futuro que traerá a fin da cotas - A.S.E.T.E.M ...lada . As incógnitas arre - dor da evolución...

24
Cerne O xornal da Terra de Melide Nº 110. Marzo 2015. Distribución gratuíta EMpRESA Curso gratuíto en Asetem-Cca sobre técnicas de venda por internet P5 EnTREvISTA Rut Gallego, Sisuka P23 MELIDE O Xacobeo cederá por 25 anos o uso das casas da Praza das Coles P10 CULTURA O IES organiza un festival de teatro con 203 actores de cinco concellos P17 Sae a información pública o tramo Arzúa-Melide da A-54 O proxecto redactado polo Ministerio de Fomento, ao que xa se poden presentar alegacións, ten un orzamento estimado de 138 ,7 millóns de euros. P9 O lobo entra nunha corte do Rañado e mata 16 ovellas Salváronse vinte años que lograron pasar para outro cortello a través dun burato pequeno. Os propietarios calculan perdas próximas aos 3.000 euros. P10 Nin gandeiros, nin sindi- catos, nin partidos políti- cos son capaces de poñerse de acordo sobre as consecuencias que terá o salto ao libre mercado logo de trinta anos coa produción de leite regu- lada. As incógnitas arre- dor da evolución dos prezos e a viabilidade das pequenas explotacións planean sobre o novo es- cenario que se abrirá a partir do día 1 de abril. Cerne analiza todas as cla- ves deste momento trans- cendental para o agro. P12 Inquietude no sector lácteo polo futuro que traerá a fin da cotas Jose Morado Urbanity.cc ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE 25 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)

Transcript of futuro que traerá a fin da cotas - A.S.E.T.E.M ...lada . As incógnitas arre - dor da evolución...

CerneO xornal da Terra de MelideNº 110. Marzo 2015. Distribución gratuíta

EMpRESACurso gratuítoen Asetem-Cca sobre técnicasde venda por internet P5

EnTREvISTA

Rut Gallego, Sisuka P23

MELIDEO Xacobeo cederá por 25anos o uso dascasas da Prazadas Coles P10

CULTURAO IES organizaun festival deteatro con 203actores de cincoconcellos P17

Sae a información pública otramo Arzúa-Melide da A-54

O proxecto redactado polo Ministerio de Fomento,ao que xa se poden presentar alegacións, ten unorzamento estimado de 138 ,7 millóns de euros. P9

O lobo entra nunha cortedo Rañado e mata 16 ovellas

Salváronse vinte años que lograron pasar para outrocortello a través dun burato pequeno. Os propietarioscalculan perdas próximas aos 3.000 euros. P10

Nin gandeiros, nin sindi-catos, nin partidos políti-cos son capaces depoñerse de acordo sobreas consecuencias que teráo salto ao libre mercadologo de trinta anos coaprodución de leite regu-lada. As incógnitas arre-dor da evolución dosprezos e a viabilidade daspequenas explotaciónsplanean sobre o novo es-cenario que se abrirá apartir do día 1 de abril.Cerne analiza todas as cla-ves deste momento trans-cendental para o agro. P12

Inquietude no sector lácteo polofuturo que traerá a fin da cotas

Jose MoradoUrbanity.cc

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE

25 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca

Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)

2 Editorial Cerne 110. Marzo 2015

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta COORDInACIÓn E REDACCIÓn: Iván G. blanco

EDICIÓn: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)EnDEREZO: R/ Lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981 506 188 E-mail: [email protected]ÓnS: Xavier Pazo, Rafael R. Gaioso, José Núñez

AGRADECEMEnTOS: Pilar López, Adolfo Álvarez, Imprenta MeligrafIMpRESIÓn: Publicaciones Tameiga S.L.

DEpÓSITO LEGAL: OR / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EDITORIAL..................................2-EMPRESA.....................................3-MELIDE........................................9-COMARCA...................................12-CULTURA E LECER....................17-COLAbORACIóNS......................22-ENTREVISTA..............................23

ÍnDICE

Editorial Tribuna de opinión

Fin das cotas. E agora que? Sen pelos na lingua Xunta Directiva de ASETEM-CCA

A Secretaría Xeral de PolíticaLingüística, no seu labor depromoción e defensa do ga-lego, vén de apoiar econo-micamente á Asociación deHostalería Melide Móvesepara fomentar o uso da linguapropia entre a mocidade quecada fin de semana goza damovida local.

Dita achega económicaempregarase para carteis ecampañas publicitarias que,baixo o lema “Seduce en ga-lego”, venderán as bondadesda noite melidense por todaGalicia. Tamén servirá paradifundir a ruta de autobusesque puxo en marcha esta aso-ciación recentemente creadae que o Concello de Melideapoiou con 3.000 euros.

Trátase sen dúbida dunhainiciativa acertada. Todos osesforzos son poucos por anco-rar o galego entre a poboaciónmáis nova, sobre todo en mo-mentos nos que as estatísticase os estudos oficiais dan contadun retroceso no uso da lin-gua propia entre a xuventude.

O galego débese potenciaren todos os ámbitos. Taménna prensa escrita, onde asúa presenza é cada vez máistestemuñal. O xornal Cerne éunha das poucas cabeceirasescritas integramente en ga-lego. Así foi dende a súa crea-ción sen ter recibido nuncapor iso un só céntimo, noque é unha aposta real polalingua propia que se manténata día de hoxe e que seguiráno futuro.

Nin sequera recibiu apoioeconómico cando, en momen-tos de dificultades, o Cernepetou ás portas da SecretaríaXeral de Política Lingüísticapasando antes polo Concellode Melide. Nin os dez anos cogalego como bandeira , nin ospremios por elo recibidos,nin as máis de dúas décadasde compromiso de Asetem coidioma (co pouco frecuenteque iso é no ámbito empresa-rial) foron tidos en conta.

Vese que todos falamos amesma lingua, pero con dife-rente capacidade de sedución.

O día 1 de abril desaparece osistema de cotas lácteas quecondicionou a produción lei-teira en Galicia e no resto deEspaña durante os últimostrinta anos. Desaparecen ascotas e ninguén sabe o quevai pasar a partir de agora.Nin sindicatos, nin partidospolíticos, ninprofesionaisdo sector sepoñen de a-cordo sobre acor que teráo futuro quecomeza enquince días.

O que re-sulta unharealidade tanxible é que moi-tos gandeiros xa entran per-dendo nada máis poñer o péneste novo escenario liberali-zado. Son todos aqueles queinvestiron grandes cantidadesde diñeiro para mercar cota,os que se empeñaron para po-dérense converter en grandesprodutores, os que apostaronpor unhas explotacións mo-dernas e competitivas e queagora lle seguirán pagandorelixiosamente ao seu bancodurante cinco ou dez anosmáis por algo que non existe.Unha hipérbole do paradoxo.Un investimento perdido.

Por iso debemos esixir po-líticas responsables e decisiónsmeditadas para o agro galego,de xeito que non se engadamáis incerteza á que xa xera o

propio mercado. Non é de re-cibo que aínda a día de hoxenon se saiba o que vai pasarcoa supertaxa: haberá multaspara quen produciu máis daconta? Retiraranse finalmentelogo de ameazar con grandessancións? Canto haberá quepagar por litro producido de

máis? A partir de que porcen-taxe de sobreprodución seempezará a multar? Faltan res-postas. E mentres agardan,moitos gandeiros, para evitaras sancións que chegarán ounon, mercaron cotas á desespe-rada e a prezos desorbitados,sendo incluso vítimas nalgúnscasos das estafas que se dancando o río vai revolto. Velaquíoutro prexuízo máis para quenten no leite o seu medio devida; nada máis e nada menosque 10.000 familias galegas.

Por outra banda está acuestión dos prezos do leiteen orixe. No peor dos casosbaixarán aínda máis ao incre-mentarse a produción. Lei daoferta e da demanda. Será da-quela a sentenza de morte paraa maioría das explotacións,

cunha viabilidade comprome-tida dende hai tempo. No me-llor dos casos seguirán comoata agora, xa que non se cobreaínda toda a demanda internae hai posibilidade de exporta-ción. O que non vai cambiar éa volatilidade do mercado nino control das industrias. Esta-

ríamos poisante un pa-norama xacoñecido noque se pro-longaría alenta agoníado sectorque con-templamospor des-

graza como espectadores enprimeira liña dende hai algúnsanos. Non hai máis que botar opé fóra da porta e ver cantosprados son agora plantaciónsde eucaliptos e canta xentenova se pon á fronte das explo-tacións que deixan seus paispor xubilación.

Non abonda só con políticasresponsables. É necesario ta-mén un compromiso real daindustria láctea cos produto-res. Hai que esixir condutasempresarias situadas na antí-tese da que acaba de poñeren evidencia a multa de 88millóns de euros imposta porpactar prezos durante 10 anos.Un xesto irrisorio que segu-ramente acaben pagando ospropios gandeiros. Son dema-siadas as frontes abertas...

Esta

marca

de leite

non me

gusta!

que lle

pasa

ao

leite?

ao

leite

nada!!

a marca

ten un tufo

que bota

para

atrás!!

Empresa 3Cerne 110. Marzo 2015

A Asociación de EmpresariosTerra de Melide (Asetem-Cca)continúa coa sinatura deconvenios con empresas dediferentes sectores para ofre-cerlle aos seus 150 asociadosa posibilidade de contratartodo tipo de servizos en condi-cións vantaxosas.

Tras firmar recentementeacordos en materia bancaria ede seguridade, agora fai o pro-pio no eido da electricidadeco obxectivo de facilitar as ins-peccións periódicas das insta-lacións de baixa tensión,obrigatorias por lei dende2003 para establecementoscomerciais e industriais.

Neste caso o convenio asi-nouse cunha empresa da vilaasociada a Asetem, Electri-cidade Vilela, que prestará oservizo a través de ECA, unorganismo de control autori-zado e acreditado pola ENAC(Entidad Nacional de Acredi-tación). A inspeccións das ins-talacións abranguerán tantoos controis como as probasregulamentarias que establecea normativa en vigor e seránrealizadas por persoal espe-cialmente cualificado e for-mado para a supervisión.

Os establecementos inte-resados en contratar este ser-vizo non teñen máis quepoñerse en contacto con Elec-tricidade Vilela. Deberánfacelo con tres días de antela-ción, como mínimo, respectoda data prevista para a execu-cións dos traballos. Tamén enElectricidade Vilela se pode-rán consultar os prezos, dife-

rentes segundo a potenciacontratada. Para todos os ca-sos, as tarifas inclúen as taxasoficiais de tramitación esta-blecidas pola Xunta de Gali-cia. En caso de que o titularsolicite unha segunda inspec-ción para emendar defectosna instalación, o prezo seráun 50% máis barato que o daprimeira visita.

Inspección obrigatoriaDende o ano 2003 rexe entodo o territorio nacional oRegulamento Electrotécnicode baixa Tensión, onde serecollen de forma detalladatodos os aspectos a ter enconta no deseño, montaxe,

posta en marcha e mante-mento das instalacións. Entreas obrigas contempladas nestanorma figura a de realizar ins-peccións periódicas tanto nasnovas instalacións como nasxa existentes antes da entradaen vigor do regulamento.Neste último caso a supervi-sión non se realizará segundoos novos criterios técnicos,senón de acordo cos que seesixían no seu momento.

As inspeccións deben rea-lizarse cada cinco anos. Fa-ranse cada dez naquelasinstalacións comúns dos edifi-cios de vivendas con potenciatotal instalada superior a 100Kilovatios.

Iván López (Electricidade Vilela) e Manuel Vázquez (Asetem) durante a sinatura do convenio

Asetem asina convenio con vilela para facilitara inspección periódica de instalacións eléctricas

A quen lle afecta?Deberán realizar inspecciónsperiódicas das instalaciónseléctricas de baixa tensión osseguintes establecementos,entre outros: industrias, talle-res e almacéns con potenciainstalada superior a 100 kw,bares, cafeterías, restaurantes,hoteis, hostais, asilos, garde-rías, centros de saúde, clínicas(dentais, veterinarias, etc...),bibliotecas, museos, oficinascon presenza de público (ban-cos, seguros, xestorías, etc...),salas de conferencias, ximna-sios, piscinas, pavillóns depor-tivos, discotecas e garaxes demáis de 24 prazas, teñan ven-tilación natural ou forzada.

