Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa,...

12
1 Palabras de caramelo XERAIS Título: Palabras de caramelo Autor: Gonzalo Moure Ilustrador: Fernando Martín Godoy Editorial: Xerais Colección: Sopa de libros Nº páxinas: 80 ISBN: 84-9782-071-1 Idade: De 12 anos en diante

Transcript of Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa,...

Page 1: Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa, limón, laranxa… Por exemplo: as palabras de caramelo son doces e amables, cheas

1

Palabras de caramelo

XERAIS

Título: Palabras de caramelo

Autor: Gonzalo Moure

Ilustrador: Fernando Martín Godoy

Editorial: Xerais

Colección: Sopa de libros

Nº páxinas: 80

ISBN: 84-9782-071-1

Idade: De 12 anos en diante

Page 2: Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa, limón, laranxa… Por exemplo: as palabras de caramelo son doces e amables, cheas

o autorGonzalo Moure

Asturiano, confesa que viaxa, polo menos,unha vez ao ano aos campamentos de refuxia-dos do Sáhara, onde transcorre esta historia.Tamén conta que ama ao pobo saharaui «gra-cias aos seus nenos, que conservan o mellor dainfancia: alegría sen límites e un respecto pro-fundo polo mundo dos seus maiores».Leva máis dunha década dedicado case exclu-sivamente a escribir. Gústalle facelo paranenos, dende a base de que estes libros sonpontes entre o mundo adulto (de quen escri-be) e o infantil (de quen le).Podemos citar algún dos seus libros que aca-daron premios como o Gran Angular por ElSíndrome de Mozart; o Barco de Vapor porLili, libertad; o premio Jaén con ¡A la mierdala bicicleta e El bostezo del puma; premio AlaDelta con Maíto Panduro; Geranium e El alimento de los dioses formaron parte da Listade Honor do IBBY.

2

Page 3: Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa, limón, laranxa… Por exemplo: as palabras de caramelo son doces e amables, cheas

3

o ilustradorFernando Martín Godoy

Nado en Zaragoza en 1975, vive en Madrid,onde se dedica á pintura e á ilustración delibros. Compara a ilustración dun libro coadirección dunha película, no sentido de queaquí tamén necesitas decorados, vestiario, pro-tagonistas, actores secundarios, iluminación…así como lograr que as ilustracións manteñanun ritmo e unha coherencia. Entende a ilustra-ción como un complemento do texto que lleachega personalidade á historia.Neste caso, os debuxos en branco e negro si-túannos no mundo árabe, no clima desértico enunha paisaxe de tendas que xa non son provi-sionais. A escaseza de rasgos fai máis expresivoo trazo, que aparece limpo e definido.

Nace da experiencia persoal do autor, da súa admiración polo pobo saharaui que «levavinte e seis anos vivindo no peor deserto do mundo para tratar de gañar o dereito a terunha patria».Defende o poder da palabra, o respecto pola diferencia e o amor aos animais.Relata a historia dun neno saharaui, o terceiro de cinco irmáns, que vive nun asenta-mento de refuxiados no deserto. Este rapaz, xordomudo, empéñase en aprender a ler eestablece unha relación moi especial cun camelo ao que chama Caramelo e do que trans-cribe as palabras que lle le na boca mentres este rumia a comida. O neno non entendeque o animal deba ser sacrificado para alimentar á comunidade e foxe con el ao profun-do deserto. O seu tío irá buscalos e conseguirá atopalos cando xa están exhaustos e apunto de perecer. Cando Caramelo é sacrificado para alimentar á xente do barrio, orapaz escribirá as palabras que cre dictadas polo animal; anos máis tarde, un prestixiosopoeta lerá ese texto e considerarao unha das poesías máis fermosas que coñece.

o libro

Page 4: Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa, limón, laranxa… Por exemplo: as palabras de caramelo son doces e amables, cheas

4

temas e valoresO compromiso do autor.Estamos ante un autor comprometido que fai visible a realidade do pobosaharaui escribindo sobre el. Desta maneira, denuncia a situación destasxentes condenadas a vivir fóra das súas terras, en campamentos de refuxia-dos, mentres esperan por un referendum que non saben cando chegará.

