“enganchado” ás novas tecnoloxías -...

12
Número 22 Publicación de actualidade municipal Inverno 2007 www.castrelodoval.org Licitación de obras viarias O Obradoiro traballa Terra de centenarias A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta licitou os proxectos das obras das estradas de Verín e Campobecerros. Cumprido o trámite da adxudicación, agárdase que os traballos comecen a primeiros de ano. O Obradoiro de Emprego “Ruta dos Carboeiros” completou a primeira fase, de seis meses. Neste tempo realizáronse importantes obras de recupera- ción do noso patrimonio tradicional: rutas de sendei- rismo, espazos públicos, fornos, o teleclub, etc. Varias veciñas tiveron a honra nos últimos tempos de chegar a centenarias. Foi o caso de Teresa Basalo, de Piornedo (na imaxe, xunto ás súas fillas Delfina e Hororina), Pura González, tamén de Pior- nedo, e Irene Rodríguez, de Gondulfes. Un Concello “enganchado” ás novas tecnoloxías

Transcript of “enganchado” ás novas tecnoloxías -...

Page 1: “enganchado” ás novas tecnoloxías - castrelodoval.galcastrelodoval.gal/wp-content/uploads/2015/08/castrelo22_inv07.pdf · Gómez García, asinou un convenio coa directora xeral

Número 22 Publicación de actualidade municipal Inverno 2007

www.castre lodoval .org

Licitación de obras viarias O Obradoiro traballa Terra de centenarias

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicase Transporte da Xunta licitou os proxectos dasobras das estradas de Verín e Campobecerros.Cumprido o trámite da adxudicación, agárdaseque os traballos comecen a primeiros de ano.

O Obradoiro de Emprego “Ruta dos Carboeiros”completou a primeira fase, de seis meses. Nestetempo realizáronse importantes obras de recupera-ción do noso patrimonio tradicional: rutas de sendei-rismo, espazos públicos, fornos, o teleclub, etc.

Varias veciñas tiveron a honra nos últimos temposde chegar a centenarias. Foi o caso de TeresaBasalo, de Piornedo (na imaxe, xunto ás súas fillasDelfina e Hororina), Pura González, tamén de Pior-nedo, e Irene Rodríguez, de Gondulfes.

Un Concello“enganchado”ás novastecnoloxías

Page 2: “enganchado” ás novas tecnoloxías - castrelodoval.galcastrelodoval.gal/wp-content/uploads/2015/08/castrelo22_inv07.pdf · Gómez García, asinou un convenio coa directora xeral

Páxina 2

EEEE dddd iiii tttt oooo rrrr iiii aaaa llll

Boas novas para o Concello de Castrelo do Val asque nos aportou o 2006: o Obradoiro de Emprego, ocomezo das obras para mellora-las estradas de Veríne Campobecerros, a reforma das redes hidráulicas, oavance na tramitación do Plan Xeral de OrdenaciónMunicipal, etc., son algunhas das iniciativasauspiciadas pola Corporación Mu-nicipal que xa están executa-das, en trámite ou compro-metidas para posterio-res exercicios orza-mentarios. E non setrata de obras sin-xelas, destinadasa dar brillo aunha determi-nada xestión po-lítica en véspereselectorais para re-nova-lo noso Con-sistorio, senón que,dalgún xeito, van con-figura-lo modelo de conce-llo que queremos en Castrelopara os anos vindeiros (ou haberíaque dicir, para as próximas xeracións).

Vivimos, pois, unha etapa ilusionante, con froitosxa perceptibles para a recuperación do noso patrimo-nio, a través do Obradoiro de Emprego “Ruta dosCarboeiros”, a reforma do teleclub de Castrelo, amellora do servizo de axuda a domicilio, de gran

axuda para moitos veciños maiores ou impedidos,etc. Sen esquece-los proxectos de mellora da rede via-ria e do abastecemento de auga, destinados a garan-tir un bo servizo durante todo o ano. A nivel deemprego, o Concello ten en marcha outras iniciativas

de fomento laboral, con varias contrataciónspara constituir brigadas de obras e

un proxecto, en colaboracióncon Medio Ambiente,

para realizar importan-tes estudios de cata-

logación da fauna eda flora do Parquedo Invernadeiro. O Concello xes-tiona tamén ou-tros importantesproxectos para

mellora-lo nivel deservizos e infraes-

tructuras en tódolospobos do municipio que

deberán concretarse enbreve. Sen dúbida, un concello

moderno e dinámico coma o nosoprecisa dunha actuación permanente por

parte da Administración local, aínda que sexa igual-mente importante a colaboración dos veciños e veci-ñas, aportando ideas e iniciativas que, despois, sonasumidas polo Concello ou compartidas coa Xunta deGalicia maila Deputación Provincial.