Obxecto: Facilitar a re-muda comercial dos co-merciantes individuaisautónomos que transmitano seu negocio a un terceiro,asegurando a súa conti-nuidade e fomentando arexeneración comercial.

Beneficiarios:.- Comerciantes retallistasque se dediquen ao comer-cio de xeito habitual enGalicia, que teñan comomínimo 64 anos cumpri-dos, que exerceran a activi-dade de forma ininterrom-pida nos últimos 10 anos,que figuren de alta en autó-nomos nos últimos 10 anose acrediten un período decotización previo que llespermita acceder á pensiónde xubilación. .- As persoas designadaspolo solicitante para conti-nuar a actividade comer-cial, excepto o cónxuxe.

Contía:.-Transmisores que teñana idade ordinaria de xubi-lación: 800 €..-Transmisores que non te-ñan idade de xubilación:800 € mensuais dende omes seguinte á resoluciónde concesión da axuda, atao último mes en que cum-pran a idade de xubilación..-Adquirentes do negociocomercial: 2.000 €.

prazo: Ata o 31 de Agostode 2015.

SUBVENCIÓNS PARA A REMUDA

COMERCIAL (DOGA 18, 28/01/2015)

Rodrigo Fernández PomboAgente de seguros exclusivo

Nº de Reg. Mediador.: COO2636154917KC/ Ronda de Pontevedra

Nº 113 Bajo - 15800 Melide

Tlf/ Fax: 981506495

Móvil: 678055942

[email protected]

- HOGAR- AUTOMÓVIL- EMBARCACIONES- COMERCIOS- OFICINAS- PYMES- CONSTRUCCIÓN- TRANSPORTES DE MERCANCÍAS- RESPONSABILIDAD CIVIL- ACCIDENTES- VIDA- SALUD / ENFERMEDAD- DECESOS / TELEASISTENCIA- AHORRO / INVERSIÓN / DEPÓSITOS / PENSIONES / RENTAS

4 Publicidade Cerne 110. Marzo 2015

Joyería

Oro Ley

Taller propio

Rúa de San Pedro, 1415800 MELIDE

(A Coruña)Tlf: 981 50 54 68

Villamor

VILLAMOR S.C.Extractores de gases para cocinas

---------------------------------------

Cantón de San Roque, 8MELIDE-15800-A Coruña

Tlfs: 981 81 53 30 / 699 152 720

www.extractoresvillamor.es

[email protected]

Empresa 5Cerne 110. Marzo 2015

O tempo, por ser imprescindible e insubstituíble, éun dos recursos máis valiosos do que dispoñemos. Asúa xestión é, por tanto, un dos factores directamenterelacionado cos riscos psicosociais. Por iso, no ámbitopreventivo é un aspecto a considerar e que debe tera súa debida análise e avaliación en función dasdistintas realidades empresariais.

Na empresa, a xestión do tempo integra factoresde ritmo, urxencia, carga de traballo, autonomía efatiga. Para harmonizar todos estes factores e conse-guir unha xestión eficaz, é fundamental adecuar o vo-lume de traballo a realizar ao tempo necesario paraunha correcta execución.

Máis alá das ferramentas específicas de organi-zación na empresa, o uso do tempo depende dunhaconxunción de factores vinculados coas actitudes,crenzas e, en xeral, a autoxestión persoal. É por isoque a xestión do tempo é unha das pedras angularesda xestión do estrés.

Unha boa xestión do tempo achegará numerosasvantaxes en todos os aspectos da vida . No entornolaboral, conduce a unha diminución do estrés e dafatiga; a un aforro de tempo e mellora na planificacióndas actividades; a un mellor seguimento dos resul-tados e a unha maior confianza nun mesmo/a.

As claves para unha xestión eficaz pasan por pla-nificar e programar. Planificar implica decidir quese vai facer, marcando obxectivos a curto, medio elongo prazo, é dicir, resultados. Programar consisteen decidir cando se vai facer e asignar os recursosnecesarios para conseguir os obxectivos.

A planificación achega ademais unha serie de be-neficios que permiten anticiparse e reducir o impactodunha crise, xerar alternativas ante situacións críticas,aforrar recursos e aliviar tensións. Investir en planifi-cación é aforrar en execución. A planificación debe sermeticulosa e por etapas. Así, deben fixarse obxectivosclaros, determinarse os grupos destinatarios e as res-ponsabilidades, ademais de establecer os recursos.

A xestión do tempo debe converterse nun princi-pio máis da forma de traballo para conseguir maiorproductividade (o que é fundamental na situaciónactual) y para acadar a paz cun mesmo/a. Programaro tempo é unha actividade que debe acabar sendodiaria e habitual porque, como indicaba Séneca, “nonhai vento favorable para o barco que non sabe caraa onde vai”.

cos cinco sentidos

María Botana Rocamonde

Responsable do Servicio de Prevención de Riesgos Laborales da Confederación de Empresarios de A Coruña

Consellos para a prevención de riscos laborais

1. A xestión do tempo

Asetem organiza un curso gratuítosobre técnicas de venda onlineNa súa preocupación por for-mar aos profesionais asocia-dos nas novas fórmulas denegocio, a xunta directiva deAsetem-Cca está a poñer enmarcha a través da Confede-ración de Empresarios da Co-ruña un curso gratuíto sobretécnicas de venda online.

BeneficiariosMalia que obxectivo funda-mental da patronal é achegarnovas ferramentas aos profe-sionais da empresa edo comercio local, ocurso estará aberto ta-mén a toda a veciñanzade Melide e comarca.Hai 15 prazas dispoñi-bles: 12 para autóno-mos e traballadores enactivo e 3 para persoasen situación de desem-prego.

Data e horariosO curso sobre técnicasde venda online, cunhaduración de 45 horas,comezará o 28 demarzo e rematará o 25de abril. As clases im-partiranse todos os sá-bados de 9:00 a 14:00horas no salón de actos

da asociación de empresarios.

InscriciónAs persoas interesadas enparticipar deberán inscribirseantes do día 19 de marzo. Po-derán facelo directamente através da páxina web da Con-federación de Empresariosda Coruña (www.cec.es), en-trando no apartado de forma-ción. Se o prefiren, podenpoñerse en contacto con Ase-tem a través do número de

teléfono 981 50 61 88 e dendealí facilitaranlles a xestión.

programa de formaciónAo longo das 45 horas de du-ración do curso, os asistentesrecibirán formación sobrecinco aspectos: web 2.0 e es-tratexia online, social com-merce (uso das redes sociaispara a venda), posicionamentoen buscadores e analítica web,comercio electrónico e usosdo mail corporativo.

preto de 200 persoas formadasen materia de benestar animal

O pasado 9 de marzo deu comezo nas ins-talacións da Asociación de EmpresariosTerra de Melide (Asetem-Cca) un novocurso de benestar animal. Cando rematea formación dos 15 alumnos inscritosserán en total 187 as persoas que seinstruíron na materia ao longo dos últi-mos catro anos, dende que en 2011 Ase-tem se convertese en entidade autorizadapola Xunta de Galicia para impartireste tipo de cursos e expedir os certifi-cados correspondentes.

A formación en benestar animal é unrequisito imprescindible para poder traba-llar en granxas ou dedicarse ao transportede gando. Os cursos impartidos en Asetempolo veterinario Juan González constan de30 horas ao longo das que se traballa endous módulos diferentes: un dirixido parapersoal de granxas e outro para transpor-tistas e coidadores. No primeiro módulofórmase aos alumnos nos requisitos bási-cos para garantir a seguridade dos animais

nas explotacións gandeiras. O segundo céntrase nomanexo e o transporte de animais vivos, abordandoo proceso de carga, descarga e condución.

Dende a xunta directiva de Asetem-Cca mani-festan a intención de continuar ofrecendo de xeitoregular este tipo de formación, xa que “contribúeao desenvolvemento correcto dunha actividade congrande repercusión económica na comarca”.

6 Empresa Cerne 110. Marzo 2015

MÍnIMO EXEnTO nA COTIZACIÓn ÁSEGURIDADE SOCIAL nA COnTRA-TACIÓn InDEFInIDA

No caso de contratación indefinida atempo completo, os 500 primeiros euros dabase de cotización por continxencias comúnsdo traballador quedará exentos de aplicacióndo tipo de cotización empresarial. Esta contíareducirase no caso de contratación a tempoparcial, na mesma porcentaxe que se reduza axornada de traballo, sempre que como mínimoa xornada contratada sexa do 50%.

Este beneficio na cotización aplicarasea contratos celebrados con anterioridade ao31/08/2016, por un período de 24 meses dendea contratación. As empresas que no momentode celebrar este contrato contaran con menos de10 traballadores terán dereito durante 12 mesesmáis a un beneficio de cotización, nos mesmostermos que o anterior, por importe de 250 euros(ou a contía proporcionalmente reducida nocaso de contratación a tempo parcial).

*Requisitos, entre outros:

a) Non haber extinguido contratos porcausas obxectivas ou despedimentos discipli-narios declarados xudicialmente improceden-tes nos 6 meses anteriores á contratación.

b) Que o contrato bonificado supoñaun incremento tanto do nivel de emprego fixocomo do nivel de emprego total da empresa,en relación co promedio diario dos 30 díasanteriores á celebración do mesmo.

c) Manter durante 36 meses, dendeesta contratación, tanto o nivel de empregoindefinido como o nivel de emprego acadadocoa mesma.

Non se aplicará esta bonificación paraa traballadores que estiveran contratadosna empresa ou grupo de empresa, nos 6 mesesanteriores á nova contratación mediante uncontrato indefinido. Esta bonificación/redu-ción non afectará á determinación da contíadas prestacións económicas ás que puideranter dereito os traballadores afectados, que secalcularán sobre o importe íntegro da súa basede cotización.

BOnIFICACIÓn A TRABALLADORESAUTÓnOMOS pOR COnCILIACIÓnDA vIDA pROFESOnAL E FAMILIARvInCULADA Á COnTRATACIÓn

Os traballadores autónomos terándereito, por un prazo de ata 12 meses, a unhabonificación do 100% da cota de continxenciascomúns (aplicada sobre a base media dosdoce últimos meses), nos seguintes casos:

a) Por coidado de fillos menores de7 anos que teñan ao seu cargo.

b) Por ter a cargo un familiar, porconsanguinidade ou afinidade, ata o 2º gradoinclusive, en situación de dependencia, debida-mente acreditada.

Esta bonificación estará condicionadaá contratación de un traballador, a tempo com-pleto ou parcial (con unha xornada mínimado 50%). O contrato deberá manterse durantetodo o tempo de goce da bonificación, mínimo3 meses. Do mesmo xeito, o traballador autó-nomo deberá manterse en alta na SeguridadeSocial durante os 6 meses seguintes á finaliza-ción do prazo de goce da referida bonificación.Só terán dereito a esta bonificación os traballa-dores autónomos que non teñan traballadoresasalariados na data de inicio de aplicación dabonificación e durante os 12 meses anterioresá mesma, a excepción dos contratos de interi-nidade celebrados para substitución do autó-nomo durante descanso por maternidade,paternidade, adopción ou acollemento prea-doptivo, risco durante o embarazo ou riscodurante a lactación natural, que non afectarána este cómputo.

nOvIDADES nA pRESTACIÓn DE CESEnA ACTIvIDADE DOS TRABALLA-DORES AUTÓnOMOS

A protección de Cesa de Actividade dostraballadores autónomos sigue tendo caráctervoluntario, se ben, desvincúlase da protecciónpor accidentes de traballo e enfermidadesprofesionais; co cal se poderá optar por estacobertura independentemente de ter concer-tada ou non a protección por accidente detraballo e enfermidades profesionais.

