BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA -...

21
80 SINOPSE A guerra de Afganistán deixou un importante número de viúvas e outros colectivos de mulleres ás que lle foi imposta a prohibición de desenvolver unha profesión, negándoselle o acceso á educación e á libre circula- ción. Ante a masiva perda de varóns dentro das fami- lias a posibilidade de supervivencia para as mulleres era practicamente nula. A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar adiante a familia, fronte á inocencia da nena e a esperanza da avoa que é a única que propón unha solu- ción. A secuencia reflicte de maneira extrema a segrega- ción entre homes e mulleres imposta polos talibáns ba- seada na desigualdade e inferioridade do sexo feminino. A segunda secuencia denuncia a existencia dos ma- trimonios infantís e a poligamia e como estas prácticas patriarcais están vinculadas ás tradicións culturais ou ás crenzas relixiosas que lexitiman a marxinación da muller. O mulá abusando do seu poder e posición vá- lese da relixión para someter e escravizar ás mulleres. BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA Proposta didáctica para o profesorado CLAVES PARA TRABALLAR AS SECUENCIAS Os conflitos bélicos repercuten de maneira distinta nas mulleres que nos homes, elas perden sempre máis nos dereitos humanos. Ademais da violencia que sofren por igual homes e mulleres elas teñen que sumar a violencia por razón de xénero: violacións, prostitución, humillacións, feminicidios, escravitude sexual, matrimonios forzados, e embarazos ou esteri- lizacións forzadas. Entre as diferentes causas políticas, sociais e relixio- sas que inflúen na violencia exercida contra as mulle- res é de salientar entre outras: o fundamentalismo re- lixioso, o sistema patriarcal, o propio conflito bélico e o relativismo cultural que postula que todas as culturas teñen igual valor, pois todos os valores son relativos. As mulleres violadas na guerra son con frecuencia deostadas non só entre os homes senón no seo da propia familia.

Transcript of BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA -...

Page 1: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

80

SINOPSE

A guerra de Afganistán deixou un importante número de viúvas e outros colectivos de mu lleres ás que lle foi imposta a prohibición de desenvolver unha profesión, negándoselle o acceso á educación e á libre circula-ción. Ante a masiva perda de varóns dentro das fami-lias a posibilidade de supervivencia para as mulleres era practicamente nula.

A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar adiante a familia, fronte á inocencia da nena e a esperanza da avoa que é a única que propón unha solu-ción. A secuencia reflicte de maneira extrema a segrega-ción entre homes e mulleres imposta polos talibáns ba-seada na desigualdade e inferioridade do sexo feminino.

A segunda secuencia denuncia a existencia dos ma-trimonios infantís e a poligamia e como estas prácticas patriarcais están vinculadas ás tradicións culturais ou ás crenzas relixiosas que lexitiman a marxinación da muller. O mulá abusando do seu poder e posición vá-lese da relixión para someter e escravizar ás mulleres.

BLOQUE VRELIXIÓN E CULTURA

Proposta didáctica para o profesorado

CLAVES PARA TRABALLAR AS SECUENCIAS

Os conflitos bélicos repercuten de maneira distinta nas mulleres que nos homes, elas per den sempre máis nos dereitos humanos. Ademais da violencia que sofren por igual homes e mulleres elas teñen que sumar a violencia por razón de xénero: violacións, prostitución, humillacións, feminicidios, escravitude sexual, matrimonios forzados, e embarazos ou esteri-lizacións forzadas.

Entre as diferentes causas políticas, sociais e relixio-sas que inflúen na violencia exercida contra as mulle-res é de salientar entre outras: o fundamentalismo re-lixioso, o sistema patriarcal, o propio conflito bélico e o relativismo cultural que postula que todas as culturas teñen igual valor, pois todos os valores son relativos. As mulleres violadas na guerra son con frecuencia deostadas non só entre os homes senón no seo da propia familia.

