Friol punto e aparte
-
Upload
no-campo-da-feira -
Category
Education
-
view
1.560 -
download
1
Transcript of Friol punto e aparte
Friol: moito por facer
Fot:Vega
Tarefas pendentes: suxestións
Recuperar o pasado fotográfico
… e de paso a personaxes inesquecibles por vivir dun xeito diferente: un subversivo
Potenciar a riqueza natural
O nacemento do Narla. Catálogo da fauna e flora. Os endemismos botánicos da Serrado Careón asociados a rochas ultrabásicas (serpentínicas). Flora subversiva que seempeña en nacer nun medio difícil.
Potenciar a riqueza natural
A xeoloxía da dorsal galega: a Serra da Cova da Serpe (roteiros xeolóxicos, asformacións de ollo de sapo, granates…). A fronteira entre as dúas Galicias. A serrasubversiva.
Potenciar a riqueza natural
Protexer os ríos, nos que aínda habitan especies en perigo de extinción(Margaritifera margaritifera). Outra subversiva.
Potenciar a riqueza natural
Rescatar a biodiversidade produtivaautóctona.Convertila en subversiva.
Escoitar…
á sabedoría de quen foi testemuña de longas vivencias. O que contan axuda aentender quen somos (memoria histórica nunha época de desmemoria empeza aser subversivo)
Pois si… escoitar
Obradoiro da memoria
… e gozar de todas as experiencias…
… que nos fan ser seres sociais: as ocorrencias, rir en grupo, o efecto sorpresa, a sorte de falar
con quen xa non está… A riqueza do intercambio humano. En ningún caso a reunión, a asociación,
compartir o tempo, aproximar ideas, debatilas ou discrepar… debera ser subversivo.
Manter viva a nosa esencia
Vivir de xeito alternativo á tiranía globalizadora. É tamén un acto subversivo
Conservar
Catalogar as construcións adxectivas e mimar a todas
aquelas que non sucumbiron ao ladrillo. Apostar pola
permanencia fronte á dinámica de usar e tirar é tamén
unha aposta subversiva.
Facer falar ás pedras
… e desentrañar os seus segredos.
Romper o silencio perpetuado no tempo,
non pode ser máis subversivo.
Loitar…
… para que as institucións velen pola nosa riqueza e liberdade
Se todo isto é subversivo….
Sexamos subversivos!
Sexamos… algo máis que pan en queixo!