INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web...

28

Transcript of INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web...

Page 1: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación
Page 2: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

INTRODUCCIÓN

Os nosos centros de ensino vanse dotando, lentamente, de aparellos informáticos e proxectores con posibilidades de recibir sinais de audio, vídeo, DVD, PC, cámaras dixitais,... Isto supón a irrupción dun importante medio de apoio didáctico que pode axudar en gran medida no proceso de ensinanza-aprendizaxe

Presentando o recurso didáctico que tes nas túas mans o noso grupo detraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aulade Educación Plástica e Visual aportando un material de comunicaciónaudiovisual do que hoxe -que nós saibamos- carece o mercado de recursoseducativos e confiando en que sexa de utilidade para o noso colectivo.

Comezando pola percepción e continuando polos elementos básicos da imaxe e da súa representación -punto, liña, plano, volume, luz, cor, textura- o CD-2 que acompaña a este manual contén para visualizalo co programa Power Point e para cada unha das partes citadas unha secuencíación lóxíca de imaxes proxectables-diaposItivas-para apoiar unha explicación razoada de cada tema na túa aula. As imaxes están ordenadas nunha estructura lóxica e xerarquizada ofrecendoun accesible banco de datos dos conceptos que con máis frecuenciatraballamos nas aulas de Educación Plástica e Visual.

O último apartado -o referido ás Vangardas Artísticas- ademais de introducir o coñecemento da arte de finais do século XIX e século XX ata os nosos días, permite relaccionar as partes máis teóricas ou conceptuais -o punto, a luz,... con obras de artistas plásticos, para esto último moitas das imaxes xa están vinculadas cando consideramos que podan ter algunha relacción clara entreelas, podendo establecer ti a navegación no Power Point ó teu gustoestablecendo as vinculacións que consideres oportunas.

Recurso didáctico presentado:Manual-Guía en soporte papel: Para poder visualizar o material a proxectar en calquera momento e situación e preparar a intervención na aula. Cada miniatura ven acompañada dunha pequena explicación ou aclaración do porqué da súa ubicación na unidade respectiva.CD: Manual-Guía en soporte dixital (Word).

Material proxectable (Power Point).

Medios Informáticos precisos na aula:PC ou ordenador portátil.Cañón de vídeo.

GT PENTACROMO SOMOS:

IGNACIO NIÑO RICOY. IES E. BLANCO AMOR. CULLEREDO. [email protected]ÚS PAZ LÓPEZ. IES AFONSO X. CAMBRE. [email protected]É MANUEL REY BAO. IES Fco. AGUIAR. BETANZOS. reybao@ edu.xunta.es

Page 3: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

EULOGIO ROUCO LAMELA. IES ADORMIDERAS. A CORUÑA. [email protected] VARELA RUBIO. IES A SARDIÑEIRA. A CORUÑA. [email protected] TÉLLEZ GONZÁLEZ. IES E. BLANCO AMOR. CULLEREDO. etellez@ edu.xunta.es

GT PENTACROMOMaio 2005

Page 4: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

U.D.1. A PERCEPCIÓN.

OBXECTIVOS:

- Comprender a fisioloxía da visión e os seus efectos sobre a percepción.- Identificar os distintos tipos de imaxes que existen na natureza e os que o home

produce.- Definir os fundamentos da percepción visual e as súas características físicas e

psicolóxicas.- Recoñecer os defectos da visión e os enganos ópticos que esta produce.- Utilizar a capacidade de observación e percepción dos sentidos,

fundamentalmente a vista.- Descubrir as características básicas da imaxe en canto a tipoloxía e contido.- Clasificar as imaxes segundo a súa función na sociedade e o uso que se lles dá.- Comprobar e exercitar as posibilidades que ten a imaxe como linguaxe

expresiva.- Recoñecer a importancia da imaxe no mundo actual.

CONTIDOS:

- Fisioloxía da visión.- Categorización da imaxe. Tipos de imaxes.- A gestalt.- Ilusións ópticas.- Percepción do volume.- Figuras imposibles.- Visión estereoscópica.- Percepción do movemento.- Persistencia retiniana.

