Fíxate nos exemplos para saber a que século corresponde ... -Fíxate nos exemplos para saber a que...

27
- Fíxate nos exemplos para saber a que século corresponde unha data: Ano 42 → está entre o ano 1 e o ano 100 → século I Ano 319 → (3 +1) → pertence ao século IV Ano 1567 → (15 +1) → pertence ao século XVI Ollo! Esta táctica non serve para os anos rematados en 00, neles a cifra que precede aos dous ceros é a que indica o século. Por exemplo, o ano 1000 pertence ao s. X.

Transcript of Fíxate nos exemplos para saber a que século corresponde ... -Fíxate nos exemplos para saber a que...

- Fíxate nos exemplos para saber a que século corresponde unha data:

Ano 42 → está entre o ano 1 e o ano 100 → século I

Ano 319 → (3 +1) → pertence ao século IV

Ano 1567 → (15 +1) → pertence ao século XVI

Ollo! Esta táctica non serve para os anos rematados en 00, neles a cifra que precede aos dous ceros é a que indica o século. Por exemplo, o ano 1000 pertence ao s. X.

UNIDADE 2:

UNHA APROXIMACIÓN AO MUNDO CLÁSICO:

A civilización grega desenvolveuse entre os séculos VIII e I a.C., xurdiu ao sur da Península Balcánica, nas costas e illas do mar …............................ e nas costas de Asia Menor, na actual …...............................

Este territorio, presenta un relevo constituído por vales e pequenas chairas separadas por cadeas ….........................., que favoreceu a formación de cidades-Estado independentes, denominadas polis.

A pesar da fragmentación política en diferentes polis, os gregos sentíanse unidos por fortes lazos culturais: falaban a mesma lingua e adoraban os mesmos …................... Denominaban Hélade ao espazo xeográfico que compartían e a si mesmos chamábanse …..................…..................

O relevo accidentado e a escasa fertilidade das terras fixo dos gregos un pobo experto na pesca e no comercio, os seus barcos navegaban por todo o Mediterráneo.

As polis estaban formadas por unha cidade principal e o territorio que a rodeaba, cos seus campos, pastos, bosques e aldeas. Eran cidades-Estado independentes, cada unha tiña o seu goberno, as súas leis, a súa moeda e o seu exército propio.

En Grecia houbo máis de duascentas polis, a miúdo loitaban entre si, as máis destacadas foron...

Entre os séculos VIII e VI a.C. numerosos habitantes das polis gregas emigraron a diferentes lugares das costas mediterráneas e do mar Negro.

O aumento da poboación, a escaseza de terras, a miseria na que vivían moitos campesiños e a posibilidade de seren escravizados por débedas obrigou a moitos gregos a emigrar. A bordo de lixeiras embarcacións, os gregos percorreron as costas mediterráneas na procura de lugares axeitados para establecerse, comerciar cos indíxenas e obter materias primas, especialmente metais.

COLONIZACIÓN GREGA

Emigración de moitos habitantes das polis gregas

Distintos lugares nas costas mediterráneas e do M. Negro

Entre os s. VIII e VI a.C.

MOTIVOS diversos

Aumento da poboación

Escaseza de terras

Miseria dos campesiños

Risco de escravitude por débedas

Gran produción artesanal: cerámicas, tecidos, xoias...

Gran produción agrícola: aceite, viño...

Necesidade de materias primas, especialmente metais: ouro, prata...

Búsqueda de terras para asentarse Búsqueda de lugares cos que comerciar

Grazas ás técnicas de navegación

A estátera ou tetradracma foi unha moeda

de uso común no Mediterráneo no s.V a.C.

As cidades que fundaron nos seus novos destinos, colonias, construíronse seguindo o modelo das polis das que partiran, metrópoles, e imitaban tamén as súas institucións políticas. Sen embargo, eran independentes das cidades de orixe, aínda que continuaban a manter lazos comerciais e culturais con ellas. Os colonos gregos estableceron relacións comerciais cos pobos autóctonos e influíron notablemente nos seus costumes, cultura e arte.

As colonizacións permitíronlles aos gregos entrar en contacto con outros pobos: etruscos, exipcios, fenicios, iberos... e, por outra parte, serviron para estender a cultura grega fóra da Hélade (a difusión da vide e a oliveira, o uso do ferro, o torno de cerámica, o alfabeto, a moeda, o urbanismo, a arte...).

Colonias: territorios ocupados polos ….................... nas costas ................................ entre os séculos .............................. Medran seguindo o modelo das súas polis de orixe (…...........) coas que manteñen relacións .............................e culturais, pero das que son independentes. Sitúanse en lugares próximos á costa, onde poder atopar terras ….................... e …......................... cos pobos autóctonos.