Un concello que prospera e que mira cara adiante con optimismo

Asinado o convenio do Puntode Información ás Mulleres

Castrelo do Val conta desde hai variassemanas na Casa do Concello cun Puntode Atención á Muller. O alcalde, VicenteGómez García, asinou un convenio coadirectora xeral do Servizo de Promoción daIgualdade do Home e da Muller, AnaLuisa Bouza, para a posta en marchadesta nova prestación de carácter social.As mulleres que o soliciten recibirán asis-tencia persoalizada, tanto a nivel xurídicocomo psicolóxico, para resolve-los seusproblemas familiares ou de parella. Naimaxe, a directora xeral (de costas), cosalcaldes dos concellos de O Barco, Cas-trelo do Val, Viana do Bolo, Verín e Oim-bra, que se adheriron a este plan.

Servoi

Page 3: “enganchado” ás novas tecnoloxías - castrelodoval.galcastrelodoval.gal/wp-content/uploads/2015/08/castrelo22_inv07.pdf · Gómez García, asinou un convenio coa directora xeral

Páxina 3

O alcalde de Castrelo, VicenteGómez, emitíu recentemente senllosbandos para exprica-los trámites se-guidos na execución das obras dasestradas OU-113 e OU-114, iniciadosen marzo de 2006 cando a actual Con-sellería de Política Territorial, ObrasPúblicas e Transporte da Xunta deGalicia encargou a redacción do pri-meiro proxecto (Verín-Vilar de Barrio,por Castrelo do Val). O estudio paraexecuta-la estrada de Caldeliñas-Campobecerros comezou o día primei-ro de agosto tamén de 2006.

De paso, estas informacións ser-ven para facer calar a rumoroloxía polaque algúns, con clara intencionalidadepolítica, concedían o mérito destasobras á anterior Xunta. Para VicenteGómez, "unha das obrigas do Conce-llo é a transparencia de todo o que sefai e que os veciños saiban en todomomento como se xestionan os recur-sos públicos".

O momento culminante de tódolostrámites realizados no último ano emedio foi a publicación, o día 7 denovembro, no Diario Oficial de Galicia,da licitación das dúas obras, cun orza-mento conxunto que supera os 8 mi-llóns de euros. !

MMeelllloorraa ddaass infraestructuras vviiaarriiaass eenn Castrelo do Val

Política Territorial da Xunta licitaen máis de 8 millóns de euros

Tramitación dos proxectos

as oobbrraass das dúas estradasAs obras das estradas Caldeliñas-Campobecerros eVerín-Vilar de Barrio deberán estar en execución no pri-meiro trimestre de 2007. Nas últimas datas completáron-se os trámites previos, agardándose que antes do 31 dedecembro queden adxudicados ambolos dous proxectos.A Consellería de Política Territorial ten previsto investir,

en total, algo máis 8 millóns de euros (5,1 millóns corres-ponden á estrada de Castrelo e Nocedo, e 3,1 millóns, áde Gondulfes, Servoi, Vilar, Fontefría e Campobecerros).Estas obras, tan importantes para o noso municipio, foroncalificadas como “prioritarias” pola conselleira María JoséCaride durante a visita que realizou a Castrelo do Val.

A conselleira de Política Territorial, María José Caride, visitouCastrelo do Val, acompañada polo delegado provincial destedepartamento e anterior alcalde do noso concello, Raúl Fernán-dez. A conselleira coñeceu directamente a situación das estra-das vertebrais do municipio e comprometeuse a que a Xunta deGalicia vai executalas obras no menor prazo de tempo posible,unha vez cumpridos tódolos trámites de redacción, consignaciónorzamentaria, licitación e adxudicación.

"

Estrada OU-113 (Verín-Vilar de Barrio, por Castrelo, Nocedo e Laza)Orzamento: 5.115.822,50 euros.31 de marzo de 2006: a Consellería de Política Territorial, que dirixe enOurense o ex-alcalde de Castrelo, Raúl Fernández, encargou a redaccióndo proxecto á empresa Diagrama Enxeñería Ourense.17 de xullo: Política Territorial aproba o proxecto, que ten un orzamentode licitación de 5.115.822,50 euros.5 de outubro: o Consello da Xunta aproba o financiamento do proxecto(inclusión nos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma).7 de novembro: o Diario Oficial de Galicia publica a licitación da obra.1º trimestre de 2007: o proxecto ten que estar en execución.

Estrada OU-114 (Caldeliñas-Campobecerros)Orzamento: 3.151.045,79 euros.1 de agosto de 2006: a Consellería de Política Territorial encarga a redac-ción do proxecto á empresa Singla Enxeñería.1 de setembro: apróbase o proxecto cun orzamento de 3.151.045,79 eu-ros.5 de outubro: o Consello da Xunta aproba o gasto orzamentario (inclusiónnos Orzamentos Xerais).7 de novembro: o Diario Oficial de Galicia publica a licitación da obra.31 de decembro: o proxecto ten que estar adxudicado.1º trimestre de 2007: as obras teñen que estar en execución.

