ACTA DA SESION ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO ......CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4 27.300...

37
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4 27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178 ACTA DA SESION ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO DA CORPORACIÓN O DIA 9 DE XUÑO DE 2016 Na Vila de Guitiriz, cando son as 19.30 horas do día 9 de xuño de 2016, reúnense no Salón de Sesións deste Concello, previa convocatoria realizada ó efecto nos termos legalmente establecidos, os membros integrantes do Concello en Pleno que a continuación se relacionan, en sesión ordinaria e primeira convocatoria, baixo a presidencia da Sra. Alcaldesa dona Regina Polín Rodríguez, asistido por min, don Rafael del Barrio Berbel, secretario. Asiste tamén o interventor municipal don Juan Antonio Rey Rivas. ASISTENTES: Presidencia: Dona Regina Polín Rodríguez, Grupo Socialista. Concelleiros: Dona Laura Ageitos Miragaya, Grupo Socialista. Don Carlos Plácido Buján López, Grupo Socialista. Don Pedro Pérez Fanego, Grupo Socialista. Don Daniel Díaz Méndez, Grupo Socialista. Don Xosé María Teixído Núñez, Grupo Popular. Don Roberto Sanmartín Barro, Grupo Popular. Don Francisco José Penas Pardo, Grupo Popular. Dona María Manuela Carballeira García, Grupo Popular. Don Jordi Blengua Penedo, Grupo Compromiso por Guitiriz. Don Xosé Lois González Souto, Grupo BNG. Don Jesús Veres Vázquez, Grupo Independente-CG. Ausentes: Don José Manuel Saa Devesa, Grupo Socialista, que xustificou a súa ausencia. Pola Presidencia declárase aberta a sesión e pásase a despachar os asuntos que integran a Orde do Día, que a continuación se indican: A) SECCIÓN RESOLUTIVA 1º.-Aprobación da acta da sesión ordinaria anterior de data 14/04/2016. A Sra. alcaldesa pregunta se algún membro da Corporación ten algunha observación ao borrador da acta da sesión anterior. Non habendo intervencións enténdese aprobada por unanimidade. 2º.-Dar conta da composición da comisión informativa de participación cidadá e control das mocións plenarias. O Sr. Secretario sinala que conforme a moción aprobada no Pleno anterior de data 14/04/2016, a comisión informativa de participación cidadá e control das mocións plenarias, queda constituída da seguinte forma, con 5 membros máis a Presidencia da mesma que corresponde á Sra. Alcaldesa, correspondendo 1 membro a cada grupo, con sistema de voto ponderado como o resto de comisións informativas atendendo á proporcionalidade do Pleno:

Transcript of ACTA DA SESION ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO ......CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4 27.300...

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    ACTA DA SESION ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO DA CORPORACIÓN O DIA 9 DE XUÑO DE 2016

    Na Vila de Guitiriz, cando son as 19.30 horas do día 9 de xuño de 2016, reúnense no Salón de Sesións deste Concello, previa convocatoria realizada ó efecto nos termos legalmente establecidos, os membros integrantes do Concello en Pleno que a continuación se relacionan, en sesión ordinaria e primeira convocatoria, baixo a presidencia da Sra. Alcaldesa dona Regina Polín Rodríguez, asistido por min, don Rafael del Barrio Berbel, secretario. Asiste tamén o interventor municipal don Juan Antonio Rey Rivas.

    ASISTENTES:

    Presidencia:Dona Regina Polín Rodríguez, Grupo Socialista.

    Concelleiros:Dona Laura Ageitos Miragaya, Grupo Socialista.Don Carlos Plácido Buján López, Grupo Socialista.Don Pedro Pérez Fanego, Grupo Socialista.Don Daniel Díaz Méndez, Grupo Socialista.Don Xosé María Teixído Núñez, Grupo Popular.Don Roberto Sanmartín Barro, Grupo Popular.Don Francisco José Penas Pardo, Grupo Popular.Dona María Manuela Carballeira García, Grupo Popular.Don Jordi Blengua Penedo, Grupo Compromiso por Guitiriz.Don Xosé Lois González Souto, Grupo BNG.Don Jesús Veres Vázquez, Grupo Independente-CG.

    Ausentes:Don José Manuel Saa Devesa, Grupo Socialista, que xustificou a súa ausencia.

    Pola Presidencia declárase aberta a sesión e pásase a despachar os asuntos que integran a Orde do Día, que a continuación se indican:

    A) SECCIÓN RESOLUTIVA

    1º.-Aprobación da acta da sesión ordinaria anterior de data 14/04/2016.

    A Sra. alcaldesa pregunta se algún membro da Corporación ten algunha observación ao borrador da acta da sesión anterior.

    Non habendo intervencións enténdese aprobada por unanimidade.

    2º.-Dar conta da composición da comisión informativa de participación cidadá e control das mocións plenarias.

    O Sr. Secretario sinala que conforme a moción aprobada no Pleno anterior de data 14/04/2016, a comisión informativa de participación cidadá e control das mocións plenarias, queda constituída da seguinte forma, con 5 membros máis a Presidencia da mesma que corresponde á Sra. Alcaldesa, correspondendo 1 membro a cada grupo, con sistema de voto ponderado como o resto de comisións informativas atendendo á proporcionalidade do Pleno:

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    Presidencia: Dona Regina Polín Rodríguez. Suplente: Dona Laura Ageitos Miragaya.

    Grupo municipal socialista:Don Daniel Díaz Méndez. Suplente: Don Jose Manuel Saa Devesa

    Grupo popular:Don Francisco Penas Pardo. Suplente: Don Roberto Sanmartín Barro

    Grupo Compromiso por Guitiriz:Don Jordi Blengua Penedo

    Grupo Bloque Nacionalista Galego: Don Xosé Lois González Souto

    Grupo independente:Don Jesús Veres Vázquez

    Secretaría:Dona Eva Losada Rivas. Suplente: Dona Yolanda Novo López

    A comisión reunirase bimensualmente previa convocatoria nos termos legais, nos meses que non hai plenos ordinarios as 19.30 horas, coa obrigación de realizar un informe de desenvolvemento e execución das mocións trimestrais e publicalo na web municipal. Na citada comisión, os seus membros poderán ser coñecedores, a través dos informes técnicos, da maneira de actuar e na correcta aplicación dos acordos plenarios ou ben, si fora o caso, da súa reformulación ou retirada por falta de oportunidade, posibilidade ou legalidade.

    3º.-Creación de ficheiros con datos de carácter persoal na implantación da plataforma de administración electrónica “Gestiona”.

    A proposta de alcaldía de data 18/05/2016 que foi informada favorablemente pola comisión informativa de asuntos do Pleno de data 6/06/2016, á que dá lectura o secretario en extracto, é a seguinte:

    “CREACION DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSOAL NA IMPLATACION DA PLATAFORMA DE ADMINISTRACION ELECTRONICA “GESTIONA”

    A entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (o próximo 2 de outubro de 2016) implica que todas as administracións públicas deben adecuar á mesma todos os procedementos administrativos para a súa tramitación telemática antes de dita data, o que suporá, entre outras cosas, a substitución paulatina dos expedientes en formato papel por expedientes electrónicos. Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 15/03/2016 adxudicouse á empresa “Auloce, SAU” o contrato menor de “Servizo de implantación e mantemento da plataforma de administración electrónica “Gestiona” nas dependencias municipais” para a prestación do servizo mediante unha plataforma que facilita a xestión por medios electrónicos dos procesos administrativos e a adaptación desta administración á lexislación reguladora da administración electrónica. A plataforma componse dos módulos de Xestión Administrativa, Sede Electrónica, e Interoperabilidade.

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    A implantación da plataforma “Gestiona” que afecta directa ou indirectamente a todos os departamentos e traballadores do Concello, estase realizando nun prazo estimado de 3 meses de acordo co seguinte calendario orientativo:

    -Mes de Abril: Remisión polos distintos departamentos e persoal do Concello da información necesaria para a posta en marcha da plataforma. Os usuarios que asinan documentos deberán contar cunha tarxeta chip de firma electrónica (DNI electrónico ou certificado FNMT exportado a tarxeta).

    -Mes de Maio: Formación por parte da empresa adxudicataria do servizo do persoal dos distintos departamentos municipais.

    -Mes de Xuño: Posta en marcha inicial da plataforma que suporá a tramitación electrónica dos procedementos administrativos de forma paulatina, coa supervisión por parte da empresa.

    Vista a necesidade de regularizar a situación dos ficheros existentes no Concello e que conteñen datos de carácter persoal de acordo coa Lei Orgánica de Protección de Datos.

    De conformidade co disposto no artígo 20 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, en concordancia co artígo 52 do Real Decreto 1720/2007, de 21 de dicembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Personal.

    Considerando o disposto nos artigos 4.1, 21.1 e 22.2 da Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

    Esta Alcaldía propón ao Pleno da Corporación, previo ditame da comisión informativa correspondente, a adopción do seguinte ACORDO:

    PRIMEIRO.- Crear conforme á Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Personal, os dous ficheros que se contemplan no Anexo I ao presente acordo e solicitar a súa inscripción no Rexistro xeral de Protección de Datos.

    SEGUNDO. Publicar íntegramente o contido do acordo no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e notifícalo á Axencia Española de Protección de Datos.”

    Aberto o debate pola presidencia o voceiro do grupo PP di que van a votar a favor, xa que a implantación de Plataforma Electrónica nas dependencias municipais facilitará a xestión por medio electrónicos de todos os procesos administrativos que se fagan. Di que a a Plataforma compoñerase de dous ficheiros: Un ficheiro denominado “Rexistro de entrada e saída”, e outro denominado “Xestor de expedientes”, para todos os procesos administrativos. Por outra banda, di que nos dous ficheiros, o sistema de tratamento é mixto e normal, polo que o usuario poderá decantarse polo sistema que queira. Pregunta se vai haber un sistema que permita a conservación da documentación e durante cantos anos. Non sería necesaria que unha parte pequena da documentación estivese conservada en formato papel, dada que a súa conservación é máis perdurable no tempo. Está demostrado que a informática vai máis rápida, avanza máis no tempo, que as administracións e tamén que os procedementos para cambiar esa documentación xerada, son moi custosos. Iso significa que se non se fai en tempo poderíase perder. Polo tanto, debería conservarse

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    parte en papel, tales como datos, nomes, datas, etc., xa que é menos custoso e perdurable no tempo.