Suavízanse as causas de acceso á prestación de Cese daActividade. Cabe destacar, entre outras:

.- O acceso á prestación por Cese da Actividade requireo peche do establecemento mentres dure a percepción da pres-tación. Introdúcese como novidade a posibilidade de transmi-sión a terceiros e, que o autónomo, titular do inmoble no quese ubica o establecemento, poderá realizar sobre o mesmoos actos de disposición ou disfrute que correspondan ao seudereito, sempre que non supoñan continuidade do autónomona actividade económica ou profesional finalizada.

.- Redúcense as perdas económicas derivadas do desen-volvemento da actividade para acceder á prestación, que debe-rán ser nun ano completo, superiores ao 10% dos ingresosobtidos no mesmo período, excluído o primeiro ano de inicioda actividade. (A redacción anterior establecía: perdas dun exer-cicio completo superiores ao 30% dos ingresos, ou superioresao 20% en dous anos consecutivos e completos).

.- Execucións xudiciais ou administrativas (antessó execucións xudiciais) tendentes ao cobro das débedas reco-ñecidas polos órganos executivos, que comporten a lo menoso 30% (antes o 40%) dos ingresos do exercicio económicoinmediatamente anterior.

.- Perda de licenza administrativa, sempre que consti-túa un requisito para o exercicio da actividade e non veñamotivada pola comisión de infraccións penais. (A anterior re-dacción engadía “incumprimentos contractuais”, “faltas admi-nistrativas ou delitos imputables ao autónomo solicitante”;polo tanto accedera á prestación nestes últimos casos, cando alicenza sexa requisito para exercer a actividade).

.- Cese involuntario no cargo de Conselleiro ou Admi-nistrador da sociedade ou na prestación de servizos á mesma ea sociedade incorrese en perdas nos termos previstos anterior-mente ou ben, diminuíse o seu patrimonio neto por debaixo dos2/3 da cifra de capital social. (Trátase dunha das maiores novi-dades introducidas, anteriormente este colectivo non estabacuberto como suxeitos en situación legal de cese da actividade).

.- Amplíase a cobertura da protección aos autónomosque polas circunstancias da súa actividade se asimilan a traba-lladores economicamente dependentes (TRADE), pero quecarecen da calificación legal como tal (ausencia de contratosubscrito e rexistrado como TRADE). Terán acceso á prestaciónnos mesmos termos que os TRADE.

IRpF. DEDUCCIÓnS AnTICIpADAS.

Engádense unha nova dedución de 1.200 € por ser unascendente separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, condous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos e po-los que teña dereito á totalidade do mínimo por descendentes.

Amplíase o colectivo de contribuíntes que poden bene-ficiarse das novas deducións anticipadas a beneficiarios deprestacións e subsidios de desemprego e a pensionistas.

IMpOSTO SOBRE SOCIEDADES

Para os períodos impositivos que se inicien a partirdo 1 de Xaneiro de 2015, as entidades parcialmente exentas doimposto de sociedades, que non estean suxeitas a Lei de incen-tivos ó mecenado, non estarán obrigadas a presentar Impostode Sociedades nestes casos:

a) Que os seus ingresos totais no superen 50.000euros anuais.

b) Que os ingresos correspondentes a rendas nonexentas no superen 2.000 euros anuais.

c) Que todas as rendas non exentas que obteñan esteansometidas a retención.

SMI pARA O AnO 2015

A súa contía para o exercicio 2015 é: SMI diario, 21’62 €/día;SMI mensual, 648’60 €/mes; SMI anual 9.080’40 €/ano.

NOVIDADES FISCAIS E LABORAIS

Empresa 7Cerne 110. Marzo 2015

ADOPCIÓN DE CANSABANDONADOS

Axúdalles a atopar o fogar que merecen

MASTÍNRecollido en Santalla. Un ano de idade,

40 kg. Moi bo carácter.

Visita a páxina de Facebook“CANS PERDIDOS EN MELIDE”

para obter máis información

Tlf. de contacto: 639 97 10 05

Regresa “Unha voltiña porMelide”, a campaña posta enmarcha o ano pasado por Ase-tem para traer periodicamenteata a vila ás persoas que se hos-pedan no balneario Río Pam-bre (Palas de Rei) ao abeiro doprograma termal do Imserso.

Esta iniciativa, que pre-tende contribuír á dinamiza-ción comercial da vila, reto-marase o 14 de abril coa che-gada do primeiro grupo de 28visitantes e repetirase noutras24 ocasións ata finais do mesde decembro. En total, seránalgo máis de 600 as persoasque recalarán en Melide eque gozarán dunha tarde deocio e compras a través desteprograma.

Bus gratis ao balnearioAo igual que se fixo o anopasado, Asetem pon ao servizoda veciñanza de Melide o au-tobús contratado para a cam-paña, que poderán utilizar dexeito gratuíto aquelas persoasque se queiran desprazar ata

“Unha voltiña por Melide” traerá atadecembro a máis de 600 visitantes

o balneario. Ademais do trans-porte gratis, os veciños queacudan ao complexo termalneste autobús poderán gozarde descontos nas tarifas e deofertas especiais.

Os días que chegarán as vi-sitas a Melide e que, por tanto,se poderá utilizar o autobúsde Asetem para desprazarse aobalneario son os seguintes:

abril (14 e 23), maio (7, 14 e28), xuño (4, 16 e 25), xullo(9, 16 e 23), agosto (6, 18 e 27),setembro (3, 17 e 24), outubro(8, 15 e 27), novembro (5, 19e 26), decembro (8 e 17).

Nestes días o autobús sairáda capela de San Roque ás3 da tarde e regresará ás 8 emedia. É preciso inscribirseantes nas oficinas de Asetem.

Un grupo de visitantes, o ano pasado, a carón da Capela de S. Roque

Ángel Curtis impartirá unha charla enAsetem sobre meditación e relaxación

Achegará pautas para buscar o equilibrio entre corpo e mente

O salón de actos de Ase-tem acollerá o vindeiro19:00 de marzo unhacharla informativa sobremeditación, relaxación eterapias alternativas.Dará comezo ás 20:30horas e será impartidapor Ángel Curtis, sana-dor e instrutor de medi-tación.

Ao longo de algomáis dunha hora diser-tará sobre os beneficiosque ten a práctica destasdisciplinas e sobre o po-der da mente á hora delograr o benestar físico e psí-quico: “é como a nosa farma-cia interior, un analxésiconatural que inflúe nas defen-sas do corpo”, explica. Nesaliña achegará pautas básicaspara lograr atopar o necesarioequilibrio entre corpo, mentee espírito: “todo isto está cu-

berto de moito misticismo,pero é mais sinxelo do que axente pensa”.

O obxectivo é que os asis-tentes “leven para a casa unhabase mínima e saquen conclu-sións que poidan poñer enpráctica”, explica Ángel Cur-tis, “buscaremos a maneira de

que a charla non sexaun monólogo para quehaxa intercambio deimpresións e debate”.

novo libroboa parte dos contidosda charla están taménrecollidos no libro “Mivida; el faquirismo ylas terapias naturales”,que Ángel Curtis vén depublicar no mes de xa-neiro. Trátase dun tra-ballo no que, ademaisde falar de disciplinasalternativas, aborda en

clave autobiográfica a reali-dade e a raíz do faquirismo,ao que leva dedicados máis de35 anos da súa vida.

Como profesional da ma-teria, comezará en breve aimpartir un curso no Concellode Curtis sobre terapias demeditación e relaxación.

CUCOMestizo de 8 meses e 6 kg. Cariñoso,

bo carácter coa xente e outros cans.

SARAMestiza pequena. Un ano, 8 kg. Divertida,

cariñosa, obediente, dócil e de bo carácter.

SE LLE QUERES AO TEU CAN,

PONLLE O CHIP,farás que poida volver contigo

8 Publicidade Cerne 110. Marzo 2015

Pan e doces

de Melide

R/ Novoa Santos, 32 - 15800 MELIDE

Tfno: 981 505 098

Tfnos.: 981 50 53 82

600 69 38 27

607 11 55 32

R/. San Antón, 21

15800 MELIDE

(A Coruña)

Especialidade en empanadase doces variados

Melide 9 Cerne 110. Marzo 2015

O Ministerio de Fomento xaten proxecto para o tramoArzúa-Melide da A-54. Teráunha lonxitude de 16,4 qui-lómetros e un orzamento esti-mado de 138,7 millóns deeuros. Saíu a información pú-blica o pasado 26 de febreiro ecoa súa publicación no boletínOficial do Estado abriuse ta-mén o prazo para a presenta-ción de alegacións.

A proposta de trazado ela-borada por Fomento contem-pla catro enlaces: Arzúa Oeste,que conectará coa N-547; Ar-zúa Sur, que habilitará unhaconexión coa estrada autonó-mica que vai a Vila de Cruces;Santiso, que enlazará coa víaque vai a Visantoña; e MelideSur, que unirá a vía de altacapacidade coa AC-840 (be-tanzos - Agolada) a uns dousquilómetros do casco urbano.

Ademais, o proxecto prevéa construción de 28 estrutu-ras: 8 viadutos (sobre o regatoLadrón, río brandeso, río Iso,rego Fontesagrada, rego Ca-

As obras xa están moi avanzadas nos tramos entre Palas e Lugo

Fomento fai público o trazado queterá a autovía ao seu paso por Melide

bazás, río boente, rego Val-verde e río Catasol), 11 pasossuperiores, 7 pasos inferiorese 2 pasos para fauna.

A Autovía A-54 entre San-tiago e Lugo conta na actua-lidade con cinco tramos en exe-cución, algún dos cales poderíaser inaugurado este mesmoano. O que comunicará Arzúacon Melide é un dos que acu-mula maior atraso, pois a mo-

bilización social forzou quese modificase o trazado inicialpara achegar a autovía a Me-lide. Queda aínda pendente undos tramos máis complexos,o que unirá esta vila con Palasde Rei atravesando a Serra doCareón, un espazo natural pro-texido. A última noticia sobreeste tramo é de decembro de2012, cando foi encargada aredacción do proxecto.

O Concello de Melide acaba deiniciar os trámites para adxu-dicar as obras de arranxo departe da Rúa San Antón. Oproxecto para o tramo que sevai amañar, o comprendidoentre o albergue público e aparte traseira do Concello,xa está redactado. Unha vezque se execute deixará a rúacun aspecto substancialmentedistinto ao actual.

A principal novidade é quea vía cambiará o actual pavi-mento de formigón impresopolo granito azul. Nas marxesdas edificacións, e a xeito debeirarrúa, colocaranse lousas.No centro levará adoquíns. Asuperficie total de actuaciónserá de 750 metros cadrados.

Por outra banda, desapa-recerá todo o cableado de sub-ministro eléctrico e servizosde telecomunicacións que foigrampado ás fachadas dascasas. O proxecto contempla oseu soterramento, unha me-dida que segundo o goberno

As fochancas da rúa son cada vez máis grandes e numerosas

San Antón terá lousado de granito efachadas libres de tendido eléctrico

local contribuirá “a poñer envalor a calidade ambiental dotrazado urbano e a arquitec-tura tradicional desta rúa”. Encanto ao saneamento, acome-terase a separación de augasfecais e pluviais. O importe dalicitación é de 126.329 euros.

O estado da rúa San Antónsegue deteriorándose día trasdía. O goberno local achaca

esta situación “aos múltiplesenganches realizados sencumprir a normativa, ao trá-fico rodado pesado e ás cons-trucións realizadas endiferentes edificios”. A pesarde recoñecer que a vía “levaanos nun pésimo estado”,foi a forte presión veciñal aque o levou a tomar cartas noasunto.

O bNG de Melide insta ao goberno local a dedicar máis recursoseconómicos para o mantemento das instalacións municipais.A petición prodúcese despois de que o pasado 25 de febreiro unfoco do Pazo de Congresos caese subitamente ao chan. O sucesoproduciuse sobre as 22:30 horas, cando xa había pouca xentedentro do recinto. Non obstante, os nacionalistas alertan deque “se isto chega a suceder pola tarde cando hai numerososnenos e nenas xogando no parque infantil, podería ter ocorridocalquera desgraza”. Denuncian que “os recortes conlevan perigopara as persoas” e repróchanlle ao executivo municipal o estado“lamentable” de moitas infraestruturas, algo que tamén achacan“á pésima xestión da área de obras”.

