixón

arqueolóxico, cremos que son os alicerces para levar a cabo unha Arqueoloxía crítica que non só describa o pasado, senón que tamén contribúa á transformación do presente e á dignificación do noso Patrimonio.

O Castro Pequeno de Neixón e a metalurxia do bronce na Idade do Ferro

Nas orixes decimonónicas da Arqueoloxía como disciplina académica, os metais van xogar un papel fundamental nas

primeiras tentativas á hora de definir, en clave evolucionista, as diferentes fases da Prehistoria europea. As comunidades terían pasado por varios estadios de complexización socioeconómica, plasmados en determinados cambios tecnolóxicos reflectidos na utilización sucesiva de diferentes materiais. Se a Antropoloxía ao servizo do Imperialismo chantaba a secuencia Salvaxismo-Barbarie-Civilización para comprender a evolución da Humanidade, as primeiras sínteses da nacente Prehistoria definían o avance tecnolóxico das sociedades do pasado a partir dos obxectos materiais. Sería o conservador danés Christian Thomsen (1788-1865) na súa ordeación das coleccións da Comisión Real para a Conservación das Antigüidades de Copenhague quen estableceu unha clasificación dos obxectos segundo a súa materia prima e posible función, obtendo unha división en tres Idades (pedra, bronce e ferro) que exporía no seu manual Guía das Antigüidades Escandinavas de 1836 (Clarke 1984: 7-8). Esta secuencia cronotipolóxica sería matizada posteriormente por outros autores nórdicos como Warsaae e Montelius, e franceses como Mortillet, acadando o seu desenvolvemento coa obra de Lubbock (1912 [1868]).

A arqueoloxía europea asomaríase dende estes presupostos á realidade histórica do 1º milenio a. C., período que pasaría a ser definido como a Idade do Ferro, á súa vez dividida en dúas fases que toman o nome de xacementos arqueolóxicos de Centroeuropa, escavados no século XIX: Hallsttat e La Tène. Como vemos, a introdución do ferro tómase como elemento definitorio de todo un período cultural para toda a Europa continental e atlántica.

O Castro Pequeno de Neixón.

Page 88: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

87 Introdución á minería no Barbanza

Partindo destes modelos, a Arqueoloxía galeguista na década de 1920 tenta aplicar esta secuencia ao mundo dos castros galaicos. Deste xeito F. López Cuevillas elabora en 1924 a primeira síntese sobre a Idade no Ferro na Galiza (López Cuevillas 1968), na que xa remarca o peso da tradición metalúrxica das comunidades da Idade do Bronce antes da chegada dunha suposta invasión céltica cara ao século VI a. C.

Asemade, estas primeiras investigacións tentan contrastar as informacións sobre a riqueza estannífera do NW da Península Ibérica que aparecen nas fontes clásicas, potenciando un debate

(que permanece na actualidade) sobre a identificación das Illas Cassitérides coa costa galega das Rías Baixas. Neste senso, serán tres as referencias que asenten na investigación tradicional a importancia desta riqueza para os pobos galaicos (Seguimos a tradución ao galego proposta por A. M. Romero Masiá e X. M. Pose Mesura (1987: 19,28, 44).

En moitos lugares de Iberia aparece tamén o estaño, mais non se atopa na superficie, como dixeron algúns nas súas historias, senón escavando e fundíndoo como a prata e o ouro. Hai moitas minas de estaño máis arriba da Lusitania, nas illas situadas fronte a Iberia, no Océano, que por iso se chaman Kassiterides (Diodoro, V, 38).

Di (Posidonio) que o estaño non se atopa na superficie, como contan os historiadores, senón ao cavar. Prodúcese entre os bárbaros de máis aló dos Lusitanos e nas illas Kassiterides, e transpórtase dende as illas Británicas a Marsella. Entre os Ártabros, que son os últimos da Lusitania cara ao Noroeste, di (Posidonio) que a terra florece de prata, de estaño e de ouro branco, xa que está mixturado con prata, e que os ríos arrastran esta terra, e que as mulleres remóvena con angazos e lávana en cribos tecidos en forma de cestos. Isto é o que dixo (Posidonio) sobre as minas (Strabon, III, 2, 9).

As Kassiterides son dez e están situadas moi próximas unhas doutras cara ao N. do porto dos Ártabros, en alta mar. Unha delas está despoboada, as demais habítanas homes vestidos de mantos negros, que levan túnicas ata os pés cinguidas arredor

Perfil estratigráfico e planta de estruturas no Castro Pequeno (López Cuevillas e Bouza Brey 1926-27: 9).

Page 89: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

88Os Castros de Neixón

do peito e que camiñan con bastóns e aseméllanse ás Furias da Traxedia. Viven preferentemente do gando, levando unha vida nómada. Ademais teñen minas de estaño e chumbo e peles que trocan cos comerciantes por cerámica, sal e obxectos de bronce. Antes, unicamente os Fenicios realizaban este comercio dende Gades, agachando a todos a ruta marítima, e cando os romanos perseguiron a certo navegante para coñeceren aqueles emporios, este, voluntariamente encalou o seu barco nuns baixos e arrastrou á mesma desgraza os que o seguían, mentres el salvávase do naufraxio e recibiu do seu goberno o prezo da carga perdida. Mais os romanos, intentándoo moitas veces, chegaron a coñecer a ruta. E cando Publio Crasso, chegando ata eles, coñeceu que os metais se podían cavar a pouca profundidade, e que a xente era pacífica, ensinou con claridade aos interesados a navegación, aínda que era máis longa que a navegación ata Bretaña. Isto é o que hai de Iberia e das illas próximas (Strabón, III, 5, 11).

Tradicionalmente as fontes clásicas eran tomadas ao pé da letra polos eruditos galegos que centraron a súa atención na problemática da minería antiga (Cornide 1790). Só será coas escavacións encetadas na década de 1920 cando se tente, por primeira vez, demostrar ou refutar a veracidade dos informes etnográficos clásicos. Será neste contexto cando se inicie a intervención de 1925 no Castro Pequeno de Neixón por parte de Bouza Brey e Cuevillas (Ayán 2005a). Nas primeiras referencias sobre achados no Castro Pequeno de Neixón aparecen xa citadas evidencias de actividade metalúrxica no poboado. Deste xeito, nas súas exploracións na Punta de Neixón, Manuel Otero atopara

Debuxo de González del Blanco no Castro Pequeno no que se cita unha capa de carbón e cobre (López Cuevillas e Bouza Brey 1926-27: 4).

Page 90: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

89 Introdución á minería no Barbanza

restos de cobre, e o académico Gil y Casal e mais o pintor González del Blanco recolleran diferentes vestixios de fundición de bronce (López Cuevillas e Bouza Brey 1926: 3). Guiados polos traballos precedentes e polos restos exhumados na súa escavación de 1925, F. Bouza Brey e F. López Cuevillas levaron a cabo unha sistematización dos restos metálicos atopados, na que incluían unha serie de paralelos tipolóxicos ao longo de Europa. Entre as pezas documentadas, todas elas feitas en bronce, destacaban un brazalete, dous colgantes bicónicos, dúas conteiras ou regatóns, unha fíbula, un anaco de crisol cerámico e un molde de fundición de machados de alvado (López Cuevillas e Bouza Brey 1926: 6, fig. 4; 33. fig. 10 e 35, fig.11).

Todas estas evidencias levan os autores a defender a existencia dun obradoiro metalúrxico ben caracterizado “pola abondosa ganga, pola poelleira metálica, qu’alí apareceu misturada con terra e aínda pol-os ouxetos asoellados, pezas cicáis destraviadas ou anacos destiñados ao crisol (Ibíd. 7) adscribible ao IV período da Idade do Bronce, debido á ausencia total de restos metalúrxicos en ferro” (Ibíd. 8). Á súa vez, a fíbula de pé recto exhumada é vista coma unha proba da chegada ao NW das poboacións célticas.

O rexistro contextualizado do Castro Pequeno de Neixón seguirá a xogar un papel sobranceiro nas décadas posteriores, sobre todo no referido á actividade metalúrxica no inicio da Idade do Ferro. Nas súas revisións do tema, Cuevillas marxina o transfondo tecnolóxico da metalurxia castrexa, limitándose practicamente á descrición formal dos restos, xa sexan fíbulas (López Cuevillas

Algúns obxectos de bronce asoellado no Castro Pequeno (López Cuevillas e Bouza Brey 1926-27: 6)

Page 91: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

90Os Castros de Neixón

1950), orfebrería (López Cuevillas 1951) ou instrumentos de traballo (López Cuevillas 1956), así coma ao establecemento de series tipolóxicas. Nesta sistematización destaca o valor histórico concedido a pezas exhumadas no Castro Pequeno de Neixón, coma o citado brazalete de bronce (López Cuevillas 1951: 59-60; Blanco Freijeiro 1957-1958: 10-11) ou a sinalada fíbula de pé recto (López Cuevillas 1950: 5-21).

De acordo coa escola histórico-cultural alemá, os obxectos metálicos son empregados coma un elemento material máis para caracterizar unha cultura arqueolóxica determinada mediante o establecemento de secuencias cronotipolóxicas dos diferentes artefactos (Aboal et. al. 2002: 67). Paradigma deste enfoque constitúeo esta cita entresacada do traballo de Cuevillas de 1950, titulado Las fíbulas castreñas y su significado etnológico (López Cuevillas 1950: 5-6):

“Venimos a reunir así nueve grupos de fíbulas, cada una de las cuales ostenta una significación propia, relacionada bien con la llegada al noroeste hispánico de las tribus celtas, bien con las creaciones peculiares de la cultura de nuestros castros, o ligado con los contactos de esta cultura con otras vecinas o con la aparición de las legiones consulares y con el sometimiento de nuestra etnos, como el comienzo de la edad del hierro, el período de desarrollo de una civilización autóctona, y el final de esta civilización que termina al mismo tiempo que acaba para nosotros la protohistoria”.

Dende esta óptica, a investigación levada a cabo remarca aínda máis a excepcionalidade do Castro Pequeno de Neixón, un verdadeiro fósil director da 1ª Idade do Ferro definido por artefactos que se amosan, á súa vez, como referentes identitarios dunha cultura, coma o exemplar único da “fíbula de pie largo, de arco seguido y resorte bilateral en el Castro Pequeño, yacimiento éste que por haber proporcionado una valva y la mitad de otra, de un molde para fundir hachas de tubo, un pedazo de una pulsera de bronce de la misma especie de las de Band y de las que abundan en la estación del Molá y en otras catalanas, y algunos fragmentos cerámicos con decoraciones hallstátticas hechas con incisiones poco profundas, tenemos que datar forzosamente en el comienzo del período de los castros” (López Cuevillas 1950: 6).

Polo tanto, constátase a permanencia en activo, nas décadas de 1940 e 1950, dunha aproximación propia da Arqueoloxía histórico-cultural, estendida tamén ao eido da Etnografía, que segue a desempeñar un rol activo na construción do coñecemento histórico nese período. Asemade, continúa asentando o mito historiográfico da Punta de Neixón na investigación protohistórica do NW (Ayán 2005a).

En 1970 reinícianse dende a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento as campañas de escavación arqueolóxica no Castro Pequeno baixo a dirección de A. Balil e F. Acuña. Todas estas intervencións, por unha banda, reafirmaron o carácter emblemático de O Castro Pequeno de Neixón, e por outro, derivaron nun lamentable

Page 92: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

91 Introdución á minería no Barbanza

baldeiro bibliográfico, xa que o coñecemento xerado por esas sucesivas campañas de escavación xamais foi publicado en condicións, agás un noticiario de tres páxinas sobre a campaña de 1973 (Acuña Castroviejo 1976). Segundo este autor (Acuña Castroviejo (1977: 250) os materiais exhumados (restos de crisois de fundición, un machado de tope de dous aneis, e anacos dun posible caldeiro de bronce semellante ao de Hío) confirmaban os achados e resultados de Cuevillas e Bouza Brey, defendendo a orixe do asentamento no Bronce Final (con todo, tamén se indica a aparición de anacos informes de ferro, sen definir o contexto estratigráfico dos achados (Acuña Castroviejo 1976: 330).

Asemade, outro arco de fíbula adscribible aos séculos VI-V. a. C. foi atopado na limpeza e reescavación de 2001 (Álvarez et al. 2005: 103, lám. 7).

En definitiva, as intervencións no Castro Pequeno ao longo do século XX puxeron de manifesto a pervivencia dunha metalurxia de bronce realmente importante nun dos primeiros poboados castrexos do país, revelándose, á súa vez, coma un enclave importante nos primeiros contactos comerciais co Mediterráneo. A riqueza en estaño desta zona de Barbanza comezaba a agromar coma un factor importante no desenvolvemento destas temperás relacións comerciais. Así o sinalaba Maluquer de Motes nas I Jornadas de Metodología Aplicada de las Ciencias Históricas, fito historiográfico sobranceiro celebrado en Santiago en 1973 (1975: 144):

“En primer lugar la práctica de nuevas excavaciones en yacimientos bien elegidos es clave para la resolución de muchos problemas. Véase si no el éxito de las excavaciones de la Universidad de Santiago en el Castro pequeño [sic] de Neixón, cuyo interés para el desarrollo de la metalurgia del bronce era bien conocido y como ha podido documentarse algo tan interesante como la presencia de mercancías fenicias del siglo VI (aryballos) de pasta vítrea. Por primera vez de modo directo e indudable obtenemos la confirmación de la presencia de mercaderes mediterráneos en el extremo NO, es decir, que en realidad tenemos la primera prueba de verdaderas navegaciones y la seguridad de que la concentración de depósitos de bronces en las áreas costeras responde a una verdadera comercialización del metal gallego”.

Vivenda circular escavada no Castro Pequeno en 1973 (Acuña Castroviejo 1976: 329).

Page 93: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

92Os Castros de Neixón

Restos metalúrxicos da Idade do Ferro, documentados no Castro Grande de Neixón (2003-2006)

A área arqueolóxica de Os Castros de Neixón está formada por dous recintos fortificados: o alcumado Castro Pequeno, emprazado no extremo da Punta, e máis cara ao interior, o Castro Grande. Neste último espazo centramos as nosas campañas de escavación dende o ano 2003. Os resultados destas intervencións amosan que este espazo foi fortificado na fase II da Idade do Ferro do NW (séculos IV-II a.C.) mediante a escavación dun foxo defensivo de 3 m de profundidade e sección en V que conforma na área SE unha entrada monumental ao recinto superior. Dentro dos foxos, ao carón deste acceso, documentamos unha serie de depósitos de recheo entre os que destaca un cuncheiro, un verquedoiro cerámico, así coma unha serie de obxectos illados que interpretamos como depósitos votivos de carácter ritual (Ayán et. al. e.p.).

Así mesmo, no interior do recinto superior do Castro Grande, na área próxima á porta SE, rexistramos unha secuencia de ocupación definida por un primeiro nivel de uso dese espazo, no que se abriron foxas escavadas no xabre con funcións de almacenaxe, e sobre o cal se ergueu posteriormente o parapeto da muralla, documentando outros dous niveis de ocupación posteriores, adscribibles tamén á fase II (séculos IV-II).

Como restos metalúrxicos asociados a estes niveis de ocupación, nas últimas campañas de escavación (Ayán e Gianotti 2007, Ayán et. al. 2005, Ayán et. al. 2005), documentamos fragmentos de

escoura, un anaco de crisol cerámico de fundición, un alfinete enrolado de bronce, a agulla dunha fíbula de bronce, dous anacos dun colgante de bronce bipenne, asociado á cerámica castrexa da Fase II e cerámica púnica. Este tipo de adornos ao xeito do colgante bipenne ten a súa orixe no Bronce Final, xeralizándose (xunto cos pendentes amorcelados, atrompetados e elipsoidais) na 1ª Idade do Ferro e con perduración até a Segunda Idade do Ferro (González Ruibal 2003: 178). Este tipo de materiais aparecen con máis profusión nos castros do litoral das Rías Baixas

Tramo escavado de foxo que cingue a entrada SE ao Castro Grande.

Page 94: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

93 Introdución á minería no Barbanza

como acontece en Santa Trega, Toralla, A Lanzada ou no Castro Pequeno de Neixón. Así pois, exemplares deste tipo de colgante bipenne teñen aparecido no xacemento de A Lanzada, en niveis revoltos (González Ruibal 2003: 177, fig. 3.38), e mesmo no Castro Pequeno de Neixón onde, nas escavacións de 1925, se documentou un exemplar, interpretado como un anaquiño de bronce que parece ser “residuo d’unha operazón de fundición” (López Cuevillas e Bouza Brey 1926: 6-7, fig. 4.4) pero que no debuxo publicado se amosa coma un colgante bipenne do estilo do documentado por nós na campaña de 2003 (Ayán e Gianotti 2007: 26-7).

Por outra banda, as mellores condicións de preservación que presentaba o cuncheiro do foxo 01 explica a aparición neste contexto de pezas metálicas perfectamente conservadas, entre as que destaca unha plaquiña perforada de bronce, un colgante de bronce, unha pequena chatola de ferro, unha escoura de ferro, outra esquirla de bronce, e unha fíbula de bronce, a primeira que aparece no Castro Grande, adscribible ao tipo de “longo travessâo sem espira”. Vencellados a procesos metalúrxicos tamén foron documentados tres crisois cerámicos para a fundición de bronce.

No recheo do interior do foxo 02 documentáronse ademais dous crisois cerámicos para fundición de bronce, unha esquirla de bronce, unha escoura do mesmo metal, catro fragmentos de escoura de ferro, unha rasqueta de ferro, unha conteira de bronce e un travesaño de bronce adscribible ao tipo de fíbula de ”longo travessâo sem espira”. Tanto a conteira coma o travesaño

conservan perfectamente o corpo interno de madeira, como así se amosa claramente a través do microscopio electrónico.

