Escolma Xornada Escolar da Paz

20
Xornada Escolar da Paz 2011 De bello et pace (Breve escolma de textos) BIBLIOTECA IES “SAN PAIO” - TUI

description

Escolma de textos pola paz

Transcript of Escolma Xornada Escolar da Paz

Page 1: Escolma Xornada Escolar da Paz

Xornada Escolar da Paz 2011

De bello et pace

(Breve escolma de textos)

BIBLIOTECA IES “SAN PAIO” - TUI

Page 2: Escolma Xornada Escolar da Paz

Rafael Alberti (Puerto de Santa María 1902-1999).-

"Lo grito aquí: ¡Paz! Y lo gritollenas de llanto las mejillas.

¡Paz, de pie! ¡Paz! ¡Paz, de rodillas!¡Paz hasta el fin del infinito!

No otra palabra, no otro acentoni otro temblor entre las manos.¡Paz solamente! ¡Paz, hermano!

Amor y paz como sustento."

Do prólogo de Curros Enríquez á Aturuxos de Ramón Armada Teixeiro (Ortigueira 1858- A Habana 1920).-

Canta, paxariño, canta! Teus arpexios son nuncios de paz, heraldos de vida, promesas de felicidade. Oíndote, penso n'os meus éidos, n'os meus fillos mortos, n'os meus páis defuntos, santas obrigas que teño cuáse esquencidas n'o medio d'este inferno enxordecedor en que non respiramos se non fume de pólvora e vapor d'inxofre.

Canta, cotovia, canta! O teu canto é unha inxénua saudación de paz, un Te Deum laudamos d'os corazós fartos de sufrir, unha aspiración ó ceo, mudo, hostil e impenetrable xá ós nosos rogos. ¡Quén sabe! ¡Ay! Pode que ese canto, tenro e sinxelo, como o de un neno n'o berce, logre conmovel-o e faga descender sobre nós, que tanto a precisamos, unha rexeneradora chuvia de perdós e misericordias.

Page 3: Escolma Xornada Escolar da Paz

Francisco Domínguez Romero (1939 – 2005).-

BRINDE

“Não esqueças nunca Treblika e HiroshimaO horror o terror a suprema ignominia”

(Sophia de Mello Breyner Andresen)

Brindo:-os ritos pola paz son necesarios-por esa pomba que adiviño ilesa

cun ramo fresco de oliveira ao bico...Inevitabelmente dentro de mil anos.

O ESTADO DE GUERRA

"Vivín no monstro e coñézolle as entrañas"José Martí

“É unha guerra manifestamente inxusta a que propoñedes, porque é ir matar ao voso veciño por medo de que iste chegue a estar en situación de atacaros”

Voltaire, Cartas Filosóficas, 1731

¿Actuar preventivamente contra unha virtual ameaza?

Ao contrario do que queren facernos crer, o obxetivo de Washington non é o desarme de Iraq. Segundo un documento oficial baseado no estudio "Retos estratéxicos para a política enerxética do século XXI", un dos verdadeiros motivos desta nova agresión é a consolidación definitiva do dominio estadounidense en Oriente Medio; a súa pretensión expresa de exerce-lo control da producción petrolífera a escala mundial, e facer de Iraq un novo protectorado, outra factoría da grande potencia imperial.

Ademais, é claro que o obxetivo tampouco é o de combate-lo terrorismo, xa que unha invasión de Iraq excitará a ira das víctimas e o sentimento antioccidental en todo o mundo árabe. O maniqueo discurso da chamada guerra contra o terrorismo internacional, non é máis que un instrumento necesario para a continuidade do sistema de poder que goberna os EEUU. (Baste lembrar que nun pasado recente apoiaron e armaron a Bin Laden, a Sadam Hussein e ao réxime talibán).

Contra toda evidencia, os EEUU, —"berce da democracia"— veñen sendo presentados como un modelo de civilización. Mais é patente que, sendo formalmente democráticas as súas institucións, o falseamento e a perversión do sistema político e económico que as sostén vén de lonxe, desde as mesmas orixes dos EEUU como nación. A xénese deste proceso de desnaturalización ideolóxica e cultural é froito da gradual falsificación da representación popular, -da corrupción política baixo a coerción do partido único do capital- fronte aos verdadeiros intereses da sociedade civil.