Page 2: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

81

A imposición da burka converteu as afgás nunha es-pecie de pantasmas e deixou o mundo abraiado pola falta de liberdade, pero esta vestimenta só se diferencia doutras impo sicións nunha cuestión de grao. Ademais da burka está o velo, o chador, ou a hijab como vesti-mentas impostas ás mulleres para cubrir o seu corpo.

Nas sociedades onde a muller é propiedade da familia non é difícil que se converta nun ben intercambiable e sirva como troque para algunhas transaccións. O dereito a elixir e acep tar libremente o matrimonio está recollido na Declaración Universal de Dereitos Humanos (1948), pero o consentimento non é “libre e completo” cando unha das partes involucradas é unha menor.

A poligamia vulnera o dereito da muller á igualdade co home e ten consecuencias emocio nais graves pero moitos países ampáranse no dereito consuetudinario para permitir esta práctica.

A mutilación xenital feminina constitúe segundo a OMS unha forma extrema de discriminación contra a muller. Practícase en nenas pequenas por unha muller experimentada do contorno próximo. Trátase dunha tradición preislámica aínda que non todos os países musulmáns a poñen en práctica. O obxectivo é asegurar que as rapazas cheguen virxes ao matrimo-nio. Se non se produce a mutilación a posibilidade de casar diminúe.

Page 3: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

82 TIRANDO DO FÍOPROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO

SECUENCIA I Osama

- Deus, por que tanto sufrimento?- Oxalá estivera vivo o meu marido, era o sostén da

familia.- Esta maldita guerra contra Rusia.- Oxalá estivera vivo o meu irmán, agora faríase cargo

da nosa nai.- Oxalá tivera un fillo en vez dunha filla: axudaríame

co seu traballo.- Oxalá Deus non tivera creado as mulleres.- Filla por que dis iso? Os homes e as mulleres son

iguais, asegúrocho.- Mira, o meu cabelo pode falar; mudou branco, teño

moitos anos.- Non hai diferenzas entre nós.- O home e a muller traballan igual de duro e ambos

os dous son iguais de desgraciados.- Un home afeitado baixo unha burka parece unha

muller.- Unha muller co pelo curto, chapeu e pantalóns

parece un home.

- Cortareille o pelo, non te desesperes.- Trae a roupa de seu pai, arranxarémola e

parecerá un rapaz.- Avoa que dis! Se os talibáns me recoñecen

seguro que me matarán.- Non teñas medo, se tes coidado, parecerás un

rapaz.- Non sospeitarán que non o es: a xente sempre cre

o que ven os seus ollos.- Morreremos de fame senón traballas.

Page 4: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

83

SECUENCIA IIOsama

- Perdóoa.- Deséxoche unha longa vida.- Está orfa, xa non ten a ninguén, ofrézocha en

matrimonio de acordo coas nosas leis e a nosa relixión.

- Acepto.- Xuíz, non me entregues a este home, por favor.- Quero a miña nai.- Queda perdoada e unida en matrimonio ao mulá

Sahid.- Faise xustiza, loade a Deus, Deus é grande. - Baixa!- Imos, entra.- Que o inferno leve a todos os talibáns!- Queimaron as nosas casas, as nosas terras, xa non

me queda nada!- Arrestáronme e casáronme con este mulá.- Arruinaron a miña vida, xa non teño motivos para

vivir.- Non soporto este cárcere no que vivo.- Nós eramos refuxiados, cando os talibáns apresaron

o meu irmán, e matárono coma un can.

- Despois, haberá un ano, entregáronme a este mulá. Oxalá morra!

- Eu era unha nena, case tan pequena coma ti, cando ese porco chegou á miña aldea.

- Unha noite estaba tinxindo con henna as mans, cando chegou á casa dos meus pais.

- Obrigoume a fuxir e casar con el.- A miña vida é lóbrega e desgraciada.- Ódioo, pero que podo facer?- Arrincoume a vida na noite de vodas.- Arruinou a miña vida, enterrou as miñas ilusións

nestes muros.- É un home cruel, arruinou a miña xuventude.- Onde está a rapaza?- Atopareina eu mesmo.- Sae de aí, veña sae.- Ven comigo, ven!- Escolle, escolle. É que non che gusta ningún?- Escolle, vaia!- Non che gusta este?- Este si é para ti. Cólleo é especialmente para ti!

