FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas...

33
Proxecto Curricular HISTORIA DA FILOSOFÍA SEGUNDO CURSO Bacharelato Equipo de autores: Moisés Lozano Manuel Rivas

Transcript of FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas...

Page 1: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Proxecto Curricular

HISTORIA DA FILOSOFÍA

SEGUNDO CURSO

Bacharelato

Equipo de autores:

Moisés Lozano

Manuel Rivas

Xosé Manuel Domínguez

Page 2: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

PRESENTACIÓN

ESTRUCTURA DO LIBRO

OBXECTIVOS XERAIS

DISTRIBUCIÓN DE CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

TRATAMENTO DE TEMAS TRANSVERSAIS

TEMPORALIZACIÓN

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 2 de 25

ÍNDICE

Page 3: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

A Historia da filosofía é unha materia común a todas as modalidades do Bacharelato e é básica para obter unha formación humanística, necesaria con independencia das futuras opcións académicas polas que o alumno ou alumna se decida.

A Historia da filosofía é unha nova oportunidade para volver a mirada crítica e reflexiva sobre os grandes temas que foron obxecto de estudio na filosofía de primeiro curso de Bacharelato como o ser humano, o mundo que o rodea, o coñecemento ou a praxe moral e política. O que chamamos cultura occidental manifestouse fundamentalmente no pensamento filosófico e foise elaborando ó longo da historia co esforzo reflexivo do ser humano por encontrar respostas ós problemas e conflictos que en cada momento se foron propoñendo. Esas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais gracias ó labor creador dos grandes pensadores, desde os presocráticos ata os nosos días.

A Historia da filosofía desprégase en catro grandes dimensións:

Dimensión informativa. Está encamiñada a proporcionar os datos máis relevantes de cada época, tendo en conta a sociedade, a política ou a cultura en xeral, para chegar a entender os sistemas filosóficos que nese momento se desenvolveron. Non se trata de facer historiografía, de xustapoñer opinións filosóficas, que desvirtuarían a necesaria dimensión de continuidade que debe mostrar o pensamento. A reflexión filosófica debe proporcionar unha visión de conxunto de cada época, unificando as diversas achegas que a título individual representa cada filósofo. As teorías filosóficas e científicas teñen a súa xénese e desenvolvemento, e gardan similitudes e diferencias con outros productos culturais, literarios, políticos ou económicos da época.

Dimensión formativa. Non se trata só de aprender filosofía senón preferentemente de aprender a filosofar. Ambas as tarefas implícanse mutuamente. A mirada cara a fóra asomándose á historia para entender o que pasa en cada momento é tamén unha volta cara ó propio eu que vive situacións similares e volve sobre o andado para encontrar respostas ás súas interrogantes. O camiño que outros percorreron ofrece valiosos elementos para formar parte do propio acerbo cultural e persoal.

Dimensión integradora. Como xa indica o mesmo título da materia, non se trata de cinguirse só á filosofía senón tamén á ciencia e tamén ás ideas políticas, económicas, xurídicas ou literarias que en cada momento van dando sentido ó crebacabezas da época. Aínda que non se trata de disolver o pensamento filosófico nun puro historicismo culturalista, non pode obviarse a necesaria conexión da filosofía con outros campos do saber, preferentemente da ciencia.

Dimensión reconstructiva. Do pasado sempre se pode aprender algo. Os problemas poden ser vellos, pero non sempre son inútiles para o presente. O ser humano cambia ó igual cás súas circunstancias, pero moitas das súas necesidades permanecen e bastantes interrogantes seguen sen resolverse. A mirada retrospectiva axuda a repensar o presente e mellorar a súa comprensión.

Na exposición da Historia da filosofía deben evitarse dous extremos: o afán por mostralo todo e o de reducila a un cúmulo superficial de anécdotas superpostas. Tamén aquí é válido o termo medio que trata de sacar partido a uns temas impartidos de modo organizado, sistemático e coherente.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 3 de 25

PRESENTACIÓN

Page 4: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Esta Historia da filosofía estructúrase en 14 unidades que abarcan as catro grandes idades da historia:

a) A filosofía antiga comeza cos presocráticos e segue cos sofistas e Sócrates, Platón e Aristóteles e a filosofía helenística (epicureísmo, estoicismo e escepticismo).

b) A filosofía medieval ofrece unha nova visión da realidade partindo das relixións monoteístas (cristianismo, xudaísmo e islamismo), principalmente do cristianismo. Cabe destacar tres figuras clave: no comezo, Agostiño de Hipona, que une platonismo e cristianismo; na parte central e culminante, Tomé de Aquino, que fai a síntese de aristotelismo e cristianismo; e cara ó final desta etapa, Guillerme de Ockham, que inicia a ruptura.

c) A filosofía renacentista e moderna parte dun novo concepto do home e do mundo. Co renacemento prodúcese unha distancia con respecto ó medieval e un achegamento ós clásicos (humanismo); a natureza e o ser humano son vistos con ollos diferentes.

Con Descartes iníciase a modernidade, que ten como referentes básicos o individuo e a razón. Desátase agora unha revolución científica iniciada con Copérnico e seguida por Kepler e Galileo: o heliocentrismo, que dá unha nova visión do cosmos. A Terra deixa de ser o centro e queda desprazada polo Sol, que ocupa o seu lugar. Neste contexto están o racionalismo e o empirismo, que tratan de explicar o coñecemento desde criterios empíricos e racionais. A modernidade culmina coa Ilustración no século XVIII, que ofrece varias vertentes. No campo do coñecemento xorde o racionalismo crítico kantiano que elabora a síntese de racionalismo e empirismo e establece os límites do coñecemento separando o coñecemento científico da metafísica. No campo da pedagoxía destaca Rousseau, quen dá un xiro ó centrar o peso da educación no suxeito, no alumno/a. Póñense as bases da sociedade liberal e democrática coas teorías contractualistas, a reivindicación das liberdades, a tolerancia relixiosa, etcétera.

d) A filosofía contemporánea abarca o século XIX, XX e os comezos do XXI, con referencia a pensadores actuais. Aquí aparece o marxismo, que ten a súa continuación coa teoría crítica da Escola de Frankfurt; o vitalismo, representado principalmente por Nietzsche e Ortega y Gasset; o utilitarismo de Stuart Mill; o movemento existencialista, con Heidegger e Sartre; a filosofía da linguaxe, centrada nas figuras de Wittgenstein e Popper; a hermenéutica de Gadamer; e o estructuralismo e posmodernismo de Foucault e Rorty.