Crisois para fundición de bronce documentados no cuncheiro do tramo de foxo 01.

Page 95: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

94Os Castros de Neixón

Todos estes materiais serán publicados por un de nós (Eduardo González Gómez de Agüero) nun capítulo específico do monográfico Os Castros de Neixón, II: de espazo natural a paisaxe cultural. Serie Keltia. Editorial Toxosoutos [en preparación]) e constitúen a primeira evidencia que confirma a existencia de dúas actividades metalúrxicas coetáneas na 2ª Idade do Ferro no Castro Grande, destacando o rexistro de escouras e industria de ferro en niveis prerromanos.

Análises arqueometalúrxicas aplicadas ao rexistro do Castro Grande

Dentro do noso proxecto de investigación sobre os Castros de Neixón contemplamos unha liña de investigación en Arqueometalurxia co gallo de maximizar a información que podían fornecer os restos metálicos asoellados nas nosas escavacións no Castro Grande de Neixón, no marco actual da investigación sobre a metalurxia castrexa.

Tradicionalmente, os estudos sobre este tema centráronse no establecemento de tipoloxías de artefactos, a meirande parte deles descontextualizados ou procedentes de escavacións antigas. Este achegamento tipolóxico aderezouse nas últimas décadas con algunha análise metalográfica, mais queda aínda moito por sabermos sobre a cadea técnico-operativa da metalurxia da Idade do Ferro, sobre os procesos de produción, intercambio, uso e consumo destes bens nas sociedades castrexas. Se aínda está por facer unha Arqueoloxía da Produción (Mannoni e Giannichedda Dous detalles da fíbula de longo travesaño sen espira

documentada no cuncheiro do tramo de foxo 01.

Page 96: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

95 Introdución á minería no Barbanza

2003) para a Idade do Ferro, o mesmo podemos dicir sobre outros tres temas que se atopan no eixo da investigación actual: 1. -o desenvolvemento da metalurxia do ferro nas comunidades castrexas; 2. -a localización de explotacións mineiras da época e 3. -o transfondo social e a función simbólica da actividade metalúrxica nos castros (Aboal et. al. 2002, Fanjul e Marín 2006).

Arqueometalurxia do bronce

Mención destacada merecen dúas pezas de cerámica atopadas no vertedoiro cerámico e no cuncheiro na campaña de 2005, correspondentes a dous crisois de pequeno tamaño practicamente enteiros que presentan unha notable semellanza formal.

Este tipo de artefactos vencellados á metalurxia do bronce (os dous obxectos teñen concrecións de bronce nas paredes interiores) teñen sido documentados en diferentes xacementos castrexos, pero case sempre carentes dunha correcta contextualización estratigráfica (Naveiro 1991: 80, fig. 16). Cómpre mencionar os crisois hemiesférico e cilíndrico de Baroña, un deles cunha torta de cobre no seu interior (Luengo 1971: 260-1, fig. 11 e Lám. XVI-1), os exemplares fragmentados de Santa Trega (Carballo Arceo 1989: 60-3, fig. 36), os anacos de Troña (Hidalgo Cuñarro 1985: 22; fig. XXVIII, 5 e 6; e lám. XVIII, 2), ou os 5 crisois fragmentados de forma hemisférica do castro de Torroso (Peña Santos 1988: 348-9, fig. 3).

Malia o cativo da mostra, as dúas pezas do Castro Grande de Neixón constitúen unha notable novidade, polas súas

Microscopía electrónica practicada nun anaco de crisol recollido no cuncheiro do tramo de foxo 01 (SEM, USC).

Page 97: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

96Os Castros de Neixón

características morfolóxicas e estado de conservación. Ámbos os dous son de pequeno tamaño, de grosas e granulosas paredes de pastas grises, cincentas, con silueta en forma de tronco invertido, base plana e con pico verquedor (encadraríanse no tipo B4 de Tylecote, 1992: 24-5).

Sen dúbida respostan a un antigo modelo estandarizado de crisol (Seguindo o clásico traballo sobre a metalurxia do bronce na Idade do Ferro peninsular de A. M. Rauret Dalmau (1976: 65): los crisoles que consideramos más antiguos tienen forma cóncava en la base, y sus paredes paralelas no son excesivamente altas; acostumbran a presentar en la mayoría de los casos un pico o vertedero dispuesto en el borde, que formaría parte da cadea técnico operativa vencellada á produción de pezas de pequeno tamaño, como podería ser a fíbula de bronce atopada no mesmo contexto estratigráfico. Neste senso, presenta moitas semellanzas cos pequenos crisois atopados en Baroña, os cales foran obxecto de diferentes analíticas para recoñecer os seus compoñentes e os materiais verquidos ao seu interior (Guitián e Vázquez 1975). Os resultados daquel estudo pioneiro revelaban que nos citados crisois se fundira unha aleación ternaria (cobre, estaño e chumbo) a unha temperatura que oscilaba entre os 700 ºC - 900 ºC. Estes datos poden ser utilizados como analoxía para presentar unha hipótese válida sobre as características do proceso metalúrxico do que fomaban parte os novos crisois descubertos na campaña de 2005 no Castro Grande.

No tocante aos restos de bronce atopados na campaña 2005, levouse a cabo a análise metalográfica do exemplar de fíbula de longo travesâo sem espira PZNEI03/j000004 que apareceu nun contexto estratigráfico definido (cuncheiro no interior do foxo 01) e en perfecto estado de conservación. Esta peza resposta ás características formais definitorias deste tipo de fíbula (Fariña Busto, 1979: 30):

Cabeza formando un aro fechado, que encaixa nun entrante do travesaño.

Eixo independente que atravesa a cabeza da fíbula e o • travesaño.

Travesaño fusiforme, de seción circular, formado por dúas • pezas enlazadas deixando nun encaixe axustado á cabeza do arco.

Agulla de charnela soldada fixada no travesaño por baixo do • elemento de unión das partes laterais do travesaño.

Pé desenvolto, ancho e firme, con goteira lateral.•

DRX de mostras praticadas no anaco de crisol da figura 10 (SEM, USC).

Page 98: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

97 Introdución á minería no Barbanza

Apéndice caudal ergueito, firme e rematado maiormente nun • botón troncocónico, a semellanza do remate de determinados torques (Fariña 1979: 45-6).

As fíbulas de longo travesâo sem espira –segundo o modelo definido por J. Fortes (1905: 22)- son consideradas coma unha produción típica das comunidades castrexas do NW na 2ª Idade do Ferro, derivada de tipos precedentes e influencias externas, cun desenvolvemento entre os séculos III-I a. C. (Fariña Busto 1979). Aparece en numerosos castros litorais de Galicia, como Santa Trega (Carballo 1989: 15, fig. 6), Toralla (Cortegoso e Viñas 1996-1997: 140-2), Montealegre (Losada Diéguez 1946: 101-106, lám. XXII d) ou Alobre (Bouza Brey 1957: 83-4) sendo os exemplares documentados no castro de Borneiro (Romero Masiá 1992: 151-8, figs. 9-10) os paralelos máis cercanos, tipoloxica e xeograficamente, á peza do Castro Grande de Neixón.

A análise metalográfica efectuada a un fragmento de arco deste tipo de fíbula en Borneiro (Romero Masiá 1992: 134, n.p. 11) amosa a utilización dun bronce ternario con moita carga de estaño e chumbo. Loxicamente non podemos extrapolar este dato ás outras pezas de Borneiro nin doutros xacementos como Castro Grande, pero si que nos serve de referente sobre a tecnoloxía empregada polos artesáns destes poboados. Por outra banda, este tipo de fíbula é o máis representado no castro de Borneiro, o que nos podería falar dunha tradición local que puidera ser compartida polas poboacións castrexas do NW de Galicia.

A aparición desta peza no Castro Grande podía, xa que logo, aportar datos para axustar a cronoloxía deste tipo de fíbula, xa que se documenta nun depósito pechado, con materiais de importación e cerámicas púnicas de engobe vermello, como así acontece tamén noutros castros como Toralla ou Fozara (Cortegoso e Viñas 1996-1997: 142), onde aparecen asociadas incluso a colgantes atrompetados e arriñonados, polo que se pode retrotraer a súa cronoloxía a un século IV a. C, posibilidade que xa apuntara F. Fariña (1979: 48) e que a peza do Castro Grande semellar corroborar.

Neste senso, a fíbula foi sometida á análise –non agresiva- de dúas mostras puntuais polo Servizo Xeral de Microscopía Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela empregando tecnoloxía SEM (scanning electron microscopy). Os resultados da analítica, de carácter cuantitativo, amosa a utilización para a fabricación da peza, dunha aleación ternaria na que predomina o estaño sobre o cobre e na que aparece unha cantidade significativa de chumbo.

DRX da fíbula de longo travesaño da figura 9. Constátase o emprego dunha aleación ternaria de cobre, estaño e chumbo.

Page 99: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

98Os Castros de Neixón

Arqueometalurxia do ferro

O profesor Fernán Gómez Filgueiras, Profesor Titular da área de Ciencias dos Materiais e Enxeñería Metalúrxica da Escola Universitaria Politécnica da Universidade de A Coruña, levou a cabo un estudo integral de mostras da campaña de 2005, practicando analíticas de Difracción de raios X (DRX), Fluorescencia de raios X (FRX), Analizador E.I.R. para Carbono, xofre, etc... Esta investigación arqueometalúrxica permítenos estudar a siderometalurxia local existente no Castro Grande e contrastala cos resultados aplicados a outros xacementos castrexos (Gómez Filgueiras 2002; Aboal et al. 2002).

CÓDIGO SECTOR UR UE OBSERVACIÓNS

PZNEI03/h000002 02 1625 056 Rasqueta de ferro

PZNEI03/q000001 02 1225 034 Escoura de ferro

PZNEI03/q000002 02 1525 0524 fragmentos de escoura de ferro

PZNEI03/q000003 02 1525 055Escoura de bronce

Rexistros paleometalúrxicos de ferro analizados. Campaña 2005

Obviamente non imos reproducir aquí os aspectos máis técnicos das analíticas (O estudo arqueometalúrxico será publicado

no monográfico Os Castros de Neixón II (en preparación) a cargo do profesor Fernán Gómez Filgueiras (Universidade de A Coruña) xa que non se corresponde cun texto divulgativo destas características, mais exporemos brevemente os resultados máis interesantes. As análises das escouras amosan que no proceso metalúrxico do ferro empregouse como fundente area silícea procedente das praias da punta de Neixón, como combustible carbón vexetal, e como mineral unha limonita local tipo Gossen.

Perfil do recheo do tramo de foxo 02 que cingue a entrada SE polo N.

Page 100: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

99 Introdución á minería no Barbanza

Esta circunstancia coincide plenamente co estado actual de coñecementos da investigación arqueometalúrxica sobre a explotación do ferro en época prerromana na Península, que sinala a utilización de fornos sen sangrado de escoura no procesado do mineral (Gómez Ramos 1996, 1996a e 1999). De acordo con este investigador: “En la Península Ibérica no se han documentado por ahora grandes acumulaciones de escorias de hierro con las que sustentar la tesis de la existencia de algún centro productor prerromano. Por el contrario la frecuencia de sitios arqueológicos con pequeños restos de esta actividad junto con la diseminación y abundancia de las mineralizaciones ferruginosas remiten a una práctica siderúrgica a pequeña escala, local, dedicada al autoabastecimiento. Quizá por ello no se registran, a diferencia de lo que sucede en otras partes de Europa, hallazgos claros de lingotes de hierro, pues el ciclo se inicia y acaba en el propio taller del herrero” (Gómez Ramos 1996a: 153).

Resultado desta siderurxia local é o exemplar de rasqueta completa documentado na escavación deteriorada superficialmente por procesos de corrosión e oxidación. Coñecemos paralelos tipolóxicos semellantes atopados sempre en niveis romanizados, como é o caso dos exemplares de Santa Águeda, Quintá, Santa Trega, Borneiro ou o máis tardío de Viladonga; o mesmo acontece cos machados rexistrados nos poboados portugueses de Sanfins, Briteiros e Castelo de Paiva (Teira Brión 2003: 161-2) ou na recente peza exhumada no cuncheiro da ladeira E do castro de Montealegre (Aboal et. al. 2006: 268, lám. 1). Imitación castrexa de perfumario púnico atopada no tramo de foxo 02.

Page 101: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

100Os Castros de Neixón

A este respecto, a ausencia de machados de bronce na 2ª Idade do Ferro interprétase coma unha evidencia da súa substitucion polo ferro, aínda que non se atopase ningún exemplo contextualizado, se ben se deduce a súa existencia por datos indirectos, como o traballo de canteiría empregado na arquitectura doméstica de castros desa época. Neste contexto de baldeiro arqueolóxico, a rasqueta do Castro Grande constitúe o primeiro exemplo deste elemento da cultura material que aparece contextualizado estratigraficamente (depósito de recheo do tramo de foxo 02) e cronoloxicamente entre os séculos IV-II a. C.

O estudo metalotécnico da rasqueta de ferro (que abrangueu análises radiográficas e metalográficas) amosa unha conformación por un proceso de forxa de dúas pezas de ferro ensambladas por soldadura de forxa na que a peza da zona de enmangue solapa á peza que porta o fío. A peza foi forxada varias veces para

refacer o fío deteriorado polo uso. A súa fabricación partiu dun ferro de baixo contido en carbono obtido en forno metalúrxico, posteriormente forxado e cementado, para aumentar a súa dureza por temple, para posuír un fío resistente na peza.

A caracterización técnica e funcional desta rasqueta está en concordancia co seu proceso de fabricación. Os dous tipos de ferro que a conforman teñen unha orixe común no mesmo forno metalúrxico e afinamento por forxa, pero a peza do enmangue posteriormente só foi sometida a forxa de conformado e ensamble e a peza para o fío foi sometida posteriormente ao labor metalúrxico, de obtención e afinamento, a un proceso de forxa de conformado da barra, cementación e forxa de ensamble e conformado de fío. O emprego do ferro menos carburado para a peza de enmangue facilitou o seu forxado e soldadura coa peza do fío. A caracterización da peza de enmangue está en concordancia co tipo de escouras caracterizadas como paleosiderúrxicas semipesadas procedentes do mesmo contexto estratigráfico e cronolóxico.

Rasqueta (ou machada) de ferro documentada no tramo de foxo 02.

Radiografía da rasqueta de ferro.

Réplicas metalográficas da rasqueta de ferro: 1. zona do fío/ensamble; 2. zona do ensamble; 3. zona do enmangue.

Page 102: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

101 Introdución á minería no Barbanza

En definitiva, as mostras analizadas permiten inserir a paleosideruxia do Castro Grande de Neixón nunha etapa evolutiva da sideruxia nos primitivos fornos, dende os de tipo cheminea sen sangrado de escouras aos de tipo cuba con sangrado de escouras. Dado que as escouras e a rasqueta de ferro son até agora os únicos rexistros metalúrxicos atopados e estudados deste xacemento, non podemos aventurar máis porque o Corpus de rexistros é aínda limitado para determinarmos meirandes alcances interpretativos. Malia iso podemos reseñar algunhas consecuencias importantes.

No caso do Castro Grande de Neixón, o tipo de escouras identificadas metalurxicamente a partir dos datos das analíticas defínense como escouras semipesadas (polo seu contido medio de wustita), sendo un subproduto dunha Paleometalurxia de ferro prehistórico local. A razón deste avance cualitativo nestas escouras pode deberse a que comezaban a empregar a técnica dun leito de carbón en estado de incandescencia redutora situado no crisol do forno, co que se melloraba o nivel de redución do mineral de ferro debido a unha concentración maior de monóxido de carbono presente dentro do forno. Esta circunstancia era propiciada pola actividade do citado leito de carbón, que tamén melloraba, por unha banda, a lupia de ferro obtida e, por outra banda, facilitaba a posibilidade dunha carburación incipiente da lupia, obténdose un ferro con máis contido en carbono (como se observa no enmangue da rasqueta de ferro analisada).

Esta técnica esixe un consumo maior de carbón vexetal e de mellor calidade, cuestión esta que se pode valorar polas características e

mais a abundancia relativa do torgo nos montes naquela época, como así foi até tempos relativamente recentes en que era o tipo de carbón vexetal preferido polos artesáns metalúrxicos e ferreiros tradicionais do Norde de Galicia. En liña co anteriormente exposto, concorda a manufactura do raspador de ferro antigo atopado no mesmo xacemento e do que se fixo un estudo específico, baseado na análise radiográfica e metalográfica.

Polo tanto, podemos afirmar sen lugar a dúbidas que nos Castros de Neixón existiron obradoiros metalúrxicos na 2ª Idade do Ferro e nos que se mantiña a tradicional metalurxia do bronce coa emerxencia e espallamento da metalurxia do ferro, proceso, este último, que tivo lugar de xeito xeralizado a partir do século IV a. C.