Xa en abril de 1888, José Martí, analizando a evolución histórica dos EEUU,

Page 4: Escolma Xornada Escolar da Paz

escribe: "Un sistema no que a maxistratura, a representación nacional, a Igrexa e a mesma prensa, corrompidas pola cobiza, chegaran, en vintecinco anos de consorcio, a crear na democracia máis ceibe do mundo a máis inxusta e desvergonzada das oligarquías."

Dos efectos perversos desa política hai reiterada constancia, segundo o testemuña o pouco humanitario pasado dos EEUU cos seus veciños do sul.

Mais escoitemos "á outra América", a dos ferventes sustentadores do pensamento universalista estadounidense: a da clase traballadora e as forzas progresistas; a dos grandes escritores, poetas e pensadores da democracia:

"Durante perto de 200 anos, nós, os EEUU, exterminamos á poboación indíxena, é dicir, a moitos millóns de persoas, conquistamos a metade de México, realizamos depredacións en toda a rexión, no Caribe e América Central... conquistamos Hawai e Filipinas... Dende a segunda guerra mundial, EEUU espallou o seu alcance a todo o mundo empregando métodos que non precisan descripción. Foi sempre matando a outros, noutros lugares, os masacrados foron sempre outros... O caso de Europa, sen embargo, e aínda máis dramático, porque a súa historia aínda é máis horrenda que a nosa." (1)

Cómpre agora tamén rematar o proxecto sionista: a anexión definitiva de tódolos territorios palestinos, e "restablecer o reino de David e Salomón". (Ben Gurion).

Pese a os agora chamados "esforzos de diplomacia pública", (campaña de propaganda tendente a disfrazar as atrocidades) calquera sabe da implacable política de exterminio e desaloxo masivo da poboación autóctona levada a cabo dende 1948 —ano da "creación" do Estado teocrático de Israel— en terras palestinas.

Calquera sabe que un só país do Medio Oriente ten poder nuclear: Israel; e que Ariel Sharon é o responsable das matanzas de Sabra e Chatila; que Israel é simplemente un Estado terrorista e colonial en terras palestinas; e que é quen máis resolucións do Consello de Seguridade da ONU viola.... Xa que o dobre raseiro é a regra...

Escoitemos agora a voz humanista do escritor israelí —crítico do sionismo— Israel Shahak, quen, —coincidindo con Gore Vidal ou Edward Said— entende que tanto "o antisemitismo coma o chovinismo xudeu só se poden combater de xeito conxunto" ou simultáneo. E que en calquera causa "non hai nada máis despreciable que o uso deshonesto dos principios universais", en alusión ao desigual valor que o totalitarismo e o racismo sionista confere á vida e aos dereitos humanos de xudeus e xentís.

Nestes días cruciais, causa estupor a indixencia moral, a falta de rigor e solvencia intelectual dos funcionarios da "industria de manipulación de conciencias" (2) tentando estigmatizar calquera forma de xuicio adverso sobre o imperialismo. Frases táis como:

"Hoxe hai demasiada xente que xa non acepta a forza dos EEUU como algo bo. E iso e malo".

Page 5: Escolma Xornada Escolar da Paz

"Agora, o bruído antiamericano ameaza con obstaculizar todo debate racional sobre a situación".

"Os que amosan distintivos contra a guerra son aliados obxetivos de Bin Laden, de Al Qaida e de Sadam Hussein".

"O antiamericanismo primario de moitos europeos os leva a preferir a satrapía iraquí aos Estados Unidos".

Ou a pouco digna admonición do vicepresidente do Goberno de España, quen, "en nome da paz", e tentando —unha vez máis— acalar o clamor contra a guerra, ademais de dicir que "a ONU é suprimible" por irrelevante, quere "que non se repita o do Prestige nun asunto destas características".

A falta de argumentos convincentes da máquina de propaganda oficial, descalificacións, ameazas, falsidades, escusas.

Como xa amosara outro ilustre estadounidense, —Herbert Marcuse— "hoxe no próspero Estado de guerra e benestar, as cualidades humanas dunha existencia pacífica semellan asociais e antipatrióticas".