Demandan un maior coidadodas instalacións municipais

Unha lámpada caeu subitamente do teito do Pazo de Congresos

O Concello de Melide está á espera de que a Consellería de Eco-nomía e Industria lle conceda unha subvención para cambiar porcompleto a cuberta da rúa Alhóndiga. A estrutura, feita de meta-crilato, ten aínda os buratos que provocou unha forte sarabiadahai máis dunha década e que levou a declarar a comarca zonacatastrófica. “Era unha obra que tiñamos en mente dende haitempo, pero o primeiro que tocou foi salvar as arcas municipais”, explicou a alcaldesa, Ánxeles Vázquez, “agora que están salva-das podemos facer outro tipo de obras e esta vai ser inminente”.

O Concello tamén lle solicitou á Consellería de Presidenciaa cesión dun vehículo todoterreo para a brigada antiincendios.

Solicitan unha axuda paraamañar o teito da Alhóndiga

A cuberta está chea de furados provocados por unha sarabiada

Jose MoradoUrbanity.cc

10 Melide Cerne 110. Marzo 2015

“Tiña que ser grande coma unbecerro para facer o que fixo”.Álvaro Ramos, veciño de Me-lide, aínda no se explica moiben como o lobo foi capaz deentrar na corte e acabar conboa parte do seu rabaño.

Sucedeu no lugar do Ra-ñado (parroquia de SantaMaría) amañecendo ao do-mingo 8 de marzo. “Candolles fomos abrir pola mañávimos o panorama”, explicaRosa Seoane, a sogra de Ál-varo. O resultado: 16 animaismortos (13 ovellas e 3 años).“A unha comeulle un poucoas costelas pero despois o quefixo foi matar, matar e nadamáis... atacoulles a todas aopescozo e á cabeza”, o que éun claro indicio de que foi olobo o que acabou cos animaise non un can salvaxe ou outraalimaña, segundo confirma-ron posteriormente os técni-cos da Consellería de Medio

Rosa Seoane a carón da súa casa, no Rañado, contempla as ovellas que lle matou o lobo

O lobo entra nunhacorte do Rañado e mata13 ovellas máis 3 años

Ambiente que se desprazaronata o lugar para dar parte dosucedido.

O propietario do rabañocalcula que as perdas ocasio-nadas polo ataque do lobo sepoden achegar aos 3.000 eu-ros: “eran ovellas de boa clase,moitas estaban preñadas e ou-tras acababan de parir”, ase-gura. Só quedaron oito convida. Mellor sorte correron osaños; salváronse vinte, dosque seis están malferidos.“Años poucos matou porquehai un buratiño pequeno parapasar para outro cortello emetéronse nel”, di Rosa, “alí olobo non daba entrado”.

A familia ten ovellas“dende hai moitos anos” e estafoi a primeira vez que lles su-cedeu algo semellante. “Foimellor que as roubaran ca veresta matanza”, laméntanse.A corte na que gardan os ani-mais dá a un monte de casti-

ñeiros pola parte traseira,pero atópase a escasos 50metros das casas e ao pé daestrada N-547 que comunicaSantiago e Lugo, algo que paraRosa Seoane non é garantíaningunha de seguridade: “xanos roubaron un camión Nis-san precioso no mesmo sitio enon nos decatamos de nada”.

Tampouco nesta ocasiónpensaron que o lobo andaba

O alumnado do IES de Melidesaíu á rúa por segunda vez enmenos de medio ano para esi-xir “unha educación pública ede calidade”.

Se no mes de outubro assúas protestas tiñan por ob-xecto esixir a retirada da novalei de educación, coñecidacomo Lei Wert, desta voltao branco das críticas foi o De-creto 3+2 aprobado polo go-berno central, que lle permiteás universidades reducir as ca-rreiras de catro a tres anos eincrementar a duración dosmásteres de un ano a dous. ”Amatrícula da carreira podechegar aos 900 euros e o anode máster sobe dos 1.200”,explica Alberto Mejuto, repre-sentante do alumnado noconsello escolar do IES, “istoé a mostra de que o PP aplicapolíticas que favorecen a unhaminoría; a clase rica”.

As protestas realizáronseno marco da folga convocadapolo Sindicato de Estudiantes

Cabeceira da protesta ao seu paso polo parque Rosalía de Castro

A folga contra o Decreto 3+2 deixabaleiras as aulas do IES de Melide

en toda España para os días 25e 26 de febreiro. No IES deMelide o seguimento foi do90% o primeiro día e do 98%o segundo, de acordo cos datosofrecidos pola dirección docentro. Non obstante, foronmoitos menos, apenas unhavintena, os que se botaron árúa para defender as súas rei-vindicacións tras unha pan-

carta na que se podía ler “er-guémonos polo ensino públicogalego”. A Garda Civil impediuque a marcha se realizase afec-tando ao tráfico rodado, poloque se desenvolveu, sen inci-dentes, polas beirarrúas davila e con parada diante doConcello. Os manifestantes ta-mén reclamaron unha maiorpresenza do galego no ensino.

A Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo cederalle aoConcello de Melide o uso das vivendas que ten en propiedadena Praza das Coles por un período de tempo de 25 anos. Foi oacordo ao que chegaron o xerente da entidade, Rafael Sánchezbargiela, e a alcaldesa, Ánxeles Vázquez, tralo encontro quemantiveron na vila a finais do mes de febreiro.

A rexedora melidá adquiriu o compromiso de destinar o edi-ficio a actividades relacionadas cos peregrinos. Parte do espazopodería destinarse para a acollida de camiñantes e o restantequedaría para exposicións relacionadas coa ruta xacobea. Cabeincluso a posibilidade de que se instale un museo.

Cédenlle ao Concello por 25anos o uso das casas das Coles

O Xacobeo reforzou a estrutura das vivendas no ano 2012

coas ovellas a pesar de que oscans da casa deron aviso:“miña filla estivo planchandoesa noite ata as tres da mañá esentiunos ladrar. Matábansetodos, pero non lle deu impor-tancia porque cando ven ungato fan igual”, relata, “foiunha pena que non ceibara-mos unha cadela pequena quetemos, que é pequena peromalísima”.

Agora os cans converte-ranse na principal proteccióndas ovellas ante o temor deque o lobo intente atacar denovo: “o mastín que tiñadiante da casa xa o levei paraa beira da corte e vai durmiralí”, relata Álvaro, que xa sepuxo tamén mans á obra parareforzar o peche perimetraldo establo, construído conmadeira e uralita.

Melide 11Cerne 110. Marzo 2015

José Antonio Prado García foielixido polos militantes daagrupación socialista de Melidepara encabezar a lista coa queo PSOE local concorrerá áseleccións municipais do 24 demaio.

O actual secretario xeral daagrupación colle así o relevo deManolo Prado, que abandona apolítica activa tras 12 anos for-mando parte da corporaciónmelidense, catro deles comotenente alcalde do bipartitobNG-PSOE que gobernou Me-lide entre 2007 e 2011.

O novo candidato dos so-cialistas á alcaldía asegura asu-mir “con ilusión” a tarefa “depresentar xunto cos meus com-pañeiros e compañeiras unhaopción de progreso e de futuropara Melide, convertendo oConcello nun factor fundamen-tal de apoio e catalización dacapacidade de emprendementodos melidenses”.

No intento por acceder aogoberno local, Prado estaráacompañado por un rostro co-

José Antonio Prado, candidato do PSOE á alcaldía de Melide

José Antonio prado será o candidatodo pSdG-pSOE á alcaldía de Melide

ñecido do socialismo meli-dense; a avogada María JesúsIglesias, que xa foi concelleirana lexislatura 2003-2007 eque ocupará o posto número 2da candidatura.

José Antonio Prado, funcio-nario da Administración Xeraldo Estado, é graduado en cien-cias criminolóxicas e da segu-ridade pública pola Univer-sidade de Santiago de Compos-

tela. Actualmente é secretarioxeral da agrupación socialistalocal, da que tamén foi nunhaetapa anterior secretario deorganización. Entre 2007 e2009 desempeñou o posto desecretario xeral comarcal nosconcellos do interior da provin-cia e dende abril de 2009 amarzo de 2012 formou parteda Comisión Executiva Galegado PSdeG-PSOE.

“É raro que se organice algo e que non haxa demanda”. A conce-lleira de servizos sociais, Chus López Mourón, amósase máis quesatisfeita coa aceptación que están a ter as actividades programa-das polo seu departamento para o primeiro semestre do ano.Entre elas destaca unha, a informática, “a máis demandada” e aque tivo que agardar a que remataran os obradoiros de empregode xardinería e atención sociosanitaria para comezar. Voaronas 30 prazas dispoñibles para este curso gratuíto que durará atao mes de maio con ensinanzas separadas de iniciación e perfec-cionamento. Á informática acompáñana dúas actividades novas:cociña light e cociña sen glute. Continúan ademais os bailes desalón e as manualidades centradas na reciclaxe.

Os cursos de informática copan o interese veciñal

O alumnado atende ás explicacións o primeiro día de clase

O día 13 de marzo recalarán en Melide as acti-vidades da campaña iniciada pola Deputaciónen prol da igualdade de xénero e contra aviolencia machista. Será no pavillón do IESentre as 9:45 e as 14:15 horas. baixo o lema“No amor non todo vale”, os nenos e nenas,pero tamén a mocidade, poderán participardalgunhas das actividades lúdico-educativasque forman parte deste programa: photocalls,monólogos, actuacións musicais, sesións dezumba, obradoiros de marionetas ou clases dedefensa persoal. Todas elas van enfocadas afomentar a igualdade de sexos. A campañarealizarase en nove concellos galegos.

Igualdade de xéneroO bNG considera “un suicidio” o uso que llequere dar o goberno local ás masas comúnsda primeira parcelaria que se completou noConcello, a de Maceda-Orois. Aos naciona-listas non lles convencen algunhas das ideasque saíron á luz, como un campo da festa,aparcadoiros para maquinaria pesada, áreasrecreativas ou puntos limpos. O candidato dobNG á alcaldía, Xosé Igrexas, asegura que“o ideal era destinalas ao banco de Terras” ouque o Concello crease o seu propio programade aluguer de terras “para que cumpran a súafunción e non botarlles chapapote ou cemento,que non contribúe a crear riqueza”.

Masas da parcelaria

O executivo municipal aprobou en xunta degoberno contratar servizos de asesoría xurídicae asistencia letrada para os anos 2015 e 2016por un custo total de 80.000 euros. Faise ecodisto o PSOE, que non ve con bos ollos a xes-tión económica da alcaldesa: “O PP de Melidenon atende a gastos urxentes para a cidadaníapero contrata un servizo xurídico a tres mesesdunhas eleccións”, critica José Antonio Prado,candidato dos socialista á alcaldía. Ao seu xuízo“hai servizos realmente precarios que requiri-rían actuacións, como a dotación da PolicíaLocal, vertidos fecais, pistas intransitables oumala cobertura de emerxencias sociais”.

Asesores xurídicosO Concello de Melide vén de solicitarlle áConsellería de Traballo un novo obradoiro deemprego co obxectivo de dixitalizar o arquivohistórico da administración local a través daformación de xóvenes en novas tecnoloxías,documentación e arquivo. baixo a denomi-nación “Melide dixital”, terá unha duración deseis meses e contará con 20 prazas. Os mozose mozas interesados en participar teñen queestar inscritos na plataforma virtual “Ficheirodo sistema Nacional de Garantía Xuvenil”,unha aplicación do Ministerio de Emprego.Para máis información, poden poñerse encontacto coa orientadora laboral do concello.

