Evolución da escrita

24
Antes da escritura (Prehistoria) Nace a arte, primeira manifestación de comunicación para pervivir A tradición oral: para transmitir historias, lendas, saberes… Mans en positivo e negativo. Significado relixioso e protector. Ás veces non presentan tódolos dedos: amputacións?, dedos pregados que queren comunicar algo? Placa ósea (omóplato) de Blanchard. Crese que representa o ciclo lunar. Ten 30.000 anos de antigüidade Paleolítico: signos Signos indescifrables 1

Transcript of Evolución da escrita

Antes da escritura (Prehistoria)

Nace a arte, primeira manifestación de comunicación para pervivirA tradición oral: para transmitir historias, lendas, saberes…

Mans en positivo e negativo. Significado relixioso e protector.

Ás veces non presentan tódolos dedos: amputacións?, dedos pregados que queren comunicar algo?

Placa ósea (omóplato) de Blanchard. Crese que representa o ciclo lunar. Ten 30.000 anos de antigüidade

Paleolítico: signos

Signos indescifrables

1

Neolítico: un cambio trascendentalDunha economía de subsistencia a unha economía de excedente.Co descubrimento da agricultura e coa división do traballo, os seres humanos comezaron a producir máis do necesario para subsistir. Isto favorece os intercambios e fai necesario idear un sistema de rexistro de contabilidade.

Os primeiros signos escritos

Escritura Jiahu, China, sobre caparazóns de tartaruga. VI milenio a. C. É un sistema de protoescritura (símbolos ideográficos que transmiten información, pero desprovistos de contido lingüístico directo)

Antes da escritura (Prehistoria)

A necesidade de comunicarse é innata ó ser humano. Desde a prehistoria, temos exemplos de arte rupestre que demostran unha vontade comunicativa que vai desde o realismo cara á simplificación.

2

Nace a escritura… e nace a HistoriaAs primeiras civilizacións urbanas

Çatal Hüyük, unha das primeiras cidades coñecidas, datada entre 8.000 e 6.000 anos a.C. Os excedentes agrícolas permitiron o aumento de poboación.

Crecente Fértil

Val do Nilo, Palestina e o val do Tigris e o Éufrates, onde se asentaron as primeiras civilizacións antigas (Sumer, Exipto, Babilonia, Persia, Hititas). Aquí nacen os primeiros sistemas de escritura.

O nacemento da escritura comprensible

Os primeiros sistemas de escritura coñecidos e traducidos foron inventados polos exipcios e os mesopotámicos durante o IV milenio a.C.

Os excedentes agrícolas permiten o nacemento dunha cultura urbana. Arriba, reconstrución de Ur.

3

MESOPOTAMIA, escritura cuneiforme

Os intercambios comerciais fan necesario crear un sistema de contabilidade que favorece a aparición da escritura

Nas escolas aprendíase a escribir, o cal era un luxo na época. Tras 12 anos de estudo, adquiríase a condición de escriba, privilexio só das familias máis ricas.

Evolución do pictograma ós signos

Andeis de biblioteca en Sippar

En 1975 descobríronse no palacio, dúas habitacións con 20000 fragmentos de tabliñas, colocadas por forma e contido en estanterías de madeira.

Evolución do ideograma "cabeza", 3000–1000 a.C.A escola sumeria Escribas

Arquivos do palacio de Ebla

Das 20.000 tabliñas de arxila atopadas en Ebla, destaca o cono de arxila datado cara 2350 a.c. escrito en cuneiforme. Recolle reformas legais en contra dos abusos de “os días de antaño”. Este código, o primeiro coñecido, dotaba de liberdade e igualdade.