Page 5: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

84

...DESPOIS DE VER AS SECUENCIAS

ANALIZANDO ESCENAS

SECUENCIA I

• Como se percibe a segregación por sexos?

• Para que disfrazan a nena de rapaz?

• Comenta as frases: Oxalá deus non tivera creado as mulleres!Os homes e as mulleres son iguais, asegúrocho.

• Que consecuencias tivo para as viúvas esta guerra?

• Que limitacións se lle impuxo ás mulleres para o seu desenvolvemento como per soas?

• Despois da guerra as afgás quedaron confinadas ao espazo privado, que significou isto?

• O réxime talibán retiroulles ás mulleres e nenas o dereito á educación, á saúde, ao traballo, á libre cir-culación... que repercusións económicas e sociais tiveron estas restricións?

• Pode a relixión e a cultura restrinxir os dereitos hu-manos?

• Por que razón durante os conflitos bélicos úsase a violencia contra as mulleres como arma de guerra?

PARA APRENDER

Une os seguintes termos co seu significado:

mulá ablución talibáns madraza hiyab

1 Código de vestimenta feminina islámica desti-nada a esconder o corpo da muller.

2 Escola relixiosa islámica.3 Estudantes do Islam que formaron un grupo

intregrista e guerrilleiro durante a guerra civil en Afganistán.

4 Purificación ritual realizada antes dos actos relixiosos.

5 Persoa versada no Corán e na xurispruden-cia islámica. Detiveron o poder en Afganistán baixo o réxime talibán.

• Define o termo TEOCRACIA e argumenta se este tipo de poder pode ser aplicado ao réxi-me talibán.

Page 6: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

85O CÁRCERE AZUL

A burka é o símbolo das mulleres afgás. É unha prenda de vestir que as converte nunha especie de pantasmas. Teñen que levala ao saír á rúa e cubrir con ela todo o corpo, incluídas as mans. Ademais, Sabira relata que o tecido que cobre os ollos ten que ser suficientemente tupido pois «a algunhas mu-lleres péganlles por levar os buratiños demasiado grandes».Pero este réxime tolo dos talibáns non se conforma con tirarlles a identidade ás mu lleres con esta prenda. Prohíbelles rir en público, pisar forte, pois consideran que é unha forma de chamar a atención dos homes, ou saír á rúa sen a compaña dun familiar masculino directo. Se descobren que debaixo da burka levan as unllas pin tadas, o castigo consiste en cortarlles os dedos.Antes de que os talibáns asumiran o poder en 1997, algunhas mulleres rurais leva ban a burka, unha prenda que só se utiliza en Afganistán e en Pakistán, con outra variante. Sabira sinala que para o resto das mulleres, a obriga de levalo «é un trau ma, porque é humillante, dificulta todos os movementos e tamén ver, sobre todo ás que necesitan gafas».

As afgás non somos consideradas seres humanos Sabira Matten

Page 7: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

86

• Que dereitos se vulneran ao lle pór normas á aparencia física da muller?

• Que simboliza para os talibáns o corpo da muller?

• Por que o obxectivo é sempre esconder corpo da muller?

• Pensas que ser home ou muller pode condicio-nar a vida das persoas?

PARA APRENDER

• Documéntate sobre outras indumentarias que sexan símbolos de submisión. En que países esa vestimenta é unha imposición?

• Observa as imaxes

Fonte: El Mundo

• As vestimentas que tes enriba ocultan o cabe-lo que é considerado moi erótico nalgunhas culturas, saberías pórlles os nomes?

Page 8: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

87

• O velo é unha imposición patriarcal presente de formas distintas en moitas culturas e re lixións.

• Investiga se a Biblia fai algunha referencia a esta indumentaria.

