Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos...

24
Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos Coñeza as vantaxes dunha cobertura integral, aproveitando a capacidade de Ibermutuamur e todos os seus servizos Mutua colaboradora coa Seguridade Social n.º 274 Edición galego

Transcript of Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos...

Page 1: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores AutónomosCoñeza as vantaxes dunha cobertura integral, aproveitando a capacidade de Ibermutuamur e todos os seus servizos

Mutua colaboradora coa Seguridade Social n.º 274

Edición galego

Page 2: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

2

Ibermutuamur, cosTraballadores Autónomos

Page 3: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

3

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

En Ibermutuamur, se vostede é un traballador autónomo incluído no réxime especial dos traba-lladores por conta propia ou autónomos da Seguridade Social, terá ao seu dispor tres tipos de coberturas:

- A incapacidade temporal por enfermidade común e accidente non laboral.

- O accidente de traballo e a enfermidade profesional.

- A prestación polo cesamento de actividade.

En conxunto, estas tres coberturas permítenlle contar cunha protección integral fronte a todas as situacións de enfermidade, accidente ou cesamento involuntario da actividade, tendo ao seu carón o apoio dos centros, profesionais e servizos dunha mutua como Ibermutua-mur, rexidos pola calidade, a solvencia e a eficacia.

A cobertura de enfermidade común e accidente non laboral (continxencias comúns) é obri-gatoria* para todos os traballadores autónomos, agás para os traballadores por conta propia agrarios, para os cales a cobertura de incapacidade temporal por continxencias comúns segue a ser opcional, mentres que a obriga de protexer as continxencias derivadas de accidente e enfermidade profesional (continxencias profesionais) aféctalles tan só aos autónomos eco-nomicamente dependentes e aos dedicados ás actividades profesionais con maior risco de sinistralidade. Para o resto de traballadores autónomos esta cobertura é opcional. Polo tanto, se non pertence a ningún destes dous grupos, pode optar por adherirse a Ibermutuamur para ter cuberta unicamente a prestación económica derivada da incapacidade temporal por continxencias comúns ou pode estender a súa protección para cubrir tamén as continxencias derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional, a cal inclúe tanto a asistencia sa-nitaria e rehabilitadora como as prestacións económicas e sociais que xestionamos.

Pola súa banda, a prestación por cesamento de actividade é opcional para todos os autó-nomos desde o 1 de xaneiro de 2015. Esta ampliación da prestación é equivalente no ámbito laboral á protección de desemprego que existe para os traballadores por conta allea, en con-creto, no que comprende á protección por cesamento de actividade do traballador autónomo. Deste xeito, se vostede é un traballador autónomo e ten cuberta a protección por cesamento de actividade, poderá acceder á prestación económica por cesamento de actividade sempre e cando se atope nunha situación legal de cesamento.

* Salvo que se encontren nunha situación de pluriactividade e teñan cuberta esta prestación noutro réxime.

Estas tres coberturas permítenlle contar cunha protección integral fronte a todas as situacións de enfermidade, accidente e cesamento involuntario da actividade.

Page 4: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

4

ENFERMIDADE COMÚN E ACCIDENTE NON LABORAL

No caso de que teña unha enfermidade común ou sufra un accidente non laboral que lle impida traballar durante un período de tempo, en Ibermutuamur obterá resposta a:

> A cobertura de prestacións económicas por incapa-cidade temporal (subsidio en período de baixa), de acordo co Real decreto 1993/1995 polo que se aproba o Regulamento xeral sobre colaboración na xestión das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profe-sionais da Seguridade Social. Para iso terá que remitir-nos o parte de baixa expedido polo médico de atención primaria. A cobertura da prestación económica por in-capacidade temporal derivada de continxencias comúns iníciase a partir do 4.º día de baixa.

> Seguimento sanitario dos procesos de incapacidade temporal derivada de enfermidade común. Dispomos de persoal especializado en medicina de familia que re-cibe a axuda dunha rede de especialistas procedentes de diferentes disciplinas e dedicado en exclusiva ao con-trol e seguimento das baixas por enfermidade común. Ibermutuamur contactará con vostede para interesarse polo seu estado de saúde e tentar colaborar no seu res-tablecemento, e porá á súa disposición todos os seus medios propios para que se axilice a realización das pro-bas diagnósticas e poida reincorporarse ao ámbito labo-ral máis rapidamente, e nas mellores condicións posibles.

ACCIDENTE DE TRABALLO E ENFERMIDADE PROFESIONAL

Se estende a súa protección, obterá unha xestión integral das continxencias derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional. Esta xestión comprende:

> Asistencia sanitaria: a asistencia sanitaria de Ibermu-tuamur comprende a atención inmediata no momento do accidente, as consultas sucesivas e a posterior rehabilita-ción, e presta servizos no ámbito das urxencias médicas, a asistencia ambulatoria e hospitalaria e a especialidades médico-cirúrxicas en todos os seus centros sanitarios.

> Rehabilitación: o Servizo de Rehabilitación de Ibermu-tuamur está integrado por médicos rehabilitadores e fi-sioterapeutas que aplican as técnicas máis adecuadas para cada tratamento (hidroterapia, termoterapia, elec-troterapia, laserterapia, magnetoterapia, etc.).

> Readaptación profesional: o Servizo de Readaptación Profesional está integrado no proceso global de reha-bilitación física e funcional dos accidentados con algún tipo de secuela ou discapacidade. A través dun equipo interdisciplinario composto por médicos rehabilitadores, psicólogos, traballadores sociais e expertos na forma-ción para adultos, facilitamos a reinserción laboral das persoas que tiveron un accidente de traballo.

> Cobertura das prestacións económicas: en calidade de entidade colaboradora coa Seguridade Social, asu-mimos o pagamento das prestacións económicas deri-vadas de accidente de traballo e enfermidade profesional regulado nas seguintes leis e decretos: Lei xeral da Segu-ridade Social, Lei orgánica 3/2007 para a igualdade efec-tiva de mulleres e homes, Real decreto 295/2009, polo que se regulan as prestacións económicas do sistema da Seguridade Social por maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural, e Real decreto 1148/2011, para a aplicación e desenvol-vemento no sistema da seguridade Social da prestación

Page 5: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

5

económica por coidado de menores afectados por can-cro ou outra enfermidade grave. Estas prestacións son:

- Incapacidade temporal.- Lesións permanentes que non causan invalidez.- Incapacidade permanente: • Incapacidade permanente parcial. • Incapacidade permanente total. • Incapacidade permanente absoluta. • Grande invalidez. - Morte e supervivencia (I.M.S.): • Auxilio por falecemento. • Viuvez. • Orfandade e a favor de familiares.

- Prestación por risco durante o embarazo.- Prestación por risco durante la lactación natural.- Prestación económica para o coidado de menores

afectados polo cancro ou unha enfermidade grave.

