Indignádevos

18

description

Faktoría K de libros. Ágora K

Transcript of Indignádevos

Page 1: Indignádevos
Page 2: Indignádevos
Page 3: Indignádevos
Page 4: Indignádevos

Paul Klee, Angelus Novus

1920, acuarela, 31,8 x 24,2 cm, museo de Israel, Xerusalén

No seu texto, Stéphane Hessel fai referencia a esta obra de Kleee ao comentario que dela fixo o filósofo alemán Walter Benja-min nas súas Teses sobre a filosofía da historia, escritas en 1940,sobre o shock que supuxo o pacto xermanosoviético. WalterBenjamin foi o primeiro propietario do cadro, e nel vía un anxoloitando contra «esa tempestade que chamamos progreso».

Page 5: Indignádevos
Page 6: Indignádevos

Título orixinal: Indignez vous!

© Indigène éditions, decembro 2010© da tradución: Fernando Moreiras, 2011© do prólogo: Manuel Rivas, 2011© da imaxen da páxina 3, Paul Klee,

Vegap, 2011, © 1920, Bridgeman Art Library/Index© desta edición: Kalandraka Editora, 2011Italia, 37 - 36162 PontevedraTelf: 986 860 [email protected]

Faktoría K de libros é un selo editorial de Kalandraka

Ilustración e deseño de portada: Marc TaegerCorrección: Carme Pereiro

Primeira edición: marzo, 2011Cuarta edición: xuño, 2011ISBN: 978-84-15250-06-7DL: PO 100-2011

Reservados todos os dereitos.Non se permite a reprodución total ou parcial deste libro, nin a súa incorporación a unsistema informático, nin a súa transmisión en calquera forma ou por calquera medio,sexa este electrónico, mecánico, por fotocopia, por gravación ou por outros métodos,sen o permiso previo e por escrito da editora. A infracción dos dereitos mencionadospode ser constitutiva dun delicto contra a propiedade intelectual (Art. 270 e seguintesdo Código Penal).

Page 7: Indignádevos

Traducido por Fernando Moreiras

Prólogo de Manuel Rivas

Page 8: Indignádevos
Page 9: Indignádevos

A nova conquista do pan

PRÓLOGO DE MANUEL RIVAS

Pensei nas palabras como follas mortas. Non, mortas de

todo non. Doentes. Malferidas. Envelenadas. Encollidas nun

recanto. Pousando unhas nas outras para amortecer o peso

da dor tóxica.

Moitas delas, das palabras, tiveron mellores tempos.

Gustaban das gorxas e das bocas da xente. Un pracer fo-

nético. A felicidade de ser ditas. De viaxar con sentido fértil.

Como o pole. Nacidas para semente. Para pousar e abrollar

nas bocas. No lugar labiodental.

Iso que John Berger chama «levar a esperanza entre os

dentes».

Mais tiñamos as palabras doentes, envelenadas. Portado-

ras de arsénico e non de pole. Ese proceso que relatou moi

7

Page 10: Indignádevos

ben Victor Kemplerer, en A linguaxe do Terceiro Reich: «As

palabras poden actuar como doses ínfimas de arsénico. Un

trágaas sen darse conta, semella que non causan efecto

algún; ao cabo dun tempo prodúcese o efecto tóxico».

O contexto é diferente do tempo observado e sufrido

por Kemplerer. Mais nós tamén coñecemos o cansazo tó-

xico das palabras. Sometidas a dopaxe, adestradas na nova-

fala orwelliana, para o condutismo no parque temático

comercial e o adoutrinamento do pensamento único, as pa-

labras acaban por delatar a súa sobreexplotación como os

deportistas destruídos pola esixencia de servir a un único

deus: o triunfo.

Moitos deles, dos deportistas, rematan como espectros

de si mesmos. Así, as palabras. Na expresión de Samuel

Beckett, «as palabras non queren dicir».

Este é o primeiro trazo engaiolante do chamamento de

Stéphane Hessel. As palabras queren dicir. Queren volver a

dicir. Abrollan radicais: con raíz. E érguense, elévanse, con

sentido. Van á procura das bocas. Petan chamadores nas por-

tas pechadas da indiferenza. Hai tanto tempo que non as via-

mos así, as palabras! Indómitas, destemidas. Saben. Son

sabedoras, mais tamén saborosas. A que saben as palabras de

Hessel? A pan. Se cadra é que estou pensando en A conquista

do pan, de Kropotkin, ese libro angular das bibliotecas e ate-

neos que tecían o movemento solidario e librepensador. Na

8

Page 11: Indignádevos

historia de Galicia, talvez a mellor rede social, xunto cos ir-

mandiños. Mais tamén penso en don Quixote e no seu ines-

quecíbel discurso sobre a liberdade: «A liberdade, Sancho, é

un dos máis preciosos dons que os ceos deron aos homes;

con ela non poden igualarse os tesouros que garda a terra nin

o mar encobre; pola liberdade así como pola honra pódese e

debe aventurar a vida, e, pola contra, o cativerio é o maior

mal que pode vir aos homes». Pero aínda di máis: «Ventu-

roso aquel a quen o ceo deu un anaco de pan sen que lle

quede a obriga de agradecelo a outro que ao mesmo ceo!».