PARA APRENDER

Hai moitos tipos de velos. O velo relixioso que empezou co xudaísmo, estendeuse na cristiandade e despois ao Islam. Despois está o velo da mente, que se ocupan de poñer os medios de comunicación. O terceiro velo, o velo posmoderno, é a ma quillaxe. O máis serio é o velo da mente. Aínda que eu estou en contra de todos os velos.

Nawal Al Saadawi

• Por que as católicas tapaban a cabeza ao en-traren nas igrexas?

• Que significado ten o velo que utilizan as monxas?

• Cal é a función da mantilla nas celebracións relixiosas?

• Que simboliza o velo nos traxes de noiva?

• Que quere dicir a autora cando considera a maquillaxe un velo occidental?

• Poderiades vós engadir a listaxe?

o que esconde un velo

Page 9: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

88Tanto a sociedade balinesa como a dos semang son sociedades unisex, a distinción entre sexos é irrelevante, nos seus mitos de creación nin-gún sexo está subordinado, os principios femi-nino e masculino están integrados e igualados e posúen deidades de ambos os sexos.

• A partir dos mitos e historias da creación en cada cultura podemos inferir a orixe do poder creador. O feito de que o creador sexa masculino ou feminino pode ser relevante na configuración do xénero?

• Describe a historia do xardín do Edén propia das sociedades cristiás. Busca na Xénese a creación do home e a muller.

• Que relación atopas entre a representación mítica dos sexos na historia da creación e as condutas na vida cotiá?

PARA APRENDER

Lenda referida a orixe da creación na sociedade ba-linesa: “Os deuses concentráronse para crear seres humanos e produciron dúas parellas. Unha de cor amarelo: KetoK Pita e Djenar, outra vermella: Abang e Barak. Da parella amarela naceu un neno Coco amarelo e unha nena cha-mada Kuning. A segunda parella tivo tamén dous fillos: un neno chamado Terra Vermella e unha nena Lewek. Desta maneira foron casando e tendo fillos ata que a poboación de Bali foi creada.”

Lenda da sociedade Semang (Península de Malaia): Manoij é considerada a avoa dos habitantes do ceo que provocan os tronos. Na historia da creación Manoij axu-dada por dous netos desempeña un labor fundamental: os seres humanos foron creados con flores; Manoij fixo unha figura de arxila que se converteu nunha nena, a seguinte figura de barro converteuse nun neno. Desta primeira parella descende toda a sociedade semang.

Adaptado de Escritos para el poder feminino Peggy Reeves Sanday

a orixe da creación

Page 10: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

89MUTILACIÓN XENITAL FEMININA

• Estes termos fan referencia ás diferentes modalidades de mutilación xenital feminina. Une o significado:

Infibulación Amputación do clítoris e labios menores.Circuncisión Amputación total ou parcial do clítoris.Clitoridectomía Extirpación total do clítoris, labios maiores e menores e cerramento parcial da vaxina.

• Buscade información das razóns que se invocan neste tipo de violencia de xénero?

• Que consecuencias teñen para a saúde da muller estas prácticas?

• Permite a mutilación xenital das nenas o desenvolvemento dunha sexualidade adulta saudable?

• Investiga que países na actualidade practican a mutilación xenital feminina.

PARA APRENDER

A mutilación xenital feminina é recoñecida como una viola-ción dos dereitos humanos das mulleres. Reflicte unha des-igualdade entre os sexos é constitúe unha forma extrema de discriminación da muller. É practicada en nenas e en moitos casos acaba producindo a morte. No mundo hai entre 100 e 140 millóns de mulleres e nenas que sofren as consecuencias.

Organización Mundial da Saúde

Page 11: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

90

ANALIZANDO ESCENAS

SECUENCIA II

• Por que o mulá lle dá un cadeado á nena?• Como viven as mulleres da secuencia o matrimonio

co mulá?• Reflicte a escena o dereito ao matrimonio con con-

sentimento pleno?• E o dereito a elixir cónxuxe por quen é exercitado?• Como viven as mulleres da escena o matrimonio co

mulá?• Que posibilidades teñen de cambiar a situación pri-

vadas de liberdade?• Son suficientes os costumes, tradicións ou crenzas

relixiosas para lexitimar os matrimonios infantís ou forzados?