Dentro de cada unidade, estes contidos distribúense da seguinte maneira. Primeiro, unha portadiña, onde unha imaxe e unha cita relacionadas co tema serven de punto de partida para a reflexión. A continuación, o corpo da unidade, que se reparte entre a caixa de texto principal, onde se encontran os conceptos máis importantes, e as marxes, con notas complementarias, definición de conceptos, citas, etc. As numerosas actividades aparecen ó longo de toda a unidade, entre os epígrafes, de modo que sirvan ós estudiantes para repasar e afianzar os coñecementos recentemente adquiridos. Estas actividades son de dous tipos: preguntas sobre a teoría (baixo o encabezamento Actividades) e textos para comentar (baixo o encabezamento Texto), a súa análise pódese realizar a partir da serie de cuestións propostas. Non obstante, os alumnos e alumnas poden tamén analizar os textos segundo o esquema convencional de comentario. Para facilitar esta tarefa, incluímos neste CD unha pauta para facer comentarios de texto que o profesor/a pode modificar segundo as súas preferencias. Estes textos para comentar que aparecen ó longo de todas as unidades pertencen a obras representativas dos principais autores. Cada unidade remata cunha páxina de avaliación (con máis actividades e un último texto que comentar), e outra páxina de glosario, na que se recordan algúns termos que resumen o contido da unidade, coas súas correspondentes definicións.

Por outra parte, ó final do libro hai un anexo con oito comentarios de texto desenvolvidos que poden servir de modelo ós comentarios que fagan os estudiantes. Para facelos, seguiuse a mesma pauta que se propón no CD: o comentario debe levar a identificar o problema que se presenta, a solución que se achega e as razóns coas que se argumenta. Esta actividade é útil para que os estudiantes desenvolvan a súa capacidade de análise (discernimento das ideas

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 4 de 25

ESTRUCTURA DO LIBRO

Page 5: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

principais, interpretación dos termos significativos) e de síntese (elaboración de resumos, identificación do tema central do texto).

O esquema de comentario que propoñemos consta dunha introducción que serve para contextualizar e do comentario propiamente dito. Este segue unha liña que vai do xeral ó concreto. Empeza recoñecendo o tema do texto, continúa cun comentario lóxico que trata de ver as ideas que aparecen nas distintas partes do mesmo, e remata cun comentario morfolóxico o semántico, comentando os termos máis significativos. Cabe engadir unhas breves consideracións sobre a influencia do autor e un xuízo de valor.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 5 de 25

Page 6: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Coñecer as ideas básicas dos grandes períodos da Historia da filosofía, relacionando as manifestacións do pensamento coa ciencia, a sociedade, a política e a cultura para ter unha visión de conxunto da época.

Tratar de entender os problemas que se presentan e valorar as solucións que se lles dan en cada momento histórico.

Entender o que teñen de actual os problemas que xa apareceron en épocas anteriores.

Relacionar contidos de Historia da filosofía con conceptos xa traballados no primeiro curso de Filosofía de Bacharelato.

Analizar racionalmente os prexuízos e cargas ideolóxicas que en cada época condicionan o pensamento.

Valorar o esforzo do coñecemento humano por dar solucións ós problemas teóricos e prácticos que cada época presenta.

Traballar para conseguir expresar correctamente de forma oral e escrita o pensamento dos autores estudiados ó longo do curso.

Entender a Historia da filosofía como un avance en espiral, que retoma vellos problemas achegando novas solucións.

Contrastar o pensamento de distintos autores valorando a importancia do diálogo racional e desenvolvendo unha actitude crítica fronte ós dogmatismos cerrados.

Valorar o debate, apreciar opinións contrapostas e practicar a tolerancia cara ós que pensan de forma diferente.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 6 de 25

OBXECTIVOS XERAIS

Page 7: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Unidade 1. O pensamento grego I. Platón

A. Conceptos

A orixe da filosofía grega. A democracia ateniense. Os primeiros pensadores gregos. As respostas monistas e as respostas pluralistas ó problema do arjé.

Sócrates e os sofistas.

Platón: vida, obra e punto de partida da súa filosofía. A teoría das ideas como síntese da tradición filosófica grega. A cosmoloxía platónica. O problema do coñecemento en Platón. A antropoloxía de Platón: a alma e a súa inmortalidade. A ética platónica. A finalidade política da obra de Platón. A educación.

B. Procedementos

Elaborar esquemas que sinteticen as principais preguntas e as principais respostas que se propoñen no ámbito do pensamento presocrático.

Analizar e discutir as condicións nas que xurdiu o pensamento grego.

Realizar exercicios prácticos arremedando a maiéutica de Sócrates.

Realizar comentarios de texto de Platón que, por ser os primeiros do curso, se traballarán con especial esmero, invitando a que se faga unha adecuada contextualización, unha análise semántica dos termos máis relevantes, unha síntese das principais ideas, un comentario das mesmas buscando na filosofía do autor o seu sentido máis completo e os seus fundamentos explícitos e implíticos, así como relación co achegado por outros autores anteriores, que son referentes para tal ou cal proposta de Platón.

Realizar un exame escrito sobre os contidos presentados.

Realizar exercicios orais ou escritos nos que se vinculen ou relacionen os problemas propostos por Platón cos actuais. Especialmente suxestivos poden ser os do ámbito ético, político e educativo. Tamén a cuestión da alma e a súa inmortalidade pode resultar interesante para o debate e a reflexión en clase.

C. Actitudes

Descubrir e valorar o pensamento grego como parte importante da nosa tradición cultural, sendo por tanto clave hermenéutica do presente.

Desenvolver o gusto pola lectura de textos filosóficos.

Desenvolver os hábitos de relación de conceptos e teorías duns pensadores con outros e destes cos problemas do presente.

Descubrir o que a antropoloxía, a ética e a política platónicas poden proporcionar ó propio desenvolvemento do alumnado.

Valorar a achega do pensamento grego á cultura occidental.

Valorar o diálogo como método filosófico e como desenvolvemento da tolerancia e a reflexión a partir da práctica da maiéutica.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 7 de 25

DISTRIBUCIÓN DOS CONTIDOS

Page 8: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Unidade 2. O pensamento grego II. Aristóteles

A. Conceptos

Orixe do pensamento aristotélico desde o platónico e presocrático.