Nacen as bibliotecas

4

Mesopotamia

Biblioteca de Asurbanipal

A primeira obra literaria

O Poema de Gilgamesh é probablemente o primeiro texto literario conservado. A data de composición é incerta, pero adoita establecerse en torno ó segundo milenio a. C. Inclúe un relato sobre un diluvio moi semellante ó recollido na biblia. Recolle as peripecias do heroe-rei e tamén semideus Gilgamesh

Código de Hammurabi

O código de Hammurabi foi o primeiro sistema xurídico escrito da historia (1750 a.C).

Código de Hammurabi: lei do Talión

“Se alguén rompe un oso a outro se lle quebrará un oso a el”.

 "Se un home rebenta o ollo dun home libre, se lle rebentará un ollo."

“Se un fillo lle pega ó seu pai, se lle cortarán as mans”. 

Estas son algunhas das 282 leis babilónicas recompiladas na estela e na que aplicaban a Lei do Talión ”Ollo por ollo, dente por dente”. 5

Antigo Exipto

A prosperidade tamén fai necesario un sistema de escritura

Escribas

Encargados de inscribir, clasificar, contabilizar e copiar. Traballaban na administración e podían chegar a ser escribas reais. Os cargos transmitíanse de pais a fillos, formando unha casta especial. Nun principio, os escribas eran escollidos entre os privilexiados formados no entorno da familia real. Co desenvolvemento da administración, créase unha casta de escribas.

Papiro, unha planta para todo

Soportes cilíndricos de metal para gardar os rolos de papiro. Museo do Louvre.

Libro dos Mortos papiro exipcio

6

Antigo Exipto

A escritura xeroglífica

Pode escribirse en vertical, horizontal, e nos dous casos pode estar orientada de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita.

Evolución

1. Xeroglífica ou monumental. Considerada sagrada. Utilizada en monumentos para a eternidade. Nace cara o IV milenio a.C. Uso simbólico das cores.

2. Hierática. Versión simplicada da anterior para axilizar o trazo. Os signos esquematízanse. Uso práctico (administración e actividade literaria). Escríbese de dereita a esquerda

3. Demótica. Creada en torno ó 650 a.C. É unha versión abreviada e máis complexa do hierático.

A pedra de Rosetta

É un fragmento dunha antiga estela exipcia inscrita cun decreto publicado en Menfis no ano 196 a. C. en nome do faraón Ptolomeo V (Museo Británico). Foi atopada polas tropas francesas en 1799 na campaña francesa en Exipto contra os británicos.

Dado que está escrita en tres escrituras distintas, deu a clave para descifrar a escritura xeroglífica. Jean-François Champollion (esquerda), foi o primeiro en conseguilo, en 1822.

7

Civilización minoica

Os xeroglíficos cretenses foron usados entre os anos 1900 a.C. e 1650 a.C

Disco de FestosSegue a ser un código indescifrable. Non se corresponde nin co Lineal A nin Lineal B. As figuras son impresións feitas con algún selo, polo que é considerado o 1º documento impreso da historia (Idade de Bronce).

Mapa da Civilización Minoica

É un disco de arxila cocida con inscripcións en ambas caras datado a finais da Idade de Bronce.Foi descuberto o 15 de xullo de 1908. O propósito e a orixe aínda son un enigma.

Reconstrución do palacio de Knossos8

Civilización minoica

Escritura minoica: Lineal A

Empregada entre os séculos XVII e XV a.C. Só foi descifrada nunha pequena parte

Escritura minoica: Lineal B

Foi descifrado en 1952. Utilizouse entre 1600 e 1110 a.C.

9

Grecia antiga: o alfabeto

Alfabeto grego arcaico

Grego clásico, s.V a.C.

O libro

Moitos libros fanse sobre papiro e, igual que en Exipto, enrolabánse.

Nesta cerámica grega un profesor manexa un libro dando clase a un alumno, mentres outro aprende a tocar a cítara.

Tamén se escribía sobre tabliñas de madeira recheas de cera 10

Roma antiga

A Inscripción de Duenos, do S. VI a. C., mostra a forma máis antiga coñecida do alfabeto latino arcaico.