• Argumenta por que a poligamia non garante a igual-dade entre homes e mulleres.

• Que significado ten a ablución do mulá despois de manter relacións sexuais coa nena?

MATRIMONIO INFANTIL E MATRIMONIO FORZADO

O matrimonio infantil viola os dereitos humanos independentemente de se a persoa involucra-da é neno ou nena, pero, sen dúbida, trátase da forma máis xeneralizada de abuso sexual e explotación das nenas. Algunhas consecuen-cias negativas son a separación da familia e os amigos, a falta de liberdade para relacionarse coas persoas da mesma idade e participar nas actividades comunitarias, e unha redución das oportunidades de recibir unha educación.

Pórlle fin ao matrimonio infantilUNICEF

MATRIMONIO INFANTIL

Page 12: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

91

• O matrimonio infantil implica escravitude, sometemento sexual, embarazos prematuros, precariedade na saúde das mulleres polas enfermidades transmitidas por vía sexual, pero ademais as menores son privadas do dereito á educación.Investiga as consecuencias persoais, familiares e sociais da privación das nenas á educación.

• Que responsabilidade teñen os estados nestas prácticas?

PARA APRENDER

Page 13: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

92

Paquistán, pese a ser un dos poucos paí-

ses do mundo capaz de fabricar armas

nucleares, segue socialmente no feuda-

lismo máis arcaico. Moitas das súas tri-

bos valoran máis os animais domésticos

que as mulleres, como puxo de manifes-

to a decisión adoptada por un consello

de notables locais da provincia de Ba-

luchistán de saldar una vella liorta entre

clans coa entrega de 15 virxes de entre

tres e 10 anos de idade.

O trato convérteas en escravas, situación

que viven moitas mulleres paquistanís.

A liorta entre os dous clans custoulle a

vida a 13 persoas.

8 de xuño de 2008

15 nenas en pago por un burroDous clans de Paquistán resolven con matrimonios forzados oito anos de disputas.

O enfrontamento comezou oito anos

atrás cando un can do clan dos qalandari,

trincou a un burro dos chakrani. O can

debía de ter a rabia e o burro morreu. O

consello de notables pretendía coa súa

intervención acabar coas mortes polo

que executou a máis ancestral sentenza:

o ofrecemento de impúberes en matrimo-

nio sen ter en conta a idade dos homes

cos que casarán. As nenas tiñan que casar

con homes de máis de 50 anos. O trato

convérteas en escravas dos maridos, unha

situación que viven moitas mulleres pa-

quistanís, tanto nas zonas tribais como

nas zonas rurais das catro provincias do

país. Mulleres e nenas forzadas polas fa-

milias a casar con descoñecidos.

A PRENSA INFORMA

Debate do texto en pequeno grupo. Que relación ten a noticia coa secuencia II?

Page 14: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

93PARA REMATAR

Campaña de sensibilización na comunidade educativa.• Editade unha revista sobre os distintos aspectos do

xénero abordados nos bloques de Fíos Violeta. In-cluíde prensa actualizada, entrevistas a persoas do voso contorno, poemas, creacións musicais, cómics ou historietas.

• Realizade carteis publicitarios de gran tamaño pro-poñendo solucións para os diferentes conflitos.

• Estudar a posibilidade de realizar un graffiti no cen-tro educativo que exemplifique relacións saudables e igualitarias entre vós.

• Se contades con medios audiovisuais deseñade un corto de boas prácticas para convivir en igualdade.

RECURSOS PARA SABER MÁIS

Diario de Zlata Libro. Zlata Filipovic (1994). Editorial El País S.A-Aguilar

Voces robadas Libro. Zlata F, Challenger (2007). M. Editorial Ariel (diarios de guerra de adolescentes)

Nubes en el cielo Libro. Sierra i Fabra (2008).Colección Nadhari Joven (Intermon- Oxfam)

Mooladé (Protección)Cine (2004). Ousmane Sembene. Denuncia da muti-lación xenital feminina.