> Prestacións sociais: A Comisión de Prestacións Especiais de Ibermutuamur xestiona axudas asis-tenciais e económicas, así como programas indivi-dualizados de formación orientados á readaptación e reinserción laboral dos traballadores que, como consecuencia dun accidente de traballo ou dunha enfermidade profesional, teñen unha incapacidade permanente recoñecida (ou unha situación de inca-pacidade temporal con previsión de invalidez perma-nente após a alta médica) e se encontran, ademais, nun estado concreto de necesidade, ou requiren axu-da para a súa reinserción laboral e acreditan carecer de medios económicos para facer fronte á situación. A Comisión de Prestacións Especiais completa e dis-tingue a acción protectora de Ibermutuamur, xa que converte a eficiencia da súa xestión en melloras e be-neficios para o colectivo dos traballadores mutualistas, especialmente para os que sofren accidentes máis graves e carecen de recursos económicos. A maior parte das axudas comprenden gastos de hi-poteca da vivenda habitual, cursos e plans individuais de formación, gastos extraordinarios derivados do fa-lecemento do traballador, gastos de formación acadé-mica dos fillos orfos, eliminación de barreiras arquitec-tónicas na vivenda habitual, adaptación de vehículos ou adquisición de elementos técnicos, entre outras. Estas axudas son independentes e compatibles coas prestacións regulamentarias da Seguridade Social.

Capacidade dos servizos e innovación na asistencia sanitariaIbermutuamur pon á disposición de todos os seus clientes unha das principais redes asistenciais do país, formada por 100 centros propios e case 1000 concertados con cerca de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada.

Unha rede que está constantemente ampliándose, moder-nizándose e mellorando a accesibilidade ás súas instala-cións, o que lle permite dar unha atención especializada e caracterizada pola innovación nos servizos e a incorpora-ción das novas tecnoloxías:

Servizos integrais de atención sanitaria laboral

> Escola de Costas: é un programa de educación e ades-tramento para que o paciente con dor vertebral e con procesos de incapacidade temporal derivados dunha continxencia cuberta por Ibermutuamur adquira os co-ñecementos e as habilidades necesarios que lle permitan alcanzar e manter un estado de saúde óptimo das súas costas.

Facilita información sobre diferentes aspectos relaciona-dos coa patoloxía vertebral (anatomía básica, causas da dor vertebral, mecanismos de protección, normas bási-cas de hixiene corporal, etc.) que permite combater me-llor os episodios dolorosos.

Page 6: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

6

> Laboratorios de biomecánica: nos laboratorios realí-zanse probas biomecánicas para medir e rexistrar gra-ficamente a capacidade funcional do sistema músculo-esquelético do paciente, e facilítase o diagnóstico e a valoración das súas alteracións. Aplícase para a análise e valoración de diferentes patoloxías.

> Unidade de Rehabilitación e Telerrehabilitación Car-díaca: é un servizo especializado na rehabilitación inte-gral (física e psicolóxica) dos pacientes que padeceron recentemente unha anxina de peito, un infarto de mio-cardio, etc., e se encontran nun proceso de incapacida-de temporal (baixa médica) cuberto por Ibermutuamur. Nestas unidades, que reducen o número de incapacida-des permanentes orixinadas pola enfermidade coronaria e melloran a calidade de vida destes pacientes, consé-guese, ademais:

- Recuperar a máxima capacidade funcional, mediante un programa de adestramento físico controlado.

- Controlar os factores de risco cardiovascular, a través do seguimento clínico destes.

- Diminuír o período de convalecencia.

- A readaptación persoal, social e laboral do paciente, mediante técnicas psicolóxicas que axudan a superar a enfermidade e as súas complicacións asociadas, como a depresión.

- Diminuír a mortalidade asociada a novos eventos car-díacos.

Nas unidades de telerrehabilitación cardíaca incorpórase un sistema de videoconsulta cardiolóxica.

Por outro lado, Ibermutuamur tamén leva a cabo un pro-grama de rehabilitación cardíaca domiciliaria, mediante un sistema de supervisión cardiolóxica remota, dirixido aos pacientes en situación de baixa laboral por cardio-patía isquémica que sexan clasificados como pacientes de baixo risco após unha valoración cardiolóxica inicial en Ibermutuamur.

Antes de iniciar a rehabilitación cardíaca domiciliaria, o paciente realiza unhas sesións de aprendizaxe nas ins-talacións da Unidade de Rehabilitación Cardíaca. Nestas sesións o persoal sanitario de Ibermutuamur ensínalle ao paciente o tipo de exercicio físico que cómpre realizar diariamente e a súa duración e intensidade, así como a empregar o dispositivo de supervisión cardiolóxica remo-ta que lle permite rexistrar a frecuencia cardíaca durante o tempo que realiza a actividade física.

Ademais, ensínaselle ao paciente a tomar as constantes vitais (frecuencia cardíaca ou pulso radial ou carótico, así como a tensión arterial) antes de iniciar e de finalizar a actividade física, e explícaselle como encher tanto a folla de control, co tipo de exercicio realizado cada día e a súa duración, coma a folla de rexistro das constantes vitais e sintomatoloxía durante a sesión, de ser o caso. Tamén recibe instrucións sobre o que facer no caso de ter sínto-mas clínicos ou en situacións de urxencia.

Cunha periodicidade semanal ou quincenal, o paciente acode aos controis preestablecidos polo seu médico de Ibermutuamur, quen o avalía medicamente e lle resolve as dúbidas e as incidencias. Alén diso, o médico rexistra os datos gravados no sistema de supervisión cardiolóxi-ca remota para a súa análise, estudo e seguimento.

> Unidade do Sono: é un servizo especializado na avalia-ción e diagnóstico de pacientes con procesos de baixa cubertos por Ibermutuamur e que están directamente re-lacionados cos trastornos do sono.

Nas instalacións destas unidades fanse varios tipos de probas, como a polisonografía nocturna convencional, consistente no rexistro nocturno simultáneo de variables neurofisiolóxicas (actividade cerebral, muscular...) e car-diorrespiratorias que permiten avaliar a cantidade e cali-dade do sono, así como identificar os diferentes eventos cardíacos, respiratorios, motores, etc. e a súa repercu-sión no sono.

Tamén contan con equipos de poligrafía respiratoria do-miciliaria, unha proba utilizada para diagnosticar a síndro-me de apnea-hipopnea durante o sono (SAHS). Para rea-lizar este estudo, os profesionais sanitarios ensínanlle ao paciente a empregar o dispositivo que terá que levar para o seu domicilio. Unha vez neste, o único que ten que fa-cer é seguir as instrucións proporcionadas polo profesio-nal sanitario na mutua. A información queda rexistrada e almacenada no dispositivo e é, posteriormente, analizada polo médico neurofisiólogo.

Servizos de atención e información> Liña de Atención Telefónica Integral

A través da Liña de Atención Telefónica Integral 24 horas, co número gratuíto 900 23 33 33, vostede po-derá realizar todas as xestións que necesite relacionadas con Ibermutuamur.

