ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias...

17
Página 1 de 17 ECONOMÍA 2019/2020

Transcript of ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias...

Page 1: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 1 de 17

ECONOMÍA

2019/2020

Page 2: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 2 de 17

INDICE

ASPECTOS COMÚNS DO DEPARTAMENTO

1. Datos xerais do departamento ......................................................................................................... 3

2. Lexislación de referencia ................................................................................................................ 3

3. Aspectos xerais da programación.................................................................................................... 4

a. Contextualización

b. Referencia as directrices xerais fixada no P.Educativo

c. Referencia á incorporación das propostas da Memoria do curso anterior

d. Directrices para a avaliación inicial

e. Lingua na que se imparten as materias do Departamento

ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA DE Inic. á Act. Empre. 4º ESO

1. Contidos secuenciados e temporalizados………….......................................................................... 5

2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..................... 8

a. Estándares de aprendizaxe

b. Grao mínimo de consecución

c. Peso na cualificación

d. Iinstrumentos de avaliación

e. Temas transversais

3. Metodoloxía didáctica......................................................................................... ............................. 11

a. Estratexias metodolóxicas

b. Outras decisións metodolóxicas: agrupamentos, tempos, espazos, materias, recursos

4. Avaliación inicial…………………………………………………………………………………. 12

a. Procedemento para a avaliación inicial

5. Avaliación continua.......................................................................................................... .............. 12

a. Procedemento para a avaliación continua

b. Instrumentos de avaliación e criterios de corrección de exames

6. Avaliación final............................................................................................................. .................. 14

a. Quen debe ir á avaliación final?

b. En que consistirá a proba?

c. Como se elabora a cualificación final?

d. A avaliación final en caso de perda do dereito a avaliación continua?

7. Avaliación extraordianria...................................................................... .......................................... 14

8. Materia pendente de cursos anteriores ...................................................................... ..................... 15

a. Plan de traballo

b. Prodedemento e instrumentos de avaliación

9. Avaliación do proceso de ensino e da práctica docente……………….......................................... 15

a. Proceso de ensino

b. Práctica docente

10. Avaliación da programación didáctica............................................................................................. 16

11. Atención a diversidade....................................................................................... .............................. 17

12. Actividades complementarias e extraescolares................................................................................ 17

13. Constancia de información ao alumnado.......................................................................................... 17

Page 3: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 3 de 17

ASPECTOS COMÚNS DO DEPARTAMENTO

1. DATOS DO DEPARTAMENTO

PROFESOR/A............... MATERIAS QUE IMPARTE CURSOS GRUPOS

Emilio Pedro López

Mariño

Economía 1º BAC C

Economía da Empresa 2º BAC AB

Economía 1º BAC Adultos

Economía da Empresa 2º BAC Adultos

Iniciación á actividade empre. 4º ESO AB

2. LEXISLACIÓN DE REFERENCIA

ETAPA: BACHARELATO

LOMCE:

• Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

• Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria

obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

• RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación

Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no

curso académico 2018/19, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da

educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade

Autónoma de Galicia.

ETAPA: E.S.O.

LOMCE:

• Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

• Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria

obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

• RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación

Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no

curso académico 2018/19, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da

educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade

Autónoma de Galicia.

Page 4: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 4 de 17

3. ASPECTOS XERAIS

a. CONTEXTUALIZACIÓN DA PROGRAMACIÓN

O IES “Río Cabe”, está situado na localidade de “Monforte de Lemos”, na provincia de Lugo. O

centro é grande, contando con un ciclo formativo de grao superior de guía, información e asistencia turísticas en réxime de adultos e modular; ademais do nivel 2 do grao medio das ensinanzas técnico deportivas na especialidade de fútbol. Conta con 11 unidades da ESO; dúas delas son un programa de mellora da aprendizaxe e o rendemento en 2º ESO e 3º ESO. Tamén existen dúas aulas de apoio debido a presenza de alumnado con necesidades educativas especiais principalmente en 1º e 2º da ESO.

Co que respecta ao Bacharelato a oferta se limita as modalidades de “Ciencias” e “Humanidades e Ciencias Sociais” tanto no réxime xeral como no de adultos. Ademais tamén se pode cursar a educación secundaria para persoas adultas.

