empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos...

12
A discriminación empeza en ti foro 2011 para a Igualdade e a non discriminación MINISTERIO DE SANIDAD, POLÍTICA SOCIAL E IGUALDAD SECRETARÍA DE ESTADO DE IGUALDAD DIRECCIÓN GENERAL PARA LA IGUALDAD EN EL EMPLEO Y CONTRA LA DISCRIMINACIÓN CONSEJO PARA LA PROMOCIÓN DE LA IGUALDAD DE TRATO Y NO DISCRIMINACIÓN DE LAS PERSONAS POR EL ORIGEN RACIAL O ÉTNICO

Transcript of empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos...

Page 1: empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos moi comúns e algúns perduran durante moito tempo. Foron interiorizados inconscientemente

A discriminaciónempeza en ti

foro 2011 para a Igualdadee a non discriminación

MINISTERIODE SANIDAD, POLÍTICA SOCIALE IGUALDAD

SECRETARÍADE ESTADODE IGUALDAD

DIRECCIÓN GENERALPARA LA IGUALDADEN EL EMPLEO Y CONTRALA DISCRIMINACIÓN

CONSEJO PARA LA PROMOCIÓN

DE LA IGUALDAD DE TRATO Y

NO DISCRIMINACIÓN DE LAS PERSONAS

POR EL ORIGEN RACIAL O ÉTNICO

Page 2: empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos moi comúns e algúns perduran durante moito tempo. Foron interiorizados inconscientemente

Discriminar é tratar de xeito diferente e des-favorable a unha persoa ou a un grupo depersoas, baseándonos na crenza de que nontoda a xente é igual en dereitos e en dignida-de e, en consecuencia, que se poden facerdiferenzas que sitúen esas persoas en posiciónde desvantaxe con respecto ao resto.

Pero discriminar non é só iso. Aínda que chepoida parecer contraditorio, ás veces taménpode ser darlle o mesmo trato ca ao resto aunha persoa ou grupo social que, por algunharazón, se atopa nunha situación distinta.

A discriminación, en definitiva, é ir en contraun dos principios fundamentais da Declaracióndos dereitos humanos, que indica que todasas persoas nacen libres e iguais en dignidadee dereitos. E, ao mesmo tempo, infrinxe odereito fundamental á igualdade de trato eá non discriminación.

Por outro lado, quizais creas que a discrimi-nación é unha cuestión que non vai contigo,que só lles afecta a determinados grupos depersoas entre as que non te atopas ou quizaispensas que ti non discriminas a ninguén.

Esta guía pódeche axudar a descubrir quea discriminación é máis común do quepensas, e mesmo que ti ou alguén do teuámbito vos podedes atopar ante unhasituación de discriminación.

Pero para rematar con estas desigualdades,o primeiro paso é que sexas consciente deque podes ser ou fuches discriminando e quesexas capaz de identificar se che aconteceu.A discriminación empeza en ti.

CALQ

UERA PODE DISCRIMINAR

DISCRIMINACIÓN,

nun momento determinado

CALQUERA PODE SUFR

IR

incluido ti

CÍRCULOVICIOSO

Acaba coa discriminación!

...Porque a discriminación se podeproducir en todas as partes

...Porque se pode discriminarpor moitos motivos

...Porque sen decatárestepodes chegar a discriminar

Page 3: empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos moi comúns e algúns perduran durante moito tempo. Foron interiorizados inconscientemente

Acaba coa discriminación!

...Porque a discriminación se podeproducir en todas as partes

...Porque se pode discriminarpor moitos motivos

...Porque sen decatárestepodes chegar a discriminar

Os prexuízos son esas opinións, polo xeral nega-tivas, que se teñen previamente e de formatenaz sobre algo ou alguén que non se coñeceou se coñece mal.

Na nosa sociedade existen prexuízos moi comúns e algúnsperduran durante moito tempo. Foron interiorizadosinconscientemente a través da educación e dosprocesos de socialización baseados en valores e crenzasque se apartan do respecto entre as persoas e doconcepto de igualdade.

Pois ben, eses prexuízos poden ser a base da discriminación. Así,canto máis negativos e inflexibles son os prexuízos que alguén ten,máis duras poden ser as súas actitudes e actos discriminatorios.

Os pensamentos, crenzas e actitudes máis banais ou inocentes,como pode ser o uso cotián de termos pexorativos sobre algunhapersoa ou grupo, tamén alimentan a discriminación. E este tipode prexuízos témolos case toda a xente: cantas veces facemoschistes e bromas baseados en estereotipos sobre certas persoas!Que habitual é escoitar expresións con certa carga discriminatoria!