Page 5: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1001. UD 1. A PERCEPCIÓN. MAPA CONCEPTUAL

1002. A PERCEPCIÓN - ÍNDICE: FISIOLOXÍA. CATEGORIZACIÓN DA IMAXE. Tipos de imaxes. A GESTALT. ILUSIÓNS ÓPTICAS. PERCEPCIÓN DO VOLUME. FIGURAS IMPOSIBLES. VISIÓN ESTEREOSCÓPICA. PERCEPCIÓN DO MOVEMENTO. PERSISTENCIA RETINIANA.1003. O ollo procesa as imaxes que observa no exterior. O sistema de percepción visual do ser humano está formado polos ollos, os nervios oculares e a rexión occipital do cerebro, onde se procesan as imaxes e se orixinan as reaccións, motoras ou intelectivas, aos estímulos recibidos.1004. Fisioloxía do ollo. Este sistema capta imaxes do exterior proxectándoas sobre a retina, o que converte a realidade tridimensional nunha imaxe bidimensional curvada (non esquezamos que o fondo do ollo é curvo).

1005. A retina é un órgano vivo no que existen dous puntos importantes. A fóvea, que é a parte máis sensible da retina, e o nervio óptico, que é un punto cego na mesma.

1006. Comprobación do punto cego. Debes situarte fronte á pantalla pechando o ollo esquerdo e situando o dereito perpendicularmente ó punto; se se acerca ou separa do monitor, a unha determinada distancia desaparecerá a visión da cruz. Isto é debido a que o enfoque na retina pasa polo chamado punto cego. Á inversa, desaparecerá o punto.1007. Comprobación do punto cego - 2.

1008. Aínda que existe unha grande variedade de formas e de especializacións entre as neuronas, basicamente a súa función pode resumirse coa xeración e envío de sinais eléctricas.

Page 6: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1009. O cerebro é o encargado de dicirnos se esa imaxe é real, tridimensional ou non, baseándose para iso en todas as informacións que a acompañan (sensación de espazo exterior, ruído, ausencia de referentes, etc.)

1010. O cerebro

1010. Categorización da imaxe. A categorización é unha característica cognitiva pola cal percibimos unha imaxe en gran parte debido ó coñecemento previo que temos do obxecto ou doutros obxectos semellantes e do seu significado. Isto é o que sucede cando a imaxe está incompleta ou confusa.1011. Categorización da imaxe - 2. Ás veces sucede que tardamos en ver unha imaxe, pero cando a percibimos non podemos deixar de vela, como ocorre cando descubrimos que a imaxe seguinte é a dun dálmata situado debaixo unha árbore.1012. Existen tres tipos principais de imaxes: As imaxes espontáneas, xurdidas na natureza, as imaxes creadas, fundamentalmente polo home e habitualmente mediante métodos artísticos, e as imaxes captadas, que necesitan dun aparello específico para a súa captación e non sempre necesitan da intervención directa dun humano.1013. Imaxes espontáneas: sombras.

1014. Imaxes espontáneas: reflexos.

1015. Imaxes espontáneas: Metal pulido, espello, cristal, líquidos.

Page 7: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1016. Imaxes espontáneas: a cámara escura. Antigüidade: a cámara escura era coñecida xa en Exipto na época dos faraóns, e en Italia na época romana (vestixios en Herculanum). Aristóteles (384-322 a.C.) construíu a primeira cámara escura, describíndoa do seguinte xeito: “Faise pasar a luz a través dun pequeno burato feito nun cuarto pechado por todos os seus lados. Na parede oposta ó burato, formarase a imaxe do que se atope fronte a el”.1017. Imaxes creadas. Imaxes artísticas.

1018. Imaxes creadas - 2. Imaxes técnicas.

1019. Imaxes captadas. Fotografías.

1020. A comunicación. Esquema.

1021. Comunicación natural: Audiovisual substantivo. A natureza como emisor de imaxes e sons. Trátase da observación por medios naturais (os ollos, os oídos) das imaxes e os sons que existen na natureza.