    O voceiro do grupo CxG di que como xa decidiu na comisión informativa de asuntos do pleno do pasado luns, o apoio de CxG á creación dos ficheiros de datos e como obriga a Lei 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de carácter persoal así como o Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da mencionada Lei Orgánica. Por tanto é o primeiro paso procedimental de todo o proceso de implantación da e-administración no Concello. Iso non quita que esteamos atentos a todo o proceso, xa que é moi importante para a modernización da nosa administración municipal, e que a empresa contratada de un servizo de calidade, cun catalogo amplo de prestacións e servizos a todos os usuarios da plataforma como indica e pon en coñecemento Dirección Xeral de Modernización Administrativa, Procedementos e Impulso da Administración Electrónica dependente da Secretaría de Estado de Administracións Públicas.

    O voceiro do grupo BNG di que vai votar a favor, que o marca a lei de protección de datos, que a nova plataforma ten que estar funcionando antes do día dous de outubro deste ano, que a empresa que vai a implantar o sistema vai cobrar 8.000 euros, e que aforrarase moito papel.

    O voceiro do grupo Independente-CG di que vai votar a favor como xa dixo na comisión informativa.

    A Sra. Alcaldesa explica que a documentación vaise a conservar e parte dela fora do Concello. Di que polo momento tramitaranse algúns expedientes en papel, pero que en uns meses a tramitación será toda electrónica aforrándose moito papel e moito gasto. Di que a Deputación de Lugo vai subvencionar a implantación da administración electrónica e que corresponden uns 5.000 euros para Guitiriz, máis da metade do custe, e que obrigatorio e importante facelo.

    Sometido a asunto a votación foi aprobado por unanimidade dos 12 membros presentes.

    4º-Expediente de recuperación da posesión pública dun espazo público entre as as rúas Casás e Amor de Deus.

    A proposta de alcaldía de data 18/05/2016 que foi informada favorablemente pola comisión informativa de asuntos do Pleno de data 6/06/2016, á que dá lectura o secretario en extracto, é a seguinte:

    “EXPEDIENTE DE RECUPERACIÓN DA POSESIÓN PUBLICA DUN ESPAZO PUBLICO ENTRE AS RÚAS CASÁS E AMOR DE DEUS.

    Con data 14/05/2014 por dona Irene María de Bilbao Bergantiños ponse en coñecemento do Concello a “… existencia dun muro de peche cortando o acceso á vía pública, e recentemente realizáronse obras de colocación de postes atendendo á mesa finalidade…” . A denuncia foi reiterada con data 20 de febrero de 2015.

    Pola Policía local a medio de informe de data 2 de marzo de 2015, constátase mediante reportaxe fotográfico a existencia do peche impedindo o acceso desde o “callejón” a rúa dos Casás; así como tamén a colocación de columnas con cadea na parte oposto do mesmo, é dicir, na comunicación coa rúa Amor de Deus.

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    Con data 8 de agosto de 2015, emítese informe urbanístico pola Arquitecta técnica municipal no que se constata:

    “As obras consisten na execución dun muro de bloque e ladrillo revestido recentemente por unha das súas caras, con malla metálica en coroación dunha altura total aproximada de 1,50 m. Colocáronse tamén dous postes metálicos cunha cadea e executouse unha beirarrúa na zona de acceso da vivenda situada na Praza do Hecce Homo na 14, que ocupa toda a fronte da mesma de aproximadamente 1,00 m. de largo. Neste mesmo inmoble realizouse tamén un chapado de paramentos de fachada a modo de zócalo.Segundo a certificación catastral este inmoble consta a nome de herdeiros de María Josefa Prado Méndez.Consta un informe do axente da Policía Local do concello de 2 de marzo de 2015, onde se aprecia que estas obras estaban nese momento en execución, atopándose no momento da inspección aparentemente rematadas a beirarrúa, os postes e cadea e o chapado do zócalo de paramentos de fachada. O muro atópase aparentemente aínda en execución.Non consta neste servizo de urbanismo existencia de Iicenza de obra outorgada ou solicitada, nin comunicación previa presentada ou verificada para as obras executadas ou en curso de execución, polo que os feitos poden supoñer unha infracción urbanística nos termos que establece o artigo 209° e 210° da LOUG, que establece o seguinte (art. 209°.1)…///…… As obras obxecto deste informe sitúanse en zona clasificada polos NSPM vixentes como Solo Urbano regulado polo Ordenanza de Casco Antigo, polo que segundo o establecido na disposición transitoria primeira, apartado b) da Lei 9/2002 LOUG, a este tipo de solo, toda vez que cumpre as condicións establecidas no artigo 12.0) da Lei, se lle aplicará o disposto na mesma para o solo urbano consolidado, sen prexuízo de respectar a ordenación establecida no planeamento vixente…///…… -A súa aparencia e trazado correspóndese cunha vía pública ou camiño, existindo un portal de acceso ao edificio de vivendas da Rúa Casás nº 6 nese tramo, así como outros inmobles con portas de acceso dende este espazo (ver planos e fotos adxuntas) - No plano de ordenación das NSPM vixentes aparece grafado un camiño con ese mesmo trazado, aínda que non se determinan aliñacións específicas nesa zona.- No plano do rueiro aprobado en sesión plenaria de 30 de setembro de 2004, está grafada como o resto das vías públicas, aínda que non se lIe asigna ningún nome específico.- Na cartografía de catastro non consta a existencia de ningún inmoble no lugar das obras, estando representado gráficamente como vía pública. Consta ademais unha parte dese espazo coa denominación de Travesía da Coruña.- No plano do documento de aprobación inicial do PXOM aprobado o 2 de xullo de 2009, o dito espazo consta como vía pública, co mesmo trazado existente actualmente.- Todo elo con independencia da posibilidade de que algún particular poida acreditar a titularidade do terreo, por medio de algún medio de proba válido en dereito…”

    Visto o informe do secretario-interventor asesor do Servizo de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial de Lugo de data 2/02/2016 no que sinala que no presente suposto tanto o informe da policía local como o informe da Arquitecta técnica municipal, resultan concluíntes:“1. A súa aparencia e trazado correspóndese cunha vía pública ou camiño, existindo un portal de acceso ao edificio de vivendas da Rúa Casás nº 6 nese tramo, así como outros inmobles con portas de acceso dende este espazo (ver planos e fotos adxuntas) .2. No plano de ordenación das NSPM vixentes aparece grafado un camiño con ese mesmo trazado, aínda que non se determinan aliñacións específicas nesa zona.3. No plano do rueiro aprobado en sesión plenaria de 30 de setembro de 2004, está grafada como o resto das vías públicas, aínda que non se lIe asigna ningún nome específico.4. Na cartografía de catastro non consta a existencia de ningún inmoble no lugar das obras, estando representado gráficamente como vía pública. Consta ademais unha parte dese espazo coa denominación de Travesía da Coruña.5. No plano do documento de aprobación inicial do PXOM aprobado o 2 de xullo de 2009, o dito espazo consta como vía pública, co mesmo trazado existente actualmente.

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    6. Todo elo con independencia da posibilidade de que algún particular poida acreditar a titularidade do terreo, por medio de algún medio de proba válido en dereito.D.- A rúa ten un definición clara e precisa, na medida en que está consolidada, en ámbalas dúas marxes, por edificacións que teñen acceso directo desde a mesma, de forma que non sería preciso acudir ao deslinde administrativo da mesma.”

    Vistas as conclusións do citado informe xurídico:“Primeira.- Entendemos que o Concello vén obrigado á recuperación administrativa da posesión pública da rúa obxecto deste informe.Segunda.- A efecto, pola señora Alcaldesa debe proponerse á Xunta de Goberno, se a competencia está delegada, ou ao Pleno, a incoación do correspondente expediente de recuperación de oficio.Terceira.- O procedemento para a recuperación da posesión -artigo 71 do RB- podará iníciarse a través das formas previstas no artigo 46 deste, por denuncia dos particulares como no caso que nos ocupa.A recuperación require acordo previo da Corporación ao que se xuntarán os documentos acreditativos da posesión e que están contidos tanto na denuncia formulada (reportaxe fotográfico) como no informe da policía Local e, especialmente, no informe da Arquitecta técnica municipal.A respecto proponse que se ordene a policía local emita informe sobre o usa da rua polos vecinos tanto para paso de persoas como de vehículos, no seu caso.No mesmo sentido que polo responsable de obras do concello se emita informe sobre a realización de obras de afirmado, reparación etc. da rúa por parte do Concello Cuarta.- Esta prerrogativa da recuperación habilita ás Corporacións Locais para que utilicen todos os medios compulsivos legalmente admitidos, segundo a LRXPA (artigo 96) que relaciona ditos medios de execución forzosa, entre os que se atopa a execucíón subsidiaria e a multa coercitiva.Quinta.- O apartado 3 do citado artigo 96, establece que si fose necesario entrar no domicilio do afectado, as Administracións públicas deberán de obter o consentimento do mesmo ou no seu defecto a oportuna autorización xudicial, a teor do exixido polo artigo 18.2 da Constitución.“

    Visto o informe da Policía Local de data 17/02/2016 e o informe do arquitecto técnico do Concello de data 21/04/2016.

    Considerando o disposto na seguinte normativa de aplicación:a Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das Administracións Públicas.b Regulamento da citada Lei, aprobado por Real decreto 1373/2009, do 28 de agosto.c Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.d Ley 5/1997, de administración local de Galicia.e Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens

    das Entidades Locais.