Polo tanto, podemos dicir que case todo o mundoten actitudes discriminatorias, aínda que sexaa pequena escala. Seguramente, ti tamén.

...Fixécheste esta pregunta?

Page 4: empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos moi comúns e algúns perduran durante moito tempo. Foron interiorizados inconscientemente

Acaba coa discriminación!

...Porque a discriminación se podeproducir en todas as partes

...Porque se pode discriminarpor moitos motivos

É frecuente pensar que a discriminación se dáunicamente cando alguén ten un trato vexatorio caraa outra persoa polo sexo desta, pola súa orixe racialou étnica, pola súa relixión, as súas conviccións, polasúa orientación ou identidade sexual, por ter algunhadiscapacidade...

Pero son moitos máis os motivos polos quese discrimina: dende a idade ou a enfermi-dade ata as opinións políticas, pasandopor calquera outra circunstancia persoalou social.

En definitiva, cando nos relacionamoscunha persoa diferente e, por un motivoou outro, a tratamos de xeito distinto edesfavorable con respecto ao resto,estamos a discriminala.

...Considerando todosos motivos de discriminación,de verdade cres

que ti tratas iguala todo o mundo?

Page 5: empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos moi comúns e algúns perduran durante moito tempo. Foron interiorizados inconscientemente

Acaba coa discriminación!

...Porque a discriminación se podeproducir en todas as partes

A discriminación prodúcese en todotipo de ámbitos. Alí onde dúas oumáis persoas nos relacionamos, podesatoparte con algunha das formas enque se presenta a discriminación;tanto en lugares públicos comaprivados: no fogar, dentro daveciñanza, na escola, no teu traballo,nalgúns locais de ocio, na rúa...

Con frecuencia, tamén é posible que descubrasalgún tipo de trato discriminatorio nos medios decomunicación (televisión, prensa, internet, etc.). Ásveces, polo modo en que presentan as noticiasrelacionadas con determinados grupos sociais.Outras veces, porque ofrecen estereotipos negativossobre persoas especialmente vulnerables. Mesmohai ocasións en que son evidentes a mofa ou orexeitamento cara a estas, xa sexa por parte dosprofesionais deses medios ou por parte das persoasque interveñen en certos espazos.

E é posible mesmo que percibas discriminación noacceso aos servizos públicos: sanidade, educación,vivenda, servizos sociais...

Á fin e ao cabo, como a discriminación pode darse entrepersoas individuais, entre un grupo social e unha persoae, ata entre diferentes organizacións sociais, é posible quea atopes en calquera ámbito.

...Podes asegurarque ao teu arredor

non hai discriminación?

Page 6: empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos moi comúns e algúns perduran durante moito tempo. Foron interiorizados inconscientemente

Acaba coa discriminación!

A discriminación é un feito inxusto e contrario á lei porqueatenta contra os dereitos fundamentais das persoas.Pode sucederlle a calquera e en moitos ámbitos oucircunstancias. Así pois, debemos facerlle fronte, peropor que?

Porque rematar coa discriminación supón:

• Aceptar que a nosa sociedade é diversa e que a igualdadeimplica o respecto a esa diversidade.

• Facilitar o exercicio e o gozo dos nosos dereitos individuaiscomo membros dunha sociedade democrática.

• Considerar que é esencial para garantir a convivencia e acohesión social.

En definitiva, para construír unha sociedade cohesionada eequitativa é necesario que as administracións públicas garantano dereito á igualdade e erradiquen, dunha forma efectiva, adiscriminación. Sen o teu apoio, sen o teu compromiso polosdereitos humanos, isto non será posible.

Como podes axudar a combater a discriminación?

• Sendo consciente dos teus prexuízos e superando este-reotipos existentes: a igualdade pode empezar en ti.

• Recoñecendo que a diversidade enriquece, pois achegabeneficios á nosa sociedade: non poñas distancia conquen ves como diferente, dialoga e comparte espazos.

• Informándote sobre os teus dereitos, sobre a lexislaciónque nos protexe e sobre os recursos que existen en materiade igualdade de trato e loita contra a discriminación.

• Denunciando calquera acto discriminatorio.

Por inxusta e ilegal e porque nos prexudica a todos,INVOLÚCRATE NA LOITA

CONTRA A DISCRIMINACIÓN!