1022. Comunicación artificial. Audiovisual adxectivo. Os medios audiovisuais utilizan as imaxes e os sons para elaborar mensaxes por medio de determinados aparellos (cámaras, magnetófonos, etc.)

1023. Unha interpretación cada vez. O cerebro tampouco é quen de interpretar unha imaxe de dúas formas diferentes á vez; se se interpreta cun significado pérdese a percepción do segundo.

Page 8: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1024. Efecto de unidade. O ser humano tende a considerar o que observa como unha unidade: un cuarto, unha paisaxe, ... Pero se nese cuarto existe un obxecto que capta a súa atención nunha parede branca, o ollo tende a observalo illadamente, procurando que o seu campo de visión o abarque totalmente, ben achegándose ou afastándose ata o punto desexado.1025. Percorrido do ollo. D. Kahneman establece que, ao observar unha imaxe, a mirada non segue un percorrido determinado, senón que vaga pola superficie da imaxe deténdose ó chou nos obxectos que chaman a súa atención, dependendo en ocasións do seu tamaño, da súa forma ou da súa cor.1026. O encadramento é algo que facemos de modo natural cada vez que miramos. Se queremos compoñer axeitadamente, debemos seleccionar un determinado encadramento para a elaboración das nosas imaxes.

1027. O encadramento está normalizado en denominacións xenéricas que abranguen determinadas amplitudes no campo de visión.

1028. O encadramento. Gran plano xeral.

1029. O encadramento. Plano xeral.

1030. O encadramento. Plano americano.

1031. O encadramento. Plano medio.

Page 9: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1032. O encadramento. Primeiro plano.

1033. O encadramento. Plano detalle.

1034. A “Gestalt”. Movemento científico alemán que estuda a percepción humana desde o punto de vista psicolóxico. Principios do século XX.

1035. Efecto de relación. Establécese unha relación magnética aparente entre puntos ou formas visualmente próximas. A percepción visual destes puntos fai que provoquen certa tensión entre si, o que permite establecer liñas imaxinarias, que nos fan ver formas xeométricas, como no exemplo: un cadrado.1036. Efecto de proximidade e semellanza. Por proximidade, tendemos a ver seis liñas paralelas como tres pares. Koffka explica que dúas liñas paralelas próximas entre si percíbense como unha unidade. O espazo que media entre elas aparece pechado e separado do que as rodea.1037. Efecto de proximidade e semellanza - 2. Os elementos próximos considéranse unidos. Os elementos iguais e próximos considéranse unidos. Por exemplo, en cadrados.

1038. Efecto de proximidade e semellanza - 3. Por igualdade, os elementos semellantes entre si tenden a agruparse. Por exemplo, en liñas.

1039. Efecto de orientación. Os elementos orientados nunha certa dirección provocan continuidade.

Page 10: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1040. Efecto de ritmo. Os elementos dispostos cunha certa alternancia provocan un ritmo determinado.

1041. Efecto de contraste. Os elementos singulares destacan do seu contorno, pola súa forma, a súa cor ou o seu tamaño.

1042. Efecto de simetría. A simetría prevalece sobre a igualdade. Percíbese un hexágono porque os círculos de distinta cor non forman por si solos unha figura simétrica.

1043. Efecto de simetría - 2. Polo contrario, se hai unha figura simétrica, esta prevalece.

1044. Contraste figura-fondo. É a relación que se establece entre dous planos de distinta cor ou ton. Non podemos observar ao mesmo tempo un floreiro central ou dúas caras enfrontadas. Este efecto foi estudado polo psicólogo danés Edgar Rubin, que fixo un estudio sobre a reversibilidade das imaxes en 1915. Se engadimos detalles sobre as imaxes estas adquiren maior presenza.1045. Este mesmo principio é o que se aplica a algúns deseños, como este, no que alternativamente vemos formas brancas sobre fondo vermello, e viceversa.