A dotación de recursos é suficiente, posto que posúe biblioteca con acceso a internet, tres aulas de informática con 26, 24 e 15 ordenadores respectivamente e nas aulas de Bacharelato e ESO dispoñemos dun ordenador e proxector.

A maioría dos alumnos/as teñen aprobadas todas as materias do curso anterior, de todos modos non é preciso acreditar ningún coñecemento previo para cursar a materia de “Economía da Empresa”. Contexto-Zona:

En canto ao entorno no que se ubica o centro hai que sinalar que é unha localidade de tamaño medio, situada no interior e con abundantes recursos naturais e artificiais. A maior parte da poboación adícase a actividades relacionadas coa agricultura, gandería ou a hostalería e o turismo.

A maior parte dos servizos cos que conta a localidade están no centro urbano. Este concello ten unha extensión de 202 Km2 e cerca de 20.000 habitantes.

Ademais dos dous centros educativos de ensino primario adscritos a este instituto, neste Concello hai outros 2 IES, un deles ubicado nos arredores.

b. REFERENCIA ÁS DIRECTRICES XERAIS FIXADAS NO PROXECTO EDUCATIVO

Para a elaboración da Programación Didáctica seguironse as instruccións indicadas pola

Inspección Educativa.

Tiveronse como referencia os obxectivos xeris do centro e os obxectivos xerais da ESO e BAC.

Así mesmo síguense os principios metodolóxicos xerais recollidos no PE.

c. REFERENCIA Á INCORPORACIÓN DAS PROPOSTAS DA MEMORIA DO CURSO ANTERIOR

A programación non presenta diferencias salientables con respecto á do curso anterior.

d. DIRECTRICES PARA A AVALIACIÓN INICIAL

A avaliación inicial desenvolverase nas primeiras semanas do curso académico. O seu

obxectivo é facilitar información sobre diversos aspectos do alumnado, tales como o seu coñecemento

acerca das destrezas propias da materia e a detección de alumnado con posibles dificultades de

aprendizaxe ou con capacidades superiores á media do grupo. Dita información servirá ó profesorado

para programar as adaptacións necesarias, así coma as actividades de reforzo ou ampliación se fose

necesario.

O método para obter a devandita información será mediante a observación do alumnado na aula.

Page 5: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 5 de 17

e. LINGUA NA QUE SE IMPARTEN AS MATERIAS NO DEPARTAMENTO (D. 79/2010)

MATERIA ETAPA CURSOS LINGUA

Economía BAC 1º Castelán

Economía da Empresa BAC 2º Galego Economía BAC Adultos 1º Castelán

Economía da Empresa BAC Adultos 2º Galego Iniciación á actividade empresarial ESO 4º Castelán

Page 6: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 6 de 17

ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA Inic. á Activid. Empr. 4º ESO

1. Contidos secuenciados e temporalizados

A temporalización ten un carácter orientativo, define a grandes trazos a distribución dos contidos

para un ano académico da materia de “Iniciación á actividade emprendedora e empresarial” en 4º de ESO. Agora ben, como resulta lóxico, esta temporalización estará suxeita a revisións segundo o curso avance, e os posíbles cambios deberán ser reflexados nas actas das diferentes reunións do Departamento de Economía.

Pártese do suposto de aproximadamente 105 sesións lectivas, tendo en conta que o curso

escolar comeza sobre o 16 de setembro e remata arredor do 21 de xuño. As sesións asignadas a cada unha das unidades didácticas serían as seguintes:

Avaliación UNIDADES DIDÁCTICAS Referencia

Libro texto

Temporalización Probas

avaliación Tema / U.D.

Bloque Contido Mes Sesións

1ª Avaliac.

B1 BLOQUE 1: Autonomía persoal, liderado e innovación

1 B1.1

Autonomía e autocoñecemento. A iniciativa emprendedora e o/a empresario/a na sociedade. 1,2 Set. 6

B1.2 Intereses, aptitudes e motivacións persoais para a carreira profesional.

2 B1.3 Itinerarios formativos e carreiras profesionais. Proceso de procura de emprego en empresas do sector. Autoemprego. Proceso de toma de decisións sobre o itinerario persoal.

2 Out. 6

3

B1.4 Dereito do traballo.

3 Out/

Nov. 12 x B1.5 Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

B1.6 Contrato de traballo e negociación colectiva.