Quédanos localizar os obradoiros, os fornos. As analíticas efectuadas ás escouras fornecen datos obxectivos -presenza de faialita e wustita- sobre a existencia en Neixón de fornos baixos de cheminea, con tragante e entradas de tobeiras, os máis comúns na meirande parte dos xacementos indíxenas do Noroeste, antes e durante a romanización. Así, documéntanse no castro de Orellán nas Médulas (León), Campa Torres (Asturias), Fazouro (Lugo) ou O Peto (Vedra, A Coruña) e as áreas de extracción de mineral (Para o caso do ferro empregado como mineral nesta netalurxia documentada no Castro Grande, sabemos polas analíticas que eran óxidos e hidróxicos de ferro, principalmente contidos nos gossen como consecuencia da oxidación en húmedo (laterización), sobre pegmatitas alteradas ou dos xacementos de piritas de ferro, acontecido no Período Terciario. No seo destes gossen, sometidos

Page 103: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

102Os Castros de Neixón

a particulares condicións de temperatura e reacións metalúrxicas dentro do forno, a wustita e a alumina formadas combínanse orixinando hercinita que pasa ás escouras. A presencia de hercinita é pois un indicio de que o mineral empregado é un gossen e ademais como a temperatura de formación estable da hercinita é de 1440ºC a 1550ºC, a súa presenza e cantidade indican que nestes fornos se teñen acadado temperaturas nos vértices ante as tobeiras, nivel térmico propiciado por unha boa técnica de soplado nos foles e un consistente leito de carbón vexetal de calidade coma o de torgo. Estas lateritas son o Gossen (Gran Bretaña) e o Chapeau de Fêr (Francia) que son un conglomerado de: hidróxidos de ferro, hidróxido de aluminio e nódulos de hematites e goetita). Para acadalo botaremos man da Etnoarqueoloxía e mais a enquisa etnográfica.

Castros, estaño e wolfram: unha ollada etnoarqueolóxica á minería contemporánea en Neixón

“En la aldea de Muradas, Bearitz [sic], Orense, al pie del monte Valcovo (= Valle Hueco, topónimo de clara significación ergológica) también se han mantenido, casi hasta hoy, los métodos prehistóricos de extracción y beneficio. En invierno, cerca de cada casa de la aldea las mujeres (el trabajo femenino no doméstico, de rancio abolengo matriarcal prerromano es constante en Galicia) profundizan en las pegmatitas estanníferas descompuestas, los pozos o galerías comenzados por los aventureros: la tierra extraída por este procedimiento primitivo es seguidamente lavada con

un tamiz, y la casiterita resultante, vendida por los paisanos”. (M. Joleaud, 1929: 134, citado en Madroñero 1994: 36).

Como comentamos anteriormente, a nosa estratexia de traballo toma como punto de partida a natureza multidimensional da Punta de Neixón, un espazo que se presenta, entre outras cousas, coma un contorno natural, unha área arqueolóxica, un espazo simbólico e unha zona de captación de recursos económicos (Ayán 2005). A confluencia destas variables derivou, ás veces, nun conflito de intereses entre as diferentes actividades desenvoltas en Neixón co gallo de maximizae a súa potencialidade mariña e mineira. Como evidencia histórica en época contemporánea reproducimos a continuación ab extenso un litixio conservado no Arquivo parroquial de S. Vicente de Cespón:

“Que ha llegado a conocimiento de los dicientes que, en esta jefatura de su digna dirección, se ha presentado solicitud de permiso de investigación de sesenta y cuatro pertenencias de mineral de Rutilo y otros, por D. José Miguens Teijeiro, vecino de Araño, Rianjo, con la denominación ‘mina Sagrario’, registrada al nº 4.438, y que sitúan en los parajes llamados Puente Beluso, Arribada, Comba y otros de las parroquias de San Pedro de Bealo y San Vicente de Cespón […]

Las pertenencias, cuyo permiso solicita, sitúanse, si no en su totalidad, sí en gran parte, en la zona costera formada por la playa que bordea los lugares que se citan en la solicitud. Esta faja de playa ha sido utilizada siempre por los exponentes, sus familiares y demás vecinos de las parroquias de Bealo, Cespón y Abanqueiro

Page 104: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

103 Introdución á minería no Barbanza

por el aprovechamiento del marisco que en ellas se cría, y que contribuye al sotenimiento, sobre todo en período de escasez, de la mayor parte de los vecinos […]

De permitirse llevar a cabo esas faenas de investigación, serían mucho más graves los perjuicios causados, que los beneficios ya porque, de un lado la playa se volvería improductiva […] y por otro lado no se lograría, como contrapartida, más que, a lo mejor, unos cuantos kilos de mineral, no de filones, sino rodado”. (Arquivo Diocesano de Santiago. San Vicente de Cespón. Varia 4. Carta de los vecinos de Cespón, Bealo y Abanquero. Al señor ingeniero jefe del Distrito Minero de A Coruña. 1960).

Por unha banda, esta solicitude constitúe, de por si, todo un testemuño de Antropoloxía Cultural para comprendermos as dinámicas socioculturais nunha comunidade rural e mariñeira galega nos anos 50/60. Neste senso, a comunidade local, para a defensa dos seus intereses tradicionais fronte ao desenvolvemento de iniciativas capitalistas foráneas, bota man do crego (de aí a conservación do documento no Arquivo Diocesano), asumindo o papel deste como intermediario válido para tratar coas instancias oficiais do Estado.

Por outra banda, vese reflectido o conflito de intereses entre a parroquia, a tradición, e as iniciativas particulares inseridas nun modelo de explotación do medio, propio dunha economía capitalista de mercado. A solicitude dos veciños será finalmente desestimada pola Jefatura del Distrito Minero de Coruña que concede permiso de investigación da mina chamada Adelina (N.

4.4381) a prol de D. José Miguéns Teijeiro (petición de 13 de abril de 1957):

“Resultando:… Alegando [os veciños] que como se deduce de la solicitud del permiso de investigación, las pertenencias o gran parte de ellas, se hallan enclavadas en la playa de Lobrigos, playa eminentemente marinera que siempre ha producido gran cantidad de mariscos cuya recolección constituye el sustento y un medio de vida para la gran mayoría de las familias de las citadas parroquias, y que de permitirse la realización de los trabajos de investigación aquellas quedarían privadas del producto de la playa porque se removerian las arenas causando la muerte del marisco […] que si de un lado pueden realizarse las calicatas o excavaciones que ya vienen haciéndose en terrenos de dominio público, dentro de ciertos límites, debe preceder el conocimiento de la autoridad local, sin que baste la simple autorización de la comandancia de Marina […] El ingeniero-jefe que suscribe ACUERDA desestimar la oposición formulada por vecinos de las parroquias de Cespón, Bealo y Abanqueiro en el Ayuntamiento de Boiro. (Sello de saída, 9 de novembro de 1960)”.

Este litixio (Arquivo Dicocesano de Santiago. S. Vicente de Cespón. Varia 4. Resolución de la Jefatura del Distrito Minero de Coruña. 1960) confirma a potencialidade mineralóxica e metalúrxica da zona, un aspecto xeolóxico que condicionou o devalar histórico da Punta de Neixón. A análise xeomorfolóxica realizada permite identificar as áreas de captación destes recursos presumiblemente utilizados polos habitantes dos Castros de Neixón. A este respecto,

Page 105: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

104Os Castros de Neixón

a zona máis cercana concrétase en Vidres, a escasos metros do Castro Grande, na que se desenvolveu unha explotación de estaño na postguerra, da que quedan numerosos restos (a estudar dende o punto de vista da Arqueoloxía industrial).

No ano oficial da recuperación da Memoria Histórica iniciamos esta liña de traballo en Historia Oral, con gravacións audiovisuais das entrevistas levadas a cabo aos nosos informantes, que servirán de complemento á investigación paleometalúrxica comezada en 2005 (reproducimos como a continuación algúns destes testemuños referidos a Vidres (o noso traballo tamén tratou a explotación mineira de Lampón, Boiro e a grande mina de Sanfins, Lousame).

Este estudo de Historia Oral, complementado cos datos xeomorfolóxicos, a análise da microtoponimia, baldeirado de documentación histórica (Sánchez 2006) e a inspeción visual dese espazo de Vidres, remítennos a unha explotación estannífera (na parroquia o termo empregado para referirse ao estaño é o de escoria) nas praias do antigo porto de Vidres (espazo no que se conserva o microtopónimo de Os Fornos). Polo de agora podemos afirmar que se trata da área máis próxima aos Castros de Neixón na que se documenta este mineral. A outra zona próxima vén sendo a zona de O Confurco, na que se abastecían de granito as parroquias da zona (incluía a de Cespón). O granito de dúas micas de Confurco é o xerador dunha mineralización Estaño-wolframio filonianas como a coñecida mina Esperanza en Moimenta explotada dende os anos 40 (Ruiz Mora 1982: 599, 613-4).

Figura 151. Regatón de bronce e peza de madeira interna, recuperados no tramo de foxo 02 (campaña 2006).

Detalle do interior do regatón, unha vez

retirada a peza de madeira.

Page 106: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

105 Introdución á minería no Barbanza

Pola contra, a explotación de Vidres era de tipo aluvial, secundario, na que se beneficiaban as praias mineralizadas con casiterita procedente da erosión de depósitos primarios ubicados no interior. Deste xeito, podemos incluílo no tipo de xacemento de estaño detrítico-cuaternario (seguindo a tipoloxía establecia por

Gonzalo e Gracia 1985: 273-4): “Sus tonelajes suelen ser muy bajos, como sus leyes, aunque la variabilidad de estas pueden dar lugar a zonas bastante ricas para el grado de dificultad de su beneficio, con contenidos superiores a 1 Kg de casiterta por Tm. A pesar de ser criaderos en general poco relevantes debido a sus dimensiones, han sido siempre muy intensamente explotados por la facilidad que comporta su tratamiento, y en ocasiones han llegado a ser fuente de la mayoría del estaño de producción nacional. Normalmente son minas pequeñas, de ámbito familiar, y con una tecnología muy arcaica, basada sobre todo en el lavado de los materiales en Jigs ó mesas ‘gallegas’ ó wilfley (batea en otros tiempos)” (Corral e Plaza 1985: 278).Trátase do sistema de extración máis sinxelo e doado, xa que non esixe un gran investimento tecnolóxico, podendo realizarse o traballo mediante un lavado manual do mineral.

De feito, a investigación sobre a metalurxia prerromana, de acordo coas noticias clásicas, considera que as comunidades da Idade do Bronce e mailos habitantes dos castros terían explotado os praceres fluviais e os xacementos secundarios (tanto de ouro, como cobre e estaño) segundo este sistema, dando lugar a unha actividade que apenas deixa evidencias materiais (Luzón 1983: 217; Sánchez Palencia 1983: 33-6; Domergue 1990: 151; González García 2003: 136-40).

Coa nosa investigación etnoarqueolóxica (encetada en Galicia para a explotación tradicional do ouro en praceres fluviais por Vázquez Varela, 2000: 33-50) formulamos a posibilidade de que esta zona

Visión baixo lupa binocular 16x da peza de madeira interna doutro travesaño de fíbula localizado no tramo de foxo 02 (campaña 2006).

Page 107: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

106Os Castros de Neixón

de Vidres fose a área de aprovisionamento de estaño dos Castros de Neixón (pola súa proximidade e facilidade de tratamento e procesado) e o espazo no que se levaba a cabo a primeira fase da cadea técnico-operativa da metalurxia do bronce, documentada tanto no Castro Pequeno coma no Castro Grande.

Explotación mineira de Vidres (Neixón, Cespón, Boiro)

María García Fiz, 63 anos, aldea de Nine (data da gravación: 10 de agosto de 2006):

“Eu aí non traballei pero aí traballaba meu irmán o máis vello, tiña 16 anos, e eu acórdome que aí ibamos coas outras rapazas á escoria a collela e reñíannos pola coller e se xuntabamos medio quiliño dela porque naqueles tempos facía moita falta pois vendíamoslla ao señor por un real ou por dous patacóns, eran cousas de rapaces. Meu irmán contaba que traballaban moito porque todo era a base dunha cousa e outra e que ganaban moi pouco; despois el marchou de alí porque ganábase tan pouco, e despois xa se empezou a desface-la cousa e xa quedou en nada, quedou todo arruinado.

Aí eso empezou a cousa ao principio cando había… viña o mar para arriba e lavaba a area e aí empezou a aparecer esas pedriñas negras e empezaron a decir a xente deu en dicir

Hai escoria en Vidres!, escoria en Vidres!

E despois empezou a xente a ir a ela pero non había, non era escoria, que non era estaño nin iso que non había a quen vender

e foi despois cando este señor de aquí que lle chamaban Evaristo que morreu e se encargou non sei por mediación de quen e foi cando fixo esa empresiña pequena, que non era nada, eran dez personas pouca cousa era”.

Baldomero Cespón Teira, aldea de Nine, 83 anos (data de gravación: 11 de agosto de 2006):

“A mina esa comenzouse a explotar no ano 47, 48, de aí sacábase estaño, había unhas pepitas pero moi pouquiñas de ouro, que aparecían e a xente íbaas camuflando como podía e o encargado mandounos, chamábase don Rafael Bielsa, o encargado, que era andaluz, mandounos facer catas polo monte para facer muestras e alá onda os castros pola parte de acá pola beira do mar, alí había moita escoria e moito estaño, pero alí non puidemos continuar porque encontramos unha parede como as que hai ahora nos castros pequenos, unha parede ben feitiña e dixémoslle a don Rafael, alí apareceu esto, e el dixo esperar esperar que vou eu a mirar eso e cando o viu dixo

Tapar, tapar. Aquí no tocarle que esto pertenece al Ministerio de Cultura.

Nós chamámoslle o escorial de Vidres, sacábase moita escoria, durmía o encargado nunha casa e traíase o material todo para aí, toda a escoria iba para aí e despois había un tal Parga Moure que era o que o levaba para fundir e quedou a 20 % de escoria, de estaño logo, pero tamén saía estaño puro, moi fino, había un lavadero con motor nós chamabámoslle unha cartagenera que

Page 108: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

107 Introdución á minería no Barbanza

había que estar a apalancoar aquela terra esa, e había un fulano sempre subido no chisme ese a traballar.

Había unhas ancarellas, unhas parigüelas, e entre dous acarrexábase a terra para o lavadero, despois o grueso tirábase con el, e o fino pasaba á cartagenera esa para manipulalo, para aquelar, á noite separábase o estaño a unha parte, e a escoria a outra. Lavábase e cando viña o embarcamento embarcábase para onde fora. Nunha ocasión veu tamén A Cambocha de Boiro (embarcación citada por B. Máiz no seu estudo sobre as embarcacións de pasaxe nas rías galegas (2000: 98-100) que traficaba moito no asunto do contrabando de estaño e tocoume a min de guardia, facíase a guardia de noite moitas veces e veu para aí en barriles dun cántaro, todos fondados, e non sabían o que era, pero eu sóubeno ¡era estaño! Viña para aí para mandar para onde mandaban o estaño de aquí, e díxome o encargado que era andaluz, falaba en castellano:

Baldomero te toca de guardia, eh! toma la escopeta, antes de que te encañonen, encañona.

Bueno, eu senteime no monte. Xa podían levar a caseta e mais o estaño que non me preocupei de nada… non apareceu ninguién por alí.

Había estaño e escoria, wolfram non había. A escoria quedaba ao 20 % de estaño, ao fundila de novo, e despois había estaño puro, unha cousa moi finiña. O lavadero era unha mesa que iba correndo, e iba caíndo a terra e quedaba o estaño. Tamén había

unhas pepitas de ouro, unha insignificancia de nada. Eu encontrei unha cousa pouquiña que era coma pouco máis que unha area destas, pero era pesada e trouxena para casa e dínlla á miña mai. E será ouro? -Eu non sei, -e levouna a Boiro e déronlle 30 pesos por ela. Pero desas non apareceron máis.

Ubicación da explotación de estaño de Vidres (Google Earth).

Page 109: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

108Os Castros de Neixón

Sacábano por mar, para Villagarcía, aí na plaia de Vidres, onde salía o propio material. Botariamos de dous a tres anos traballando. Despois empezou a escasear máis. Despois o encargado díxonos que despois iriamos a Barraña, na plaia esa que tamén había muestras de estaño, en Boiro, pero como non deixaron, pois acabouse e desapareceu todo.

Seriamos aproximadamente, algúns xa morreron, 14 ou 15 personas entre homes e mulleres. As mulleres acarrexaban parigüelas, terra tamén para o lavadero, outras paleaban tamén, os homes cavaban con azadóns, con picochas. Cobrábase sobre 25 pesetas, cinco pesos, daquela, non había seguro de ningunha clase.

A Lousame foramos a roubar wolfram a Sanfins, sacabamo-la terra en sacos, e ibamos lavala ao río. Daquela levabamos palizas da guardia civil. Aquelo fora naqueles tempos cando fora a Guerra Mundial, e vendiámolo no estraperlo. Se nos pescaba a Guardia Civil ganabas unha malleira e requisábannos a ferramenta que quedaba no cuartel. Andamos centos de personas ao wolfram.

Hai un sitio aí ao lado de Vidres conocido polos Fornos que decían os vellos de antes, aí o lado de onde apareceron as escorias esas. Onde está o muelle. O norte do muelle chámase A Pedra de Sar pero un pouquiño para acá é a pedra dos Fornos.

Ese estaño que veu da Cambocha de Boiro era de estraperlo, por eso viña escondido. Algúns disque iban de noite a roubar. Casualmente onde apareceu ese muro houbo xente a sacar a escoria esa que deixaramos nós alí.

O traballo era normal, oito ou nove horas. Pagábannos por día, 25 pesetas de sueldo”.

María Cespón Teira, aldea de Nine (data da gravación 10 de agosto de 2006):

“Traballei en Vidres no 49. O traballo consistía en que os homes cavaban terra e nós catro mulleres que habia alí carrexabámola para arriba á lavadora, nós non puidemos nunca colle-la lavadora. Sacaban escoria, iba á lavadora e dispois sacaban escoria non sei a que a destinaban, o jefe era un andaluz que vivía alí na aldea con dúas fillas. A xente que traballaba toda era de aquí, aquí traballaban María Cespón Sánchez, Pura Muñiz, Fernando Miranda Muñiz, María Sánchez Otero, Baldomero Cespón Teira, José Piñeiro e Manuel García.