Emprego e tecnoloxía

De volta e media

FOTO-DEnUnCIA

Que pasaría se os participantes da campaña de Asetem “Unhavoltiña por Melide” tivesen tempo para dar unha volta enteira esaísen dos circuítos tradicionais de paseo e turismo? Pois que ato-parían unha vila pouco bonita onde os espazos urbanos sen cons-truír son utilizados polos seus veciños como vertedoiros nos quetirar cascallos, pneumáticos, botellas, plásticos e incluso obxectossospeitosos. Coidemos o noso entorno. Non vaia ser que quen nosvisite, despois de dar unha voltiña, nos poña de volta e media...

12 Comarca Cerne 110. Marzo 2015

UN NOVO ESCENARIO PARA OS GANDEIROS

A supresión da cota láctea abre un período deincerteza para centos de gandeiros da comarca O próximo 1 de abril desapare-cerán definitivamente as cotaslácteas. A partir dese día, as10.000 explotacións que pro-ducen leite en Galicia poderánfacelo sen ningún tipo de limi-tación. A medida, aprobada en2008 como parte da reformada Política Agraria Común, su-pón na práctica a total libe-ralización do mercado lácteoeuropeo e a entrada en vigordunhas novas regras de xogo.

Logo de 30 anos baixo ocontrol de bruxelas, ábresepara os gandeiros un novoescenario cargado de interro-gantes, sobre todo no que serefire á evolución que terán osprezos da materia prima enorixe. A incerteza é máxima enGalicia, de onde sae o 40% dos6,5 millóns de toneladas deleite que se producen ao anoen España. Tamén na comarcada Terra de Melide, na que osector gandeiro dá de comera centos de familias.

Dende a Cooperativa Meli-santo, que produce cada mes

Os propietarios de pequenas explotacións temen unha nova baixada nos prezos do leite en orixe

O SECTOR OPINA

2,5 millóns de litros de leiteprocedentes de 150 granxasdos concellos de Melide, To-ques e Santiso, afrontan ofuturo con optimismo aínda

que ven necesario realizar uncambio de mentalidade: “denada vale lamentarse; se nonte adaptas aos cambios, fraca-sas”, sinala o xerente da enti-

dade, José López, quen creque a partir de agora a proble-mática non vai estar tanto nosprezos senón en “asegurar avenda da nosa produción”.

Un enfoque diferenteLópez destaca a transforma-ción “espectacular” que expe-rimentaron as explotaciónsleiteiras nos últimos 20 anose non ten dúbida de que, nacomarca, “a maioría van sercompetitivas en canto a custosde produción”.

Nesa liña, considera que asubsistencia no mercado libreserá unha cuestión “de eficien-cia á hora de producir, non devolume”. Con todo, cre nece-sario facer un esforzo no te-rreo da comercialización eapostar por produtos de valorengadido como os iogures, oqueixo ou a manteiga: “os gan-deiros investiron moito nasgranxas e nada na comerciali-zación. Aí é onde temos quefacer un esforzo grande”,explica, “dende Melisanto xatraballamos con este supostodende hai tempo e por isomercamos a planta de Clesa, áque estamos enviando arredorde 700.000 litros de leite aomes para produtos de valor

Para Xabier Gómez Santiso, coordi-nador dos sectores gandeiros doSindicato Labrego Galego (SLG), aeliminación do sistema de cotas“vai ter moitas consecuencias e caseningunha boa”. Asegura que a des-regulación do mercado será “devas-tadora para o último eslabón dacadea, os produtores” e critica “quese deixe en mans da industria” asexplotacións que van ter futuro eas que non: “a partir do 1 de abrilpoden dicirche que non che recolleno leite simplemente porque prefirencomprarllo a outro que está máiscerca ca ti ou que ten o camiño me-llor asfaltado”, explica.

Ao seu xuízo, a partir de agora

Vaise aplicar a lei

do máis forte e sairán

beneficiados os grandes

poderes económicos

Estamos á altura dos

mellores para competir

e temos marxe para

a expansión

aplicarase “a lei do máis forte” e sai-rán beneficiados os grandes podereseconómicos: “ímoslle impoñer 10.000produtores os prezos a 6 ou 7 distri-buidores? A resposta é non”, di concontundencia. Máis graficamente, ex-plica a súa postura do seguinte xeito:“se xogo un partido de fútbol sen re-gras e peso 50 quilos máis ca ti, aos 15minutos xa estás sen as dúas pernas”.

Por outra banda, e ao fío das san-cións impostas á industria láctea porpactar prezos, Gómez Santiso denun-cia que hai “unha clara irresponsabi-lidade e un mirar para outro lado” porparte da Xunta: “iso é un lavado decara; o que deberían é tomar medidaspara que non siga pasando o mesmo”.

O secretario xeral de Xóvenes Agri-cultores (Asaja Galicia), Franciscobello, celebra a chegada do novoescenario, pois considera que ascotas foron “tremendamente nefas-tas” para os gandeiros galegos:“a cantidade asignada a Galicia en1986 foi inxusta e insuficiente;houbo que facer unha forte recon-versión e miles de produtores que-daron no camiño”.

Cualifica como “un alivio” a su-presión das cotas pero recoñece quese abre un período “de incerteza”e sinala que a partir de agora o im-portante será ter asegurada a vendado produto: “todos teremos quesufrir durante un tempo ata que isto

se aclare”. Non obstante, amósaseoptimista de cara ao futuro: “Hoxeestamos á altura dos mellores paracompetir”, di, “os 10.000 gandeirosque quedan son profesionais e setivesen algo máis de terra estaríanentre os máis competitivos; non lletemos medo a ninguén”.

bello está convencido de que ofuturo pasa pola exportación e, nesaliña, recorda que aínda a día de hoxea produción de leite en España sócobre o 70% do mercado nacional:“temos moita marxe de expansión etodo dependerá da evolución dosmercados mundiais e da saída queteña o leite europeo, especialmentecara a China”.

Comarca 13Cerne 110. Marzo 2015

UN NOVO ESCENARIO PARA OS GANDEIROS

O SECTOR OPINA

engadido”. Nesa estratexia coincide o

sindicato Unións Agrarias,quen se lamenta das eivas queten o sector no plano indus-trial: “en leite líquido enva-sado estamos cubertos pero enqueixo e leite en po non temoscapacidade para producir”,explica Javier Iglesias, coordi-nador do sector do leite, “oque pase dependerá en boamedida das estratexias empre-sariais que adopten a industriae as cooperativas”.

As posturas sobre dos prin-cipais sindicatos gandeiros deGalicia sobre a supresión dascotas son diverxentes. Se parao Sindicato Labrego Galego(SLG) a desregulación do mer-cado será “devastadora” paraos produtores e deixará asexplotacións “en mans da in-dustria”, para Jóvenes Agri-cultores brindará a oportu-nidade de incrementar a pro-dución e abrir novos mercadosaos que poder exportar.

Na Xunta de Galicia ven“todo vantaxes” na supresióndas cotas e falan dun “mundode oportunidades” trala libera-lización tendo en conta que ataagora a produción nacional deleite só representaba o 70% dototal consumido en España.

O futuro dependerá das

estratexias empresariais

que adopten a industria

e as cooperativas

Un mundo de

oportunidades tanto

no plano produtor como

no transformador

Dende Unións Agrarias (UUAA),Javier Iglesias, coordinador do sec-tor do leite, explica que “con todosos seus déficits, as cotas axudaron amanter prezos razoables durantemoito tempo”. Cre que agora “aincerteza vai ser moi importanteno sector” pero ao mesmo tempo dique “dentro dese problema taménse abren grandes oportunidades xaque en España un terzo do que con-sumimos temos que mercalo fóraporque non o damos producido”.

Para Iglesias o principal pro-blema para Galicia radica en queo sector industrial é moi feble eten moi pouca capacidade de pro-dución: “o sector produtor evolu-

cionou de forma espectacular nosúltimos 20 anos pero non sucedeu omesmo co sector industrial. Aí temosun déficit importante”, asegura,“en leite liquido envasado estamoscubertos pero en queixo e leite enpo non tempos capacidade paraproducir”. É por iso que cre que oque pase no futuro dependerá enboa medida “das estratexias empre-sariais que adopten a industria e ascooperativas”.

En relación á evolución dos pre-zos, UUAA opina que “a maior des-regulación, maior volatilidade”.Iglesias vaticina que “haberá picosde bonanza e, con toda seguridade,picos moi complicados”.

Para a administración autonómica asupresión das cotas é unha boa no-ticia “que debe ser contempladacomo unha oportunidade tanto noplano produtor como no transfor-mador”. Así o manifestou recente-mente a Conselleira do Medio Rurale do Mar, Rosa Quintana, durante asúa visita á Feira de Maquinaria,Agricultura e Gandería de Silleda,onde insistiu en que ve “todo vanta-xes” na liberalización do mercado.

Quintana asegura que os gandei-ros galegos están “moi preparados”para competir no mercado global aconfía en que “a busca dun valor en-gadido nos derivados lácteos incre-mentará a demanda dunha materia

prima de incuestionable calidade”.Por outra banda, a conselleira desta-cou que a demanda interna do mer-cado español superaba ata agora áprodución e que era preciso importardoutros países. Referiuse ademais aoincremento da demanda de leite enAmérica e Asia e, nesa liña, reiterouque se aveciñan posibilidades positi-vas: “eu só vexo un mundo de opor-tunidades”, dixo.

Quintana salientou o incrementodun 5% nas exportacións durante oúltimo ano e fixo tamén referencia ánecesidade de “dar o salto á interna-cionalización” mediante “accións dasadministracións e avances tecnoló-xicos aplicados ás explotacións”.

“Quitamos créditos para mercar cota eagora que a pagamos e pensamos que tiñamos un patrimonio, desaparece”

JOSÉ VÁZQUEZ, GANDEIRO DE MELIDE

“Isto é coma un desafiuzamento: pagaches case todo o piso e despois resulta

que cho quitan e quedaches sen ese diñeiro; fixeches un investimento que agora

non vale para nada”. Así ve José Vázquez, gandeiro de 49 anos da parroquia me-

lidense do Meire, a supresión das cotas do leite. Aínda recorda os tempos nos

que servían de aval nos bancos e aseguraban unha xubilación máis desafogada.

Todo iso cambiará a partir do 1 de abril. José sabe que a fin das cotas traerá

tamén cambios para a explotación na que traballa xunto coa súa muller e na

que moxen 22 vacas para producir arredor de 400 litros de leite ao día. “O que

vai pasar non sei, pero aos pequenos produtores vainos afectar moito”, augura,

“en xaneiro cobrei o leite a 47 pesetas cando hai 30 anos xa o teñen cobrado

meus sogros a 50. E con estes prezos agora que veña o mercado libre e que

se poña máis barato, a ver que facemos... xa é sabido que a abundancia fai

a barateza e a industria diranos que se non queremos dalo ao prezo que eles

poñen, teñen dabondo noutro sitio”.

José, que comparte historia con tantos e tantos gandeiros galegos que pelexan

por manter con vida as súas explotacións, teme que a desaparición das cotas sexa

a sentenza de morte para os pequenos produtores : “hai que loitar, pero non che

dan ánimo, todo son dificultades. Que chegue o final de mes e que vexas 100 euros

libres despois de traballar 12 horas cada día... a onde vamos? Nós imos trampe-

ando porque temos vacas de carne, pero a día de hoxe o leite non dá para cubrir

custos”. E con este panorama, reflexiona e pregunta: “como a xente nova vai que-

dar nisto se non ve saída? Unha explotación non se monta con catro pesos; hai

que facer un investimento e despois… como a amortizas tal e como está a cousa?”

14 Comarca Cerne 110. Marzo 2015

OS CONCELLOS DEDICARÁN A OBRAS O 78% DAS ASIGNACIÓNS DO POS 2015

A delegada da Xunta visitou as obras realizadas en Toques

Os catro concellos da Terra de Melide recibirán en breve oimporte que lle corresponde a cada un polo Plan de Obrase Servizos (POS) da Deputación da Coruña, que foi apro-bado a finais do mes de febreiro cunha dotación de 24,2millóns de euros. Son os propios municipios os que decidena que dedicarán os cartos, xa sexa a obras, a gasto correnteou a amortización de débeda. Para estes últimos doussupostos só se pode destinar como máximo o 40% do totalrecibido. Segundo informa a Deputación, nos concellos dacomarca o 78% do importe do plan destinarase á realizaciónde traballos. Dos 93 municipios da provincia, 26 empre-garán todo para obras. Entre eles está o de Santiso.