Para mellor ilustrar a fealdade do presente, e como proba do absurdo das desaxeitadas teses da élite xenocida, dou aquí os resultados da xa famosa enquisa da revista británica Time*. Á pregunta de "¿Que país constitue o maior perigo para a paz mundial en 2003?" As respostas son: Corea do Norte, 6´4%; Iraq, 7'5%; Estados Unidos, 86'1%.

Aquí chegados, é manifesto que, hoxe, a verdadeira política antiamericana é a daqueles que apoian os delirios neonazis de Bush.

Para el a conclusión é a seguinte:

"A ONU non vai dicir se haberá guerra ou non. Esa decisión é nosa e xa a adoptamos".

E advirte:

"Nós, non precisamos dunha nova resolución; quen a necesita, para manter a súa función dentro da política internacional, é o Consello de Seguridade".

Con todo, convén lembrar que a Carta da ONU, e así tamén os tratados e convencións de Dereito Internacional, prohiben aos Estados membros a ameaza e o uso da forza contra a soberanía, a integridade territorial ou a independecia política de outros Estados. E reserva a licitude da lexítima defensa só como resposta a un ataque armado no propio territorio.

Baixo a máscara da lexitimidade democrática e validando a vella máxima de Clausewitz, de que "a guerra é unha mera continuación da política por outros medios", os EEUU e Europa construen a súa riqueza sobre a ruina e o espolio dos outros.

E agora, o fabuloso negocio da guerra sen fin contra o Terceiro Mundo; o control

Page 6: Escolma Xornada Escolar da Paz

militar do planeta; a imposición do arrepiante American Way of Life como sistema unipolar de dominación global.

É así que, no trasfondo da "nosa riqueza", están os humildes, os pobres da terra: a masa sofridora do Terceiro Mundo.

Entretanto, "o único que queda é a terra carbonizada das víctimas e a radiante boa conciencia dos necios.(3)

Notas

1. Noam Chomsky, A nova guerra contra o terror.2. H. M. Enzensberger, Detalles, 19623. W. Claude Eatherly (piloto que guiou ao Enola Gay sobre Hiroshima)* Revista Time, Enquisa, 16-02-2003

Paul Eluard (1895-1952).-

LIBERTÉ

Sur mes cahiers d'écolierSur mon pupitre et les arbresSur le sable sur la neigeJ'écris ton nom

Sur toutes les pages luesSur toutes les pages blanchesPierre sang papier ou cendreJ'écris ton nom

Sur les images doréesSur les armes des guerriersSur la couronne des roisJ'écris ton nom

Sobre mis cuadernos de escuela,sobre el pupitre, sobre el roble,sobre la nieve y en la arena escribo tu nombre.

Sobre las páginas leídas,sobre las páginas incólumes-piedra, sangre, papel, ceniza- escribo tu nombre.

En las imágenes doradas,sobre los signos de la Corte,sobre tizonas y corazas escribo tu nombre.

Page 7: Escolma Xornada Escolar da Paz

Sur la jungle et le désertSur les nids sur les genêtsSur l'écho de mon enfanceJ'écris ton nom

Sur les merveilles des nuitsSur le pain blanc des journéesSur les saisons fiancéesJ'écris ton nom

Sur tous mes chiffons d'azurSur l'étang soleil moisiSur le lac lune vivanteJ'écris ton nom

Sur les champs sur l'horizonSur les ailes des oiseauxEt sur le moulin des ombresJ'écris ton nom

Sur chaque bouffée d'auroreSur la mer sur les bateauxSur la montagne démenteJ'écris ton nom

Sur la mousse des nuagesSur les sueurs de l'orageSur la pluie épaisse et fadeJ'écris ton nom

Sur les formes scintillantesSur les cloches des couleursSur la vérité physiqueJ'écris ton nom

Sur les sentiers éveillésSur les routes déployéesSur les places qui débordentJ'écris ton nom

Sur la lampe qui s'allumeSur la lampe qui s'éteintSur mes maisons réunisJ'écris ton nom

Sur le fruit coupé en deuxDur miroir et de ma chambreSur mon lit coquille videJ'écris ton nom

Sur mon chien gourmand et tendreSur ses oreilles dressées

Sobre el desierto y en la jungla,sobre la infancia de las voces,sobre la rama y en la gruta escribo tu nombre.