O protagonista é xordomudo.Plantéxasenos, polo tanto, o enfrontamento coas diferencias, coa xenteque non ten as capacidades consideradas ordinarias ou normais, senónque debe vivir coa falta dunha delas. Neste caso, Kori non pode falar eexpresarse da mesma maneira e coa amplitude que o poden facer os seus

compañeiros, nin pode escoitar o que os demais din; ha tentar ler nos seus labios aspalabras porque non pode oílas. Facer visible tamén ese mundo de silencios é outraaportación do autor que nos fai pensar no seu compromiso con aqueles que teñenmenos capacidades ou, simplemente, carecen delas.

A incomprensión entre os adultas e os nenos e nenas.Dous mundos que se entrecruzan pero que teñen valores e sentimentosdiferentes. Kori non pode entender que o seu tío queira sacrificar aCaramelo, que é o ser a quen el máis quere; sen embargo, é absoluta-mente necesario que o faga, pois esta é maneira que ten de alimentar á

súa xente.

Coñecer outras realidades.Achegarse ao terceiro mundo e ver como viven esas xentes ou entenderque moitos deles necesiten vir traballar aquí. Observar os seus costumese respectalos. Recoñecer os valores que teñen esas culturas diferentes ánosa e dos que teriamos que aprender leccións coma o respecto polos

maiores ou ser capaz de vivir só co imprescindible.

O afecto polos animais.Atender ás súas necesidades, coidalos e darlles cariño.

O valor da poesíacomo linguaxe que nace do sentimento.

Page 5: Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa, limón, laranxa… Por exemplo: as palabras de caramelo son doces e amables, cheas

5

actividadesAntes da lectura

• Entre todos anticiparemos a historia que hai detrás dese título e farémolo apoiándonos,tamén, no relato da contraportada, tentando descifrar os datos que se nos achegan.• Observamos a imaxe da portada e vemos onde nos sitúa, a que mundo nos leva o toca-do da cabeza do rapaz e este tipo de animal… Seguimos vendo o resto das ilustraciónspara confirmar a situación da historia no deserto. Daquela podemos inventar un relatoque suceda nese lugar ou recordar algún coma O principiño, Simbad ou Alí Babá.• Podemos documentarnos sobre o deserto ou sobre os camelos en libros de informaciónque atoparemos na biblioteca.

Despois da lectura

• Por parellas, adiviñarán o que di o compañeiro léndolle os labios. Isto axudaralles a esa-xerar o xesto e a dicción. Cando teñan practicado un bo anaco, poderán facelo entretodos e todas, vendo quen é máis rápido acertando a palabra pronunciada e, posterior-mente, a frase.• Seguiremos a tentar entendernos sen palabras. Para iso, buscaremos outros sistemas decomunicación como os de luces, o braille, o morse, as bandeiras…• Buscamos diferentes maneiras de comunicarnos por escrito: podemos escribir en piza-rras como fan os enfermos aos que lles prohiben falar, utilizar o correo electrónico ou ochateo…• Os nenos facían burla de Kori… ¡sempre pasa! Preguntémonos por que será que rin dosmáis débiles, por que os fan sufrir en vez de axudarlles… Reflexionemos sobre esta pro-blemática.• Kori pensa que Caramelo lle di palabras fermosas, palabras poéticas que son as palabrasdo amor e da comunicación, de alguén que lle proporciona o tempo para pensar e expre-sarse. Escríbeas el, pero di que son de Caramelo, pois gracias ao camelo é quen de pen-salas. Esta é unha maneira de ser agradecido, pois ás veces facemos cousas coa axuda dosdemais e recoñecer esa axuda pode ser un acto de xustiza. Pensemos en que casos nospode suceder algo así.• A mestra pensa nos nenos normais e no «privilexiados que eran por ter ollos que vían,oídos que oían e bocas que falaban». ¿Somos conscientes de todo o que temos?¿Dámonos conta do ben que estamos cando non nos sentimos enfermos? Reflexionemossobre isto e vexamos a maneira de colaborar con aqueles que teñen dificultades.• O mellor poema de Kori é o que foi escrito ante a máis dura dor, cando sacrifican aCaramelo. Pensemos se é posible converter a tristeza ou os malos momentos en algo fruc-tífero e fagámolo.