Multimedia axial: un mundo de valoreshttp://www.unmundodevalores.com/axial.html

Recursos e estudos sobre a infancia e os dereitos humanos:

http://www.unicef.orghttp://www.mujeresenred.net

http://www.es.amnesty.org/index.phphttp://www.hrw.org/eshttp://www.unicef.es/derechos/docs/CDN_06.pdf

Page 15: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

94

Abecassis, Eliette (2008) El corsé invisible. Plaza edición.

Aguilar Carrasco, P. (2005) ¿Somos las mujeres de cine? Prácticas de análisis fílmico. Materiales didácticos para la coeducación. Instituto Asturiano de la Mujer.

Alonso, M e Matilla, L. (1990) Imágenes en acción. Análi-sis y práctica de la expresión audiovisual en la escuela activa. Akal.

Arnot, M. (2009) Coeducando para una ciudadanía global. Morata.

Asensi, J. (2003) “La violencia en las instituciones escola-res” en Tendencias pedagógicas, 8, pp 89-98.

Bressler Karen, W. (1999) Un siglo de lencería: símbolos gráficos de estilo en el siglo XX. Status Edicións.

COGAM (2007) El amor y el sexo no son de un solo color. Guía para la diversidad afectivo-sexual para adolescen-tes. Internet.

Collier, Paul (2008) El club de la miseria. Qué falla en los países más pobres del mundo. Turner.

Chahdortt, D. (2004) ¡Abajo el velo! El Aleph.

Díaz Aguado, M. J.(2006) Del acoso escolar a la cooperación en las aulas Pearson.

Durán, A. (2007) El valor del Tiempo. Espasa.

Dusster, David (2006) Esclavos modernos: las víctimas de la globalización. Plaza edición.

García, R (2007) El cine como recurso didáctico, Eikasia. Revista de Filosofía, año III, 13.

Gómez del Barrio (2009) Convivir con los trastornos de la conducta alimentaria: Anorexia, Bulimia y otros trastor-nos por atracones. Médica Panamericana.

Gómez E. e Platero R. (2007) Herramientas para combatir el bullying homofóbico. Talasa.

Gómez, M. (2007) Vidas de cristal helado. Atlantis. Narra-tiva Femenina.

Lienas, G. (2007) El diario violeta de Carlota. El Aleph Edi-tores.

López Sánchez, F. (2006) Homosexualidad y familia:lo que los padres, madres, homosexuales y profesionales deben saber y hacer. Grao.

Lorde, A. (2003) La hermana, la extranjera. Editorial Horas y Horas.

Marquina Espinosa, A. (2004) El ayer y el hoy: Lecturas de antropología política. El futuro. Vol. II. Uned.

Maquieira V. (2007) Mujeres, Globalización y Derechos Hu-manos. Plaza edición.

Merino, A. (2002) Historia de los inmigrantes en España. Dinámicas de exclusión e inclusión social en una Europa globalizada. CIS.

Montera, M. (2009) La conquista del espacio público. Mi-nerva.

BIBLIOGRAFÍA

Page 16: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

95

Morin, E. (2010) ¿Hacia el abismo? Globalización en el S. XXI. Paidós.

Nieto, J. A. (2003) Antropología de la sexualidad y diversi-dad cultural. Talasa.

Noyud Alí (2010) Me llamo Noyud, tengo 10 años y estoy divorciada. Martínez Roca.

Parkin, R.e Stone L. (2007) Antropología del parentesco y de la familia. Cera.

Pérez, C. (2009) Valores y normas para la convivencia en el aula. Programas de intervención educativa. EOS.

Sanchis, R. (2006) Todo por amor? Una experiencia coedu-cativa contra la violencia a la mujer. Octaedro.

Sánchez Escalonilla, A. (2001) Estrategias de guión cine-matográfico. Ariel Cine.

