España no século XVIII

24
ECONOMÍA E SOCIEDADE NO SÉCULO XVIII. OS PRIMEIROS BORBÓNS

description

Presentación sobre os primeiros Borbóns, economía e sociedade en España no século XVIII

Transcript of España no século XVIII

Page 1: España no século XVIII

ECONOMÍA E SOCIEDADE NO SÉCULO XVIII.

OS PRIMEIROS BORBÓNS

Page 2: España no século XVIII

http://www.youtube.com/watch?v=wal1NmKH08A http://www.youtube.com/watch?v=qIi4JRqkmBU&NR=1

A GUERRA DE SUCESIÓN (1700-1713)

Fonte: artehistoria.com

Page 3: España no século XVIII

REIS REFORMISMO POLÍTICO

POLÍTICA INTERNACIONAL

REFORMISMO ECONÓMICO

TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS

ILUSTRACIÓN

DESPOTISMO ILUSTRADO

PROFUNDAS TRANSFORMACIÓNS

ECONÓMICAS

REVOLUCIÓNS POLÍTICAS

Que pasa no mundo?

- Revolución agraria- Revolución industrial

- Guerra de independenciados EE.UU.

- Revolución francesa

- Aplicación das ideasilustradas

- Sen socavar as bases do Antigo Réxime

- Montesquieu (división de poderes)

-Rousseau(contrato social)

REFORMISMO BORBÓNICO

Que pasa en España?

Felipe V (1700-1746)

Fernando VI (1746-

1759)

Carlos III (1759-1788)

Carlos IV (1788-1808)

Monarquía absoluta

Centralización política

(Decretos de Nova Planta, 1707-1716)

As Secretarías sustitúen aos

Consellos

Supresión de vicerreinatos e

creación de provincias

Novas figuras: capitán xeral e

intendente

TRATADO de UTRECHT

PACTOS DE FAMILIA (Política exterior española ligada á

francesa)

Intento de reforma da Facenda e

estabilización do Orzamento

AGRICULTURA: Limitacións dos privilexios da

Mesta, colonización de

terras e proxectos de reforma

agrariaMellora das

infraestruturas e liberalización do comercio colonial

Liberalización da fabricación e establecemento de

aranceis

CAMBIOS DEMOGRÁFICOS

INMOVILIDADE AGRÍCOLA

PROMOCIÓN DA INDUSTRIA

DESIGUAL DESENVOLVEMENTO

COMERCIAL

Fonte: elauladedreyfus.blogspot.com

Page 4: España no século XVIII

Alta nobrezae alto clero

Nobreza media(patriciado

urbano, cabaleiros,…)

Realeza

Separación entre privilexiados

e estado chan

A SOCIEDADE ESTAMENTAL

Grupos medios(artesáns e mercadoresricos, oficios

liberais,…

Estratos máispobres (servos,

xornaleiros,traballadoresasalariadosde oficios

baixos, etc.

Grupos modestos(campesiños conterras, artesánse mercadores

humildes, oficiais, etc.

Marxinados

Page 5: España no século XVIII

UNHA POBOACIÓN ACTIVA SOBRE TODO AGRARIA

Page 6: España no século XVIII

“ Primeiramente, que despois dos seus días posuirá e gozará perpetuamente este vínculo e morgado Don Domingos Cabarrús e Gelabert, o seu fillo lexítimo e primoxénito, e os seus herdeiros lexítimos por orde de primoxenitura regular, preferindo o maior ao menor e o varón á femia, aínda que esta sexa maior de idade, e consonte ás leis do reino (...) que os bens deste morgado non se poidan dividir, vender, ceder, renunciar, doar, legar, trocar, acensuar, empeñar nin gravar de ningunha maneira (...) o cal lles prohibe absolutamente aos posuidores, porque así lles convén e é preciso á seguridade desta vinculación. Con estas condicións, requisitos e reservas, e non sen elas, Don Francisco Cabarrús fai, outorga e formaliza esta escritura de vínculo e morgado de todos os expresados bens e do crédito dos cento dous mil pesos ou parte deles, porque o seu importe chega e non excede o tercio e remanente do quinto do que pode dispor libremente a prol de Don Domingos Cabarrús, o seu fillo lexítimo e primoxénito, consonte ás leis do reino (...)”