Deste xeito, poderá solicitar asistencia sanitaria por accidente de traballo ou enfermidade profesional, tanto en España coma no estranxeiro, as 24 horas do día, e todos os días do ano. (Para solicitar asis-

Page 7: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

7

tencia desde o estranxeiro deberá pórse en contacto a través do número + 34 91 744 51 01). Neste servizo ta-mén se proporciona información sobre trámites e xes-tións para os traballadores desprazados ou que se despracen ao estranxeiro. Deste xeito, as empresas e os traballadores que se vaian desprazar ao estranxeiro poden consultar que trámites e xestións previas deben realizar na Tesourería Xeral da Seguridade Social e no Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), alén de como deben actuar se se produce un accidente laboral. Amais, poderá realizar consultas e obter informa-ción e asesoramento acerca das coberturas, pres-tacións e servizos, así como da rede de centros de Ibermutuamur; tamén, comunicar posibles queixas e reclamacións relacionadas cos servizos prestados por Ibermutuamur así como resolver as posibles dúbidas ou incidencias que lles poidan xurdir aos usuarios e co-ñecer as funcionalidades dos servizos de Ibermutua-mur prestados a través da Internet (Portal do Paciente, Portal Divulgativo PRL, Cibermutua, etc.).

> Portal do PacienteSe tivo algún proceso asistencial en Ibermutuamur, a tra-vés deste Portal, ao que se accede desde a web www.ibermutuamur.es, poderá:

- Consultar o resultado das probas médicas que lle fixé-semos en Ibermutuamur (radiografías, analíticas e pro-bas complementarias).

- Consultar e descargar o informe da súa historia clínica.

- Consultar os datos da súa próxima cita médica.

- Consultar o seu historial de baixas.

E todo isto sen ter que desprazarse ata as nosas insta-lacións, e con todas as garantías de seguridade e confi-dencialidade de datos.

> Oficina de Atención ao ClienteOs centros de Ibermutuamur dispoñen dunha Oficina de Atención ao Cliente onde lle axudarán a:

- Obter información ampla e pormenorizada de todas as coberturas, prestacións e servizos, así como da rede de centros de Ibermutuamur.

- Coñecer o tipo de prestacións económicas ás que ten acceso o paciente. Explicaranlle os requisitos, trámites e documentación necesaria en cada caso.

- Xestionar as solicitudes que necesite, informándoo da xestión precisa para cada trámite.

- Atender as súas suxestións e agradecementos, resolver posibles incidencias relacionadas cos servizos presta-dos en Ibermutuamur, así como queixas e reclamacións relacionadas con estes, e realizar os trámites necesa-rios para a resolución dos problemas formulados.

Se o prefire, pode pórse en contacto con esta oficina a través:

- Do enderezo de correo electrónico: [email protected]

- Da Liña de Atención Telefónica Integral 900 23 33 33, de luns a venres das 08:00 ás 20:00 horas.

> Portal divulgativo PRLA través deste portal, os autónomos poden consultar o catálogo de accións divulgativas e as boas prácticas pre-ventivas de Ibermutuamur, ademais de inscribirse, des-cargar os diplomas e xustificantes das accións realizadas e obter a memoria de participación.

> Portal Seguridade e Saúde Laboral IbermutuamurÉ un portal especializado na prevención de riscos labo-rais que ten por obxecto difundir e fomentar unha autén-tica cultura preventiva co fin de reducir a sinistralidade laboral e promover novas prácticas empresariais.

> Guía para PacientesTrátase dun documento explicativo no que se detallan todos os servizos, tanto asistenciais como de atención e información, alén de todas as prestacións e dereitos aos que teñen acceso os pacientes de Ibermutuamur en función da continxencia que orixinase o seu proceso asistencial. Esta guía está dispoñible nos mostradores de admisión dos servizos médicos, nas oficinas de atención ao cliente dos centros e na páxina web corporativa. Ade-mais, poderá descargala por medio dun código bidi no seu ordenador, smartphone ou tableta.

Page 8: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

8

Outros servizos en liña> Páxina web corporativa

Na web corporativa www.ibermutuamur.es, alén de ter acceso aos portais e servizos de transaccións en liña e aos soportes informativos relacionados co ámbito de actividade das mutuas, así como a toda a información relativa ás coberturas, prestacións e servizos de Iber-mutuamur, poderá realizar, entre outras, as seguintes consultas e xestións: obter información sobre a rede de centros propia e concertada de Ibermutuamur, encher e remitir os distintos formularios para solicitar prestacións ou solicitar a súa adhesión a Ibermutuamur.

> Revista dixital OnMutuaOfrece información actualizada sobre a asistencia sanita-ria e os servizos, coberturas e prestacións de Ibermutua-mur de maneira permanente, así como sobre a actualida-de en materia sociolaboral, médica e preventiva.

> Boletín informativoÉ unha publicación en formato dixital de periodicidade quincenal que recolle as noticias máis significativas que se producen nos ámbitos de información sobre a Segu-ridade Social e a Inspección de Traballo e a súa norma-tiva, así como nos ámbitos de información en materia de prevención de riscos laborais e de seguridade e hixiene; a información proporciónase con enlaces a documenta-ción complementaria.

Como acceder aos servizos e prestacións no caso de accidente ou enfermidade profesional

No caso de accidente laboral, debe acudir ao centro asis-tencial de Ibermutuamur máis próximo. Se descoñece onde se situa, pode pórse en contacto con nós a través da Liña de Atención Telefónica Integral 24 horas: 900 23 33 33, ou pode consultar a nosa rede de centros na nosa páxina web: www.ibermutuamur.es.

Para iso, leve consigo a súa tarxeta da Seguridade Social, o DNI ou calquera outro documento que o identifique.

Se despois de recibir asistencia sanitaria non pode con-tinuar a traballar, os servizos sanitarios de Ibermutuamur declararán a súa situación de incapacidade temporal por continxencia profesional e expediranlle o seu parte médico de baixa. A cobertura da prestación económica de incapa-cidade temporal iniciarase, neste caso, ao día seguinte ao da baixa médica e terá dereito a ela durante todo o tempo no que non poida desenvolver a súa actividade laboral.

> No caso de urxencias vitais e accidentes graves, chame inmediatamente: - Á Liña de Atención Telefónica Integral 24 horas, 900

23 33 33, que atende e xestiona as urxencias médicas por accidente de traballo e enfermidade profesional, tanto en España como no estranxeiro. Para solicitar asistencia no estranxeiro deberá telefonar ao número +34 91 744 51 01.

- Ou aoTeléfono de Urxencias da súa zona xeográfica: 112 (ou semellante).

Prestación por cesamento de actividadePerante unha situación legal de cesamento de activi-dade, se ten concertada esta protección en Ibermu-tuamur e reúne os requisitos establecidos no Título V do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, poderá ter acceso á prestación por cesamento de actividade.

Que é a prestación por cesa-mento de actividade

É un sistema específico de protección dos traballado-res autónomos que, podendo e querendo exercer unha actividade económica ou profesional a título lucrativo e estando incluídos nos seus niveis de protección, tivesen que suspender a actividade de maneira involuntaria.

A protección por cesamento de actividade forma parte da acción protectora do Sistema da Seguridade Social e ten carácter voluntario. Poden optar a ela todos os traballa-dores autónomos afiliados á Seguridade Social e en situa-ción de alta no réxime especial dos traballadores por conta propia ou autónomos, incluídos os traballadores por conta propia agrarios e os do réxime especial de traballadores do mar.

O devandito cesamento ha de ser total na actividade eco-nómica ou profesional que estivese desempeñando de ma-neira habitual, persoal e directa, e sempre que dese lugar ao encadramento obrigatorio nun dos réximes citados.

A xestión da prestación correspóndelle á mutua colabora-dora coa Seguridade Social á que o traballador autónomo estea adherido.