Page 4: “enganchado” ás novas tecnoloxías - castrelodoval.galcastrelodoval.gal/wp-content/uploads/2015/08/castrelo22_inv07.pdf · Gómez García, asinou un convenio coa directora xeral

Páxina 4

María DoloresPaz Losada

José ManuelDopeso Crespo

Xosé ManuelSantiago Afonso

Rosa ReinaldoSantamarina

María LourdesCardoso Gonsalves

“Estou tan contenta con estaexperiencia que a repetiría,sen dubidar. Xa estaba acos-tumbrada á labranza, polo queo traballo que facemos eiquínon me resulta complicado.Aprendemos moito, porque haiuna boa organización, e o am-biente de traballo tamén axu-da. Fixemos restauracións deparedes, plantacións no viveiroe adecentamos a ruta”.

“Desde a dirección do Obra-doiro, teño que dicir que axente está respondendo ben.Nesta primeira fase cumpri-mos de sobra tódolos obxecti-vos, porque os monitores e osalumnos implicáronse no pro-xecto xa desde o primeiro día.Outro aspecto positivo son ascharlas sobre seguridade ehixiene no traballo e de orien-tación laboral para o futuro”.

“Desde a miña responsabili-dade de monitor de restaura-ción de áreas degradadas emedio ambiente, teño quedicir que a xente está respon-dendo moi ben. Queremos queaprendan algo e que lles sirvaprofesionalmente. Facemostodo tipo de traballos, peroprocurando a reciclaxe demateriais e o mínimo impactoambiental e visual”.

“Elexín o módulo de restaura-ción de áreas degradadas por-que é un traballo que me gustamoito. Do que temos xa feito,síntome satisfeita de todo,pero máis das restauracións deparedes e as podas ornamen-tais. Estou eiquí porque megusta aprender cousas novas eo estou conseguindo. Sería boque o Concello aproveitase anosa experiencia no futuro”.

“Polo que falo cos meus com-pañeiros, o grao de satisfaccióné moi alto, porque estamosaprendendo cousas que nospoden ser útiles e axudamos árecuperación de espazos públi-cos e rutas tradicionais. Agora,na segunda fase, seguiremosaprendendo e traballando a proldeste concello tan fermoso, epensando nas oportunidadeslaborais que nos agardan”.

EE xx pp ee rr ii ee nn cc ii aa ss nn oo OO bb rr aa dd oo ii rr oo :: os part ic ipantes valoran como posi t ivo o t rabal lo e o que aprenden

Cumpridos os seis primeiros me-ses dos doce previstos (remataráo 26 de xuño de 2007), o Obra-doiro de Emprego “Ruta dos Car-boeiros” presenta xa un balanceimportante de actuacións realiza-das polos 32 alumnos e alumnasintegrados nos módulos de alba-nelería, cantería e restauración deáreas degradadas. De feito, xa serealizou máis da metade do pro-grama de obras contemplado namemoria do Concello de Castrelodo Val. Ademáis das clases teóri-

cas e prácticas en cada especiali-dade, voluntariamente, os partici-pantes que o solicitaron recibenclases de educación compensato-ria con miras á obtención do títulode Graduado en ESO, que llesserá de utilidade no futuro candose integren plenamente no merca-do laboral. A formación compléta-se con clases de informática, echarlas sobre seguridade e hixie-ne no traballo e as axudas e sub-vencións para a creación de coo-perativas, autónomos,...

Na imaxe da esquerda, traballosde construcción dunha marquesi-na de pedra en Pepín. Arriba,alumnos/as de restauración deáreas degradadas e medio am-biente realizan plantacións noviveiro de Nocedo do Val. Ádereita, unha zona de lecer enCastrelo do Val, a carón do río.

Obradoiro de Emprego ““RRuuttaa ddooss CCaarrbbooeeiirrooss”Concello de Castrelo do VConcello de Castrelo do Val 2006/2007al 2006/2007

PPPP eeee pppp íííí nnnn CCCC aaaa ssss tttt rrrr eeee llll oooo

Page 5: “enganchado” ás novas tecnoloxías - castrelodoval.galcastrelodoval.gal/wp-content/uploads/2015/08/castrelo22_inv07.pdf · Gómez García, asinou un convenio coa directora xeral

Páxina 5

O tempo demostrou que cunha boa orga-nización e o compromiso de tódolos parti-cipantes no Obradoiro poden facerse cou-sas importantes a prol dos nosos pobos eda nosa xente. Como exemplos, temosunha morea de traballos ben apreciables,tanto a nivel de restauración do patrimo-nio, como de adecentamento medioam-biental. Entre os primeiros están areconstrucción do forno de Campobece-rros, a reforma e ampliación do teleclubde Castrelo do Val, a canalización dacanle de rego agrícola de Nocedo, amellora da praia fluvial de Ribas, etc. Denova construcción é a marquesiña dePepín ou a dotación de mobiliario urbanoen espazos públicos e de lecer de Cas-trelo do Val.