Alfabeto latino arcaico

Alfabeto latino clásico

11

Roma antiga

Caligrafía capital, típica das inscripcións monumentais. Senatus populus que romanus (o senado e o pobo romano)

Maiuscúla cursiva romana (cursiva capitalis), usada entre os séculos III e VII, considerada a nai de todas as escrituras latinas e neolatinas europeas desde o S. IV ata hoxe. Era un tipo de escritura especializado que se aprendía no 2º nivel do sistema de ensino romano (a capital ensinábase no nivel elemental)

Graffiti

Burlas contra o cristianismo, contra líderes, burlas amorosas, vulgares, en incluso “puto quen o lea” ou “Marco estivo aquí”. Os graffiti usábanse para todo tipo de anuncios e reclamos populares. 2000 anos despois, camboiou a técnica, pero non o uso.

Materiais de escritura

Reprodución dunha capsa, o estoxo no cal se gardaban os papiros, o calamus (pluma) e o atramentum (tinta). Táboa de cera para escribir.12

As bibliotecas da antigüidade

Era a segunda en importancia da antigüidade, seguida da de Alexandría.

Nace o pergamiño, segundo a tradición, en Pérgamo. Feito con pel de animal. Era custoso, pero reutilizable

A biblioteca de Pérgamo (Grecia)

Nacen as bibliotecas públicas, como a biblioteca Ulpia, mandada construir por Traxano. Pero tamén había moitas bibliotecas privadas, que eran un elemento de prestixio para as familias patricias.

As bibliotecas en RomaBiblioteca de Alexandría (Exipto)

Foi, na súa época, a máis grande do mundo, famosa por gardar libros secretos que proporcionaban un saber ilimitado. Fundada a comezos do S. III a.C., chegou a ter ata 900.000 manuscritos. Pero era tamén un santuario do saber: incluía un zoolóxico, xardíns, un laboratorio, salas de reunións e para investigación… No ano 48 a.C. sofre un devastador incendio atribuido a Xulio César. 13

Idade Media

A cultura desaparece das cidades e refúxiase nos mosteiros. Todo o relacionado coa fabricación de libros, ten lugar entre os seus muros: Fabricación do papel, escritura, miniaturización, encadernación... Adóptase o Latín como idioma do Cristianismo, e a escritura uncial, na que todo o texto se escribía en letras maiúsculas e que foi de uso común entre os séculos III y VII, principalmente polos escribas latinos e gregos. Nos scriptorium dos mosteiros, os copistas traballaban na redacción dos textos sagrados; mentres que os máis capacitados ou mellor dotados os ilustraban e iluminaban; así a uncial, convertirase na escritura románica por excelencia.

Bibliotecas medievais

Só nos mosteiros, salvagarda da cultura occidental, e de uso exclusivo para monxes e monxas. Case toda a poboación era analfabeta.

14

Idade Media, caligrafía

1. Caligrafía uncial

Libro de Kells, ano 800. A caligrafía uncial, de forma redondeada, procede da escritura romana cursiva antiga. É práctica, rápida e económica en xestos. Foi definida como característica do primeiro cristián.

2. Minúscula carolina

Difundida polo Imperio carolinxio. É unha escritura de tipo minúscula, caracterizada pola redondez e apertura das súas formas. Os seus signos posúen unha forma case fixa, pequeño formato, e da mesma altura. Foi a escritura estándar en Europa ata case o S. XIII, sendo desprazada pola gótica. De fácil lectura.

3. Escritura gótica A redonda carolina evoluciona a unha escritura chea de puntas, ángulos e rasgos verticais. Era máis rápida de escribir, e ó ser máis estreita permitía aforrar material (o pergamiño era caro). Tamén se debeu a que á pluma de ave para escribir, se lle dá un corte oblícuo cara a esquerda. Esta escritura tivo tantas variantes como sriptoriums.

