Folleto orientación ep

2
IES. FÉLIX MURIEL Orientación académica dirixida ás familias do alumnado de 6º de Primaria C/ Rianxiño s/n 15920 — Rianxo Tfno: 981 84 37 00 www.edu.xunta.es/centros/iesfelixmuriel/ Solicitude de admisión: No mes de marzo Matrícula para 1º da ESO. Do 25 de xuño ao 10 de xullo Na ESO. hai que matricularse todos os anos Documentación Impreso de matrícula e carné escolar. Tres fotografías tamaño carné co nome e apelidos no dorso Fotocopia do DNI. No seu defecto, copia da folla do Libro de Familia onde estea inscrito o alumno/a, ou partida de nacemento. Fotocopia da tarxeta de Afiliación á Seguridade Social MATRÍCULA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN I.E.S. Félix Muriel LUNS: Mañá de 8,30 a 14,10 Tarde: de 16,20 a 18,00 DE MARTES A VENRES: Mañá de 8,30 a 14,10 HORARIO DO INSTITUTO Curso 2011 — 2012

Transcript of Folleto orientación ep

Page 1: Folleto orientación ep

IES. FÉLIX MURIEL

Orientación académica dirixida

ás familias do alumnado de 6º de Primaria

C/ Rianxiño s/n

15920 — Rianxo

Tfno: 981 84 37 00

www.edu.xunta.es/centros/iesfelixmuriel/

Solicitude de admisión: No mes de marzo

Matrícula para 1º da ESO.

Do 25 de xuño ao 10 de xullo

Na ESO. hai que matricularse todos os anos

Documentación

• Impreso de matrícula e carné escolar.

• Tres fotografías tamaño carné co

nome e apelidos no dorso

• Fotocopia do DNI. No seu defecto,

copia da folla do Libro de Familia

onde estea inscrito o alumno/a, ou

partida de nacemento.

• Fotocopia da tarxeta de Afiliación á

Seguridade Social

MATRÍCULA

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

I.E.S. Félix Muriel

LUNS: Mañá de 8,30 a 14,10 Tarde: de 16,20 a 18,00 DE MARTES A VENRES: Mañá de 8,30 a 14,10

HORAR IO DO I NS T I T U TO

Curso 2011 — 2012

Page 2: Folleto orientación ep

A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) comprende catro cursos académicos que se realizarán ordinariamente entre os doce e os dezaseis anos de idade.

Titulación

O alumnado que supere to-

das as materias obterá o títu-

lo de graduado en educa-

ción secundaria obrigato-

ria. Da mesma maneira, pode-rán obter o devandito título as alumnas e alumnos que remata-sen o cuarto curso con avaliación

negativa nunha ou dúas materias, e ex-cepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente considere que a natureza e o peso destas no conxunto da etapa non lles impediu acadar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

O título de graduado en educación secun-daria obrigatoria permitirá acceder ao bacharelato, á formación profesional de grao medio, aos ciclos de grao medio de artes plásticas e deseño, ás ensinanzas deportivas de grao medio e ao mundo laboral.

O alumnado que curse educación secun-daria obrigatoria e non obteña o título de graduado en educación secundaria

obrigatoria recibirá un certificado de

escolaridade no que se farán constar os anos e as materias cursadas.

Educación Secundaria Obrigatoria

Organización das materias en 1º da E.S.O.

• Ciencias naturais: 4 horas

• Ciencias sociais: 3 horas

• Matemáticas: 4 horas

• Lingua e literatura galega: 4 horas

• Primeira lingua estranxeira: 3 horas

• Segunda lingua estranxeira: 2 horas

• Educación física: 2 horas

• Lingua e literatura castelá: 4 horas

• Educación plástica e visual: 2 horas

• Relixión/Historia e cultura das re-

lixións/ Actividades de estudo alter-nativo (2 horas)

• Proxecto interdisciplinar: 1 hora

• Titoría: 1 hora

Total: 32 horas semanais

Medidas de atención á diversidade:

• Aagrupamentos específicos nas

áreas instrumentais (lingua castelá, lingua galega e matemáticas)

• Exención de segunda lingua es-

tranxeira (reforzo educativa) O centro pertence á rede ABALAR de incor-poración das novas tecnoloxías á educación secundaria. Este proxecto iniciouse no curso 2010-2011 nas aulas de 1º da ESO.

A promoción na Educación Secundaria Obrigatoria A promoción decídese ao finalizar cada un dos cursos.

O alumnado promocionará ao curso se-guinte cando teña superados os obxectivos das materias ou teña avaliación negativa en dúas como máximo. Repetirá curso can-do sexa avaliado negativamente en tres ou máis. Excepcionalmente, o equipo docente pode-rá autorizar a promoción con avaliación negativa en tres materias.

Para os efectos de promoción de curso computaranse tanto as materias non supe-radas do propio curso como as materias de cursos anteriores da ESO.

O alumnado poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas como máximo dentro desta etapa. Excepcionalmente, unha alumna ou alumno poderá repetir unha segunda vez en cuar-to curso se non repetiu en cursos anteriores desta etapa.