4

B1.7 Seguridade Social. Sistema de protección. Emprego e desemprego.

4 Nov/ Dec.

12 x B1.8 Protección do/da traballador/a e beneficios sociais.

B1.9 Riscos laborais. Normas. Planificación da protección na empresa.

Avaliación UNIDADES DIDÁCTICAS Referencia

Libro texto

Temporalización Probas

avaliación Tema / U.D.

Bloque Contido Mes Sesións

2ª Avaliac.

B2 BLOQUE 2: Proxecto de empresa

5 B2.1

Idea de proxecto de empresa. Avaliación da idea. O contorno e o papel social da empresa. 5 Xan. 9

B2.2 Elementos e estrutura da empresa.

6 B2.3 Plan de empresa.

6 Feb. 11 x B2.4 Planificación na empresa.

7 B2.5 Información na empresa. Información contable. Información de recursos humanos. Documentos comerciais de cobramento e pagamento. Arquivo.

7 Mar. 11

8 B2.6

Actividades na empresa. Función de produción. Función comercial e de márketing. 8 Abr. 5 x

B2.7 Axudas e apoio á creación de empresas.

Page 7: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 7 de 17

Avaliación UNIDADES DIDÁCTICAS Referencia

Libro texto

Temporalización Probas

avaliación Tema /

U.D.

Bloque Contido Mes Sesións

3ª Avaliac.

B3 BLOQUE 3: Finanzas

9

B3.1 Tipos de empresa segundo a súa forma xurídica.

5 Abr./

Maio 8 B3.2 Elección da forma xurídica.

B3.3 Trámites de posta en marcha dunha empresa.

10

B3.4 Fontes de financiamento das empresas: externas (bancos, axudas e subvencións, e crowdfunding) e internas (accionistas, investidores/as e aplicación de beneficios).

6,5 Maio/

Xuño 12 x B3.5

Produtos financeiros e bancarios para pequenas e medianas empresas (PME): comparación.

B3.6 Planificación financeira das empresas. Estudo de viabilidade económico-financeira. Proxección da actividade. Instrumentos de análise. Razóns básicas.

11 B3.7 Impostos que afectan as empresas. Calendario fiscal. 7 Xuño 6 x

TOTAL…………………………………………………………….……. 100 sesións

O resto de sesións déixanse para a realización das diferentes probas e exames de cada avaliación. Ademais a duración de cada unidade é aproximada, e pode variar en función do grao de comprensión acadado polos/as alumnos/as en cada momento.

Page 8: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 8 de 17

2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares

LENDA COMPETENCIAS LENDA TRANSVERSAIS CCL Comunicación lingüística CL Comprensión lectora CMCCT Competencia matemática e competencias básicas en ciencia a tecnoloxía EOE Expresión oral e escrita CD Competencia dixital CA Comunicación audiovisual CAA Competencia aprender a aprender TIC Tecnoloxías da información e comunicación CSC Competencias sociais e cívicas EMP Emprendemento CSIEE Sentido de iniciativa e espírito emprendedor EC Educación cívica CCEC Conciencia e expresións culturais PV Prevención da violencia

(1) A partir de cada estándar pódese determinar “indicadores de logro” máis precisos que indiquen o nivel de adquisición do mesmo. (O instrumento máis idóneo é a rúbrica)

(2) As rúbricas soen utilizarse para avaliar as producións do alumnado: traballos de aplicación, sínteses e textos escritos,..

1ª Aval Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

Te

ma/U

D

Identif. contidos

Identif. criterios

Identific Estándar

Competencias clave

Estándares de aprendizaxe

Grao mínimo consec.

Peso Cualific.

Instrumentos

Temas transversais

Prob .esc.

Prob oral

Trab ind

Trab grup

Cad Cla

Rúb (2)

Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

1

B1.1 B1.2

B1.1 IAEEB1.1.1 CSIEE/CAA

Identifica as calidades persoais, as actitudes, as aspiracións e a formación propias das persoas con iniciativa emprendedora, e describe a actividade dos/das empresarios/as e o seu papel na xeración de traballo e benestar social.

90% 90% 60% 80 30% 10% X x X X X

B1.1 B1.2

B1.1 IAEEB1.1.2 CAA/CD/CSIEE

Investiga con medios telemáticos as áreas de actividade profesional do seu contorno, os tipos de empresa que as desenvolven e os postos de traballo en cada unha, razoando os requisitos para o desempeño profesional en cada un deles.