Sánchez Morales, R. (1996) Impactos sociales de la biotec-nología. Uned.

Sharif, S. (2008) El velo del miedo. Styria.

Solá A. (1989) El cine en la escuela. Elementos para una didáctica. Gustavo Gili.

Suárez, B. e Hermelo, M. (2003). A orientación sexual nas aulas. Concellería da Muller. Concello de Vigo.

Solveig, Joks (2006) Las mujeres samis del reno. En el cen-tro de la actividad de las siiddat y los hogares trashu-mantes, pero en el olvido público. Ramón Areces.

Torre, S. (2005) El cine un entorno educativo. Diez años de experiencia a través del cine. Narcea.

Torre, S. (1996) Cine formativo. Una estrategia innovadora para los docentes. Octaedro.

Torre S. e Moraes C. (2005) Sentinpensar. Fundamentos y estrategias para reencantar la educación. Aljibe.

Urrutia Pérez, C. (2005) Mujeres y conflictos armados. Pla-taforma DD. HH. Mujeres.

Urruzola Zabalza, M. J. (2005) No te líes con los chicos ma-los. Guía no sexista dirigida a chicas. Junta de Andalucía.

Urruzola, M.ª J. (1998) Aprendiendo a amar desde el aula. Ed. Maite Canal.

Viñuelas, Olga (2006) Identidades lésbicas. Ediciones Bellaterra.

Villota, Paloma de (2005) Globalización y desigualdad de género. Síntesis.

VV. AA. (2004) As mulleres nos medios de comunicación. Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntaria-do. Xunta de Galicia.

VV. AA. (2008) Ni ogros ni princesas. Guía para la educa-ción afectivo-sexual en la ESO. Consejería de Salud e Instituto Asturiano de la Mujer.

VV. AA. (2007) Las siete competencias básicas para educar en valores. Grao.

VV. AA. (2008) Adolescencia y sexualidades minoritarias: Voces desde la exclusión. Alcalá editorial.

Yalom Marilyn, (1997) Historia del pecho. Tusquets.

Page 17: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

96

ABLUCIÓN: purificación ritual dalgunhas partes do corpo antes dun acto relixioso.

ASHRAM: casa de viúvas onde reside a muller hindú des-pois do falecemento do seu marido.

BISEXUALIDADE: atracción sexual indistinta polo sexo fe-minino e masculino.

BRECHA SALARIAL: refírese a diferenza porcentual de sala-rios entre homes e mulleres.

BULLYING HOMÓFOBO/HOMOFÓBICO: maltrato psíquico, físico ou verbal producido entre escolares de forma reitera-da por mor da orientación sexual. Baséase nunha relación asimétrica de poder entre a persoa agresora e a vítima e vincúlase a actitudes sexistas e heterosexistas.

BURKA: vestimenta que cobre totalmente o corpo da mu-ller, agás unha pequena rella nos ollos. Afganistán, Arabia Saudí ou Sudán son os países onde máis se impón esta forma de vestir.

CHADOR: vestimenta que cobre totalmente o corpo da mu-ller deixando a cara descuberta. Especialmente usado en Irán.

DAGONGMEI: mozas e adolescentes chinas que desen-volven traballos precarios en condicións de explotación laboral.

DOBRE XORNADA: a suma do traballo remunerado realiza-do fóra da casa e as tarefas de coidado ou traballo produ-tivo que se realiza no fogar.

ENXOVAL: contribución económica que a familia da noiva lle entrega ao noivo para facer fronte ás cargas do matri-monio.

ESPAZO PRIVADO: ámbito onde se desenvolven as activi-dades sociais menos valoradas como o traballo de coidado ou doméstico, son polo xeral actividades invisibles e pouco apreciadas. Unha boa parte do traballo das mulleres des-envólvese neste espazo.

ESPAZO PÚBLICO: contorno onde se desenvolven as activi-dades valoradas socialmente e que está sobrerrepresenta-do polos homes.

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO: crenzas socioculturais das ca-racterísticas que se consideran apropiadas en función da pertenza ao xénero feminino ou masculino.