Se queres, ti podes

Page 7: empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos moi comúns e algúns perduran durante moito tempo. Foron interiorizados inconscientemente

A igualdadeempeza en ti

foro 2011 para a Igualdadee a non discriminación

MINISTERIODE SANIDAD, POLÍTICA SOCIALE IGUALDAD

SECRETARÍADE ESTADODE IGUALDAD

DIRECCIÓN GENERALPARA LA IGUALDADEN EL EMPLEO Y CONTRALA DISCRIMINACIÓN

CONSEJO PARA LA PROMOCIÓN

DE LA IGUALDAD DE TRATO Y

NO DISCRIMINACIÓN DE LAS PERSONAS

POR EL ORIGEN RACIAL O ÉTNICO

Page 8: empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos moi comúns e algúns perduran durante moito tempo. Foron interiorizados inconscientemente

...A discriminación é un problema social queten graves consecuencias:

• Porque é un atentado contra os dereitoshumanos de mulleres e homes.

• Porque é un ataque directo á dignidadee aos dereitos individuais e colectivos.Cando alguén sofre discriminación, vecomo as súas posibilidades de desenvol-vemento (persoal, laboral, social...) quedanminguadas, producíndose unha situaciónna que sofren tanto a vítima como o seuámbito.

Pero, afortunadamente, xuntos podemos loitarcontra a discriminación e os seus efectos.

Que podes facer ti para erradicala?:

• Rexeitar determinados prexuízos e estereo-tipos negativos socialmente aprendidos.

• Apostar pola diversidade, porque asposibles diferenzas que existan entre aspersoas nunca poden ser unha escusapara tratar de xeito negativo a ninguén.

• Opoñerte a ela e aos que a practican.

• Denunciala, xa sexa ante a policía ou anteas institucións e entidades que traballanpara erradicala.

Esta publicación foi cofinanciada pola ComisiónEuropea no marco do Programa Progress (2007-2013).É un programa desenvolvido pola Comisión Europeaque establece apoio financeiro para a consecucióndos obxectivos da Unión Europea na área Emprego,Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades, contribuíndo, así mesmo, a lograr os obxectivosestratéxicos que establece a Estratexia Europea 2020.

Este programa, de sete anos de duración, está dirixido a todos os axentes implicados quepoidan contribuír á posta en práctica de políticas efectivas de emprego e ao desenvolvementode normativa social nos 27 países da Unión Europea, os países da AELC/EEE, así como paísescandidatos e precandidatos.

Para máis información, consulte: http://ec.europa.eu/progress

*A información contida nesta publicación non reflicte necesariamente a posición e opiniónda Comisión Europea.

A versión impresa desta publicación editouse utilizando papeis reciclados.

NIPO (impreso): 860-11-166-XNIPO (en liña): 860-11-167-5Depósito legal: M-38923-2011

Empeza a combatera discriminación!

...Porque a discriminaciónpode afectarnos a calquera

...Porque a discriminaciónten consecuencias moi graves

...Porque hai moitas formasde discriminación

Page 9: empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos moi comúns e algúns perduran durante moito tempo. Foron interiorizados inconscientemente

A discriminación pode manifestarse de diferentes formas: directaou indirectamente, como discriminación múltiple, acoso, tratoinxusto, a denominada "por erro"...

A discriminación directa dáse cando unhapersoa é tratada de xeito desfavorable frontea outra, estando ambas as dúas nunha situaciónanáloga ou comparable. Un exemplo: candounha muller e un home cobran salarios distintospor facer o mesmo traballo, estamos ante uncaso de discriminación directa.

A discriminación indirecta prodúcese cando unhadisposición, criterio ou práctica aparentemente neutra llesocasiona ou pode ocasionarlles a unha ou varias persoasunha desvantaxe particular con respecto a outras.

Dise que existe a discriminación múltiple cando alguénsofre discriminación por varios motivos que concorren ouinteractúan, dando lugar a un tipo específico de discrimi-nación. Por exemplo, cando a unha muller, polo feito deselo, lle poñen trabas para acceder a un emprego, peroestas aumentan ao descubrir o empresario que é de etniaxitana e nai.

Empeza a combatera discriminación!

...Porque a discriminaciónpode afectarnos a calquera

...Porque a discriminaciónten consecuencias moi graves

...Porque hai moitas formasde discriminación

Por outro lado, existe o chamado acoso discriminatorio. Son esas condutasque, motivadas por algunha das causas de discriminación, buscan atentarcontra a dignidade dunha persoa provocando ao seu arredor un ambienteintimidatorio, hostil, humillante, ofensivo ou segregador. Un exemplo seríao caso dunha familia inmigrante á que os seus veciños lle fan pintadas enton insultante ou chistes cando se cruzan na escaleira.

Un exemplo claro de que a discriminación nos pode afectara calquera é a discriminación por asociación. Imaxina, porexemplo, que ti te relacionas cunha persoa que, polo motivoque sexa, é discriminada; pois ben, se como causa desarelación ti tamén sofres discriminación, esta denomínase "porasociación".