10% 10% 60% 80 30% 10% x x X X

2

B1.3 B1.2 IAEEB1.2.1 CSIEE/CAA

Deseña un proxecto de carreira profesional propia relacionando as posibilidades do ámbito coas calidades e as aspiracións persoais, e valorando a opción do autoemprego e a necesidade de formación ao longo da vida.

90% 100% 60% 30% 10% X x x

3

B1.4 B1.5 B1.6

B1.3 IAEEB1.3.1 CSIEE/CSC Identifica as normas e as institucións que interveñen nas relacións entre os/as traballadores/as e as empresas, en relación co funcionamento do mercado de traballo.

90% 50% 60% 30% 10% x X X

B1.4 B1.5 B1.6

B1.3 IAEEB1.3.2 CSIEE/CSC

/CMCCT

Distingue os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e compróbaos en contratos de traballo e documentos de negociación colectiva.

90% 50% 60% 80 30% 10% x X x

4

B1.7 B1.8

B1.3 IAEEB1.3.3 CSIEE/CSC

/CCL

Describe as bases do sistema da Seguridade Social e as obrigas dos/das traballadores/as e dos/das empresarios/as dentro deste, así como as prestacións mediante procuras nas web institucionais, valorando a súa acción protectora ante as continxencias cubertas.

80% 50% 60% 30% 10% X x X X

B1.8 B1.9

B1.3 IAEEB1.3.4 CSIEE/CAA

/CMCCT

Identifica as situacións de risco laboral máis habituais nos sectores de actividade económica máis salientables no ámbito, e indica os métodos de prevención legalmente establecidos, así como as técnicas de primeiros auxilios aplicables en caso de accidente ou dano.

80% 50% 60% 30% 10% X X X X

Page 9: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 9 de 17

2ª Aval Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

Te

ma/U

D

Identif. contidos

Identif. criterios

Identific Estándar

Competencias clave

Estándares de aprendizaxe

Grao mínimo consec.

Peso Cualific.

Instrumentos

Temas transversais

Prob .esc.

Prob oral

Trab ind

Trab grup

Cad Cla

Rúb (2)

Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

5 B2.1 B2.2

B2.1 IAEEB2.1.1 CSIEE/CAA Determina a oportunidade dun proxecto de empresa, identificando as características e tomando parte na actividade que a empresa desenvolve.

70% 100% 60% 30% 10% X X

6

B2.3 B2.4

B2.1 IAEEB2.1.2 CD/CSIEE/CMCCT

Identifica as características internas e externas da empresa en proxecto, así como os elementos que constitúen o contono específico desta (mercado, provedores/as, clientela, sistemas de produción e/ou comercialización, almacenaxe, etc.).

90% 40% 60% 30% 10% X X X

B2.3 B2.4

B2.1 IAEEB2.1.3 CCL/CSIEE/CMCCT

Describe a relación da empresa proxectada co seu sector, a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento, e identifica os procedementos de traballo no desenvolvemento do proceso produtivo ou comercial.

70% 30% 60% 30% 10% X X

B2.3 B2.4

B2.1 IAEEB2.1.4 CD/CSIEE/CMCCT Elabora documentos para a planificación das funcións da empresa en proxecto, tanto a longo como a curto prazo.

70% 30% 60% 30% 10% X X X

7

B2.5 B2.2 IAEEB2.2.1 CD/CMCCT/CAA

Manexa como usuario/a de nivel básico aplicacións informáticas de control e seguimento de clientela, provedores/as e outros, aplicando as técnicas básicas de contabilidade, xestión financeira e comercial e administración de persoal, para a organización da información da empresa proxectada.

10% 10% 60% 30% 10% X X X

B2.5 B2.2 IAEEB2.2.2 CCL/CSIEE/CD/CMCCT

Transmite información entre as áreas e a clientela da empresa en proxecto, recoñecendo e aplicando técnicas de comunicación e negociación, e aplicando o tratamento protocolario axeitado mediante medios telemáticos e presenciais.

60% 90% 60% 30% 10% X X X

8

B2.6 B2.7

B2.3 IAEEB2.3.1 CCL/CSIEE/CD/CMCCT

Crea materiais publicitarios e para a difusión dos produtos e/ou servizos obxecto do proxecto, e elabora un plan de comunicación en internet e en redes sociais, aplicando os principios do márketing.