Escritura de fundación do morgado outorgado por Francisco Cabarrús ( 1780)

Francisco Cabarrús (1752-1810), financeiro de

orixe francesa e naturalizado español.

Fonte: Wikimedia

Page 7: España no século XVIII

Dereito de ban

Dereito de inmunidade

DEREITOS SEÑORIAIS

Dereito de xustiza

Décimo

Para acausa de

Deus

Page 8: España no século XVIII

PROBLEMAS DA AGRICULTURA

Escasa innovacióntecnolóxica

Desfavorables condicións

agronómicas e climatolóxicas

(solos pobres e escaseza de auga)

Estrutura dapropiedade da

terra: terrasamortizadas

Page 9: España no século XVIII

“Cada vez que se cumpre o termo dun contrato o propietario esixe do arrendatario que avance o prezo do arrendamento seguinte, e se non, ameázao con que llo arrendará a outro, seguro de que pola escaseza de terras para cultivar e polo gran número de concorrentes, non faltará quen llo arrende. O arrendatario, que xa ten os seus trebellos, rabaños, palleiros e outras provisións que perde se abandona aquel predio, vese na triste necesidade de subscribirse no que lle dicta a tiranía do propietario, e cada ano este vaille apertando os prezos ata o punto de volvelos xa intolerables.”

Informe Olavide sobre a Lei Agraria. ( 1766)

CONTRATOS ABUSIVOS

PARA O CAMPESIÑADO

Fonte: Kalipedia

Page 10: España no século XVIII

“Así foi como se consolidou o desfase entre o interior da Península, que permanecía nunha economía agraria pechada e unha periferia que se industrializaba de costas aos mercados interiores, contando tan só cos seuspropios mercados rexionais e coas ilimitadas posibilidades do comercio colonial. Mentres Castela producía trigo en exceso e mercaba tecidos estranxeiros, a periferia peninsular producía tecidos e importaba grandes cantidades de cereais para o seu consumo. Isto significaba que, sumando as compras de tecidos do interior e as de cereais na periferia, producíanse enormes déficits na balanza comercial española respecto do estranxeiro. O sistema puido seguir funcionando así mentres América proporcionou artigos coloniais e, por de todo, diñeiro co que efectuar a necesaria compensación. Pero, cando o comercio colonial caeu verticalmente, a partir de 1814, o equilibrio de todo este complexo de fluxos tería que virse abaixo. (...)»

J. Fontana. La quiebra de la monarquía absoluta, 1814-1820, px. 48-53, Ariel, 1971.

DESEQUILIBRIOSPERIFERIA /

INTERIOR

http://www.youtube.com/watch?v=RJ5n1QlaL-U

http://www.youtube.com/watch?v=d2UsqXQNaW8&NR=1

Page 11: España no século XVIII

A INDUSTRIA NO SÉCULO XVIII

(segundo Herr- Vicens)

ARSEAL

SIDERURXIA

ZAPATOS

CHAPEUS

PAPEL

SEDA

LA

ALGODÓN

INDIANASARTIGOS LUXO

MANUFACTURAS REAIS

Page 12: España no século XVIII

Comercio interiordeficiente

Crecemento e liberalización do comercio indiano

COMERCIO NO S. XVIII

Promulgación dos decretos de libre

comercio (1765-1778)

“O comercio interior de España é ben pouca cousa”Alexandre de Laborde (comezos s. XIX)