Xornadas de formación sobre diversidade

O IES de Melide organizou e acolleu porcuarto ano consecutivo as Xornadas deFormación sobre Atención á Diversidade.A iniciativa ten por obxectivo achegarlle ácomunidade educativa, e de xeito especialao persoal docente, ferramentas e solu-cións para situacións que xorden a diarionas aulas, onde convive alumnado condiferentes capacidades e necesidades.

As xornadas son por tanto un foro dedebate e intercambio de experiencias noque ao longo de tres días do presente mesde marzo se abordaron todas as etapaseducativas e no que participan os centrosde ensino primario e secundario da co-marca. Este ano algunhas das cuestiónstratadas foron os materiais web, o aspectoemocional no proceso de aprendizaxe ouas innovacións metodolóxicas para aten-

der a diversidade. Como novidade, falouse do poderintegrador do teatro. E foi precisamente unha obrarepresentada pola compañía Metátese, de Palasde Rei, a que puxo fin ás xornadas.

X Campionato de pesca da Terra de Melide

A Asociación de troiteiros RíoFurelos abre o prazo de inscriciónpara o X Campionato de Pescada Terra de Melide. As persoasinteresadas en participar podenanotarse ata o día 6 de abril ás14:00 horas. A inscrición, conxantar incluído en casa Chiquitín,ten un prezo de 20 euros. Osorteo realizarase o día 8 de abrilás 20:30 horas no bar Cire e ocampionato será o día 22. Paramáis información, pode contac-tarse co número de teléfono 696607 348 ou escribir á seguintedirección de correo electrónico: [email protected]

O campionato realizarasecumprindo a normativa de pesca

Tenis: torneo de dobres masculino en Toques

Martín Conde e Iván Rouco proclamáronsecampións en categoría dobres masculina doTorneo de Tenis de Toques que se disputouos pasados días 21 e 22 de febreiro no pavi-llón polideportivo de Souto. Os campiónsimpuxéronse na final por 3-6 e 5-7 á parellaformada por Javi Penas e Christian brañas.O camiño cara á vitoria non foi doado, poisnin os campións nin os subcampións foronprimeiros dos seus grupos nas fases preli-minares, o que dá conta da grande igual-dade que houbo no torneo.

Dende a organización destacan eagradecen “o interese e alto índice de im-plicación” das 22 parellas participantes,que mesmo axudaron recollendo e propor-cionando bólas mentres non xogaban. Fe-licitan tamén “a todos os tenistas amateurspolo gran nivel amosado, facendo que otorneo fose entretido e espectacular”.

Proximamente será a quenda das mulleres, queteñen ata o 13 de marzo para anotarse no torneode dobres. Celebrarase o 21 de marzo. Tamén osmáis cativos teñen a posibilidade de inscribirse nuncampionato específico para eles.

da Xunta de Galicia e na modalidade de pesca artificial,con cota de captura 10 pezas e 19 centímetros de medida.

SAnTISO

Obras........................ 192.632 € (100%)Gasto corrente.................... 0 € (0%)

SOBRADO

Obras........................ 135.269 € (60%)Gasto corrente.............90.177 € (40%)

TOQUES

Obras........................ 150.000 € (88%)Gasto corrente........... . 21.230 € (12%)

MELIDE

Obras......................... 220.00 € (66%)Gasto corrente....... ....113.956 € (34%)

As obras que teñen previsto acometer cada un dos concellosson as que seguen a continuación:

- Santiso: camiño Saá-Pezobre e outros, pontón sobreo regato de Puñín en balocás, camiño San Román-Vilardo Monte.- Sobrado: aglomerado de camiños en Folgoso, Grixalbae A Ciadella; asfaltado de camiños en Grixalba, Portae Cumbraos.- Toques: acceso en Souto cara a Mangoeiro, acondicio-namento de espazo público en Vilouriz, camiño de Pazos(Oleiros), camiño Cruce do Couso a Vilouriz, camiño deVilouriz-Arnade, camiño de Trapa (San Xulián), camiñoSan Cidre-buxán. - Melide: pavimentación en Folladela, pavimentaciónda Rúa Martagona.

Publicidade 15Cerne 110. Marzo 2015

- Fotos antigas do Catastro de Melide- Concentración parcelaria- Legalización de pozos, traídas de

auga, etc...

JAVIER LÓPEZ LÓPEZENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049

- Partición de herdanzas (partixas)- Informes periciais e valoracións- Proxectos agrícolas

Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected]úa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña)

peritosmelide.blogspot.com.es

- Medición de terreos- Catastro- Segregacións e agrupacións- Imposto de sucesións

CAFETERÍA - PIZZERÍA

Telf. 981 50 79 06

Avda de Lugo, 25MELIDE (A Coruña)

16 Publicidade Cerne 110. Marzo 2015

Abrimos los sábados por la mañana

Multiópticas TáboraRonda da Coruña, 20 Bajo15800 Melide - A CoruñaTlfn.: 981 50 51 99

Multiópticas yMicroaudio

Cultura e lecer 17Cerne 110. Marzo 2015

ERUOM

Polígono Industrial do Tambre

Vía Galileo,9

1589O SANTIAGO DE COMPOSTELA

www.eruom.com

D.O. Ca. Rioja

AllendeMugaObaloArneguiAzpilicuetaRioja BordónRamón BilbaoMarqués de TeránMarqués de Riscal

D.O. Ribera del DueroTarsus PradoReyCruz de AlbaCondado de OrizaDominio de AtautaPago de los Capellanes

D.O. RuedaNaiaMonteblanco

D.O. RibeiroViña Costeira

Tel. 981 519 999

Fax. 981 519 191

[email protected]

XAN GARCÍA MONTERO, comercialMóbil:678 543 240

D.O. Vinos de Madrid

Tagonius

D.O. SomontanoPirineos

D.O. BierzoDominio de Tares

Vinos del mundoArgentina, Australia,Chile

D.O. NavarraCastillo de JavierPalacio de la Vega

D.O. BierzoDominio de Tares

D.O. ToroFariña

V.T. Castilla y LeónDominio DosTaresViñas del Cénit

V.T. Castilla

Mano a Mano & VentaLa OssaPago del Vicario

D.O. Rías Baixas

NoraLuscoVeigadaresTerra D´OuroViña SobreiraMar de FradesSeñorío de Sobral

D.O. ValdeorrasGalgueira

D.O. Ribeira SacraPincelo & 1985

ChampagnePerrier Jouët

Aceite ArteOlivaAgua Solán de Cabras

viños

Rebeca, Lidia, Alba e belén, actrices do grupo de teatro do IES de Melide, foron as encargadas de presentar o I Festival de Teatro Escolar

Turismo Melide

Douscentos actores de 5 concellos actuarán noFestival de teatro do IES

A semente do teatro prendeuhai moito tempo no IES deMelide. Tras décadas de in-terpretación baixo o teito dasaulas e varias xeracións deactores, agroma agora enforma dun novo proxecto quepretende ser exemplo de in-tegración e participación in-terxeneracional.

Trátase do I Festival deTeatro Escolar de Melide que,baixo a organización do IESda vila, traerá o próximo sá-bado 14 de marzo ao escenarioda Casa da Cultura a 203actores e actrices con idadescomprendidas entre os 3 e os65 anos. A idea é “que seimplique toda a comunidadeeducativa” e tamén facer valer“a capacidade de ensamblaxe,interacción e integración ab-soluta” que ten o teatro. Explí-cao Alfonso García, impulsordo festival e director de TeiroaTeatro, a aula de interpre-

tación do IES.Con ese obxectivo, o fes-

tival dará tamén cabida apersoas con capacidadesreducidas e unirá sobre astáboas, para representar con-xuntamente dúas obras, aactores e actrices de cinco lo-calidades diferentes: Melide,Palas de Rei, Touro, A Estradae Laxe.

Teatro a ceo abertoSerá toda unha tarde dedicadaá arte escénica. A programa-ción comezará ás 16:00 coaobra Brincos de fantasía, acargo das escolas municipaisde teatro de Palas de Rei eLaxe máis da aula de teatro doC.P.I. de Touro.

Ao remate, o espazo escé-nico mudará por completo e aaldea de Furelos converterasenun escenario ao aire libreque acollerá unha ruta teatrale musical con saída ás 18:00

de diante da igrexa. “Quere-mos afondar no teatro antro-polóxico e facer algo vistoso edinámico que permita inter-cambiar experiencias”, detallaAlfonso García. Como pechede xornada, as aulas deteatro dos IES de Melide e

da Estrada interpretarán Go-rentosadas, obra que xa foipresentada no Teatro Princi-pal de Ourense e que visitarátamén cidades como Alcaláde Henares, Sagunto, Cuencaou Valencia.

Na organización do I Fes-

tival de Teatro Escolar taméncolaboran o Concello de Me-lide, a Deputación da Coruña,a Asociación Cultural e Musi-cal Herba Grileira, a Aso-ciación Galega do Xogo Popu-lar e Tradicional e MetáteseTeatro.

Alfonso García, impulsor do festival, coa alcaldesa de Melide e alumnas do IES

* 16:00 - BRINCOS DE FANTASÍA

Aula de Teatro do C.p.I. de TouroEscola Municipal de Teatro de LaxeObradoiro Municipal de Teatro de palas de Rei

* 18:00 - Ruta teatral e musical pola aldea de Furelos(saída dende a igrexa)

* 20:00 - GORENTOSADASAula de Teatro do I.E.S da Estrada, “Avelaíñas Teatro”Aula de Teatro do I.E.S. de Melide, “Teiroa Teatro”

COMEZA A FUNCIÓN!Cada da Cultura de Melide. Sábado, 14

18 Cultura e lecer Cerne 110. Marzo 2015

A Asociación Deportiva Cerneestá a traballar na organiza-ción do II Open de Pádel noCamiño, que se celebrará noPazo de Congresos de Melideentre os días 28 de marzo e 4de abril.

No campionato poderánparticipar ata un máximo de46 parellas distribuídas en trescategorías: masculina (26),feminina (8) e júnior (12).Nesta última os equipos, for-mados por persoas entre 10 e15 anos, poderán ser mixtos.A inscrición custa 20 eurospor parella (10 na categoríajúnior) e poderá realizarse ata

Aberto o prazo de inscricióndo Open de pádel no Camiño

Del Río e Viqueira, campións do Open celebrado en 2014

Son “un espello para as xera-cións máis novas” e contribúencos seus éxitos “ao desenvol-vemento do país”. Por razónscoma esta a Xunta de Galicia, emáis concretamente a Secreta-ría Xeral para o Deporte, quixoter un recoñecemento especialcos 105 deportistas da provin-cia da Coruña que se proclama-ron campións de España en2013 e 2014 nas categoríasabsoluta ou previa á absoluta.

Na homenaxe, que se cele-brou o pasado 27 de febreirono Centro Cívico dos Mallos,na Coruña, estiveron taménpresentes seis deportistas me-lidenses que conseguiron che-gar ao máis alto do podio nassúas respectivas categorías:Jesús Ferreiro e Javier Anido(automobilismo), bruno Agra(loita olímpica), Xandre Freire(loita grecorromana), brunoMartínez (loita sambo) e CoraAyude (kick boxing) que, coaprata conseguida tamén enloita olímpica, convértese naúnica deportista de Galicia encategoría absoluta que logroumedalla nacional en dous de-portes diferentes.

Nos últimos dous anos pro-clamáronse campións de Es-paña 270 deportistas galegos.

A Xunta recoñece o mérito de seismelidenses campións de España

Os galardoados de Escuela Ayude trala entrega de diplomas

Javier Anido e Jesús Ferreiro con representantes da Xunta

o 24 de marzo a través do blogwww.opencamino.blogspot.comonde se poderá descargar oformulario de inscrición, queposteriormente haberá queenviar debidamente cumpri-mentado á dirección de [email protected].