Sobre el pan blanco de los días,sobre el prodigio de la noche,sobre la flor y las vendimias escribo tu nombre.

Sobre los cielos que azulanen los estanques -muertos soles-;sobre los lagos -vivas lunas- escribo tu nombre.

Sobre las colinas remotas,en las alas de los gorriones,sobre el molino de las sombras; escribo tu nombre.

Sobre los hálitos del alba,sobre la mar y sus galeones,sobre la demente montaña, escribo tu nombre.

Sobre el vellón de los espaciosy el estertor de los ciclones,sobre el limo de los chubascos, escribo tu nombre.

Sobre las formas cintilantes,sobre la pátina del bronce,sobre las físicas verdades, escribo tu nombre.

Sobre las rutas desveladasy las sendas sin horizonte,sobre las mareas humanas, escribo tu nombre.

Sobre la llama que fulgura,Sobre la llama que se esconde,sobre los techos que se juntan, escribo tu nombre.

Sobre la fruta en dos partidadel espejo que me recoge;en mi lecho -concha vacía- escribo tu nombre.

Sobre mi can goloso y tiernoy en la oreja que atenta pone,

Page 8: Escolma Xornada Escolar da Paz

Sur sa patte maladroiteJ'écris ton nom

Sur le tremplin de ma porteSur les objets familiersSur le flot du feu béniJ'écris ton nom

Sur toute chair accordéeSur le front de mes amisSur chaque main qui se tendJ'écris ton nom

Sur la vitre des surprisesSur les lèvres attentivesBien au-dessus du silenceJ'écris ton nom

Sur mes refuges détruitsSur mes phares écroulésSur les murs de mon ennuiJ'écris ton nom

Sur l'absence sans désirSur la solitude nueSur les marches de la mortJ'écris ton nom

Sur la santé revenueSur le risque disparuSur l'espoir sans souvenirJ'écris ton nom

Et par le pouvoir d'un motJe recommence ma vieJe suis né pour te connaîtrePour te nommer

Liberté

sobre su salto poco diestro, escribo tu nombre.

Sobre la grada de mi puerta,sobre la loza y los arcones,sobre las ascuas de la leña, escribo tu nombre.

Sobre la carne que se entrega,en la faz del amigo noble,sobre la mano que se estrecha, escribo tu nombre.

Sobre el vitral de los secretos,sobre las bocas ya sin voces,sobre los más hondos silencios, escribo tu nombre.

Sobre el albergue derruido,sobre el escombro de mi torre,sobre los muros de mi hastío escribo tu nombre.

Sobre la ausencia sin deseos,sobre mi soledad insomne,sobre los lúgubres aleros, escribo tu nombre.

Sobre la calma que retorna,sobre los extintos pavores,sobre el anhelo sin memoria, escribo tu nombre.

Y en el poder de tu palabrami vida vuelve a comenzar:he renacido a tu llamada para invocarte:

Libertad!!

(versión de Carlos López Narváez)

Page 9: Escolma Xornada Escolar da Paz

Miguel Anxo Fernán Vello (Cospeito, 1958).-

OS QUE QUEREN A PAZ

Os que soñan unha patria de árbores antigase o sol treme na seiva como unha chama verde

inaugurando a luz dos campos.

Os que teñen o mar prendido nos seus ollose len no vento a rota invisíbel dunha estrela

que anuncia a exhalación do norte.

Os que cantan na hora central dos días-tenrura necesaria de palabras de arxila-

contra a forma metálica do medo,contra o pozo que sobe como un fío de pedra

amordazando a auga.

Os que procuran a suave dirección dos mencerese furan na codia do silencio o brillo azul,

a casa do horizonte construíndo outra luz,a brisa xerminal que acende o corazón da flor.

Os que saben na altura da memoriamedir o verso humano do futuro:

a terra libre que clamou tanto sangue,o astro firme na voz que foi semente,

a condición do amor orientando as raíces,a cantiga que eleva a lucidez do mundo.