Ámbito comarcaldos intercambios

Elevado autoconsumo do campesiñado

Rede deficientede camiños

Pervivencia dasaduanas interiores

Desfavorable comerciocon Europa

Predominio da teoría mercantilista

Aparición das compañías comerciais

Paso do monopolio de Sevilla a Cádiz

Page 13: España no século XVIII

Van Loo (1743): A familia de Felipe V

Page 14: España no século XVIII

“Por decreto do 9 de outubro vindeiro fun servido dicir que tendo coa asistenciaDivina (1) e xustiza da miña causa pacificado enteiramente as miñas armas o Principado de Cataluña (2) tocaba á miña soberanía establecer goberno a el e dar providencias para que os seus moradores vivan con paz (3), quietude e abundancia; para tal ben, tendo precedido madura deliberación e consulta de ministros da miña meirande confianza resolvín que no referido Principado se forme unha Audiencia (4), na que presida o Capitán Xeral o Comandante Xeral das miñas armas (4) de xeito que os despachos, despois de empezar co meu ditado, prosigan no seu nome: o cal Capitán Xeral ou Comandante ha de ter voto só nas cousas do goberno e isto achándose presente na Audiencia; debendo en motivacións de oficios e cousas graveso Rexente (5) avisarlle un día antes do que ha de tratar.”

Referencia ao decreto de 9 de outubro de 1715, o 4º Decreto de Nova Planta (os anteriores foran ditados: en 1707 o que afectaba á abolición do sistema lexislativo e

institucional de Aragón e Valencia; en 1711 o 2º decreto restablecía

parte do dereito aragonés; o 3º, en 1715, afectara a Mallorca.

(1): Alusión ao carácter divino daMonarquía: Monarquía absoluta

TEXTO XURÍDICO

(2) (3): Alusión ao enfrontamentobélico entre Felipe V e o arquiduque

Carlos de Austria, que fóra proclamadoRei de Aragón, co nome de Carlos III,

en 1706. A guerra con Cataluñamantívose ata 1714, sendo a batalla

de Barcelona do 11 de setembro, coa vitoria das tropas borbónicas,

un episodio decisivo.

Contexto histórico: vitoria sobre Cataluñadespois da sinatura do Tratado de Utrecht (1713)

(4) Reorganización administrativa en base a provincias que sustitúen aos antigos vicerreinatos. Prodúcese un equilibrio entre o

representante do monarca, o Capitán Xeral, e a corporación técnica que este preside, a Audiencia.

(5) Persoa que preside realmente a Audiencia

Page 15: España no século XVIII

[...] 2.: A Audiencia hase xuntar nas Casas que antes estaban destinadas para aDeputación (1) e hase de compor dun Rexente e dez ministros para o civil e cinco para o criminal, dous Fiscais e un Alguacil Maior.[...] 4.: As causas na Real Audiencia sustanciaranse en lingua castelá (2) e para que pola maior satisfación das partes os incidentes das causas se traten coa meirande deliberación mando de todas as peticións presentación de instrumentos e o demáis que se ofreza se faga nas salas; para a corrente e público téñanse audiencia pública luns, mércores e venres de cada semana nunha delas por turno de mesas.[...] 31.: Na cidade de Barcelona ha de haber 24 Rexedores e nas demáis oito dos que me reservo a súa nominación (3) e nos demáis lugares nomearanse pola Audiencia no momento que parecese e daraseme conta; e os que nomee a Audiencia servirán un ano.

(1) A Deputación de Cataluña, xurdidano século XIII, era un organismo decarácter eminentemente fiscal que

agrupara ao monarca cos representantes estamentais

(2) Unificación lingüística.Efecto da centralización borbónica, coa

conseguinte conversión do castelán -que sustitúe ao latín- na

lingua oficial da administración.

(3) O monarca resérvase privilexios,conforme aos hábitos dunha

monarquía absoluta.Tamén se establece a duración

de cargos dos rexedores.