Os partidos disputaranse aomellor de tres sets. O día 3 deabril xogaranse os oitavos e oscuartos de final. O día 4, a par-tir das 10 da mañá, disputa-ranse as semifinais e as finaisde todas as categorías. Haberápremios para os campións e ossubcampións e agasallos paratodos os participantes.

Gala benéfica do Combo Dominicano

A orquestra Como Domini-cano ofrecerá un concerto so-lidario no Pazo de Congresosde Melide o próximo 21 demaio co obxectivo de recadaralimentos para as persoasmáis necesitadas. A iniciativa,organizada pola Asociación deHostalería Melide Móvese encolaboración co Concello deMelide, Cáritas parroquial e aFundación Amigos de Galicia,chegará á vila baixo o nome deGala musical benéfica ComboSolidario.

A actuación comezará ás22:00 horas e as persoas inte-resada en asistir deberán facerentrega dunha bolsa de ali-mentos, preferiblemente aceitee leite, para poder acceder aorecinto. Co evento tamén po-den colaborar todas as casascomerciais que o desexen. Osprodutos doados polo público

serán xestionados pola Funda-ción Amigos de Galicia e porCáritas de Melide.

Esta é a segunda vez quea orquestra canaria ComboDominicano, unha das demaior éxito do momento, par-

premio Xantar Gourmet

O cociñeiro Manuel Ángel Garea, veciño de Melide, alzou por se-gundo ano consecutivo o primeiro premio do Concurso de CociñaXantar Gourmet, que se celebra no marco do salón gastronómicointernacional de Ourense. O seu prato, Trufa de Mar, conquistouaos membros do xurado, que lle outorgaron unha nota de 98puntos sobre 100 e o elixiron campión por unanimidade. Areceita estaba elaborada a base de vieiras, bonito, algas e grelos.

Presentación da gala na Cidade da Cultura, en Compostela

ticipa nunha iniciativa destascaracterística. A primeira foien maio do ano pasado nalocalidade xalleira de SantaComba, onde conseguiu reunira miles de persoas na expla-nada do recinto feiral.

Manuel Garea en Xantar elaborando o seu prato ante o xurado

Cultura e lecer 19Cerne 110. Marzo 2015

A movida melidense pode pre-sumir de moitas cousas: de servariada, multitudinaria, sa e amáis coñecida en toda Galicia.A partir de agora presumirá dealgo máis: de idioma, o galego,e farao a través dunha cam-paña de normalización dalingua posta en marcha polaAsociación de Hostalería “Me-lide Móvese” e o Concello encolaboración coa SecretaríaXeral de Política Lingüística.

Xaquín Vázquez, Santos López, Valentín García, Ánxeles Vázquez, Alberto buján, Loli Gómez e benito Nebril

Lanzan unha campaña para fomentaro uso do galego na movida melidense

baixo o lema “Seduce enGalego. Goza de Melide”, acampaña ten por finalizadeprestixiar o idioma propio en-tre a mocidade que acode cadafin de semana á vila para gozardo seu ambiente nocturno.Con ese obxectivo, distribui-ranse 4.000 carteis co lemada campaña por 17 concellosde tres provincias. Tamén seimprimiron 5.000 dípticos engalego para dar a coñecer as

rutas de autobuses que puxoen marcha a asociación dehostaleiros para transportaraos mozos e mozas. Ademais,graváronse espazos publicita-rios para emitir en diferentesemisoras de radio.

Por outra banda, MelideMóvese adquiriu o compro-miso de empregar o galegoen toda a súa documentacióninterna e externa, sobre todona publicidade.

Xurxo Souto, artista poliédrico e multidisciplinar onde os haxa,trouxo o vento mareiro ás terras da montaña para romper “abarreira de silencio” se separa a costa do interior galego. E fíxoopresentando o seu último libro, “Contos do mar de Irlanda”, unéxito editorial que recolle e recompila “ese prodixioso saber gre-mial vedado a terrícolas e terrícolos”; as historias vividas porvellos e novos no porto de Amberes ou á beira de Cape Town.Contos de mariñeiros. E por iso de conxugar o diferente, no acto,organizado por Casa Alongos, presentouse tamén o viño Cumedo Avia, un ribeiro D.O. de viticultura ecolóxica feito por unhacooperativa dedicada á recuperación de uvas autóctonas.

Xurxo Souto trae a Melideos contos do mar de Irlanda

Fito, de Cume do Avia, Xurxo Souto e Antom Laia

Un ano máis a Festa Singlede Melide superou as expecta-tivas. Preto de 100 persoaschegadas das catro provin-cias galegas asistiron á cuartaedición deste evento no quese xuntan persoas solteiras,separadas e divorciadas paracoñecérense entre si e pasarunhas horas de diversión.

Coa Pulpería Ezequielcomo punto de reunión, e aoigual ca en edicións anterio-res, a festa contou cunha altaafluencia de público: “non seiexactamente por que, peroMelide gusta moito”, aseguraManuel Vázquez, organizadordo evento, membro da páxinaStilo Single Galicia e coñece-dor de que non hai ningunhaoutra festa destas característi-cas que supere á de Melide ennúmero de asistentes: “haimoitas que non pasan dos 40e algunha ata a tiveron quecancelar por falta de partici-

Os asistentes charlaron animadamente no transcurso da cea

A festa single de Melide volve ser amáis numerosa das feitas en Galicia

pación”, explica. Quizais parte do segredo

estea no complemento da mo-vida e nos regalos que recibi-ron os asistentes: queixos,viños, licores, camisetas, tor-tas, melindres... todo por xen-tileza dalgúns establecementos

comerciais da vila aos que aorganización lles quere agrade-cer a súa colaboración, ade-mais de ao Concello de Melide:Pulpería Ezequiel, bodegasMejuto, Lácteos Terra de Me-lide, Casa Juanito e MuxicaTenda Xoven.

As bases do concurso pódense consultar na páxina web doConcello de Melide, no perfil de Facebook FestaDoMelindre oudirectamente no departamento de cultura.

20 Cultura e lecer Cerne 110. Marzo 2015

Máis premios e menos disfraces nunmartes de Entroido multitudinario RAJOy SAE QUEIMADO

DAS COPLAS DE PARRADO

O imperio chino, de Charamela, primeiro premio de comparsas

Anda o Entroido de Melide me-tido en contradicións: cantosmáis altos son os premios quese conceden no concurso, me-nor é o número de grupos quese presentan e canta máisxente acode ao Pazo de Con-gresos, menos disfraces se ven.

Así foi a fotografía xeral doCarnaval 2015 na vila, ao queo goberno local quixo darun empurrón incrementandonotablemente a contía dospremios que se entregan nagala-concurso que todos osmartes de Entroido pecha oprograma de actividades. Foiasí que este ano se repartironentre todas as categorías untotal de 2.650 euros, fronteaos 2.000 que se viñan entre-gando en anos anteriores.

Lonxe de conseguir o efectopretendido, o número de con-cursantes descendeu. Entrecomparsas, grupos, parellase disfraces individuais, desfi-laron pola pasarela do Pazo deCongresos 13 participantes,tres menos que na edición an-terior. Destaca tamén o feitode que non houbo concur-santes de fóra da comarca enningunha categoría. O des-censo é máis significativo se secompara con anos anteriores:en 2012 participaron 26 gru-pos, cifra similar á de 2013.

Con todo, o concurso dedisfraces pechou coa satisfac-ción de ter congregado a centosde persoas no Pazo de Congre-sos, na que foi unha das edi-cións máis multitudinarias.Comparsas como o ImperioChino de Charamela, a recrea-ción de Stars Wars da xentede Visantoña ou a Feiranpa doColexio nº 3, que sumaron 156participantes, foron as quemáis expectación xeraron.

Primeiro premio parellas

Transformers, de Toques, primeiro premio na categoría de grupos

O retorno do imperio, de Visantoña, segundo premio de comparsas

Doces de Melide, do Centro Ocupacional, segundo premio de grupos

O Entroido non só étempo de disfraces e fi-lloas. Tamén da verbamordaz, da lingua afiadae da retranca sen límite.Sábeo ben a AsociaciónCultural Curuxás, quecada ano lle pon o puntofinal ao carnaval meli-dense coa tradicionallectura de coplas naPraza das Coles e poste-rior queima do meco, en-carnado desta volta nafigura de Mariano Rajoy.

Presentouno Ami-guete dende o balcón dobar Cire ante as ducias depersoas que se congrega-ron no lugar para botar

Como testemuña de ex-cepción, parte do gobernolocal, que por primeira vezdende que colleu o bastón demando acudiu á queima domeco. E non foi a única quetiveron que escoitar: “ten aPraza do Convento move-mento e alegría, ao pasar osperegrinos danlle as ratasos bos días. Veu o invernoben fodido e faiche frío nascasas, mais o prezo de quen-talas éche un ollo da cara.Pero iso os populares solu-ciónano nun plis, repar-tíndolle á xente medias ecalcetís”.

Da queima simbólica nonse salvou tampouco a Casade Alba, a corrupción, a pre-cariedade laboral, o ascensode Podemos nin o anteriorrei e as súas cuestións depaternidade: “se che vivía enpalacio o que lle din O Pri-meiro, que necesidade tiñade facelo no palleiro? Nonimos dicir máis nada, tam-pouco me volvo atrás, quelogo din as malas linguasque é pai do Nicolás. Semprelle gustou correr, tanto enmar coma en terrestre. Es-tou seguro que o fallo habíaestar no ABS. Non sei se foio ABS ou o freno fixo ras,había ser por larpeiro, nonmeteu a marcha atrás”.

E a despedida: “ata oano compañeiros, que esta-des ata o carallo. sempredigo que non dou feito,despois non dou rematado.A ver para o ano que vén deque falamos aquí, falaremosdos que mandan, a ver semo escoitas ti”.

unhas risas coa sátira enclave local: “aí tedes a Rajoy,leva cara de contento, peroademais dos cartóns, leva aprocesión por dentro. Di quea crise xa pasou, aínda queEspaña deba unha chea demillóns. E será casualidadeque coincida a melloría conque este ano hai eleccións entodas as categorías?”

E así foi como se entroude cheo nos temas estrela detodo bo pregón de Entroidoque se prece: a política, aactualidade local e, neste anode comicios, tamén as elec-cións: “as primeiras que nosveñen son as municipais,aquí esperamos o de sempreporque todo segue igual.Segue igual o ambulatorio,ás rúas quítanlle as luces,segue habendo amiguismoe atasco hai nos cruces. Moi-tas cousas van igual, perooutras van peor: naceronacantilados na Rúa SanAntón. Por cartos seica noné, confirmárono un día, poisentón debe ser cuestión decabezonería”.

Seguindo no mesmo fío,colleu o relevo un mestre dapalabra aceda feita copla;Manolo Parrado: “Que dire-mos do Concello? Que o Con-cello non fai nada, máis naRúa San Antón cada día haimáis fochancas. Xa che fixe-ron protestas, por escrito epor palabra, non sei se osviu unha meigha, aínda nonserviron para nada. Taménaló onda a feira está benaburatada, mais onde mon-tan o circo quedouche moiarreghlada”.

Publicidade 21Cerne 110. Marzo 2015

* Almorzos

* Habitacións

* Menú do día

e carnes galegas

* Terrazas

Tfno.: 981 815 333 - Fax.: 981 507 560Rúa San Antón, 18 - 15800 MELIDE

www.chiquitinmelide.es - [email protected]

* Especialidade en pulpo

A parada no teu Camiño

Todos los viernes,

MINITOSTAS

Teléfono:

881 95 70 74

QUINCENA DO COCIDO CON GRELOS: 15 €

ENCARGA SALPICÓN PARA AS TÚAS FESTAS

Aberto todos os díasHospedaxe

Menú do díaGrellada de peixe e mariscos

Banquetes e comidas para grupos

22 Colaboracións Cerne 110. Marzo 2015

Poñer en valor o Camiño de Santiago

Xosé Núñez López, escritor

No mes de decembro do pa-sado ano 2014 celebrouse enVillafranca del bierzo (León)o II Foro Internacional sobreo Camiño, ao que asistironmáis de cen representantesde doce nacións, entre elasEspaña.