Contra a dor ancorada no remuíño escuro do tempo,contra o arame negro que transita a pobreza,contra a fame sonámbula vaciada na noite,

contra o terror que arde na historia repetida,os que queren a paz fenden o duro muro da paciencia

e avanzan arborecendo a liberdade,medrando como un río de palabras que ferven,armados como o vento que asubía triunfante

sobre o férrido pedernalque derrubou

a primeira hora liberada do abrente.

Page 10: Escolma Xornada Escolar da Paz

Adela Figueroa.-

ALTO!

Alto! Alto!As mans en alto!O brazo dereito

OcupadoCoa meninha no colo.

Corre rapaz!Non deixes atrás

A tua irmá!Irmáns,

Todos somos irmáns!

¿Quen dispara?¿Son os nosos!?

Non!!Son os outros!

Alto!¿Quen vive?

¿Quen morre?:Todos

Toda a família.Ian xuntos,Apertados.

Fuxindo no camion.¿Por qué?Non o sei.

Temos medo, sede e fameEn Nasiriya, en Basora;

Na terraOnde os homes inventaran

A escritura.

BABILÓNIA

Babilónia de pecadoBabel de confusion:

Confusion da históriaNo presente

E doPasado

Sanchez, Martinez, López:Soldados americanos

American US Army:Chicanos, hispanos e pretos

Que fan a guerra.

PobresContra pobres,Empobrecidos.

PetróleoChapapote

PicheSobre o azul do mar,E sobre o vermelho

Do deserto.

Sombra pretaQue oculta a vida.

Dawiniya, Nassiriya,Babel e Bagdag

Confusion e morteDa esperanza asasinada.

Page 11: Escolma Xornada Escolar da Paz

Jaime Gil de Biedma (Barcelona 1929-1990).-

INTENTO FORMULAR MI EXPERIENCIA DE LA GUERRA

Fueron, posiblemente,los años más felices de mi vida, y no es extraño, puesto que a fin de cuentas no tenía los diez años.

Las víctimas más tristes de la guerralos niños son, se dice. Pero también es cierto que es una bestia el niño:si le perdona la brutalidad de los mayores, él sabe aprovecharla,y vive más que nadieen ese mundo demasiado simple, tan parecido al suyo.

Para empezar, la guerrafue conocer los páramos con viento,los sembrados de gleba pegajosay las tardes de azul, celestes y algo pálidas, con los montes de nieve sonrosada a lo lejos.Mi amor por los inviernos mesetarios es una consecuenciade que hubiera en España casi un millón de muertos...

Page 12: Escolma Xornada Escolar da Paz

Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932).-

VIETNAM 1972

Cando enfrontados ventos,cando o ceremonial do caos e asembleas,

cando os grandes negocios, guerra en Asia,palabras e palabras: París, baile,

cando caen as bombas pola selvacontra o paxaro azul que lembra o ceo,

contra da fe e da casa e da xustiza,erguéndome pra alá destas murallas

-era cristiá, mil novecentossetenta e dous, xa primavera,

pero primeiro en tendas, en "percales"-,sinto o cachón do sangue coma un "geyser"

na indiferencia, nas noticias falsas,namentres Nixon, Kissinger, Van Thieu

fan sorrintes sermóns, falan e falan,e en París segue a farsa.

Eu resisto na selva de palabras,de rañaceos, de fumes, de milleirosde coches, ruídos, tráficos, papeis,resisto as mil promesas, as noticiasmonótonas, iguais, as esperanzas,avances, retrocesos, tantalismo,

escenas de matanzas en Quang-Tri,e, coma voz clamante no deserto,

síntome canso de Vietnam, dos nenos,mulleres, vellos... mortos, mentres Nixon fala...

E se o sol e a lúa e tanta estrela,Vietnam, A China, o Polo, o Universo

non son de USA ou Rusia ou dos marcianos,atrevereime a estar inda en guerrilla

neste noxo de vida, entre as mentiras,e xurarei que sinto dor e xiria

cando todos me afunden nunha noite,cando millóns de astáticos

non nos contruban soño e dividendosse están sen paz, sen pan e sen palabra.

Page 13: Escolma Xornada Escolar da Paz

Xulio López Valcárcel (Lugo, 1953).-

Non cara a morte na que estou,cara á vida ireime.