O pensamento de Aristóteles: ciencia e coñecemento. A metafísica aristotélica. A física e o estudio da natureza. Antropoloxía. A ética de Aristóteles: fin, felicidade e virtude. A política.

A filosofía despois de Aristóteles: o helenismo.

B. Procedementos

Analizar diversos textos de Aristóteles, tratando de profundar na relación do autor cos xa expostos anteriormente e cos tópicos ós que se refiran.

Discutir estes textos para que, ó igual cá disputacio medieval, permitan activar o interese de todos polo texto e en xeral pola materia de filosofía.

En física e metafísica, comparar as respostas dadas por Aristóteles coas ofrecidas polos presocráticos. En gnoseoloxía, antropoloxía, ética e política, comparar as respostas dadas ós mesmos problemas por Platón e Aristóteles.

Elaborar sínteses ou mapas conceptuais das diversas áreas do pensamento aristotélico.

Elaborar un traballo de investigación que verse sobre unha cuestión particular tratada por Aristóteles, pero consultando cómo evolucionou a mesma ó longo do tempo. Por exemplo, a noción de substancia ou de causa.

Consultar diccionarios de filosofía, monografías ou artigos en Internet sobre as principais achegas e conceptos do pensamento de Aristóteles.

C. Actitudes

Apreciar o rigor conceptual e expositivo, tan característico do pensamento aristotélico.

Valorar o rigor argumental de Aristóteles, así como a coherencia metodolóxica que emprega.

Descubrir a ética das virtudes e o ben, e ponderar da súa validez actual para o crecemento persoal do alumnado.

Mostrar interese por analizar os elementos da propia cultura que afunden as súas raíces nas propostas aristotélicas.

Adoptar unha postura crítica e reflexiva sobre os diversos temas propostos na aula (especialmente os referentes ó pensamento ético e político).

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 8 de 25

Page 9: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Unidade 3. Filosofía medieval. De Agostiño a Ockham

A. Conceptos

A aparición do cristianismo. O cristianismo e a filosofía. O gnosticismo e o maniqueísmo.

Agostiño de Hipona.

O camiño cara á verdade. A razón e a fe. O ser humano. Filosofía da historia.

Inicio e desenvolvemento da Escolástica. Anselmo de Canterbury. Pedro Abelardo.

Filosofía árabe medieval. Filosofía árabe oriental.

A filosofía de Al-Andalus. O pensamento xudeu medieval.

Esplendor da escolástica: Tomé de Aquino e a escolástica. O aristotelismo de Tomé de Aquino. As relacións entre a fe e a razón. Estructura da realidade. Demostración da existencia de Deus. Demostración da esencia de Deus. Deus e o mundo. O ser humano. Teoría ética e política.

A filosofía cristiá catalana: Ramon Llull.

A crise da escolástica: Guillerme de Okham. O problema dos universais. O problema da razón e a fe. Ética e política.

A ciencia no século XIV.

B. Procedementos

Potenciar entre os alumnos e alumnas o diálogo e a participación activa.

Analizar e valorar as relacións que se presentan neste período entre o cristianismo e a filosofía.

Diferenciar as achegas do pensamento árabe e cristián.

Elaborar comentarios dos distintos textos que se presentan na unidade.

Responder por escrito as diferentes actividades que se propoñen.

Buscar en diccionarios e en Internet información sobre os temas máis candentes da escolástica. Os universais, aparición das universidades, as relacións razón-fe, método escolástico e as relacións Igrexa-Estado.

C. Actitudes

Concienciarse da importancia do cristianismo na cultura occidental.

Valorar o traballo en equipo como método de aprendizaxe.

Recoñecer as achegas árabes e xudías á cultura española.

Manter unha actitude aberta e tolerante cara a outras culturas distintas, como a árabe ou xudía.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 9 de 25

Page 10: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Recoñecer o valor que ten a vocación dedicada á busca da verdade, sen claudicar.

Unidade 4. Filosofía renacentista. Vives, Bacon e Maquiavelo

A. Conceptos

O Renacemento: características xerais.

O pensamento humanista de Juan Luis Vives. Un precursor da psicoloxía. A teoría das anticipacións. A teoría das paixóns. A teoría pacifista de Vives.

Unha nova concepción da ciencia: Francis Bacon. O proxecto baconiano. Os ídolos. A inducción e as táboas. Ciencia e utopía social.

Unha nova concepción da política: Nicolás Maquiavelo. O modelo de Roma. Realismo e pesimismo antropolóxico. Os límites da acción política. A figura política do Príncipe. A ética e a política. A razón de estado.

A ciencia renacentista.

B. Procedementos

Potenciar o diálogo e a participación activa de todo o alumnado no desenvolvemento da clase de filosofía. Dentro deste contexto é conveniente favorecer os debates, fomentando desta maneira a capacidade de reflexión e comprensión do alumnado.

Examinar e considerar os textos presentados.

Comprender a época histórica renacentista, as innovacións que supón e as repercusións para a historia do pensamento e para a cultura posterior.

Reflexionar sobre os valores humanistas, educacionais e pacifistas de Luis Vives.

Observar a importancia do proxecto de Bacon e as súas repercusións posteriores.

Analizar e valorar o nacemento da ciencia política e da importancia da teoría de Maquiavelo.

Elaborar composicións ou exercicios de reflexión persoal acerca da importancia da cultura filosófica renacentista.

Consultar en libros, monografías, diccionarios e Internet aspectos relacionados co amplo campo da cultura renacentista.

Realizar os exercicios, actividades, análise e comentario dos textos propostos.

C. Actitudes

Adoptar unha postura crítica, tolerante e reflexiva sobre os temas e contidos que se tratan na aula e coas opinións dos compañeiros e compañeiras, dando importancia ó traballo en equipo e a saber respectar as ideas e argumentos dos demais.

Mostrar curiosidade pola xestación e desenvolvemento da cultura renacentista.

Valorar os principais contidos e novidades das teorías dos autores analizados.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 10 de 25

Page 11: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Tomar conciencia da importancia do pensamento renacentista como ponte de unión entre o saber antigo-medieval e o moderno.

Interesarse pola importancia que ten razoar e achegar respostas xustificadas ante a problemática que descubrimos a través dos autores estudiados nesta unidade.

