Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

12
CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020 Lucía Lorenzo López Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas familias: Alumnado: O xoves cando recibimos a noticia de que se suspendían as clases por 14 días, todos e todas tivemos claro que mostrar comprensión, empatía, tranquilidade, prudencia e coherencia era a mellor elección. Non tiven a ocasión de dicirvos que a maneira na que recibistes a noticia, escoitastes e reaccionastes foi unha forma chea de responsabilidade e comprensión. Grazas! Foi todo apresurado, mais quero comezar dicíndovos que vos mando unha aperta e moitos bicos. Grupo, o que está a acontecer é o escenario para mobilizar todo o que fostes conseguindo ao ter claro que, a intelixencia emocional é a base da vosa educación e da sociedade! O barco desta vez atracou nun porto no que todas e todas estamos para aprender e axudar! Estade tranquilos e tranquilas e facede todo o que está nas vosas mans para frear este virus. Xuntos podemos conseguilo: Lavade as mans con auga e xabón varias veces ao longo do día. Se tosedes ou esbirrades, cúbridevos (xa explicamos moitas veces como facelo). Gardade a distancia de seguridade (non pegarse á xente, non falarlle moi preto, non andar dando bicos…). Estade na casa. O virus móvese coa xente. Se quedamos na casa non deixamos que siga viaxando e contaxiando a outras persoas. Así é como podemos frealo. 1

Transcript of Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

Page 1: Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020

Lucía Lorenzo López

Guitiriz, 16 de marzo de 2020

Querido alumnado e queridas familias:

Alumnado:

O xoves cando recibimos a noticia de que se suspendían as clases por 14 días, todos e todas tivemos

claro que mostrar comprensión, empatía, tranquilidade, prudencia e coherencia era a mellor

elección.

Non tiven a ocasión de dicirvos que a maneira na que recibistes a noticia, escoitastes e reaccionastes

foi unha forma chea de responsabilidade e comprensión. Grazas!

Foi todo apresurado, mais quero comezar dicíndovos que vos mando unha aperta e moitos bicos.

Grupo, o que está a acontecer é o escenario para mobilizar todo o que fostes conseguindo ao ter

claro que, a intelixencia emocional é a base da vosa educación e da sociedade!

O barco desta vez atracou nun porto no que todas e todas estamos para aprender e axudar!

Estade tranquilos e tranquilas e facede todo o que está nas vosas mans para frear este virus. Xuntos

podemos conseguilo:

• Lavade as mans con auga e xabón varias veces ao longo do día.

• Se tosedes ou esbirrades, cúbridevos (xa explicamos moitas veces como facelo).

• Gardade a distancia de seguridade (non pegarse á xente, non falarlle moi preto, non andar

dando bicos…).

• Estade na casa. O virus móvese coa xente. Se quedamos na casa non deixamos que siga

viaxando e contaxiando a outras persoas. Así é como podemos frealo.

1

Page 2: Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020

Lucía Lorenzo López

Familias:

Atendendo ás instrucións publicadas no portal educativo da consellería de Educación, Universidade

e Formación Profesional, os equipos docentes e o restante profesorado elaborarán propostas de

actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios, e non

terán carácter de avaliables. Esta é a razón pola que non se debe dar unha proposta educativa

na rede en como sería se fose presencial. Por iso, a vós, familias, pedirvos responsabilidade,

sentido común e comprensión. Non debemos dar mensaxes alarmistas; son 8 días lectivos os que

estarán os vosos/as fillos e fillas na casa; non podemos dar unha mensaxe en negativo: é o momento

de ser positivos e reformular a maneira de pensar, actuar, aprender...por que non? É un espazo novo

para todas e todos e unha forma de traballar a familiarizarse con ela. Fagámolo entre todos e

pensando en todos.

A continuación vouvos deixar unha serie de ideas e recomendacións para que vos organicedes

nestes días nos que non podemos asistir á escola.

Pido a vosa colaboración para axudarlles a organizar e elixir as tarefas que se propoñen.

Estou segura que tamén vos están chegando xogos, películas, concertos virtuais, aplicación

didácticas … tanto para facer en familia como de xeito individual.

Anímovos a que as revisedes e fagades aquelo que vos guste sen saturarvos.

Desfrutade do TEMPO EN FAMILIA! Tempo que nos falta habitualmente e que agora temos,

aproveitémolo! Deixade de lado as “ rutinas que marcaban os reloxos” e que nos apremen a diario.

Busquemos o lado positivo desta situación e collamos da man a responsabilidade que temos para

combater o virus! Quedemos na casa!

2

Page 3: Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020

Lucía Lorenzo López

Antes de comezar a aprender na e coa rede...