Fotografía aérea de Vidres e Os Fornos (Google Earth).

Page 110: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

109 Introdución á minería no Barbanza

Chamábanlle escoria pero non sei en que consistía eso. Primeiro sacárona do monte, e despois sacárona da plaia, ao primeiro non querían pero despois decidíronse a sacala da plaia. Onde ves o depósito sacabámola debaixo, da parte do sur. Levabámola nas ancarellas, á máquina para lavar. Cando tiñan que chicar para o depósito. A bomba estaba continua, pero tiñan que poñela no mar cando estaba a plaiamar para chicar para o depósito.

Era un señor que veu que lle chamaban o andaluz, era o encargado. Nós non vimos nunca aquí a outra persona que non fora el. Almacenaba o material na casa esa. Logo as venidas foron traendo area e terra, logo, unha do monte e outra da praia, e foron tapando, ademais eso quedou como aquí no sarso, a plaia toda do sur, quedou todo limpo, todo todo.

Eso era unha cousa pobre. Traballabamos unhas dez personas. Tiña así coma unha palanca, unhos fuelles, para subir e baixar.

Levabamo-la terra para arriba, despois paleaban ás pineiras esas, dábanlle a pineirar e quedaba a escoria. A agua iba ao depósito e dispois do depósito iba ao outro tubo que iba á peneira. A agua caía na pineira e axudaba a pineirar”.

José España Muñiz, aldea de Nine, 59 anos (data da gravación: 11 de agosto de 2006):

“Eu daquela, cando se empezou aquí a mina de Vidres, viñera un señor de Murcia, con dúas fillas, chamábase don Rafael Bielsa, vivían na nosa casa aquí en Neixón, entonces papá era o guardián de aí, e según nos decía papá, nós eramos pequenos, ata o ano

50 aproximadamente alí había escoria que logo se fundía que viñan pedras negras e decían que co wolfram da mina de Sanfins despois se fundía eso, iba despois para os cañóns dos morteros e de eso. Aquí sacouse bastante escoura desa. Había unha caseta embaixo, ten estado chea, había un lavadero en Vidres onde traballaban quince ou vinte personas no lavadero. Dispois viñan, collíano e levábano en barcos para Vilagarcía. En Vilagarcía cargábano e levábano para fundir co wolfram para eso dos cañóns e que estuveron inda moi ben de tempo.

Inda está hoxe o lavadero, aínda está aí o tanque e a tubería onde se enganchaba para o lavadero. E despois eso acabouse, pero dalí xa botaría uns dez ou catorce anos por agotamiento de filón, pero aquí o jefe ese, o señor Rafael Bielsa, marchou e logo volveu outra vez, volveron a intentalo, xa tiña eu doce ou catorce anos, e sacaron aínda bastante estaño, que iban pedras en lingotes, aínda se ven aí que están cubertos de silvas, matoxos e cousas así, se vai e se escarva aínda están as covas, non ten pozos, pozos non, pero covas fondas si, de cinco metros de fondo, pero bastante fondo, os filóns así sacando, bastante pero bastante fondos. Hoxe está cuberto; é unha cousa que se acabou.

Hai moitos anos que foi xa. A Vilagarcía levábano desde o porto de Vidres. Efectivamente, o estaño procedente de Lousame e explotacións da contorna levábase a Carril. Como sinalou no seu día E. Carré Aldao (1980a: 800): En Taragoña, después de un largo viaje por entre montes, se reúne el mineral de estaño procedente de las minas de Lousame (partido de Noya) y se hace el envío en

Page 111: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

110Os Castros de Neixón

grandes barcazas al vecino puerto de Carril (Pontevedra) para su preparación y exportación a Inglaterra. Para Carril e Vilagarcía. Outras veces viñan coches tamén, que xa había coches daquela. O porto era Vidres. O porto de Vidres era o abrigo que tiñamos nós; ahora non, ahora cando se abreu a vía rápida pasouse para onde está ahora. O porto dos mariñeiros era o porto de Vidres, de sempre. Os barcos a vela, as dornas, os balandros estaban no porto de Vidres, non había aquí outro porto. Solamente había do Bodión a Vilagarcía unha motora de pasaje, o Cardona de Vigo, esa empresa de Vigo. Embarcadoiro no que salía o barco do señor Emilio, Blanquiño de Taragoña, de aquí chamábamoslle os Fornos, ese era a motora que había, Blanquiño, motora a vela primeiro e despois meteulle motor, Blanquiño de Taragoña, era o transporte que había a Vilagarcía. Era eu moi pequeno, tería aproximadamente eu tería sete anos, pero a motora era de antes. Despois veu outra motora que lle fixo a competición, dos Fornos a Villagarcía, onde iba toda a xente de aquí para buscar arroz, aceites, de todo, para Villagarcía, que aquí non había, chamánbanlle A Ría de Beluso, xa era unha motora, cun motor de 24 cabalos, e iba e viña facéndolle xa a competencia ás outras. Ao porto chámanlle Os Fornos, entre Pedra de Sar e Vidres.

Pedra de Sar é este varadero que nos fixo Costas e a Xunta. A pedra que fixeron para a ponte de Beluso coa vía rápida, veu para aquí que non tiñamos onde amarrar, para os barquiños de aquí.

A Pedra dos Fornos que sae para fóra que debaixo hai unha fonte que non seca nunca, esa fonte non seca nunca, aí era onde se

embarcaba sempre para ir á festa a Rianxo, á Guadalupe. Xa antes, papá e Belarmino Vilas a pasar xente en dous barquiños a vela a pasar a xente para a Rianxo. Daquela había un espigón pequeno. O muelle de Sete Fogas. Iban dous barquiños de aquí apara Rianxo e para Taragoña. Estouche falando do ano 47, 50.

E inda me acordo. Os Castros estaban cando eu era rapaz pequeno, as murallas estábanche a un metro e dous e tres metros de alto. Daquela estaba todo cuberto. Íbase á pedra ao monte, daquela, no ano 55, e íbase cos carros, esto foi unha cousa... cerráronse moitas hortas coas pedras dos castros. Daquela non se

Vista cara ao N da explotación de Vidres.

Page 112: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

111 Introdución á minería no Barbanza

lle daba importancia, como ahora. Se daquela fora hoxe, entonces eso estaría como están en moitos sitios.

Os Fornos eso era un embarcadoiro natural; é unha pedra que che sale para a fóra, daquela tiña moito máis cantil, agora hai moito fango. O cargadeiro era Os Fornos. Vidres era o puerto dos barcos marisqueiros e pesqueiros de aquí. O portiño ese dos Fornos era o porto cando viña a motora de pasaje para Taragoña e Vilagarcía. Os pais do meu pai xa lle chamaban Os Fornos. Xa un cuñado de meu pai e un abuelo de meu pai cando marcharon para a Argentina, cando viñeran á casa viñan á prai de Vidres. Segundo contaban viña xa de atrás, era o único sitio que tiñamos aquí para embarcadeiro, era os Fornos.

A habitación da escoria, eso era cando sacaban a escoria de alí. Inda hoxendía lle chaman o cuarto da escoria. Era o nombre que lle daban aquí era escoria, pero era estaño sen fundir. Dispois levábase e fundíase, según decían mezclábase co wolfram para os cañóns. Na postguerra aí ten estado cheo hasta arriba. Leváse a cargar para Villagarcía e Carril. Papá tiña un barco, unha dorna, gamela, e levaba para Villagarcía.

Os homes cavaban e as mulleres estaban no lavadeiro. Aí traballarían, serían unhas quince ou vinte personas, todas eran de por aquí. Xa máis tarde comenzouse a cavar tamén en Bealo,

Ruínas do depósito da explotación de estaño de Vidres.

Vista xeral das estruturas arruinadas vencelladas á explotación de Vidres. Vista ao SW.

Page 113: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

112Os Castros de Neixón

pero non deu como aquí. Dispois acabouse, e marcharon por agotamento do filón.

Daquela aquí as mulleres traballaban… e non eran oito horas como ahora… igual traballaan de rompe-lo día hasta a noite, como se suele decir Leña al manzano! e a traballar outra vez.

En Vidres había o tanque que tiraron con el. Recórdome moito que é unha cousa para lle decir á xente. Antes cando eu era rapaz collíanse xestas, os tranchos, ibamos dous ou tres e ibamos polos peixes, e agora non hai un.

Había unha caseta onde estaba o guardián, que era meu pai, despois había outro departamento onde se guardaba a escoria, bueno, o estaño, iban pedras para ir á fundición. E despois nós os rapaces íbamos á escoria, ibamosche andando, íbamos ás pedriñas, cun cestiño e logo vendiámosllas ao señor Bielsa e nos daban 3 pesetas, 10 pesetas, no ano 53-54, que xa eran cartos daquela, teño eu agora 59 anos. Colliámo-los cestiños de aros e levabámosllos cheos e o pesaba o señor Rafael e compraba. E despois outro día ibamos á escombreira, e volviamos á plaia. Nunca nos berraban. Nunca nadie nos dicía nada. Era unha marabilla daquela, arre carallo!

Había un depósito alto, que a base aínda está. Ese depósito era o que lle dá agua ao lavadero. A tubería sería de 12 centímetros de diámetro tería, e chicaba para o lavadero. Según me parece inda deben de estar, arriba na pedra, os enganches do cemento onde estaba acoplada a tubería, para a parte do sur da plaia. Eso si.

Pois era eu rapaz, non che podo decir nada do contrabando.

Andaban picando nas pedras, e dispois iban ao lavadero. Viñan as pedras xa medio desfeitas, porque che eran como seixo, como o ensarso, pero a escoria xa viña co color negro, que viñan en carretas de madeira, e botábana á cinta e despois pineirábana. Estaban as mulleres dun lado e do outro collendo as pedriñas do estaño, dun lado e do outro.

María Rosa Cespón Sánchez, 78 anos, Nine (data da gravación; 9 de agosto de 2006):

Traballamos moito tempo alí, a lava-la terra, e a coller terra na plaia cando estaba o mar baixo e había un lavadero para lavala. A escoria mandábana para Villagarcía. Eu sei que era Don Rafael Bielsa, era o capataz, o que nos pagaba e facía caso da xente. Eramos todos de por aquí. O home ese era andaluz, era de Andalucía. Andabamos moitos, algúns xa morreron. Eu tería corenta anos. Andaban os homes a remesar a terra con picarañas, e as mulleres andabamos cunha parigüelas para subila a lavala, e o que quedaba dispois analizábano, que era escoria, lle chamaban escoria. Eran unhos lavaderos, cunhas pineiras. Pasaba a terra miudiña esa polas cartageneras e dispois pasábase por alí e volvíase a lavar. Había un motor que chupaba a agua do mar para lavar a terra esa. Para colle-la terra no monte e despois baixabamos á beira da plaia cando baixaba o mar. Fomos a analiza-la terra, ibamos con palanganas polas plaias, ao Budión, alí non se atopaba nada, fomos tamén a cerca da mina de Sanfins, no monte que lle chamaban o monte de Farexas. O jefe chamábase don

Page 114: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

113 Introdución á minería no Barbanza

Rafael Bielsa el era andaluz, el collía aí iso e despois o mandaba para Villagarcía. O sueldo daquela non me acordo. Pagábannos ao mes por oito horas de traballo tódolos días de luns a viernes”.

Consecuencias

A acción do home sobre a Punta de Neixón mudou totalmente a paisaxe. A construción do Castro Pequeno conlevou efectos drásticos como a destrución das cristas rochosas, unha fonda modificación do solo, un inxente movemento e transporte de material. Asemade tróuxose material alóctono para a realización

de murallas e foxos e amortízanse os blocos desprendidos dos cantís para os zócalos e paredes das vivendas.

Estes cambios na paisaxe de Neixón tradúcense nunha nova configuración do espazo vivido, que xera unha transformación directa da paisaxe e provoca sinais materiais, que chegan até a paisaxe actual, e que son o resultado do impacto antrópico sobre este medio. Un impacto que é consecuencia directa dun perfecto coñecemento das áreas de extración de materiais e das zonas de captación de recursos. Se atendemos ao pouco que sabemos

Inscrición nunha caseta da explotación de Vidres: pódese ler NEIXÓN 1937.

Na praia recollíase area que era peneirada e lavada para beneficiar nódulos de casiterita.

Page 115: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

114Os Castros de Neixón

das escavacións no Castro Pequeno, este poboado pasou por diferentes fases habitacionais, nas que a unhas cabanas circulares erguidas con materiais perecedoiros seguíronlles outras con zócalo de pedra e paredes de pallabarro. Como material asociado apareceron evidencias dunha importante actividade metalúrxica de bronce, dunha prática marisqueira de carácter sistemático, así como muíños naviformes e ornamentos de influencia centroeuropea e mediterránea.

Estas manifestacións materiais poñen en riba da mesa unha serie de preguntas que tentan ampliar o noso coñecemento dese impacto antrópico sobre o medio, do que implicou na paisaxe e no territorio o Castro Pequeno e posteriormente o erguemento do Castro Grande:

Pregunta 1: Se a punta é rochosa, de onde veu a terra para facer o parapeto?

Pregunta 2: Cales eran as áreas de extracción de material pétreo para a construción dos zócalos das casas e dos útiles líticos?

Pregunta 3: Onde extraían o cobre e o estaño para facer o bronce?

A estratexia de investigación interdisciplinar desenvolta polo noso equipo de traballo tentou reconstruir a área de captación de recursos deste primeiro asentamento –aplicando o modelo chantado pola Arqueoloxía funcionalista no seu día– aplicando análises edafolóxicas, xeomorfolóxicas, paleometalúrxicas, malacolóxicas... que forneceron datos para comezar a respostar ás citadas preguntas.

Primeira resposta: as comunidades castrexas do Castro Pequeno e do Castro Grande tiveron que fornecerse de materiais sedimentarios para erguer o parapeto procedentes dunha área na que existisen aportes desa natureza. En toda a Punta non se observan cantís de orixe sedimentaria, a excepción do localizado entre o antigo porto de Vidres e a desembocadura do río Beluso, na área de explotación mineira dos anos 40 e 50. Desenvólvese, sobre rocha de natureza metamórfica, un depósito coluvial, que está recheando unha pequena valgada, no que tan só se diferencia un nivel basal, que corta o substrato, composto por gravas e cantos subredondeados de seixo e xisto, dispostos coa orientación da pendente, e sobre este un material sen estrutura definida de cores amarelas e roxizas e natureza areo-limosa, no que se misturan abundantes gravas heteroxéneas tanto en natureza coma en forma. Ademais, neste sector non se atoparon exemplos similares, o que parece reflectir que este sexa unha acumulación moi puntual, na que a parte máis masiva do depósito, resposte a unha orixe controlada pola actividade antrópica, máis que a procesos naturais -continentais ou litorais (Costas Casais 2006).

Segunda resposta: o material pétreo empregado nos zócalos das cabanas correspondentes a unha hipotética segunda fase de ocupación do Castro Pequeno proveñen da extracción directa do sustrato de pegmatita e xisto da Punta e dos blocos existentes nas calas da vertente SO. Por outra banda, semella evidente que o granito de máis calidade empregado para a fabricación dos muíños naviformes tamén procedeu dunha zona allea á Punta de Neixón. Neste senso, a información fornecida por habitantes das aldeas

Page 116: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

115 Introdución á minería no Barbanza

de Vidres e Nine permitíronnos saber que o material construtivo empregado nas casas tradicionais procedía efectivamente das calas e praias de Neixón, a onde ían eles mesmos de pequenos, a recoller os bloques de xisto desprendidos dos cantís, mentres que o granito empregado nos esquinais ou en casas de meirande capacidade económica procedía de canteiras foráneas coma a de Confurco (parroquia de Macenda, ao NW de Cespón).

Terceira resposta: os estudos tipolóxicos das pezas metalúrxicas do Castro Pequeno nunca foron acompañados de análises arqueolóxicas que precurasen saber se os minerais empregados nesa metalurxia local eran de orixe alóctona ou procedían do contorno inmediato do Castro Pequeno. A nosa investigación etnoarqueolóxica desenvolta nesta campaña de 2006 permitiu localizar un xacemento de estaño, na ladeira E de Vidres e na praia anexa, que fora sistematicamente explotado a finais dos anos 1940 e durante a década dos ano 50. Así mesmo, contamos con referencias sobre o achado de muros de cachotería e abundante cantidade de escoura nas cercanías do Castro Grande.

Se ubicamos na cartografía estas áreas potenciais de captación de recursos do Castro Pequeno (o que os arqueólogos funcionalistas anglosaxóns denominaban o Site Catchment Analysis) vemos claramente que se ubican nun radio que non chega aos 2 km de distancia. Se a iso lle unimos a proximidade a mananciais de auga e a doada defensibilidade do extremo da Punta de Neixón, temos un panorama que nos explica o óptimo emprazamento do Castro Pequeno e as posibles causas da súa elección como

espazo habitacional. O posterior erguemento do recinto do Castro Grande explícase en parte pola súa meirande proximidade aos recursos mineiros.

Paseniño, estamos vendo que esta potencialidade mineira, o acceso ao estaño e a presenza dunha longa tradición metalúrxica de bronce son variables que explican o papel importante da área de Neixón no contexto dos contactos comerciais cos navegantes mediterráneos na segunda Idade do Ferro. A documentación de abundante material cerámico cartaxinés e íbero-púnico nas escavacións do Castro Grande, así como restos (datables e

Corte estratigráfico ao carón da praia de Vidres. Depósito coluvial.

