INFORME MULLER RURAL -...

60
Comisión Muller Rural INFORME MULLER RURAL

Transcript of INFORME MULLER RURAL -...

Page 1: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

0

Comisión Muller Rural

INFORME MULLER RURAL

Page 2: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

Informe Muller Rural

Coordinación: Secretaría Xeral da Igualdade

Elaboración: Comisión de Muller Rural do Consello Galego das Mulleres

Aprobación: Pleno do Consello Galego das Mulleres, na súa reunión do 3 de xuño de 2016

Page 3: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

ÍNDICE

1. AS MULLERES EN GALICIA .................................................................................................. 1

2. MEDIO RURAL ...................................................................................................................... 3

2.1 DEFINICIÓN DE RURAL: CRITERIO EMPREGADO ........................................................... 3

3. O RURAL GALEGO .................................................................................................................... 5

3.1. TERRITORIO ................................................................................................................... 5

3.2. POBOACIÓN ................................................................................................................... 7

3.3. ANÁLISE DEMOGRÁFICA E SOCIAL .............................................................................. 12

3.4. ECONOMÍA .................................................................................................................. 14

3.5. EMPRENDEMENTO ...................................................................................................... 22

3.6. TIC E MOBILIDADE ....................................................................................................... 28

3.7. CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE .................................................................. 32

4. CONCLUSIÓNS .................................................................................................................... 38

ANEXO 1. GRAO DE URBANIZACIÓN DOS CONCELLOS .......................................................... 44

ANEXO 2. MAPA DE SERVIZOS ................................................................................................ 53

Page 4: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que
Page 5: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

1 Informe Muller Rural. CGM 2016

1. AS MULLERES EN GALICIA

Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que a maior parte do seu

territorio ten esta consideración (arredor do 84% da superficie). O rural e o mar son os

valores sobre os que se sustenta e evoluciona a sociedade galega. Estes non pode ser

explicados sen ter en conta o importante papel que as mulleres galegas levaron a cabo ao

longo de séculos de historia.

O traballo feminino foi dende sempre un piar fundamental para

manter as economías familiares.

A partir dos anos 60 a industrialización incrementou a urbanización das cidades e o auxe

da economía de servizos. Paralelamente a mecanización e modernización da agricultura

que experimentou o rural fixo que se reducira a carga de traballo, o que causou a

invisibilización dos labores exercidos polas mulleres, quedando relegadas a un papel

secundario e invisible, vinculadas ás tarefas domésticas e á axuda familiar. Esta situación

repercutíu de xeito negativo no benestar, a saúde e a autoestima das mulleres, posto que

o traballo doméstico “non ten duración temporal, senón que se dilata indefinidamente

durante todo o día e todos os días do ano. Ao non ser un traballo remunerado, non hai una

valoración cuantificable do cansazo, dedicación, esforzo e habilidades que conleva” (1)

As condicións de vida das mulleres rurais caracterízanse pola falla de oportunidades

laborais e a precariedade dos empregos existentes, a insuficiencia de infraestruturas e

servizos, as dificultades de acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación, e a

escasa afiliación á seguridade social das mulleres traballadoras, segundo o estudo

Condiciones de vida y posición social de las mujeres en el medio rural, MARM (2011c),

elaborado polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.

A permanencia dun rural vivo e con futuro pasa pola súa revalorización, como motor

xerador de riqueza e emprego, aproveitando as múltiples potencialidades que ofrece. Para

que o desenvolvemento sexa sostible e integral é necesario poñer en valor o papel da

muller, coma piar fundamental no mantemento dos pobos e no desenvolvemento sostible

de toda a sociedade. As mulleres fixeron achegas esenciais na vida social e económica do

ámbito rural transmitindo valores e contribuíndo de forma decisiva á evolución da

sociedade galega.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------- (1) (Cruz Souza, 2006: 112).

Page 6: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

2 Informe Muller Rural. CGM 2016

A procura da igualdade está reflectida no Artigo 14 da Constitución Española, no que

establece que a poboación española é igual ante a lei. A Lei Orgánica 3/2007, de 22 de

marzo, para a Igualdade efectiva de mulleres e homes, constitúe o marco normativo

español para promover a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, e

combater a desigualdade de xénero en España. No artigo 30 fai referencia ao principio de

igualdade na política de desenvolvemento rural, onde se establecen cinco medidas para

transversalizar o enfoque de xénero e favorecer a igualdade entre mulleres e homes no

eido rural.

En Galicia, o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto

refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de

igualdade, dedica o Capítulo VII, de xeito específico, á Participación das mulleres no

desenvolvemento rural. No artigo 42, os dereitos das mulleres no desenvolvemento rural

sinala que “a Xunta de Galicia adoptará, dentro das súas competencias, as medidas

conducentes a eliminar a discriminación contra as mulleres en zonas rurais, coa finalidade de

asegurar, en condicións de igualdade entre as mulleres e os homes, a súa participación nos

beneficios dun desenvolvemento rural sustentable. Establécense 4 dereitos co obxecto de

asegurar a participación das mulleres nos beneficios dun desenvolvemento rural

sustentable. No artigo 43, establece que a “Xunta de Galicia adoptará as medidas necesarias

para facilitarlles ás mulleres o acceso e mantemento da titularidade ou cotitularidade das

explotacións agrarias”.

A Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sostible do medio rural, ten

como obxectivo o mantemento da poboación rural a través da mellora da súa situación

socioeconómica e o acceso a servizos públicos de calidade, poñendo especial énfase na

incorporación da xente moza do rural ao mercado laboral, fomentando a igualdade de

xénero e a participación das mulleres en todos os ámbitos da vida do medio rural.

A importancia da muller no rural, tamén se puxo de manifesto polo Parlamento Europeo,

que aprobou unha resolución na que considera “a integración da dimensión de xénero no

sector rural é un elemento estratéxico non só para promover a igualdade entre mulleres e

homes senón tamén para o crecemento económico e un desenvolvemento rural sostible”.(2)

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------(2) Resolución do Parlamento Europeo, de 12 de marzo de 2008, sobre a situación da muller nas zonas rurais da

Unión Europea (2007/2117(INI)). Diario Oficial da Unión Europea (20.03.2009/C 66 E/04).

Page 7: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

3 Informe Muller Rural. CGM 2016

2. MEDIO RURAL

2.1 DEFINICIÓN DE RURAL: CRITERIO EMPREGADO

Un dos criterios máis habituais é o da densidade de poboación. Segundo a metodoloxía da

OCDE, son municipios rurais aqueles cuxa densidade de poboación está por debaixo dos

150 habitantes / km².

A partir desta metodoloxía, a OCDE establece unha tripla clasificación en canto a grao de

ruralidade:

Rexión Predominantemente Rural (PR), se máis do 50% da poboación vive en

municipios que cumpran o criterio de ruralidade fixado.

Rexión Significativamente Rural (SR), se entre o 15% e o 50% da poboación reside

en municipios de menos de 150 h/km2.

Rexión Predominantemente Urbana (PU), se menos do 15% da poboación vive nos

devanditos municipios.

Segundo os datos anteriores, Galicia é unha comunidade significativamente rural (SR). A

Lei 45/2007, de 13 de decembro, para o desenvolvemento sostible do medio rural, no seu

artigo 3 proporciona as seguintes definicións:

Medio rural: o espazo xeográfico formado pola agregación de municipios ou

entidades locais menores definido polas Administracións competentes que posúan

unha poboación inferior a 30.000 habitantes e unha densidade menor dos 100

habitantes por km2.

Zona rural: ámbito de aplicación das medidas derivadas do Programa de

Desenvolvemento Rural Sostible regulado por esta Lei, de amplitude comarcal ou

subprovincial, delimitado e cualificado pola comunidade autónoma competente.

Municipio rural de pequeno tamaño: o que posúa unha poboación residente inferior

aos 5.000 habitantes.

No ano 2011, o Instituto Galego de Estatística publicou unha clasificación do grao de

urbanización dos concellos galegos, baseada nun estándar europeo. Nela recóllense os

principais indicadores demográficos, sociolaborais e económicos para Galicia e as súas

provincias segundo o grao e o subgrao de urbanización. Este conxunto de indicadores

permite discernir as diferenzas e similitudes entre as distintas zonas de Galicia, ademais

de caracterizar o que habitualmente se denomina urbano ou rural.

Page 8: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

4 Informe Muller Rural. CGM 2016

Grao de urbanización: é o tipo de localidade na que reside unha persoa segundo o seu

carácter urbano ou rural, e establécense tres categorías: zonas densamente poboadas

(ZDP), zonas intermedias (ZIP) e zonas pouco poboadas (ZPP).

o Zonas densamente poboadas (ZDP), conxunto contiguo de áreas locais de

densidade superior a 500 hab./Km2 e unha poboación total para a zona de

polo menos 50.000 habitantes.

o Zonas intermedias (ZIP) son o conxunto de áreas locais que non pertencen

a unha zona densamente poboada e cada unha delas ten unha densidade

superior a 100 hab./ Km2 e, ou ben a poboación total da zona é superior a

50.000 habitantes, ou ben é adxacente a unha zona poboada densamente.

o Zonas pouco poboadas (ZPP). Son os grupos de áreas locais que non

pertencen a zonas densamente poboadas nin a zonas intermedias.

Subgrao de urbanización: é unha subdivisión das zonas de urbanización (ZDP, ZIP,

ZPP) en subzonas co fin de diferenciar núcleos de características diferentes. Esta

subclasificación desagrega a ZIP en dúas subzonas (alta, baixa) e a ZPP en tres

subzonas (alta, intermedia e baixa).

O criterio empregado para a realización deste documento é o baseado no estándar

europeo, por ser o que emprega o Instituto Galego de Estatística (IGE), e o que achega os

datos estatísticos dispoñibles. Atendendo a este criterio, os concellos galegos quedan

clasificados do seguinte xeito:

Gráfica 1: Clasificación dos concellos segundo a densidade de poboación

Fonte: IGE- Eurostat

Page 9: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

5 Informe Muller Rural. CGM 2016

Táboa 1: Densidade de poboación segundo o grao de urbanización por provincias

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir de: INE. Padrón municipal de habitantes. Ano 2012.

3. O RURAL GALEGO

3.1. TERRITORIO

Galicia ten unha extensión de 29.874 km2, distribuídos en 4 provincias (A Coruña, Lugo,

Ourense e Pontevedra) que integran un total de 314 concellos. Conta con 1.498 km de

costa, dos cales 161 teñen carácter insular. Distínguense dúas grandes áreas territoriais: o

eixe atlántico, formado polas provincias da Coruña e Pontevedra, e o eixe interior,

formado polas provincias de Lugo e Ourense, caracterizadas pola importancia da

actividade agraria e o despoboamento.

Segundo a metodoloxía de clasificación das rexións en función da súa ruralidade (ICC3)

proposta pola Comisión Europea, as provincias da Coruña e Pontevedra, que ocupan o

42,1 % do territorio, considéranse de condición intermedia, mentres que as de Ourense e

Lugo, que representan o 57,9 % da superficie, son predominantemente rurais.