É o mellor momento para estar preto das nosas fillas e fillos a aprender nocións básicas para

traballar na rede. Antes de entrar a traballar con contidos, recursos concretos deberiades en familia

traballar os seguintes aspectos:

Buscadores especializados:

• https://books.google.es/books . Libros gratis moi interesantes

• https://scholar.google.es/schhp?hl=es Google académico

Netiquetas:

• https://www.youtube.com/watch?v=3c9bNKow_CQ

• https://www.youtube.com/watch?v=mSSau3Xmso4

Webs con información moi interesante para familias:

• Navega con rumbo: https://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/presentacion.html

• Pantallas amigas: https://www.pantallasamigas.net/

Dicionarios:

• Real Academia Galega: https://academia.gal

• Real Academia Española: https://www.rae.es

• Tradutor: http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPublico/traducir/index

3

Page 4: Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020

Lucía Lorenzo López

LINGUA GALEGA E LINGUA CASTELÁ

Ler

Ler xornais en familia. É importante analizar co alumando algunhas das noticias que saen a diario

para facelos partícipes da situación e que vexan como vai avanzando a situación. Podemos

aproveitar e traballar con eles e elas, as partes que ten unha noticia e as preguntas básicas que

podemos formularnos para entender unha nova: que, cando, como, onde, por que, quen. Poden

incluír a noticia e as vosas reflexións no portfolio.

Triangulación de fontes: ler en diferentes xornais a mesma noticia e despois falar dos datos que

coinciden e dos que non. De haber discrepancias, buscar en fontes oficiais ou en fontes primarias

para resolver as dúbidas e dar coa información veraz.

Este tamén é o momento no que poderiades ver o vídeo sobre a técnica dos seis sombreiros

https://www.youtube.com/watch?v=Mq7mYdrUOqs ( hai moitos outros se buscades por “ técnica

dos 6 sombreiros de Edward Bono”) e aplicala a hora de falar sobre as novas.

Lectura diaria: O 15 de abril temos prevista a visita de Ledicia Costas polo que debemos ler antes

o libro (A señorita Bubble). Suxírovos revisar o libro e ver cantos capítulos ten, cantas páxinas…

para organizar a vosa lectura. Haberá días que vos apeteza ler máis e outros menos. Cada un ao seu

ritmo! Tedes 20 días para gozar del!

O 17 de abril está prevista a visita de Sabela Nuñez Singala. Seguide co libro e buscade información

a medida que avanzades como facemos na aula. Falade coas persoas que tedes cerca do que ledes,

das vosas conclusións… debater é un exercicio marabilloso para aprender! Sería xenial que, a

medida que ides lendo, lle contedes a un adulto de que trataba a parte que lestes, que credes que

pasará no seguinte capítulo…

Teñen os libros de texto como guía para ir recordando o que estudamos. Poden ler e facer

actividades do libro para repasar. Se non o teñen na casa, hai moitas propostas ( mirade en enlaces)

4

Page 5: Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020

Lucía Lorenzo López

Expresión escrita

Conto. Pensar nunha historia na que o protagonista sexa o Coronavirus. Buscar os personaxes

secundarios, en que lugar se desenvolvería a historia… Debemos explicarlles: “ Agora dálle forma e

escribe un conto breve, deixa voar a túa imaxinación. Tamén podes acompañalo dunha ilustración.

Recorda as técnicas de expresión escrita traballadas e aplicáas para darlle forma ao conto ( técnica

da hamburguesa, araña, descrición de personaxes, crear o ambiente: texto do teu concello, texto

sobre un país que elixades ao azar, google maps…)

Rap: Recordade que temos en proceso a elaboración dun rap para seguir e rematar o traballo con

David e 6º B. Se se che vai ocorrendo algunha estrofa non dubides en escribila. Elixe o tema e crea

o Rap.

Dicionario: Anota aquelas palabras ou expresións que escoites e que son novas para ti. Se tes un

dicionario busca o seu significado. Se non o tes podes preguntar a un adulto, pedir axuda para

buscar nun dicionario en liña,… Elabora a listaxe para cando volvamos e poder compartila.

Ditados. Que alguén che dite un texto. Pódese aproveitar e ditar fragmentos dos libros de lectura

que teñen que ler. Hai moitas maneiras de facer un ditado para variar esta tarefa e facela atractiva.

As faltas de ortografía indícaas o adulto rodeándoas ; busca a falta en cada palabra. Se o precisas

podes empregar o dicionario. Pode crear debuxos coas palabras nas que tivo erros ortográficos para

fixar ben como se escriben.

Xogamos?

Gramisática. Repasade a categoría gramatical que estades a preparar. Memorizádea e creade

oracións. Despois tentade investigar que outras categorías gramaticais empregades ao escribir .

Podes crear un esquema con texto e debuxos de como plasmarías ti os datos puros sobre a túa

categoría gramatical na túa camiseta! Será marabilloso presentarllo aos teus compañeiros/as!