    Considerando o disposto nos artigos 21.1 e 22.2 da Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

    Esta Alcaldía propón ao Pleno da Corporación, previo ditame da comisión informativa correspondente, a adopción do seguinte ACORDO:

    PRIMEIRO.- Incoar expediente de recuperación de oficio do vial pechado cun muro de bloques e unha cadea entre as rúas dos Casás (á altura do nº5) e Amor de Deus. Segundo consta no expediente o peche de bloques e ladrillos realizouse nun espazo público e sen licenza municipal de obra, polo que os promotores do mesmo deberá proceder ao seu derrubo deixando libre o espazo público.

    SEGUNDO.-Requirir aos herdeiros de dona María Josefa Prado Méndez como titulares catastrais do inmoble que da fronte ao citado espazo pechado para que no prazo dun mes procedan ao derrubo do muro executado sen licenza e deixen libre o espazo público quitando a cadea e demais elementos que impidan o paso de vehículos ou peatóns.

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    TERCEIRO.-Conceder un trámite de audiencia aos interesados para que no prazo máximo de 15 días aleguen o que estimen oportuno ou aporten a documentación que consideren procedente en defensa dos seus dereitos e intereses lexítimos, tendo durante o citado prazo o expediente a súa disposición na secretaría municipal para a súa consulta.

    CUARTO.-Advertir aos interesados que no suposto de non atender ao requirimento municipal o Concello poderá utilizar os medios compulsivos legalmente admitidos segundo proceda para a execución forzosa do acordado, entre elos a execución subsidiaria e a multa coercitiva, sendo os gastos que se xeren ao seu cargo.”

    Aberto o debate pola presidencia o voceiro do grupo PP sinala que o expediente que consta no concello de fai bastante tempo con informes da Policía Local e informes da Técnico municipal. Segundo varios comentarios do seu informe, no plano do rueiro do 2004, está gravada como o resto das vías públicas, aínda que non se lle asigna ningún nome específico. Segundo informe da técnica, no plano do documento da aprobación inicial do PXOM do 2009, dito espazo consta como vía pública, co mesmo trazado existente actualmente. Dicindo un dos puntos do informe, con independencia da posibilidade de que algún particular poida acreditar a titularidade do terreo, por medio dalgún medio de proba valido en dereito. Vistos on informes do secretario, interventor e asesor do Servizo de Asistencia a Municipios da Deputación de Lugo, no seu informe do 2/02/2016, sinalase que no presente suposto, tanto o informe da Policía Local, como o informe da Arquitecta resultan concluíntes. Vistos os informes, a nosa posición esta baseada no punto 3º, o cal concede un trámite de audiencia os interesados que aporten a documentación que consideren procedente, en defensa dos seus dereitos. Pola contra, se esta documentación non é presentada aplicaranse os expedientes correspondentes os titulares do espazo pechado.

    O voceiro do grupo CxG sinala que unha vez realizada a lectura de todo o expediente de recuperación do espazo público e cos informes oportunos do secretario-interventor asesor do Servizo de Asistencia a Municipios da Deputación, así como os informes achegados pola policía local e a Arquitecta técnica municipal, CxG apoia a adopción do acordo nos seus catro puntos que se axustan a dereito e marcando os prazos de actuación, tempos de alegacións e achega de documentación para a defensa dos interesados, polo que é un proceso claro e o noso voto, como xa expresamos na comisión informativa, é a favor.

    O voceiro do grupo BNG di que levantouse un muro que non debía, e menos sen licenza de obra. Di que é un espazo público e que agarda que o expediente se resolva pronto porque é ilegal.

    O voceiro do grupo Independente-CG di que se fagan as cousas segundo din os técnicos

    A Sra. Alcaldesa di que o muro leva moito tempo e cando aprobouse o rueiro non se lle puxo nome porque un grupo de persoas dixeron que era privado, e o ano pasado fixeron obras de recebado e puxeron a cadea sen licenza. Di que agora apróbase inicialmente e poden defenderse con documentos para acreditalo, e teñen tempo para facer alegacións.

    Na segunda quenda, o voceiro do grupo PP di que as veces se busca o enfrontamento entre os veciños, que se o poden acreditar que o acrediten.

    O voceiro do grupo BNG di que teñen que demostrar que teñen licenza, e que antes moitos terreos que eran privados pasaban a ser públicos co tempo.

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    O voceiro do grupo Independente-CG di que iso pasa por non ter un inventario de camiños ben feito.

    A Sra. Alcaldesa di ao voceiro do grupo PP que non se busca o enfrontamento, que a solicitude era de maio de 2014 cando era vostede alcalde e non se tramitou.

    Sometido a asunto a votación foi aprobado por unanimidade dos 12 membros presentes.

    5º.-Adhesión ao convenio de colaboración de data 6/05/2016 entre o IGVS e a FEGAMP para a participación no Programa de Vivendas Baleiras.

    A proposta de alcaldía de data 1/06/2016 que foi informada favorablemente pola comisión informativa de asuntos do Pleno de data 6/06/2016, á que dá lectura o secretario en extracto, é a seguinte:

    “ADHESIÓN AO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS NO ÁMBITO DO PLAN GALEGO DE REHABILITACIÓN, ALUGUER E MELLORA DO ACCESO Á VIVENDA 2015-2020.

    Vista a necesidade de adherirse ao convenio de colaboración de data 6/05/2016 entre o IGVS e a FEGAMP para a participación no Programa de Vivendas Baleiras, establecido no Programa 4 Alugueiro de Vivenda do Eixo 1 Acceso á vivenda do Plan Rehavita, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, que persegue poñer a disposición dos concellos as vivendas desocupadas que, existindo no seu ámbito municipal, sexan da súa titularidade, así coma tamén daquelas outras das que poidan dispoñer libremente do seu uso e das que teñan habilitación para a súa xestión para poder destinalas a aquelas unidades familiares ou de convivencia con maior dificultade de acceso á vivenda e, de xeito prioritario, ás afectadas por procedementos de execucións hipotecarias ou por desafiuzamentos por impago da renda de alugueiro da súa vivenda habitual.

    Por providencia de alcaldía de data 27/05/2016 incoouse expediente para adherirse ao convenio de colaboración de data 6/05/2016 entre o IGVS e a FEGAMP para a participación no Programa de Vivendas Baleiras.

    Considerando o disposto en canto ao réxime xurídico nos artigo 25 e 57 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, en relación cos artigos 3 a 9 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e de Procedemento Administrativo Común.

    Considerando a atribucións concedidas á alcaldía polo no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, no artigo 24 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, e no artigo 61 da Lei 5/1997, de 22 de xuño, de Administración Local de Galicia.

    Considerando o disposto nos artigos 21.1 e 22.2 da Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    Esta Alcaldía propón ao Pleno da Corporación, previo ditame da comisión informativa correspondente, a adopción do seguinte ACORDO:

    PRIMEIRO.- Adherirse ao convenio de colaboración de data 6/05/2016 entre o IGVS e a FEGAMP para a participación no Programa de Vivendas Baleiras.

    SEGUNDO.- Facultar á Sra. Alcaldesa para a sinatura do anexo de adhesión e adopción dos actos e acordos procedentes para súa execución, e comunicar o presente acordo aos servizos municipais afectados para o seu coñecemento e efectos oportunos.”

    Aberto o debate pola presidencia o voceiro do grupo PP di que a adhesión a este convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para o aluguer e mellora do acceso á vivenda, aplicarase a aquelas persoas, prioritariamente, que sufran un desafiuzamento, unha execución hipotecaria, unha catástrofe natural ou artificial. Nos tamén incluiriamos ás persoas vítimas de violencia de xénero e gustaríanos que os nosos Servizos Sociais tramitasen na maior brevidade e celeridade posible estes casos.

    O voceiro do grupo CxG di que non ten nada que obxectar a este convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e a FEGAMP e o total apoio de CxG a este programa de “Vivendas Baleiras” e por tanto á adhesión do noso Concello a esta boa medida adoptada, para tentar solucionar o grave problema de acceso á vivenda a unidades familiares con dificultades económicas e en especial as afectadas por execucións hipotecarias ou por falta de pagamento de rendas por aluguer da súa vivenda habitual.

    O voceiro do grupo BNG di que o convenio é moi interesante e necesario para as persoas que non teñen a posibilidade de acceder á vivenda polas políticas do PP na Xunta e no Estado. Di que hai moita xente xente necesitada en Guitiriz e que se espera que con esta medida algunha familias poidan vivir mellor.

    O voceiro do grupo Independente-CG di que está favor e felicita ao IGVS e á FEGAMP por este acordo.

    A Sra. Alcaldesa di que non era necesario traer este acordo ao Pleno pero que o considerou procedente para que o coñeceran todos os concelleiros e colaborar para difundilo e que se busquen vivendas. Di que Guitiriz é un dos primeiros concellos en adherirse a este convenio e que é necesario fomentar o aluguer a prezos razoables.

    Sometido a asunto a votación foi aprobado por unanimidade dos 12 membros presentes.

    6º.-Recoñecemento extraxudicial de créditos nº4/2016.

    A proposta de alcaldía de data 1/06/2016 que foi informada favorablemente pola comisión informativa de asuntos do Pleno de data 6/06/2016, á que dá lectura o secretario en extracto, é a seguinte:

    “ASUNTO: RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS 4/2016.

    Consta a esta Alcaldía a existencia de facturas presetadas por diversos acreedores municipais que se indicarán de seguido e que se atopan pendentes de pago, e tendo en conta a vontade deste grupo de goberno de efectuar tódolos pagos pendentes aos acreedores municipais, e á vista das consecuencias negativas que poidan derivarse do

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    incumprimento da normativa reguladora da morosidade nas administracións públicas, tanto para o Concello como especialmente para os proveedores municipais:

    Código Relación: 57 Descripción: PLENO R.E. DO 15-19/02/2016

    Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área Importe I.V.A Dctos.