Atrás os remotos corpos amados,os inútiles buracos percorridos,

a morte toda atrás.

Ireime buscando o aire,a luz, o día primitivo,

Algo de paz, algo de paz...Onde sexa posible a vida,

onde o meu corazón e a terralatexen a compás.

Sen paz xéanse as palabras,bórranse os perfís,

e acósame a sombra.

Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943).-

(Do manifesto lido na concentración do mundo do teatro en Santiago o día 7 de marzo de 2003)

CULTURA E LIBERDADE

Señores que nos gobernades:

— Vós non sodes os propietarios do país nin das nosas humildes persoas. Vós sodes, ou teríades que ser, os administradores dos nosos recursos e os primeiros valedores da nosa paz e da nosa liberdade.

— A vosa legalidade procede da nosa vontade, e non ao revés. Ademais o exercicio do voso poder ten un prazo limitado. Conque, non hai razón, nin legal nin humana, para tentardes saltar eses honrados límites mentindo, manipulando, censurando.

Page 14: Escolma Xornada Escolar da Paz

— A mesma unanimidade, convertida en clamor que engorda vilas e cidades, teatros e pasarelas chegando mesmo aos estudios da televisión que controlades con man férrea, reúne aos cidadáns nunha loita até o desespero contra a inexplicábel submisión do Goberno español ao proxecto norteamericano de bombardear o Irak, á marxe do pronunciamento dos organismos nacionais e internacionais. Neste caso tamén; que eleva a barbarie a modelo de conduta, e o futuro a unha incógnita angustiosa-, a mentira é constante e a manipulación, por se xa fose ineficaz, procura a súa blindaxe na censura contra toda disidencia.

— Neste panorama, un colectivo como o dos artistas do espectáculo (teatro, cinema, televisión, etc.) e as persoas, en xeral, que teñen nos traballos da cultura a súa ocupación, erguen a voz contra a miseria das bocas tapadas, dos ouvidos xordos e dos ollos cegos, proclamando nos foros propios do seu oficio e nas concentracións populares, o non á guerra, o nunca máis á manipulación e ao totalitarismo.

... seguiremos clamando contra todo o que nos doe e nos ofende como artistas, como cidadáns e como membros correspondentes da raza humana.

Gonzalo Navaza (Lalín, 1957).-

LA TOUR FRAPPÉE PAR LA FOUDRE

Un día contarás que viches cos teus ollossucumbir con estrépito os símbolos e os murose o cadro apocalíptico que debuxou o naipedo arcano dezaseis no tapete do mundo.Dirás do teu asombro, do pánico das bolsas,do arrepío que ascende polo espiñazo arriba,do temor de que acaso serán moitas as cousasque xamais han de ser do xeito que eran antes.Mais se gardas os fíos que han tecer o relatoque no incerto futuro se lembrará das horasdestes tempos inquietos, garda tamén esoutrosque falan das nacións condenadas a morte,das riolas da fame a atravesar fronteiras,das farturas que move o comercio da guerrae as macabras colleitas dos campos de minas,das mulleres sen rostro que sofren en silencio,das balsas da miseria buscando a banda opostae o brazo multiforme das necias ambicións.Algún día serán só cousas do pasado.Pero o presente é tempo de non calar a boca,e mais de preguntar en mans de quén estamose lembrar as palabras daquel romano antigo:que a paz xusta é mellor ca todas as victorias.¡Que Alá misericorde nos dea sentidiño!

Page 15: Escolma Xornada Escolar da Paz

Blas de Otero (Bilbao 1916- Madrid 1979).-

EN EL NOMBRE DE ESPAÑA, PAZ

En el nombre de España, paz.

El hombre

está en peligro, España.

España, no te

aduermas.

Está en peligro, corre,

acude. Vuela

el ala de la noche

junto al ala del día.

Oye.

Cruje una vieja sombra,

vibra una luz joven.

Paz

para el día.

En el nombre

de España, paz.

AREN EN PAZ

Pensé poner mi corazón, con una cinta

morada, encima de la montaña más alta del mundo,

para que, al levantar la frente al cielo, los hombres

viesen su dolor hecho carne, humanado.