80% 40% 60% 30% 10% X X X

B2.6 B2.7

B2.3 IAEEB2.3.2 CAA/CSIEE/CD/CMCCT

Desenvolve tarefas de produción e/ou comercialización na empresa en proxecto segundo os plans de control prefixados: simulando a toma de decisións para cumprir os prazos e os obxectivos establecidos e propondo melloras, mediante o traballo en equipo.

80% 40% 60% 30% 10% X X

B2.6 B2.7

B2.3 IAEEB2.3.3 CD/CMCCT/CSIEE

Compila datos sobre os apoios á creación de empresas tanto do contorno próximo como do territorial, estatal ou europeo, e selecciona as posibilidades que se axusten ao proxecto de empresa formulado.

50% 20% 60% 30% 10% X X X

Page 10: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 10 de 17

LENDA COMPETENCIAS LENDA TRANSVERSAIS CCL Comunicación lingüística CL Comprensión lectora CMCCT Competencia matemática e competencias básicas en ciencia a tecnoloxía EOE Expresión oral e escrita CD Competencia dixital CA Comunicación audiovisual CAA Competencia aprender a aprender TIC Tecnoloxías da información e comunicación CSC Competencias sociais e cívicas EMP Emprendemento CSIEE Sentido de iniciativa e espírito emprendedor EC Educación cívica CCEC Conciencia e expresións culturais PV Prevención da violencia

(1) A partir de cada estándar pódese determinar “indicadores de logro” máis precisos que indiquen o nivel de adquisición do mesmo. (O instrumento máis idóneo é a rúbrica)

(2) As rúbricas soen utilizarse para avaliar as producións do alumnado: traballos de aplicación, sínteses e textos escritos,..

3ª Aval Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

Te

ma/U

D

Identif. contidos

Identif. criterios

Identific Estándar

Competencias clave

Estándares de aprendizaxe

Grao mínimo consec.

Peso Cualific.

Instrumentos

Temas transversais

Prob .esc.

Prob oral

Trab ind

Trab grup

Cad Cla

Rúb (2)

Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

9

B3.1 B3.2

B3.1 IAEEB3.1.1 CMCCT/CSIEE Distingue as formas xurídicas das empresas e indica as esixencias de capital e responsabilidades propias de cada tipo.

90% 50% 60% 30% 10% X X X X

B3.3 B3.1 IAEEB3.1.2 CD/CMCCT/CSIEE

Identifica e enumera as administracións públicas implicadas na posta en marcha de empresas, e compila por vía telemática os principais documentos necesarios para a posta en funcionamento.

30% 5% 60% 30% 10% X X X X

B3.3 B3.1 IAEEB3.1.3 CSC/CMCCT Valora as tarefas de apoio, rexistro, control e fiscalización que realizan as autoridades no proceso de creación de empresas, e describe os trámites que se deben realizar.

10% 5% 60% 30% 10% X X

B3.1 B3.2 B3.3

B3.1 IAEEB3.1.4 CAA/CMCCT/CSIEE

Selecciona a forma xurídica máis axeitada en cada caso segundo a actividade que se vaia desenvolver, o número de emprendedores/as, o alcance da responsabilidade que se vaia asumir, a complexidade organizativa, a dispoñibilidade financeira e a fiscalidade.

80% 40% 60% 30% 10% X X X

10

B3.4 B3.2 IAEEB3.2.1 CD/CMCCT/CSIEE Determina os investimentos necesarios para a posta en marcha dunha empresa, e distingue as principais partidas relacionadas nun balance de situación.

90% 40% 60% 30% 10% X X

B3.4 B3.5

B3.2 IAEEB3.2.2 CD/CMCCT/CSIEE

Caracteriza de xeito básico as posibilidades de financiamento das empresas, diferenciando o financiamento externo e o interno, a curto e a longo prazo, así como o custo de cada unha e as implicacións na marcha da empresa.

80% 40% 60% 30% 10% X X X

B3.6 B3.3 IAEEB3.3.1 CD/CMCCT/CSIEE/CAA

Presenta un estudo de viabilidade económico-financeiro a medio prazo do proxecto de empresa, aplicando condicións reais de produtos financeiros analizados e previsións de vendas, segundo un estudo do ámbito mediante unha aplicación informática tipo folla de cálculo, manexando razóns financeiras básicas.