    173 16/02/2016 A/1 04/01/2016 33321302Y CASA GAIBOR (Mª Pilar García Bermúdez) 01 120,00 0,00 0,00

    Concepto: COMIDAS ARTESANOS NA FESTA DA TORTA DE MILLO Operación : ADO Imp. Líquido: 120,00

    Partidas Presupuestarias

    338 22601 ATENCIONES PROTOCOLARIAS Y REPRESENTATIVAS 120,00

    174 16/02/2016 A/2 04/01/2016 33321302Y CASA GAIBOR (Mª Pilar García Bermúdez) 01 240,00 0,00 0,00

    Concepto: MENUS DE NOITEBOA SERVIDOS A XENTE QUE VIVE SOA Operación : ADO Imp. Líquido: 240,00

    Partidas Presupuestarias

    231 22601 ATENCIONES PROTOCOLARIAS Y REPRESENTATIVAS 240,00

    180 17/02/2016 S16-001 15/01/2016 76568403T DOMINGO LOPEZ MORADO 01 237,04 0,00 0,00

    Concepto: FLORES PAA XARDINS MUNICIPAIS Operación : ADO Imp. Líquido: 237,04

    Partidas Presupuestarias

    171 22199 OTROS SUMINISTROS 237,04

    181 17/02/2016 S16-002 15/01/2016 76568403T DOMINGO LOPEZ MORADO 01 29,92 0,00 0,00

    Concepto: PRODUTOS PARA XARDINS Operación : ADO Imp. Líquido: 29,92

    Partidas Presupuestarias

    171 22199 OTROS SUMINISTROS 29,92

    Total Relación… Imp. Presupuesto: 626,96 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00 Imp. Líquido: 626,96

    Código Relación: 59 Descripción: PLENO VIESGO 2014-2015

    Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área Importe I.V.A Dctos.

    193 18/02/2016 209076783 18/06/2015 B39540760 VIESGO ENERGÍA, S.L. 01 838,66 0,00 0,00

    Concepto: SUMINISTRO DE LUZ PAVILLON MUNICIPAL DO 13-05-2015 AO 13-06-2015 Operación : ADO Imp. Líquido: 838,66

    Partidas Presupuestarias342 22100 ENERGIA ELECTRICA 838,66

    194 18/02/2016 206497604 10/07/2014 B39540760 VIESGO ENERGÍA, S.L. 01 207,97 0,00 0,00

    Concepto: ALUMEADO PCO EN GRAL. FRANCO BJO 001 DO 21-05- 2014 AO 14-06-2014 Operación : ADO Imp. Líquido: 207,97

    Partidas Presupuestarias165 22100 ENERGIA ELECTRICA 207,97

    195 18/02/2016 207033353 19/09/2014 B39540760 VIESGO ENERGÍA, S.L. 01 223,32 0,00 0,00

    Concepto: ALUMEADO PCO EN GRAL. FRANCO BJO 001 DO 14-08- 2014 AO 14-09-2014 Operación : ADO Imp. Líquido: 223,32

    Partidas Presupuestarias

    165 22100 ENERGIA ELECTRICA 223,32

    196 18/02/2016 319954535 18/06/2014 B39702436 VIESGO COMERCIALIZADORA DE REFERENCIA SL 01 98,19 0,00 0,00

    Concepto: SUMINISTRO DE LUZ DEPOSITOS PARGA DO 02-05-2014 AO 14-06-2014 Operación : ADO Imp. Líquido: 98,19

    Partidas Presupuestarias

    161 22100 ENERGIA ELECTRICA 98,19

    197 18/02/2016 207203929 14/10/2014 B39540760 VIESGO ENERGÍA, S.L. 01 156,44 0,00 0,00

    Concepto: SUMINISTRO LUZ DEPURADORA DE PARGA DO 21-08-201 4 AO 21-09-2014 Operación : ADO Imp. Líquido: 156,44

    Partidas Presupuestarias161 22100 ENERGIA ELECTRICA 156,44

    198 18/02/2016 208677731 01/05/2015 B39540760 VIESGO ENERGÍA, S.L. 01 1.614,56 0,00 0,00

    Concepto: SUMINISTRO LUZ DEPURADORA DE PARGA DO 27-03-201 5 AO 27-04-2015 Operación : ADO Imp. Líquido: 1.614,56

    Partidas Presupuestarias

    161 22100 ENERGIA ELECTRICA 1.614,56

    199 18/02/2016 206249710 04/06/2014 B39540760 VIESGO ENERGÍA, S.L. 01 380,48 0,00 0,00

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    Concepto: SUMINISTRO LUZ CAMPO FUTBOL GUITIRIZ DO 2 6-03-2014 AO 27-05-2014 Operación : ADO Imp. Líquido: 380,48

    Partidas Presupuestarias

    342 22100 ENERGIA ELECTRICA 380,48

    200 18/02/2016 210353112 24/11/2015 B39540760 VIESGO ENERGÍA, S.L. 01 287,86 0,00 0,00

    Concepto: SUMIN. LUZ CAMPO FUTBOL DE GUITIRIZ DO 13-10-2015 AO 13-11-2015 Operación : ADO Imp. Líquido: 287,86

    Partidas Presupuestarias

    342 22100 ENERGIA ELECTRICA 287,86

    Total Relación… Imp. Presupuesto: 3.807,48 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00 Imp. Líquido: 3.807,48

    Rexistro Data rexistro Proveedor Partida presupostaria Importe (€)

    2314/2015364/2016 21-12-2015 GUITEC, S.L. 165.22112 854,30

    TOTAL 854,30

    Código Relación: 79 Descripción: FACE Nº 20160223 ESPROADE PLENO REX DO 11-02-2016

    Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área Importe I.V.A Dctos.

    166 11/02/2016 5 31/10/2015 B15664816 ESPROADE, S.L. 01 7.389,68 0,00 0,00

    Concepto: ESCOLA DE MUSICA DO MES DE OUTUBRO 2015 Operación : ADO Imp. Líquido: 7.389,68

    Partidas Presupuestarias

    334 22609 ACTIVIDADES CULTURALES Y DEPORTIVAS 7.389,68

    167 11/02/2016 6 30/11/2015 B15664816 ESPROADE, S.L. 01 8.356,37 0,00 0,00

    Concepto: ESCOLA DE MUSICA DO MES DE NOVEMBRO Operación : ADO Imp. Líquido: 8.356,37

    Partidas Presupuestarias

    334 22609 ACTIVIDADES CULTURALES Y DEPORTIVAS 8.356,37

    168 11/02/2016 7 31/12/2015 B15664816 ESPROADE, S.L. 01 4.861,89 0,00 0,00

    Concepto: ESCOLA DE MUSICA DO MES DE DECEMBRO Operación : ADO Imp. Líquido: 4.861,89

    Partidas Presupuestarias

    334 22609 ACTIVIDADES CULTURALES Y DEPORTIVAS 4.861,89

    Total Relación… Imp. Presupuesto: 20.607,94 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00 Imp. Líquido: 20.607,94

    Código Relación: 66 Descripción: GAS NATURAL PLENO RE DO 24-02-2016

    Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área Importe I.V.A Dctos.

    217 24/02/2016 DECEMBRO 15 31/12/2015 A65067332 GAS NATURAL S.U.R. SDG, S.A. 01 8.655,15 0,00 0,00

    Concepto: ALUMEADOS PUBLICOS DO MES DE DECEMBRO 2015 Operación : ADO Imp. Líquido: 8.655,15

    Partidas Presupuestarias

    165920

    2210022100

    ENERGIA ELECTRICAENERGIA ELECTRICA

    8.478,17176,98

    Total Relación… Imp. Presupuesto: 8.655,15 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00 Imp. Líquido: 8.655,15

    Código Relación: 70 Descripción: PLENO R.E. DO 29-02-16 AO 04-03-16

    Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área Importe I.V.A Dctos.

    255 04/03/2016 16IF/20 15/02/2016 B27357391 IG 10 GESTIÓN SERVICIOS SLU 01 544,50 0,00 0,00

    Concepto: ACTIVIDADES DE NADAL 2015 Operación : ADO Imp. Líquido: 544,50

    Partidas Presupuestarias

    334 22609 ACTIVIDADES CULTURALES Y DEPORTIVAS 544,50

    256 04/03/2016 16IF/21 15/02/2016 B27357391 IG 10 GESTIÓN SERVICIOS SLU 01 1.512,50 0,00 0,00

    Concepto: ACTIVIDADE DE PAPA NOEL DE NADAL 2015 Operación : ADO Imp. Líquido: 1.512,50

    Partidas Presupuestarias

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    334 22609 ACTIVIDADES CULTURALES Y DEPORTIVAS 1.512,50

    Total Relación… Imp. Presupuesto: 2.057,00 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00 Imp. Líquido: 2.057,00

    Código Relación: 119 Descripción: PARA PLENO

    Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área Importe I.V.A Dctos.

    275 09/03/2016 4 24/08/2015 J27466077 BOA MANEIRA CREACIÓNS AUDIOVISUAIS 01 242,00 0,00 0,00

    Concepto: GRABACIÓN DE VÍDEO HOMENAXE Á MULLER TRABALLADORA Operación : ADO Imp. Líquido: 242,00

    Partidas Presupuestarias

    338 22799 OTROS TRABAJOS REALIZADOS POR OTRAS EMPRESAS Y PR 242,00

    Total Relación… Imp. Presupuesto: 242,00 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00 Imp. Líquido: 242,00

    Código Relación: 104 Descripción: PLENO R.E. DO 04-10/04/2016

    Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área Importe I.V.A Dctos.

    638 05/04/2016 61365 29/09/2015 B27207489 SISTEMAS MACROCOPIA, S.L. 01 979,97 0,00 0,00

    Concepto: ALUGUER FOTOCOPIADORAS E CARGO POR COPIAS DE SETEM BRO 2015 Operación : ADO Imp. Líquido: 979,97

    Partidas Presupuestarias

    920920

    2030022000

    ARRENDAMIENTOS MAQUINARIA Y UTILLAJEORDINARIO NO INVENTARIABLE

    371,94608,03

    Total Relación… Imp. Presupuesto: 979,97 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00 Imp. Líquido: 979,97

    Código Relación: 125 Descripción: PLENO R.E. DO 18-24/04/2016

    Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área Importe I.V.A Dctos.

