Fervenzas galegas.2015

11

Transcript of Fervenzas galegas.2015

O relevo galego fai que as borrascas que chegan dende o Atlántico se atopen cun obstáculo, orixinando precipitacións que dan lugar a unha gran cantidade de cursos fluviais, encargados de erosionar o terreo e, unha vez que perden forza, acumular estes materiais erosionados.

As fervenzas pódense

producir por un afundimento do

terreo, pola diferente

resistencia que presentan as rochas ou por variacións do

nivel da desembocadura

do río.

É moi frecuente que se formen

fervenzas cando un río atravesa unha zona formada por rochas de distinta

dureza intercaladas

formando capas horizontais

chamadas estratos, xa que a auga

erosiona a rocha máis branda pero

non consegue facer o mesmo coa que presenta maior

dureza, dando lugar así a unha fervenza.

Tamén pode formarse unha

fervenza cando un río desemboca nun val de orixe glaciar

máis grande e profundo ca el,

como por exemplo un afluente que

chega ó río principal formando unha fervenza xa que este último

erosionou o val por ter unha forza erosiva maior.

O tipo de rochas tamén inflúe na

forma das fervenzas, xa que as

graníticas fan que estas presenten

bloques desordenados e con diferentes estados de erosión e as e

estratificadas, que poden ser

sedimentarias ou metamórficas, fan

que as súas paredes sexan rectas e non presenten apenas

fracturas.

A principal causa das fervenzas en Galicia

son as fallas, xa que a separación de dous

bloques e o afundimento dun deles produce un

salto da auga entre eles. Aínda así, a formación destes

monumentos naturais soe resultar da

mestura de varias causas moi difíciles

de distinguir debido ó paso do tempo e á acción dos axentes

xeolóxicos externos.

Debido á súa situación

estratéxica e ó complicado que soe ser chegar a elas,

adoitan ser unha das mellores exposicións

da flora e fauna autóctonas, polo que

moitos concellos están levando a cabo

unha labor de recuperación destes espazos para tratar

de aproveitalos como atractivo

turístico.

Debido á súa situación estratéxica e ó complicado que

soe ser chegar a elas, adoitan ser

unha das mellores exposicións da flora e fauna autóctonas,

polo que moitos concellos están

levando a cabo unha labor de

recuperación destes espazos para tratar

de aproveitalos como atractivo

turístico.

Algúns exemplos das fervenzas do Salnés e Caldas son a Fervenza de Segade, onde o Umia salva un desnivel de 20 metros

con rochas graníticas que o río vai erosionando, polo que a fervenza vai retrocedendo lentamente. Arredor preséntase unha

vexetación de ribeira con salgueiros, carballos, fentos...

A Fervenza de Valga, onde un afluente do Valga forma un estreito val entre rochas graníticas con varios rápidos e

fervenzas, presentando a máis grande uns 10 metros de altura, e a Fervenza de Meis, onde o rego da Armenteira forma varias

fervenzas e pequenas zonas de rápidos tamén con rochas graníticas.

As fervenzas non posúen unha gran biodiversidade debido ós

seus grandes desniveis, correntes cunha gran velocidade, etc, pero si teñen un gran valor estético,

polo que deberían ser coidadas e preservadas, moi lonxe do que se

fai hoxe en día con elas, por aproveitamentos hídricos como os encoros, ou hidroeléctricos como as centrais hidroeléctricas, que causan un gran impacto e limitan outras posibilidades económicas,

como o turismo natural, que poderían producir grandes

beneficios sen levar consigo unha destrución do medio.

Fátima Fernández Feijoo 2ºA BACH.