2.147

0

1.272 1.235

333 299 333 247

52 26 30 45

0

500

1000

1500

2000

2500

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

ZDP

ZIP

ZPP

Page 10: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

6 Informe Muller Rural. CGM 2016

As provincias de Lugo e Ourense son rurais, mentres que A Coruña e

Pontevedra son intermedias

Na seguinte gráfica podemos ver a distribución dos concellos galegos atendendo a súa

extensión en km2.

Gráfica 2: Clasificación dos concellos galegos segundo a superficie.

Fonte: Instituto Galego de Estatística.

Page 11: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

7 Informe Muller Rural. CGM 2016

3.2. POBOACIÓN

Galicia conta cunha poboación de 2.734.656 persoas, das cales 1.412.641 son mulleres e

1.322.014 son homes (IGE, 2015), sendo a densidade media de poboación de 92,9

persoas/km2.(IGE, 2014).

O 52% da poboación galega son mulleres

A provincia cunha maior densidade é Pontevedra, con 211 habitantes por km2 , mentres

que Lugo é a provincia coa densidade máis baixa, tendo de media 35 habitantes por km2 .

Táboa 2: Superficie e densidade por provincias

Provincia

Superficie (Km2)

Densidade

(hab/km2)

Galicia 29.575 92,9

A Coruña 7.950 142,6

Lugo 9.857 34,7

Ourense 7.273 44,2

Pontevedra 4.495 211,4

Fonte: IGE. Información subministrada directamente. Cifras poboacionais de referencia. Ano 2014

O 84% dos municipios galegos defínense como rurais (3)

Aplicando a metodoloxía DGURBA (3) para a clasificación de ruralidade a nivel municipal

atopamos que só os 7 municipios correspondentes ás maiores cidades de Galicia, que

integran o 37 % da poboación, se definen como densamente poboados. Considéranse

pequenas áreas urbanas e clasifícanse como zonas de densidade intermedia 44

municipios, principalmente da Coruña e Pontevedra, que representan o 26 % da

poboación; e 263 municipios, que reúnen ó 37 % da poboación, reciben a clasificación de

rurais pola súa baixa densidade de poboación.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------(3) Metodología DGURBA, delimita e clasifica o territorio en zonas rurais por unidades administrativas locais (LAU2,

municipios en España) dependendo da proporción de poboación que vive en cada tipo de clúster (celdas contiguas

de 1 km2 de superficie).

Page 12: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

8 Informe Muller Rural. CGM 2016

Galicia caracterízase pola dispersión da súa poboación.

En Galicia hai 3.772 parroquias, o que representa o 77% do total das parroquias

españolas. Unha de cada tres parroquias galegas atópase na provincia de Lugo, sendo a

provincia con maior número de núcleos diseminados. A provincia con menos parroquias é

Pontevedra, cun 18% do total.

En canto aos núcleos de poboación a maioría concéntranse na provincia da Coruña, con

4.058 núcleos, seguida de Ourense, con 2.599. O 36% da poboación galega reside en

Zonas Densamente Poboadas (ZDP). Pontevedra e A Coruña son as provincias con máis

poboación por Km2.

Un terzo da poboación galega reside en ZDP

(Zonas Densamente Poboadas)

Gráfica 3: Poboación por sexo e grao de urbanización

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir de INE. Padrón municipal de habitantes. Ano 2014

O número de mulleres é superior ao de homes en todas as zonas de Galicia. Nas Zonas

Pouco Poboadas concéntranse o 38% das mulleres galegas, nas Zonas Intermedias o 37%,

mentres que nas Zonas Intermedias de Poboación residen unha de cada catro mulleres.

465817

336799

523041 528590

352876

541572

ZDP ZIP ZPP

Homes Mulleres

Page 13: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

9 Informe Muller Rural. CGM 2016

Por provincias, o reparto poboacional, queda reflectido nas seguintes gráficas:

Fonte: IGE.Padrón municipal de habitantes. Ano 2014

A poboación galega reside de xeito maioritario nas Zonas Pouco Poboadas, agás na

provincia de Pontevedra, onde o 40% da poboación reside nas Zonas Densamente

Poboadas.

As mulleres galegas residen de xeito maioritario nas provincias da Coruña (41%) e

Pontevedra (34%), mentres que en Lugo e Ourense residen o 12% respectivamente.

4 de cada 10 mulleres galegas residen na provincia da Coruña

0

100000

200000

300000

400000

ZDP ZIP ZPP

179671 156267 124229

198272 162214

130266

Pontevedra

0

50000

100000

150000

200000

ZDP ZIP ZPP

45948 21713

98664 52612

23080

100731

Lugo

0

100000

200000

300000

400000

500000

ZDP ZIP ZPP

191226 138224

214625

219773

145503

223384

Po

bo

ació

n

A Coruña

Mulleres

Homes

0

50000

100000

150000

200000

ZDP ZIP ZPP

48972 20595

85523

57933

22079

87191

Po

bo

ació

n

Ourense

Mulleres

Homes

Page 14: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

10 Informe Muller Rural. CGM 2016

As Zonas Pouco Poboadas (ZPP), son as que presentan unha maior porcentaxe de

poboación de máis de 60 anos. Pola contra, as Zonas Intermedias de Poboación (ZIP), son

as que teñen unha porcentaxe maior de xente nova (menor de 20 anos).

Gráfica 4: Poboacións segundo grao de urbanización e grupos de idade

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir de INE. Padrón municipal de habitantes 2014.

As mulleres menores de 20 anos residen maioritariamente nas Zonas

Intermedias de Poboación, mentres que as maiores de 60 anos residen

nas Zonas Pouco Poboadas.

Máis da metade da poboación galega ten entre 20 e 59 anos. Segundo a gráfica anterior, o

número de homes é superior ao de mulleres nas persoas menores de 59 anos,

investíndose a tendencia para a poboación de máis de 60 anos, onde o número de

mulleres é superior ao de homes.

15 18 17

19

13 14

54 57

55 58

50

55

30

24 28

23

37

31

0

10

20

30

40

50

60

70

Mulleres Homes Mulleres Homes Mulleres Homes

ZDP ZIP ZPP

Po

rce

nta

xe

Grao Urbanización

<20

20-59

>=60

Page 15: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

11 Informe Muller Rural. CGM 2016

Gráfica 5: Idade media da poboación segundo sexo e grao de urbanización

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir de INE. Padrón municipal de habitantes. Ano 2012.

A poboación máis envellecida atópase nas Zonas Pouco Poboadas

(ZPP), sendo a idade media das mulleres de 50 anos.

46

45

50

43 42

47

45 44

49

0

10

20

30

40

50

60

ZDP ZIP ZPP

Mulleres

Homes

Total

Page 16: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

12 Informe Muller Rural. CGM 2016

3.3. ANÁLISE DEMOGRÁFICA E SOCIAL

O 52% da poboación galega son mulleres.

A poboación feminina é superior á masculina nas franxas de idade superiores aos 44 anos,

acadando a porcentaxe máis elevada no grupo de 85 e máis anos, onde 7 de cada 10 son

mulleres.

Gráfica 6: Pirámide de poboación galega.

Fonte: IGE. Censos de poboación. Padrón Municipal de Habitantes. Ano 2015.

A idade media das mulleres galegas é de 47 anos e 5 meses

A idade media da poboación galega é de 46 anos. É superior nas mulleres, sendo de 47

anos e 5 meses, mentres que para os homes a idade media é de 44 anos e 3 meses.

A poboación galega sufre un progresivo envellecemento, sendo o índice de

envellecemento de 149 persoas, o que implica que por cada 100 persoas menores de 20

anos hai 149 persoas maiores de 65 anos. Esta cifra é superior á media española que se

sitúa en 113 persoas. É máis acusado para as mulleres, que se sitúa en 178, que para os

homes 122, sendo superior en 56 persoas.

150000 100000 50000 0 50000 100000 150000

0-4

10-14

20-24

30-34

40-44

50-54

60-64

70-74

80-84

Número persoas

Idad

e

Mulleres

Homes

Page 17: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

13 Informe Muller Rural. CGM 2016

Nas Zonas Pouco Poboadas o número mulleres maiores de 65 anos é de 244 persoas por

cada 100 menores de 20 anos. Esta taxa é máis do dobre da media española. Para os

homes é de 173 persoas.

Á elevada taxa de envellecemento que padece a nosa comunidade hai que engadir a

baixa taxa de natalidade. A taxa media é 7 nacementos por cada 1.000 habitantes.

As Zonas Pouco Poboadas teñen a taxa de natalidade máis baixa,

5,7 nacementos

As zonas que presentan un mellor comportamento en termos de natalidade son as Zonas

Densamente Poboadas, onde a taxa chega os 8,3 nacementos por cada 1.000 habitantes.

A baixa natalidade está presente en boa parte dos concellos galegos. Así, o 43% dos

concellos teñen de media menos de 1 fillo/a por muller. O 32% dos concellos teñen de

media entre 1,1 e 1,7 nenos/as por muller.

As zonas rurais caracterízanse polas elevadas taxas de envellecemento e a baixa

natalidade, motivadas fundamentalmente pola fuxida da mocidade cara ás cidades na

busca de novas oportunidades.

A esperanza de vida media en Galicia é de 79 anos para os homes e de 86 anos para as

mulleres. Segundo o grao de urbanización, a maior esperanza de vida para as mulleres

atópase nas Zonas Densamente Poboadas (ZDP), onde supera os 86 anos de idade.

En relación á violencia de xénero nas Zonas Densamente Poboadas as medidas de

protección comunicadas no ano 2015 representan o 45,8%, seguido das Zonas Pouco

Poboadas, cun 29,24% e as zonas intermedias que teñen a taxa máis baixa representada

polo 24,97% do total.

Unha de cada catro medidas de protección das vítimas de

violencia de xénero comunicadas en Galicia déronse en zonas

intermedias de poboación.

Page 18: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

14 Informe Muller Rural. CGM 2016

Gráfica 7: Medidas de protección comunicadas

Fonte: Xunta de Galicia. Secretaría Xeral da Igualdade. Ano 2015.

3.4. ECONOMÍA

O PIB galego foi de 54.733 millóns de euros, e o PIB per cápita é de

19.954 euros (IGE, 2014).

O consumo dos fogares superou os 46.083 millóns de euros. Os principais sectores

económicos en Galicia son o sector servizos (62,4%), a industria (17,3%) e a construción

(6,3%). A agricultura, gandaría, silvicultura e pesca representa o 4,5% do PIB. En termos

de emprego, os sectores que máis empregos xeran son os servizos e a industria. (IGE

2014).

O sector da agricultura, gandaría e pesca emprega a máis de 139.000

persoas en Galicia.

As Zonas Densamente Poboadas (ZDP) son as que teñen unha maior renda dispoñible

bruta por habitante, correspondendo as rendas máis baixas nas zonas rurais. As

prestacións sociais sobre os recursos son superiores nas Zonas Pouco Poboadas (ZPP),

sendo menor nas Zonas Densamente Poboadas (ZDP).

