Hi everyone · 2021. 2. 1. · Hi everyone ! Como seguramente xa sabedes tócanos continuar uns...

5
Hi everyone ! Como seguramente xa sabedes tócanos continuar uns días máis STAY AT HOME. Estou seguro que o estades a facer moi ben, e así tedes que continuar. E nós, os vosos profes mandámosvos unha segunda proposta de actividades para ir facendo pouco a pouco e sen agoniarvos, e seguindo o horario que seguro xa tedes para cada día. Desta volta sí que imos repasar o último tema que demos na clase, e propóñovos as seguintes actividades: 1. Á maioría gústannos as pizzas, pois ben, propóñovos inventar unha pizza como fixemos na aula. Trátase de ser enxeñoso, pero tamén que sexa rica. Non usedes ingredientes raros e que non sexan moi compatibles entre si. Lembrade os pasos: Introduction, ingredients, preparation time, cooking time, instructions e serving suxestions. Despois de elaborada tedes que facer un debuxo coloreado desa pizza na que se distingan a maioría dos ingredientes. (os que tedes os voso libros podedes consultalos, por suposto) 2. A segunda proposta é elaborar un Healthy menu (menú saudable), con starter, main course, dessert and drink. Lembra usar ingredientes sans. Primeiro debuxa e colorea os diferentes platos e posteriormente explica os seus ingredientes, elaboración básica e suxerencias para servilos. 3. A seguinte proposta é que fagades unha lista (máis ou menos 20) de varios alimentos, bebidas, froitas, etc e unha vez que a teñades, comprobedes se os tedes na vosa casa. Despois tedes que facer unha frase usando as formas there is/are/isn’t/aren’t e a/an/some/any/much/many. A modo de exemplo: FOOD Are/Is there...? Water There are many water in my fridge. Cauliflower (coliflor) x There isn’t any cauliflower. ... ... ... Acompaño unhas fichas de repaso do tema, non vos preocupedes en imprimilas, solo tedes que copiar as actividades na libreta ou nun folio Se tedes os vosos libros ou cadernos, aproveitade para repasar os temas dados, que sempre nos ven xenial. Lémbrovos o que vos dicía na anterior entrega, hai moitas páxinas web onde atopar actividades e xogos en inglés para lembrar vocabulario e as cousiñas do curso, aquí vos deixo algunhas, pero podedes empregar as que vos ou vosos pais prefiran: -http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/recursos_macmillan/index.html (pincha en 3º ciclo, 2º nivel e podes escoller diferentes actividades). -http://www.angles365.com/classroom/c3animals.htm (diferentes xogos con vocabulario dos animais) -https://elt.oup.com/student/oupeprimary/?cc=global&selLanguage=en

Transcript of Hi everyone · 2021. 2. 1. · Hi everyone ! Como seguramente xa sabedes tócanos continuar uns...

Page 1: Hi everyone · 2021. 2. 1. · Hi everyone ! Como seguramente xa sabedes tócanos continuar uns días máis STAY AT HOME. Estou seguro que o estades a facer moi ben, e así tedes

Hi everyone !

Como seguramente xa sabedes tócanos continuar uns días máis STAY AT HOME.

Estou seguro que o estades a facer moi ben, e así tedes que continuar. E nós, os vosos

profes mandámosvos unha segunda proposta de actividades para ir facendo pouco a pouco e

sen agoniarvos, e seguindo o horario que seguro xa tedes para cada día.

Desta volta sí que imos repasar o último tema que demos na clase, e propóñovos as

seguintes actividades:

1. Á maioría gústannos as pizzas, pois ben, propóñovos inventar unha pizza como

fixemos na aula. Trátase de ser enxeñoso, pero tamén que sexa rica. Non usedes

ingredientes raros e que non sexan moi compatibles entre si. Lembrade os pasos:

Introduction, ingredients, preparation time, cooking time, instructions e serving

suxestions. Despois de elaborada tedes que facer un debuxo coloreado desa pizza

na que se distingan a maioría dos ingredientes. (os que tedes os voso libros

podedes consultalos, por suposto)

2. A segunda proposta é elaborar un Healthy menu (menú saudable), con starter,

main course, dessert and drink. Lembra usar ingredientes sans. Primeiro debuxa e

colorea os diferentes platos e posteriormente explica os seus ingredientes,

elaboración básica e suxerencias para servilos.