Unidade 5. O racionalismo

A. Conceptos

Contexto sociohistórico do racionalismo.

O racionalismo: características xerais.

René Descartes: o nacemento da filosofía moderna. Teoría do coñecemento: o problema do método. Razón e realidade: a teoría das tres substancias. O dualismo antropolóxico e as súas consecuencias. A moral por provisión: o problema da liberdade.

Baruch de Spinoza: a metafísica monista. Teoría da realidade: Deus ou a Natureza. A natureza humana. Teoría ética: a liberdade e as paixóns. A filosofía política.

Gottfried Wilhelm Leibniz: unidade e pluralidade. Teoría da realidade: as mónadas e a harmonía. A existencia e a esencia da mónada suprema: Deus. Teoría do coñecemento: verdades de razón e verdades de feito. A moral: a liberdade e o problema do mal. Ética e política.

B. Procedementos

Potenciar o diálogo e a participación activa de todo o alumnado no desenvolvemento da clase de filosofía. Dentro deste contexto é conveniente favorecer os debates, fomentando desta maneira a capacidade de reflexión e comprensión do alumnado.

Examinar e considerar os textos presentados.

Comprender a época histórica moderna, especialmente en Francia e Alemaña, o absolutismo como réxime político e, en xeral, as innovacións que supón e as repercusións para a historia do pensamento e para a cultura posterior.

Reflexionar sobre a importancia das matemáticas e o influxo deste modelo na proposta acerca do método de Descartes.

Observar a importancia do proxecto de Spinoza, o seu monismo panteísta, teoría das paixóns e teoría ética e as súas repercusións posteriores.

Analizar e valorar a teoría de Leibniz, o seu «saber universal» e a importancia dos seus contidos éticos e políticos.

Elaboración de composicións ou de exercicios de reflexión persoal acerca da importancia da cultura filosófica racionalista.

Consultar en libros, monografías, diccionarios e Internet aspectos relacionados co amplo campo da cultura que está exercendo influencia no racionalismo.

Realizar os exercicios, actividades, análise e comentario dos textos propostos.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 11 de 25

Page 12: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

C. Actitudes

Adoptar unha postura crítica, tolerante e reflexiva sobre os temas e contidos que se tratan na aula e coas opinións dos compañeiros e compañeiras, dando importancia ó traballo en equipo e a saber respectar as ideas e argumentos dos demais.

Mostrar curiosidade pola xestación e desenvolvemento da cultura racionalista.

Valorar os principais contidos e novidades das teorías dos autores analizados.

Tomar conciencia da importancia do pensamento racionalista e das súas semellanzas e diferencias respecto ás épocas antiga e medieval.

Intererarse pola importancia que ten razoar e achegar respostas xustificadas ante a problemática que descubrimos a través dos autores estudiados nesta unidade.

Unidade 6. O empirismo. De Hobbes a Hume

A. Conceptos

Empirismo e racionalismo.

Contexto sociohistórico do pensamento empirista.

Thomas Hobbes: sensismo e absolutismo. A definición e clasificación da filosofía. Elementos e características do sistema de Hobbes. A filosofía da natureza: corporeísmo e mecanicismo. A antropoloxía e a moral. A teoría política: o estado absolutista.

O empirismo de John Locke. Os límites do coñecemento humano. A filosofía moral. A lei e os dereitos fundamentais. A teoría política: a sociedade civil e o contrato social. A tolerancia relixiosa.

David Hume e o empirismo escéptico. A teoría do coñecemento e o fenomenismo. A natureza humana: costumes e crenzas. A crítica da metafísica. A teoría ética: o emotivismo moral. A teoría política: o utilitarismo. A relixión natural.

B. Procedementos

Potenciar o diálogo e a participación activa de todo o alumnado no desenvolvemento da clase de filosofía. Dentro deste contexto é conveniente favorecer os debates, fomentando desta maneira a capacidade de reflexión e comprensión do alumnado.

Examinar e considerar os textos presentados.

Comprender a época histórica empirista dos séculos XVII e XVIII, as innovacións que supón e as repercusións para a historia do pensamento e para a cultura posterior.

Reflexionar sobre a influencia da ciencia renacentista e moderna nos pensadores empiristas.

Observar a diferencia das propostas empiristas comparadas coas racionalistas.

Analizar e valorar as teorías contractualistas de Hobbes e Locke, as súas semellanzas e as súas diferencias.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 12 de 25

Page 13: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Aproximarse ás teorías do coñecemento dos autores empiristas.

Elaborar composicións ou exercicios de reflexión persoal acerca da importancia da cultura filosófica empirista dos séculos XVII e XVIII.

Consultar en libros, monografías, diccionarios e Internet aspectos relacionados co amplo campo da cultura do século XVII.

Realizar os exercicios, actividades, análise e comentario dos textos propostos.

C. Actitudes

Adoptar unha postura crítica, tolerante e reflexiva sobre os temas e contidos que se tratan na aula e coas opinións dos compañeiros e compañeiras, dando importancia ó traballo en equipo e a saber respectar as ideas e argumentos dos demais.

Mostrar curiosidade pola xestación e desenvolvemento da cultura barroca.

Valorar os principais contidos e novidades das teorías dos autores analizados.

Tomar conciencia da importancia do pensamento empirista como ponte de unión entre o saber antigo-medieval e o moderno.

Interesarse pola importancia que ten razoar e achegar respostas xustificadas ante a problemática que descubrimos a través dos autores estudiados nesta unidade.

Unidade 7. A filosofía ilustrada: de Rousseau a Kant

A. Conceptos

Características xerais da Ilustración.

Jean-Jacques Rousseau: o pensamento político ilustrado. Do estado de natureza ó estado social. Desigualdade social e democracia. Pensamento educativo.

O idealismo transcendental de Immanuel Kant. Contexto sociohistórico: Kant e a ilustración. O criticismo kantiano como síntese superadora do racionalismo e do empirismo. Teoría do coñecemento: posibilidade e límites. A razón práctica. Formalismo moral: liberdade e autonomía. Teoría xurídico-política: a paz perpetua.

B. Procedementos

Potenciar o diálogo e a participación activa de todo o alumnado no desenvolvemento da clase de filosofía. Dentro deste contexto é conveniente favorecer os debates, fomentando desta maneira a capacidade de reflexión e comprensión do alumnado.