O módulo de restauración de áreasdegradadas afanouse na preparación daszonas de plantío ornamental que seránacondicionadas na primavera e, sobretodo, na limpeza e sinalización (que secompletará durante o primeiro semestrede 2007) en toda a Ruta dos Carboeiros,desde Campos ata o límite municipal.

Forno de Campobecerros

Ruta dosCarboeiros

Canalización do rego de Nocedo

Praia fluvial de Ribas

Un traballo que xaé ben apreciable

Page 6: “enganchado” ás novas tecnoloxías - castrelodoval.galcastrelodoval.gal/wp-content/uploads/2015/08/castrelo22_inv07.pdf · Gómez García, asinou un convenio coa directora xeral

Páxina 6

As redes de abastecemento e saneamentochegan aa mmááiiss xxeennttee

Planos de ObrasActuacións en Piornedo,

Pepín e Fontefría

OOPlano de obras de 2006que se executou nos últi-mos meses incluíu a me-

llora das redes hidráulicas (abas-tecemento e saneamento) en Pe-pín, Piornedo e Fontefría, cunorzamento de 54.000 euros. EnPepín instalouse unha nova tube-ría desde o depósito ata á prazada Roda, e o saneamento desde oCruceiro ata a Roda. En Piorne-do, dotouse de abastecemento esumidoiros ó edificio do velorio,mentres en Fontefría varios veci-ños depuran agora os seus ver-quidos nunha nova fosa séptica.

O Concello de Castrelo do Valpreparou unha memoria técnicapara solicitarlle ó organismo Au-gas de Galicia que completevarios proxectos de abastecemen-to e saneamento. En Pepín con-témplase a dotación de auga esumidoiros na parte pendente,cun orzamento próximo ós200.000 euros. En Gondulfes,serán necesarios outros 320.000euros para completa-lo abastece-mento, o saneamento e a recollidadas augas pluviais. Por último, enRibas estímanse que serán preci-sos 280.000 euros para remata-lasredes hidráulicas. !!

NNestes últimos meses reali-záronse as obras pararenova-las redes de sub-

ministración de auga potable e ascanalizacións de residuais en Cas-trelo e Nocedo. O proxecto correua cargo de Augas de Galicia, queinvestíu máis de 300.000 euros.Os veciños dos dous pobos teñengarantido agora un bo servizo deabastecemento, xa que se cons-truiron dous novos depósitos (de300 metros cúbicos, en Castrelo, ede 150 metros cúbicos, en Noce-do) e se realizaron captacións ebombeos.

LLiimmppeezzaa ddee rrííoossA Confederación Hidrográfica doNorte de España atendeu a solici-tude do Concello de Castrelo doVal para realizar traballos de lim-peza e preparación da canle do ríoCamba no entorno de Campobe-cerros. A este fin destínanse30.000 euros. O organismo públi-co que regula as concas fluviaisofrécese tamén a seguir colabo-rando co noso municipio nestetipo de traballos, útiles para man-ter en bo estado as canles e ribei-ras, co que se beneficia tanto afauna destas zonas como ós pesca-dores deportivos. !!

!OOOOConcello de Castrelo maila Asociación

Xuvenil “Chispa Nova” de Nocedo do Valvan colaborar na construcción dunha praia

fluvial no Rego. Trátase dun proxecto no que parti-cipan diferentes Administracións públicas, xa queestán implicados o Plan Leader Plus do Val de Mon-terrei, con 11.000 euros; a Consellería de MedioAmbiente, con 5.200 euros; e o propio Concello deCastrelo do Val que, ademais das xestións cos ante-riores organismos, aportará a maquinaria e a man deobra.

Agárdase que para a próxima tempada estivalestean xa realizadas as obras, que comezarán na pri-

mavera. Consistirán na construcción dun muro de 80metros e comportas para a retención da auga na zonade baño, de 1 metro de alto por 7 metros de ancho.

Nesta iniciativa inclúese, asemade, a execucióndunha pasarela de madeira sobre o río, de 4 metrosde ancho, e a creación dunha área recreativa que dis-porá dunha fonte, dun asador e de varias mesas.

A Asociación Xuvenil “Chispa Nova”, que presi-de Tamara García, convertíuse en pouco tempo nundos principais instrumentos dinamizadores da vidasocial e cultural de Nocedo coa organización de dife-rentes actividades que implican activamente á maiorparte dos veciños e veciñas. !!