Metrópoles: polis gregas das que saíron os emigrantes que fundaron …................ nas costas …............... entre os séculos .......

As primeiras polis estaban gobernadas por un grupo reducido de aristócratas, grandes propietarios de terras que tomaban as decisións políticas, administraban xustiza e dirixían o exército. Era unha oligarquía, que significa “goberno duns poucos”.

Durante o século VI a.C., nalgunhas polis producíronse revoltas sociais contra o poder dos aristócratas. Foi na cidade de Atenas onde os cambios deron lugar a unha nova forma de goberno coñecida como democracia, que significa “goberno do pobo”, consolidada por Pericles no s. V a.C.

A democracia ateniense era directa, xa que todos os ….................................. podían participar periodicamente na Asemblea para tomar decisións e elixir os cargos públicos.

Sen embargo, a democracia ateniense era limitada, xa que unicamente os cidadáns tiñan dereito a participar na vida política. Os cidadáns eran todos os homes …........................, maiores de idade, fillos de pai e nai ateniense, polo que eran unha mínima parte da poboación. Ser cidadán permitía posuír terras e formar parte da Asemblea que dirixía a política da ……………….. (a Ecclesia). Tamén implicaba obrigacións como a de servir no exército e pagar impostos.

Os considerados “non cidadáns” eran as mulleres, os “metecos” (estranxeiros residentes en Atenas) e os ……………………...

● As mulleres eran as que se encargaban dos asuntos do fogar, pero estaban subordinadas aos ………………… e non participaban na vida ……………………………

● Os “metecos” non podían participar nos asuntos ……………… nin posuír ……………… Eran, sen embargo, homes ………………. , que podían dedicarse a actividades como o comercio ou a ……………………… Para residir en Atenas tiñan que pagar unha taxa de ……………………..

● Os escravos eran case sempre prisioneiros de …………….. ou fillos de …………………… Carecían de ……………………….. e dependían totalmente dos seus amos (os cidadáns, os metecos ou o Estado). Realizaban os ………………………… necesarios para a supervivencia da comunidade e da polis.

DEMOCRACIA ATENIENSE DEMOCRACIA ESPAÑOLA

- É unha democracia limitada, xa que só os cidadáns (homes libres, maiores de idade

e fillos de pai e ani ateniense, sexan ricos ou pobres) teñen o dereito a participar nos

asuntos políticos da polis.

- Non é unha democracia limitada, xa que todos os cidadáns (homes e mulleres

maiores de idade) teñen dereitos políticos.

- É unha democracia directa, xa que os cidadáns teñen o dereito a acudir á

Asemblea e dar alí a súa opinión e votar sobre o asunto que se estea a discutir.

- Non é unha democracia directa, xa que os cidadáns votan para escoller uns

representantes que serán os que dirixan os asuntos políticos no seu nome.

ACTIVIDADES: A.- A CULTURA GREGA

A.1.- O nacemento do mundo grego

1) Cando e onde se desenvolveu a civilización grega?2) Que características posúe o espazo físico grego? Como inflúe esa xeografía na organización política grega?3) Que son as polis e cales son as súas características? 4) Define o concepto de polis.

A.2.- As colonizacións gregas

5) Fai un esquema que explique as causas da colonización grega polo Mediterráneo.6) Cubre a lenda do mapa que representa a expansión grega e explica despois que territorios ocuparon, indicando en cada caso o nome das colonias máis importantes.7) Que relación manteñen as colonias coas súas metrópoles?8) Que consecuencias teñen esas colonizacións?9) Define os conceptos de colonia e metrópole.

A.3.- A organización política

10) Oligarquía e democracia son dous modelos distintos de organización política das polis gregas. Sinala as súas diferenzas.11) Compara a democracia ateniense coa democracia española actual.

A.4.- A organización social

12) Fai un esquema que represente a organización social da polis ateniense.

1) Que eran os Xogos Olímpicos que se celebraban na Antigua Grecia?2) Cando e onde comezaron a realizarse?3) Quen podía participar nos Xogos? 4) Cando se celebraron por última vez na Antigüidade e por que?5) Cita os distintos tipos de probas ou competicións que se realizaban.6) Que premios recibían os gañadores?7) Cando comezaron a realizarse de novo na época moderna?8) Curiosidades!!!

Fai uso do portátil para buscar información que permita contestar ás seguintes preguntas. Debes copiar os enunciados no teu caderno. Non é necesario que as respostas sexan moi extensas, pero tampouco un “telegrama”. Na pregunta 8 podes copiar calquera información que chamara a túa atención e que non forme parte da resposta das outras preguntas.