1046. O artista M. C. Escher utilizou este efecto para crear algunha das súas famosas composicións.

1047. Constancia da forma. Unha forma coñecida é recoñecida polo cerebro aínda que a súa imaxe óptica sexa diversa. Por exemplo, un cadrado visto desde outra posición continúa sendo percibido como tal, e non como un trapecio, que é como realmente o vemos.

Page 11: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1048. Concepto de pregnancia. Unha forma con pregnancia é unha forma visualmente forte. O círculo, o triángulo e o cadrado son as figuras con maior pregnancia. Percibímolos rapidamente, aínda que non aparezan en todos os seus detalles. É o caso do triángulo inexistente.

1049. Efecto de transposición. Esta ilusión rómpese cando se lle efectúa calquera adición ou supresión.

1050. Constancia do tamaño. O cerebro interpreta as características dun obxecto de maneira constante, polo que deduce que dous obxectos dun mesmo tamaño atópanse a unha mesma distancia do observador. Polo contrario, se o tamaño diminúe, o cerebro interpreta que o menor está a maior distancia que o obxecto de maior tamaño.1051. A diferenza de tamaño dunha forma produce efecto de distancia ou achegamento. Este efecto está ligado á percepción dos obxectos na realidade, que efectivamente diminúen de tamaño na distancia, pero tamén está ligado ao noso coñecemento das leis da perspectiva, tal como está formulada na Xeometría Descritiva.1052. Ilusión de Müller-Lyer. As liñas “ab” e “cd” teñen a mesma lonxitude. Sen embargo, o cerebro interpreta que a segunda liña é máis longa que a primeira. Isto é debido a que as liñas interiores das construcións tenden a verse máis lonxe que as exteriores, o que ten relación co “mecanismo de calibración tamaño-distancia”.1053. Ilusión de Müller-Lyer na sala de exposicións. Resulta espectacular comprobar como os segmentos negros son do mesmo tamaño pese a parecer de dimensións moi diferentes.

1054. Outra variante deste efecto pode observarse nun debuxo dunha habitación en perspectiva, no que a figura aparentemente distante parece maior que a próxima, pese a ser do mesmo tamaño, como se pode comprobar.

1055. Outra variante da ilusión de Müller-Lyer é a ilusión do trapecio, na que as liñas “ab” e “cd” teñen a mesma lonxitude.

Page 12: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1056. Ilusión da lúa. Ás veces quedamos marabillados pola visión dunha enorme lúe brillando no horizonte ó atardecer. Esta ilusión prodúcese pola constancia perceptual do tamaño. Cando a lúa está cerca do horizonte podemos comparala con outros obxectos, e o cerebro deduce que se atopa máis lonxe que habitualmente e interpreta o seu tamaño como maior.1057. Unha visualización da ilusión de Ponzo é a ilusión das vías: os dous rectángulos brancos horizontais teñen a mesma lonxitude; sen embargo, o máis afastado parece maior.

1058. Ilusión de C. Poggendorf. Trátase dunha ilusión óptico – xeométrica na que unha liña recta, interrompida por dúas paralelas que a cortan oblicuamente, é percibida como dous segmentos non aliñados. A liña descontinua representa a continuación do percorrido da liña da esquerda, intuído polo cerebro, que é evidentemente falso, como se pode comprobar.1059. Eliane Vurpillot demostrou que esta diferenza diminuía se a figura fose significativa ou tivese a mesma orientación, como no segundo caso.

1060. Ilusión de Hering. Dúas liñas paralelas horizontais parecen curvarse ó superpoñerse nunha estrutura radial.

1061. Ilusión do cadrado. Idem anterior.

1062. Ilusión do cadrado curvado. Idem anterior.

1063. Ilusión dos dous círculos.

Page 13: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1064. Ilusión de f. Zollner. As liñas oblicuas son en realidade rectas e paralelas.