Page 9: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

9

Que cobre esta prestaciónO sistema de protección por cesamento de actividade comprende as seguintes prestacións:

> A prestación económica por cesamento total da ac-tividade.

> O aboamento da cotización á Seguridade Social por continxencias comúns no réxime correspondente du-rante a percepción da prestación económica por cesa-mento de actividade.

> O sistema de protección por cesamento de actividade comprenderá, ademais, medidas de formación, orien-tación profesional e promoción da actividade em-prendedora dos traballadores autónomos beneficiarios, que correrán a cargo dos servizos públicos de emprego autonómicos (ou do Instituto Social da Mariña no caso dos traballadores inscritos no réxime especial dos traba-lladores do mar).

Situación legal de cesamento de actividade

Encontraranse en situación legal de cesamento de activida-de todos os traballadores autónomos que cesen no exer-cicio da súa actividade por algunha das causas seguintes:

> Cando concorran motivos económicos, técnicos, produtivos ou organizativos que tornen inviable continuar coa actividade económica ou profesional. Entenderase que existen estes motivos cando concorra algunha das situacións seguintes:

- Perdas resultantes do exercicio da súa actividade: su-periores ao 10 % dos ingresos obtidos nun ano com-pleto e tendo en conta que o primeiro ano da actividade non computa.

- Cando polo menos o 30 % dos ingresos da actividade do traballador autónomo correspondentes ao exercicio económico inmediatamente anterior estean destinados a execucións administrativas ou xudiciais tendentes á cobranza de débedas recoñecidas polos órganos xu-diciais.

- Declaración xudicial de concurso que impida continuar coa actividade, nos termos da Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal.

No caso de establecemento aberto ao público, esixirase o seu pechamento durante a percepción do subsidio ou ben a súa transmisión a terceiros. Non obstante, o autónomo titular do inmoble onde se sitúa o establecemento poderá realizar sobre este os actos de disposición ou gozo que correspondan ao seu dereito, sempre que non supoñan a continuidade do autónomo na actividade económica ou profesional finalizada.

> Por forza maior determinante do cesamento temporal ou definitivo da actividade económica ou profesional. Para os efectos desta prestación, entenderase por forza maior unha forza superior a todo control e previsión, allea ao traballador autónomo ou empresario e que quede fóra da súa esfera de control, debida a acontecementos de carácter extraordinario que non se puidesen prever ou que, previstos, non se puidesen evitar.

> Por perda da licenza administrativa, sempre que esta constitúa un requisito para o exercicio da actividade eco-nómica ou profesional e non veña motivada pola comi-sión de infraccións penais.

Page 10: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

10

> Por violencia de xénero determinante do cesamento temporal ou definitivo da actividade da traballadora au-tónoma.

> Por divorcio ou separación matrimonial, mediante resolución xudicial, nos supostos en que o autónomo exercese funcións de axuda familiar no negocio do seu ex-cónxuxe ou da persoa da cal se separou, e en función das cales estaba incluído no correspondente réxime da Seguridade Social

A situación legal de cesamento da actividade respecto dos traballadores autónomos incluídos no réxime espe-cial de traballadores por conta propia ou autónomos por aplicación da letra b) do apartado 2 do artigo 305 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, pro-ducirase cando cesen involuntariamente no cargo de conselleiro ou administrador da sociedade ou na prestación de servizos a esta e a sociedade incorrese en perdas superiores ao 10 % dos ingresos obtidos nun ano completo sen computar o primeiro de actividade, ou ben diminuíse o seu patrimonio neto por debaixo das dúas terceiras partes da cifra do capital social.

Encontraranse en situación legal de cesamento de ac-tividade os traballadores autónomos que cesen a súa actividade por extinción do contrato subscrito co cliente de que dependan economicamente, nos seguintes su-postos:

- Pola terminación da duración convida no contrato ou por conclusión da obra ou servizo.

- Por incumprimento contractual grave do cliente, debi-damente acreditado.

- Por rescisión da relación contractual adoptada por cau-sa xustificada polo cliente, de acordo co establecido na Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

- Por rescisión da relación contractual adoptada por cau-sa inxustificada polo cliente, de acordo co establecido na Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

- Por morte, incapacidade ou xubilación do cliente, sem-

pre que impida a continuación da actividade.

A situación legal de cesamento de actividade estable-cida neste punto será tamén de aplicación aos traba-lladores autónomos que carezan do recoñecemento de economicamente dependentes, sempre que a súa actividade cumpra as condicións establecidas no artigo 11 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, pola que se aproba o Estatuto do traballo autónomo, e no artigo 2 do Real de-creto 197/2009, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve o Estatuto do traballo autónomo en materia de contrato do traballador autónomo economicamente dependente e o seu rexistro e se crea o Rexistro Estatal de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos.

Consideraranse en situación legal de cesamento de actividade os socios traballadores de cooperativas de traballo asociado que se encontren nalgún dos seguintes supostos:

- Os que cesasen na prestación de traballo e, polo tan-to, na actividade desenvolvida na cooperativa, perdendo os dereitos económicos derivados directamente da dita prestación por algunha das seguintes causas:

• Por expulsión improcedente da cooperativa.

• Por causas económicas, técnicas, organizativas, produ-tivas ou de forza maior.

• Por finalización do período ao cal se limitou o vínculo societario de duración determinada.

• Por causa de violencia de xénero, no caso das socias traballadoras.

• Por perda da licenza administrativa da cooperativa.

- Os aspirantes a socios en período de proba que cesa-sen na prestación de traballo durante este por decisión

Page 11: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

11

unilateral do Consello Reitor ou órgano de administración correspondente da cooperativa.

En ningún caso se considerarán en situación legal de cesamento de actividade:

> Aqueles que cesen ou interrompan voluntariamente a súa actividade, salvo por incumprimento contractual grave do cliente, debidamente acreditado.

> Os traballadores autónomos economicamente de-pendentes que, tras cesaren na súa relación co cliente e percibiren a prestación de cesamento de actividade, volvan contratar co mesmo cliente nun prazo dun ano, contado desde o momento en que se extinguiu a prestación, en cuxo caso deberán reintegrar a pres-tación recibida.

> Os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado que, tras cesaren definitivamente na presta-ción de traballo e, polo tanto, na actividade desenvolvida na cooperativa, e teren percibido a prestación por cesa-ción de actividade, volvan ingresar na mesma sociedade cooperativa nun prazo dun ano contado desde o mo-mento en que se extinguiu a prestación. Se o socio tra-ballador reingresa na mesma sociedade cooperativa no prazo sinalado, deberá reintegrar a prestación percibida.

Requisitos para poder acceder á prestación

O dereito á protección por cesamento de actividade reco-ñeceráselles aos traballadores autónomos en que conco-rran os requisitos seguintes:

> Estar afiliados e en situación de alta no momento do cesamento no réxime especial dos traballadores por conta propia ou autónomos (ou no réxime especial dos traballadores do mar).

> Ter solicitado a baixa do réxime especial dos traba-lladores por conta propia ou autónomos por causa do cesamento da actividade.

> Ter cuberto o período mínimo de cotización por cesa-ción de actividade no momento do cesamento.

(Ver o apartado «Duración da prestación económica»).