Page 6: Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa, limón, laranxa… Por exemplo: as palabras de caramelo son doces e amables, cheas

6

actividades• Os animais son seres vivos que reaccionan ao noso afecto, por iso é moi agradable rela-cionarse con eles. Os animais poden estar ceibes, andar á súa vida e atoparnos cando secruzan, como pode pasar cando o can anda pola horta ou o gato vai e vén á casa. Perocando vivimos en pisos, se queremos ter unha mascota, debemos pensar moi ben calescoller, pois a ese tipo de animais hai que coidalos, darlles de comer, atender á súa hixie-ne… Á hora de escollelos debemos ter en conta, tamén, que sexan deste hábitat e nonproductos de contrabando. Falaremos de todo isto e, logo, cada un presentará a súa mas-cota por medio dun debuxo ou foto, falará dela ou lerá a súa descrición e historia.• Podemos ler un texto de Castelao que aparece en Cousas no que se relata unha repre-sentación teatral en dous lances (familia labrega que chora a morte dunha vaca e familiaburguesa que chora a dunha cadeliña) e a reacción do público do patio de butacas e dogaliñeiro ante cada escea. Despois comentaremos a razón desas diferencias sociais e vere-mos se lle atopamos relación coa historia que acabamos de ler.• Nas vacacións de verán hai rapaces saharauis que veñen pasar as vacacións con familiasgalegas. Podemos preguntar se o noso concello colabora con este programa e podemosentrar en contacto con alguén que convivira con estes nenos e que nos explique o queaprendeu con eles, que nos conte se teñen correspondencia…• Se nos gustou este libro, buscaremos outros do autor e animarémonos a lelos. Damesma maneira, se nos gustaron as ilustracións, buscaremos outros libros ilustrados porFernando Martín Godoy, realizando a búsqueda a través do programa informático, dasfichas ou, directamente, mirando os libros.

Page 7: Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa, limón, laranxa… Por exemplo: as palabras de caramelo son doces e amables, cheas

7

ficha a1 (antes da lectura)

Xogamos co título. Antes de saber que Caramelo é un camelo, podemos pensar comoserán as palabras de caramelo. Faremos que describan o que son para eles e como podenir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa, limón, laranxa… Por exemplo: aspalabras de caramelo son doces e amables, cheas de tenrura; son palabras que nos fanben, que nos gustan; cando as metemos na boca, espértannos a diferentes sabores quenos abren a outros mundos. As de sabor a fresa fannos pensar na cor rosada…

Buscaremos outro tipo de palabras e irémolas describindo ou debuxando: palabras desilencio, palabras de paz, palabras de honor…

Con Gloria Sánchez xogamos a inventar «palabras». Tomémoslle prestadas unhas pou-cas… logo, seguiremos creándoas nós:

palabras sinxelasPalabras únicas(palabras) apoucadaspalabras escuraspalabras selectasPALABRAS maiores¿palabras? Escépticas¡palabras! Perplexasp_l_br_s enigmáticas“palabras” entre bágoas

Page 8: Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa, limón, laranxa… Por exemplo: as palabras de caramelo son doces e amables, cheas

8

ficha d1 (despois da lectura)

No relato fálase de que o campamento era un bosque de jaimas. Pintémolo.

Completa:Rumiantes son os animais que rumian porque o seu aparato dixestivo…; aliméntansede… Son rumiantes os camelos, …, …, …, … e …

Contesta:• ¿Por que Kori lle chama Caramelo ao camelo?

• ¿Quen é Alá?

• ¿Por que se sacrifican antes os camelos machos que as femias?

• ¿Cantas veces rezaba o tío de Kori ao día?

• ¿Que fai Ahmed para que Kori comprenda que tamén a el lle dá pena sacrificar aCaramelo?

• ¿En que se diferencia un camelo dun dromedario?

