FEIRA DA MADEIRA DE SANTA MARGARIDA -...

1
NARÓN AC-116 AC-116 AC-116 FERROL NARÓN VALDOVIÑO Miradoiro Praia do Casal Miradoiro Miradoiro Pena Lopesa Castro de Lopesa Pena Molexa Outeiro Celta Arca Fonte Pazo de Baltar Mámoa Outeiro Celta Fonte dos Tres Alcaldes Cercado Neolítico Pena de Embade Vila de Pradeedo Castro de Pedreira Castro de Vilasuso Cruceiro Santa María Maior Castro Quintá Vila de Quintá Mámoa Santa Margarita Cruceiro de Santa Margarita Igrexa Santa Margarita Fonte Santa Margarita Lugar megalítico Castro celta Casa Medieval Miradoiro natural Fonte Igrexa/Capela Cruceiro Convento/Pazo Ruta ata o Sinal de ruta Vostede está aquí A portada gótico-renacentista da capela de Santa Margarida -similar á porta travesa de Teixido-, de comezos do século XVI, construída por Fernando de Andrade e dona Inés de Castro e Lanzós, brasonada no alfíz hispano árabe (elemento medieval que deixouse de empregar cara a década de 1530), co porco e banda engolada de Andrade, é a perla do patrimonio de Narón. Dotada con tres casas e 10 ferrados de terras, tan concorrido era a mediados do século XVIII o hoxe esquecido Camiño de Santiago do Noroeste, que a capela empregaba dúas das casas a carón dun fermoso cruceiro, como hospedarías para pobres itinerantes e peregrinos que desde Viveiro, percorrían baixo a encomenda da Orde de San Xoán, os fermosos santuarios costeiros de santos e barcas de pedra de Ortigueira e Ferrol, como Teixido, O Trebo, O Bo Xesús, Santa Margarida, amén doutros, como Santa Comba, San Cristovo, ou Xuvia A feira da madeira de Santa Margarida se celebraba dende tempo inmemorial o 25 de xullo, día da patroa, no lugar máis poboado de O Val (ata o século XVIII). Na Feira de Santa Margarida artesáns e carpinteiros traficaban con todo tipo de utensilios de madeira, cuncas, pratos, mobles, zocas, sellas, toneis, apeiros para labranza, grades, anciños, restrelos, xugos, arados, e con carros.. Considerada entre as máis concorridas e especializadas feiras de Galicia, comezou a decaer a mediados do século pasado. A fonte de Santa Margarida, representada aquí convencionalmente no mesmo plano, está algo afastada da capela. Unha escalinata de cantería conduce ata a fonte de dous ‘tetos‘ baixo frontón coa cruz de San Xoán de Xerusalén. O dereito, baixo advocación de Santa Lucía é avogoso -do latín abigere, “afastar [o mal]”, para a vista. Homes e mulleres, lavaban nel os ollos, secando con panos deixados “a enxugar” no campeiro. FEIRA DA MADEIRA DE SANTA MARGARIDA Interpretada convencionalmente con fines didácticos por Carlos Afonzo

Transcript of FEIRA DA MADEIRA DE SANTA MARGARIDA -...

Page 1: FEIRA DA MADEIRA DE SANTA MARGARIDA - …turismo.naron.es/sites/default/files/cartel_feira_da_madeira_na... · NARÓN A C-1 1 6 A C - 1 1 6 A C - 116 FERROL NARÓN VALDOVIÑO Miradoiro

NARÓN

AC-1

16

AC-1

16

AC-1

16

FERROL

NARÓN

VALDOVIÑO

MiradoiroPraia do Casal

Miradoiro

MiradoiroPena Lopesa

Castro deLopesa

PenaMolexa

Outeiro Celta

Arca

FontePazo deBaltar

Mámoa

OuteiroCelta

Fonte dosTres Alcaldes Cercado

Neolítico

Pena deEmbade

Vila dePradeedo

Castrode Pedreira

Castrode Vilasuso

Cruceiro SantaMaría Maior

Castro Quintá

Vila de Quintá

MámoaSanta Margarita

Cruceiro deSanta Margarita

Igrexa SantaMargarita Fonte Santa

Margarita

Lugar megalítico

Castro celta

Casa Medieval

Miradoiro natural

Fonte

Igrexa/Capela

Cruceiro

Convento/Pazo

Ruta ata o

Sinal de rutaVostede está aquí

A portada gótico-renacentista da capela de Santa Margarida -similar á porta travesa de Teixido-, de comezos do século XVI, construída por Fernando de Andrade e dona Inés de Castro e Lanzós, brasonada no alfízhispano árabe (elemento medieval que deixouse de empregar cara a década de 1530), co porco e banda engolada de Andrade, é a perla do patrimonio de Narón.

Dotada con tres casas e 10 ferrados de terras, tan concorrido era a mediados do século XVIII o hoxe esquecido Camiño de Santiago do Noroeste, que a capela empregaba dúas das casas a carón dun fermoso cruceiro,como hospedarías para pobres itinerantes e peregrinos que desde Viveiro, percorrían baixo a encomenda da Orde de San Xoán, os fermosos santuarios costeiros de santos e barcas de pedra de Ortigueira e Ferrol,como Teixido, O Trebo, O Bo Xesús, Santa Margarida, amén doutros, como Santa Comba, San Cristovo, ou Xuvia

A feira da madeira de Santa Margarida se celebraba dende tempo inmemorial o 25 de xullo, día da patroa, no lugar máis poboado de O Val (ata o século XVIII).Na Feira de Santa Margarida artesáns e carpinteiros traficaban con todo tipo de utensilios de madeira, cuncas, pratos, mobles, zocas, sellas, toneis, apeiros para labranza, grades, anciños, restrelos, xugos, arados, econ carros.. Considerada entre as máis concorridas e especializadas feiras de Galicia, comezou a decaer a mediados do século pasado.

A fonte de Santa Margarida, representada aquí convencionalmente no mesmo plano, está algo afastada da capela. Unha escalinata de cantería conduce ata a fonte de dous ‘tetos‘ baixo frontón coa cruz de SanXoán de Xerusalén. O dereito, baixo advocación de Santa Lucía é avogoso -do latín abigere, “afastar [o mal]”, para a vista. Homes e mulleres, lavaban nel os ollos, secando con panos deixados “a enxugar” nocampeiro.

FEIRA DA MADEIRA DE SANTA MARGARIDAInterpretada convencionalmente con fines didácticos por Carlos Afonzo