1065. Ruptura da linearidade. Os puntos parecen perder a súa linearidade por estar no interior de figuras oscilantes.

1066. O efecto Moaré é basicamente un entrecruzado de franxas ou liñas que se obtén ó superpoñelas cunha pequena desviación do ángulo. O efecto Moaré produce impresións enganosas de movemento. Este tipo de efectos deron lugar a certas formas de arte, como a “Op-art” e a arte cinética.1067. A imaxe cinética: a figura de McKay. A ilusión óptica de fugaz sombra gris da superficie branca deste debuxo de círculos concéntricos fai parecer que a figura está en movemento.

1068. A imaxe cinética: un caso semellante é o dunha espiral en movemento, que produce sensación de achegamento ou de afastamento, segundo sexa o movemento que se lle imprima.

1069. Percepción do volume. Diedro de March.

1070. Percepción do volume. Escaleira reversible, aplicación do diedro de March.

1071. Figura de Thiery. Esta figura induce a erro: produce o efecto dun cubo ou ben dunha superficie cóncava.

1072. Figuras imposibles. Variantes.

Page 14: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1073. Figuras imposibles. Por un lado percíbese como tres tubos circulares, e por outro percíbese como unha figura cuadrangular. Tamén se produce o efecto de que non se poden percibir ambas impresións ao mesmo tempo.

1074. Escaleira imposible. Baseada nos mesmos principios do triángulo imposible.

1075. Caixa imposible.

1076. A visión estereoscópica ven dada pola existencia de dous ollos, que transmiten unha información lixeiramente distinta ao cerebro.

1077. Visión estereoscópica. O sistema de percepción visual do ser humano capta con gran habilidade a profundidade grazas á existencia de dous ollos colocados simetricamente a ambos lados da cara.

1078. O ollo humano, ó mesmo que o doutros mamíferos, está magnificamente dotado para detectar movementos no espazo, cousa que sucede cando a velocidade do obxecto que se move é polo menos de 3º por segundo.1079. Percepción do movemento. O ollo humano tende a discriminar os obxectos en movemento dos obxectos en repouso. Cando algo se move, o ollo cáptao inmediatamente, e tende a seguilo coa mirada. O peixe ou a casa, colocados baixo unha transparencia de puntos, só se perciben cando se moven.1080. Defectos do ollo. Distintos obxectos poden producir a mesma imaxe na retina (ver concepto de pregnancia).

1081. Defectos do ollo - 2. Persistencia retiniana. Taumatropo. A persistencia retiniana é un defecto do ollo humano que podemos comprobar mediante o Taumatropo, un disco con dous debuxos a un lado e ao outro que se perciben como un só ao xirar o disco.

Page 15: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1082. John Ayrton Paris utilizou o seu Taumatropo en 1824 para demostrar a “persistencia retiniana” no Real Colexio de Físicos de Londres.

1083. Taumatropo - 2.

1084. Taumatropo - 3.

1085. Persistencia retiniana. Flip-book. O flip-book é outra maneira de comprobar a persistencia retiniana. Unha serie de debuxos, ou de fotos, visionados consecutivamente de forma rápida permiten reconstruír o movemento.

1086. Persistencia retiniana. Fenakistiscopio. Este aparello, inventado ó comezo do século XIX, permite tamén observar figuras en movemento aproveitando o efecto da persistencia retiniana. O seu inventor, o belga Joseph Plateau (1801-1883) establece en 1929 que unha impresión luminosa recibida na retina persiste 1/10 de segundo despois da desaparición da imaxe.1087. Estroboscopio (1832). Simon Ritter von Stamfer, de Viena (Austria). Estes foron os primeiros instrumentos capaces de crear a impresión dunha imaxe que se movía realmente. Debemos colocar o lado coa imaxe fronte a un espello, suxeitando a variña cunha man; a continuación vense as imaxes reflectidas a través de regañas trazadas ao longo do bordo da roda. Xirando a roda coa outra man as imaxes entran en acción.1088. O zootropo foi inventado por William Horner (1786-1837) e patentado en 1834. Dúas décadas despois foi comercializado en Francia (1860) e Inglaterra e os Estados Unidos (1867). As imaxes distribuíanse sobre tiras de papel no interior dun tambor e se observaban cando este xiraba rapidamente a través de tiras cortadas na parte superior do tambor, na parte oposta das imaxes individuais.