Examinar e considerar os textos presentados.

Comprender a época histórica ilustrada, as innovacións que supón e as repercusións para a historia do pensamento e para a cultura posterior.

Reflexionar sobre a teoría contractualista de Rousseau e os valores da convivencia e liberdade.

Observar a importancia da proposta de Kant e as súas repercusións posteriores.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 13 de 25

Page 14: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Analizar e valorar a teoría do coñecemento kantiana e os seus compoñentes racionalistas e empiristas.

Reflexionar acerca da importancia da moral formal kantiana e das diferencias coas éticas materiais da antigüidade e a modernidade.

Elaborar composicións ou exercicios de reflexión persoal acerca da importancia da cultura filosófica ilustrada.

Consultar en libros, monografías, diccionarios e Internet aspectos relacionados co amplo campo da cultura ilustrada.

Realizar os exercicios, actividades, análise e comentario dos textos propostos.

C. Actitudes

Adoptar unha postura crítica, tolerante e reflexiva sobre os temas e contidos que se tratan na aula e coas opinións dos compañeiros e compañeiras, dando importancia ó traballo en equipo e a saber respectar as ideas e argumentos dos demais.

Mostrar curiosidade pola xestación e desenvolvemento da cultura ilustrada.

Valorar os principais contidos e novidades das teorías dos autores analizados.

Tomar conciencia da importancia do pensamento ilustrado, a súa herdanza histórica e as súas repercusións futuras.

Interesarse pola importancia que ten o razoar e achegar respostas xustificadas ante a problemática que descubrimos a través dos autores estudiados nesta unidade.

Unidade 8. Marxismo e teoría crítica

A. Conceptos

A dialéctica hegeliana. Principios básicos do hegelianismo. Disolución do infinito no finito. O infinito como un todo. A dialéctica. Exposición do esquema do seu pensamento.

O marxismo. Biografía de Marx. Precedentes do pensamento de Marx. A esquerda hegeliana. O socialismo utópico. Crítica de Marx á esquerda hegeliana e ó socialismo utópico. Antropoloxía marxista. A alienación humana. O materialismo histórico. O materialismo dialéctico. O marxismo despois de Marx.

A Escola de Frankfurt. Contextualización histórica. A teoría crítica. A ciencia e a técnica como novas ideoloxías alienantes. A alienación política. A alienación moral.

Jürgen Habermas. Novo enfoque da teoría crítica. Coñecemento e interese. A razón comunicativa e a acción comunicativa. Ética do discurso.

B. Procedementos

Potenciar o diálogo e a participación dos alumnos e alumnas nas clases.

Elaborar un vocabulario do tema que complete o glosario final.

Realizar as actividades propostas ó longo da unidade.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 14 de 25

Page 15: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Cometario dos textos que aparecen na unidade.

Realizar un pequeno traballo en equipo sobre algún aspecto do marxismo ou da Escola de Frankfurt, poñendo especial coidado na metodoloxía.

Buscar información en enciclopedias, Internet ou manuais de Historia da filosofía sobre o marxismo e sobre a Escola de Frankfurt.

Preparar un debate sobre o marxismo e outro sobre a Escola de Frankfurt.

C. Actitudes

Comprender a dialéctica como forma de entender a realidade e a vida humana.

Valorar as achegas do marxismo para a comprensión da realidade social.

Manter unha actitude crítica cara ás ideoloxías, sexan do signo que sexan.

Distinguir e apreciar as grandes desigualdades sociais.

Rexeitar prácticas alienantes e manipulacións que se dan na sociedade actual.

Manter unha actitude de respecto e tolerancia cara a formas de pensar diferentes das propias.

Apreciar e valorar persoas e movementos en loita pola liberdade dos máis oprimidos.

Tomar conciencia de que a liberdade se consegue con dificultades e sacrificios.

Valorar o diálogo como forma de alcanzar acordos e resolver conflictos.

Unidade 9. A filosofía vitalista: de Nietzsche a Ortega

A. Conceptos

Vitalismo e historicismo.

Henry Bergson.

A filosofía de Nietzsche. Biografía. O estilo aforístico e o método. Crítica da cultura occidental. A nova realidade emerxente.

Miguel de Unamuno. O casticismo unamuniano. O egotismo. A dimensión agónica da vida.

Ortega y Gasset. A xeración de Ortega. Os períodos do pensamento orteguiano. Antropoloxía orteguiana: o ser humano como tarefa. Ideas e crenzas. A sociedade: masa e minorías. Orteguismo máis alá de Ortega: A Escola de Madrid.

B. Procedementos

Elaborar sínteses e esquemas do vitalismo e do historicismo.

Confeccionar un vocabulario específico do tema no que se utilicen diccionarios específicos, monografías sinxelas ou información seleccionada de Internet.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 15 de 25

Page 16: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Poñer por escrito as respostas ás actividades que aparecen ó longo da unidade.

Facer comentarios de texto, tratando de responder as preguntas-guía que van unidas a eles.

Facer algún mapa conceptual a partir dun texto para comentar.

Elaborar un pequeno traballo en equipo sobre algún problema tratado por Unamuno ou Ortega y Gasset, esmerándose nos métodos e na presentación do mesmo.

C. Actitudes

Interesarse por comprender a complexidade da vida.

Apreciar outras formas de coñecemento non-racional.

Valorar a verdade como resultado dunha busca compartida.

Tolerar outras formas distintas de entender a realidade.

Tomar conciencia do que significa a ética do esforzo como forma de diferenciarse da masa.

Unidade 10. O utilitarismo. John Stuart Mill

A. Conceptos

Xénese e sentido do utilitarismo: Jeremy Bentham e James Mill.

O pensamento de Stuart Mill. O problema do coñecemento en Stuart Mill. A súa aplicación á psicoloxía e á socioloxía. A ética utilitarista. A teoría política: democracia e liberalismo. Liberdade e defensa dos dereitos da muller.

B. Procedementos

Examinar e realizar un estudio comprensivo dos principais tópicos do utilitarismo.

Presentar e utilizar os principais conceptos do pensamento de Mill: causalidade, liberdade, inducción, xustiza, felicidade, pracer, democracia, igualdade, etc.

Propiciar debates coas achegas de Mill que sexan aínda conflictivas ou vixentes na actualidade. Tamén permite un debate ou diálogo na aula a avaliación da pertinencia ou non da ética de móbiles de Mill.