    719 20/04/2016 16/00082 31/03/2016 E27454834 PASTOR LOPEZ PEREZ C.B. 01 438,07 0,00 0,00

    Concepto: REPARACION MAQUINARIA XARDIÑEIROS Operación : ADO Imp. Líquido: 438,07

    Partidas Presupuestarias

    171 21300 MAQUINARIA, INSTALACIONES, UTILLAJE 438,07

    Total Relación… Imp. Presupuesto: 438,07 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00 Imp. Líquido: 438,07

    Código Relación: 63 Descripción: LOPEZ TORCIDO R.E DO 26-02-16

    Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área Importe I.V.A Dctos.

    224 26/02/2016 16/A 20/02/2016 B27230838 LOPEZ TORCIDO, S.L. 01 466,99 0,00 0,00

    Concepto: MATERIAIS E REPARACIÓNS VARIAS Operación : ADO Imp. Líquido: 466,99

    Partidas Presupuestarias

    920450150

    221992100022199

    OTROS SUMINISTROSREPAR., MANTENIMIENTO, CONSERVACIÓN INFRAESOTROS SUMINISTROS

    364,1490,7512,10

    Total Relación… Imp. Presupuesto: 466,99 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00 Imp. Líquido: 466,99

    Á vista do anterior, mediante Providencia do 30 de maio de 2016, ordenouse á intervención municipal que se efectuase a tramitación oportuna para a aprobación dos gastos derivados das facturas anteriores. Unha vez efectuada a tramitación oportuna, a Intervención municipal emitiu Informe con Referencia JARR 88/2016 o 30 de maio.

    Á vista do informe de fiscalización esta Alcaldía considera necesario facer constar que: a) as facturas, a pesar de corresponderse con gastos de exercicios anteriores, foron presentadas polos acreedores no presente exercicio; b) se ben non consta xustificación documental a Festa da Torta de Millo foi organizada íntegramente polo Concello; c) as actividades prestadas polo contratista da Escola de Música que difiren da programación

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    inicial contida no Prego de prescripcións técnicas pola foron encomendadas directamente pola Alcaldía; d) que os prezos consignados nas facturas se corresponden en realidade cos prezos previstos no prego, se ben nas facturas consta erro material; e e) estáse traballando conxuntamente cos servizos administrativos para a regularización contractual daqueles contratos de tracto sucesivo que o precisen.

    Tendo en conta a regulación contida nos artigos 163 e 176 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, así como o artigo 60.2 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, segundo os cal “[…] Corresponderá al Pleno da la Entidad el reconocimiento extrajudicial de créditos, simpre que no exista dotación presupuestaria, […]”

    Considerando que a imputación ao exercicio corrente dos gastos aos que se refire este expediente, en principio non prexudica á atención das necesidades do exercicio corrente, e tendo en conta a efectiva prestación dos servizos por parte dos emisores das facturas nos termos do establecido na Base 20 das de execución do vixente orzamento municipal

    PROPOÑO ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:

    Primeiro.- Aprobar o recoñecemento extraxudicial dos créditos correspondentes ás facturas indicadas máis arriba polo importe total de 38.735,86 €.

    Segundo.- Dar traslado do presente acordo á Alcaldía aos efectos de que se proceda á Ordenación de pagos nos termos do artigo 61 do Real Decreto 500/1990.”

    Aberto o debate pola presidencia o voceiro do grupo PP sinala que levamos cinco meses do ano 2016, catro recoñecementos extraxudiciais de crédito, porque este pleno corresponde o mes de maio. Pero agora faise todo tan ben, que aínda seguen sen pagar as facturas do primeiro semestre do ano 2015. Facturas que quedaban coa correspondente retención de crédito. Vexo que agora se fan as cousas como vostede quere. Porque estas facturas están rexistradas máis ou menos no primeiro trimestre do 2016. Páganse antes as do primeiro trimestre e quedan outras sin pagar. Non diga que non ten cartos, ten que poñer vontade de poder pagalas. Os provedores teñen que cobrar, pero tamén vemos os reparos de intervención. Algo que vostede sempre criticou, agora tamén estamos vendo a súa maneira de traballar. Pódeme explicar algo da factura de Papá Noel por importe de 1.512 €?

    O voceiro do grupo CxG di que xa quedou clara a posición de CxG no Pleno do pasado 14 de abril no asunto de pago a provedores, non é ningunha casualidade a lexislación existente que obriga ao abono por parte da administración aos seus acredores en prazos concretos e por tanto non é que o diga este portavoz, é que estamos ante unha posible sanción se non se realiza, ademais como xa dixen o deber moral de bo pagador en tempos que debe ser un principio dunha boa organización, neste caso con máis razón ao ser o sector público. Pero estamos ante as batallitas de sempre das facturas. Despois do informe de fiscalización, a Alcaldía fai unha serie de consideracións que me gustaría comentar, en primeiro lugar as facturas teñen todas unha entrada de rexistro do 2016 por tanto ninguén ten mais culpa que os propios acredores na demora ocorrida, en segundo lugar a escola de música contratouse por concurso público e se non cumpre o prego de prescricións técnicas é pola falta de vixilancia por parte deste goberno que debería velar polos intereses públicos.

    O voceiro do grupo BNG di que o recoñecemento extraxudicial de créditos ten que pasar polo Pleno, pero que o informe de intervención di que non consta a tramitación de expediente de contratación, que non cumpren a normativa, que facturan conceptos non engadidos no contrato, que facturan por actividades que non pode organizar o Concello,

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    etc.. e isto empaña o deber de recoñecer, aínda que vai a votar a favor e pide que se rectifiquen estas prácticas non recomendadas.

    O voceiro do grupo Independente-CG di que os proveedores teñen que cobrar e pregunta se teñen prioridade as facturas de 2015 rexistradas en 2015.

    A Sra. Alcaldesa di que admite as queixas e di que o goberno quere pagar en prazo e hai cartos, pero que non se poden pagar se hai reparos. Di que a actividade de Papá Noel gustou moito. En canto as facturas da escola de música di que a escola a controla o goberno e que as clases de preparación para o conservatorio se autorizaron porque eran necesarias e estaban dentro do límite de horas máximas, que as facturas non se pagaron porque viñan mal e pediuse que as enviaran de novo. En canto aos reparos polas fotocopiadoras, alumeado, ascensores, etc.. se están facendo moitos contratos, pero é imposible sacar todo a licitación e vai solucionándose pouco a pouco cos medios que temos. En canto as facturas de 2015 di que son moitas facturas e é complicado, que cando estea o informe da asesoría xurídica da Deputación o traeremos ao Pleno, que o está facendo o secretario da Deputación de Lugo.

    Na segunda quenda o voceiro do grupo PP di que non se contestou a pregunta sobre Papá Noel, que este é o cuarto recoñecemento extraxudicial de créditos, que hai moita xente que quere cobrar e que o PP deixou máis dun millón de euros.

    A Sra. Alcaldesa di que foi unha actividade para os nenos que custou iso e que derrocharon case 30.00 euros no PXOM polo capricho de non aprobalo en 2011, e case outros 30.000 euros pola rúa Mercado e as custas xudiciais.

    Sometido a asunto a votación foi aprobado por unanimidade dos 12 membros presentes.

    7º.-Modificación orzamentaria por crédito extraordinario nº 1/2016.

    A proposta de alcaldía de data 26/05/2016 que foi informada favorablemente pola comisión informativa de asuntos do Pleno de data 6/06/2016, á que dá lectura o secretario en extracto, é a seguinte:

    “MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA POR CRÉDITO EXTRAORDINARIO 1/2016

    Visto o expediente tramitado para modificar créditos dentro do vixente orzamento desta Corporación, consistente en Crédito Extraordinario por importe de 200.000,00 € derivado da necesidade de facer fronte determinados gastos para os que non existe consignación orzamentaria suficiente, e que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, tal e como queda acreditado no expediente, e tendo en conta a existencia de recursos financieiros suficientes para financiar a dita modificación consistentes en Remanente Líquido de Tesourería para Gastos Xerais

    Considerando o disposto no artigo 177 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo (TRLRFL, en diante), na Lei Orgánica 2/2012 de 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financieira, no artigo 37 do Real decreto 500/1990, na Base 9 das de execución do vixente orzamento, e demáis normas concordantes e os Informes da do Intervención municipal (Ref JARR 92/2016 e 96/2016) e o resto de documentación que obra no expediente.

    PROPOÑO ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:

    PRIMEIRO.- Aprobar inicialmente a modificación do vixente orzamento municipal consistente en Crédito Extraordinario por importe total de 200.000,00 € de acordo co detalle que se indica de

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    seguido, financiado íntegramente con Remanente de Tesourería para gastos xerais conforme ao detalle de aplicacións e gastos que se indican de seguido:

    INCREMENTO EN GASTOS APLICACIÓN DESCRIPCIÓN DO GASTO IMPORTE

    (€)160 72100 Aportación Municipal ao Convenio de Colaboración entre a Confederación hidrográfica

    Miño-Sil, a Deputación de Lugo e o Concello de Guitiriz para a realización das obras do Colector do río Veiga, con vixencia prevista inicialmente para os anos 2016 e 2017

    200.000,00

    INCREMENTO EN INGRESOS

    APLICACIÓNDESCRIPCIÓN IMPORTE

    (€)87000 Remanente de Tesourería para Gastos Xerias 200.000,00

    SEGUNDO.- De conformidade co establecido no artigo 177.2 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, en relación co artigo 169 do mesmo texto legal, ordenar a publicación do presente acordo mediante inserción de edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no taboleiro de edictos deste Concello, quedando exposto ao público durante un período de 15 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación naquel Boletín Oficial.

    TERCEIRO.- O expediente de modificación orzamentaria entenderáse definitivamente aprobado no caso de que durante o período de exposición pública non se presenten reclamacións.”

    Aberto o debate pola presidencia o voceiro do grupo PP di que conste en acta que cando nos chamen as cousas estean primeiro tratadas para informarnos, e non no aire. Di que estamos ante a primeira modificación orzamentaria de crédito extraordinario de 200.000 €. Xa foi consensuado en reunións anteriores, porque creemos que é algo moi necesario para solventar un problema que xa ven de fai moitos anos. É algo moi necesario para rematar cos vertidos que se producen nos momentos de enchente do colector do río Forxá. Por cambios de goberno quedou sen facer no ano 2015. Xa había fondos destinados da Comunidade Económica Europea a través da Confederación Hidrográfica Miño Sil. Onde esta mesma cantidade (200.000 €) xa estaba destinada e aprobada no concello no ano 2015. Agradecer a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Deputación de Lugo esta aportación, para que esta obra se poida levar a cabo no seguinte ano. Obra a cal representa un total de 1.000.000 € para o noso concello, onde 600.000 € corresponden a confederación, 200.000 € a Deputación e 200.000 € ó remanente de crédito do concello.