Page 16: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1089. Zootropo - 2. Exemplo animado.

1090. E. J. Marey, fisiólogo francés, dedicábase en 1870 a estudar o movemento animal con medios mecánicos. Unha das observacións de Marey concluía que o cabalo tería durante un momento do seu galope as catro patas no aire. En 1878, Muybridge atópase con Étienne - Jules Marey, que trataba de rexistrar o movemento; deste encontro vai nacer a chronophotografie. Muybridge visita a Marey de novo en 1881.1091. E. J. Marey. O seu fusil fotográfico de 1882 ten unha exposición de 1/720 segundos, e crea 12 imaxes nun disco de cristal redondo ou octogonal de 7,5 cm. de diámetro en 3 segundos. Exemplos animados.

1092. Edward Muybridge, inglés de nacemento, emigra a América en 1851. Nos anos 60 fotografía as paisaxes do Oeste. Na primavera de 1872 Leland Stanford convídao a fotografar os seus cabalos. Stanford cruzou unha aposta de 25000 dólares en contratou a Muybridge para dirimila, coa axuda da única proba irrefutable: a fotografía.1093. Experiencias de captación do movemento. E. Muybridge. A invención da fotografía e o coñecemento da persistencia retiniana permitiron os primeiros experimentos que deron lugar á aparición do cinema.

1094. ... que deron lugar ao nacemento do cinema. Sallie Gardner correndo a 57,9 Km/h (19 de xuño de 1978). Exemplo animado.

1095. Edison. Algúns din que é o inventor do cinema. En 1877 inventa o fonógrafo; en 1889 fixo fabricar rolos especiais de película por Eastman. Realizou unha cámara de cine eléctrica e fixo as primeiras películas en 35 mm. para utilizalas no seu Kinetoscope.1096. A patente do Kinetograph (a cámara) e o Kinetoscope (o visor) é do 24 de agosto de 1891.

Page 17: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1097. Kinetógrafo. Aparello tomavistas ideado en 1889 por Edison e Dickson, e que foi a primeira verdadeira cámara da historia do cinema. En 1894 Edison crea as catro perforacións por fotograma, características do formato 35 mm.

1098. The Edison Kinetoscopic Record of a Sneeze é unha das series de filmes curtos creados por Dickson en xaneiro de 1894.

1099. Edison Film Co. Edison crea unha produtora coa que fai películas de Ficción como “EDISON-JOURNAL CUBAN WAR FILMS”, rodada no verán de 1898, tamén documentais.

1100. Georges Eastman, creador da Kodak, comercializa en 1885 un rolo de papel de 24 negativos. O mesmo Eastman popularizou o rolo de celuloide en 1888, material que os irmáns Hyatt inventaran en 1869.

1101. Eastman - Edison.

1102. Max Skladanowsky. Outros personaxes trataron de apropiarse do mérito de inventar o cinema, como este, que fixo unha proxección cun aparello da súa invención en Berlín (1 de setembro de 1895). Por primeira vez á escala mundial os irmáns Max e Emil Skladanowsky representaron secuencias de cortas películas ante un público que pagou para a representación.1103. Birt Acres (1854-1918) foi considerado polos ingleses como o inventor do cinema, con anterioridade aos irmáns Lumiere, probablemente en xuño de 1895.

1104. Os irmáns Lumiere, inventores do cinema proxectado sobre unha pantalla, e do aparello chamado “cinematógrafo”, que era ó mesmo tempo tomavistas e proxector.

Page 18: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1105. A primeira proxección pública de película cinematográfica: 28 de Decembro de 1895.

1106. A chegada do tren. A primeira proxección dun documental: 28 de Decembro de 1895.

1107. O regador regado. A primeira proxección pública dunha película con argumento: 28 de Decembro de 1895.

REFERENCIAS DAS ILUSTRACIÓNS.