Concello e “Chispa Nova” construirán unha praia fluvial de Nocedo

Page 7: “enganchado” ás novas tecnoloxías - castrelodoval.galcastrelodoval.gal/wp-content/uploads/2015/08/castrelo22_inv07.pdf · Gómez García, asinou un convenio coa directora xeral

Páxina 7

COOPERACIÓNTRANSFRONTEIRIZAA promoción do em-prego, a mellora dasinfraestructuras e a con-servación do legado cul-tural común son algun-has das iniciativas plas-madas xa pola Asocia-ción de Desenvolvemen-to do Val do Támega,que agrupa a Universida-des e concellos raianosde Ourense e Portugal.Moitas delas forman par-te de programas trans-fronteirizos da Unión Eu-ropea que tamén benefi-cian a Castrelo do Val.

O concelleiro José Luis Santiago“Pello” asistíu á xuntanza deChaves en representación deCastrelo do Val, xunto ós alcal-des do Val do Támega de Galiciae do Norte de Portugal. Taménestivo presente o titular daDeputación, o presidente mailoxerente do (INORDE).

Plan de urbanismo O Plan Xeral inclúe boaparte das alegacións

presentadas polos veciños

O Concello agarda que o novo PlanXeral de Ordenación Municipal deCastrelo do Val quede aprobado defi-nitivamente a primeiros de 2007,unha vez cumpridos tódolos trámitesesixidos pola actual normativa daXunta. Agora está pendente a resolu-ción da Consellería de Medio Am-biente, pero dado que a elaboracióndeste Plan Xeral está moi avanzada epara que se resolva o antes posible,sen máis demoras, o Concello estimaoportuno, e así lle-lo fixo saber ós téc-nicos da Consellería, que non seríaconvinte aplicar a normativa comuni-taria de sostenibilidade, como resultapreceptivo.

Con esta resolución, a Corpora-ción municipal procederá á aproba-ción inicial e, posteriormente, remiti-ralle o proxecto á Consellería de Polí-tica Territorial, Obras Públicas eTransporte para a súa aprobacióndefinitiva.

O texto definitivo do Plan Xeral deCastrelo do Val inclúe moitas das ale-gacións que presentaron os nososveciños e veciñas durante a fase deexposición ó público, propoñendounha calificación de uso para as súaspropiedades diferente da que figura-ba no documento orixinal.

"Os técnicos que elaboraron o Plan Xeral de Ordenación Municipal tive-ron en conta a planimetría oficial, os datos do catastro e a normativa daLei do Solo de Galicia para resolver as alegacións que presentaron ospropietarios que estaban disconformes coa calificación previa das súasterras. Moitos pedían que se modificasen os contornos do solo urbani-zable nos diferentes pobos, para que se lles permitise edificar no futuro.Boa parte foron atendidas e incluídas no novo texto, pero outras queda-ron rexeitadas por infrinxir claramente as especificacións que contem-pla a Lei do Solo de Galicia, que serve de base desde o ano 2003 para aelaboración de tódolos Planos Xerais de Ordenación Municipal na nosaComunidade Autónoma.

Vilar

Page 8: “enganchado” ás novas tecnoloxías - castrelodoval.galcastrelodoval.gal/wp-content/uploads/2015/08/castrelo22_inv07.pdf · Gómez García, asinou un convenio coa directora xeral

Páxina 8

A nova planta de transferen-cia de lixo da comarca, ubi-cada no parque empresarialde Pazos, xa está operati-va. Este servizo evita queos camións da recollidateñan que transporta-lo lixoata a planta de San Cibraodas Viñas. Agora, unha vezcompactado o lixo en conte-nedores específicos e granvolúme, transpórtase para oseu tratamento ata o com-plexo que ten a empresapública SOGAMA en Cerce-da (A Coruña).

A nova planta de trans-ferencia de lixo supón unaforro para os concellos queintegran a Mancomunidade,pero aínda así vense obri-gados a sufragar unha partedo servizo, xa que os im-postos dos veciños noncubren o gasto total darecollida.

Desde a Mancomunida-de insístese na necesidadede mellora-la recollida se-lectiva, algo que dependedirectamente dos propiosusuarios.

A planta de transferencia de lixo da Mancomunidade, en servizo

Axuda no fogarestará en vigor

todo o ano O servizo municipalde Axuda no Fogarfuncionará ninterrum-pidamente durantetodo o ano 2007, através dun conveniodo Concello coa Con-sellería de Sanidadee Servizos Sociais daXunta de Galicia. Atao de agora a presta-ción da axuda a do-micilio dependía dassubvencións da Xun-ta de Galicia que ca-se nunca chegabanpara manter o servizodurante todo o ano. Aempresa SOCYSER,que desenvolve oprograma de Axudano Fogar, atendeneste intre a 22 per-soas de todo o muni-cipio, na gran maioríaveciños e veciñas deidade avanzada ouimpedidos.

Máis iniciativasde promociondo emprego

A Consellería de Tra-ballo facilitoulle ó no-so Concello a contra-tación de 12 persoaspara integrar unhabrigada de obras. Oseu cometido son asde reforma e repara-ción de pequenas in-fraestructuras, comopistas, camiños, ca-nalizacións de augapotable e residuais,etc.