Page 117: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

116Os Castros de Neixón

contextualizados) de todo un proceso metalúrxico (escouras, crisois, produtos finais) semellan corroborar as importantes relacións comerciais sinaladas nas fontes clásicas (Ademais teñen minas de estaño e chumbo e peles que trocan cos comerciantes por cerámica, sal e obxectos de bronce (Strabon, III, 5, 11), que tiveron que incidir notablemente na vida cotiá dos habitantes de Neixón.

En definitiva, a investigación arqueometalúrxica e etnoarqueolóxica aquí presentada contribuiu a respostar provisionalmente esta última pregunta, e a fornecer novos interrogantes que agardamos poidan ser debatidos en sucesivas reedicións desta interesante e necesaria iniciativa materializada nestas xornadas de Introdución á minería no Barbanza.

Agradecementos

A toda a xente de Nine e Cespón, de quen seguimos aprendendo.

Bibliografía

Aboal Fernández, R., Ayán Vila, X. M. e Prieto Martínez, Mª. P. 2002. Arqueología en la ACEGA 2: el área arqueológica de O Peto (Vedra, A Coruña). CAPA (Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio), 17. Santiago: IEGPS (CSIC-XuGa).

Aboal Fernández, R., Castro Hierro, V., González Ruibal, A. e Rodríguez Martínez, R. 2006. Outros obxectos. En Aboal Fernández, R. Castro Hierro, V. (coords.). O castro de Montealegre (Moaña, Pontevedra): 261-74. Serie Keltia, 37. Noia: Toxosoutos.

Acuña Castroviejo, F. 1976. Excavaciones en el castro de O Neixón. Campaña de 1973. Noticiario Arqueológico Hispánico. Prehistoria, 5: 325-30. Madrid.

Acuña Castroviejo, F. 1977. Panorama de la Cultura Castrexa en el NO de la Península Ibérica. Bracara Augusta, XXXI: 235-53. Braga.

Acuña Castroviejo, F. 1998. As escavaciós galego-portuguesas no mundo castrexo no contexto dos intercambios culturais e científicos neste séculos. Cadernos do Museo Muncipal de Penafiel 2. Homenagem a C. A. Ferreira de Almeida: 29-36. Penafiel.

Agrafoxo Pérez, X. 2002. Memorias do Franquismo. A época do wolfram en Lousame, a corporación de Noia en Meirás. Noia: Toxosoutos.

Álvarez González, Y.; López González, F. e López Marcos, M. 2005. Recuperación e posta en valor do conxunto arqueolóxico dos Castros de Neixón. En Ayán Vila, X. M. (Coord.): Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña). A recuperación dende a Arqueoloxía dun espazo social e patrimonial: 93-123. Serie Keltia, 30. Noia: Toxosoutos..

Page 118: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

117 Introdución á minería no Barbanza

Ayán Vila, X. M. (Coord.). 2005. Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña). A recuperación dende a Arqueoloxía dun espazo social e patrimonial. Serie Keltia, 30. Noia: Toxosoutos.

Ayán Vila, X. M. 2005a. Arqueoloxía de Os Castros de Neixón: revisión crítica dun mito historiográfico. En Ayán Vila, X. M. (coord.): Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña): 53-89. Serie Keltia 30. Noia: Toxosoutos.

Ayán Vila, X. M. e Gianotti García, C. 2007. Escavación arqueolóxica no Castro Grande de Neixón (Boiro, A Coruña). Campaña 2003. CAPA (Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio), 21. Santiago: IEGPS, CSIC-Xunta de Galicia.

Ayán Vila, X. M. (dir.); Gianotti García, C.; González Pérez, L. y Arizaga Castro, Á. 2005. Avance de resultados da escavación arqueolóxica no Castro Grande de Neixón. Campaña de 2003. En Ayán Vila, X. M. 2005. Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña): 127-161. Serie Keltia 30. Noia: Edición Toxosoutos.

Ayán Vila, X. M. (dir.); González Ruibal, A.; Rodríguez Martínez, R. Mª; González Pérez, L. y Arizaga Castro, Á. 2005. Avance de resultados da escavación arqueolóxica no Castro Grande de Neixón. Campaña de 2004. En Ayán Vila, X. M. 2005. Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña): 165-229. Serie Keltia 30. Noia: Edición Toxosoutos.

Ayán Vila, X. M., Rodríguez Martínez, R. Mª., González Ruibal, A., González Pérez, L., Arizaga Castro, Á. y Franco Fernández, M. A. (e.p.). Un espacio monumental de la 2ª Edad del Hierro: el acceso SE al recinto superior del Castro Grande de Neixón (Boiro, A Coruña). En Fanjul Peraza, A. (coord.): Arqueología de los Castros de Teverga (Asturias). Tudela: Universidad de Navarra.

Ayán Vila, X. M., González Pérez, L., Arizaga Castro, Á e Bóveda López, Mª. M. 2007. O campo de traballo dos Castros de Neixón (Boiro, A Coruña): balance e análise crítica dun proxecto de Xestión Integral do Patrimonio (2003-2006). En Actas do IV Congreso de Musealización de xacementos arqueolóxicos: 261-8. Santiago: Xunta de Galicia.

Bettencourt, A. M.S. 2000. O Povoado de San Juliâo, Vila Verde, Norte de Portugal, nos finais da Idade do Bronze e na transiçâo para a Idade do Ferro. Cadernos de Aerqueologia. Monografías, 10. Braga.

Blanco Freijeiro, A. 1957-1958. Origen y relaciones de la orfebrería castreña. Cuadernos de Estudios Gallegos 36: 5-28; 37: 267-301. Santiago: IEGPS.

Bouza Brey, F. 1957. O castro de Alobre e os contactos antre a Bretaña e a Galiza na época romana. Homenaxe a Florentino López Cuevillas: 73-110. Vigo: Galaxia.

Caeiro, A. 2004. A memoria nos tempos do wolfram. Documentos. Buxo produccións [documental].

Carballo Arceo, L. X. 1989. Catálogo dos materiais arqueolóxicos do museu do Castro de Santa Trega: Idade do Ferro. Pontevedra: Excma. Deputación de Pontevedra.

Carré Aldao, E. 1980. Geografía General del Reino de Galicia. Vol. VII. Bilbao : La Gran Enciclopedia Vasca [Ed.. facsímil].

Carré Aldao, E. 1980a. Geografía General del Reino de Galicia. Vol. VIII. Bilbao : La Gran Enciclopedia Vasca [Ed.. facsímil].

Clarke, D. L. 1984. Arqueología Analítica. Barcelona: Ediciones Bellaterra [2ª ed.]

Page 119: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

118Os Castros de Neixón

Comendador Rey, B. 1998. Los inicios de la metalurgia en el Noroeste de la Penínunsula Ibérica. Brigantium, 11. A Coruña: Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón.

Cornide Saavedra, J. 1790. Las Cassitérides o islas del estaño restituídas a los mares de Galicia. Discusión crítica en que se procura probar que estas islas Sorlingas como pretende en su Britania G. Cabdem; a y así las de la costa occidental del Reyno de Galicia. Madrid.

Cortegoso Comesaña, M. e Viñas Cué, R. 1996-1997. Las fíbulas del castro de la isla de Toralla (Vigo, Pontevedra). Castrelos 9-10: 139-148. Vigo.

Costas Casais, M. 2006. Análise xeomorfolóxica da Punta de Neixón. En Ayán Vila, X.M.: Escavación no Castro Grande de Neixón (Boiro, A Coruña). Informe Valorativo: 99-104. Depositado na Direciión Xeral de Patrimonio, Xunta de Galicia.

Domergue, C. 1990. Les Mines de la Péninsule Ibérique dans l’Antiquité Romaine. Roma.

Fanjul Peraza, A. e Marín Suárez, C. 2006. La metalurgia del hierro en la Asturias castreña: nuevos datos y estado de la cuestión. Trabajos de Prehistoria, 63(1): 113.31. Madrid: CSIC.

Fariña Busto, F. 1979. As fíbulas de longo travessâo sem espira” nos castros do N-W peninsular. Boletín Auriense, ano IX: 27-49. Ourense.

Fariña Busto, F. e Arias Vilas, F. 1980. Aportazón ao estudo das fíbulas atopadas nos castros galegos. En I Seminario de Arqueoloxía do Noroeste Peninsular: 183-96.

Fortes, J. 1905. As fíbulas do Noroeste da Península. Portugália, vol. II. 1905-8: 15-33.

Gómez Filgueiras, F. 2002. Paleometalurgia del yacimiento de la isla de Santa Comba. Cobas-Ferrol. En VV.AA.: Santa Comba, un referente arqueológico de la costa ferrolana: 67- 157. Serie Ferrol en Tempo de Historia, 17. Ferrol: Concellería de Cultura, Concello de Ferrol.

Gómez Ramos, P. 1996. Hornos de reducción de cobre y bronce en la Pre y protohistoria de la península Ibérica. Trabajos de Prehistoria, 53 (1): 127-43. Madrid: CSIC.

Gómez Ramos, P. 1996a. Análisis de escorias férreas: nuevas aportaciones al conocimiento de la siderurgia prerromana en España. Trabajos de Prehistoria, 53 (2): 145-55. Madrid: CSIC.

Gómez Ramos, P. 1999. Obtención de metales en la prehistoria de la Península Ibérica. British Archaeological Reports. International, 753. Oxford: BAR.

González García, F. J. 2003. Os Ártabros. Estudio xeográfico e etnohistórico. Ourense: Ecma. Deputación Provincial de Ourense.

González Ruibal, A. 2003. Arqueología del Noroeste de la Península Ibérica en el Primer Milenio a.C. Tese de Doutoramento inédita. Departamento de Prehistoria, Universidad Complutense de Madrid.

Gonzalo Corral, F. J. e Gracia Plaza, A. S. 1985. Yacimientos de estaño del oeste de España: ensayo de caracterización y clasificación económica. VI Reunión de Xeoloxía e Minería do N.O. Peninsuar (22-24 de santos, 1984). Minería metálica e do Sn en Galicia no Macizo Hespérico Peninsuar. Cuadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe, 9: 265-303. Sada: Ediciós do Castro, SEG.

Page 120: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

119 Introdución á minería no Barbanza

Guitián Rivera, F. e Vázquez Varela, J. M. 1975. Contribución al estudio de la metalurgia del Bronce en la cultura castreña. Gallaecia, 1. Sada: Ediciós do Castro.

Hidalgo Cuñarro, J. M. 1985. Castro de Troña. Campaña de 1983. Arqueoloxía / Memorias 3. Santiago: Xunta de Galicia.

Joleaud, M. 1929. L’ancienneté de l’exploitation de l’étain dans le NW de l’Espagne. L’Annur.

López Cuevillas, F. 1950. Las Fíbulas castreñas y su significado etnológico. Cuadernos de Estudios Gallegos, t. V (fasc. XV): 5-15. Santiago de Compostela: Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento.

López Cuevillas, F. 1951. Las Joyas castreñas. Madrid: Instituto de Arqueología Rodrigo Caro, CSIC.

López Cuevillas, F. 1956. Os instrumentos de traballo dos castrexos. Boletín de la Real Academia Gallega, t. 27 (309-320): 270-6. A Coruña.

López Cuevillas, F. 1968. A Edade do Ferro na Galiza. A Coruña: Publicaciós da Real Academia Galega. [Reedición do traballo lido no SEG de Santiago de Compostela o día 18 de abril de 1924].

López Cuevillas, F. e Bouza Brey, F. 1926-1927. Prehistoria galega: O Neixón. Boletín de la Real Academia Gallega, T.16. nº 181: 1-11. T. 16, nº 182: 32-38. -- T. 16, n. 183: 56-61. -- T. 16, nº. 184: 76-83. -- T. 16, nº 185: 103-108. A Coruña.

Lubbock, J. 1912. Los Orígenes de la civilización y la condición primitiva del hombre: (estado intelectual y social de los salvajes). Madrid: Daniel Jorro [ed. or. ing. 1868].

Luengo Martínez, J. Mª. 1971. Excavaciones en el castro céltico de Baroña (La Coruña). Noticiario Arqueológico Hispánico, XVI: 245-264. Madrid.

Luzón Nogué, J. M. 1983. Algunos aspectos de la minería antigua en Galicia. En G. Pereira Menaut (ed.): Estudos de Cultura Castrexa e de Historia Antiga de Galicia: 213-224. Santiago: USC.

Madroñero de la Cal, A. 1994. Una posibilidad de rastreo de los orígenes de la metalurgia del estaño en España. Cadernos do Seminario de Estudos Galegos, 64. Sada: Ediciós do Castro.

Maluquer de Motes, J. 1975. La Edad del Bronce en el NW hispánico. En Primeras Jornadas de Metodología Aplicada a las Ciencias Históricas I (Santiago 1973): 129-46, esp. 144.

Mannoni, T. e Giannichedda, E. 2003. Arqueología de la producción. Barcelona: Ariel.

Naveiro López, J. L. 1991. El comercio antiguo en el NW. Peninsular. Lectura Histórica del Registro Arqueológico. Monografías Urxentes do Museu, nº 5. Sada: Ediciós do Castro.

Peña Santos, A. de la. 1988. Metalurgia galaica de la transición Bronce-Hierro: el Castro de Torroso. Espacio, Tiempo y Forma. Tomo I: 339-60. Madrid: UNED.

Rauret Dalmau, A. M. 1976. La metalurgia del bronce en la Península Ibérica durante la Edad del Hierro. Barcelona: Instituto de Arqueología y Prehistoria, Universidad de Barcelona.

Romero Masiá, A. Mª. 1992. Obxectos metálicos do castro de Borneiro. En Acuña Castroviejo, F. (Coord.): Finis Terrae. Estudios en lembranza do Prof. Dr. Alberto Balil: 131-95. Santiago de Compostela: USC.

Page 121: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

120Os Castros de Neixón

Romero Masiá, A. M. e Pose Mesura, X. M. 1987. Galicia nos textos clásicos. Monografías urxentes do Museu, 3. A Coruña: Museu provincial.

Ruiz Mora, J. E. 1982. Mineralizaciones estannovolframíferas en Noia y Lousame. Estudio previo. Cuadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe, 3. Reunión de Xeoloxía e Minería do Noroeste Peninsular (novembro 1981): 595-624. Sada: Ediciós do Castro, SEG.

Sánchez-Palencia, F. J. 1983. La explotación prerromana del oro del Noroeste de la Península Ibérica. Boletín Auriense, XIII: 31-67. Ourense.

Sánchez Sánchez, X.M. 2006. San Vicente de Cespón e os Castros de Neixón na Idade Media (séculos XIII-XV). Unha análise histórica da toponimia arqueolóxica. (http://archivium-sancti-iacobi.blogspot.com/).

Simón Fernández, X. e Prado Orbán (eds.). 2006. Cultura tradicional e desenvolvemento rural. Vigo: Xunta e Galicia, Universidade de Vigo.

Teira Brión, A. M. 2003. Os traballos agrarios e as ferramentas empregadas na cultura castrexa. Gallaecia 22: 157-92. Sada: Ediciós do Castro.

Tylecote, R. F. 1992. A History of metallurgy. London: the Institute of materials (2ª ed.).

Vázquez Varela, J. M. 2000. Etnoarqueología: conocer el pasado por medio del presente. Pontevedra: Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.

Page 122: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

121 Introdución á minería no Barbanza

E aconteceu un día que fun quen de ollar as fendas no chan, as feridas abertas nos penedos da beiramar do que foi unha pequena explotación mineira fronte ao mar de Corrubedo. Hai agora dez anos e procurando rescatar da memoria as lendas e os relatos d@s veciñ@s máis vell@s topei con José de Vilar, que entón contaba con 80 anos. A súa figura solitaria na compaña do can e as vacas estaba decote presente polas camposas da zona de Cabo Ladrón, no Campo do Catadoiro e a Lagoa de Amendo. Foi el quen me concedeu o privilexio de trascender o aparente, e desde o seu ollar identificar entre outras pegadas na paisaxe as minas de volframio.

Sería no ano 1.997 con motivo da realización do traballo de campo preciso para acometer a prospección arqueolóxica superficial destes terreos, por encargo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que tiven a sorte de coñecer este espazo privilexiado. Anos antes, en 1.992

sería declarado Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, unha área litoral inscrita entre as rías de Muros e Arousa na vertente SW da Península do Barbanza.

A sona do lugar vénlle dada pola peculiaridade do seu biotopo e da beleza inconmensurable da súa paisaxe, a marabillosa combinación de ríos e lagoas, e a presenza abraiante do mar, ese que avanza enérxico lambendo a area, e que só recúa fronte á luzada altiva dos Montes de Area, a enorme duna do areal de Ladeira e Pedrecelos, reclamo principal dos visitantes.

Porén, onde se recoñece a pegada humana neste singular ecosistema?

VIVENCIAS DA MINERÍA DO VOLFRAMIO NA ENSEADA DE CORRUBEDO (RIBEIRA. A CORUÑA)

Ana Filgueiras Rei. Antropóloga e arqueóloga da oficina de rehabilitación do casco histórico de Noia

Y, sobre todo, el silencio. Un silencio tupido sobre la historia de cada uno.

Nadie pregunta de dónde viene ni adónde va. Wolfram, wolfram, de Carlos Caba (1947).

Plano xeral do Barbanza e a enseada

Page 123: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

122Volframio na enseada de Corrubedo

Ademais de atender a súa dimensión física, eu procuraba rastrexar o legado cultural que mora nela. A perspectiva histórica, e sobre todo antropolóxica, era a prioridade, o espazo físico concibido fundamentalmente como unha categoría cultural, posibilitaba albiscar o rastro da intervención humana que virou e domesticou a natureza, creando así un territorio, un espazo humanizado e, por tanto, culturizado, con identidade de seu xa desde época prehistórica.