A arte de facer libros

Códice é un dos formatos do libro. Componse de cadernos pregados, cosidos e encadernados. Habitualmente, pódese escribir en ambos lados de cada folla, denominados páxinas, que poden numerarse. O termo utilizase comúnmente para libros escritos a man (manuscritos) no periodo previo á imprenta. Son exemplares únicos nos que se investía moito tempo

15

Idade MediaCopistas e iluminadores

Copista: quen reproduce escritos a man. Un copista experimentado podía escribir de 2 a 3 folios diarios.Iluminador: encargados da ilustración e decoración de iniciais.

Códices

Son libros valiosos e irrepetibles, ademáis de sagrados (albergan a palabra de Deus). Por iso se tratan as portadas como xoias e aplícase pan de ouro ás páxinas.

Libri catenati (encadeados a pupitres e andeis para evitar roubos)

Liberdade creativa, decorativismo nas letras capitais

16

Idade MediaCuriosidades. Titivillus

Era un demo enviado por Satanás para provocar erros nos copistas, o cal lles daba unha excusa para cando erraban. A monotonía do traballo monástico desgastaba, e a falta de atención era pecado. Co Titivillus, aliviaban culpas.

Códices curiosos

O Codex Gigas é un manuscrito en pergamino creado a principios do S. XIII e escrito en latín.Coñécese como “A Biblia do Demo". É o manuscrito medieval máis grande do mundo. Ten 624 páxinas. A lenda conta que, o seu autor, condenado a ser emparedado, escribe a obra nunha noite axudado polo demo para evitar a condena. A condición que Satán lle puxo, era figurar nunha páxina.

Scriptorium

Era a parte do mosteiro adicado a facer os códices. Adoitaba estar preto da biblioteca.

17

Idade Moderna: a revolución da imprenta

Bi-Sheng  foi o inventor da imprenta en China. O seu sistema de imprenta estaba elaborada a base de pezas de porcelana (despois de madeira) e foi inventada entre os anos 1041 e 1048.

A imprenta china Imprenta de Gutemberg

Gutemberg, ferreiro de profesión, inventa a imprenta moderna cara 1440. Crea os tipos móbiles en occidente sen ter coñecemento dos antecedentes da imprenta china

Gutenberg adaptou unha vella prensa de viño para construir a súa primeira imprenta e fabricou caracteres metálicos móbiles.

18

Idade Moderna: a revolución da imprenta

Rápida difusión. No mapa, principais imprentas no S. XV. Favorece a aparición do humanismo e do Renacemento. Antes da imprenta, o coste dun libro copiado a man, equivalía ó dunha casa nunha cidade ou unha finca grande. Un luxo. Aumenta exponencialmente a velocidade de produción de libros.

A “democratización da cultura”

Biblia de Gutemberg, 1455

Aínda que non foi o 1º libro saído da imprenta, simboliza o inicio da era da imprenta. Foi a gran obra de Gutemberg e o incunable máis famoso. Fixo ó redor de 180 exemplares, 45 en pergamiño e 135 en papel. Despois foron iluminados a man por especialistas, polo que cada exemplar é único. É tamén coñecida como a Biblia de Mazarino, versión impresa da Vulgata.

IncunablesSon os libros impresos no novo invento ata 1500. O papel era de gran calidade. Hoxe teñen un valor incalculable. Á esquerda, Sinodal de Aguilafuente, 1º libro impreso en España.

19

Idade Moderna: libros

No S. XVI iníciase unha personalización do libro (novas técnicas de cubertas, encadernación de luxo ou corrente, numeración de páxinas…). O libro comeza a ser obxecto cotiá.

S. XVI S. XVII

Auxe das línguas vernáculas. Por mor da crise, descóidase a impresión (papel, tinta e tipos de baixa calidade). A recargada ornamentación barroca disimula esa calidade inferior. A censura provoca unha crise na imprenta

S. XVIII, século das luces. A Ilustración e a Enciclopedia

A portada alixéirase e o título recupera o seu sitio. Mellora a calidade (novas técnicas de impresión e mellor papel). Diversifícanse os temas e perde importancia o relixioso. Diminúe o control relixioso, pero aumenta o político.