    O voceiro do grupo CxG explica que neste tema CxG xa deixou clara a súa posición a favor na reunión de concelleiros do pasado 18 de maio, este convenio de saneamento desde os “Sete Muiños” ata a depuradora obriga a achega económica por parte do concello do 20% do total presupostado para a obra, que se traduce en 200.000 euros, e obrigaba en principio un pago de 40.000 euros para este ano como así o expuxo a Sra. Alcaldesa. Pero claro sen consultar antes con intervención quería proceder a abonalos cun diñeiro pendente de cobro doutra administración, ao que o Sr. Interventor contestoulle que non podía ser pois ese diñeiro debía ir directamente ás partidas correspondentes de Tesourería, polo que se improvisou sobre a marcha que se fixese con cargo, este incremento de gasto, ao remanente de caixa, xa que os tempos volvíansenos outra vez en contra e as axudas da Confederación Hidrográfica e da Deputación poñíanse en perigo se non se empezaban as obras antes de final de ano. Ao que Sr. Teixido afirmou, con gran acerto desde o meu punto de vista, que a achega do Concello se fixese nun único pago e evitar volver repetir esta confusa tramitación para o próximo ano. Desde logo non teño ningún problema en asistir a cantas reunións se me convoque, na medida das miñas posibilidades, pero espero que nas

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    próximas a Sra. Alcaldesa leve os temas ben planificados, ou por dicir doutra maneira cos deberes feitos, porque para todo o mundo o tempo é importante.

    O voceiro do grupo BNG di que está de acordo pero que como xa dixo no ano pasado eses 200.000 euros que ten que poñer o Concello debería poñerlos Augas de Galicia, e que o Concello ten bastante con ter que manter a obra, e destaca que a Xunta non vai colaborar en nada.

    O voceiro do grupo Independente-CG di que a obra é necesaria e que se faga.

    A Sra. Alcaldesa di que considerou conveniente tratar o tema antes do Pleno para poder opinar e decidir consensuadamente. Di que os deberes estaban feitos e que se fixeron moitas xestións para traer aquí o convenio, e que non pode sabelo todo e por iso preguntouse ao interventor. Di que non vale a pena debater algo no que se está de acordo, e que se ven a Pleno algo pechado critícase, e se hai varias opcións e se intenta consensuar tamén o critican.

    Sometido a asunto a votación foi aprobado por unanimidade dos 12 membros presentes.

    B) SECCIÓN DE CONTROL

    8º.- Dación de conta de comunicados oficiais e resolucións de alcaldía:

    8.1. Dar conta das resolucións de alcaldía dende o día 1/04/2016 ata o día 27/05/2016.

    8.2. Dar conta de comunicados oficiais.

    -A Sra. Alcaldesa da conta do estado do PXOM, indicando que a Xunta requiriu completar a documentación enviada e que o equipo redactor dixo que o podía facer en dous meses.

    -A Sra. Alcaldesa da conta de varias sentenzas desfavorables para o Concello relacionadas con traballadores do GES, da brigada verde e co protección civil.

    9º.- Mocións:

    9.1.- Moción do grupo CxG para a eliminación dos representantes políticos das mesas de contratación. Grupo Compromiso por Guitiriz.

    “EXPOSICIÓN DE MOTIVOSA evolución da percepción da política e dos políticos polos cidadáns lastrou a reputación dos representantes públicos. Os casos de corrupción que se produciron alimentaron un hartazgo social que fai que as persoas que agora teñamos responsabilidades públicas debamos tomar medidas para corrixir esa percepción social e evitar comportamentos indignos.É necesario realizar unha rexeneración política que impulse unha maior calidade democrática baseada en reformas que permitan centrar a acción política nas persoas. Esta nova política ten que servir para abrir un novo tempo cunha nova forma de facer e de entender a política.A Constitución Española fai unha distinción entre o Goberno e a Administración Pública. O Goberno ten como obxectivo realizar a acción política e de goberno da Administración. A

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    Administración debe articularse para poder levar a cabo as políticas ditadas pola dirección política.Realizar esa distinción entre a dirección política reservada ao Goberno e a da Administración Pública como canalizadora dos procedementos administrativos adecuados para cumprir coa acción gobernamental, fai reflexionar sobre a necesidade da presenza de políticos nas mesas de contratación.Como xa sabemos, as mesas de contratación son un instrumento de control financeiro, do gasto público e de legalidade en tempos de crise económica. Un dos problemas máis graves do panorama político deste país é o desorbitado gasto en que incorreu o Sector Público español, e por tanto unha das partes en que se pode mellorar neste sentido, como vimos no pasado pleno do 14 de abril, no caso da contratación pública.Por exemplo a utilización abusiva dos contratos menores, non poden utilizarse para eludir os procedementos habituais de contratación, especialmente si se trata dun fraccionamento.Os contratos menores deberían de facerse de forma electrónica, dunha forma automática e así habería menor marxe de erros humanos ou intentos de manipulación. A posibilidade de cruzar datos e de establecer mecanismos de control sería moito maior. Desta maneira calquera veciño podería observar e analizar todos os contratos que se realizan.A transparencia da contratación pública apareceu na Lei 30/2007 do 30 de outubro de Contratos do Sector Público, regulándose como principio inspirador dos procedementos de contratación pública. E co Real Decreto 3/2011 do 14 de novembro no que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Sector Público no que se califica como órgano de asistencia e podería ser resolutivo no caso de que se constitúa en Xunta de Contratación. Polo que xa sabemos que esta mesa pode estar exclusivamente constituída por persoal técnico-xurídico. Desta forma os veciños non perderán nada, ao contrario porque as decisións que se toman son en base de criterios técnicos e axilizarán o proceso, evitando a suspicacia pola presenza política. Hai que considerar que a contratación ha de ser de carácter público. Por tanto o ideario inspirador desta moción, como xa dixen anteriormente, é que “o político di que facer” e “o funcionario a mellor forma de facelo”. Polo que en termos de transparencia non só vale a aparencia, senón o compromiso de que só sexan os técnicos os que asumen o tramo final da contratación sen a presenza “da man invisible” dos políticos nas decisións da mesa. Este é o modelo que Compromiso por Guitiriz defende por unha administración transparente, eficiente e democrática. A adxudicación dos contratos públicos debe erixirse unicamente polos principios de obxectividade, publicidade, eficiencia e transparencia dos obxectos contractuais e nunca de decisións de ámbito político. Polo tanto, que os políticos non formen parte das mesas de contratación é unha forma de que non formen parte da toma de decisións sobre a quen adxudicar un contrato. Polo exposto, o Grupo municipal Compromiso por Guitiriz solicitamos ao Pleno do Concello a adopción dos seguintes acordos: -PRIMEIRO: Instar a este Concello a non contar con políticos nas mesas de Contratación e que as reunións da mesa teñan un carácter público permitindo a calquera veciño a asistencia ás mesmas.-SEGUNDO: Solicitar aos partidos políticos con representación parlamentaria nas Cortes Xerais a modificación do artigo 320 sobre Mesas de contratación nas Entidades Locais, do Real Decreto 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, para que os políticos non formen parte da mesa de contratación.-TERCEIRO: Realizar a solicitude ao Ministro de Facenda e Administracións Públicas para promover a devandita modificación lexislativa.-CUARTO: Enviar o presente acordo á Federación Española de Municipios e Provincias e á Federación Galega de Municipios e Provincias para promover esta práctica en todas as entidades locais.”

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    Aberto o debate pola Presidencia, o voceiro do grupo PP di que os representantes políticos nas mesas de contratación non teñen voto, pero calquera cidadán pode presenciar cando é un contrato aberto. Por tanto, é ilóxico que un representante político do goberno municipal non poida estar presente. De todas maneiras o Sr. Secretario pode dicirnos algo xuridicamente.

    O voceiro do grupo BNG di que está de acordo en que os políticos non deban intervenir, pero que non estar na mesa é outra cousa.

    O voceiro do grupo Independente-CG di que non tivo nin voz nin voto nas mesas de contartación e que está de acordo coa moción.

    A Sra. Alcaldesa di que se ten que cumprir o que di a exposición de motivos non se dedica á política, e que hai corruptos en todos os ámbitos. Di que están traballando para as persoas e que por ser político non son peores persoas ou menos obxectivos que os funcionarios e tamén hai que comprobar se o fan ben. Di que os informes son técnicos e a mesa de contratación resolve segundo os informes.

    Na segunda quenda o voceiro do grupo PP di que neste Concello se fan as cousas ben e os políticos non teñen voto, se adxudican os contratos segundo os informes técnicos.

    O voceiro do grupo BNG di que o BNG levaba esta proposta no seu programa electoral, pero unha cousa é que non decidan e outra que non poidan estar presentes.

    O voceiro do grupo CxG di que Besteiro e a alcaldesa de Lugo fixeron esta proposta en Lugo e non incriminan á clase política.

    Sometida a moción a votación foi rexeitada por 5 votos en contra do grupo PSOE, 3 votos a favor dos grupos CxG, BNG e Independente-CG, e 4 abstencións do grupo PP.

    9.2.-Moción do grupo CxG para a elaboración duns orzamentos municipais participativos para o ano 2017.