Ademais da consabida investigación documental previa, e por riba da mera pescuda arqueolóxica, era preciso andar todo este terreo devagar e falar c@s veciñ@s. Sempre foi e segue a ser para min prioritaria a documentación e rexistro das creacións culturais transmitidas pola tradición oral, e a enseada de Corrubedo enleoume no encanto de sereas, cidades asulagadas,

mouras encantadas, historias de corsarios e piratas, naufraxios e mil marabillas máis.

Foi precisamente no ámbito da memoria oral de onde procedían para min as novidosas informacións sobre a existencia de minas de volframio na zona. Feridas abertas aínda visibles nos penedos

do areal de Vilar, testemuños calados dun pasado recente que é xa historia.

E tal e como indicaba no comezo, foi a traveso dos ollos deste labrego, que pastoreaba as súas vacas, que descubría unha paisaxe enérxica, un territorio no que a toponimia viña a ser a fala viva da terra. Os penedos e outeiros desmantelados polos canteiros, laxes, camiños, regos, fontes, brañas, leiras e valos, todo tiña nome, todo tiña entidade propia, hoxe esmorecida polo esquecemento. Sabíao e, coma sempre, non podía conformarme unicamente coa mera contemplación e admiración estética da paisaxe “natural”, senón que procuraba transcender o aparente para acadar o significado profundo do territorio.

E así, entre outros, reclamaron o seu nome as fochancas abertas nos penedos de cabo Ladrón, no contorno inmediato da Casa da Costa ou Centro de Interpretación (C.I.E.L.G.A.), do hoxe coñecido como Parque Natural. Son estes vestixios dunha explotación mineira de volframio de carácter familiar, que estivo en funcionamento na década dos anos 40 e 50 do século XX, e o seu nome, A MINA DE LLOVO.

E aquí empeza outra historia. É a historia dunha situación coxuntural tan próspera como

Plano da enseada de Corrubedo

Plano da toponimia coas minas

Page 124: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

123 Introdución á minería no Barbanza

efémera, inesperada e allea, mais de considerable relevancia na Galiza da primeira metade do século XX. As vellas formacións xeolóxicas da enseada de Corrubedo, e doutros lugares do territorio galaico e portugués (minas de Panasqueira na Beira Baixa), eran as principais depositarias dun mineral escaso e de grande interese para a industria bélica do momento, o volframio, empregado nas Guerras Mundiais para endurecer a blindaxe do armamento.

En España, Galicia, la bella Galicia de la vida plácida sensual y bucólica, fue la más zarandeada por la terrible pugna. En las aldeas remotas de Pontevedra y la Coruña (...) las paredes linderas de las fincas, los tejadizos y corralizas, se asentaban sobre la disputada piedra negra. Wolfram, wolfram al alcance de la voracidad bélica(...) Si a la diplomacia le preocupaba el wolfram, las aldeas gallegas saltaban voladas desde su tranquilidad a una primera linea, aunque camuflada, de la guerra.Wolfram, wolfram, de Carlos Caba (1947). Nota del editor

No territorio galaico, ingleses e alemáns cobizaban o mineral sendo xa vellas coñecidas as minas de San Fins en Lousame, as de Santa Comba, baixo control norteamericano, e a de Fontao en Silleda. Porén a de Casaio e Monte Neme en Carballo foron tamén importantes explotacións de volframio. Outras minas menores salpicaban a zona de Muros-Noia e, ao igual que a de Corrubedo, constituían apenas pequenas explotacións familiares que pasaron á calada polo pano tecido pola historia, anónimas e subestimadas polo que teñen de popular.

Estes son para min os retallos cos que se fai a historia dun pobo: ao fin, o acontecer das vidas das xentes, do cotián, resulta ser a auténtica historia. Nesta viaxe á memoria, quero agradecer a disposición, paciencia, cortesía e xenerosidade de Ricardo Llovo Pérez, protagonista e única testemuña para min deste relato, xa que foi á vez fillo do promotor e traballador da explotación mineira da enseada de Corrubedo. Sempre o máis gratificante do meu traballo é compartir os momentos e as vivencias coas persoas que procuro, aprender do seu saber e experiencia, e neste caso ademais supón unha lección a dose de humor incorporada e a positividade con que se encara unha experiencia non sempre agradable, senón mais ben fatigosa e dura.

Será puramente a vivencia humana da explotación da mina o que tratarei a continuación. As lembranzas e algúns detalles do acontecer cotián do traballo, pois outros aspectos de carácter socio-histórico ou técnico sobre a minería son abordados noutros estudos por investigadores máis capacitados para tal fin.

Coñecida sobre todo a demanda do volframio no decorrer da 2º Guerra Mundial, este precisábase para abastecer a industria bélica, e o establecemento dunha política de “compras preventivas” do

Foto de Ricardo Llovo

Page 125: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

124Volframio na enseada de Corrubedo

mineral por parte das potencias rivais implicadas d e s e n c a d e o u unha pugna de prezos e por tanto unha febre do denominado “ouro negro”. Xurdiron así polo país oportunistas,

especuladores, aventureiros nalgúns casos, e mesmo xentes emprendedoras que percibiron o comezo dun negocio rendible na súa explotación e souberon aproveitar con maior ou menor fortuna a conxuntura da época. Cóntase da existencia de determinadas persoas coñecidas popularmente como “buscóns” que, con máis intuición que práctica, procuraban terreos de penedío con seixo á vista, e neste marco a enseada de Corrubedo amosábase provocadora.

Localizado o lugar e a veta de volframio que no seu estado natural presenta unha cor preta, precisábase entón acreditar a valía e autenticidade do mineral realizando unha proba que consistía en pisar o volframio cunhas moedas de cobre, e logo o po resultante botábase nun papel de fumar e tiña que “pintar” de cor acastañada ou achocolatada. O enorme peso deste mineral en bruto ou en po era determinante para verificar a súa autenticidade.

O paso seguinte sería buscar persoas ou familias con capital para comezar a explotación, e unha vez que había acordo económico,

éralle mostrado o lugar onde realizar a mina. Unha mostra de mineral enviábase á Escola de Minas para que indicase a calidade, mesturas, e o xeito máis conveniente de abordar a explotación.

No caso da Mina de Llovo, en Cabo Ladrón, foi un ribeirense que contaba cun armacén de fariñas na vila, a persoa que puxo o capital para comezar a explotación, asociado con Fernando Conde, un capitán do exército, retirado. Establecido en Ribeira, mais provinte de Vences (Val de Monterrei, Ourense) foi un home sen dúbida emprendedor: comerciante de viño, viaxante, tivo en propiedade unha pequena flota de tres barcos, un ultramarinos, fábrica de chocolate, o almacén de fariñas de Ribeira, e unha panadería na que chegaron a traballar doce persoas.

Para comezar a explotación, e coñecer así o proceso mineiro, visitou a mina de San Fins en Lousame. En total, localizadas na zona de Cabo Ladrón, na enseada de Corrubedo, abriu tres minas, atuando unhas co escombro das outras. A mina máis grande apenas acadaba os catro metros de alto por sete de fondo, pois unha maior envergadura da mina aumentaba as posibilidades de producir derrubamentos e accidentes.

Mina co edificio do CIELGA Mina de Llovo

Page 126: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

125 Introdución á minería no Barbanza

Porén, tanto nesta como noutras minas de volframio galegas, tratábase meramente dun negocio familiar, tanto pola súa pequena entidade, como porque a propia familia traballaba dalgún xeito directa ou indirectamente na explotación. Esta tiña abofé un peculiar xeito de organización. Realmente, a libre organización d@s traballador@s da mina recorda a idiosincrasia ácrata do espírito galego e explica a emerxencia anos antes dun forte movimento anarco-sindicalista nas vilas e cidades galegas.

A Mina de Llovo tiña unha media de catorce operari@s organizados baixo a dirección dun capataz experto en minas, que neste caso proviña de Noia. Distribuídos en dous grupos de sete había por tanto traballadores propios e por conta allea; nesta última modalidade predominaban as mulleres, e o seu número oscilaba entre quince e trinta.

As tarefas laborais “especializadas”, amais de capataz, eran a de ferreiro e a de cociñeira, esta última unicamente para servizo do capataz e vixilante que era o propio fillo do dono.

Ás traballador@s por conta allea proporcionábaselles a dinamita, ferramenta, pratos de latón para lavar o mineral, etc. A ferramenta dispoñible eran marras de dous, cinco e dez quilos de peso, picos,

pás, galletas, barrenos de aceiro (a xeito de ciceis longos), pistoletes (ciceis pequenos) e martelos. Tamén o propio seixo facía as veces de coitela: facéndolle un gume permitíalles cortar as cordas. Para moer o que eles denominaban “o material” contaban tamén cun muíño dunha polea que funcionaba cun motor de coche.

Os homes barrenaban, picaban, seguindo as vetas da mina, e entivaban. Logo percibían unha cantidade de cartos segundo o peso do mineral extraído na xornada día. Podían ter excepcionalmente calzado de traballo, botas con reforzo de aceiro procedentes do exército, do corpo de enxeñeiros de Madrid. Lavaban tamén o material moído sobre unha mesa inclinada, aproveitando o curso dun rego na zona coñecida como O Catadoiro. Unha vez secado, metíase nas sacas de coiro e depositábase no caseto. Os dous mananciais utilizados pola mina, a Fonte de Pipín e a a Fonte do Campo do Catadoiro, foron tradicionalmente os lugares onde abrevaban o gando dos veciños da zona.

As mulleres levaban as carretas, picaban o material restante con martelos, lavaban o mineral á man na fonte, queimaban nunhas latas o arsénico que aparecía por veces asociado ao volframio, o que lles ocasionaba fortes dores de cabeza, e finalmente tamén transportaban á cabeza sobre a rodela as sacas de dez quilos do mineral. O embarazo non era impedimento para facer estes traballos, aínda que pasasen moito tempo metidas na auga, ás veces coas alpargatas postas para non cortar os pés.

Así permanecían a xornada coas roupas arremangadas e metidas a cancha pernas na presa do lavadoiro, coñecida como A Fonte de Pipín. Aos homes estáballes prohibido achegarse a esta zona

Fonte de Pipín

Page 127: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

126Volframio na enseada de Corrubedo

exclusivamente feminina. Elas procedían maioritariamente da zona de Escarabote e Boiro, e organizábanse por conta propia, acudindo á mina ao chou, mais sempre coordinadas por unha delas que facía as veces de manda ou encargada, que lles indicaba onde colocarse e que facer, e dáballes o prato de lavar. Ao remate da xornada, unha única muller achegábase co material onda estaba o home coa pesa para, unha vez pesado, percibir os cartos estipulados.

Co fin de aproveitar a luz natural, o horario da mina comezaba ao abrente dun luns ata o sábado á noite. Era preciso, ademais, pasar lista diaria para comprobar @s ausentes, e proceder así ao pago da xeira. No que toca ao aloxamento e mantenza, resultaba máis cómodo o traballo na mina para os que moraban nas aldeas da contorna (Olveira, Artes, Corrubedo....) xa que durmían na casa, mais o común era que procedesen de lugares algo máis afastados e que por tanto, despois do traballo na mina, o andaren a pé durante quilómetros e ás escuras non fose o máis apetecible. Así, os homes dispuñan no propio lugar, preto da mina, dunha casa feita de perpiaño onde pernoctar, a cal semella que foi roubada, pedra a pedra, ao abandonaren a mina. Pola súa banda, o capataz e vixilante durmían ao pé mesmo da mina, nun caseto de madeira que tiña dúas camas e unha mesa abatible. Nin un nin os outros contaban con subministro eléctrico, unicamente a luz do candil: a roupa seica lles cheiraba moito a gas, e o mar se estaba calma era a única forma de tiralo do corpo.

A mantenza, polo tanto, podía ser levada da propia casa de cadaquén, ou incluso co permiso do capataz procurala no mesmo

contorno: cazar e pescar na lagoa de Amendo parrulos e alabancos eran prato necesario e apetecible. Tamén o mar, ademais de lavar os seus corpos luxados e cansos, agasallábaos de vez con lubinas, muxeis e outros peixes que tiraban despois de chimpar á auga un pistón de dinamita cunha mecha amarrada a unha pedra cun cordel. Isto mesmo podían facer o vixilante e o capataz, coa única diferenza que era a cociñeira quen lles preparaba o peixe.

Pola súa banda, as mulleres, que como xa indiquei proviñan maioritariamente de Boiro e Escarabote, durmían tamén na zona. Na veciña aldea de Vilar, e no ámbito dunha propiedade privada, podían dispor dun hórreo onde durmir. Pechado de cantería, a parte de abaixo do hórreo servíalles de leito. Sobre a palla deitábanse de dez a quince mulleres, privadas absolutamente de luz, xa que unha faísca naquel facho de palla era lume e morte segura. Esta circustancia non deixou de ser aproveitada por algún mozo algareiro que porfiaba por apalpar corpo feminino en ocasión nunca mellor presentada. Acochado baixo as pallas seica un traballador da mina apandou tal malleira das mulleres que foi logo moito tempo obxecto de escarnio.

Por outra banda, os roubos e falcatruadas na propia mina eran frecuentes, a pesar do celo posto polo vixilante, que asexaba decote aínda que sempre cun certo grao de permisividade. As

Plano de detalle co hórreo

Page 128: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

127 Introdución á minería no Barbanza

mil e unha anécdotas sobre as pillaxes que xentes e traballador@s argallaban para apañar algo de mineral extra merecerían escribir un libro aparte tanto, en Corrubedo como noutros lugares. Se o volframio estaba ben pagado daquela na Galiza, arredor de duascentas pesetas o quilo, máis aínda se conseguía en Portugal, onde podía chegar a pagarse a mil pesetas o quilo. Os ingleses encargábanse desta desproporción para evitar que o mineral caese en mans alemás.

Non estraña, pois, que pesando moito e abultando pouco o volframio fose agachado na roupa interior, tamén nos cachotes do pan de millo soterrados baixo a farangulla, nas medias das mulleres, e en mil trebellos máis foi transportado para vender en Valença de Minho, tendo que burlar a Garda Civil desde o propio lugar de partida. Para evitar estas argalladas as traballadoras da mina tiñan a Pepita Abilleira, unha muller de Ribeira, encargada de facer o rexistro diario.

Acontecía tamén que, polo mesmo motivo, se achegasen oportunistas para ofrecer cartos @s traballador@s polo mineral extra apañado, mais eran decote enganados xa que o que percibían non era volframio puro, senón chilita tintada con anilina para semellarse á propia cor do mineral auténtico.

Outros xeitos de facerse máis “legalmente” con algo de mineral era recoller o sobrante da mina repasándoo despois de lavado. As mulleres que o procuraban coñecíanse por iso co nome de “as repasadoras”. Os sobrantes intencionados ou fortuítos foron tradicionalmente no país un xeito de supervivencia, e o mar con cousas mil que as ondas deixaban no areal era unha regalía para

moitos. Andar aos “crebasos” era ir apañar o que as augas cuspían dos naufraxios e doutros sucesos mariños: ata moreas de billetes chinos chegaron ás mans das incrédulas xentes. No lugar foi coñecido un veciño “especialista” en crebasos, era o “Marabillas” do Vilar. Como se dunha sorte de maxia se tratase el subministraba toda caste de obxectos e instrumentos aos veciñ@s.

Mais tamén esta peculiar forma de vida xeneraba ás veces “chufas” ou brincadeiras argalladas polos mozos, que procuraban así un divertimento. Nunha ocasión fixeron unha arca de madeira coas súas correspondentes ferraxes para logo enchela de pedras e, unha vez ciscada no areal, espreitar á noite e ollar como o Marabillas puxaba por ela nun carro de vacas ata a casa.

Alén destes momentos para distraerse e matar o aborrecimento, o traballo marcaba o tempo. No que atinxe á distribución do material, indicar que unha vez lavado, cada home portaba unha saqueta de coiro con capacidade para dez quilos de volframio.

Fotos do coche “Aí te pudras”

Page 129: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

128Volframio na enseada de Corrubedo

O destino máis inmediato era o “almacén” de fariñas de Ribeira, e desde alí, un camión levábao á denominada “fundición” de Vilagarcía para “refinar”. O vehículo do que se dispuña para servizo da explotación era un Renault axeitado ou amañado para esta caste de traballo. Coñecido como “Aí te pudras”, podía levar na traseira a varias persoas sentadas, termando de vez dunha tampa.

Seica, ademais do enorme consumo de combustible, ir sentado no coche ou medianamente acomodado era unha sorte: o común

era agarrarse un onde puidese, subido ao petril e co corpo ao sol, ao vento e á choiva; de aí o alcume do vehículo.

A fin da actividade da mina de Llovo aconteceu no ano 1.952 ao rematar a guerra de Corea. Esta segunda tanda subministraba

os norteamericanos e aliados, mentres que a primeira tanda destinábase fundamentalmente aos alemáns. O material “fino” soterrouse na horta do almacén de Ribeira.

Outras tentativas de explotación do volframio tiveron tamén lugar na enseada de Corrubedo. Despois de abrir a Mina de Llovo, a coñecida como Mina de Cares comezou a súa corta andaina xa que ao ser escavada en terra resultou improdutible.

O seu promotor e vixilante foi Ramón Campos Martínez, mais

quen pediu a concesión dos terreos e puxo o capital foi unha muller, Josefa Regueira, coñecida como A “Taísta de Castiñeiras”; de aí que se coñecese popularmente como “A mina da Taísta”. Hai novas doutra pequena prospección mineira propiedade de Francisco Monteagudo coñecida como “O Pedregal”, no contorno de Porto de Baixo.