Os principais temas a tra-tar foron o suposto abandonodo Camiño, a masificación, acomercialización e a banali-zación desta ruta milenaria;unhas circunstancias que po-derían poñelo en grave perigo.Desa reunión, que estivo presi-dida pola profesora italianaCarmen Pluguiese, saíu un ma-nifesto no que ditas circuns-tancias se declaraban negativaspara o mantemento en boa

forma do Camiño de Santiago.

Pola miña parte, estou endesacordo con que a masifica-ción de peregrinos sexa un pe-rigo para o Camiño. A historiadinos que hai xustamente 800anos, en 1214, San Franciscode Asís recorreu España e fixoo Camiño de Santiago entremultitude de peregrinos. Sepor entón xa había moitoscamiñantes e non pasou nadaque o fixese perigar, por queten que pasar agora, 800 anosdespois? Non será que a pro-fesora italiana quere “varrerpara a casa” e prefire quevaian máis romeiros a Romaca peregrinos a Compostela?

Se cadra, pensando algo

parecido ao que penso eu esó catro días despois de querematase o citado foro inter-nacional, un grupo de depu-tados e senadores formaronunha nova asociación do Ca-miño que ten como obxectivoconstituír un órgano para po-ñer en valor a ruta xacobea,que é Itinerario Cultural Eu-ropeo dende 1987, PatrimonioMundial da Humanidadedende 1993 e Premio Príncipede Asturias da Concordia.

Así pois, deputados e sena-dores de todas as comunidadesautónomas e de todos os par-tidos políticos constituíron o 18de febreiro a chamada Asocia-ción Parlamentaria de Amigosdel Camino de Santiago.

O pescador de cana, e en espe-cial o de río, serviu durantemoito tempo como paradigmadun tipo de paciencia ao quepodiamos adxectivar comoestéril e nada pragmático. Oschistes gráficos, carteis e máisas películas –sobre de todo asque aínda estaban en brancoe negro- proporcionábannosa imaxe tópica do individuoresignado pero perseveranteque agarda, certo que con nonmoita convicción, a poucoprobable mordedela dalgúndespistado peixe disposto amatar a fame coa pobre mi-ñoca presa no anzol desdehabía xa unha eternidade.

Non tiñan, os pescadoresde río, demasiada boa sonano referido á súa capacidadede esforzo e dedicación aos la-bores que lles cumpría paramirar pola facenda propia ea prosperidade da casa, repu-tación da que tamén parti-cipaban aqueles que eranafeccionados ás prácticas ve-natorias. Alguén deixaba caeraquilo de “cazador e troiteiro,nin boa meda nin bo palleiro”,“cazadores e troiteiros, todosmentireiros”, e de nada valíaque outro pretendese argu-mentar algo en contra; asentencia soaba sempre tantallante que non admitíadiscusión e se había alí quense puidese dar por aludidomáis lle valía calar a boca ebaixar a cabeza con modestoasentimento.

Pero hoxe as cousas mu-

daron bastante en todos osaspectos e a pesca é moitomáis dinámica e precisa decoñecementos e materiaisque nada teñen que ver coavella imaxe do home do puchode palla e a canaveira debambú que deixaba pasar ashoras posto no mesmo lugar,presos os ollos nas ondas quea auga do río debuxa e insta-lado nunha especie de “laiseerfaire” fatalista que tarde oucedo acabaría por lle daralgún resultado e que, poloque se ve, está agora a serprincipal compoñente da tác-tica a seguir por algúns como-damente instalados na sala deespera VIP das beiras do río.

Nun dos gags máis utiliza-dos polos autores de chistesgráficos, o único que o pesca-dor lograba atrapar no seuanzol despois de todo aqueltempo de espera era unha latade conservas enferruxada ouun vello zapato descomposto.Certo é que o debuxante nonnos deixaba quedar especial-mente ben no tocante a cul-tura ecolóxica, pero non creoque se mellorase demasiadoneste aspecto, polo que nin-guén está libre de que algoasí lle suceda a el.

Claro que, na maioría doscasos, é moi probable queestea convencido de que, deser así de mala a pesca, a lataserá sempre de caviar ira-niano ou ruso e os zapatosingleses e feitos a man... boatempada de pesca…

Troiteiros

e outros mentireiros

Xavier Pazo blanco, Asoc. de Troiteiros “Río Furelos”

Rafael Rodriguez Gaioso, enxeñeiro informático

Galipedia, a Wikipedia en Galego!

Ao ser un wiki, significa quecalquera usuario/a se podeconverter en editor, e mello-rar un artigo existente, oucrear un novo. Na versión ga-lega da Wikipedia, que naceuo 8 de marzo de 2003, existenun total de 120.356 artigos.

Para poder colaborar naGalipedia é preciso coñeceros principios fundamentaisque a rexen e que debe seguircalquera colaborador:

1.- Todo contido incluídodebe ser verificable a travésda achega de fontes. Non seadmiten teorías non demos-tradas.

2.- A redacción dos artigosfarase desde un punto de vistaneutral. Non se admiten asopinións dos editores.

3.- Tódalas achegas son libe-radas baixo unha licenza Cre-ative Commons, asegurandoque os contidos se podendistribuír libremente.

4.- Hai que ser respectuoso coresto de colaboradores, seguiros principios anteriores e uti-lizar sempre o sentido común.

A maiores da Galipediaexisten outros proxectos ir-máns, como por exemplo: oGalizionario, que conta con42.776 entradas de vocabu-lario do noso idioma; Gali-libros, que recolle un total de945 libros participativos enGalego; ou Commons, queé unha base de datos con mi-llóns de ficheiros multimediade uso libre.

En resumo, un modo sin-xelo de comezar a axudar éusar a Galipedia como unhaenciclopedia normal, coa dife-renza de que se atopamos unerro ou un parágrafo poucoclaro, só hai que premer en«Editar» para corrixilo.

http://gl.wikipedia.org

A Wikipedia é un proxecto deenciclopedia con contido li-bre, aberto e dispoñible endiferentes idiomas, entres oscales se atopa o Galego. A Wi-kipedia contén unha enormecantidade de información so-bre os máis variados temasdo coñecemento humano, queé continuamente actualizadagrazas á colaboración dosseus lectores. Podemos pen-sar na Wikipedia como unhapáxina web que contén doustipos de páxinas: os artigos,ou sexa, as páxinas que for-man a enciclopedia en si, e aspáxinas da comunidade, queserven para coordinar o tra-ballo que se fai nas anteriores.

A enciclopedia libre

Entrevista 23Cerne 110. Marzo 2015

RUT GALLEGO GONzÁLEz, SISUKA

“Agora tamén vendemos roupa infantilpara nenos e nenas entre 2 e 12 anos”O negocio de Rut Gallego é deses que están en constante evolución, unha

consecuencia directa do carácter emprendedor e pertinaz de quen o xes-

tiona. Por iso en dous anos e medio Sisuka abriu tamén as súas portas en

Lalín, creou emprego e converteuse nun exemplo a seguir niso das novas

formas de venda a través das redes sociais. A última novidade é unha

apartado de roupa infantil para neno e nena que nace coa mesma vocación

da sección de adultos: ofrecerlle ás clientas a posibilidade de mercar a

prezos reducidos prendas de calidade “que non se atopan en todas partes”.

Mireia (empregada de Sisuka) e Rut (propietaria) na sección de roupa infantil

“Procuro vendero máis baratoposible porque

o cliente de hoxeintenta aforrar

ao máximo”

“Case toda aroupa que traio

está no Facebookde Sisuka e boaparte das vendas

saen de aí”

- A súa tenda destaca porter unha grande activi-dade nas redes sociais.Ata que punto repercuteno nivel de vendas?-Rut Gallego (R.G.): Practi-camente o 90% da roupa quetraio está no Facebook de Si-suka e a maioría das vendasque teño saen de aí. Vén xentede Palas, de Monterroso eincluso do Carballiño que mecoñece grazas ás redes sociais.A repercusión é total e doullemoita importancia. Actuali-zamos o perfil con moita fre-cuencia e, de feito, candochega a mercancía o primeiroque facemos é poñela nas re-des sociais. O que me acontecea min é que teño un problemacoa situación da tenda; se esti-vese no centro, se cadra nontería que facer tanto traballonas redes sociais, pero estoubastante escondida e fago todoo posible para promocionarmepor outras vías.

- pensou en apostar polavenda online?-R.G.: Xa teño web para avenda online pero estámolamodificando. Coa axuda deMireia, a miña empregada,que ten moita habilidade paraesas cousas, imos relanzala enbreve. Ese vai ser o próximopaso que deamos. As clientasaxiña poderán realizar taménas súas compras a través dewww.sisuka.net.

- Dende que abriu o nego-cio hai dous anos e medionon deixou de empren-der. A última novidade éa roupa para cativos...-R.G.: Si, o último é SisukaKids; roupa para neno e nena.Incorporámola en febreiro,que é un mes no que sempreargallo algo (ri). Abarco idadesde 2 a 12 anos, aínda que teñoalgunhas tallas do 1 e taméndo 16. É un estilo de roupa

diferente, que non se podeatopar en todas partes. Nocaso da roupa de nena, intentoter prendas similares parachica, de xeito que as mamásse poidan vestir igual queas súas fillas. Hoxe en día aroupa infantil deixou de aso-ciarse ao típico vestido repipie as nenas visten cada vezmáis acorde ás modas do mo-mento. As diferenzas entre aroupa infantil e para adultosestán desaparecendo.

- Tamén en febreiro fixoun ano que abriu a tendaSisuka de Lalín. Segue omesmo esquema que a deMelide?-R.G.: As dúas tendas soniguais; non hai nada que haxaaquí que non haxa alí tamén,pero as clientas son como o díae a noite. O que se vende enMelide non se vende en Lalín

e ao revés. Os gustos non te-ñen nada que ver e iso ao prin-cipio foi algo desconcertante...

- Semella que o negociovai bastante ben. Cal é aclave do éxito? -R.G.: Non é que vaia ventoen popa, pero non nos pode-mos queixar. A clave? Prezoseconómicos: vender o máisbarato posible, porque hoxe endía o cliente intenta aforrar aomáximo. Sacrificamos a marxede ganancia en cada prendapero vendemos máis. Tamén éimportante ter á clienta con-tenta para que siga vindo unhae outra vez. Se entra e nonvolve máis... xa che está dandoalgo a entender.

- Que medos tiña candoabriu a tenda? -R.G.: Pois que non se ven-dera por mor das grandes

empresas como Inditex. Com-petir con elas é imposible eunha vez que abriu o centrocomercial das Cancelas tivenmáis medo aínda. Fun saíndoadiante, vendendo pouco apouco e gardando das risaspara as choras. Non é doado:había meses nos que quedabalibre e outros meses nos quehabía que coller do que estabagardado. Durante máis dunano estiven sen soldo... pero oque algo quere, algo lle costa.

- nese tempo non se llepasou pola cabeza tirar atoalla? -R.G.: Non. Cando abres unnegocio, ábrelo con tanta ilu-sión que non che importa re-nunciar a ir ao cine ou a saírde cea. Sempre tiven a espe-ranza de que a tenda saíseadiante e afortunadamenteasí foi.

- Dende que abriu, cam-biou a filosofía de Sisuka?-R.G.: Si. Cando empezas nonsabes moi ben onde hai quecomprar... co paso do tempoaprendes, buscas sitios...Ao principio mercaba por in-ternet, pero é unha loucura.Resulta cómodo pero ás vecesnada é o que parece. Agoramétome o palizón cada se-mana ou cada quince días esaio a mercar a Madrid, barce-lona e Portugal. Toco a prendae vendo calidade ao mesmoprezo de antes. Iso tamén mepermite renovar constante-mente a mercancía para queas clientas atopen roupa dife-rente cada pouco tempo.

Sisuka

Tlf: 881975862R/ Taboada Roca, 4

CERNE Cerne 110. Marzo 2015

VAI UNHA DE ENTROIDEIROS!