30% 10% 60% 30% 10% X X X X

B3.6 B3.3 IAEEB3.3.2 CD/CMCCT/CSIEE/CAA

Analiza os produtos financeiros máis axeitados de entre as entidades financeiras do ámbito para cada tipo de empresa, valorando o custo e o risco de cada un, e selecciona os máis acaído para o proxecto de empresa.

30% 10% 60% 30% 10% X X X

11

B3.7 B3.3 IAEEB3.3.3 CD/CMCCT/CSIEE

Identifica as obrigas fiscais das empresas segundo a súa actividade e a súa forma xurídica, sinala o funcionamento básico do IAE, IVE, IRPF e IS, e indica as principais diferenzas entre eles.

90% 70% 60% 30% 10% X X X X

B3.7 B3.3 IAEEB3.3.4 CAA/CSC Valora a achega que supón a carga impositiva das empresas á riqueza nacional e ao sostemento das cargas do Estado.

80% 30% 60% 30% 10% X X X

Page 11: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 11 de 17

3. Metodoloxía didáctica

a) Estratexias metodolóxicas 1. Aspectos xerais

2. Estratexias metodolóxicas

3. Secuenciación habitual de traballo na aula

- Partir da competencia inicial do alumnado - Ter en conta a diversidade: respectar os ritmos e estilos de aprendizaxe - Potenciar as metodoloxías activas:

• Combinar traballo individual e cooperativo - Enfoque orientado á realización de tarefas e resolución de problemas - Uso habitual das TIC - Papel facilitador do profesor/a

- Memorización comprensiva - Indagación e investigación sobre documentos, textos, prensa,… - Elaboración de esquemas e resumos - Análise de documentos, gráficos, mapas, táboas de datos - Comentarios de textos, gráficos, mapas - Resolución de problemas - Estudo de casos - Simuladores empresariais

Para intentar levar a práctica estes principios metodolóxicos o meu Deseño da aprendizaxe estrutúroo en TRES fases:

1.- Fase inicial: O inicio de cada Unidade Didáctica, o profesor fará unha introdución á mesma, que incluirá os obxectivos a conseguir e comentará co grupo os coñecementos previos que podan ter sobre a materia, para detectar as ideas preconcebidas e motivar e despertar interés hacia o tema a través do diálogo cos alumnos/as.

2.- Fase directiva: Posteriormente se pasará a explicar os contidos conceptuais intercalando actividades de aprendizaxe, como poden ser realizar esquemas, mapas conceptuais, ou resolver exercicios e casos prácticos; limitándose o profesor a labores de coordinación e orientación, prestando especial atención os grupos de alumnos/as que teñan máis dificultades e propondo en caso de ser necesario actividades de reforzo ou ampliación. A finalidade das actividades é facilitar a comprensión e interpretación dos contidos conceptuais, e aplicar os coñecementos adquiridos a distintas situacións.

3.- Fase autónoma: Ao finalizar cada unidade didáctica, se proporán aos alumnos/as a resolución dalgunhas actividades que faciliten a mellor comprensión do tema e o seu estudo.

Page 12: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 12 de 17

b) Outras decisións metodolóxicas: agrupamentos, tempos, espazos, materias, recursos

Para levar adiante o proceso de ensinanza e aprendizaxe precisaremos apoiarnos nuns recursos

que, na maioría das veces, se basean en soportes escritos ou visuais. Así, salientamos a utilización de libros ou material de actividades propostas polo profesor, e por suposto Internet que é hoxe a principal fonte de datos que podemos ter a man.

Normalmente utilizaremos a aula do curso correspondente asignada pola Xefatura de Estudos e

cando o profesor o necesite faremos uso da aula de informática, a biblioteca ou unha aula dotada con pantaia e proxector.

Seguiremos o libro de texto da editorial “Mc Graw Hill”. O departamento didáctico escolle este

libro de texto porque:

1. É adecuado para o nivel de coñecementos dos alumnos/as. 2. Ten moitas actividades para practicar e son de diferente dificultade. 3. O libro de texto non se considera como único recurso para a realización de actividades, senón

que o propio profesor tamén planificará e elaborará actividades adaptadas aos contidos propostos nesta programación e as características do alumnado.