> Cotizar pola achega correspondente á protección por cesamento de actividade. A base de cotización por ce-samento de actividade corresponderase coa base de co-tización do réxime especial dos traballadores por conta propia ou autónomos que elixise como propia o traballador autónomo conforme o establecido nas normas de aplica-ción, ou ben a que lle corresponda como traballador por conta propia no réxime especial dos traballadores do mar.

Para o ano 2016, o tipo de cotización correspon-dente á protección por cesamento de activida-de será do 2,2 %, aplicable á base de cotización que escollese como propia. O tipo de cotización aplicable para manter a sustentabilidade financeira da protección por cesamento de actividade fixara-se, anualmente, na correspondente Lei de orzamen-tos xerais do Estado, de acordo cas seguintes regras:• O tipo de cotización expresado en tanto por cento será

o que resulte da seguinte fórmula: TCt = G /BC*100

Onde:t = ano a que se refiran os orzamentos xerais do Estado no cal estará en vigor o novo tipo de cotización.

TCt = tipo de cotización aplicable para o ano t.

G = suma do gasto por prestacións de cesamento de ac-tividade dos meses abranguidos desde o 1 de agosto do ano t-2 ata o 31 de xullo do ano t-1.

BC = suma das bases de cotización por cesamento de actividade dos meses comprendidos desde o 1 de agosto do ano t-2 ata o 31 de xullo do ano t-1.

• Non obstante o anterior, non corresponderá aplicar o tipo resultante da fórmula, senón que se mantén o tipo vixen-te, cando:

- Supoña incrementar o tipo de cotización vixente en me-nos de 0,5 puntos porcentuais.

- Supoña reducir o tipo de cotización vixente en menos de 0,5 puntos porcentuais, ou cando, en caso de que a redución do tipo sexa maior de 0,5 puntos porcentuais, as reservas desta prestación a que se refire o apartado 2 do artigo 16 da presente lei previstas cando peche o ano t–1 non superen o gasto orzado pola prestación de cesamento de actividade para o ano t.

Page 12: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

12

• En todo caso, o tipo de cotización que se fixará anual-mente non poderá ser inferior ao 2,2 % nin superior ao 4 %. Cando o tipo de cotización que se fixe exceda o 4 %, procederase necesariamente a revisar á alza todos os períodos de carencia previstos no apartado «Duración da prestación», que quedarán fixados na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado. Esta revisión á alza será, polo menos, de dous meses.

Os traballadores autónomos acollidos ao sistema de pro-tección por cesamento na actividade terán unha redución de 0,5 puntos porcentuais na cotización pola cobertura de incapacidade temporal derivada de continxencias comúns.

> Encontrarse nunha das situacións legais de cesa-mento de actividade recoñecidas na Lei.

> Subscribir o compromiso de actividade a que se refire o apartado c) do artigo 299 do Real decreto lexislativo 8/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei xe-ral de seguridade social, e acreditar activa dispoñibili-dade para a reincorporación ao mercado de traballo a través das actividades formativas, de orientación profesional e de promoción da actividade empren-dedora a que o poida convocar o Servizo Público de Emprego da correspondente comunidade autónoma (ou o Instituto Social da Mariña de ser o caso dos traballado-res do réxime especial de traballadores do mar).

> Non ter a idade ordinaria para causar dereito á pen-sión contributiva de xubilación, salvo que o traballador autónomo non tivese acreditado o período de cotización requirido para iso.

> Encontrarse ao día no pagamento das cotas á Segu-ridade Social. Non obstante, se na data do cesamento de actividade non se cumprise con este requisito, o tra-ballador poderá, no prazo improrrogable de 30 días naturais, ingresar as cotas debidas. A regularización do descuberto producirá plenos efectos para a adquisi-ción do dereito á protección.

> Cando o traballador autónomo teña un ou máis traballa-dores ao seu cargo, será requisito previo ao cesamento da actividade o cumprimento das garantías, obrigas e procedementos regulados na lexislación laboral, o que será acreditado mediante declaración xurada.

Onde e cando se solicita a protección

Se vostede é un traballador autónomo adherido a Iber-mutuamur e reúne os demais requisitos descritos ante-riormente, pode solicitar o recoñecemento do dereito á protección por cesamento de actividade en calquera centro de Ibermutuamur.

O prazo para solicitar o recoñecemento da situación le-gal de cesamento de actividade finaliza o último día do mes seguinte ao mes no que se produciu o cesamento de actividade. Deberá achegar toda a documentación ne-cesaria para que Ibermutuamur poida acreditar a situación legal de cesamento de actividade.

Este recoñecemento daralle dereito á correspondente prestación económica, así como a que Ibermutuamur aboe a cota da Seguridade Social que corresponda, du-rante o mesmo período da prestación.

No caso de presentación da solicitude unha vez transcorri-do o prazo fixado, o dereito nacerá o día de presentación da solicitude, e descontaranse do período de percepción da prestación económica os días que medien entre a data en que debería ter presentado a solicitude e a data en que a presentou. Aplicarase á cotización á Seguridade Social, da cal se fará cargo Ibermutuamur, o mesmo desconto de días.

Se vostede é un traballador autónomo economicamente dependente e finalizou a súa relación co cliente principal, pode solicitarlle a Ibermutuamur o recoñecemento do derei-to á protección por cesamento da actividade. Ibermutuamur aboará tanto a prestación económica por cesamento de ac-tividade como a cotización ao réxime da Seguridade Social, de acordo coa normativa vixente. Para ter dereito ao gozo da prestación non poderá ter actividade con outros clientes a partir do día en que inicie o cobramento da prestación.

Page 13: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

13

Duración da prestación económica

A duración da prestación por cesamento de activida-de dependerá dos períodos de cotización1 efectuados dentro dos 48 meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade, dos cales, polo menos 12 deben ser continuados e inmediatamente anteriores á dita situación de cesamento, tomando en consideración para tales efectos o mes en que se produza esta, conforme a seguinte escala:

Período de cotización Período da protección(meses) (meses)

De 12 a 17 .............................................................. 2

De 18 a 23 .............................................................. 3

De 24 a 29 .............................................................. 4

De 30 a 35 .............................................................. 5

De 36 a 42 .............................................................. 6

De 43 a 47 .............................................................. 8

De 48 meses en diante ........................................... 12

Nos casos de traballadores autónomos entre os 60 anos e a idade en que se poida causar dereito á pensión de xu-bilación, increméntase a duración da prestación:

Período de cotización Período da protección(meses) (meses)

De 12 a 17 .............................................................. 2

De 18 a 23 .............................................................. 4

De 24 a 29 .............................................................. 6

De 30 a 35 .............................................................. 8

De 36 a 42 ............................................................. 10

De 43 meses en diante 12

1 Para determinar o período de cotización teranse en conta exclusivamente as cotizacións por cesamento de activida-de efectuadas ao réxime especial correspondente. Teranse en conta as cotizacións por cesamento de actividade que non fosen computadas para o recoñecemento dun dereito anterior da mesma natureza. Os meses cotizados compu-taranse como meses completos. As cotizacións que xera-ron a última prestación por cesamento de actividade non se poderán computar para o recoñecemento dun dereito posterior. No réxime especial dos traballadores do mar, os períodos de veda obrigatoria aprobados pola autoridade competente non se terán en conta para o cómputo do pe-ríodo de 12 meses continuados e inmediatamente anterio-res á situación legal de cesamento de actividade, sempre e cando neses períodos de veda non se tivese percibido a prestación por cesamento de actividade.