Os salarios máis altos atópanse nas zonas urbanas, e o valor máis

baixo nas zonas rurais.

45,80%

24,97%

29,24%

ZDP ZIP ZPP

Page 19: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

15 Informe Muller Rural. CGM 2016

O número de persoas desempregadas por cada mil habitantes é superior nas ZIP e nas

ZDP que nas Zonas Pouco Poboadas. A taxa máis elevada atópase nas Zonas Densamente

Poboadas (ZDP), con 163 persoas por cada mil habitantes. Os índices máis baixos

atópanse nas Zonas Pouco Poboadas (ZPP), posto que contan con menos poboación que

as zonas máis poboadas.

A taxa de paro feminino máis elevada atópase nas Zonas Intermedias

de Poboación, onde acada as 169 mulleres por cada mil habitantes.

Táboa 3: Paro rexistrado por 1.000 habitantes segundo sexo e grao de urbanización

Mulleres Homes Total

ZDP 166,2 160,4 163,4

ZIP 168,9 150,6 159,7

ZPP 147,8 148,1 147,9

Total 160,1 153 156,6

Fonte: Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, Consellería de Traballo e Benestar.

Informe do paro rexistrado e información subministrada directamente. Ano 2013.ÓMICA

As pensións non contributivas presentan certa asociación co grao de urbanización, de

xeito que o seu valor diminúe cando aumenta o grao de urbanización.

As pensións non contributivas son percibidas maioritariamente polas

mulleres das zonas rurais

Estas teñen faciana de muller rural, pois son superiores ás dos homes en todo o territorio

galego. Acadan os valores máis altos nas Zonas Pouco Poboadas (ZPP), por ser as zonas

cun maior grao de envellecemento.

Page 20: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

16 Informe Muller Rural. CGM 2016

Táboa 4: Pensións non contributivas por 1.000 habitantes segundo sexo e grao de

urbanización

Mulleres Homes Total

ZDP 23,4 15,5 19,7

ZIP 22,9 11,1 17,1

ZPP 30,1 14,8 22,5

Total 25,9 14,1 20,2

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir de: INE. Padrón municipal de habitantes, Consellería de Traballo e Benestar.

Informe sobre a aplicación e avaliación da lei galega de medidas básicas para a inserción social e información

subministrada directamente. Ano 2013.

As pensións contributivas son percibidas en Galicia por 647.182 persoas, das cales

323.876 son mulleres. (Fonte: IGE. Ano 2013)

Táboa 5: Número de persoas pensionistas segundo o grao de urbanización

Mulleres Homes Total

ZDP 103.157 97.754 200.911

ZIP 67.582 75.549 143.131

ZPP 153.099 149.957 303.056

Total 323.876 323.306 647.182

Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social. IGE. Cifras poboacionais de referencia. Ano

2013.

Segundo o grao de urbanización, as pensións contributivas teñen unha maior incidencia

no eido rural, onde residen o 46% das persoas que as perciben, seguida das ZDP (Zonas

Densamente Poboadas), cun 31% e das ZIP (Zonas Intermedias de Poboación), onde se

atopan o 22% das persoas.

O 47% das mulleres que perciben unha pensión contributiva residen

no eido rural

Page 21: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

17 Informe Muller Rural. CGM 2016

Gráfica 8: Importe medio das pensións contributivas segundo sexo e grao de urbanización

Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social. IGE. Cifras poboacionais de referencia. Ano

2013

O importe medio das pensións é de 834 euros, sendo de 704 euros

para as mulleres e de 963 euros para os homes.

Por provincias, o importe medio máis alto percíbese na provincia de Pontevedra, onde as

pensións medias acadan os 870 euros, seguida da Coruña, con 863 euros. Lugo e Ourense

teñen as pensións medias máis baixas, con 776 euros e 737 euros respectivamente.

As pensións femininas máis elevadas atópanse nas ZDP (Zonas Densamente Poboadas). O

importe medio da pensión percibida polas mulleres da provincia da Coruña é de 825

euros, mentres que na de Pontevedra é de 807 euros.

Total ZDP ZIP ZPP

833,61

975,51

875,93

719,56 704,43

803,67

695,95 641,3

963,03

1156,84

1036,93

799,46

Total

Mulleres

Homes

Page 22: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

18 Informe Muller Rural. CGM 2016

Gráfica 9: Importe medio das pensións contributivas segundo sexo, grao de urbanización e

Provincias

718 825

715 633

1005

1208 1088

815 863 1010

915

726

Total ZDP ZIP ZPP

A Coruña

691 778

685 667

867

1015 1023

801 776 891 857

731

Total ZDP ZIP ZPP

Lugo

658 739

633 628

819

984

871

744 737

856 758

685

Total ZDP ZIP ZPP

Ourense

717 807

691 639

1021

1191

1017

823 870 998

862 728

Total ZDP ZIP ZPP

Pontevedra

Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social. IGE. Cifras poboacionais de referencia. Ano 2013. Os datos

son relativos a pensións básicas en alta da Seguridade Social de residentes nas Comunidade Autónoma de Galicia.

Page 23: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

19 Informe Muller Rural. CGM 2016

O número de persoas afiliadas á Seguridade Social en Galicia é de preto de 918.806

persoas.

As mulleres supoñen o 48% das afiliacións totais á Seguridade Social

O maior número de mulleres afiliadas á Seguridade Social atopámolo nas Zonas

Densamente Poboadas (ZDP), cun 40% do total de afiliacións femininas. (IGE:Información

subministrada directamente polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Ano 2014)

As diferenzas máis salientables preséntanse nas Zonas Pouco Poboadas, onde o 53% das

afiliacións son rexistradas para homes e o 47% para as mulleres. As mulleres do rural

teñen menos oportunidades que as que residen en zonas urbanas.

Por sectores de actividade destacan as afiliacións no sector servizos, seguido da industria

e a agricultura. O maior número de afiliacións rexístrase nas Zonas Pouco Poboadas,

seguidas das Zonas Densamente Poboadas.

Gráfica 10: Persoas ocupadas por sector económico e sexo.

Fonte: INE. Enquisa de poboación activa 2014.

0

100

200

300

400

500

600

Agricultura,

gandaría,

caza e

silvicultura

Pesca e

acuicultura

Industria Construción Servizos Total

21,9 3,3 44

4,4

400

473,7

27,2 13,7

110

62,7

310,7

524,3

Mile

s p

ers

oas

Mulleres

Homes

Page 24: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

20 Informe Muller Rural. CGM 2016

O número de persoas ocupadas na agricultura e na pesca en Galicia no ano 2014 é de

60.477 persoas, das cales o 36% son mulleres.

Gráfica 11: Afiliacións Réxime Especial Agrario

Fonte: IGE. Información subministrada directamente. Ano 2014

A afiliación das mulleres ao Réxime especial agrario é superior nas Zonas Intermedias de

Poboación, sendo do 25%, seguido moi de preto polas Zonas Pouco Poboadas, onde a

porcentaxe de afiliación acada o 24%.

Segundo datos da Enquisa sobre a estrutura das explotacións agrícolas, realizada polo INE

no ano 2013, en Galicia hai 79.321 explotacións agrarias, das cales 42.868 teñen

titularidade feminina, 33.145 titularidade masculina e 2.692 teñen personalidade xurídica.

As mulleres son titulares no 54% das explotacións existentes en

Galicia.

19%

37%

28%

81%

63%

72%

ZDP ZIP ZPP

Mulleres Homes

Page 25: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

21 Informe Muller Rural. CGM 2016

Gráfica 12: Persoas titulares de explotacións segundo sexo

Fonte: INE. Galicia. Encuesta sobre la estructura de las explotaciones agrícolas año 2013

Nas explotacións agrarias galegas ten grande importancia o traballo familiar, sendo

74.553 as explotacións nas que o traballo é realizado pola persoa titular, e 21.717 nas

que tamén traballa o/a cónxuxe.

En 32.675 explotacións traballan os/as cónxuxes, das cales o 40% son

mulleres

O traballo asalariado fixo vinculado ás explotacións agrarias é maioritariamente

masculino. Das 10.759 persoas asalariadas, o 32% son mulleres e o 68% son homes.

O 86% das mulleres teñen máis de 60 anos

O relevo xeracional é un dos problemas que presentan as explotacións agrarias, pois só o

0,8% das persoas xefas de explotacións teñen menos de 34 anos. As explotacións galegas

caracterízanse pola súa reducida dimensión, xa que o 70% delas teñen entre 1 e 10

hectáreas, sendo o 2% aquelas que superan as 50 hectáreas.

42.868

33.145

76.013

Mulleres Homes Total

Page 26: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

22 Informe Muller Rural. CGM 2016

3.5. EMPRENDEMENTO

O apoio ao emprendemento e a creación de empresas é un eixo prioritario dentro da

Estratexia Europa 2020. E moi especialmente a implicación das mulleres neste ámbito,

pois representa un grupo social relevante no emprendemento.

A Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de

Galicia, ten entre os seus principios informadores o impulso do emprendemento feminino.

O artigo 14, establece as políticas activas da Xunta de Galicia no eido do emprego e a

ocupación, facendo especial fincapé na promoción do emprendemento feminino a través

de accións de formación, divulgación, asesoramento e acompañamento de proxectos

cooperativos, en particular a través da colaboración de entidades públicas e privadas.

O artigo 17 fai referencia ás políticas públicas de igualdade e non discriminación no apoio

ás persoas emprendedoras. Nel reflíctese que, os plans de apoio ás persoas

emprendedoras terán, entre outros, como obxectivos prioritarios a promoción do

empresariado feminino no marco das políticas de igualdade e o fortalecemento dos

proxectos de emprendemento liderados por mulleres así como a promoción do

emprendemento nos ámbitos rural, agrario e do mar.

O Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das

disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, senta as

bases para acadar unha igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes.

Establécese no artigo 31, fomento do empresariado feminino, a posibilidade de incluír

accións positivas e actuacións de discriminación positiva dirixidas á equiparación de

ambos os dous sexos no emprego por conta propia.

Así mesmo, no artigo 31.3 indícase que “no desenvolvemento regulamentario das medidas

dirixidas ao fomento do empresariado feminino teranse en conta de xeito preferente as

mulleres emprendedoras con especiais dificultades de inserción laboral ou en situacións

marcadas pola desvantaxe social ás que se refire a disposición adicional terceira e mais as

mulleres emprendedoras do medio rural e do sector marítimo-pesqueiro”.

O VI Plan Galego para a igualdade entre mulleres e homes senta as bases do marco de

referencia para acadar unha igualdade real de oportunidades para as mulleres. A

promoción do emprendemento é un elemento clave para o desenvolvemento económico e

social de un país. A través do eixe tres, aproveitamento do talento feminino, ten como

obxectivo potenciar unha participación máis ampla e diversa das mulleres no

desenvolvemento económico e social de Galicia. O obxectivo operativo 3.2, basease na

promoción do espírito emprendedor e a actividade empresarial das mulleres, cunha especial

atención aos sectores vinculados á tecnoloxía, o coñecemento e a creatividade.