Tamén pode darse a discriminación por erro, queé a que se basea nunha apreciación equivocadada persoa discriminada ao asociala a determinadascaracterísticas. Un exemplo diso sería o caso dunhapersoa á que non lle deixan entrar nun local de ocioporque cren que é homosexual sen selo. Sería unhadiscriminación por erro baseada nunha supostaorientación sexual.

...Coa variedade de formasque adopta, coñeces

algún caso de discriminación?

Page 10: empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos moi comúns e algúns perduran durante moito tempo. Foron interiorizados inconscientemente

Empeza a combatera discriminación!

...Porque a discriminaciónpode afectarnos a calquera

...Porque a discriminaciónten consecuencias moi graves

A discriminación ten consecuencias tanto para aspersoas que a sofren e o seu ámbito coma para oconxunto da sociedade.

Para quen a sofre e o seu ámbito (familia,amizades, traballo...), primeiro porque impideo normal exercicio dos dereitos e, ademais,porque pode ter consecuencias de carácterfísico, como as agresións físicas; psíquico, porexemplo, a falta de autoestima; económico,pois pode impedir o acceso a un traballo e,polo tanto, a un soldo; ou social, chegandomesmo á exclusión social.

Para a sociedade en xeral, adiscriminación dificulta o seu propiodesenvolvemento, pois impide acohesión da cidadanía, supón uncusto para o noso sistema xudicial,desperdicia talento humanonecesario para o progreso e oavance social, acentúa as tensiónssociais e chega mesmo a xerarconflitos innecesarios.

...Sabías que a discriminacióné un problema moi serio

e que tamén che afecta a ti?

Page 11: empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos moi comúns e algúns perduran durante moito tempo. Foron interiorizados inconscientemente

Empeza a combatera discriminación!

...Porque a discriminaciónpode afectarnos a calquera

Probablemente pensas que a discriminacióné unha cuestión que non te atinxe direc-tamente, que é un problema que sofren gruposde persoas entre as que non te atopas. Quizaisnon a sofres actualmente, pero pensa que encalquera momento toda persoa pode servítima de discriminación por un ou variosmotivos:

• Pola súa idade, xa sexa por ser nova ou maior.

• Polas súas conviccións ou crenzas relixiosas.

• Por ter unha orientación sexual diferente á damaioritaria ou pola súa identidade sexual.

• Pola súa orixe nacional.

• Pola súa orixe racial ou étnica.

• Por ser unha persoa con discapacidade.

• Por ter un físico que non se considera dentro doscanons establecidos de beleza: sobrepeso, estatura,mutilacións ou marcas físicas, etc.

• Polo seu xeito de vestir.

• Por onde vive (o seu barrio) ou de onde procede(por exemplo, se vén do ámbito rural...).

Ademais, todas estas discriminacións aféctanlles de xeito singulare máis grave ás mulleres que habitualmente son vítimas dediscriminación múltiple.

...De verdade cres que nunca serásobxecto de discriminación?

Page 12: empeza en ti A discriminación - fresnoconsulting.es€¦ · Na nosa sociedade existen prexuízos moi comúns e algúns perduran durante moito tempo. Foron interiorizados inconscientemente

Empeza a combatera discriminación!

A discriminación é un feito inxusto e contrario á lei porqueatenta contra os dereitos fundamentais das persoas.Pode sucederlle a calquera e en moitos ámbitos oucircunstancias. Así pois, debemos facerlle fronte, peropor que?

Porque rematar coa discriminación supón:

• Aceptar que a nosa sociedade é diversa e que a igualdadeimplica o respecto a esa diversidade.

• Facilitar o exercicio e o gozo dos nosos dereitos individuaiscomo membros dunha sociedade democrática.

• Considerar que é esencial para garantir a convivencia e acohesión social.

En definitiva, para construír unha sociedade cohesionada eequitativa é necesario que as administracións públicas garantano dereito á igualdade e erradiquen, dunha forma efectiva, adiscriminación. Sen o teu apoio, sen o teu compromiso polosdereitos humanos, isto non será posible.

Como podes axudar a combater a discriminación?

• Sendo consciente dos teus prexuízos e superando este-reotipos existentes: a igualdade pode empezar en ti.

• Recoñecendo que a diversidade enriquece, pois achegabeneficios á nosa sociedade: non poñas distancia conquen ves como diferente, dialoga e comparte espazos.

• Informándote sobre os teus dereitos, sobre a lexislaciónque nos protexe e sobre os recursos que existen en materiade igualdade de trato e loita contra a discriminación.

• Denunciando calquera acto discriminatorio.

Por inxusta e ilegal e porque nos prexudica a todos,INVOLÚCRATE NA LOITA

CONTRA A DISCRIMINACIÓN!

Se queres, ti podes