Para que un traballador autónomo ao cal se lle recoñecese e desfrutase o dereito á prestación por cesamento de ac-

Page 14: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

14

tividade poida volver solicitar un novo recoñecemento de-berán ter transcorrido dezaoito meses desde o primeiro día do período de percepción do último dereito á prestación. (As cotizacións que xeraron a última protección por ce-samento de actividade non se poderán computar para o recoñecemento dun dereito a esa protección posterior).

Contía da prestaciónA base reguladora da prestación económica por cesa-mento de actividade será a media das bases polas cales se cotizase durante os 12 meses continuados e inmedia-tamente anteriores á situación legal de cesamento, compu-tando para tal efecto o mes completo en que se produza esa situación. No réxime especial dos traballadores do mar a base reguladora calcularase sobre a totalidade da base de cotización por esta continxencia, sen aplicación dos co-eficientes correctores de cotización e, ademais, os perío-dos de veda obrigatoria aprobados pola autoridade com-petente non se terán en conta para o cómputo do período de 12 meses continuados e inmediatamente anteriores á situación legal de cesamento de actividade, sempre e can-do neses períodos de veda non se percibise a prestación por cesamento de actividade.

A contía da prestación durante todo o seu período de gozo determinarase aplicando á base reguladora o 70 %.

Segundo a situación familiar do traballador autónomo, estableceranse contías máximas e mínimas2 da presta-ción por cesamento de actividade. Estas serán:

Para autónomos sen fillos ao seu cargo*: Contía máxima:o 175 % do indicador público de rendas de efectos múltiples.Contía mínima: o 80 % do indicador público de rendas de efectos múltiples.

Para autónomos cun fillo ao seu cargo: Contía máxima: o 200 % do indicador público de rendas de efectos múltiples.Contía mínima: o 107 % do indicador público de rendas de efectos múltiples.

Para autónomos con dous ou máis fillos: Contía máxima: o 225 % do indicador público de rendas de efectos múltiples.Contía mínima: o 107 % do indicador público de rendas de efectos múltiples. 2 Para os efectos da contía máxima e mínima da prestación por cesamento de actividade, terase en conta o indicador público de rendas de efectos múltiples mensual, incremen-tado nunha sexta parte, vixente no momento do nacemen-to do dereito.

*Entenderase que se teñen fillos a cargo cando estes sexan menores de 26 anos, ou maiores, pero cunha discapacida-de en grao igual ou superior ao 33 %, carezan de rendas de calquera natureza iguais ou superiores ao salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, e convivan co autónomo.

Suspensión do dereito á protección por cesamento de actividadeIbermutuamur suspenderá o dereito á protección por cesa-mento de actividade nos seguintes supostos:

> Durante o período que corresponda por imposición de sanción por infracción leve ou grave.

> Durante o cumprimento de condena que implique priva-ción de liberdade.

Page 15: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

15

> Durante o período de realización dun traballo por conta propia ou por conta allea.

A suspensión do dereito comportará a interrupción do aboamento da prestación económica e da cotización por mensualidades completas.

A protección por cesamento de actividade continuarase logo da solicitude do interesado, sempre que este acredite que finalizou a causa de suspensión e que se mantén a situación legal de cesamento de actividade. O dereito ao restablecemento nacerá a partir do termo da causa de suspensión, sempre que se solicite no prazo dos 15 días seguintes.

O recoñecemento do restablecemento dará dereito ao gozo da correspondente prestación económica pendente de percibir, así como á cotización, a partir do primeiro día do mes seguinte ao da solicitude do restablecemento. No caso de se presentar a solicitude transcorrido o prazo si-nalado, descontaranse do período de percepción os días que medien entre a data en que debería ter presentado a solicitude e a data en que a presentou.

Causas de extinción do dereito á protección por cesamento de actividade O dereito á protección por cesamento da actividade extin-guirase nos seguintes casos:

> Por esgotamento do prazo de duración da prestación.

> Por imposición das sancións nos termos establecidos no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

> Por realización dun traballo por conta allea ou propia durante un tempo igual ou superior a 12 meses, neste último caso sempre que xere dereito á protección por cesamento de actividade como traballador autónomo.

> Por cumprimento da idade de xubilación ordinaria. No caso dos traballadores por conta propia encadrados no réxime especial dos traballadores do mar, idade de xubilación teórica, salvo cando non se reúnan os requi-sitos para acceder á pensión de xubilación contributiva. Neste suposto a prestación por cesamento de actividade extinguirase cando o traballador autónomo cumpra cos demais requisitos para acceder á dita pensión ou ben se esgote o prazo de duración da protección.

> Por recoñecemento de pensión de xubilación ou de incapacidade permanente.

> Por traslado de residencia ao estranxeiro.

> Por renuncia voluntaria ao dereito.

> Por falecemento do traballador autónomo.

Incompatibilidades da protección por cesamento da actividadeA percepción da prestación económica por cesamento da actividade é incompatible con:

> O traballo por conta propia ou allea.

> A obtención de pensións ou prestacións de carácter eco-nómico do sistema da Seguridade Social.

> No réxime especial da seguridade social dos traballado-res do mar será incompatible coa percepción das axudas por paralización da frota.

Page 16: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

16

Cesamento de actividade, incapacidade temporal, maternidade e paternidadeSe o feito causante da protección por cesamento da acti-vidade se produce mentres o traballador autónomo se encontra en situación de incapacidade temporal, este seguirá percibindo a prestación por incapacidade tempo-ral, na mesma contía que a prestación por cesamento de actividade, ata que esta se extinga, momento en que pa-sará a percibir, sempre que reúna os requisitos legalmente establecidos, a prestación económica por cesamento de actividade que lle corresponda. En tal caso, descontarase do período de percepción da prestación por cesamento de actividade, como xa consumido, o tempo que permanece-se na situación de incapacidade temporal a partir da data da situación legal de cesamento de actividade.

Se o feito causante da protección por cesamento da ac-tividade se produce cando o traballador autónomo se encontra en situación de maternidade ou paternidade, seguirase percibindo a prestación por maternidade ou por paternidade ata que estas se extingan, momento en que se pasará a percibir, sempre que se reúnan os requisitos legalmente establecidos, a prestación económica por ce-samento de actividade que lle corresponda.

Se durante a percepción da prestación económica por cesamento de actividade o traballador autónomo pasa á situación de incapacidade temporal que constitúa re-caída dun proceso anterior iniciado con anterioridade á situación legal de cesamento na actividade, percibirá a prestación por esta continxencia en contía igual á presta-ción por cesamento na actividade. Neste caso, e no supos-to de que o traballador autónomo continuase en situación

de incapacidade temporal unha vez finalizado o período de duración establecido inicialmente para a prestación por cesamento na actividade, seguirá percibindo a prestación por incapacidade temporal na mesma contía en que a viña percibindo.