Analizar textos sobre os principais tópicos do pensamento de Mill.

Discutir estes textos para activar o interese de todos polo texto e, en xeral, pola materia de filosofía.

Realizar táboas ou esquemas comparativos entre as achegas éticas de Mill e o emotivismo de Hume ou entre a ética de Mill e as achegas de Aristóteles. Así mesmo, táboas comparativas entre as achegas políticas de Mill e as de Locke ou Montesquieu.

Consultar diccionarios de filosofía, monografías ou artigos en Internet sobre as principais achegas e conceptos do pensamento de Stuart Mill.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 16 de 25

Page 17: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Analizar a vixencia das propostas de Mill a favor da igualdade da muller. Comparalas con outras formas que se coñezan de propostas feministas.

C. Actitudes

Desenvolver actitudes non sexistas.

Ponderar o principio utilitarista do maior ben para o maoir número.

Valorar a democracia como sistema político e as actitudes de convivencia pacífica e de participación cidadá que traen consigo.

Interesarse por analizar os elementos da propia cultura que afunden as súas raíces nas propostas aristotélicas.

Adoptar unha postura crítica e reflexiva sobre os diversos temas propostos na aula, especialmente os referentes ó pensamento ético e político (incluíndo a igualdade real da muller).

Adoptar unha postura crítica e reflexiva respecto da realidade social e política, inspirándose na propia actitude dos utilitaristas. Desenvolver esta actitude mediante o traballo en equipo, a discusión e o diálogo, aprendendo a respectar as ideas e argumentos dos demais.

Unidade 11. O existencialismo. Heidegger e Sartre

A. Conceptos

Introducción ós existencialismos

O existencialismo de Heidegger: a pregunta polo ser. Os existenciarios do Dasein. Existencia auténtica e inauténtica. Conciencia, culpa e liberdade. A temporalidade do Dasein. A hermenéutica.

O existencialismo de Sastre. O ser en si e para si. O ser humano como absurdo e paixón inútil. O amor como fracaso. O ateísmo.

O pensamento personalista.

B. Procedementos

Relacionar a descrición dos existenciarios do Dasein coa propia existencia persoal. Tratar de buscar referentes concretos na propia existencia persoal do alumnado.

Comparar a postura metafísica de Heidegger coa aristotélica.

Realizar exercicios de comparación con pensadores anteriores acerca dos principais conceptos que utiliza Heidegger, distinguindo qué significa para un e para outro (por exemplo, liberdade para un racionalista e para Tomé de Aquino).

Explicar e debater a concepción antropolóxica de Sartre e comparala con outras antropoloxías doutro signo.

Tratar de comprender as causas do ateísmo de Sartre e debatelas.

Contrapoñer o personalismo coas achegas do existencialismo, comprobando semellanzas e diferencias.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 17 de 25

Page 18: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Consultar diccionarios de filosofía, monografías ou artigos en Internet sobre as principais achegas e conceptos do pensamento de Heidegger e Sartre. Descubrir qué sinal deixou na filosofía que se leva a cabo no século XXI.

C. Actitudes

Descubrir e valorar a achega filosófica existencialista como unha filosofía do ser humano. Descubrir todas as esixencias que a filosofía de Heidegger formula á liberdade e a vivir de modo auténtico.

Adquirir capacidade autorreflexiva e de autocoñecemento a partir das descricións fenomenolóxicas de Heidegger e Sartre.

Transcender do ámbito de interese filosófico ó ámbito da propia existencia.

Tomar conciencia da temporalidade do ser humano, das súas limitacións e da súa grandeza.

Adoptar unha postura autocrítica e reflexiva respecto do propio modo de vida (auténtico ou inauténtico), inspirádose na análise da realidade persoal dos existencialistas. Desenvolver esta actitude mediante o traballo en equipo, a discusión e o diálogo, aprendendo a respectar as ideas e argumentos dos demais.

Descubrir a importancia do proxecto existencial ou da liberdade como elementos claves na construcción persoal. Discutir e dialogar sobre a responsabilidade sobre un mesmo a que estas dimensións da persoa conducen.

Unidade 12. Linguaxe e ciencia. Wittgenstein e Popper

A. Conceptos

Wittgenstein. Biografía de Wittgenstein. O atomismo lóxico. O feito atómico. Relación figurativa. ¿Hai unha metafísica en Wittgenstein? O impulso cara ó «místico». Wittgenstein e o Círculo de Viena. O II Wittgenstein. Os xogos e usos da linguaxe. A función da filosofía.

A análise da linguaxe nas escolas de Oxford e Cambridge.

Karl Popper. Biografía. Criterio de falsación. Verosimilitude das teorías. Fronte á inducción. Racionalismo crítico. A doutrina dos tres mundos. O método das ciencias sociais. A ética.

Os filósofos da ciencia pospopperianos. Thomas S. Kuhn. Imre Lakatos. Paul Feyerabend.

B. Procedementos

Elaborar sínteses e esquemas da unidade.

Confeccionar un vocabulario específico do tema no que se utilicen diccionarios específicos ou monografías sinxelas.

Poñer por escrito as respostas ás actividades que aparecen ó longo da unidade.

Facer comentarios de texto, tratando de responder as preguntas-guía que van unidas a eles.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 18 de 25

Page 19: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Elaborar un pequeno traballo en equipo, esmerándose nos métodos e na presentación do mesmo.

Preparar algún debate comparando as diferentes doutrinas que se confrontan na unidade.

C. Actitudes

Tomar conciencia da necesidade dunha linguaxe precisa para a ciencia.

Apreciar a lóxica matemática como forma de expresar o que pode dicirse na ciencia.

Interesarse por comprender os usos da linguaxe común como forma de entender os significados das palabras.

Distinguir entre o que pode dicirse e o que non se pode dicir de ningún xeito. O mundo do místico.

Manter unha actitude de respecto cara ó que queda fóra da racionalidade lóxica.

Concienciarse de que a busca da verdade debe levarse a cabo en colaboración comunicativa.

Mostrar unha actitude aberta ante as críticas que nos fagan os demais sobre as nosas ideas.

Ser indulxente cos erros propios e alleos.

Rexeitar o autoritarismo e dogmatismo, sobre todo, no campo do saber.

