Flores de froitas MATERIAIS - USC...froitas coitelo de punta roma e coitelo que corte ben táboa de...

3
www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS Lava as froitas e quítalles a pel que non sexa comestible: a da sandía, a do plátano, a do kiwi, a da laranxa... Resérvaas. Para facer unha flor coa polpa de sandía, primeiro debuxamos nun papel ben limpiño un círculo usando a boca redonda dun vaso, e dentro do círculo debuxamos unha flor e a recortamos. Nunha táboa, cortamos un anaco de sandía e poñemos enriba o mesmo vaso usado antes, premendo sobre a polpa, de maneira que obteremos un círculo de sandía. Pon sobre el a flor de papel e con coidado vai cortando a contorna da flor cun coitelo de punta roma para non mangarte. Retira o papel. A continuación corta unha franxa de plátano e sitúaa no centro da flor de sandía (se queres que quede encaixada dentro, corta o círculo no centro da flor e logo introduce a franxa). Unha vez teñas a flor de sandía, colócaa na fonte. Para facer unha flor con uvas, corta estas pola metade e vai poñéndoas na fonte facendo un círculo. Para facer unha flor de laranxa, só tes que cortar unha franxa. Para facer unha flor de pexego con forma acampanada, corta a froita pola metade lonxitudinalmente e colle a que non teña o óso. Recórtaa en forma de campá e logo dálle forma de pétalos ao borde máis ancho. Para a flor de plátano, corta varias franxas e logo párteas pola metade e vai poñéndoas en círculo. Coloca as flores na fonte. Escolle as froitas que prefiras para poñer no centro das flores, para o que terás que cortalas en circuliños. Unha vez feitas as flores, só queda facer unhas follas para adornalas. Podes facelas cunha mazá verde ou coa pulpa dun kiwi. Obterás unha preciosa fonte de flores riquísimas! Flores de froitas coitelo de punta roma e coitelo que corte ben táboa de cociña froitas maduras de diferente tipo: sandía, plátano, uvas, laranxa, pexego... froita de cor verde, na pel (mazá) ou na polpa (kiwi) fonte ou prato grande vaso papel blanco e lapis tesoira

Transcript of Flores de froitas MATERIAIS - USC...froitas coitelo de punta roma e coitelo que corte ben táboa de...

  • www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

    MATERIAIS

    Lava as froitas e quítalles a pel que non sexa comestible: a da sandía, a do plátano, a do kiwi, a da laranxa... Resérvaas.

    Para facer unha flor coa polpa de sandía, primeiro debuxamos nun papel ben limpiño un círculo usando a boca redonda dun vaso, e dentro do círculo debuxamos unha flor e a recortamos. Nunha táboa, cortamos un anaco de sandía e poñemos enriba o mesmo vaso usado antes, premendo sobre a polpa, de maneira que obteremos un círculo de sandía. Pon sobre el a flor de papel e con coidado vai cortando a contorna da flor cun coitelo de punta roma para non mangarte. Retira o papel. A continuación corta unha franxa de plátano e sitúaa no centro da flor de sandía (se queres que quede encaixada dentro, corta o círculo no centro da flor e logo introduce a franxa). Unha vez teñas a flor de sandía, colócaa na fonte.

    Para facer unha flor con uvas, corta estas pola metade e vai poñéndoas na fonte facendo un círculo. Para facer unha flor de laranxa, só tes que cortar unha franxa. Para facer unha flor de pexego con forma acampanada, corta a froita pola metade lonxitudinalmente e colle a que non teña o óso. Recórtaa en forma de campá e logo dálle forma de pétalos ao borde máis ancho. Para a flor de plátano, corta varias franxas e logo párteas pola metade e vai poñéndoas en círculo. Coloca as flores na fonte. Escolle as froitas que prefiras para poñer no centro das flores, para o que terás que cortalas en circuliños.

    Unha vez feitas as flores, só queda facer unhas follas para adornalas. Podes facelas cunha mazá verde ou coa pulpa dun kiwi. Obterás unha preciosa fonte de flores riquísimas!

    Flores de froitas

    coitelo de punta romae coitelo que corte ben

    táboa de cociñafroitas maduras de diferente tipo:

    sandía, plátano, uvas, laranxa, pexego...

    froita de cor verde, na pel (mazá) ou na

    polpa (kiwi)

    fonte ou prato grande

    vaso

    papel blancoe lapis tesoira

  • www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

    Que é unha flor?É o aparato reprodutor dalgunhas plantas, as anxiospermas. Pode ter órganos femininos, masculinos ou ambos. Unha flor completa está formada por pezas estériles e pezas fértiles.