Cando o traballador autónomo estea a percibir a prestación por cesamento na actividade e pase á situación de inca-pacidade temporal que non constitúa recaída dun pro-ceso anterior iniciado anteriormente, percibirá a presta-ción por esta continxencia en contía igual á prestación por cesamento na actividade. Neste caso, e no suposto de que o traballador autónomo continuase en situación de incapa-cidade temporal unha vez finalizado o período de duración establecido inicialmente para a prestación por cesamento na actividade, seguirá percibindo a prestación por incapa-cidade temporal en contía igual ao 80 % do indicador pú-blico de rendas de efectos múltiples mensual. O período de percepción da prestación por cesamento de actividade non se ampliará como consecuencia de que o traballador autónomo pase á situación de incapacidade temporal. Durante esta situación, a mutua farase cargo das cotiza-cións á Seguridade Social ata o esgotamento do período de duración da prestación á que o traballador autónomo tiver dereito.

Se durante a percepción da prestación económica por ce-samento de actividade a persoa beneficiaria se encontra en situación de maternidade ou paternidade, pasará a percibir a prestación que por estas continxencias lle corresponda. Unha vez extinguida esta, a mutua, de oficio, restablecerá o aboamento da prestación económica por cesamento de actividade ata o esgotamento do período de duración ao que se teña dereito.

Page 17: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

17

POR QUE ADHERIRSE A IBERMUTUAMUR Vostede pode beneficiarse da xestión integral de todas as coberturas que precisa a través da experiencia, do servizo e da capacidade dunha mutua como Ibermutuamur. Por que?

> Porque Ibermutuamur lle ofrece a posibilidade de protexer na mesma entidade todas as continxencias, tanto as derivadas de enfermidade común e accidente non laboral como as derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional, amais do cesamento da actividade profesional . Deste xeito, poderá simplificar e reducir os trámites e as xestións necesarias para a súa protección integral.

> Pola amplitude da súa rede de centros. Ibermutuamur conta cunha rede asistencial de 100 centros propios e case 1000 concertados distribuídos por todo o país.

> Pola súa calidade e pola satisfacción dos seus clientes. Segundo os datos da enquisa sobre a calidade dos servizos que realiza Ibermutuamur cada ano, o 91 % dos mutualistas manifestan estar «satisfeitos» cos servizos recibidos na mutua.

> Pola súa eficiencia e solvencia, na medida en que a súa experiencia e a capacidade e axilidade dos seus servizos sanitarios lle permiten xestionar a prestación de incapacidade temporal da forma máis eficiente. Ademais, a solvencia económica de Ibermutuamur garante as prestacións dos nosos mutualistas e traballadores adheridos.

> Pola súa concepción da atención sanitaria, baseada na proactividade e na busca do valor engadido, o que lle permitiu achegar unha asistencia sanitaria de calidade, con tecnoloxías clínicas innovadoras, medios profesionais e unha atención personalizada, ademais de estudar comportamentos que logran una prevención eficaz e a redución das patoloxías máis preponderantes e os seus efectos. Ademais, contribúen a unha xestión eficiente de todos os procesos de incapacidade a innovación dos servizos, a incorporación de tecnoloxías sanitarias de última xeración e a posta en marcha de servizos sanitarios de saúde laboral integral, entre os que destacan as unidades especializadas nas patoloxías laborais máis prevalentes.

Page 18: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

18

TRABALLADOR AUTÓNOMO

Enfermidade común e accidente non laboral

Desde o 01/01/2008Para todos os autónomos (1)

Accidente de traballo e enfermidade profesional

Cobertura obrigatoria

Desde o 01/01/2008

Cobertura opcional

Todos os autónomos de actividades profesionais con maior risco de sinistralidade

Para os demais autónomos

Cobertura obrigatoria

Todos os autónomos economicamente dependentes (2)

Page 19: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

19

(1) Salvo para os traballadores por conta propia agrarios, para os que a cobertura da incapacidade temporal por continxencias comúns segue a ser opcional, ou para os que estean nunha situación de pluriactividade e teñan cuberta esta prestación no outro réxime.

(2) Segundo o capítulo III, artigos 11 a 18do Estatuto do traballo autónomo, os traballadores autónomos economicamente dependentes son aqueles que:

• Perciben dun só cliente, polo menos, un 75 % dos ingresos (persoa física ou xurídica).

• Dispoñen de contrato por escrito e rexistrado en oficina pública (desenvolvemento regulamentario).

• Non teñen traballadores asalariados.

• Dispoñen de infraestrutura e material propios.

• Desenvolven a súa actividade con criterios organizativos propios.

• Perciben unha contraprestación económica en función do resultado, asumindo risco e ventura.

(3) De acordo co establecido no artigo 327 do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da seguridade social, cuxo título V regula a protección por cesamento de actividade.

Lenda da infografía:

Protección por cesamento de actividade

Desde o 01/01/2015

Para todos os autónomos (3)

Cobertura opcional

Page 20: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

20

REDUCIÓNS E BONIFICACIÓNS PARA OS TRABALLADORES AUTÓNOMOS EN 2016

Durante o ano 2013 introducíronse cambios normativos dirixidos á actividade emprendedora e aos traballadores autónomos a raíz da entrada en vigor da Lei 11/2013, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do cre-cemento e da creación de emprego, e da Lei 14/2013, de apoio aos emprendedores e á súa internacionalización aprobada a continuación.

Posteriormente, en 2015, realizáronse novas modificacións coa publicación da Lei 31/2015, pola que se actualiza e modifica a normativa en materia de autoemprego e se adoptan medidas de fomento e promoción do traballo au-tónomo e da economía social, así como da Lei 25/2015, de mecanismo de segunda oportunidade, redución da carga financeira e outras medidas de orde social, e o Real decre-to lexislativo 8/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.

Todas estas normas foron configurando un escenario en que os autónomos poden acollerse a reducións e bonifica-cións á hora de satisfacer a súa cota que, desde xaneiro de 2016, cos novos tipos e bases de cotización, se estable-cen da seguinte maneira:

Para todos os traballadores autónomos, con independencia da súa idadeOs traballadores que causen alta inicial no réxime de autó-nomos, ou que non estivesen en situación de alta no réxi-me de autónomos nos cinco anos inmediatamente anterio-res, terán as seguintes bonificacións durante 18 meses:

- Durante os primeiros 6 meses a contía que terán que pagar será de 50 euros mensuais, no caso de que opten por cotizar sobre a base mínima, ou terán unha redución do 80 % na cota se optasen por unha base de cotización superior á mínima.

- Durante os 6 meses seguintes, terán unha redución equivalente ao 50 % na cota (do mes 7 ao 12, a cota que terán que pagar será de 53 euros aproximadamente).

- Nos 3 meses seguintes, terán unha redución equivalente ao 30 % na cota (do mes 13 ao 15, a cota que terán que pagar será de 186 euros aproximadamente).

- Finalmente, terán unha bonificación equivalente ao 30 % na cota durante os 3 meses seguintes (do mes 16 ao 18, a cota que terán que pagar será de 186 euros aproxi-madamente).