Escolle os animais que había no campamento entre os seguintes: camelos, galiñas, vacas,cabras, porcos, corvos, cervos, ovellas, ocas, parrulos, pavos, mulas, asnos, cabalos, pom-bas e gaivotas.

¿A que animais chamamos mamíferos?

Escribe tódolos mamíferos que coñezas.

Page 9: Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa, limón, laranxa… Por exemplo: as palabras de caramelo son doces e amables, cheas

9

ficha d2Cando aparece escrito «un camelo da cor do caramelo» vemos que camelo e caramelo riman,polo que nos pode resultar ben doado facerlle un pequeno poema que comece deste xeito:

Un cameloda cor do caramelo…

Completa o poema coas palabras caídas: (pequenos, serios, noitiña, acenden)

Os homes ________ do ceocos seus chisqueiros ________cando a __________ se estende,_________ farois de xeo.

Fagámoslle un poema acróstico a Caramelo:

CARAMELO

Recoñecemos a poesía nas imaxes que lemos ao longo do libro, como «auga de cristal»,«faroliños de ceo», «mares de herba»… Despois disto, podemos probar a crealas nós.

Definimos poeticamente seguindo o modelo que se nos amosa no relato: «as estrelas sonlumes fríos no silencio negro»:

A lúa é…O sol é ……

Falamos por acenos. Para iso, o primeiro que temos que facer é lembrar entre todos osque coñecemos e facemos un dicionario de señas:

Comer AsentirBeber NegarDormir Pedir silencio …

Page 10: Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa, limón, laranxa… Por exemplo: as palabras de caramelo son doces e amables, cheas

10

ficha d3Traduce as palabras saharauis que aparecen no texto:

huar jaimas hammada melfa talja

Ao lado de cada nome, escribe un par de frases explicando quen é ese personaxe:

KoriCarameloMahfudaBrahimNaisma FatimetuAhmedChejBati

Escribe a historia que hai detrás do título que escribe Kori: «O sol e a lúa ámanse, e poriso únense no ceo».

Hai imaxes que se prestan a ser debuxadas porque espertan en nós un certo misterio.Probemos.

Unha tormenta de area Un eclipse de sol

Page 11: Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa, limón, laranxa… Por exemplo: as palabras de caramelo son doces e amables, cheas

11

soluciónsFicha A1Resposta libre.

Ficha D1Resposta libre.

Completa: traga o alimento directamente para a panza onde fermenta e logo devólveo á bocapara mastigar / herba / dromedarios, camelos, vacas, antílopes, xirafas, cervos…

Contesta: Pola súa cor que lembra a dos caramelos. / O deus dos musulmáns. / Porque elasdan leite e crian outros camelos, pero os machos só serven para carne e se non se matan novosa carne faise moi dura. / Cinco. / Chora diante del cando os homes saharauis nunca o fandiante dos nenos nin das mulleres e fai que Kori pase a man polas súas bágoas. / O camelo eo dromedario diferéncianse polo número de xibas, no caso do camelo, dúas, e no do drome-dario, unha.

Escolle: Cabras, camelos, corvos.

Chamamos mamíferos a aqueles grupos de animais nos que as femias alimentan ás súas críascon leite das súas glándulas mamarias.

Son mamíferos as vacas, dromedarios, camelos, cabras, ovellas, asnos, cabalos, mulas…

Ficha D2Resposta libre.

A orde das palabras: serios / acenden / noitiñas / pequenos.

Resposta libre no 3, 4, 5 e 6.

Ficha D3Tradución: Cría de camelo / Tendas de campaña / Deserto / Túnica que levan as mulleresadultas / Acacia espiñenta.

Quen é quen: Neno protagonista / Camelo / Nai de Kori / Irmán pequeno de Kori / A mestra/ O tío / O amigo de Ahmed / Poeta saharaui.

Resposta libre no 3 e no 4.

Page 12: Palabras de caramelo - LAROUSSE | Inicio · ir cambiando de sabor: de menta, de fresa, cereixa, limón, laranxa… Por exemplo: as palabras de caramelo son doces e amables, cheas

12

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2004© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2004Depósito legal: VG. 279-2004