4. Avaliación inicial

a) Procedemento para a avaliación inicial

A avaliación inicial desenvolverase nas primeiras semanas do curso académico. O seu obxectivo

é facilitar información sobre diversos aspectos do alumnado, tales como o seu coñecemento acerca das

destrezas propias da materia e a detección de alumnado con posibles dificultades de aprendizaxe ou con

capacidades superiores á media do grupo. Dita información servirá ó profesorado para programar as

adaptacións necesarias, así coma as actividades de reforzo ou ampliación se fose necesario.

O método para obter a devandita información será mediante a observación do alumnado na aula.

5. Avaliación continua

a) Procedemento para a avaliación continua

En cada avaliación faranse dúas probas escritas nas que se medirán os contidos conceptuais e procedementais. Ademais tamén se terán en conta as actitudes, asistencia, puntualidade, traballo na clase....

O Baremo da nota de avaliación será o seguinte: ➢ Probas escritas (exames)…………………………………...... 60% da nota

o Se fará a media aritmética das probas escritas. o As probas escritas poden constar de preguntas conceptuais sobre o temario, de cuestións de

cálculo numérico, ou de ambos tipos de cuestións. Xeralmente, estarán puntuadas de 0 a 10. o O feito de que un alumno sexa collido copiando nun exame, poderá levar consigo que a

avaliación á cal pertenza o exame, lle sexa cualificada como non superada coa nota mínima. ➢ Actividades........................................................................... 30% da nota

o Realización das tarefas indicadas polo profesor que se deben realizar na aula. o Elaboración de traballos individuais ou en equipo. o Resolución de follas de exercicios e actividades facilitadas polo profesor.

➢ Actitudes (asistencia, puntualidade...).................................. 10% da nota o Cada falta sen xustificar na avaliación resta 0,25 ptos. o Cada dous apercibimentos ou faltas de puntualidade restan 0,25 ptos

Page 13: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 13 de 17

o Cada falta de orde resta 0,5 ptos.

O sistema de baremación aquí indicado non exclúe que o profesor o poida modificar lixeiramente si se aprecian circunstancias que así o aconsellen, tales como poden ser o nivel inicial do/a alumno/a, as súas capacidades de aprendizaxe, etc.

b) Instrumentos de avaliación e critérios de corrección de exames

PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS

Probas escritas 2 exames por avaliación, nos que a materia avaliada nun non se avalía no outro

Traballos individuais Cuestionario de actividades, por sorpresa, a resolver na aula co material exclusivo de cada alumno.

Traballos en grupo Resolución dos exercicios de cada tema e outras actividades.

Probas orais Non se contemplan

Traballo na aula Esquemas dos diferentes temas, resolver problemas e cuestións teóricas.

Observación e rexistro • De non acudir a unha proba escrita, só se lle repetirá a mesma, a aqueles alumnos que presenten o mesmo día que se incorporan ao centro, xustificación médica ou de deber inescusable, de carácter público ou privado para a non asistencia a dita proba. A data da proba será fixada polo profesor da materia.

• Anotarase a asistencia e puntualidade do alumno.

• Anotarase a actitude negativa do alumno en forma de apercibimentos e o número de interrupcións , que non veñen ao caso, perante as explicacións da materia. Comunicarase ao alumno na aula, quedando constancia no libro do profesor.

• Anotarase a actitude positiva cando, requerida a súa participación explícita ou voluntaria, nas actividades da aula a súa colaboración é absolutamente correcta. Comunicarase ao alumno na aula, quedando constancia no libro do profesor.

CRITERIOS XERAIS DE CORRECCIÓN DE EXAMES:

Na corrección de exames, teranse en conta e valoraranse os seguintes criterios, tanto nos exercicios teóricos como nos prácticos:

• Claridade nos razoamentos.

• Orde, presentación e limpeza. Os exames serán realizados con bolígrafo azul ou negro. Non se permite a utilización do lapis.

• Precisión nos cálculos numéricos.

• Faltas de ortografía e erros gramaticais.

• As preguntas teóricas deben estar ben razoadas, afondando nos conceptos a aplicar e non deixando ningún aspecto sen xustificar. En aquelas cuestións tipo test, nas que se lle ofrece ao/á alumno/a varias posibles respostas, a simple elección dunha delas, aínda que sexa a correcta, non suporá puntuación algunha se a resposta non está correctamente razoada e xustificada.