Page 27: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

23 Informe Muller Rural. CGM 2016

A promoción do emprendemento feminino, especialmente no eido rural, é un dos eixes

prioritarios de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade. Este apoio materializase a

través do Programa Emega, que dende o ano 2009, investiu máis de 4 millóns de euros en

proxectos empresariais innovadores promovidos por mulleres, achegando financiamento e

asesoramento personalizado, creando case 500 postos de traballo feminino.

O emprendemento feminino presenta diferenzas en relación ó masculino, tanto no xeito

de encarar o proceso, coma na tipoloxía de empresas xeradas. Destacan as seguintes (3):

- A actividade emprendedora das mulleres é inferior á dos homes

- Menor presenza das mulleres en todo o proceso emprendedor

- O perfil das emprendedoras é diferente ao dos homes

- As motivacións para emprender son distintas entre ambos os dous sexos

- As empresas creadas por mulleres concéntranse no sector servizos e teñen unha

dimensión e unhas perspectivas de crecemento diferentes.

A maior taxa de emprendemento preséntase na provincia da Coruña, seguida de

Pontevedra. Nestas dúas provincias é onde se asenta de xeito maioritario o tecido

industrial galego.

A taxa de emprendemento en Galicia é de 3,92, sendo a TEA Feminina

de 3,68(4)

Gráfica 13: Evolución Taxa de Actividade Emprendedora Galicia

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

(4) Fonte GEM Galicia 2014.

2,26

4,08 4,49

3,42

3,68 3,99

5,39

5,79

4,8

4,17

3,12

4,74

5,13

4,11 3,92

0

1

2

3

4

5

6

7

2010 2011 2012 2013 2014

Mulleres

Homes

Total

Page 28: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

24 Informe Muller Rural. CGM 2016

Táboa 6: Perfil socioeconómico da muller emprendedora galega

MULLER

Idade 25-34 anos 37,19

35-44 anos 34,15

Nivel de estudos Obrigatorios 26,99

Bacharelato 22,82

Universitarios 28,63

Con formación específica 31,64

Nivel de renda < 20.000 € 42,02

20.000 - 30.000 € 10,89

> 30.000 € 7,84

NS/NC 39,25

Contorna Urbano 80,24

Situación laboral Emprego activo 90,94

Dedicación Tempo completo 97,08

Tamaño do fogar (media) 3,4

Fonte: GEM Galicia 2014

O perfil da muller emprendedora correspóndese co dunha muller de

zona urbana, entre 25 e 44 anos, cun nivel de estudos universitario e

un nivel de renda inferior ós 20.000 euros. (5)

As mulleres emprenden de xeito maioritario por necesidade, no sector dos servizos de

consumo, e en sectores caracterizados por un baixo compoñente tecnolóxico. Ofrecen

produtos nun mercado moi competitivo, que non exporta e con baixas perspectivas de

crecemento.

Segundo o grao de urbanización, o emprendemento feminino é superior nas Zonas Pouco

Poboadas (ZPP), onde as afiliacións no Réxime Especial de Traballadores/as Autónomos

acadan o 42% das afiliacións totais.

No ano 2014 creáronse en Galicia 4.246 novas empresas, con 5.394 persoas socias e

fundadoras, sendo a porcentaxe de mulleres do 27%.

(5) Fonte: Informe GEM Galicia 2014.

Page 29: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

25 Informe Muller Rural. CGM 2016

Gráfica 14: Persoas socias e fundadoras das empresas creadas no ano 2014

Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). Ano 2014.

O 53% das empresas creadas por mulleres son no sector servizos e no comercio. En

terceiro lugar atópanse as actividades de hostalería, co 12% das empresas.

Gráfica 15: Socias fundadoras das empresas creadas segundo o sector de actividade

Fonte: GEM Galicia 2014.

1.434

3.960

5.394

Mulleres

Homes

Total

Servizos a

empresas e

outras

actividades de

servizos

26% Agricultura

2%

Industria e

Enerxía

9%

construción

8%

Comercio e

reparación

27%

Hostalería

12%

Transporte e

comunicación

6%

Banca e seguros

3% Actividade

inmobiliaria

7%

Page 30: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

26 Informe Muller Rural. CGM 2016

O número de persoas afiliadas á seguridade social en Galicia no ano 2015 foi de 946.120,

das cales o 48% son mulleres e o 52% homes.

457.575 mulleres están afiliadas á Seguridade Social en Galicia.

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Datos decembro 2015.

O maior número de afiliacións femininas atópase no Réxime Xeral, con 333.952 mulleres,

seguido do Réxime especial de autónomos, (non SETA), onde as afiliacións son de 73.589

mulleres.

O menor número de afiliacións para as mulleres correspóndese co Réxime especial do

mar por conta allea, onde as afiliacións femininas son 973.

Gráfica 16: Afiliacións a Seguridade Social segundo réximes e sexo

Fonte: IGE. Información subministrada directamente polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

Datos decembro 2015.

333.952

1.188

26.952

73.589

16.663

973

4.258

341.751

3.548

589

115.798

11.209

10.504

5.146

675.703

4.737

27.541

189.387

27.872

11.477

9.404

Réxime xeral (excl. Agrario e Fogar)

Réxime xeral- Sistema especial agrario

Réxime xeral- Sistema especial empregados do fogar

Réxime especial autónomos (non SETA)

Réxime especial autónomos (SETA)

Réxime especial do mar (conta allea)

Réxime especial do mar (conta propia)

Total

Homes

Mulleres

Page 31: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

27 Informe Muller Rural. CGM 2016

O menor número de afiliacións atópase nas Zonas Densamente Poboadas, onde 4 de cada

10 afiliacións corresponden a mulleres.

Táboa 7: Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral segundo sexo e réxime de

afiliación

Mulleres Homes Total

Rex. Especial

Autónomos 90.680 126.087 216.767

Rex. Especial

Agrario 1.128 3.219 4.347

Fonte: IGE. Informacións subministrada directamente. Ano 2014

Gráfica 17: Afiliacións Réxime Especial Autónomos segundo grao de urbanización

Fonte: IGE. Información subministrada directamente. Ano 2014.

40,94% 41,85% 42,36%

59,06% 58,15% 57,64%

ZDP ZIP ZPP

Mulleres Homes

Page 32: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

28 Informe Muller Rural. CGM 2016

3.6. TIC E MOBILIDADE

As TIC posibilitan grandes oportunidades para o desenvolvemento do rural, máis se temos

en conta as particularidades do rural galego, nos que o illamento e a baixa densidade

poboacional son elementos comúns. Internet ofrece posibilidades de comunicación,

formación, difusión, etc de grande interese para o rural. Mellorar e facilitar o acceso ás TIC

pode contribuír a asentar e fixar a poboación no rural galego.

As novas tecnoloxías brindan oportunidades como instrumento contra o despoboamento

do rural galego, xa que achega un beneficio social, pois permite superar o illamento

xeográfico e aumentar a interacción social, ó tempo que melloran a calidade de vida e de

traballo da cidadanía do eido rural, facilitando o acceso a novos servizos (formación,

sanidade, cultura, etc), e acercando coñecementos do mundo dixital.

Achegan tamén un beneficio económico, posto que axudan á promoción do

emprendemento e á diversificación das actividades económicas.

O plan de Banda Larga posto en marcha pola Xunta de Galicia permitiu acadar unha

cobertura do 98% do territorio e máis de 1,4 millóns de persoas con posibilidade de

acceso ás redes de nova xeración. Así mesmo, foron postas en marcha axudas para dotar

de cobertura satélite á poboación dos núcleos nos que non é posible o acceso a través das

redes tradicionais.

Os fogares que dispoñen de ordenador en Galicia superan as 681.474 persoas. Destacan

as Zonas Pouco Poboadas con máis de 222.193 ordenadores. O 72% dos fogares con

conexión á internet contratada sitúanse nas Zonas Densamente Poboadas (ZDP), pola

contra, nas Zonas Pouco Poboadas (ZPP), os fogares con conexión á internet son o 53%.

Táboa 8: Fogares que dispoñen de ordenador e conexión a internet segundo o grao de

urbanización do concello

ZDP ZIP ZPP TOTAL

Ordenador (número) 286.921 172.360 222.193 681.474

% fogares con ordenador 72,30 66,91 54,66 64,23

Conexión a internet

contratada (número) 284.667 167.409 217.875 669.952

% fogares con conexión a

internet contratada 71,73 64,99 53,60 63,15

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Ano 2014.

Page 33: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

29 Informe Muller Rural. CGM 2016

En Galicia, no ano 2014, un 69% dos homes usou o ordenador nos últimos tres meses,

fronte ao 64,8% das mulleres. A fenda de xénero é semellante á media estatal, situándose

en 4,2 puntos, fronte aos 4,1 puntos da media española.

O uso de internet increméntase na poboación galega, se ben é superior nos homes,

(71,2%), que nas mulleres (67,4%). (6)

A fenda dixital de xénero está claramente influenciada pola idade: na franxa dos 16 aos

34 anos as mulleres superan aos homes no uso do ordenador. A partir dos 35 anos a

tendencia cambia ata acadar 10,2 puntos de diferenza no uso do ordenador entre homes e

mulleres para as persoas maiores de 65 anos.

Por provincias, os homes empregan o ordenador máis que as mulleres en todas as

provincias, destacando A Coruña e Pontevedra cunha maior incidencia.

Gráfica 18: Mapa de persoas que utilizaron o ordenador nos últimos tres meses por xénero

e áreas comarcais

Fonte: OSIMGA. A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero. Edición 2015.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- (6) Fonte: OSIMGA. A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero. Edición 2015.

Page 34: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

30 Informe Muller Rural. CGM 2016

Nos últimos tres meses o número de mulleres que empregaron o ordenador ou se

conectaron á internet é inferior ao dos homes. Os valores máis altos atópanse nas Zonas

Densamente Poboadas e nas Zonas Intermedias de Poboación, rexistrándose os valores

máis baixos nas Zonas Pouco Poboadas. Por provincias, as mulleres que máis se conectan

son as da Coruña e Pontevedra.

Nos núcleos urbanos e semiurbanos é onde a fenda de xénero se manifesta de xeito máis

significativo, mentres que nos hábitats de menos de 5.000 habitantes, o uso do ordenador

entre as mulleres sitúase en valores máis próximos ao dos homes.

En Galicia, no ano 2014, 214.606 mulleres realizaron algunha compra a través de internet,

o que representa o 31% da poboación que empregou internet.

Os teléfonos móbiles son empregados polas mulleres en menor medida que polos homes.

A Coruña e Pontevedra son as provincias nas que elas máis o empregan, mentres que

Lugo e Ourense as que menos.