3. A seguinte proposta é que fagades unha lista (máis ou menos 20) de varios

alimentos, bebidas, froitas, etc e unha vez que a teñades, comprobedes se os tedes

na vosa casa. Despois tedes que facer unha frase usando as formas there

is/are/isn’t/aren’t e a/an/some/any/much/many. A modo de exemplo:

FOOD X Are/Is there...?

Water There are many water in my fridge.

Cauliflower (coliflor) x There isn’t any cauliflower.

... ... ...

Acompaño unhas fichas de repaso do tema, non vos preocupedes en imprimilas, solo

tedes que copiar as actividades na libreta ou nun folio

Se tedes os vosos libros ou cadernos, aproveitade para repasar os temas dados, que

sempre nos ven xenial.

Lémbrovos o que vos dicía na anterior entrega, hai moitas páxinas web onde atopar

actividades e xogos en inglés para lembrar vocabulario e as cousiñas do curso, aquí

vos deixo algunhas, pero podedes empregar as que vos ou vosos pais prefiran:

-http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/recursos_macmillan/index.html

(pincha en 3º ciclo, 2º nivel e podes escoller diferentes actividades).

-http://www.angles365.com/classroom/c3animals.htm

(diferentes xogos con vocabulario dos animais)

-https://elt.oup.com/student/oupeprimary/?cc=global&selLanguage=en

Page 2: Hi everyone · 2021. 2. 1. · Hi everyone ! Como seguramente xa sabedes tócanos continuar uns días máis STAY AT HOME. Estou seguro que o estades a facer moi ben, e así tedes

Na parte de abaixo desta páxina podes pinchar na zona de xogos (Games zone) ou

escoitar pequenos contos en inglés (traditional tales), para seguir practicando o

listening. De seguro que te has divertir. Na game zone podes escoller Mega Munch

en varios niveis para deletrear palabras que escoitas pinchando no icono do altavoz;

se clicas en Super Sam, tes que saltar pulsando a barra espaciadora para coller a

estrela e ser capaz de adiviñar como se di a palabra que aparecerá no debuxo;

pinchando en Space Smash, pilotas una nave espacial que debes subir/baixar coas

fechas do teclado, e disparar -pulsando na barra espaciadora- á nave que contén a

palabra que escoites; por último no xogo Treasure hunt, debes buscar baúles do

tesouro para acumular puntos, respondendo correctamente ás preguntas que che

formulen. HAVE A FUNNY TIME!!!!!!!

Para escoitar os contos tradicionais, pinchas en “traditional tales” e podes ver e

escoitar os seguintes contos moi entretidos: Three Billy goats, Goldilocks and the

three bears, The town mouse and the country mouse y Aladdin. ENJOY!!!!!

- http://learnenglishkids.britishcouncil.org/

Nesta páxina pódese dende xogos ata lecturas interactivas. Contos cortos, xogos,

cancións, xogos de vocabulario, todos moi entretidos e simples, con actividades

posteriores de comprensión.

Pero non esteades conectados demasiado tempo!

Polo de agora penso que tedes moitas opcións para seguir aprendendo inglés,

lembrade consultar a páxina web do cole cada pouco tempo por se se amplían as

recomendacións dos vosos profes.

E o máis importante: STAY AT HOME!

SEE YOU SOON!!! KISSES!

Page 3: Hi everyone · 2021. 2. 1. · Hi everyone ! Como seguramente xa sabedes tócanos continuar uns días máis STAY AT HOME. Estou seguro que o estades a facer moi ben, e así tedes
Page 4: Hi everyone · 2021. 2. 1. · Hi everyone ! Como seguramente xa sabedes tócanos continuar uns días máis STAY AT HOME. Estou seguro que o estades a facer moi ben, e así tedes
Page 5: Hi everyone · 2021. 2. 1. · Hi everyone ! Como seguramente xa sabedes tócanos continuar uns días máis STAY AT HOME. Estou seguro que o estades a facer moi ben, e así tedes