    A moción que foi ditaminada favorablemente pola comisión informativa de asuntos do Pleno de data 9/06/2016 é a seguinte:

    “EXPOSICIÓN DE MOTIVOSA administración local é a máis próxima aos cidadáns. Os servizos municipais ao ser os máis próximos aos veciños dun territorio, son os que máis repercusión teñen nas súas condicións de vida. Por iso as persoas percibimos estes servizos como fundamentais para a convivencia, e aos concellos como entidades básicas da organización territorial do Estado, que deben promover as condicións que facilitan a participación individual, colectiva e a igualdade desde o ámbito público.Todo iso realízase a través do orzamento municipal, o diñeiro público para destinar a servizos colectivos e municipais que beneficien a toda a cidadanía, e especialmente aqueles sectores máis desfavorecidos ou aquelas obras que máis repercusión van ter no conxunto dos veciños. A decisión en que se gasta o orzamento municipal é a decisión fundamental da política cidadá. A que define cales son os intereses, preocupacións e prioridades dun concello, é dicir “a que se lle da importancia e a que non se lle da importancia”.

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    Partindo de que o obxectivo prioritario son os intereses dos veciños, xa que o que se está xestionando é o común, o que é de todos. A calidade da democracia débese medir pola participación de todos no goberno. Pero participar non só como mero receptor de información, senón que se debe facilitar aos veciños a participación no político, no económico, no cultural e no social. En definitiva poñer os medios para establecer a participación na construción dunha sociedade mellor.Cos orzamentos participativos o Concello asumirá a obrigación de darlle voz e voto aos veciños, en como se gastan e se xestionan os seus impostos. Cos mecanismos e a organización adecuada, a sociedade de Guitiriz decidirá, na parte que lle corresponda, na elaboración dos próximos orzamentos municipais. Á hora de desenvolver esta moción gustaríame previamente dar unhas pinceladas de onde e como nace a idea dos Orzamentos Participativos e como se desenvolven ata os nosos tempos.A Constitución Española de 1978, no seu artigo 23, proclama o dereito de todos os cidadáns a participar nos asuntos públicos directamente ou por medio de representantes, libremente elixidos por sufraxio universal en eleccións periódicas.No ámbito municipal, o art.69 da Lei 7/1985 das Bases de Réxime Local, establece que as corporacións locais facilitarán a máis ampla información sobre a súa actividade e a participación de todos os cidadáns na vida local. Ao que se engade no seu art.70 bis 1, que os Concellos deberán establecer e regular normas de carácter orgánico, procedementos e órganos adecuados para a efectiva participación dos veciños nos asuntos da vida pública local.Na cidade de Porto Alegre (Brasil), no ano 1989 os seus gobernantes chegaron ao acordo de cambiar a toma de decisións en relación ao orzamento municipal, xa que as organizacións territoriais esixíronlles maior transparencia e mellor xestión dos ingresos e gastos municipais. Apostouse para facer novos espazos cidadáns onde se tivese a capacidade de propoñer e decidir a que se destinaba o diñeiro do municipio. Desta maneira a cidadanía víase claramente implicada en todo aquilo que se realizaba cos recursos municipais, favorecíase a inclusión social dos barrios máis desfavorecidos e facíaselles participes de todas as políticas públicas.Aquela experiencia foi estendéndose por América Latina e por Europa e así foi que a partir do ano 2006 foron desenvolvéndose diversas experiencias municipais en España, ata chegar a establecerse unhas bases fundamentais a nivel internacional coa Declaración de Bogotá de 2011.En diversos concellos ao longo da xeografía española, como xa dixen, xa se articularon mecanismos participativos para que a cidadanía se implique activamente na toma de decisións. Estes son os casos de Rivas Vaciamadrid, Sabadell, Córdoba, Sevilla, Fuenlabrada, Getafe, Cabezas de San Juan (que foi galardoada pola ONU polas súas boas prácticas de participación), Aspe, Alacante, Málaga, Villafranca do Penedés, Artá, Castellar do Vallés, Conil de la Frontera por citar algúns dos exemplos.En resumidas contas, a democracia real ten sustancia cando se exerce nos espazos de toma de decisións. Se a participación dos veciños non desborda a mera achega de iniciativas para propostas ou se concibe, simplemente, como unha ferramenta de consulta, en realidade estamos a facer uso dunha concepción empobrecida do que debe ser a participación. O exercicio da democracia cotiá debe tentar diminuír as diferenzas entre administradores e administrados, e para iso quizais poderiamos partir da premisa de que os veciños, articulados en procesos e medios facilitadores, poidan ser capaces de intervir eficientemente na xestión do seu municipio.Os concellos son un lugar onde con máis frecuencia os veciños entran en contacto coa representación política ou co persoal técnico da Administración e onde se organizan redes de cotidianidade. A apertura virá dada pola incorporación do Orzamento Participativo ás organizacións e colectivos formais con presenza e capacidade legal de actuación dentro do municipio. Desde experiencias minimalistas, nas cales se debate publicamente menos do

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    2% do orzamento total, o que representa ata o 20% do orzamento de Investimento, ou outras máis significativas que chegan ata o 10% do orzamento total o que equivale o 100% do orzamento de Investimento.Tal e como pode observarse por todo o exposto, a realización do Orzamento Participativo, por tanto, non se limita única e exclusivamente a propostas que serán recepcionadas polo Concello como calquera outro documento que entra por Rexistro, senón que verdadeiramente faise necesario articular e promover a participación dos veciños e as organizacións formais que teñan inquietudes municipais.Por tanto débese pretender que os veciños non sexan meros observadores dos acontecementos e decisións, senón que se convertan en protagonistas activos, buscando entre todos as solucións que se corresponden cos desexos reais que temos. Isto levaranos a lograr unha maior eficiencia, eficacia e transparencia municipal na xestión. Xa que se compartirá entre os representantes políticos, persoal técnico e veciños un debate continuo no que se vai a gastar o diñeiro público. E así tamén fomentar a reflexión activa e solidariedade entre os veciños. E desta forma terán a oportunidade de coñecer e dialogar sobre os problemas e demandas do resto. Ademais de mellorar a comunicación entre a Administración e os veciños, polo que se xerarán espazos de debate que nos servirán a todos para unha mellor xestión municipal.Por todo iso, desde Compromiso por Guitiriz propoñemos ao pleno do Concello de Guitiriz os seguintes acordos:ACORDOS

    - PRIMEIRO: Que o Concello elabore unha proposta de regulación e articulación dos mecanismos necesarios de participación veciñal, co obxecto de conseguir implantar no noso municipio os Orzamentos Municipais Participativos ao longo da presente lexislatura. Para iso basearase nas seguintes liñas: A- Tanto na súa elaboración como no seu seguimento e desenvolvemento, atenderase a unha estrutura de programas que especifique claramente obxectivos, períodos e recursos. B- Creación de xuntas veciñais que se encarguen, coa axuda de técnicos especializados, de recoller as demandas veciñais para a elaboración dos orzamentos. C- Acomodación dos prazos de elaboración orzamentaria á participación veciñal. D- Establecemento duns criterios claros que permitan valorar cuantitativa e cualitativamente o cumprimento dos obxectivos. E- Deberán garantir de forma efectiva o equilibrio e solidariedade entre as distintas parroquias e núcleos de poboación do termo municipal. F- Incluirán políticas encamiñadas a distintos colectivos atendendo a razón de xénero, idade, dependencia, etc. G- Realizar campañas informativas de sensibilización e formación sobre Orzamentos Participativos. “

    Aberto o debate pola Presidencia, o voceiro do grupo PP di que os orzamentos municipais participativos son unha ferramenta para dar voz e voto a todos os nosos/as veciños/as. É unha idea moi boa. A cidadanía o que quere son bos xestores pero a hora de participar a contestación é que para iso depositan o voto, delegando esa función nos representantes políticos. O ideal sería a realización de campañas informativas e formativas a todos os/as veciños/as do noso concello. Concienciar a xente da necesidade de que todas as propostas, suxestións, etc. son moi necesarias e dende logo serán beneficiosas para todos.Sabemos que concienciar os nosos veciños/as é unha tarefa difícil, pero como dixemos anteriormente con boa información e formación pódese conseguir. Será a mellor maneira de repartir os presupostos do noso concello en beneficio de toda a veciñanza.

    O voceiro do grupo BNG di que esta proposta a levaba o BNG no seu programa electoral e que lle parece ben, aínda que é so papel e non aclara nada. Di que o BNG leva 2 meses

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    elaborando unhas bases e que conste en acta se pódense presentar estas bases para ser aprobadas, que supoñen un reparto equitativo dos investimentos entre as distintas parroquias segundo os núcleos e a poboación como se está facendo en San Sadurniño.

    O voceiro do grupo Independente-CG di que lle parecen ben uns orzamentos participativos para que opine a xente, pero que ten que haber colaboración entre todos os concelleiros de todos os grupos.

    A Sra. Alcaldesa di que non lle poden dar leccións de orzamentos participativos porque en Guitiriz se fixo dende o ano 2009 mandando invitacións as asociacións e veciños para que deran ideas. Di que a moción é moi bonita pero que neste Concello temos moitos servioz e pouco orzamento, e os servizos se levan case todo o orzamento e non se poden suprimir porque son necesarios. Explica que a administración está cargada de traballo e de papeleo, e que para calquera cousa se precisan moitos trámites, polo que non se debe complicar máis os procedementos. Di que non hai problema en aprobalo pero coas limitacións que hai de cartos e de persoal e tendo en conta que será difícil de facer.

    Neste momento ausentase da sesión o concelleiro don Roberto Sanmartín Barro, sendo 11 os concelleiros presentes na sesión.

    Na segunda queda o voceiro do grupo PP di que o que se fixo coas asociacións en 2009 foi para dar diñeiro as asociacións, non para participar na elaboracións dos orzamentos. Di que están de acordo pero que habería que consensuar as bases antes entre os grupos políticos.

    O voceiro do grupo BNG di que vai votar a favor e que vai a presentar as bases cando as teña preparadas, e que a cantidade para investimentos ten que ser significativa e un mínimo dun 10% do orzamento.

    O voceiro do grupo Independente-CG di que vai votar a favor.

    O voceiro do grupo CxG di ao voceiro do grupo BNG que esta proposta non está no programa do BNG e lle pregunta se as bases estarán antes de 7 anos. Indica que no primeiro punto di que as bases serán reguladas entre todos e que es cuestións específicas se regularan máis adiante segundo as preferencias dos veciños.