Indignádevos! ten a condición dese anaco de pan.

En Francia, dende que se editou en outubro (2010), lé-

vanse espallado máis de dous millóns de exemplares. Había

fame de pan. De palabras enfornadas con anovada liberdade.

Agora podemos partillar ese pan necesario. E ben que pres-

tan as palabras de Stéphane Hessel en lingua galega, vertidas

por Fernando Moreiras.

O primeiro valor do texto é ese rescate das palabras. Das

palabras que denuncian o espolio da condición humana, a

subtracción dos avances e conquistas sociais. E das palabras

que nos convocan, que nomean, como a liberdade e a xustiza,

os máis preciosos dons, e que constitúen o núcleo progra-

mático do que poderiamos chamar partido da humanidade.

Esa dobre condición, a de denuncia, mais tamén de ener-

xía alternativa, é o que sitúa a Indignádevos! na estirpe dos

9

Page 12: Indignádevos

mellores textos vindicativos, ese tipo de epístolas necesarias

que a humanidade se dirixe a si mesma en intres históricos.

«Que é un home rebelde?», preguntábase Albert Camus

no célebre libro que leva ese título, L’homme revolté. E daba

unha resposta que forma xa parte da realidade intelixente:

«Un home que di que non. Pero se se nega, non renuncia:

é ademais un home que di si dende o seu primeiro move-

mento».

Indignádevos! é un non que dá paso a un si.

A usurpación da democracia, os políticos profesionais

como mordomos dos poderes económicos, o saqueo dos

dereitos dos traballadores, a manipulación da información

para administrar arsénico... Son moitos e rechamantes os

motivos para dicir non. A ese non, segue un si: saír da indi-

ferenza. A indignación que proclama Stéphane Hessel é a

condición imprescindíbel para o espertar das conciencias.

O secuestro da liberdade e a corrosión da xustiza, do espazo

do benestar público, é posíbel nun estado de suspensión das

conciencias.

Mais hai outro trazo fundamental para explicar que esta

chamada que é Indignádevos! estea a ter o eco que ten: a cre-

dencial do autor.

O rescate das palabras esenciais é posíbel polo valor do

custodio.

10

Page 13: Indignádevos

El pode levar no brasón con pleno sentido os versos de

Uxío Novoneyra:

Todo o que pasou o meu pobo pasoume a min

Todo o que pasou o home pasoume a min

Ignacio Ramonet lembraba nunha descrición biográfica

en Le Monde Diplomatique que Stéphane naceu nun niño de

liberdade. No filme Jules et Jim de François Truffaut cóntase

a historia de amor de quen foron pai e nai. Unha muller

libre, artista, que foi por diante no feminismo. O pai, xudeu

de orixe, traduciu, entre outras, a obra de Proust ao alemán.

De mozo, cando o Terceiro Reich ocupou Francia coa com-

plicidade reaccionaria de Petain e compaña, Stéphane inté-

grase na Resistencia. Foi detido, torturado e deportado ao

campo de exterminio de Buchenwald. Conseguiu fuxir, foi

capturado e condenado a morrer na forca. Mais consegue

sobrevivir, tomando a identidade dun defunto. Rematada a

guerra, con 28 anos, é un dos elixidos para redactar na ONU

a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Ao longo

da súa vida, e en moitos destinos, xogará un importante

papel diplomático. Mais nunca aceptará a condición de «di-

plomático» burócrata. Alí onde lle tocou estar, nunca foi in-

diferente á xustiza.

11

Page 14: Indignádevos

Ten 93 anos. O antigo membro da Resistencia conecta

agora moi ben coa chamada «xeración sacrificada» ou «xe-

ración perdida». Mais estamos a ver xa que a xente moza

non acepta ese destino fatal que suxire a etiqueta socioló-

xica. A «xeración perdida» xa está a dicir non. Un non que

é un si. Por iso fai súas as palabras de Hessel. El condena o

terrorismo e incardinase na tradición da «insurrección pa-

cifista» de Martin Luther King. A crítica que fai do trato do

estado israelí aos palestinos non debería ser utilizada por

aqueles fanáticos que practican o discurso do odio antise-

mita e pretenden a destrución de Israel.

Eu aconsellaría, se mo permiten, que despois de ler In-

dignádevos! procurasen a compaña da Modesta proposición

para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica

historia universal da infamia, que Lois Pereiro publicou en

Luzes de Galiza en 1996 e que logo reeditou Espiral Maior

en Poemas para unha loia. Hai unha abraiante conexión de

espíritos, máis alá do tempo e do lugar. E unha segunda

compaña literaria: o capítulo XIV de As uvas da ira, de

John Steinbeck.

Hai na indignación de Stéphane unha certa felicidade in-

surxente das palabras. Talvez o selo da Resistencia. Talvez a

sensación de revivir: un rescate asociado á esperanza. Talvez

12

Page 15: Indignádevos

o non saberse soas, as palabras. O ser partilladas. Ao cabo,

esta resma de papel vibrante é de estirpe libertaria e quixo-

tesca e vén cara a nós mentres pregoa no galope: «Este libro

é feliz pois vai buscarvos».

13

Page 16: Indignádevos
Page 17: Indignádevos
Page 18: Indignádevos