TEXTO XURÍDICO

Page 16: España no século XVIII

[...] 37.: Todos os demáis oficios que había antes no Principado, temporais, perpetuos e todo os comúns non expresados neste o meu Real Decreto quedan suprimidos e extintos (1); e o que a eles estaba encomendado, se fose pertinente a Xustiza ou Goberno correrá en adiante a cargo da Audiencia (2), e se fose pertencente a Rendas e Facenda ha de quedar a cargo do Intendente (3) ou da persoa ou persoas que eu dispoña para isto.[...] 39.: Polos inconvenientes que se experimentaron nos somaténs (4) e xuntas de xente armada mando que non haxa tales somaténs nin outras xuntas de xente armada so pena de ser tratados como sediciosos os que concorran ou interveñan.[...] 40.: Han de cesar as prohibicións de estranxería (5) porque a miña Real Intención é que nos meus reinos as dignidades e honores se confiran recíprocamente aos meus vasalos polo mérito e non polo el nacemento nunha ou outra provincia deles. [...]

Novísima Recopilación de Leyes de España..., Libro V, Titulo IX, Ley I.

(1) Abolición doutras instituciónscomo as Cortes e o Consell de Cent

TEXTO XURÍDICO

(2) Atribución da xustiza como obrigafundamental da Audiencia

(3) Creación da figura do Intendentepara ocuparse de asuntos fiscais.

Esta institución, de orixe francesa, levou a cabo o reaxuste do aparato fiscal do territorio,

en especial co establecementodo imposto do catastro,

completando a unificación fiscalco resto de territorios do reino,tal e como pretendera o conde-duque de Olivares no seu día.

(4) Prohibición destas miliciaspopulares catalanas que combateran

na Guerra de Sucesión contra Felipe V.

(5) Unificación territorial. OsDecretos de Nova Planta establecen

o principio de unificación administrativae supresión dos dereitos forais, quesó se conservan en Vascongadas e Navarra –como privilexio concedido polo monarca a estes territorios que

o apoiaron. Os Borbóns crean a nacionalidade española.

Consecuencias: Unificación das formas de gobernoE do dereito público e privado en todos os territorios do reino.

Page 17: España no século XVIII

DIVISIÓN ADMINISTRATIVA DE ESPAÑA NO SÉCULO XVIII

Page 18: España no século XVIII

REFORMISMOPOLÍTICO

Práctica supresióndo sistema de Consellos; sósubsiste o Consellode Castela

Os Secretarios,

xa existentes,

asumiron grande

parte do poder

Secretarías:Estado, Guerra,Mariña e Indias,Graza e Xustiza,

Facenda

Centralizaciónpolítica

- Decretos de Nova Planta- Imposición de leis e

cargos casteláns-Navarra e País Vasco

conservan fueros e aduanasReform

a

administrativa

territorial

- Supresión dos vicerreinatos- Capitán Xeral con funciónsmilitares e administrativas

- Intendente

Reforma

militar - Sustitución dos tercios

por Rexementos - Recrutamento de estranxeiros,

levas de vagos e maleantes e quintas

- Creación da Garda Real- Fomento da Armada

Regalismo

- Concordato coa Santa Sé (1753)- Dereito de padroado universal- Expulsión dos xesuitas (1767)

Fonte: Daniel Gómez Valle

Page 19: España no século XVIII

DESPOTISMOILUSTRADO

ILUSTRACIÓN ENESPAÑA

RETRASO

INTERESES

Ausencia de burguesía

Inmovilismo universitario

Influencia eclesiástica

Educación

Situación económica

DIFUSIÓN

Academias

SociedadesEconómicasde Amigos

do País

REPRESENTANTES

Feijóo

Campomanes

Jovellanos

Cadalso

Floridablanca

Olavide

Fonte: Daniel Gómez Valle

Page 20: España no século XVIII

«Eu imaxino aos nobres que o son por nacemento como uns simulacros que representan a aqueles ascendentes seus que, pola súa virtude e accións gloriosas, adquiriron a nobreza para si e para a súa posteridade (...) deste xeito o meu respecto todo vaise dereito a aqueles orixinais, sen que aos simulacros por si mesmos lles toque parte algunha de culto (...)Ao contrario, venero por si mesmo ou polo seu propio mérito a aquel que serve utilmente á república, sexa ilustre ou humilde de nacemento; e así mesmo venero a aquela ocupación con que a serve, graduando o aprecio pola súa maior ou menor utilidade, sen atender se os homes a teñen por alta ou baixa, brillante ou escura.»