Táboa 9: Persoas que usan teléfono móbil segundo o sexo

Home Muller

A Coruña 81,52 77,46

Lugo 79,62 72,06

Ourense 78,39 72,49

Pontevedra 80,31 76,33

Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias. Ano 2013

En relación á mobilidade, nas últimas décadas apreciouse un reforzamento da posición da

muller como usuaria do sistema de transporte público, tanto en Galicia como nos países

da nosa contorna, aínda que, paralelamente, non se acadou en ningún destes ámbitos

unha adaptación da oferta de transporte público ás necesidades diferenciadas das

mulleres. Neste sentido, a configuración unitaria da planificación do sistema de transporte

público vén atendendo fundamentalmente á satisfacción da denominada mobilidade

obrigada (estudos e traballo), na que habitualmente non se valoraron as necesidades

específicas de desprazamentos vinculados con actividades diarias desenvoltas por moitas

mulleres.

Esta relación entre transporte público e muller trasládase a índices de utilización do

entorno do 60 -70 % de mulleres fronte un 30-40% de homes. No caso do transporte

Page 35: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

31 Informe Muller Rural. CGM 2016

metropolitano de Galicia detéctase que sobre un 67% das usuarias do servizo son

mulleres fronte un 33% de homes (7)

Gráfica 19: Persoas usuarias do transporte metropolitano

Fonte: Enquisa de persoas usuarias do transporte metropolitano de Galicia – 2015. Xunta de Galicia.

Esta maior dependencia do transporte público resulta especialmente relevante na

contorna rural, nos que o papel de primeiras usuarias do sistema de transporte público é

reforzado pola existencia dunha maior proporción de mulleres fronte a homes xunto cun

maior avellentamento da poboación, elementos que inciden na necesidade social de

dotación de servizos de transporte público.

Fronte a esta maior dependencia, o sistema de transporte público presenta dificultades de

adaptación, derivadas das décadas transcorridas dende a configuración dos actuais

servizos e das dificultades de evolución para a súa adaptación a unha realidade social

cambiante.

O vencemento dos actuais contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular

de uso xeral deberase aproveitar para repensar o mapa de servizos de transporte e as súas

formas de prestación.

Nesta liña, nos próximos 3 anos, a Xunta de Galicia está a traballar para articular e

desenvolver un novo mapa de servizos de transporte integrados coa implantación de

formas de xestión baixo demanda das persoas usuarias, que permitirá proporcionar unha

oferta adaptada ás necesidades actuais da poboación e, especificamente, da muller rural

galega, chegando con modos máis flexibles de explotación (baixo demanda) a núcleos de

poboación que actualmente carecen de oferta de transporte público colectivo.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------- (7) Información facilitada directamente pola Dirección Xeral de Mobilidade. Conselleria de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestructuras. Enquisa de persoas usuarias do transporte metropolitano de Galicia – 2015.

67%

33%

Mulleres

Homes

Page 36: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

32 Informe Muller Rural. CGM 2016

3.7. CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE

A conciliación da vida personal, familiar e profesional é algo que afecta tanto ás mulleres

como os homes. Non obstante, as mulleres teñen máis dificultades para facer compatibles

o ámbito profesional e o persoal.

O Consello da Unión Europea (Helsinki, 2006) no documento Os homes e a igualdade de

xénero, observa que para mellorar a situación das mulleres e fomentar a igualdade de

xénero debe prestarse maior atención ao modo no que os homes se involucran na

consecución da igualdade de xénero e o impacto positivo que esta ten sobre os homes e

sobre o benestar da sociedade no seu conxunto. Recoñece a importancia de establecer

políticas de reconciliación da vida profesional e privada tanto para homes como para

mulleres co fin de apoiar que se compartan dunha forma equilibrada as responsabilidades

e as tarefas domésticas e de coidado de persoas a cargo entre mulleres e homes.

A estratexia Europa 2020, afirma que é necesario “promover novas formas de equilibrio

entre a vida laboral e familiar, políticas de envellecemento activo e incrementar a igualdade

entre sexos”.

O VI Plan Galego para a igualdade entre mulleres e homes conta cun eixo de intervención

adicado á conciliación corresponsable e calidade de vida. As actuacións desta área de

intervención oriéntanse a promover unha asunción equilibrada entre ambos sexos dos

tempos dedicados ás tarefas domésticas e familiares cos tempos dedicados ao traballo

remunerado e á formación, así como ao ocio e á vida social, con fin de que se reduza a

fenda de xénero e se avance nun modelo de organización social que facilite unha boa

calidade de vida para todas as persoas e unha maior produtividade e satisfacción respecto

ao traballo.

O propósito xeral é progresar no desenvolvemento dun modelo de organización social

máis aberto e proclive á corresponsabilidade.

Conta con 4 obxectivos operativos que orientan as actuacións levadas a cabo neste eixo:

- Poñer en valor as tarefas doméstico - familiares e de coidado das persoas no

marco dunha nova cultura dos traballos e da corresponsabilidade.

- Reforzar os modelos de organización social corresponsable que inclúan a

racionalización de horarios e favorezan o equilibrio entre a vida profesional,

familiar e persoal de mulleres e homes.

- Potenciar o desenvolvemento e adecuación dos servizos sociocomunitarios que

facilitan a conciliación con especial atención ás situacións de vulnerabilidade.

- Manter unha organización territorial e de infraestruturas orientada a mellorar a

calidade de vida da cidadanía cun enfoque de igualdade de xénero.

Page 37: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

33 Informe Muller Rural. CGM 2016

Estas actuacións seguen a ser moi necesarias, pois a realidade reflicte que a igualdade en

relación co traballo doméstico e de coidados así como cos usos do tempo, amosa

relacións persoais e sociais asimétricas entre mulleres e homes.

Seguen presentes e vixentes roles e estereotipos que atribúen máis actitudes ás mulleres

para atender as responsabilidades de carácter familiar, o que dificulta o seu acceso e

permanencia no mercado laboral.

De feito, as mulleres, son as que se acollen de xeito maioritario ás medidas postas en

marcha para favorecer a promoción da vida persoal, familiar e laboral.

9 de cada 10 medidas de conciliación son solicitadas por mulleres

En total, 114.469 persoas traballadoras empregaron algunha medida de conciliación

laboral para atender aos nenos/as, o 74% das cales son flexibilizacións da xornada de

traballo e o 26% reducións de xornada.

A incidencia na reducións de xornada para as mulleres triplica a dos homes. En canto a

flexibilización ou coordinación da xornada, o 55% son solicitadas por mulleres e o 45%

por homes.

As mulleres solicitan o 74% das reducións de xornada

Táboa 10: Persoas traballadoras con menores de 0 a 12 anos que utilizan medidas de

conciliación laboral para atender as crianzas por sexo.

Redución xornada

Flexibilización ou coordinación

da xornada

Incidencia* Número Incidencia* Número

Muller 17,54 22.262 36,84 46.761

Home 5,15 7.870 24,61 37.576

Total 10,78 30.132 30,16 84.337

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. 2012. Nota: a incidencia calcúlase como a porcentaxe de núcleos con

redución ou flexibilización de xornada sobre o total de núcleos en Galicia.

As mulleres seguen a levar o peso no papel da conciliación e a corresponsabilidade

familiar. Das 699 excedencias solicitadas no ano 2014 polo coidado de fillos e fillas, o

90% foron solicitadas por mulleres e o 10% por homes.

Page 38: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

34 Informe Muller Rural. CGM 2016

Gráfica 20: Excedencia por coidado de fillos/as

Fonte: INE- Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Anuario de Estadísticas 2014.

En total, 27.735 persoas traballadoras percibiron algunha prestación de maternidade ou

paternidade. O 98% das cales son prestacións de maternidade e o 2% de paternidade. As

prestacións de paternidade beneficiaron a 11.354 pais no ano 2014.

Gráfica 21: Prestacións por maternidade segundo o sexo da persoa perceptora

Fonte: INE- Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Anuario de Estadísticas 2014.

A atención á dependencia é exercida fundamentalmente por mulleres. Das máis de

118.000 persoas coidadoras que hai en Galicia, o 69% son mulleres e o 31% homes.

69

630 699

Home Muller Total

Home Muller Total

314

14.067 14.381

Home Muller Total

Home Muller Total

Page 39: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

35 Informe Muller Rural. CGM 2016

Gráfica 22: Persoas coidadoras segundo o sexo

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. 2011.

As mulleres son tamén as que dedican máis tempo ao coidado de persoas en situación de

dependencia. O 58% das mulleres dedican máis de 30 horas, mentres que a porcentaxe

baixa ao 46% no caso dos homes.

Gráfica 23: Persoas que coidan persoas en situación de dependencia por número de horas

que lles dedican ao coidado segundo o sexo. Galicia

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. 2011.

36.880

82.052

118.931

Home

Muller

Total

Home Muller Total

17768

11962 17027

7818

23447

9626 11988

4165 11823

3309

82052

36880

Mulleres Homes

Menos de 15 horas semanais

De 15 a 29 horas semanais

De 30 a 69 horas semanais

De 70 a 89 horas semanais

90 ou máis horas semanais

Total

Page 40: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

36 Informe Muller Rural. CGM 2016

A atención á situación de dependencia implica en moitas ocasións renunciar ou reducir a

vida familiar, social, etc. As mulleres reducen ou suprimen actividades ou relacións en

maior medida que os homes. As mulleres representan o 75% das renuncias, mentres que

os homes son o 25% do total.

No caso das mulleres a principal renuncia son actividades de ocio ou relacións sociais

(33%), seguida da vida familiar (27%), e o traballo doméstico (25%).

Gráfica 24: Actividades ou relacións que as persoas coidadoras tiveron que suprimir ou

reducir para poder coidar a persoas en situación de dependencia segundo o sexo. Galicia

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. 2011.

As persoas que coidan persoas en situación de dependencia reducen pouco a pouco o seu

contacto co tecido social. Isto unido ao cansazo físico e psicolóxico xera un desgaste

emocional que afecta a saúde das persoas coidadoras. Un 74% das persoas que ven a

saúde influída polo coidado a persoas en situación de dependencia son mulleres, fronte o

26% dos homes.

A economía dos fogares é outra variable que se ve afectada cando se atende o coidado

das persoas en situación de dependencia do fogar, pois moitas veces obriga a renunciar a

vida profesional. O 70% das mulleres e o 30% dos homes, ven prexudicada a súa

economía.

65834

54128 50759

28642 26475 19145

12057 7635

92309

73273

62815

36277

Actividades de ocio

ou relacións sociais

Vida familiar Traballo doméstico Traballo remunerado

ou estudos

Mulleres Homes Total

Page 41: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

37 Informe Muller Rural. CGM 2016

As mulleres son as máis afectadas polo coidado de persoas en

situación de dependencia.

Gráfica 25: Persoas que coidan persoas en situación de dependencia cuxo coidado influíu

na súa saúde ou na economía do fogar segundo o sexo. Galicia

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. 2011.

19.903

22.892

55.017

52.338

74.920

75.230

Saúde

Economía do fogar

Total Muller Home

Page 42: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

38 Informe Muller Rural. CGM 2016

4. CONCLUSIÓNS

As mulleres no medio rural xogan un papel fundamental, pois levan a cabo funcións

produtivas, sociais, culturais e medioambientais. Son un dos alicerces esenciais no

desenvolvemento sostible do medio rural e de contribución á súa valorización.