Page 21: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

21

Bonificacións para os autónomos menores de 30 anos (varóns) e de 35 (mulleres)Os novos traballadores incorporados ao réxime de autóno-mos ou que non estivesen en situación de alta nos 5 anos inmediatamente anteriores que sexan menores de 30 anos (ou menores de 35 anos no caso de mulleres), poderán ter unha bonificación adicional equivalente ao 30 % nos 12 meses seguintes á finalización do período anterior pre-visto. É dicir, a bonificación pode alcanzar os 30 meses.

Bonificacións por novas altas de familiares colaboradores de traballadores autónomos (incluídos os traballadores do réxime especial de traballadores do mar) O cónxuxe e os familiares de traballadores autónomos ata o segundo grao de consanguinidade que se incorporen ao réxime de autónomos, sempre e cando non estivesen dados de alta nel nos 5 anos inmediatamente anteriores, terán dereito ás seguintes bonificacións:

- Unha bonificación do 50 % durante os 18 primeiros meses.

- Unha bonificación do 25 % durante os 6 meses seguintes.

Bonificacións para autónomos con discapacidade, vítimas de violencia de xénero e vítimas do terrorismoAs persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, as vítimas de violencia de xénero e as vítimas do terrorismo que causen alta inicial no réxime de autóno-mos ou que non estivesen en situación de alta nos 5 anos inmediatamente anteriores, poderán acceder, durante os 5 anos seguintes á data de efectos da alta, ás seguintes bonificacións:

- Durante os 12 primeiros meses reducirase a contía a 50 euros mensuais, no caso de que opten por cotizar pola base mínima, ou reducirase a cota nun 80 % se optan por unha base superior á mínima.

- Transcorridos os 12 primeiros meses e durante os 48 meses seguintes, poderáselles aplicar unha bonificación do 50 % na cota obrigatoria.

Page 22: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

22

Bonificacións pola conciliación da vida profesional e familiar vinculada á contratación

Os traballadores incluídos no réxime de autónomos terán dereito, por un período máximo de ata 12 meses, a unha bonificación do 100 % na cota de autónomos por con-tinxencias comúns aplicada sobre a base de cotización media que tivese o traballador nos doce meses anteriores á data en que se acollese a esta medida.

Se levan menos de 12 meses en situación de alta no réxi-me de autónomos, a base media de cotización calcularase desde a data da alta.

Poderán obterse estas bonificacións nos seguintes supostos:

- Por coidado de menores de 7 anos que teñan ao seu cargo.

- Por ter ao seu cargo un familiar, por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao inclusive, en situación de dependencia, debidamente acreditada.

- Por ter ao seu cargo un familiar, por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao inclusive, con parálise ce-rebral, enfermidade mental ou discapacidade intelectual cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, ou unha discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %, sempre que esta discapacidade estea debidamen-te acreditada e o familiar non desempeñe unha actividade retribuída.

Traballadores autónomos con 65 anos ou máis e 35 anos cotizados Os traballadores por conta propia incluídos no réxime de autónomos quedarán exentos de cotizar á Seguridade Social salvo, se é o caso, por incapacidade temporal e por continxencias profesionais, nos seguintes supostos:

- Se teñen entre 65 anos e 65 anos e 3 meses, alén de 35 anos ou máis cotizados.

- Se teñen máis de 65 anos e 4 meses, alén de 35 anos e 6 meses cotizados.

Traballadores autónomos substituídos durante os períodos de descanso por maternidade, adopción, acollemento, risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural ou suspensión por paternidade Unha bonificación do 100 % na cota que resulte de aplicar sobre a base mínima ou fixa que corresponda o tipo de cotización establecido como obrigatorio durante a substitución.

Autónomos de Ceuta e Melilla Os traballadores encadrados no réxime especial da se-guridade social dos traballadores por conta propia ou autónomos dedicados a actividades encadradas nos sectores de agricultura, pesca e acuicultura; industria, excepto enerxía e auga; comercio; turismo; hostalaría e demais servizos, excepto o transporte aéreo, constru-ción de edificios, actividades financeiras e de seguros e actividades inmobiliarias, que residan e exerzan a súa actividade nas cidades de Ceuta e Melilla, terán dereito a unha bonificación do 50 % nas súas cotas á Seguri-dade Social por continxencias comúns.

Traballadores autónomos dedicados á venda ambulante ou a domicilio Os socios traballadores de cooperativas de traballo aso-ciado dedicados á venda ambulante teñen dereito a unha redución de ata o 50 % na cota obrigatoria durante 2016.

Page 23: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

23

Nos casos de pluriactividade Os traballadores autónomos que, en razón do seu traba-llo por conta allea, desenvolvido simultaneamente, coticen respecto de continxencias comúns en réxime de pluriac-tividade e tendo en conta tanto as achegas empresariais coma as correspondentes ao traballador no réxime xeral, así como as efectuadas no réxime de autónomos, por unha contía que en 2016 será igual ou superior a 12  245,98 euros, terán dereito a unha devolución do 50 % do ex-ceso en que as súas cotizacións ingresadas superen a mencionada contía, co tope do 50 % das cotas ingresa-das no réxime de autónomos, en razón da súa cotización polas continxencias comúns de cobertura obrigatoria.

Ademais, terán dereito ao seguinte:

- Os traballadores que causen alta por primeira vez no réxime de autónomos e con motivo desta inicien unha situación de pluriactividade, poderán elixir como base de cotización nese momento a comprendida entre o 50 % da base mínima de cotización durante os primeiros 18 meses, e o 75 % durante os seguintes dezaoito meses, ata as bases máximas establecidas para este réxime.

- Nos supostos de traballadores en situación de pluriactivi-dade en que a actividade laboral por conta allea o fose a tempo parcial cunha xornada a partir do 50 % da corres-pondente á dun traballador con xornada a tempo com-pleto comparable, poderase elixir como base de cotiza-ción no momento da alta a comprendida entre o 75 % da base mínima de cotización durante os primeiros dezaoito meses, e o 85 % durante os seguintes dezaoito meses, ata as bases máximas establecidas para este réxime.

Pagamento único da prestación por cesamento de actividade Agora os autónomos poden capitalizar ata un 100 % da prestación por cesamento de actividade («nun pa-gamento único») cando inicien unha actividade económica como autónomos ou cando constitúan unha cooperativa ou se incorporen a cooperativas xa constituídas nun prazo máximo de doce meses anteriores á achega, sempre que vaia posuír o control efectivo desta.

Se non se chegase a obter o 100 %, a cantidade restante pode aboarse mensualmente para subvencionar a cotiza-ción do traballador á Seguridade Social.

En 2016, o traballador autónomo que sexa titular do de-reito á prestación por cesamento de actividade e teña pendente percibir un período de, polo menos, seis meses, pode optar pola modalidade do pagamento único para realizar unha actividade profesional como traballador autónomo ou para realizar unha achega ao capital social dunha entidade mercantil de nova constitución ou cons-tituída no prazo máximo dos 12 meses anteriores á ache-ga; o beneficiario deberá, unha vez percibida a prestación, iniciar a actividade no prazo dun mes e darse de alta na Seguridade Social.

Page 24: Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos · de 2000 profesionais comprometidos coa calidade dos servizos e a atención personalizada. Unha rede que está constantemente ampliándose,

Ibermutuamur, cos Traballadores Autónomos

SÍGANOS EN:

Mutua colaboradora coa Seguridade Social n.º 274