Pensé mutilarme ambas manos, desmantelarme

yo mismo mis dos manos, y asentarlas

sobre la losa de una casa en ruinas:

así orarían por los desolados.

Después, como un cadáver puesto en pie

de guerra clamaría por los campos

la paz del hombre, el hambre de Dios vivo,

la represada sed de libertad.

Noches y días suben a mis labios

-ellos, en son de sol; ellas, de blanco-,

detrás acude la esperanza con

una cinta amarilla en las manos.

Miradme bien, y ved que estoy dispuesto

para la muerte. Queden estos hombres.

Asome el sol. Desnazca sobre el mundo

la noche. Echadme tierra. Aren en paz.

Page 16: Escolma Xornada Escolar da Paz

Alfonso Rodríguez Rodríguez (Ourense, 1973).-

XENREIRA QUE SE FORMA NAS TRIPAS

Xenreira que se forma nas tripasCando ves sangue e destrucciónAo redor, en todos os lugares.Crecendo con pedras nas mansCon metal nas mansCon metais non preciosos na cabezaNon comprendendo por que non hai pazPara a túa cabeza, para a túa familiaPara a túa irmá e para os teus amigos.Morrendo amigos, morrendo familiaMorrendo a infancia, morrendo as ilusiónsAnsiando a vinganza(paradoxa) Forxándote un porvir como enemigo á Estrella mortuoria de goliat.Por que non vas a escola?Por que non tes casa?Ou se a tesOnde está o faiado?Non podes subir a élSó podes masticar a terra que non te pertenceE a raiba que te provocanChorar sangue e entranas.Non comprendes e odias, odias, odias.O teu futuro pode ser a morte por unha balaOu podes buscar ti mesmo a morte e a balaDesesperadamente por ansiarSinxelamenteA razón do teu fogarDo teu sitio no mundo.

Acaso é un delitoSer palestino e... neno?

Tibulo (55-19 a. C.).-Quis fuit, horrendos primus qui protulit enses? quam ferus et uere ferreus ille fuit! tum caedes hominum generi, tum proelia nata, tum breuior dirae mortis aperta uia est. an nihil ille miser meruit, nos ad mala nostra uertimus, in saeuas quod dedit ille feras? diuitis hoc uitium est auri, nec bella fuerunt, faginus astabat cum scyphus ante dapes. non arces, non uallus erat, somnumque petebat securus uarias dux gregis inter oues. tunc mihi uita foret uulgi nec tristia nossem arma nec audissem corde micante tubam. nunc ad bella trahor, et iam quis forsitan hostis haesura in nostro tela gerit latere. sed patrii seruate Lares...

¿Quen foi il, o primeiroque forxou as espadas arripiantese esnaquizou ca guerra o mundo inteiro?Fero e ferreño il tiñao corazón. Daquelaa morte férida e trunfal camiña polo atallo... Mais non, non foi culpabreo disgraciado aquil: nós fumos todos,por noso mal, quenes trocamos modos;o destiño da espadapra bater contra as feras fora dada.A culpa é da cubizapola riqueza e máis polo ouro arfada.Da guerra a avol estizafuxía diante as cuncas

Page 17: Escolma Xornada Escolar da Paz

at nobis aerata, Lares, depellite tela...

... alius sit fortis in armis, sternat et aduersos Marte fauente duces...

quis furor est atram bellis accersere Mortem? imminet et tacito clam uenit illa pede. non seges est infra, non uinea culta, sed audax Cerberus et Stygiae nauita turpis aquae: illic percussisque genis ustoque capillo errat ad obscuros pallida turba lacus...

interea Pax arua colat...

Pax aluit uites et sucos condidit uuae...

Pace bidens uomerque nitent, at tristia duri militis in tenebris occupat arma situs...

sed manibus qui saeuus erit, scutumque sudemque is gerat et miti sit procul a Venere. at nobis, Pax alma, ueni spicamque teneto, profluat et pomis candidus ante sinus.

(Libro I, Elexía X)

de pau postas na mesa porparada, demais estaban muros e bastidas;seguro o pigureirodas ovellas o fato rexentabae atergo un sono prácedo botaba.¡Quen dera a vida aquela!Houbérame aforrado ver as tristesloitas de cada día, e o changuidodo anafil que me deixa estarrecido.Ora á guerra me obrigane os dardos xa boliganque quizáis deixaranme malferido.¡Lares dos meus abós! Vinde a salvarme...