Na actualidade, a permanencia das mulleres no rural está condicionada pola

desagrarización do campo galego que leva á fuxida das mulleres cara ás cidades na

procura de novas oportunidades e unha mellor calidade de vida. Como consecuencia, o

rural galego caracterízase pola masculinización, o avellentamento e a dispersión da

poboación como elementos estruturais esenciais.

A singularidade das mulleres rurais require dunha atención específica que teña en

consideración as súas diferentes necesidades e expectativas. Tanto a administración,

coma o sector empresarial e demais axentes sociais públicos e privados deben

encamiñarse cara actuacións coordinadas que afronten as ditas particularidades.

Acadar o recoñecemento social, económico e institucional que merecen as mulleres do

rural é unha prioridade na nosa Comunidade Autónoma, reducindo a fenda de xénero

existente no emprego e no emprendemento, promovendo a conciliación e a promoción da

incorporación de mulleres nos órganos e postos de decisión e participación rurais. Só así

será posible mellorar a calidade de vida das mulleres rurais e potenciar un

desenvolvemento sostible e equitativo do noso rural.

No marco do Consello Galego das Mulleres, na Comisión de Muller Rural, priorízanse as

seguintes áreas de traballo co obxecto de acadar a igualdade real e efectiva entre

mulleres e homes do rural galego: a visibilidade da muller rural, a promoción de

emprendemento, a conciliación da vida familiar e laboral e o fomento do uso das TIC.

A visibilización da muller no rural remite á necesidade de potenciar a imaxe das mulleres que

viven nesa contorna que ten características propias, diferenciais e ás veces descoñecidas dende

unha perspectiva urbana.

É de vital importancia impulsar o empoderamento das mulleres rurais nos diferentes

ámbitos. Neste eido as asociacións rurais e as accións que levan a cabo son clave para

dinamizar a participación das mulleres na toma de decisións do eido rural, así como un

pulo á súa dinamización económica, social e cultural.

O movemento asociativo de mulleres é unha importante canle de promoción da igualdade

de oportunidades, polo que é necesario fortalecer e consolidar a súa implantación no

territorio. Neste contexto é clave promover a colaboración dos axentes públicos e

Page 43: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

39 Informe Muller Rural. CGM 2016

privados co movemento asociativo e na difusión á sociedade galega sobre a importancia

do papel das mulleres rurais.

En Galicia hai 1.017 asociacións, das cales o 34% están situadas na provincia de

Pontevedra, o 26% na provincia da Coruña e Ourense, e o 14% en Lugo.

As asociacións de mulleres rurais son un espazo de relación e de sociabilidade,

fundamental para a nosa Comunidade, dadas as súas características de dispersión e

desequilibrio poboacional. Por iso é fundamental favorecer e impulsar a creación e

funcionamento das asociacións de mulleres rurais e das súas federacións.

A sociedade actual, ten retos pendentes en relación aos estereotipos sobre o talento e a

dedicación das mulleres, especialmente no eido rural. Para acadar un cambio social

integral e duradeiro é necesario incorporar o enfoque de xénero en todas as políticas e

intervencións dirixidas ao medio rural.

As mulleres rurais desempeñan unha función social e económica que non está

compensada cun recoñecemento en canto a dereitos, visibilización ou valoración das súas

achegas. Durante un longo período da historia, as mulleres e o medio rural foron obxecto

de discriminacións que tiveron grandes consecuencias no desenvolvemento económico e

social da comunidade.

Son as mulleres as que, de forma maioritaria, se responsabilizan das economías familiares,

do traballo doméstico e da atención ás persoas en situación de dependencia. Debe ser

unha obriga por parte da sociedade visibilizar ese traballo, poñelo en valor e dotalo de

recoñecemento social e económico.

Para iso é aconsellable reflectir en toda a documentación ou datos referidos a este eido, a

importante implicación das mulleres e a súa presenza, co obxectivo de recoñecer a súa

achega á sociedade, non permitindo a infravaloración do seu traballo e do seu tempo,

combatendo calquera fenda salarial e situación de desigualdade, deseñando políticas e

actividades ideadas tendo en conta as súas características propias, e poñendo en valor a

súa existencia como factor de fixación de poboación no entorno rural.

A promoción do emprendemento como ferramenta de creación de valor, de oportunidades e de

autonomía económica e persoal.

O futuro do medio rural pasa pola xeración de novas oportunidades e por mellorar a

situación laboral das mulleres. Na actualidade o rural galego carece de alternativas para a

mocidade, cun mercado de traballo pouco dinámico e un nivel de diversificación baixo. As

mulleres abandonan as aldeas cara ás cidades, o que representa unha importante perda

de recursos humanos altamente preparados.

Page 44: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

40 Informe Muller Rural. CGM 2016

As oportunidades de emprego da poboación local dependen moi directamente da

facilidade de acceso aos mercados de traballo urbanos. Esta situación pode transformarse

en fonte de novas oportunidades sociais e laborais que permitan aproveitar o potencial

produtivo do rural, xerando alternativas de inclusión socio-laboral no territorio.

O empoderamento é o proceso por medio do cal as mulleres incrementan a súa

capacidade de configurar as súas propias vidas e o seu entorno, unha evolución na

concienciación das mulleres sobre si mesmas, o seu status e a súa eficacia nas

interaccións sociais. O empoderamento das mulleres fai posible trocar situacións nas que

estas se atopan desfavorecidas ou subordinadas, situacións que acontecen con frecuencia

no entorno rural.

Mellorar a situación laboral das mulleres rurais, facilitando a creación de novos empregos

e favorecendo e promovendo o emprendemento feminino, así como a procura de nichos

de riqueza inexplorados no territorio é un elemento estratéxico para o crecemento

económico e un desenvolvemento pleno e duradeiro do medio rural.

O emprendemento feminino no rural é superior ao masculino (tendencia que se inviste no

eido urbano), pois moitas mulleres identifican actividades complementarias á gandaría ou

á agricultura, e ofrecen produtos e servizos de alto valor engadido, como poden ser os

produtos ecolóxicos, o agroturismo ou a artesanía.

Unha canle que facilita o asentamento das novas empresas rurais son as Tecnoloxías da

información (TIC), a través do comercio online, que facilita o acceso a novos mercados e

por tanto a un público máis amplo.

Especial mención merecen as cooperativas de traballo asociado, unha fórmula empregada

polas mulleres rurais como instrumento dinámico na creación de emprego no eido rural, e

nas que é necesario seguir impulsando órganos de dirección e xestión equilibrados en

termos de xénero. En Galicia hai 59 cooperativas de traballo asociado e contan con 217

persoas socias, das cales o 53% son mulleres.

É esencial reforzar as canles existentes de apoio ao emprendemento feminino ou dotar de

novos mecanismos alí onde non existan. A atención personalizada e adaptada ás

necesidades das mulleres é unha das claves do éxito na creación de novos postos

laborais. Debe facerse énfase na formación en coñecementos e capacidades nas áreas que

máis o precisen, así como potenciar tipos de emprendemento alternativos, tanto no sector

económico obxectivo coma na fórmula xurídica escollida. O rural galego conta con

potencial de establecer negocios alternativos, onde as súas peculiaridades supoñen unha

vantaxe fronte ao entorno urbano das cidades. É imprescindible tirar proveito destas

capacidades.

Novas xeracións de mozas e mozos ligados á vida urbana dende sempre, ven o rural como

unha vida desexable e alternativa. É esencial achegar canles que permitan trocar as

Page 45: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

41 Informe Muller Rural. CGM 2016

inquedanzas en realidades, potenciando ferramentas, tanto axudas específicas como o

traballo cooperativo, ás propias entidades asociativas rurais ou outro tipo de redes que

faciliten o espallamento e optimización da aprendizaxe individual e colectiva.

A conciliación da vida familiar e laboral como actividade que implica compartir, distribuír

equitativamente e responsablemente as oportunidades en todos os eidos da vida: familiar,

laboral, social, económica e persoal.

A lexislación europea, estatal e autonómica recoñece ás traballadoras e traballadores o

dereito á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, de xeito que se fomente unha

asunción equilibrada das responsabilidades familiares, evitando toda discriminación no

seu exercicio.

A pesar do recoñecemento formal do reparto das tarefas de conciliación, na práctica

segue a ser asumida de xeito maioritario polas mulleres. A conciliación é un tema de

mulleres e homes, posto que afecta a toda a sociedade. Esta abrangue o coidado das fillas

e fillos e tamén ao coidado das persoas en situación de dependencia.

O desigual reparto das cargas familiares e de coidados ou as dificultades de conciliar a

vida familiar, laboral e persoal son unha das principais causas de que as mulleres do eido

rural teñan que elixir entre a familia e o traballo ou un posto de responsabilidade na toma

de decisións.

Nas zonas rurais as mulleres contan con menos medios e recursos para o coidado das

fillas e fillos e as persoas en situación de dependencia, polo que o seu papel de

coidadoras impídelles dedicarse a outras tarefas profesionais ou públicas. Pola súa banda,

os homes seguen a ofrecer resistencia a afrontar tarefas no seo do fogar.

Cómpre potenciar a implicación e participación dos homes na asunción de tarefas e

responsabilidades familiares, así coma a implantación de medidas que favorezan a

conciliación e a corresponsabilidade, promovendo e apoiando proxectos destinados á

creación de servizos que faciliten a conciliación da vida laboral, persoal e familiar nos

concellos rurais. Débense reforzar e potenciar os servizos complementarios de comedor,

transporte escolar e aulas matinais de centros educativos do rural, optimizando os

recursos e servizos, para facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, así

como impulsar actuacións de información, formación e sensibilización sobre novas

fórmulas de organización do traballo rural e os usos do tempo.

Un dos piares fundamentais é a formación, pois ten efectos a longo prazo. É preciso

recuperar accións formativas dirixidas a poboación rural en xeral sobre os servizos e

recursos de atención e coidado a persoas en situación de dependencia para equilibrar o

seu uso entre mulleres e homes.

Page 46: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

42 Informe Muller Rural. CGM 2016

A coeducación e o fomento da corresponsabilidade entre o alumnado dos centros

educativos resulta fundamental para conformar unha sociedade solidaria e sostible libre

de estereotipos e roles de xénero.

O fomento do coñecemento e o uso avanzado das tecnoloxías da información e das

comunicacións, é un instrumento clave na vida cotiá e de participación na sociedade actual e

de futuro. As TIC brindan grandes oportunidades para o desenvolvemento do rural.