U.D.1. A PERCEPCIÓN.

1003. http://images.google.es/images?

1004. http://images.google.es/images?

1005. webvision.med.utah.edu/imageswv/huretina.jpeg

1006. www.luz.unam.mx/eq_vision_11.html

1007. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1008. www.lndnoticias.com.ar/arquimedes/textos/cajal.htm

1009. http://images.google.es/images?

1010. http://images.google.es/images?

Page 19: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1010. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1011. http://ciencias.unizar.es/mdg/2003/08edupreunesq/tendencias2000/parapensarmejor/cap3 _pic15.gif

1012. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1013. http://images.google.es/images?

1014. http://images.google.es/images?

1015. http://images.google.es/images?

1016. http://images.google.es/images?

1017. http://images.google.es/images?

1018. http://images.google.es/images?

1019. http://images.google.es/images?

1020. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1021. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1022. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1023. http: //www.acampemos.com/imagenes/vieja-joven.gif&imgrefurl

1024. http://images.google.es/images?

1025. http://images.google.es/images?

1026. http://images.google.es/images?

1027. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1028. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1029. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1030. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1031. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1032. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1033. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

Page 20: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1034. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1035. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1036. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1037. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1038. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1039. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1040. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1041. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1042. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1043. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1044. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1045. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1046. Autor: M. C. Escher.

1047. http://images.google.es/images?

1048. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1049. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1050. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1051. http://images.google.es/images?

1052. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1053. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1054. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1055. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1056. http://images.google.es/images?

1057. http: //centros5.pntic.mec.es/ies.arquitecto.peridis/percep/ponzo.jpg&imgrefurl

1058. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

Page 21: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1059. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1060. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1061. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1062. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1063. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1064. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1065. http://images.google.es/images?

1066. http://images.google.es/images?

1067. http://images.google.es/images?

1068. http://images.google.es/images?

1069. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1070. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1071. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1072. http://images.google.es/images?

1073. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1074. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1075. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1076. http://images.google.es/images?

1077. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1078. http: //omega.ilce.edu.mx:3000/sites/ciencia/volumen2/ciencia3/073/htm/sec_13.htm

1079. Elaboración propia (©Jose-Eulogio Rouco Lamela)

1080. http://images.google.es/images?

1081. Museo da Escola de Imaxe e Son de A Coruña.

1082. http://images.google.es/images?

1083. http://images.google.es/images?

Page 22: INTRODUCCIÓNcentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/debux…  · Web viewtraballo pretende adecuar, aproveitar e integrar estas novas tecnoloxías na aula. de Educación

1084. http://images.google.es/images?

1085. Museo da Escola de Imaxe e Son de A Coruña.

1086. http://images.google.es/images?

1087. http://images.google.es/images?

1088. http://images.google.es/images?

1089. http://images.google.es/images?

1090. http://images.google.es/images?

1091. http://images.google.es/images?

1092. http://images.google.es/images?

1093. http://images.google.es/images?

1094. http://images.google.es/images?

1095. http://images.google.es/images?

1096. http://images.google.es/images?

1097. http: //www.acmi.net.au/AIC/MAGIC_MACHINES_4.html

1098. http: //www.americaslibrary.gov/aa/edison/aa_edison_movies_2_e.htm

1099. http://images.google.es/images?

1100. http: //www.ex.ac.uk/bill.douglas/Schools/movingpics/movingpics7.htm

1101. http: //www.edwardsamuels.com/illustratedstory/iscsmall/isc3small.htm

1102. www.mshepley.btiternet.co.uk/maxsklad.jpg

1103. http: //members.ams.chello.nl/a.wichmann2/acres/acrestotal.htm

1104. www.mtsu.edu/dsmitche/rim458/458gifs/lumiere.GIF

1105. http: //sotre.encore-editions.com/Posters_A.html

1106. http: //www.institut-lumiere.org/english/lumiere/sfilms.html

1107. http: //www.institut-lumiere.org/english/lumiere/sfilms.html