Unidade 13. Filosofía hermenéutica

A. Conceptos

A hermenéutica antes de Gadamer: Scheleiermacher, Dilthey e Heidegger.

Interpretar, tradición, prexuízos, comprender e círculo hermenéutico segundo a concepción de Gadamer.

A linguaxe como horizonte de comprensión.

Linguaxe e sentido. A ontoloxía da comprensión.

B. Procedementos

Examinar o pensamento de Gadamer en relación coa historia da filosofía

Aplicar os principios básicos da hermenéutica gadameriana á propia análise de texto filosófico, comprendendo así mellor o seu sentido e o seu alcance.

Discutir estes textos para activar o interese de todos polo texto e, en xeral, pola materia de filosofía.

Reflexionar na aula acerca das relacións entre realidade e linguaxe tomando en conta esta nova perspectiva.

Buscar datos sobre outras propostas hermenéuticas (especialmente Ricoeur).

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 19 de 25

Page 20: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Consultar diccionarios de filosofía, monografías ou artigos en Internet sobre as principais achegas e conceptos do pensamento de Heidegger, Gadamer, Ricoeur, etc. Descubrir qué autores seguen investigando nesta liña filosófica na actualidade en todo o mundo.

C. Actitudes

Valorar a historicidade do ser humano.

Adquirir sentido crítico respecto da propia tradición.

Fomentar a capacidade analítica de textos e realidades culturais.

Tomar conciencia dos propios prexuízos como horizonte de precomprensión.

Espertar a curiosidade e a valoración polo que pode achegar a hermenéutica á propia comprensión do contexto cultural en que nos encontramos.

Adoptar unha postura crítica e reflexiva respecto da realidade cultural e da propia tradición, inspirándose na propia actitude dos hermeneutas. Desenvolver esta actitude mediante o traballo en equipo, a discusión e o diálogo, aprendendo a respectar as ideas e argumentos dos demais.

Unidade 14. Estructuralismo e posmodernismo

A. Conceptos

O estructuralismo.

O pensamento de Michel Foucault. Unha crítica radical da razón. A verdade como vontade de verdade. Unha concepción productiva de poder.

O posmodernismo.

O pensamento de Richard Rorty. O punto de partida da obra de Rorty. O antirrepresentacionalismo alternativo ó pensamento tradicional. A filosofía moderna e a ciencia estricta. O coñecemento como solidariedade. A cultura posfilosófica.

B. Procedementos

Potenciar o diálogo e a participación activa de todo o alumnado no desenvolvemento da clase de filosofía. Dentro deste contexto é conveniente favorecer os debates, fomentando desta maneira a capacidade de reflexión e comprensión do alumnado.

Examinar e considerar os textos presentados.

Comprender a época histórica contemporánea, as innovacións que supón e as repercusións para a historia do pensamento.

Reflexionar sobre a crítica radical á razón de Foucault e as súas propostas estructuralistas.

Observar a importancia da proposta de Foucault e as súas repercusións.

Analizar e valorar as propostas posmodernas e a teoría de Rorty.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 20 de 25

Page 21: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Elaborar composicións ou exercicios de reflexión persoal acerca da importancia das culturas filosóficas estructuralista e posmoderna.

Consultar en libros, monografías, diccionarios e Internet aspectos relacionados co amplo campo da cultura posmoderna e estructuralista.

Realizar os exercicios, actividades, análise e comentario dos textos propostos.

C. Actitudes

Adoptar unha postura crítica, tolerante e reflexiva sobre os temas e contidos que se tratan na aula e coas opinións dos compañeiros e compañeiras, dando importancia ó traballo en equipo e a saber respectar as ideas e argumentos dos demais.

Mostrar curiosidade pola xestación e desenvolvemento da cultura estructuralista e posmoderna.

Valorar os principais contidos e novidades das teorías dos autores analizados.

Tomar conciencia da importancia do pensamento posmoderno e estructuralista e das semellanzas e diferencias co pensamento das épocas antiga, medieval e renacentista.

Mostrar interese e motivación pola importancia que ten razoar e achegar respostas xustificadas ante a problemática que descubrimos a través dos autores estudiados na unidade.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 21 de 25

Page 22: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Os criterios de avaliación son indicadores que permiten detectar desaxustes e erros así como descubrir necesidades e lagoas nas presentacións curriculares.

Manexar con soltura o vocabulario filosófico de cada unidade en exposicións orais ou escritas, en debates ou comentarios de texto.

Entender os problemas filosóficos no contexto histórico e sociocultural en que aparecen. Non poden separarse as ideas filosóficas doutros campos do saber, como a ciencia, a literatura, a arte, a relixión, etcétera.

Situar no tempo e saber ordenar cronoloxicamente as diferentes achegas dos filósofos, comparándoos entre si e valorando o novidoso das súas achegas.

Descubrir a implicación das ideas nos cambios que se produciron na sociedade no constante esforzo da humanidade por racionalizar os problemas e as solucións ós mesmos.

Mellorar as destrezas adquiridas no curso anterior no comentario de textos con relación a un determinado tema, identificando o tema central do mesmo, a liña expositiva e tratando de buscar outras posibles alternativas. Debe valorarse a capacidade para descubrir os problemas, as teses que se manteñen e os argumentos que se utilizan, e a comprensión de termos específicos que aparecen no texto.

Realizar traballos individuais e colectivos para elaborar esquemas e resumos de autores e épocas, establecendo relacións comparativas entre eles.

Elaborar en equipo exposicións sobre autores ou temas tratados, comparando ideas e establecendo semellanzas e diferencias entre eles. Isto debe levar á elaboración de esquemas e sínteses temáticas, para o que moitas veces será necesaria a busca e selección de información complementaria.

Establecer os propios xuízos de valor, tanto acerca de autores coma de textos comentados. Estas valoracións individuais poden compararse para comprender mellor as diferentes ideas e autores.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 22 de 25

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Page 23: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

Os obxectivos educativos de cada un dos temas transversais deben estar conectados cos obxectivos xerais do Bacharelato e cos obxectivos xerais de área nas distintas programacións de cada departamento e nas programacións de aula. Esta integración enriquece os contidos destas áreas, ó analizarse temas actuais que forman parte da realidade que rodea ó alumno e alumna, e poténciase así a aprendizaxe significativa.