A fenda dixital de xénero é un indicador de exclusión e inclusión, sendo a alfabetización

tecnolóxica un elemento fundamental no desenvolvemento rural. O fomento do

coñecemento e o uso avanzado das tecnoloxías da información e das comunicacións, é un

instrumento clave na vida cotiá e de participación na sociedade actual e de futuro. As TIC

brindan grandes oportunidades para o desenvolvemento do rural e facilitan a

participación das mulleres nas accións formativas (busca de emprego, orientación laboral,

emprendemento, etc), poden crear novas formas de traballo ou simplificar as xestións

administrativas. En definitiva, eliminan os obstáculos cos que se enfrontan as mulleres

que viven no rural, fundamentalmente a falla de tempo e escaseza de recursos.

As TIC tamén facilitan a actividade das empresas xa instaladas e proporcionan acicates

para novos emprendementos, que precisan de internet para o seu desenvolvemento. Ao

mesmo tempo, potencian as actividades económicas locais, reducen o despoboamento e

melloran o acceso aos potenciais servizos.

Por iso, débese facilitar o acceso a recursos electrónicos por parte das mulleres rurais

sobre temáticas do seu interese, tales como o emprendemento, a innovación, a

conciliación, etc, así coma potenciar as xornadas formativas dirixidas tanto ao fomento en

xeral do uso e coñecemento das novas tecnoloxías, como para accións concretas ligadas a

relación coas administracións públicas e servizos públicos, á xestión de explotacións

económicas, ligadas ao sector primario ou a outros, á busca de oportunidades de emprego

ou de negocio, ao comercio electrónico, etc. Facendo un especial fincapé na divulgación

dos servizos e recursos que existen na loita contra a violencia de xénero.

A construción de capacidades neste eido permitirá potenciar a autonomía persoal e

empresarial, así como moitas das suxestións e liñas de traballo expostas neste informe.

A mellora da mobilidade incide de xeito positivo na xeración de riqueza dun territorio, ao

tempo que facilita un acceso máis fluído aos servizos, e a participación en actividades

profesionais, sociais ou culturais das mulleres do eido rural.

A muller é a principal usuaria do transporte público en Galicia, o que reflicte a necesidade

de adaptación da oferta ás necesidades diferenciadas das mulleres, tendo en conta os

Page 47: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

43 Informe Muller Rural. CGM 2016

desprazamentos que estas realizan vinculados a tarefas diarias, polo que é fundamental

que no novo deseño do mapa de servizos se teña en conta as necesidades actuais da

muller rural galega.

A singularidade das mulleres rurais require dunha atención específica que teña en

consideración as súas diferentes necesidades e expectativas. Tanto a administración,

coma o sector empresarial e demais axentes sociais, públicos e privados, deben

encamiñarse cara actuacións coordinadas que afronten as ditas particularidades.

Acadar o recoñecemento social, económico e institucional que merecen as mulleres do

rural é unha prioridade na nosa Comunidade Autónoma, reducindo a fenda de xénero

existente no emprego e no emprendemento, promovendo a conciliación e a promoción da

incorporación de mulleres nos órganos e postos de decisión e participación rurais. Só así

será posible mellorar a calidade de vida das mulleres rurais e potenciar un

desenvolvemento sostible e equitativo do noso rural, que non pode ser explicado sen o

importante papel que as mulleres galegas levaron a cabo ao longo de séculos de historia.

Page 48: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

44 Informe Muller Rural. CGM 2016

ANEXO 1. GRAO DE URBANIZACIÓN DOS CONCELLOS

CONCELLOS SEGUNDO O GRAO DE URBANIZACIÓN

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Total

ZDP 3 1 1 2 7

ZIP 18 3 3 20 44

ZPP 72 63 88 40 263

TOTAL 93 67 92 62 314

PROVINCIA DA CORUÑA

PROVINCIA CONCELLO GRAO

URBANIZACIÓN

Subgrao urbanización

A CORUÑA Oza-Cesuras ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Coruña, A ZDP ZDP

A CORUÑA Ferrol ZDP ZDP

A CORUÑA Santiago de Compostela ZDP ZDP

A CORUÑA Betanzos ZIP ZIP alta

A CORUÑA Boiro ZIP ZIP alta

A CORUÑA Cambre ZIP ZIP alta

A CORUÑA Culleredo ZIP ZIP alta

A CORUÑA Fene ZIP ZIP alta

A CORUÑA Narón ZIP ZIP alta

A CORUÑA Oleiros ZIP ZIP alta

A CORUÑA Ribeira ZIP ZIP alta

A CORUÑA Sada ZIP ZIP alta

A CORUÑA Ares ZIP ZIP baixa

A CORUÑA Bergondo ZIP ZIP baixa

A CORUÑA Cee ZIP ZIP baixa

A CORUÑA Corcubión ZIP ZIP baixa

A CORUÑA Mugardos ZIP ZIP baixa

A CORUÑA Neda ZIP ZIP baixa

A CORUÑA Noia ZIP ZIP baixa

A CORUÑA Pobra do Caramiñal, A ZIP ZIP baixa

A CORUÑA Pontes de García

Rodríguez, As

ZIP ZIP baixa

A CORUÑA Abegondo ZPP ZPP alta

A CORUÑA Ames ZPP ZPP alta

Page 49: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

45 Informe Muller Rural. CGM 2016

PROVINCIA CONCELLO GRAO

URBANIZACIÓN

Subgrao urbanización

A CORUÑA Arteixo ZPP ZPP alta

A CORUÑA Brión ZPP ZPP alta

A CORUÑA Cabanas ZPP ZPP alta

A CORUÑA Carballo ZPP ZPP alta

A CORUÑA Carral ZPP ZPP alta

A CORUÑA Laracha, A ZPP ZPP alta

A CORUÑA Miño ZPP ZPP alta

A CORUÑA Muros ZPP ZPP alta

A CORUÑA Outes ZPP ZPP alta

A CORUÑA Padrón ZPP ZPP alta

A CORUÑA Pontedeume ZPP ZPP alta

A CORUÑA Rianxo ZPP ZPP alta

A CORUÑA Teo ZPP ZPP alta

A CORUÑA Valdoviño ZPP ZPP alta

A CORUÑA Vedra ZPP ZPP alta

A CORUÑA Aranga ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Arzúa ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Baña, A ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Boimorto ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Boqueixón ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Cabana de Bergantiños ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Capela, A ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Carnota ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Cerceda ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Cerdido ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Coirós ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Coristanco ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Curtis ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Dodro ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Dumbría ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Frades ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Irixoa ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Laxe ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Lousame ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Mañón ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Mazaricos ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Mesía ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Moeche ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Monfero ZPP ZPP baixa

Page 50: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

46 Informe Muller Rural. CGM 2016

PROVINCIA CONCELLO GRAO

URBANIZACIÓN

Subgrao urbanización

A CORUÑA Muxía ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Ortigueira ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Paderne ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Pino, O ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Ponteceso ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Rois ZPP ZPP baixa

A CORUÑA San Sadurniño ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Santa Comba ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Santiso ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Sobrado ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Somozas, As ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Toques ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Tordoia ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Touro ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Trazo ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Val do Dubra ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Vilarmaior ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Vilasantar ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Vimianzo ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Zas ZPP ZPP baixa