5

Page 6: Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020

Lucía Lorenzo López

Expresión oral e expresión escrita

Entrevista. Aproveitade que estades na casa e dispoñedes de tempo que non tedes o resto do ano

para coñecervos un pouco mellor. Elixe un familiar a través do que poidas saber máis sobre o tema

do teu traballo individual a presentar en xuño. Elabora unha serie de preguntas para facerlle. Non

esquezas elixir a lingua de traballo (galego ou castelán) e cumprir as normas ortográficas estudadas

(uso dos signos de interrogación, puntuación, uso de maiúsculas e minúsculas,...). Con escribir as

preguntas de xeito ordeado é suficiente, estade ben atentos ás respostas e gozádeas. É posible que

desas respostas vos xurdan novas preguntas. Incluídeo no voso portfolio.

Traballo individual. É o momento de avanzar na busca de información para facelo. Recorda que

que debes ir anotando onde atopas a información que che resulta interesante, as páxinas nas que

aparece... Pensar no experto/a que che axudará. Se cadra telo cerca; aproveita estes días para

recoller información, lela, resumila...

6

Page 7: Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020

Lucía Lorenzo López

MATEMÁTICAS

Aconséllovos guiarvos polo libro de texto para ir sacando ideas e exercicios para repasar o

estudado. Revisade primeiro os apartados do libro para que vos sirvan de axuda.

Calculín. Xogade en familia. Explicade as probas que facemos e facede un concurso. A modo de

recordatorio: proba de cálculo mental, proba de adiviñar un número, cifras e letras, preguntas sobre

xeometría, %… de seguro que en familia se vos ocorren outras probas sobre os contidos que

estamos traballando que podedes traer á aula e enriquecer esta actividade.

Cálculo: diariamente poden resolver operacións con decimais: sumas, restas, multiplicacións,

divisións., tanto por cento %...

Resolución de problemas con gráficos. Pedide que vos poñan algún problema matemático e

tentade resolvelo cos gráficos que traballamos ultimamente. Podemos atopar no seguinte enlace, no

anexo IV problemas.

https://lvl.educarex.es/conoceryaplicarlvlylvm/F9_Resolucion_problemas_aritmeticos.pdf

Poden facer os de cambio 1,2,3,4,5 e 6 para familiarizarse cada vez máis coa dinámica.

Podedes volver a visualizar os vídeos do canal de Youtube, Archimedes Tube para repasar criterios

de divisibilidade, números primos, números decimais...

CIENCIAS SOCIAIS

Busca de información e traballo manual: podedes buscar información cada un/unha sobre a

comunidade autónoma ou comunidades que estades a investigar. É o momento para buscar o

número de hospitais que teñen, pirámides de poboación …. empregar a información que atoparedes

no INE será moi interesante: https://www.ine.es

7

Page 8: Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020

Lucía Lorenzo López

Recordade que no seguinte enlace tedes as páxinas oficiais de turismo de moitas das CCAA e

enlaces a museos interactivos, mapas interactivos:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplagostelle/aulavirtual2/course/view.php?id=6

Crear: podedes crear na casa con plastilina, cartolinas, cartóns… os monumentos que tiñamos

buscados, símbolos… para engadir á vosa caixa da CA.

Podedes tamén analizar os datos médicos, económicos… que se dan a diario relacionados co

Coronavirus na vosa CA.

Buscade os ríos que pasan polas vosas comunidades, as montañas máis famosas ou importantes,

enerxías renovables que destacan na CA… Todo o que se vos ocorra para saber máis e compartir

entre todos e todas.

CIENCIAS NATURAIS

Traballo interactivo: estamos traballando a enerxía. Visitamos fai relativamente pouco Sotavento.

Na súa páxina web hai unha zona interactiva na que poden ver, traballar contidos moi interesantes.

http://www.sotaventogalicia.com/gl/zona-interactiva/

Deben crear algo que sexa útil e facerlle probas de propiedades físicas, químicas… é o momento de

probar e axudarse dos coñecementos de toda a familia para sacar unha gran invención. Recordade

os pasos do método científico. Hai recursos que che poden axudar nesta tarefa. Recolle de forma

escrita todos os pasos dados.

https://actividadeseducativas.net/wp-content/uploads/2019/05/En-qué-Consiste-el-Método-Cient

%C3%ADfico-para-Sexto-de-Primaria.pdf

https://canasto.es/blog/metodo-cientifico-productividad ( pasos do método científico)

Electricidade. Podedes ler información moi interesante sobre mulleres neste campo:

https://www.energias-renovables.com/panorama/grandes-mujeres-en-la-historia-de-la-20180926

8

Page 9: Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020

Lucía Lorenzo López

https://www.mipodo.com/blog/actualidad/ocho-mujeres-que-lo-cambiaron-todo-en-el-mundo-de-la-

energia/

Lede, triangulade fontes! Creade un esquema, un resumo, unha presentación…podedes empregar

ferramentas como Canva, Prezi...para compartir á volta cos vosos compañeiros e compañeiras!