Feijoo, B.: Teatro Crítico. Cartas Eruditas

Page 21: España no século XVIII

«Se os gremios de artesáns poden ser útiles no que mira á industria, sería para algunha destas tres cousas: ensino, fomento ou adianto dos oficios.O ensino é o que menos se coida nos gremios. Nin os mestres saben debuxo, nin dan premios aos discípulos, nin probas públicas das súas facultades; e todo vai por un mecanismo de pura imitación duns noutros sen regras, gusto, nin dirección.O fomento das artes é incompatible coa subsistencia dos gremios: eles fan estanco nos oficios, e a título deseren únicos e privativos, non se toman o traballo de esmerarse nas artes. Porque saben ben que o públicovainos buscar necesariamente.Os que teñen afección aos oficios non poden exercer privadamente sen suxeitarse ó gremio, e iso retrae amoitos, que na casa traballarían acaso mellor, e esta competencia estimularía á súa perfección.É tamén preciso borrar dos oficios toda deshonra; e habilitar aos que os exercen para os empregos municipais. Nunha Nación chea de honra, como a española, convén non perder de vista esta máxima que obra tan bos efectos en Cataluña.»

Discurso sobre a educación popular de Rubin de Celis, aumentado e corrixido por Campomanes. 1774

Page 22: España no século XVIII

«O fin e o obxecto principal deste establecemento é fomentar con transcendencia a todo o Reino a boa educación das mozas nos rudimentos da fe católica, nas regras do ben obrar, no exercicio das virtudes e nos labores propios do seu sexo, dirixindo ás nenas desde a súa infancia e nos primeiros pasos da súa intelixencia, ata que se proporcionen para facer progresos nas virtudes, no manexo das súas casas, e nos labores que lles corresponden, como que é a raíz fundamental da conservación e aumento da Relixión, e o ramo que máis interesa á policía e goberno económico do Estado».

Carlos III: Cédula de 11 de maio de 1783

Page 23: España no século XVIII

«Desde que estou neste país paréceme que o xénero humano está dez séculos atrás. Os Pirineos son, na miña opinión, as barreiras do mundo ilustrado, que a filosofía xamais puido pasar. Os habitantes destes tristes climas, afundidos nas tebras e na máis vergonzosa ignorancia, séntense orgullosos da súa cegueira. A liberdade de pensar e de obrar parécelles un ben despreciable; o seu xenio, tan seco como os seus campos, non produce máis que embrións informes, e non se eleva senón por saltos e por xermolos. O pobo, do que a subsistencia está devorada polos frades, esmagado baixo o peso inmenso da superstición e do poder arbitrario, corrómpese na miseria e na folganza e nin sequera ten a forza de xemer por iso...».

Conde Creutz: “Carta a Marmontel” (1765), en “Viaxes de estranxeiros por España e Portugal”

A VISIÓN DOSESTRANXEIROS

Page 24: España no século XVIII

REFORMISMOAGRARIO

MOTIVACIÓNS

ESTUDOSPREVIOS

Crecemento demográficoNecesidade dunha meirande oferta agraria

Aumento da produtividade

Busca de causas

Estancamento da oferta

MEDIDASColonización de novas terras

Liberdade do mercado de cereais

Construción de obras públicas

Reparto de terras comunais

Fonte: Daniel Gómez Valle

Produción agrícola como materia prima industrial

Desequilibrio na estrutura da propiedadeExistencia de mans mortas