A CORUÑA Camariñas ZPP ZPP intermedia

A CORUÑA Cariño ZPP ZPP intermedia

A CORUÑA Cedeira ZPP ZPP intermedia

A CORUÑA Fisterra ZPP ZPP intermedia

A CORUÑA Malpica ZPP ZPP intermedia

A CORUÑA Melide ZPP ZPP intermedia

A CORUÑA Negreira ZPP ZPP intermedia

A CORUÑA Ordes ZPP ZPP intermedia

A CORUÑA Oroso ZPP ZPP intermedia

A CORUÑA Porto do Son ZPP ZPP intermedia

Page 51: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

47 Informe Muller Rural. CGM 2016

PROVINCIA DE LUGO

PROVINCIA CONCELLO GRAO

URBANIZACIÓN

Subgrao urbanización

LUGO LUGO ZDP ZDP

LUGO Burela ZIP ZIP baixa

LUGO Monforte de Lemos ZIP ZIP baixa

LUGO Viveiro ZIP ZIP baixa

LUGO Cervo ZPP ZPP alta

LUGO Chantada ZPP ZPP intermedia

LUGO Foz ZPP ZPP intermedia

LUGO Monterroso ZPP ZPP intermedia

LUGO Quiroga ZPP ZPP intermedia

LUGO Rábade ZPP ZPP intermedia

LUGO Ribadeo ZPP ZPP intermedia

LUGO Sarria ZPP ZPP intermedia

LUGO Abadín ZPP ZPP baixa

LUGO Alfoz ZPP ZPP baixa

LUGO Antas de Ulla ZPP ZPP baixa

LUGO Baleira ZPP ZPP baixa

LUGO Baralla ZPP ZPP baixa

LUGO Barreiros ZPP ZPP baixa

LUGO Becerreá ZPP ZPP baixa

LUGO Begonte ZPP ZPP baixa

LUGO Bóveda ZPP ZPP baixa

LUGO Carballedo ZPP ZPP baixa

LUGO Castro de Rei ZPP ZPP baixa

LUGO Castroverde ZPP ZPP baixa

LUGO Cervantes ZPP ZPP baixa

LUGO Corgo, O ZPP ZPP baixa

LUGO Cospeito ZPP ZPP baixa

LUGO Folgoso do Courel ZPP ZPP baixa

LUGO Fonsagrada, A ZPP ZPP baixa

LUGO Friol ZPP ZPP baixa

LUGO Guitiriz ZPP ZPP baixa

LUGO Guntín ZPP ZPP baixa

LUGO Incio, O ZPP ZPP baixa

LUGO Láncara ZPP ZPP baixa

LUGO Lourenzá ZPP ZPP baixa

LUGO Meira ZPP ZPP baixa

LUGO Mondoñedo ZPP ZPP baixa

LUGO Muras ZPP ZPP baixa

LUGO Navia de Suarna ZPP ZPP baixa

Page 52: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

48 Informe Muller Rural. CGM 2016

PROVINCIA CONCELLO GRAO

URBANIZACIÓN

Subgrao urbanización

LUGO Negueira de Muñiz ZPP ZPP baixa

LUGO Nogais, As ZPP ZPP baixa

LUGO Ourol ZPP ZPP baixa

LUGO Outeiro de Rei ZPP ZPP baixa

LUGO Palas de Rei ZPP ZPP baixa

LUGO Pantón ZPP ZPP baixa

LUGO Paradela ZPP ZPP baixa

LUGO Páramo, O ZPP ZPP baixa

LUGO Pastoriza, A ZPP ZPP baixa

LUGO Pedrafita do Cebreiro ZPP ZPP baixa

LUGO Pobra do Brollón, A ZPP ZPP baixa

LUGO Pol ZPP ZPP baixa

LUGO Pontenova, A ZPP ZPP baixa

LUGO Portomarín ZPP ZPP baixa

LUGO Ribas de Sil ZPP ZPP baixa

LUGO Ribeira de Piquín ZPP ZPP baixa

LUGO Riotorto ZPP ZPP baixa

LUGO Samos ZPP ZPP baixa

LUGO Saviñao, O ZPP ZPP baixa

LUGO Sober ZPP ZPP baixa

LUGO Taboada ZPP ZPP baixa

LUGO Trabada ZPP ZPP baixa

LUGO Triacastela ZPP ZPP baixa

LUGO Valadouro, O ZPP ZPP baixa

LUGO Vicedo, O ZPP ZPP baixa

LUGO Vilalba ZPP ZPP baixa

LUGO Xermade ZPP ZPP baixa

LUGO Xove ZPP ZPP baixa

Page 53: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

49 Informe Muller Rural. CGM 2016

PROVINCIA DE OURENSE

PROVINCIA CONCELLO GRAO

URBANIZACIÓN

Subgrao urbanización

OURENSE Ourense ZDP ZDP

OURENSE Barco de Valdeorras, O ZIP ZIP baixa

OURENSE Carballiño, O ZIP ZIP baixa

OURENSE Verín ZIP ZIP baixa

OURENSE Barbadás ZPP ZPP alta

OURENSE Maside ZPP ZPP alta

OURENSE San Cibrao das Viñas ZPP ZPP alta

OURENSE Vilamartín de Valdeorras ZPP ZPP alta

OURENSE Allariz ZPP ZPP intermedia

OURENSE Celanova ZPP ZPP intermedia

OURENSE Petín ZPP ZPP intermedia

OURENSE Ribadavia ZPP ZPP intermedia

OURENSE Rúa, A ZPP ZPP intermedia

OURENSE Xinzo de Limia ZPP ZPP intermedia

OURENSE Amoeiro ZPP ZPP baixa

OURENSE Arnoia, A ZPP ZPP baixa

OURENSE Avión ZPP ZPP baixa

OURENSE Baltar ZPP ZPP baixa

OURENSE Bande ZPP ZPP baixa

OURENSE Baños de Molgas ZPP ZPP baixa

OURENSE Beade ZPP ZPP baixa

OURENSE Beariz ZPP ZPP baixa

OURENSE Blancos, Os ZPP ZPP baixa

OURENSE Boborás ZPP ZPP baixa

OURENSE Bola, A ZPP ZPP baixa

OURENSE Bolo, O ZPP ZPP baixa

OURENSE Calvos de Randín ZPP ZPP baixa

OURENSE Carballeda de Avia ZPP ZPP baixa

OURENSE Carballeda de

Valdeorras

ZPP ZPP baixa

OURENSE Cartelle ZPP ZPP baixa

OURENSE Castrelo de Miño ZPP ZPP baixa

OURENSE Castrelo do Val ZPP ZPP baixa

OURENSE Castro Caldelas ZPP ZPP baixa

OURENSE Cenlle ZPP ZPP baixa

OURENSE Chandrexa de Queixa ZPP ZPP baixa

OURENSE Coles ZPP ZPP baixa

OURENSE Cortegada ZPP ZPP baixa

OURENSE Cualedro ZPP ZPP baixa

Page 54: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

50 Informe Muller Rural. CGM 2016

PROVINCIA CONCELLO GRAO

URBANIZACIÓN

Subgrao urbanización

OURENSE Entrimo ZPP ZPP baixa

OURENSE Esgos ZPP ZPP baixa

OURENSE Gomesende ZPP ZPP baixa

OURENSE Gudiña, A ZPP ZPP baixa

OURENSE Irixo, O ZPP ZPP baixa

OURENSE Larouco ZPP ZPP baixa

OURENSE Laza ZPP ZPP baixa

OURENSE Leiro ZPP ZPP baixa

OURENSE Lobeira ZPP ZPP baixa

OURENSE Lobios ZPP ZPP baixa

OURENSE Maceda ZPP ZPP baixa

OURENSE Manzaneda ZPP ZPP baixa

OURENSE Melón ZPP ZPP baixa

OURENSE Merca, A ZPP ZPP baixa

OURENSE Mezquita, A ZPP ZPP baixa

OURENSE Montederramo ZPP ZPP baixa

OURENSE Monterrei ZPP ZPP baixa

OURENSE Muíños ZPP ZPP baixa

OURENSE Nogueira de Ramuín ZPP ZPP baixa

OURENSE Oímbra ZPP ZPP baixa

OURENSE Paderne de Allariz ZPP ZPP baixa

OURENSE Padrenda ZPP ZPP baixa

OURENSE Parada de Sil ZPP ZPP baixa

OURENSE Pereiro de Aguiar ZPP ZPP baixa

OURENSE Peroxa, A ZPP ZPP baixa

OURENSE Piñor ZPP ZPP baixa

OURENSE Pobra de Trives, A ZPP ZPP baixa

OURENSE Pontedeva ZPP ZPP baixa

OURENSE Porqueira ZPP ZPP baixa

OURENSE Punxín ZPP ZPP baixa

OURENSE Quintela de Leirado ZPP ZPP baixa

OURENSE Rairiz de Veiga ZPP ZPP baixa

OURENSE Ramirás ZPP ZPP baixa

OURENSE Riós ZPP ZPP baixa

OURENSE Rubiá ZPP ZPP baixa

OURENSE San Amaro ZPP ZPP baixa

OURENSE San Cristovo de Cea ZPP ZPP baixa

OURENSE San Xoán de Río ZPP ZPP baixa

OURENSE Sandiás ZPP ZPP baixa

OURENSE Sarreaus ZPP ZPP baixa

OURENSE Taboadela ZPP ZPP baixa

OURENSE Teixeira, A ZPP ZPP baixa

OURENSE Toén ZPP ZPP baixa

Page 55: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

51 Informe Muller Rural. CGM 2016

PROVINCIA CONCELLO GRAO

URBANIZACIÓN

Subgrao urbanización

OURENSE Trasmiras ZPP ZPP baixa

OURENSE Veiga, A ZPP ZPP baixa

OURENSE Verea ZPP ZPP baixa

OURENSE Viana do Bolo ZPP ZPP baixa

OURENSE Vilamarín ZPP ZPP baixa

OURENSE Vilar de Barrio ZPP ZPP baixa

OURENSE Vilar de Santos ZPP ZPP baixa

OURENSE Vilardevós ZPP ZPP baixa

OURENSE Vilariño de Conso ZPP ZPP baixa

OURENSE Xunqueira de Ambía ZPP ZPP baixa

OURENSE Xunqueira de

Espadanedo

ZPP ZPP baixa

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

PROVINCIA CONCELLO GRAO

URBANIZACIÓN

Subgrao urbanización

PONTEVEDRA Pontevedra ZDP ZDP

PONTEVEDRA Vigo ZDP ZDP

PONTEVEDRA Bueu ZIP ZIP alta

PONTEVEDRA Cambados ZIP ZIP alta

PONTEVEDRA Cangas ZIP ZIP alta

PONTEVEDRA Grove, O ZIP ZIP alta

PONTEVEDRA Marín ZIP ZIP alta

PONTEVEDRA Moaña ZIP ZIP alta

PONTEVEDRA Mos ZIP ZIP alta

PONTEVEDRA Nigrán ZIP ZIP alta

PONTEVEDRA Porriño, O ZIP ZIP alta

PONTEVEDRA Redondela ZIP ZIP alta

PONTEVEDRA Vilagarcía de Arousa ZIP ZIP alta

PONTEVEDRA Vilanova de Arousa ZIP ZIP alta

PONTEVEDRA Baiona ZIP ZIP baixa

PONTEVEDRA Guarda, A ZIP ZIP baixa

PONTEVEDRA Meaño ZIP ZIP baixa

PONTEVEDRA Poio ZIP ZIP baixa

PONTEVEDRA Pontecesures ZIP ZIP baixa

PONTEVEDRA Salceda de Caselas ZIP ZIP baixa

PONTEVEDRA Soutomaior ZIP ZIP baixa

PONTEVEDRA Tui ZIP ZIP baixa

PONTEVEDRA Barro ZPP ZPP alta

Page 56: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

52 Informe Muller Rural. CGM 2016

PROVINCIA CONCELLO GRAO

URBANIZACIÓN

Subgrao urbanización

PONTEVEDRA Caldas de Reis ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Catoira ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Estrada, A ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Gondomar ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Illa de Arousa, A ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Lalín ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Meis ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Moraña ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Ponteareas ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Portas ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Ribadumia ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Rosal, O ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Salvaterra de Miño ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Sanxenxo ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Tomiño ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Valga ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Vilaboa ZPP ZPP alta

PONTEVEDRA Arbo ZPP ZPP intermedia

PONTEVEDRA Crecente ZPP ZPP intermedia

PONTEVEDRA Cuntis ZPP ZPP intermedia

PONTEVEDRA Mondariz ZPP ZPP intermedia

PONTEVEDRA Mondariz-Balneario ZPP ZPP intermedia

PONTEVEDRA Neves, As ZPP ZPP intermedia

PONTEVEDRA Agolada ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Campo Lameiro ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Cañiza, A ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Cerdedo ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Cotobade ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Covelo ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Dozón ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Forcarei ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Fornelos de Montes ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Lama, A ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Oia ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Pazos de Borbén ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Ponte Caldelas ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Rodeiro ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Silleda ZPP ZPP baixa

PONTEVEDRA Vila de Cruces ZPP ZPP baixa

Page 57: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

53 Informe Muller Rural. CGM 2016

ANEXO 2. MAPA DE SERVIZOS

MAPA DE SERVIZOS DA XUNTA DE GALICIA

1. Arquivos de Galicia

2. Aulas da Rede CeMIT

3. Bibliotecas de Galicia

4. Casas dos concellos

5. Centros de Información ás Mulleres

6. Centros de ensino

Colexio de Educación Infantil e Primaria

Centro de Educación Especial

Colexio de Educación Primaria

Centro Público Integrado

Centro Privado

Colexio Rural Agrupado

Page 58: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

54 Informe Muller Rural. CGM 2016

Escola de Educación Infantil (3-6 anos)

Formación agraria

Formación artística

Formación deportiva

Formación en idiomas

Formación especializada

IES - Instituto de Educación Secundaria

Outros

7. Centros de saúde

8. Edificios xudiciais

Xulgados e fiscalías

Rexistros civís

Oficinas médico forenses

Outros órganos (avogacías do Estado, oficinas de atención a cidadanía e ás

vítimas, servizos comúns e xerencias territoriais do Ministerio de Justicia)

9. Estacións de Inspección Técnica de Vehículos

10. Farmacias

11. Hospitais e centros de especialidades

12. Museos e coleccións visitables do Sistema Galego de Museos

13. Oficinas Agrarias Comarcais

14. Oficinas de Rexistro e Información da Xunta de Galicia

15. Oficinas de emprego

16. Oficinas de turismo

17. Oficinas do Instituto Galego de Consumo

18. Puntos limpos

19. Servizos sociais

Centros sociais para a comunidade

Centros para persoas con discapacidade

Centros para a infancia

Centros para persoas maiores

Centros para a inclusión social

20. Teatros e auditorios

Page 59: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que
Page 60: INFORME MULLER RURAL - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/...comision_muller_rural-_3_junio_2016_.pdf · Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que

1 Informe Muller Rural. CGM 2016