    Sometido a asunto a votación foi aprobado por unanimidade dos 11 membros presentes.

    9.3.-Moción do grupo GxG para incluir un mapa de ubicación dos contenedores de residuos sólidos urbanos na ordenanza municipal do Concello de Guitiriz.

    EXPOSICIÓN DE MOTIVOSHoxe en día xéranse grandes cantidades de residuos, polo que chegou o momento no que hai que prestar atención a este feito. A solución pode atoparse no que se coñece como a regra das tres erres (3R); reducir, reutilizar e reciclar os residuos sólidos urbanos (RSU). A forma de recoller estes residuos é a clave para un mellor reciclado e/ou reutilización.Pero para este traballo débese realizar unha metodoloxía para organizar a recollida dos RSU, empregando as ferramentas que nos proporcionan os Sistemas de Información Xeográfica (SIG). Desenvolvéronse diferentes modelos para as zonas de uso urbana, rural, comercial e industrial. Na análise en redes para localizar, cubicar e recoller con menos custo os RSU, baséanse en dous parámetros fundamentais que marcan a localización dos

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    colectores que son a equidade e a eficiencia, a sabendas que haberá máis condicionantes que farán variar os diferentes modelos e chegando a estruturalos para que sexan máis óptimos.Sinalaremos que se terá que decidir por equidade ou por eficiencia segundo os diferentes tipos de residuos e cantidades. En xeral para a demanda de colectores de restos aplícanse principios de equidade, pola lóxica que son os residuos de máis produción. E para os colectores de plásticos, vidros e papel-cartón baséanse en principios de eficiencia para a súa colocación, xa que neste caso a distancia xoga un papel fundamental para a participación na reciclaxe. A maior distancia dos colectores específicos menos cantidade en quilogramos reciclados. Polo que hai que buscar modelos flexibles segundo a demanda, ademais doutras características para a localización dos colectores como é a transitabilidade das rúas, estradas ou pistas, os espazos de manobra para os camións de recollida, xerarquía viaria, accesibilidade aos colectores por parte dos usuarios, etc. A Unión Europea sempre se mostrou moi sensible coa xestión dos residuos sólidos urbanos. Debido a iso promulgouse a Directiva 2008/98/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 19 de novembro, integrando todas as normas nesta, denominada “Directiva marco de residuos”. Esta directiva fai fincapé na prevención, entendendo o conxunto de medidas adoptadas antes de que un produto se converta en residuo, para reducir a cantidade así como o contido de sustancias perigosas do mesmo. Todo iso como paso previo á reciclaxe, a reutilización e outras formas de valorización como o aforro enerxético, emisións de CO2, etc.A transposición desta directiva ao noso ordenamento xurídico levase a cabo a través da Lei 22/2011 do 28 de xullo, de Residuos e chans contaminados, na que se indica a política de residuos e as competencias administrativas. A Lei desenvolve os plans de xestión a nivel nacional, autonómico e local. Ademais a nivel galego a Lei 10/2008 do 3 de novembro, de Residuos de Galicia, que implica o desenvolvemento lexislativo desta temática medioambiental na nosa comunidade autónoma.Como xa sabemos o marco competencial básico nesta materia vén previsto nos artigos 22.2L e 26.1B da Lei 7/1985 do 2 de abril, de Bases de Réxime Local ao determinar que o municipio exercerá en todas as súas competencias, en termos da lexislación do Estado e das C.C.A.A., entre outras en materia de recollida de residuos.En canto ao noso ordenamento municipal atopámonos ante tres ordenanzas de diferente empaquetado técnico-xurídico. Así é a “Ordenanza Municipal de limpeza e ornato de espazos públicos e de disfrute colectivo” do 10 de febreiro de 2009, a “Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación de servizos de recollida e tratamento do lixo e residuos urbanos”, do 25 de febreiro de 2012 e por último a “Ordenanza municipal de residuos”, do 10 de abril de 2015. Co que todo iso conforma a nosa legalidade vixente. Pero isto non quere dicir que estean actualizadas nosas ordenanzas e por tanto que non existan certas lagoas importantes. E explícome; na sesión plenaria do 14 de abril, Compromiso por Guitiriz fíxolle varias preguntas á alcaldía sobre o tema da acumulación de colectores de restos e específicos nun punto da Rúa do Concello e en dúas da Avenida da Coruña, sumando os tres puntos 23 colectores. Segundo a resposta da Sra. Alcaldesa a decisión tomouse a partir dunha reunión con catro veciños que foron os que acudiron á convocatoria feita por Concello. Quen son estes catro veciños que tanto coñecemento teñen a nivel de RSU, reciclaxe e localización de colectores?. Como se pode pasar por alto tanta lexislación medioambiental e estudos sobre a materia para que nunha reunión na que só destaca a nocturnidade e aleivosía, para a toma de decisións?Polo tanto queda claro en toda a redacción desta moción que Compromiso por Guitiriz desexa o respecto ás normas e ao traballo lexislativo tanto europeo, estatal, autonómico e local. E que as cousas non se fan porque si, senón que hai un labor de estudo e sobre todo de causa-efecto nas políticas medioambientais e non nos podemos guiar por impulsos máis ou menos interesados. Hai que utilizar os condutos regulamentarios como son propostas ou iniciativas nos emprazamentos adecuados que son as comisións e os plenos.

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    Por todo o acontecido e evitando máis erros unilaterais desexamos que se actualice a ordenanza municipal de residuos incluíndo un plano de localización/situación dos colectores de residuos de todo o Concello. Para que a distribución se faga dunha forma equitativa e eficaz para todos os usuarios, e emprazándoos a localizacións onde teñan menos impacto visual, como se fai en todos os concellos deste país.A lexislación exposta ten elementos preventivos e de responsabilidade ambiental que implican unha continua actualización das ordenanzas municipais, nesta cuestión dos residuos que é unha das máis sensibles de dominio público. A velocidade en que cambian as necesidades de usuarios e empresas, así como os servizos que ofrece a administración, obriga a que se teña que regular ao mesmo ritmo, e por tanto desde Compromiso por Guitiriz solicitamos os seguintes acordos ao Pleno do Concello:ACORDOS-PRIMEIRO: Actualizar as ordenanzas municipais de residuos e limpeza en períodos a determinar en base á produción lexislativa nesta materia. -SEGUNDO: Realización dun mapa de localización/ubicación dos colectores de residuos, indicando o tipo e número de cada un deles (xa sexan de restos, de plásticos, de vidro ou de papel cartón).-TERCEIRO: Realización dun informe técnico semestral que inclúa: 1- Impacto estético visual negativo que se detectou na localización dos colectores. Indicando as medidas para adoptar (soterramento, colectores especiais, cambio de localización, etc.)2- Indicar o número máximo de colectores que se sitúan agrupados, e sobre as delimitacións das zonas reservadas para o depósito de residuos.3- Informar sobre as queixas ou reclamacións que se reciben semestralmente respecto da inadecuada localización dos colectores de RSU, concretando o trámite que se lles da a cada unha delas.4- Indicar sobre o número de reubicacións de colectores que se efectúan cada semestre, especificando as causas que xustifican dita reubicación”

    Aberto o debate pola Presidencia,

    O voceiro do grupo PP di que o Partido Popular de Guitiriz vai votar a favor da moción presentada por CXG e gustaríanos engadir que nese Mapa de Ubicación dos contenedores de residuos sólidos tamén apareza a planificación do mantemento e limpeza dos contenedores. Di que será difícil de levar a cabo e que o custe dos contenedores é alto.

    O voceiro do grupo BNG di que estaría ben que se actualizara conforme á lei pero para todo o Concello.

    O voceiro do grupo Independente-CG di que vai votar a favor pero que é dificil, que faltan contenedores amarelos nas aldea, e de vidrio e de cartón, pero que é bo ir facendo isto.

    A Sra. Alcaldesa di que xa existe un mapa de contenedores e que é inviable cumprir con isto. Di que a distribución fíxose nos lugares máis idóneos e por motivos de seguridade, e os que se queixan non asistiron á reunión.

    Na segunda quenda o voceiro do grupo PP di que a moción é complicada de levar a cabo cos medios que hai, e que apoia que se cambie a ubicación dalgúns contenedores e que se proceda á limpeza sobre todo os do casco urbano, e que o custe dos contenedores é moi alto.

    O voceiro do grupo BNG di que nunca chove a gusto de todos e que hai que buscar a mellor ubicación e pouco a pouco ir repoñéndoos en todas as parroquias.

  • CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4

    27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178

    O voceiro do grupo CxG di ao voceiro do grupo BNG que a moción está redactada para todo o Concello, e á Sra. Alcaldesa que se faga un mapa de situación xa que os contenedores no mesmo punto non teñen utilidade e a xente mezcla, 23 contenedores en 3 puntos non é xusto, é un castigo.

    A Sra. Alcaldesa di que o equipo de goberno vaise abster porque hai cousas que non se van a poder facer.

    Sometida a moción a votación foi aprobada por 6 votos a favor dos grupos PP, GxG, BNG e Independente-CG, e 5 abstencións do grupo PSOE.

    9.4.-Moción do grupo BNG para declarar este Concello libre de circos con animais e contrario as touradas.

    “EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

    A cuestión do respecto cara aos animais levou a cidadanía a demandar novas accións en diferentes eidos normativos. O uso de animais en espectáculos é, quizais, un dos aspectos máis surrealistas que teñen lugar no noso país, nomeadamente os circos, que ofrecen unha imaxe radicalmente distorsionada do que supón a fauna silvestre.

    A vida destes animais nos circos caracterízase polo illamento, o castigo, o medo e o cativerio. As exhibicións de animais nos circos ofrecen tamén unha mensaxe educativa negativa. Aínda que os espectáculos circenses non amosen condutas de violencia explícita á vista do público espectador, os actos que os animais teñen que realizar durante toda a súa vida non son habituais nin naturais e, para obrigalos a se comportaren deste xeito, sométenos a métodos de adestramento baseados no castigo físico, a privación de alimento e ao illamento do resto dos seus conxéneres.

    Os animais que viven nos c