Estas son polo miúdo as vivencias inmediatas do acontecer da minería do volframio na zona de Corrubedo. Creo preciso rematar este paseo pola memoria recente transmigrando precisamente a ollada ao pasado afastado do lugar, aquel que para moitos é invisible, pero que se nos revela nas pegadas do terreo, e que permanece en silencio espreitando o devir dos tempos. Porque é neste lugar de Pipín, preto da fonte e da mina de volframio, que se destaca na paisaxe un monumento funerario milenario, un túmulo ou mámoa erixido ao pé duns penedos no que brincaban os rapaces e especulaban os mineiros sobre as lendas e misterios que contaban do lugar.

Túneles e outros recantos destes penedos traen á memoria as lembranzas dos tesouros dos mouros, das riquezas agochadas que estimulaban a imaxinación e os soños das xentes que se esvaecen no tempo prendidos no vento mareiro do areal de Corrubedo.

Foto de CaresTúmulo de Pipín

Page 130: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

129 Introdución á minería no Barbanza

Traballo de campo realizado nos meses de novembro e decembro de 2006 visitando os lugares de Ribeira onde, segundo a tradición oral, se levaron a cabo labores mineiros no século XX.

MINERÍA EN MONDELO (PALMEIRA) (recollida do patrimonio oral)

Coordenadas: 42º 35´ 277 N, 8º 57´ 464

Dirección: Leste-Oeste. Segundo varios informantes, na zona había 5 minas. A pesar de que o lugar foi aplanado con maquinaria pesada e repoboado de árbores, apréciase algún terraplén e socavóns dalgunha das entradas. Os camiños de carro substituíronse por pistas e tamén hai algunha casa de recente construción.

Todos os informantes se lembran da coñecida como “Mina de día” pois, segundo afirman “dende dentro da galería víase o día ao outro lado”. Outras eran minas de profundidade, das que partían varias galerías. Un dos pozos que tiña auga no fondo foise entullando con materiais que tiraba a xente. Destas minas, segundo os enquisados, quitábase mineral de ferro.

Un dos informantes de 65 anos, conta que cando el tiña uns 10 anos xa non se traballaba nas minas de Mondelo, pois xogaban a meterse dentro dalgunhas. De feito, ningún dos enquisados lembra estas minas en actividade.

Manuel Santiago Vilas, de oitenta e pico anos, falounos dunhas minas de wolfram que había nos Vieiros. Mineral de wolfram, xa fose destas minas ou das dos arredores, saía por distintos lugares desde a costa de Ribeira, entre eles Insuela. Aínda xunto á antiga fábrica de Ignacio, en Palmeira, hai unhas pedras medio tapadas pola area que ao parecer caeron dunha embarcación, principal medio utilizado para trasladar moito do mineral ata outros lugares da ría como Carril e Vilagarcía, desde onde saía de Galicia a bordo de embarcacións de máis tonelaxe.

“A VOLTA DOS GAVOTEIROS”. (Ribeira, límite con Pobra)

Subindo dende o cruceiro de Moldes ao monte da Curota, á altura da entrada ao antigo vertedoiro, había unha mina de berilo e cuarzo, propiedade de Casto de Dios Paz e outros socios. Estas persoas

APROXIMACIÓN Á MINERÍA EN RIBEIRA

Texto: Mª Luisa López Otero. Asc. O Faiado 2Fotografía e coordenadas xeográficas: Antonio Parada Mariño

Page 131: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

130Minería en Ribeira

tamén estaban relacionadas coa Estañífera de Arosa de Lampón en Boiro, e eran propietarias doutras explotacións mineiras fóra da comarca. O camión que se utilizaba na explotación de Moldes, era o de D. Eduardo Gasset, da Torre de Xunqueiras. Cando os donos e capataces necesitaban desprazarse alugábanlle o coche a Cerqueiras. Pechou por non ser rendible a causa do transporte, e porque apenas quedaba filón fácil de explotar.

Informe sobre esta explotación realizado para a Asc. O FAIADO 2 por D. Ricardo Rivas Barreiro:

“A mediados do s. XX, D. Casto Dios, descobre un filón moi importante nas cercanías do monte Curota (agora mirador)

de pedra de cuarzo moi rosada e moi bonita. Despois de facer os trámites co Consorcio de Minas, o Ministerio de Industria da Coruña, Goberno Civil, e informe favorable do Concello, comezou a explotación do filón. Cargaban o mineral en camións e baixábano ata o peirao antigo da Pobra (agora deportivo) desde onde se embarcaba aproveitando o regreso de barcos de pequena tonelaxe que traían carbón para as moitas fábricas conserveiras da zona. O “LEO” de NAVIERA DEL CANTÁBRICO, era unha das embarcacións na que saía o mineral rumbo ao porto

de Avilés (Asturias), e que logo remataría afundíndose por mor dun temporal nas cercanías da barbanzana illa de Rúa. Outro dos barcos empregado para o transporte con guías e selo aduaneiro era o Castelo de Tetuán”.

Segundo información proporcionada tamén por D. Ricardo Rivas, outras persoas relacionadas con esta explotación foron: D. Wenceslao Dios (fillo de D. Casto) e D. Rafael Rivas Rivas. Este

Cuarzo rosa na mina de Moldes

Page 132: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

131 Introdución á minería no Barbanza

último foi nomeado apoderado en setembro de 1945 das minas “Manolo“ e “Florita”, números 1. 736 e 1. 682 do Distrito Mineiro da Coruña, dentro do termino xudicial de Noia, e propiedade naquel entón de D. Manuel Lojo Núñez, un dos donos de “Conservas Lojo”, con fábricas no areal de Pobra do Caramiñal e en Insuela (Palmeira), no concello de Ribeira.

O 29 de outubro de 2006 visitamos esta mina guiados por Abelardo Soler Torrente, familiar de D. Casto, e que de neno visitara o lugar con el. Sinalounos o lugar onde se atopaban uns fornos metálicos na entrada da mina, lembrando como baixaba o mineral nas vagonetas, e como se botaban todos ao chan cando estoupaba a carga de dinamita.

Escritura

Mina de Moldes

Page 133: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

132Minería en Ribeira

Muda testemuña da antiga actividade no lugar son os montóns de entullo con anacos de cuarzo de distintas cores que aínda circundan o socavón, xa que a mina era a ceo aberto e nalgúns tramos presenta máis duns 4 m de profundidade. Cabe a posibilidade de que alí houbese un gran con; de feito, as persoas de idade avanzada, da parte de Ribeira, lembran unha pedra branca de Moldes que relucía moito cando lle daba o sol, e que logo foi dinamitada.

Mirando a Curota de fronte desde este lugar, atópase o monte Os Forcados, duns 600 m de altura, e que lles serve de límite aos Concellos de Porto do Son, Ribeira e Pobra.

Información recollida de Dna. Flora Dios, Abelardo Soler Torrente, Ramiro Villoch e José M. Pérez Lustres.

FOXA DE S. ALBERTE (Ribeira)

Coordenadas: 42º 34´ 859 N, 8º 59´859 W

Foxa duns 20 m de diámetro e uns 4 m de fondo. Está rodeada de montículos de escombro e chea de toxeiras no interior. Na súa proximidade atópanse grandes penedos con marcas de extraer pedra. Dende ese lugar hai unha fermosa panorámica sobre a ría de Arousa e parte da ría de Noia. Ao outro lado do camiño, a poucos metros dela, apréciase unha mámoa sen chantos dentro do cono.

EXPLOTACIÓN DA CARBALLA. Palmeira (Ribeira)

Coordenadas: 42º 34´627 N, 8º 58´704 “ W

Dirección: Leste-Oeste

A foxa, ten máis de 200 m de longo, alcanzando por algúns tramos os 20 m de ancho, e unha profundidade duns 7 metros.

Foi explotada polos veciños do lugar, e polo seu aspecto leva moitos anos sen actividade, xa que nas paredes que a conforman hai árbores de grosos troncos. Dela parece que tamén se sacou algo de barro para a telleira de Palmeira.

Informante e guía: Isabel Barros. Recolleu a información dunha muller maior que traballou na mina

Foxa de S. Alberte

Page 134: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

133 Introdución á minería no Barbanza

EXPLOTACIÓNS MINEIRAS NOS ALEDAÑOS DO MONTE DA CIDADE (Ribeira)

Na rotonda do Polígono de Xarás tomamos a estrada de Aguiño deixando á dereita o Pazo da Soedade, tamén coñecido como da Conlleira, hoxe do Marqués de Bugallal, seguindo a estrada a carón do muro que cerra a finca. Como acaban de cortar as árbores nun anaco de monte, dende a mesma estrada vese o frontal da capela do pazo. Pasamos o parque periurbano de S. Roque e tomamos cara ao miradoiro da Pedra da Ra. Na parte dereita da estrada, dende case o cruzamento, o chan está con furados, e cuberto con cuarzo moi miúdo. Para velo mellor pódese pasar a curva e aparcar na entrada da pista aínda térrea que conduce ao gran

terreo do Mercantil, na falda do Monte da Cidade. Alí mesmo está o que nomeamos como:

CAMPO DA MINA

Coordenadas: 42º 33,552 N, 9º 00´ 60,8” W

A foxa ten unhas dimensións duns 70 m x 2 m, e unha profundidade variable aproximada de 2 m. En todo o terreo do interior da curva da estrada, ata chegar ao cerre dunha leira coñecida como a Devesa do Rei, aparece entullo con anaquiños de cuarzo branco e cuarzo afumado.

Foxa da CarballaFoxas no Campo da Mina

Page 135: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

134Minería en Ribeira

FOXA DE DETRÁS DA CONLLEIRA

Coordenadas: 42º 23,816´N, 9º 00,672´ W

Dende o ” Campo da mina “ seguimos uns centos de metros o camiño ata pasar unha finca cun portón metálico, baixando logo á dereita a carón do valo dun alargo, por un camiño agora con campo, pero con ancho suficiente para que se puidesen cruzar nel dous carros á par sen teren que deterse. Chégase ao fondo da valgada, abríndose á parte esquerda unha gran foxa de varios centos de metros de longo, e cun entrante lateral cara ao monte da Cidade, que alcanza máis de 8 m de profundidade. Esta foxa vai en diminución ata rematar nun pequeno rego de auga, ao final

do cal fixeron un gran pozo de cemento que embalsa auga onde encher motobombas para sufocar incendios.

Nunha das beiras, e todo ao longo da gabia, acumúlase gran cantidade de entullo, formado case na súa totalidade por terra na que aparece algún anaco de cuarzo afumado.

Seguindo uns poucos metros despois do pozo da auga, á dereita, está o Monte de Gude, conformado con grandes bolos ateigados de píos. Atopamos alí perpiaños e rochas con marcas da extracción de pedra no lugar. Dividindo o monte, pasa o valado do cerre da finca do Pazo da Conlleira, na que segundo a xente do lugar tamén había minas. Moitos dos grandes rochedos pasan dun lado ao outro do valado, formando covas naturais por ambas partes, semellantes aos abrigos dos rochedos de Couso en Aguiño. Se ollamos dentro da finca aparece un gran bolo de varios metros de altura, e outro montículo rochoso a uns 100 m del.

No exterior, a poucos metros, observamos outros grandes penedos, onde medra un piñeiro bastante grande, dentro dun dos píos do alto da rocha. Tanto nestas rochas como nas inmediacións das outras, aparecen vestixios de cando os labores de cantería se facían no mesmo monte.

A panorámica é magnífica, salvando o impacto que sofren á fronte os grandes rochedos que conforman a canteira de Xarás; á súa dereita destaca a gran duna, a Lagoa de Carregal e Corrubedo, vixiadas ao lonxe polos montes Facho, Tahúme e Forcados.

Foxa de detrás da Conlleira

Page 136: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

135 Introdución á minería no Barbanza

CALICATAS NA DEVESA DO REI

A uns cinco ou seis metros do remate da foxa da Conlleira, xusto na esquina da finca do pazo, hai unha entrada á dereita. Subindo uns metros por ela aparece, partindo dunhas rochas, unha foxa de fondo chan, duns 2 m de ancho, que chega ao cerre do solar do Mercantil. Toda esa finca aparece en regos de bastante profundidade.

MINA DE SEGO EN ARTES. Ribeira.

En Sego (Artes), había unha mina de wolfram coñecida como a “ Mina das cruces”. O interior da galería, a uns 20 ou 30 metros, estaba caído, tapándose arredor dos anos 90. Agora pasa unha estrada por encima.

Participantes no traballo de campo: Antonio Parada Mariño, Mª Luisa López Otero, José Manuel Vilas Álvarez, Vicente González Lijó, José M. Pérez Lustres e Manuel Casais Arestín

ARQUIVO DO CONCELLO DE RIBEIRA

Estes son algúns dos datos que figuran nos arquivos do Concello de Ribeira relacionados con notificacións remitidas polo Distrito Mineiro da Coruña, e a data na que se fixeron.

Distrito Minero de La Coruña

Remítase notificación a:

MANUEL OUJO MONTEMUÍÑO (13/1/1944)JOSEFA REGUEIRA LAMPÓN (17/6/1944JOSÉ TEIRA FERNÁNDEZ (19/6/1944). Era o buzo e utilizaba a pólvora para os barcos.JOSÉ FERNÁNDEZ GRAÑA (26/6/1944)GUSTAVO LLOVO VARELA (31/10/1944)ANGEL MONTEAGUDO REIRÍZ “JOSÉ FERNÁNDEZ GRAÑA “JOSEFA REGUEIRA LAMPÓN (2/3/1945)GUSTAVO LLOVO VARELA “PRIMITIVO TRIGO PARDIÑAS (20/3/1945)ANGEL MONTEAGUDO REIRIZ ”JOSÉ FERNÁNDEZ GRAÑA “MANUEL OUJO MONTEAGUDO (26/3/1945)JOSÉ TEIRA FERNÁNDEZ (26/4/1945)GUSTAVO LLOVO VARELA (4/ 6/1945)

Traballo de arquivo: José M. Pérez Lustres

Page 137: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

136Minería en Ribeira

Page 138: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

137 Introdución á minería no Barbanza

APROXIMACIÓN Á MINERÍA EN POBRA

No concello de A Pobra do Caramiñal, de momento, só se manteñen lembranzas de actividades mineiras en S. Isidro de Postmarcos, nos arredores do Polígono Industrial de A Tomada, e na Lomba. Pese á pouca actividade que parece que houbo neste concello, varias persoas da localidade, como Casto de Dios Paz, ou membros da familia Gasset relacionados coa Torre Xunqueiras, eran donos de concesións ou de parte delas en diversos lugares de Galicia, noutras partes de España e incluso en lugares de América como Bolivia, México, etc.

Na Geografía General del Reino de Galicia, dirixida por F. Carreras e Candi. Ed. Alberto Martín, no apartado de minería realizado polo enxeñeiro de minas Ramón del Cueto y Noval (páx. 80), cita como minas de grafito “Perseverancia” e “Llegaremos”, de Pobra do Caramiñal. Tendo en conta que Ramón del Cueto finou en 1928, pouco despois de realizar este traballo, suponse que nesas datas estas minas estarían en funcionamento.

Por outra banda, segundo aparece publicado en La Puebla del Caramiñal, un mirador sobre la Ría de Arosa. Manuel Domínguez Fontán. Ed. Diputación Provincial de la Coruña, 1987. páx. 82, destaca a presenza de comerciantes fenicios “que desde las distintas regiones asiáticas venían en sus naves, atraídos por la riqueza de las minas barbanzonas. Entre estas el notable geólogo Hernández Sampelayo, destaca las ricas existencias de grafito que había en la Puebla”.

Vestixio Mineiro na Tomada

(Información e fotografías proporcionadas pola Asc. AXENA, e recollida no ano 2006)

Na Tomada atópase un pozo con terreo en rampla que continúa por unha galería estreita duns 30 metros de longo, da que parten outras pequenas galerías laterais de entre 8 e 9 metros de lonxitude. Desta mina extraíase wolfram.

OUTROS VESTIXIOS MINEIROS NO BARBANZA

Texto: Mª Luisa López Otero. Asc. O Faiado 2Fotografía e coordenadas xeográficas: Antonio Parada Mariño

Outros vestixios mineiros no Barbanza

Page 139: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

138Outros vestixios mineiros no Barbanza

Na Teixoeira aparece outro par de minas que ao parecer pertencían a explotacións da familia Gasset.

Na parroquia de Postmarcos pola punta da Merced, case ao lado da antiga salga, aparece un gran socavón do que se extraía cuarzo.

Informantes: Rubén Pablo Paz Brión, Xurxo Gago Mariño e César Alonso Lamas

A uns 20 ou 30 m desta boca, e en dirección Sur, aparece outra pequena galería que xa remata a uns 15 metros. Non moi lonxe da galería anterior hai unha sondaxe.

Segundo informacións posteriores, estas minas son nomeadas “Valdoeira”, e atópanse no Monte de Brión.

Page 140: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

139 Introdución á minería no Barbanza

INTRODUCIÓN Á MINERÍA EN RIANXO

Vestixios Mineiros en Asados

Tense constancia de actividades mineiras no lugar de Villanustre en Asados, onde principia o campo de fútbol. Traballaría sobre os anos 50 do século XX. Dela quitábase estaño, e incluso lembran un pozo e unha galería. Coñecíanse como as minas de “Os Fornos”.

Vestixios Mineiros na parroquia do Pazo

Coordenadas xeográficas: 40º 39.971’ N, 08º 48.660’ W

Había unha mina de wolfram xunto á fábrica de madeira de Escurís, despois da ponte do río Te, no lugar de Salto do Lobo, da parroquia do Pazo. Aínda tiña actividade nos anos 1950. Dela quitouse pedra para a construción do peirao de Rianxo.