O Concello estápendente de asinarun convenio con Me-dio Ambiente pararealizar diversos tra-ballos de investiga-ción da fauna e florado entorno do Inver-nadeiro no que vanparticipar 9 persoas(2 biólogos, 1 histo-riador, 1 monitor me-dioambiental, 1 admi-nistrativo e 4 peóns.

Os carrilanos, na nosa memoria

Campobecerros non esquece ós carrilanos, que forman xaparte da memoria histórica de Castrelo do Val e do resto dacomarca relativa á primeira metade do século XX. Un ano máiscelebrouse a finais de agosto a tradicional homenaxe, queserve tamen para estreita-los lazos de boa veciñanza entre osveciños de distintos pobos do Concello e aproveitar para reen-contrarnos con moitos emigrantes que volven cada ano á terrana que naceron e se criaron. Máis de 150 persoas acudiron áofrenda floral no monumento ós carrilanos e, posteriormente, óxantar na praza do pobo, no que degustaron un menú a basede troita, cabrito asado e bica. !

Page 9: “enganchado” ás novas tecnoloxías - castrelodoval.galcastrelodoval.gal/wp-content/uploads/2015/08/castrelo22_inv07.pdf · Gómez García, asinou un convenio coa directora xeral

Páxina 9

www.castrelodoval.org

AAadaptación ás novastecnoloxías é unhaobriga das pequenas

entidades locais que seenfrontan ó reto de adaptarseás novas tecnoloxías da infor-mación. Este é o obxectivoque intenta cumpri-lo Conce-llo de Castrelo do Val coaposta en marcha desta páxi-na web, que permitirá terunha visión global do nosoconcello e acceder de formadoada ós trámites e xestiónsmunicipais. O portal munici-pal de Castrelo conta conapartados dedicados a darinformación sobre os datosde interese do concello(situación, análise socioeco-nómica, datos estatísticos),información sobre os servizosdo Concello (servizos sociais,actividades culturais, etc).directorio (Concello, transpor-tes, empresas, etc.), informa-ción turística (monumentos,patrimonio natural, turismo

rural, festas, actividades tu-rísticas, aloxamentos e unhavisita fotográfica), novas deinterese do concello, telead-ministración (descarga dedocumentos).

O alcalde, Vicente Gómez,sinala que “o noso obxectivoé abrir un espazo de comuni-cación, diálogo e traballo,facendo da eficacia dos servi-zos municipais a nosa razónde ser, vinculando estes coaproximidade, a transparenciae a facilidade, para a cidada-nía. Por iso, convídovos a queenriquezades este Concellocoas vosas suxestións, asvosas inquedanzas, as vosasqueixas e reclamacións, poisasí teremos a oportunidadede darlle mellor e mais rápidaresposta”.

Esta páxina web iráactualizándose progresiva-mente, de acordo cos novosservizos e demandas doscidadáns.

O Concello fomenta o interese polas novas tecnoloxíasA aula de informática do colexio acolleu un curso iniciación en Internet

Un grupo de persoas interesadas nouso e coñcemento das novas tecnolo-xías da comunicación participou duran-te o último trimestre do ano nun cursode informática organizado polo Concellonas instalacións do colexio público. Asclases serviron para que as participan-tes se familiaricen co uso de Internet,unha ferramenta fundamental hoxe endía e con enormes posibilidades educa-tivas, culturais, lúdicas, informativas,compra de productos, adquisición deentradas para espectáculos públicos oubilletes de tren e avión, etc. Tamén seexplicaron os fundamentos do correoeléctrónico. !

w.w.wO Concello pretende que a nova páxina web fortaleza osnexos de unión cos veciños adaptados ás novas tecnolo-xías e, sobre todo, coa xente que está fora. Os nosos emi-grantes teñen agora un instrumento de comunicacióndinámico e directo para coñecer de primeira mán o queacontece no noso municipio e resolver algúns trámitessen necesidade de desprazarse ás oficinas municipais.

Nova páxina web do Concello,para estar mellor informados

Cada vez máis cerca dos cidadáns

Page 10: “enganchado” ás novas tecnoloxías - castrelodoval.galcastrelodoval.gal/wp-content/uploads/2015/08/castrelo22_inv07.pdf · Gómez García, asinou un convenio coa directora xeral

Páxina 10

SSeerrvviizzooss SSoocciiaaiiss:: sseemmpprree ssoolliiddaarriiooss

O Punto de Información ás Mulleres:un servizo de atención e asesoramento integralEn funcionamento desde o mes denovembro de 2006, o Punto de Infor-mación ás Mulleres é un novo servizomunicipal, a través dun convenio decolaboración coa Vicepresidencia daXunta de Galicia. A maior parte dostrámites que poden realizar as nosas

mulleres refírense ás áreas de em-prego, con orientación e informaciónsobre ofertas e posibilidades profe-sionais; xurídica, sobre dereitos defamilia, malos tratos, etc.; e de recur-sos, moitas veces derivados cara ósservizos sociais de atención primaria.