Arredade de nós, deuses, os dardosde bronzo ben garnidos...

…que outros exerzan seu valor na guerrae afillados de Marte desbaraten aos xefes inimigos...

¡Que grande toleríanas guerras atricar a moura Morte!Ela adiántase a furto e silandeira;no seu reiño e bailíaas anadas non hai, nin a videiramedra con louzanía;alí trunfa o Cerbeiroe da lagóa Estixia o avol naucheiro.Por alí coa meixela amacelada,e o pelo achamuscado,voltexa beiras de auga lamacentaunha xente chuchada...

Antramentras a Paz encha as campías...

a Paz da as viñas mantenza,espreme nas bacíasos acios en fervenza...

a Paz na rella brila e no fouciñomentras que as armas tristes do soldadose enfurruxan nun anco do sobrado...de ferro e croio o corazón amante,cousa que ós deuses con razón despeita. Ise tal colla o escudoe a lanza do soldado batallante,non se fixo para il o amor sisudo.Mais tí, vente connosco, Paz fecunda,na mau a enfesta espigapra escorrentar a fame;de forteza baril a terra inundae a vida dos teus peitos se derrame.

(versión de A. Gómez Ledo)

Page 18: Escolma Xornada Escolar da Paz

César Vallejo (Perú 1892- Paris 1938).-

MASA

Al fin de la batalla, y muerto el combatiente, vino hacia él un hombre y le dijo: «¡No mueras, te amo tanto!» Pero el cadáver ¡ay! siguió muriendo.

Se le acercaron dos y repitiéronle: «¡No nos dejes! ¡Valor! ¡Vuelve a la vida!» Pero el cadáver ¡ay! siguió muriendo.

Acudieron a él veinte, cien, mil, quinientos mil, clamando «¡Tanto amor y no poder nada contra la muerte!»

Pero el cadáver ¡ay! siguió muriendo.

Le rodearon millones de individuos, con un ruego común: «¡Quédate hermano!» Pero el cadáver ¡ay! siguió muriendo.

Entonces todos los hombres de la tierra le rodearon; les vio el cadáver triste, emocionado; incorporóse lentamente, abrazó al primer hombre; echóse a andar...

ESPAÑA CAMISA BLANCA DE MI ESPERANZA

España camisa blanca de mi esperanza reseca historia que nos abraza por acercarse sólo a mirarla. Paloma buscando cielos más estrellados donde entendernos sin destrozarnos donde sentarnos y conversar.

España camisa blanca de mi esperanza la negra pena nos amenaza la pena deja plomo en las alas. Quisiera poner el hombro y pongo palabras que casi siempre acaban en nada cuando se enfrentan al ancho mar.

España camisa blanca de mi esperanza a veces madre y siempre madastra; navaja, barro, clavel, espada. Nos haces siempre a tu imagen y semejanza lo bueno y malo que hay en tu estampa de peregrina a ningún lugar.

España camisa blanca de mi esperanza de fuera a adentro, dulce o amarga de olor a incienso, de cal y caña. Quién puso el desasosiego en nuestras entrañas nos hizo libres pero sin alas nos dejos el hambre y se llevó el pan.

España camisa blanca de mi esperanza aquí me tienes nadie me manda quererte tanto me cuesta nada. Nos haces siempre a tu imagen y semejanza lo bueno y malo que hay en tu estampa de peregrina a ningún lugar.

Page 19: Escolma Xornada Escolar da Paz

TEXTOS DE:

Rafael Alberti Manuel Curros Enríquez

Francisco Domínguez Romero

Paul Eluard

Miguel Anxo Fernán Vello

Adela Figueroa Panisse

Jaime Gil de Biedma

Bernardino Graña Villar

Xulio López Valcárcel

Manuel Lourenzo

Gonzalo Navaza Blanco

Blas de Otero

Alfonso Rodríguez Rodríguez

Tibulo

César Vallejo

ESPAÑA CAMISA BLANCA DE MI ESPERANZA (Ana Belén e Víctor Manuel)

Page 20: Escolma Xornada Escolar da Paz