En Traba, e noutros moitos lugares de Rianxo, houbo pequenas explotacións cando a “febre do volfran “.

Informantes: Xesús Santos Suárez, Juan Ordoñez Buela e Manuel Rodríguez Saborido.

INTRODUCIÓN Á MINERÍA EN NOIA

En Noia parece que había, polo menos, tres galerías, unha real en Santa Cristina, outra na que se gardaba o mineral, e unha terceira noutro lugar. Unha das bocas estaba na Barquiña, cerca do Grupo Escolar Rodríguez Cadarso. Ao parecer, había tamén outra explotación mineira en Loxe.

Informante: Pedro García Vidal

Na Geografía General del Reino de Galicia, dirixida por F. Carreras y Candi. Ed. Alberto Martín, páx. 520, T. II por Eugenio Carré Aldao, ao referirse á parroquia de S. Martiño, cítase “ De minería hay concesión de hierro en el término”. Na páx. 537, cita unha mina de tungsteno descuberta na Albariza, na parroquia de Santa Cristina do Barro, onde tamén hai unha explotación de granito na aldea de Iglesia.

No apartado referido á parroquia de Santa Mariña de Obre (páx. 538), aparece “Según algunos historiadores, en esta feligresía tenían los fenicios grandes depósitos de estaño, procedentes de los criaderos inmediatos, en los que hay señales de haber sido explotados antiguamente”.

Na contraportada do xornal La Voz de Galicia (27/10/2007) aparece unha reportaxe na que Sara Ares, conta a alarma que desatan en Noia unha decena de perforacións mineiras en desuso.

Algúns destes pozos, como os localizados no monte San Marcos,

Page 141: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

140Outros vestixios mineiros no Barbanza

son calificados como auténticas trampas mortais, dada a súa profundidade e dificultade para visualizalos.

A mesma reportaxe informa da sinalización e peche dos pozos aparecidos recentemente e do cambio de carteis que informaban do perigo dos 13 selados realizados en 1998, para que non se repita outra traxedia como a que lle custou a vida ao xoven Oscar Lojo en 1997, cando cedeu o entullo nunha antiga mina sen sinalizar.

Page 142: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

141 Introdución á minería no Barbanza

Os anos dourados da extracción do wolfram en Galicia foron os da II Guerra Mundial, polo alto valor que alcanzou este mineral para abastecer para material bélico as nacións en conflito. Estas actividades mineiras déronse tamén en Porto do Son, e nós centraremos a nosa atención na mina do Ceán, na parroquia de Baroña, a partir do testemuño oral de varios homes que traballaron ou coñeceron a mina, ao que sumamos algún material escrito da administración da propia empresa.

A mina do Ceán

O lugar do Ceán ou Seán, pois o Nomenclátor de Galicia, confeccionado pola Xunta de Galicia en 2003, non inclúe este lugar da parroquia de San Pedro de Baroña, e tampouco o estudoso Joaquín Torres del Río nos sacou de dúbidas, pois ningunha das dúas posibles grafías aparecen no seu traballo A toponimia do Concello de Porto do Son (2000). O nomenclátor oficial apórtanos o topónimo O Seán, na parroquia de Santa Baia

en Boiro, mais tamén cita varios lugares denominados Ceán en Vimianzo, Malpica, Abegondo, Vigo e Nigrán. Gerardo Sacau Rodríguez, nun estudo toponímico sobre Os nomes da Ría de Vigo, cita Seán como unha das formas toponímicas que o nome de procedencia hebrea Xoán (YEHOHANAN) deu en galego. Na súa orixe significaba “misericordia divina”, e en grego derivou en

A MINERÍA NA POSGUERRA EN PORTO DO SON. AS MINAS DO CEÁN E FONFORRÓN

Xoán Pastor Rodríguez Santamaría

Mina do Ceán

Xuño, novembro de 2007

Page 143: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

142Porto do Son

IOÁNNES, de onde pasou ao latín IOANNES, espallándose por todo o occidente como o onomástico máis repetido entre os homes. A advocación relixiosa de San Xoán aparece por toda Galicia, e deu lugar aos topónimos Seoane, Sevane, Seivane, Saiáns, Santián e Seán. Os nosos informantes pronuncian sempre Seán, pero ao ser zona de seseo é difícil decantarse por calquera das dúas formas. É posible que teña que ver tamén coa forma medieval SENA, da que procede o topónimo CEA, pois esta é a solución que vimos citada en A. Moralejo Lasso, na súa Toponimia gallega y leonesa (1977), que a relaciona con Seamil e Seaña, topónimos da provincia da Coruña, pero tamén con Sear, topónimo presente nas provincias

de Lugo e Pontevedra.

A mina do Ceán, en Baroña, está situada a uns trescentos metros da estrada que une Ribeira e Noia a 42º 41.440’ N., 009º 01.136’ W. Forma un ángulo con dúas galerías, unha delas con dirección leste. A outra galería ten dirección nor-nordeste. Consérvanse aínda restos dalgunhas antigas construcións, así como varios pozos hoxe recheos. Polos arredores hai sondaxes lonxitudinais de pouca profundidade.

A mina foi descuberta nos anos corenta por Marcelino González, que exerceu diferentes oficios, como o de músico e carpinteiro, e por Camilo Fernández Romero (Queiruga, 1904-1964). E, polas conversas co seu fillo Emilio Fernández Queiruga e cos traballadores Francisco González Romero (“Francisco de Teira”) e José Mayán Romero (“O Lagoeiro”), ademais de contar con algunha documentación, soubemos que logo Camilo Fernández formou sociedade con Fernando González Conde y de Borbón. Isto ocorreu en 1944, pois o Libro Maior da administración da mina, que se chamaba VICTORIA, comeza o primeiro de xaneiro de 1944, e está asinado polo administrador, que era Camilo Fernández. Non debía ser moi estrito o control administrativo da mina, pois que ten só anotacións en catro follas; pero outros documentos, como a correspondencia, demostran que a mina seguiu activa durante algún tempo.

Dende o primeiro de xaneiro de 1944, constan como ingresos un total de 26.000 Ptas., das cales 25.000 proceden de Fernando González Conde, mentres que para as outras 1.000 non figura a

Galería no Ceán

Page 144: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

143 Introdución á minería no Barbanza

súa procedencia. Entre xaneiro e maio de 1944, os gastos foron de 20.189,15 Pta. Xa que logo, a mina Victoria deu de beneficios máis de 5.000 Ptas., que é unha cantidade respectable nese ano. Sabemos tamén das entradas de mineral en abril e maio do mesmo ano, e así en abril entraron 38 quilos con 150 gramos, mentres que o primeiro de maio entraron 8 quilogramos. Canto ás saídas, en abril saen para Moimenta 26 quilos con 600 gramos. O 17 de maio Fernando González Conde y de Borbón retira da mina 19 quilos e 80 gramos. Non hai máis anotacións no Libro Maior. Si que se conserva correspondencia coa mina Esperanza, de estaño e wolfram, situada en Moimenta, pois o 25 de febreiro de 1944 Fernando González Conde y de Borbón escríbelle a Camilo

Fernández dicíndolle que lle entregou a Calo (Salustiano Calo Maneiro, que logo figurará como testemuña noutro documento para explotar a mina de Fonforrón), dun cheque por 5.000 Ptas. para que pase ao seu cobro. Notifícalle tamén que a partir desa data pague o material a 70 Ptas. quilogramo, e que teña todo o que vaia recollendo preparado para cando el se acerque á mina Victoria. O 14 de marzo do mesmo ano volve a escribirlle indicándolle que por Calo lle envía o xustificante de ter retirado o mineral que lle envía, e 2.000 Ptas. en metálico. Aporta esta carta un dato interesante, pois di que “he podido comprobar que más de la mitad del mineral, es Titanio, cosa que no se puede admitir”.

Emilio Fernández Queiruga e Fco. González Romero.

Camilo Fernández José Mayán Romero e Pastor Rodríguez

Documento

Page 145: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

144Porto do Son

A continuación indícalle que non acepte máis material que o que proceda do filón, e ademais cita a próxima visita do señor Sauer, quen será testemuña tamén do documento no que se funda unha sociedade para explotar a mina de Fonforrón.

O derradeiro documento que puidemos consultar da mina Victoria está datado en Queiruga o 31 de maio de 1944 e dá un resumo das contas da mina, “cerradas al día de hoy”. Figuran como propietarios os citados Fernando González-Conde e Camilo Fernández, e dáse conta duns ingresos de 36.699’85 Ptas. e duns gastos de 41.456’70 Ptas., do que resulta un déficit de 4.756’85 Ptas. Camilo Fernández debe aportar o 50 % do déficit, máis o importe do saldo debedor de caixa, que é de 3.577’95 Ptas., do que resulta un saldo a favor de Fernando González-Conde de 5.956’35 Ptas.

Parece, polos testemuños orais, que a mina se reabriu nos anos cincuenta, tras comprarlle a súa parte Fernando González Conde a Camilo Fernández. Nesta reapertura traballaban entre trinta e cincuenta persoas, tanto homes coma mulleres, e mesmo nenos, todos dos arredores. A mina tivo un administrador andaluz, que tivo moitas dificultades para cobrar o seu traballo, non sabemos se porque a mina era pouco rendible. Antes, no período en que estivo pechada oficialmente, José Mayán recorda que traballaban dez ou doce persoas collendo mineral, que logo vendían en Noia. Non temos constancia de que en ningún dos períodos da mina os traballadores tivesen contrato e os nosos informantes lembran que se traballaba a traballo feito; é dicir, pagábaselle a cada un

Cartas contables

Page 146: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

145 Introdución á minería no Barbanza

segundo o material que extraese. Porén, outras fontes aseguran que en 1944 había un grupo de traballadores a soldo, que eran os que traballaban no pozo principal. O mineral escollíase no río do Salto, lavando o extraído nunha canle de madeira, o que permitía que o wolfram permanecese no fondo polo seu maior peso. O mineral exportábase, sobre todo a Alemaña, e os traballadores recibían corenta pesos (200 Ptas.) por cada quilogramo, segundo a memoria dalgún deles, o que parece un pouco excesivo, aínda que sendo un material tan buscado nesa época, é posible que chegase a eses prezos. Os traballadores consultados non recordan que houbese moitos roubos, agás que

algún traballador se quedase con algún mineral, pois era moi traballosa a súa extracción. Traballábase nos túneles de sol a sol e con ferramenta moi elemental, normalmente un pico ou picaraña. Neses momentos había varias minas abertas na bisbarra para a extracción de wolfram, entre as que lembran a da Tomada, na Pobra do Caramiñal, que parece referirse á mina das Brañas no piñeiral de Brión, pero outras fontes cren que nesa mina só se extraía ferro e que xa estaba abandonada antes de 1936, polo que poden referirse a outra mina diferente de wolfram.

A MINA DE FONFORRÓN

Había algunha memoria da posible existencia dunha mina na cova do Fonforrón, na praia do mesmo nome, en Porto do Son, onde se conserva unha galería aberta cara ao sur e outra lateral onde se atoparon restos prehistóricos. Grazas a Emilio Fernández Queiruga, dispoñemos hoxe dunha escritura privada que nos permite saber que o 12 de agosto de 1943, seu pai, Camilo Fernández Romero denunciou a existencia dun fondo mineiro, de wolfram e estaño, que rexistrou co número 2.716 co nome “Fonforrón”. O 17 de maio de 1944 decide formar sociedade para explotala con Fernando González Conde y de Borbón, sendo testigos Ricardo Sauer Rodríguez e Salustiano Calo Maneiro. Acordan que todos os dereitos, obrigas, beneficios e perdas que orixine a mina se repartirán entre ambos os dous ao 50 por cento. En segundo lugar acordan que se unha das partes quere vender a súa participación está obrigado a ofrecerlla primeiro ao seu socio, e só se este renuncia pode venderlla a un terceiro. Como terceiro Mina Victoria

Page 147: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

146Porto do Son

punto do acordo, deciden que calquera determinación que unha das partes pretenda tomar sobre o fondo mineiro, está obrigado a comunicarllo ao outro socio, cando menos con quince días de anticipación. Por último, acordan que ese documento privado dá fe só da palabra dos que subscriben e que por vontade de calquera deles pode ser elevado a escritura pública, correndo os gastos a cargo de ambos.

Confírmase así que houbo un intento de explotación mineira na cova de Fonforrón, pero os nosos informantes non teñen constancia de que se levase realmente a cabo, e todo parece que quedou na intención e no papel, mais non na realidade.

OUTRAS MINAS EN PORTO DO SON

Por unha carta da Delegación Provincial da Coruña, do Sindicato Rexional do Metal, dirixida a Joaquín Santos Saíñas, sabemos da existencia da mina ANA MARÍA, pois convocan a unha asemblea xeral do sector da minería da provincia da Coruña, que se celebraría o 12 de outubro de 1955. A asemblea convocábase para designar os vocais da Xunta de Reparto Gremial que mandaba constituír a O.M. do 21 de decembro de 1954, así como os vocais da Xunta Clasificadora do gremio. Como terceiro punto da orde do día da reunión figuraba a exposición por parte do presidente do gremio dos detalles do concerto coa Deputación Provincial, e comunicar a cifra de 2.300.000 Ptas. que era o importe do concerto 1954-1955. Como derradeiro punto da orde do día, figuraba “Sistema de recaudación del impuesto provincial por el Gremio”.

Fragmento da Escritura pública

Page 148: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

147 Introdución á minería no Barbanza

A mina Ana María estaba situada na parroquia de Santa Mariña de Xuño.

FONTES ORAIS

O autor agradécelle as súas útiles informacións a:

D. Emilio Fernández Queiruga, fillo de Camilo Fernández Romero, un dos propietarios das minas. D. José Mayán Romero, quen traballou na mina do Seán. D. Francisco González Romero, traballador na mina do Seán.

FONTES ESCRITAS

MORALEJO LASSO, A.: Toponimia gallega y leonesa, Santiago de Compostela, Pico Sacro, 1977.

Nomemclátor de Galicia. Toponimia oficial das provincias, concellos, parroquias e lugares, Santiago, Xunta de Galicia, 2004.

SACAU RODRÍGUEZ, G.: Os nomes da Ría de Vigo, Vigo, Instituto de Estudios Vigueses, 1998.

Puidemos tamén consultar unha fotocopia dunha revista escolar, que cremos do CEIP de Queiruga, que contiña o traballo “Minas de Oceán”.

Page 149: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

148Porto do Son

Localización das pricipais minas da zona sobre mapa de Atlas Básico Sálvora de Galicia.

Page 150: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

149

TRÍPTICO DAS XORNADAS DE INTRODUCIÓN Á MINERÍA NO BARBANZA - BOIRO , 20 E 27 DE XANEIRO DE 2007

Page 151: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

150

Page 152: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

151

PRESENTACIÓN E RELATORES

XOSÉ DEIRA, Mª LUISA LÓPEZ, J. JESÚS ARES E MANUEL CAMPANA PRESENTANDO AS XORNADAS

Page 153: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

152

CARLOTA GARCÍA PAZ E XULIO GUTIÉRREZ ROGER

XURXO AYÁN VILA E LEONARDO GONZÁLEZ

Page 154: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

153

ANA FILGUEIRA

BLANCA CAAMAÑO

Page 155: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

154

MANUEL ÁLVAREZ- CAMPANA GALLO

Page 156: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

155

VISITA Á CASA DO CAPATAZ DA MINA DE LAMPÓN

VISITAS DURANTE AS XORNADAS

Page 157: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

156

VISITA Á MINA DE SAN FINX

Page 158: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

157

VISITA Á MINA DE SAN FINX

Page 159: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

158

Page 160: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

159

Otero Pedrayo, Ramón (dir) : Historia de Galiza (Madrid: AKAL EDITOR, 1979), 2 vols.

Carré Aldao, Eugenio: Geografía General del Reino de Galicia, tomo II, (Barcelona: Ed. Alberto Martín, 1936).

Rolland, Eduardo: Galicia en Guerra, Xerais, 2006.

Pazos, Lino J., Guerra submarina en Finisterre (1914-1945), Gráficas Salnés, Cambados, 2002.

Irujo, José Mª, La lista negra. Los espías nacis en España. Editorial El País Aguilar, Madrid, 1999.

García Pérez, Rafael, Franquismo y Tercer Reich. Las relaciones económicas hispano-alemanas durante la segunda guerra mundial. Centro de Estudios Constitucionales, Madrid, 1994.

Collado Seidel, Carlos. España, refugio nazi. Ediciones Temas de Hoy, 2005

BIBLIOGRAFÍA

Page 161: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

160

Page 162: Introdución á minería no Barbanza - Noticiascamaraminera.org/uploads/COMG/documentacion/mineria/_mineria... · institucional co que contou, por parte de organismos tan variados

Introdución á minería no Barbanza

Intr

oduc

ión

á m

iner

ía n

o B

arba

nza

Coordinadores:Mª. Luisa López Otero “Asociación O Faiado-2”

José Manuel Álvarez-Campana Gallo “Cámara Oficial Mineira de Galicia”

Obxectivos:

• Poñer en valor e espertar o interese, para posteriores estudos, do papel tan importante que noutrora tiveron algúns dos minerais do Barbanza, explotados en períodos de máis ou menos actividade, desde a prehistoria ata ben mediado o s. XX.

• Valorar o estado actual das minas e das súas instalacións.

• Recoller toda a información que aínda poden aportar algunhas persoas vivas, relacionadas coa actividade mineira do s. XX.Asc. Artesá

e Etnográfica do Barbanza