Isabel Rodríguez Losada, responsable do PIM:“As mulleres que acuden a este servizo atopanasesoramento e apoio para mellora-la súa vida”

Punto deInformación á

Muller

Atención ó público:tódolos mércores

laborables,de 11:00 a 13:00

Lugar: Casa doConcello de

Castrelo do Val

Pregunta: ¿Como xurdíu o Punto de Información á Muller de Castrelo do Val?Isabel: Púxose en funcionamento na segunda quincena do mes de novembro desteano, trala sinatura do convenio entre o Concello de Castrelo mailo Servizo Galegode Igualdade entre Homes e Mulleres.P: ¿Que cometido ten o PIM?Isabel: Facilitamos información e asesoramento ás mulleres, ben de xeito indivi-dual ou colectivo, segundo o demanden as usuarias, sobre cuestións xurídicas, demalos tratos, atención psicolóxica, búsca de recursos asistenciais. O obxectivo doPIM é contribuir a unha plena igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.P: ¿Teñen algún servizo específico para as mulleres maltratadas?Isabel: Este é un elemento importante do noso traballo. Eiquí informámoslles epoñémolas en contacto cos recursos específicos da comunidade autónoma: servi-zos sociais, Garda Civil, servizos sanitarios, psicolóxicos, xudiciais, etc.P: ¿Con que recursos humáns contan vostedes no PIM?Isabel: O PIM de Castrelo do Val está coordinado co CIM de Verín, que está inte-grado por unha asesora xurídica e unha psicóloga, pero tamén contamos co cola-boración dos servizos sociais.P: ¿Existe algún requisito para recaba-lo servizo por parte das mulleres?Isabel: Os servizos prestados son de carácter gratuito, a información é confi-dencial e garántese o anonimato das usuarias, respetándose sempre a vontadedas mesmas na busca das posibles solucións ou alternativas ás consultasexpostas.P: ¿Realizan vostedes outras actividades?Isabel: Colaboramos con diversos colectivos femininos e de ensino. Outro aparta-do é a dinamización das novas tecnoloxías, como Internet Rural e nas Bibliotecas,axudando a moitas persoas a introducirse no mundo da informática. Ao longo doano tamén organizamos a nivel comarcal outras actividades con colectivos de per-soas maiores.

Moitos problemas teñensolución a través do PIM

O Punto de Información ás Mulleres(PIM) é un novo servizo municipal queestá operativo na Casa do Concello deCastrelo do Val. Foi creado pola Vice-presidencia da Igualdade e do Benes-tar a través do Servizo de Igualdadeentre os homes e as mulleres, e cofi-nanciado polo Fondo Social Europeo.

O PIM é un servizo máis dentro daR.I.A.M (Rede de información e aseso-ramento das mulleres da ComunidadeAutónoma de Galicia) na que se ato-pan, entre outros, o Centro da Muller24 horas, o Teléfono da Muller, ascasas de acollida para mulleres maltra-tadas, os programas para a atenciónde mulleres en situación de exclusiónsocial, etc.

Este Punto está destinado a pro-porcionar asesoramento xurídico, aten-ción psicolóxica, orientación profesio-nal, información en materia de recursose calquera outra información na conse-cución da igualdade de oportunidadesós grupos de mulleres que, de xeitocolectivo ou individual, o demanden.Tamén realiza actividades de carácterformativa, asistencial, educacional,lúdica, etc.

O PIM de Castrelo do Val está aten-dido por persoal especializado queasiste a tódalas mulleres que o solici-ten, tódolos mércores laborables de11:00 a 13:00 horas.

Page 11: “enganchado” ás novas tecnoloxías - castrelodoval.galcastrelodoval.gal/wp-content/uploads/2015/08/castrelo22_inv07.pdf · Gómez García, asinou un convenio coa directora xeral

Páxina 11

O Concello de Castrelo do Val, co apoioda Consellería da Presidencia da Xuntade Galicia, acometeu nos últimos mesesunha profunda remodelación das oficinasmunicipais, destinadas a acoller novosservizos e ofrecer unha mellor atención ósnosos veciños e veciñas. En total, investí-ronse 42.000 euros, aportados pola Xuntae o propio Concello. As obras centráronsena planta baixa, coa instalación de novasredes de telefonía e informática, e coadotación de novo mobiliario que contribúea unha relación máis directa entre as fun-cionarias e os visitantes da Consistorial.Fíxose unha remodelación case que inte-gral das instalacións, que dispoñen agorade máis espazo. Tamén se instalou unascensor con capacidade para seis perso-as, co que se facilita o acceso de persoasmaiores ou impedidas á planta superior,que acolle varias dependencias, os Servi-

zos Sociais, a Secretaría, a oficina doObradoiro de Emprego, a BibliotecaMunicipal (aula de lectura) maila aulainformática de Internet Rural, contribuin-do así á normativa sobre eliminación debarreiras arquitectónicas nos edificiospúblicos.