Son temas transversais porque están presentes de maneira global nos obxectivos e contidos de todas as áreas educativas, sen que correspondan de maneira exclusiva a ningunha delas. Evítase así o tratamento parcial e voluntario, que só se realizaba en determinadas disciplinas. Constitúen un entramado que todas as áreas e todos os ámbitos deben ter en conta, dado que estes temas favorecen o desenvolvemento de valores como a igualdade, a participación, a responsabilidade, a pluralidade, a tolerancia, etc.

Aínda que os temas transversais teñen un carácter aberto e flexible, analizaremos os seguintes:

Educación moral e cívica.

Educación para a paz.

Educación para a saúde.

Educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos.

Educación ambiental.

Educación ó consumidor.

A guerra.

Esta educación en valores é importante, tanto para o desenvolvemento persoal do alumno e alumna, como para un proxecto de sociedade máis libre, máis pacífica e máis respectuosa, de acordo coas propostas das finalidades educativas do noso centro.

Debido á especificidade do currículo da Historia da filosofía, pode resultarnos fácil tratar a maioría dos temas transversais propostos oficialmente. Casi desde as súas mesmas orixes, o pensamento filosófico desenvolveu cuestións relativas á igualdade entre os seres humanos, a relación entre técnica e natureza, a busca da paz como ideal, etc. Trátase, pois, de analizar esas ideas desde unha perspectiva crítica, aínda sendo conscientes dos influxos sociais e históricos, que condicionaron o desenvolvemento do pensamento na cultura occidental.

É preciso levar a cabo unha hermenéutica das ideas, pero non desde unha malentendida neutralidade científica, senón resaltando as falacias, que tratan de xustificar discursos xenófobos, androcéntricos, etnocéntricos, absolutistas, etc. O obxectivo final ó que se debe aspirar é o de facer ver ó alumnado o carácter liberador da filosofía con relación ós prexuízos e ideas preconcibidas. Desta maneira, os temas transversais quedarán insertos dentro do desenvolvemento das ideas filosóficas ó longo da historia.

Existen moitos contidos estreitamente relacionados cos temas transversais, especialmente os que están presentes nas concepcións éticas e pacifistas de varios dos nosos autores (paz, en Agostiño de Hipona e Kant; tolerancia, en Locke, etc). Neste contexto podemos sinalar o seguinte:

A educación moral e cívica está presente na historia do pensamento ó longo de todos os autores que analizamos. As súas teorías éticas e políticas achégannos unha visión democrática, con modelos de convivencia pacífica e sempre co referente do respecto ós dereitos das persoas.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 23 de 25

TRATAMENTO DE TEMAS TRANSVERSAIS

Page 24: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

En relación coa educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos, intentamos fuxir dunha linguaxe sexista e ademais debemos analizar a historia do pensamento no contexto da multiculturalidade e de rexeitamento á desigualdade e a todo tipo de discriminación no marco dos dereitos humanos.

En relación á educación para a paz, é unha constante na historia do pensamento o rexeitamento da violencia nas súas diversas formas, e a aposta por unha solución dialogada e ó mesmo tempo crítica ante os conflictos. Existen varios autores que reflexionan sobre o valor da paz e a loita contra as desigualdades, que están na orixe de moitas actitudes violentas. Da mesma maneira, a tolerancia entre os diversos credos como actitude pacifista tamén está presente en varios dos nosos autores, especialmente no empirista Locke. Do mesmo xeito, o marco dos dereitos humanos como referente tamén aparece en diversos autores e xéstase no pensamento, principalmente a partir do século XVII.

No que se refiere ó tema transversal da educación para a saúde, os valores relativos ó corpo e ó espírito, a crítica ó consumismo e a defensa da vida e da interculturalidade están presentes en todo o libro, pois son constantes na historia do pensamento e nas teorías éticas de moitos dos autores tratados. Todos eles conducen a unha vida feliz e de calidade, meta de todos os seres humanos.

O contido transversal da educación ambiental ten presencia na historia do pensamento. Os primeiros pensadores tratan de reflexionar sobre a natureza, tratando de descubrir o seu comezo. No renacemento a reflexión sobre a natureza convértese en central, e a partir da Ilustración a relación do suxeito coa natureza enmárcase en relacións de harmonía. Será principalmente no pensamento contemporáneo cando aparezan posicións máis netamente ecoloxistas.

Polo que se refire ó tema da guerra, xa empeza a ser tratado por Agostiño de Hipona, quen sinala as condicións da guerra xusta. Máis tarde maniféstase en parecido sentido Tomé de Aquino; máis tarde os iusnaturalistas, os ilustrados —especialmente Kant— e Ortega. E despois chegamos ós nosos días, en que resulta dificil defender unha guerra xa que existen armas nucleares que non permiten que haxa vencedores nin vencidos.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 24 de 25

Page 25: FÍSICA Y QUÍMICAspain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/... · Web viewEsas respostas ou elaboracións intelectuais configuráronse en verdadeiros sistemas conceptuais

O tempo que se debe dedicar a cada unidade debe fixarse desde a programación de departamento e da aula. O segundo curso de Bacharelato adoita acabar a finais de maio, co conseguinte recorte das horas lectivas a causa das probas de selectividade que deben pasar os alumnos e alumnas, ou da futura proba xeral de Bacharelato. Acostuma existir unha descompensación entre os programas e as horas lectivas.

O curso adoita dividirse en tres trimestres separados por períodos de vacacións: Nadal e Semana Santa. Esta última varía duns anos a outros e condiciona a repartición da materia que se ha de avaliar. Tamén existen algunhas celebracións dependentes das comunidades autónomas e festas locais.

Se calculamos que a Historia da filosofía conta cunhas 90 horas de clase por curso, o ideal sería repartilas en 30 horas por trimestre, e en función diso repartir as unidades. Un cálculo aproximado debería permitirnos avaliar no primeiro trimestre as catro primeiras unidades: O pensamento grego (I e II), Filosofía medieval e Filosofía renacentista. No segundo trimestre deberían completarse as unidades 5, 6, 7, 8 e 9, deixando para o final as restantes. De todos os xeitos, na exposición de contidos díctase unha temporalización por unidade en función da súa extensión, cun cálculo máis realista, tendo presente a parte teórica e a parte práctica de comentario de textos.

McGraw-Hill/Interamericana Proxecto Curricular Historia da filosofía. 2.º Bacharelato Página 25 de 25

TEMPORALIZACIÓN