    Pezas estériles: corola, que é o conxunto de pétalos, xeralmente de cores vivas para atraer aos polinizadores (insectos, paxaros, morcegos…), e cáliz, que é o conxunto de sépalos, que son estruturas foliáceas, xeralmente de cor verde, e serven para protexeren o botón floral. Cando a flor abre, os sépalos quedan na parte baixa e sosteñen a corola.

    Pezas fértiles (órganos reprodutores): por un lado, estames, que son os órganos masculinos produtores dos grans de pole (gametos masculinos). Cada estame está formado por un filamento que remata nuns sacos chamados anteras, que conteñen o pole. E por outro lado, pistilo, que é o órgano reprodutor feminino, encargado de formar os óvulos (gametos femininos). No pistilo diferéncianse tres partes: ovario (parte máis ancha que contén os óvulos), estilo (tubo) e estigma (parte superior do estilo, xeralmente pegañenta).

    Como é o ciclo vital dunha planta con flor?Unha vez formado o pole, ten lugar a polinización (os grans de pole dunha flor son transportados polo vento, auga ou insectos ata o estigma doutra flor). Cando o gran de pole chega ao estigma, desenvolve un tubo (tubo polínico) por onde os gametos masculinos viaxan ata o ovario, onde están os óvulos. Da unión dos gametos masculino e feminino ou fecundación, fórmase o cigoto, que dará lugar á semente dentro do ovario da flor, e o ovario transfórmase en froito. Moitas sementes teñen mecanismos e estruturas para poder transportarse grandes distancias (dispersión), as principais formas de dispersión son polo vento, pola auga ou cos excrementos de animais que comen os froitos. As sementes xerminan e maduran converténdose en plantas que repetirán o mesmo ciclo.

    Que é un froito?É unha parte da planta (árbore, mato ou herbácea) que procede do ovario da flor fecundado e desenvolvido, que contén as sementes no seu interior, e estas xerminan para dar lugar a unha nova planta. De feito, unha das principais funcións do froito é protexer ás sementes ata que xerminen.

    Como son os froitos?Teñen dúas partes: a semente, da que nacerá unha nova planta, e o pericarpo, que é a capa que protexe ás sementes. Existen multitude de froitos distintos, dependendo da especie de planta, e poden formarse a partir dunha soa flor ou de varias flores xuntas. Froitos secos: cunha semente, como as landras e abelás, nos que o pericarpo é a casca e o que contén é a semente (o que se come), ou con varias sementes, como as legumes. Froitos carnosos: poden ser 1) simples, formados a partir dunha flor cun só pistilo. Se teñen unha soa semente chámanse drupas, e o pericarpo ten varias capas: pel, polpa e óso (ameixas, melocotóns...), e se teñen máis sementes poden ser baias (tomate, uva, kiwi, plátano... os plátanos que se comercializan proceden de flores que non foron fecundadas e por iso non atopamos ningunha semente no seu interior!), pepónides (melón, sandía...) ou hespéridos (laranxa, limón...), 2) agregados, formados a partir dunha flor con varios pistilos, como as polidrupas (amora, framboesa...), 3) complexos, ademais do pistilo interveñen na formación outras partes da flor, por exemplo os pomos (mazá, pera...). 4) Compostos, froitos agrupados formados a partir de varias flores. Son os siconos (figo) e estróbilos (piña).

    Que importancia teñen os froitos?Son esenciais para protexer ás sementes, polo tanto para o ciclo vital das plantas que os teñen. Moitos son comestibles e altamente nutritivos, e deles depende a dieta de moitos animais. Ademais, para os seres humanos non só constitúen unha importante fonte de alimento, tamén hai moitos froitos dos que se obteñen produtos de interese, como medicinas, perfumes, tecidos ou tinturas.

    das flores aos froitos:unha estratexia vital

  • www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

    1) No seguinte esquema, podes ver as partes dunha flor e o seu ciclo vital. Es-cribe nos cadros en branco as palabras que faltan.

    2) Saberías que tipo de froitas carnosas son as seguintes? Escribe o nome da froita debaixo do tipo ao que corresponda na táboa.

    QUE APRENDEMOS sobre os froitos?

    POMO SICONO

    BAIA DRUPA

    POLIDRUPA

    PEPÓNIDE

    HESPÉRIDO