Esta foi a segunda reforma importan-te acometida na Casa do Concello deCastrelo do Val nestes últimos anos. Conanterioridade, tamén en colaboracióncoa Xunta de Galicia, fíxose a ampliacióndo edificio pola parte traseira. Este pro-xecto permitíu habilitar un garaxe para osvehículos municipais, un almacén e, noprimeiro andar, un espazo amplo con finsde lecer e culturais, destinado sobretodo, ó público máis novo do noso con-cello. Deste xeito solucionouse un graveproblema de espazo que ía agravandocoa creación de novos servizos. !

Reformasna Casa do

Concello

Novasdependenciaspara atender

mellor ósveciños/as

!

Alcaldía

Aula de informática e vídeo

Page 12: “enganchado” ás novas tecnoloxías - castrelodoval.galcastrelodoval.gal/wp-content/uploads/2015/08/castrelo22_inv07.pdf · Gómez García, asinou un convenio coa directora xeral

EditEdita: Concello de Castrelo do Va: Concello de Castrelo do Val - Imprime: RODIal - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-228/97Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-228/97

Centenarios/as de Castrelo do Val...En Piornedo residen Teresa Basalo Guerra (verportada), que naceu o 19 de marzo de 1904, ePura González Vázquez, a carón destas liñasxunto ás súas fillas Isolina e Florinda. Pura cum-prirá 101 anos o vindeiro 25 de xaneiro. Teñen encomún unha vida de sacrificio para sacar adianteós seus fillos: Teresa tivo dous e Pura, seis.

Pura González naceu e vivíu en San Pedro deTrasverea ata que enviudou, no ano 1978, candose trasladou ata Piornedo, onde reside agora coasúa filla Florinda.

Teresa Basalo quedou orfa con apenas cincoanos. O seu único irmán, José, tamén foi outroexemplo de lonxevidade, xa que faleceu con máisde 90 anos. No momento de escribir estas liñas,Teresa permanecía ingresada no Hospital Comar-cal de Verín a causa dunha afección respiratoria.

E a piques de cumprir os 100 anos está Julio Ferreiro,nado en Vilar o 12 de xuño de 1907, pero vencellado casetoda a súa vida a Piornedo. Desde hai algúns anos pasaa maior parte do tempo en Madrid, na casa dun fillo, peronon é raro velo con frecuencia por eiquí.

O destino xugou a favor de Julio durante a GuerraCivil. Primeiro foi de casualidade. Cando comezou o con-flicto, en xullo de 1936, viñera de Cuba a pasa-las vaca-cións e enrolouno o cura de Campobecerros. Despoisestivo no frente do Ebro, un dos máis sanguentos. Parti-cipou en varias batallas importantes, como a de Belchite.En dúas ocasións foi o único supervivinte do seu batallón.

Julio volveu a Castrelo do Val, ó remate do conflicto, eeiquí vivíu adicado ós labores agrícolas e gandeiros. Ase-gura que a lonxevidade da xente de Piornedo non écasualidade e que se debe á auga que hai neste pobo,pura e de excelente calidade. (Na imaxe, Julio cunha bis-neta na celebración do seu 99 cumpreanos).

Outro exemplo de lonxevidade é o que protagonizan en GondulfesRemedios Rodríguez Durán, de 92 anos, e a súa irmá, Irene, quecelebrou o centenario o pasado 6 de agosto. Naturais de Cousode Limia (Sandiás), Remedios casou en Gondulfes e Irene,solteira e mestra de profesión, vive eiquí desde hai moitosanos. Unha das últimas veces que saíu da casa foi paraasistir á homenaxe que lle brindaron os seus familiares eantigos alumnos de Sandiás, o pasado verán, cadrandoco seu cumpreanos.

Despois de remata-los estudios de Maxisterio, en1926, Irene comezou a súa experiencia docente en Vila-riño de Conso. Eran tempos nos que, sen estradas nenmedios de comunicación, “había que ir a cabalo desdeViana e cun revólver por se saían os lobos”, como lembrahoxe cun bo estado físico e lucidez mental. Despois estivoen Baños de Molgas e Gondulfes, onde permutou coa súanai, Artemia Durán Medina, á que, sen dúbida, aínda lembranmoitos dos nosos maiores deste pobo. Posteriormente, Irenedesenvolveu case todo o seu labor docente en Sandiás.

Pura González cumpre 101 anos o 25 de xaneiro de 2007

Remedios e Irene

Agardamos que se repita esta escea o 12 de xuño