GLOSARIO

Page 18: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

97

EXCLUSIÓN SOCIAL: fenómeno estrutural que combina fac-tores políticos, económicos, sociais... que lles afectan ás persoas e que lles dificulta sentirse cidadáns de pleno de-reito. Algúns colectivos son máis vulnerables de atoparse en exclusión social: a xente nova, as mulleres, as persoas maiores, os inmigrantes...

FEMICIDIOS: segundo a definición de Nacións Unidas, o “femicidio” é o asasinato da muller só polo feito de ser muller. Baséase nas relacións desiguais de poder entre ho-mes e mulleres.

GLOBALIZACIÓN: proceso que intenta estender a todo o planeta un único modelo económico (o mercado libre), político (a democracia liberal) e cultural (o da civilización moderna).

HETEROSEXUALIDADE: atracción sexual por persoas do sexo contrario.

HIJAB: vestimenta feminina islámica destinada a cubrir o cabelo.

HOMOFOBIA: prexuízo e discriminación cara ás persoas homosexuais.

HOMOSEXUALIDADE: atracción sexual por persoas do mes-mo sexo.

LESBIANA: muller que sente atracción sexual por persoas do sexo feminino.

MAQUILADORAS: empresa que se encarga da man de obra dun produto que vai ser destinado á exportación.

MUTILACIÓN XENITAL FEMININA: a mutilación xenital femi-nina inclúe todas as prácticas que implican a extirpación total ou parcial dos xenitais externos femininos. A práctica está vinculada a motivos culturais ou relixiosos.

ORIENTACIÓN SEXUAL: atracción afectivo-sexual cara a outras persoas. Pode ser heterosexual, homosexual ou bi-sexual. Non é voluntaria nin modificable.

PATRIARCADO: a manifestación e a institucionalización do dominio masculino, sobre as mulleres e a sociedade en xeral.

POLIGAMIA: réxime familiar na que un home casa con va-rias mulleres.

SEGREGACIÓN: fai referencia á concentración de mulleres en determinadas ocupacións.

SEGREGACIÓN HORIZONTAL: falamos de segregación ho-rizontal cando nos referimos á concentración de mulleres en determinados sectores de actividade, departamentos ou grupos ocupacionais, e dos homes noutros.

Page 19: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar

98

SEGREGACIÓN VERTICAL: a segregación vertical concentra a maioría de traballadoras nos estamentos inferiores da maior parte das estruturas organizativas.

SOCIALIZACIÓN DIFERENCIAL: socializar de forma distinta segundo o sexo biolóxico, consolida a identidade de xénero e como consecuencia aparecen os roles feminino e masculino.

SWEATSHOPS: tamén coñecidas como fábricas da suor, onde se desenvolven traballos precarios en condicións insalubres.

TEITO DE CRISTAL: barreira invisible que atopan as mulleres para chegar ao cumio dunha profesión por razón de xénero.

TEOCRACIA: forma de goberno na que os líderes din do-minar en nome de Deus. O réxime talibán é un exemplo recente de teocracia.

TRABALLO PRECARIO: emprego ou ocupación que se realiza sen un mínimo aceptable de dereitos e garantías sociais.

TRABALLO PRODUTIVO: realízase fóra da casa, remunérase por medio dun salario e valórase socialmente.

TRABALLO REPRODUTIVO: actividades que xeran bens e servizos para o benestar familiar. Non está remunerado por un salario, é practicamente feminino e invisible so-cialmente porque a organización social non recoñece a súa existencia.

VIOLENCIA DE BAIXA INTENSIDADE: toda agresión que se exerce a base de abusos, discriminacións, humillacións, vexacións, insultos, mofas, burlas...

XÉNERO: construción sociocultural que dita as condutas que cada sociedade lles asigna como naturais a mulleres e homes.

Page 20: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar
Page 21: BLOQUE V RELIXIÓN E CULTURA - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/04-manual.pdf · A primeira secuencia amosa a impotencia da nai para sacar