L'Encyclopédie ou Dictionnaire raisonné des sciences, des arts et des métiers é unha enciclopedia francesa editada entre 1751 e 1772 en Francia baixo a dirección de Diderot e d’Alembert. É considerada unha das máis grandes obras do S. XVIII, non só por ser a primeira enciclopedia francesa, senon tamén por conter a síntese dos principais coñecementos da época, nun esforzo editorial considerable para o seu tiempo.

Diderot e d’Alembert

20

S. XIX: libros

O libro deixou de ser exclusivo dunha minoría culta e poderosa. Aumenta a demanda e abarátase o produto. A introducción de máquinas automáticas, movidas pola forza do vapor en vez do esforzo humano, favorece o abaratamento do libro.

En 1886 aparece a linotipia, máquina que permitía compoñer desde o teclado liña a liña en vez de tipo a tipo. Isto supoñía que se había algún erro, bastaba con substituir so esa liña, o que permitía un enorme aforro de tempo. Esta técnica aplicouse ós libros, pero sobre todo ós periódicos, o que posibilitou un extraordinario aumento da velocidade de impresión. 2

1

A lectura en voz alta era aínda a finais do século XIX e nos primeiros anos do XX a lectura por excelencia.

Nas primeiras décadas do século XX de un modo progresivo, a lectura mental ou silenciosa comezará a converterse na máis adecuada para o estudo, e, polo tanto, no obxectivo final do aprendizaxe lector.

Educación nos séculos XIX-XX.Educación nos séculos XIX-XX.

Pizarrillo antigo.

22

Evolución dos materiais de escritura

As plumas de ave foron o principal instrumento de escritura desde o século VI ata o século XIX, das cales as mellores estaban feitas con plumas de ganso ou de cisne, e posteriormente, plumas de pavos.

Este lápiz é o mais antigo do mundo. Pertence a unha colección privada dunha das marcas líderes a nivel mundial Faber-Castell. Esta xoia que é celosamente conservada, foi atopada no teito dunha casa alemá do século XVII.

ANTIGUA E PEQUENA PÌZARRA ESCOLAR

Pluma estilográfica antiga de escritura

Primeiro modelo, 1864, Viena: Con ese modelo Mitterhofer mostra as súas primeiras ideas xeniais como inventor dunha máquina de escribir. Sen embargo chamoúselle, escribindo con escritura tapada, na sua autobiografía: “A fracasada".

Exemplar especial Princess (1949, Alemania:E completamente dourada (18 Kilates) e pensada como un regalo valioso e persoal.

Os ordenadores analóxicos comezaron a construirse a principios do século XX. Os primeiros modelos  realizaban os cálculos mediante eixes e engranaxes xiratorios.

O modelo Asus EeeTop PC ET2010 ven con dúas boas noticias debaixo da manga. A primeira é que a su pantalla e multitáctil, e a segunda, a inclusión dunha interfaz personalizada para aproveitar o primeiro.

MAQUINA DE ESCRIBIR ELECTRICA OLIVETTI ET 1250 MD

Despois(este non e o mellor nin o de última generación xa fai anos  que está no mercado) 23

Biblioteca do Escorial.Foi construída no S.XVI

Biblioteca Vaticana. Está no Vaticano e foi construída no S.XV.

Biblioteca nacional de Paris. Está en Francia e foi construída no século XVII.

Biblioteca. Está en Inglaterra, é do S.XVIII Biblioteca del congreso de Estados Unidos. Está en Washington é do século XIX.

Biblioteca nacional de España.Está en España e é do S.XX

Biblioteca UM. Con forma de tórax.Está en Inglaterra é do S.XXI

As mellores bibliotecas da historia

24