VALORES

Envíovos un enlace onde podedes atopar curtametraxes relacionadas con valores que queremos para

a nosa sociedade: https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/familias-2/cortometrajes-

educar-en-valores/

Traballar cos valores que hai que mobilizar no momento que vivimos é moi interesante e analizar

con eles iniciativas que se están dando cada día. Buscar noticias en medios electrónicos que falen

delas e tentar sacar que valores se están poñendo en xogo, é unha boa idea. Podedes escribir

conclusións, debuxar… e incluílo no portfolio do día para despois compartir co grupo cando

volvamos á escola.

EDUCACIÓN FÍSICA

Hai recomendacións no apartado de Educación Física na páxina web. É unha área que ten moitas

ferramentas para axudarnos a sentirnos activos, positivos e implica sempre mobilizar valores que

nos fan mellores persoas por dentro e por fóra. Cada día un pouco de Educación Física!

COMÚN

Portfolio. NON ESQUEZADES POÑER A DATA e traer o traballo ben organizado! É o momento

de demostrar o ben que o podedes facer.

9

Page 10: Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020

Lucía Lorenzo López

Á volta revisaremos as tarefas e compartirémolas entre todos e todas para ver o ben que traballastes

e os vosos avances! Podedes escribir o que sentistes ou fixestes ao longo do día, que é o que botades

de menos, que estades aprendendo da situación que estamos a vivir...

Elixide unha lingua (galego ou castelán) para facelo e non esquezades a estrutura do texto, orde,

limpeza, fixarse nas normas ortográficas estudadas para cometer o menor número de erros…)

Recordade que non hai que dividir o portfolio por áreas...o coñecemento non é de ningunha área, é

voso. Recuperade o portfolio tal e como o faciamos o ano pasado: creade unha portada, unha

contraportada, lapbooks... incluide todo o que sabedes, que é moito!

ENLACES WEB

Achégovos enlaces que vos levarán a contidos e recursos interesantes:

Biblioteca dixital mundial: https://www.wdl.org/es/

Libros de diferentes áreas https://multiayuda.com. Hai un apartado onde baixar libros das

diferentes áreas para facer exercicios, actividades…repasar a teoría de contidos traballados ata o

momento. Recordade que non imos por temas do libro! Falade cos vosos fillos e fillas, eles vos

dirán no que estamos a traballar!

Educlan: Educlan estará dispoñible na web de Clan, apps e televisores

conectados.https://www.rtve.es/infantil/

“A partir del lunes 16 de marzo, Clan pone en marcha la iniciativa Educlan, con recursos

educativos de calidad abiertos para todas las familias españolas, en plena suspensión de las clases

para prevenir la expansión del coronavirus. Los contenidos se agruparán en tres canales: EduClan

3 a 5 años, EduClan 6 a 8 años y EduClan 9 a 10 años. Las familias podrán encontrar videos sobre

las principales áreas curriculares: Ciencias Naturales, Ciencias Sociales, Lengua, Lógica y

10

Page 11: Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020

Lucía Lorenzo López

Matemáticas, Artística, Idiomas, Educación Física, Tecnologías o Convivencia. Este nuevo canal

espera contar con más de 200 vídeos en los próximos días.

RTVE informa de que se habilitará una página de información del proyecto donde se podrá

encontrar información sobre las empresas participantes, listado de recursos, formularios para

participar en Educlan y un espacio de sugerencias.”

https://www.audiovisual451.com/clan-lanza-educlan-una-herramienta-educativa-para-las-familias-

durante-el-cierre-lectivo/

Repositorio Abalar: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos. O Repositorio de

Contidos dispoñible no espazoAbalar é unha plataforma de xestión, difusión e emprego dos

contidos educativos dixitais, onde está dispoñible unha selección de recursos educativos de calidade

e en múltiples idiomas, que está a ser actualizada de xeito continuo con novos contidos e

funcionalidades.

Tarefas integradas que implican a mobilización de moitos contidos das diferentes áreas:

http://www.polavide.es/rec_polavide0708/recursos_propios_varios.html

En breve estaremos de novo na escola e poderemos compartir todo o que aprendemos do que

estamos vivindo. É o momento de ser positivos.

Irei actualizando esta información. Insisto en que son 8 días lectivos, e que non consiste en

saturarnos e facer por facer nin facer todo o que achego. Son recomendacións para elixir as que

máis se adapten á vosa situación familiar.

Unha forte aperta

Lucía Lorenzo López

11

Page 12: Guitiriz, 16 de marzo de 2020 Querido alumnado e queridas ...

CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020

Lucía Lorenzo López

12