• Nas preguntas a desenvolver, ademais de considerar a medida en que se axusta o contido da resposta ó que se pregunta, a valoración graduarase atendendo á claridade expositiva e á utilización axeitada dos conceptos fundamentais. Tamén se valorará positivamente a elaboración dun esquema-guión no que se resuma o contido da resposta.

• No relativo ás preguntas prácticas (problemas), na valoración de cada un dos apartados nos que se pida efectuar un cálculo, terase en conta non só o resultado puntual, senón tamén a corrección (coherencia) da formulación.

• O feito de que un alumno/a sexa collido/a copiando nun exame, poderá levar consigo que a proba á cal pertenza o exame, lle sexa cualificada cun cero e expulsado do mesmo.

Page 14: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 14 de 17

6. Avaliación final

a) Quen debe ir á avaliación final

Ó final do curso realizarase un Exame Final da asignatura, ó que terá que presentarse o

alumnado que teña en ese momento algunha/s avaliación/s suspensa/s. Se ten unha única avaliación suspensa presentarase á recuperación da mesma.

b) En que consistirá a proba? O exame correspondente versará sobre os contidos impartidos en toda a avaliación ou

avaliacións non superadas, independentemente dos resultados obtidos en cada unha das probas realizadas durante a mesma.

c) Como se elabora a cualificación final?

O alumnado que ten aprobadas as 3 avaliacións, calcularáselle a nota da avaliación ordinaria

facendo a media aritmética das 3 avaliacións e redondeando o resultado o número enteiro máis cercano. No caso dos alumnos que se teñan que presentar ao exame final, a cualificación calcurase do seguinte xeito: 80% da nota no exame final máis o 20% da nota que tivese na avaliación que agora pretende recuperar.

d) A avaliación final en caso de perda do dereito a avaliación continua?

Os alumnos/as perden o dereito a avaliación continua no caso de abandonar a asignatura e neste caso aplicarase o PROTOCOLO DE ABANDONO aprobado no centro e que figura no Proxecto Educativo. Segundo este protocolo considérase abandono se:

- O alumno/a non realiza as actividades ou traballos na clase, a pesar de ter actividades axeitadas ó seu nivel de competencia curricular.

- Non trae o material necesario para o normal desenvolvemento das actividades. - Entrega os exames en branco de forma reiterada. - Manifesta verbal e explicitamente o abandono da materia. - Houber absentismo escolar sen xustificación.

Actuación por parte do profesor: 1.- O profesor informará o titor da actitude do/a alumno/a na materia e tratará de falar cos pais

deste feito, explicándolles as consecuencias que dita actitude pode ter. Tamén se informará a Xefatura de Estudos de tal circunstancia.

2.- O terceiro aviso do profesor considerase que xa hai abandono. O final do curso realizarase un Exame Final da materia, que será fixado pola Xefatura de

Estudos. A esta proba deberá presentarse o alumno/a que perda o dereito á avaliación continua.

7. Avaliación extraordinaria

Aqueles alumnos/as que non aproben a materia na convocatoria de xuño, terán que presentarse o exame de setembro. Este exame será o mesmo para tódolos/as alumnos/as que cursen este nivel, e será confeccionado por tódolos membros do Departamento que imparten dita asignatura. A cualificación da avaliación extraordinaria será a nota do exame redondeada por defecto.

PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS

Proba escrita 1 proba escrita na que se avalía toda a materia da asignatura. A data da mesma será fixada pola Xefatura de Estudos.

Page 15: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 15 de 17

8. Materia pendente de cursos anteriores

Ao tratarse 4º de ESO dun curso final de etapa, o alumnado que non supere a materia e non sexa proposto para o título, terá que matricularse de novo da mesma e volver a cursala con normalidade, sendo obrigatoria a asistencia a clase e avaliándose do xeito que está explicado nos apartados precedentes.

9. Avaliación do proceso de ensino e da práctica docente

É necesario que o profesor leve a cabo un control do seu traballo para comprobar a eficacia do mesmo, valorando a súa relación coa labor docente, co alumno/a e coa materia. Os indicadores de logro se recollen nos dous seguintes cuestionarios, que se cubrirán ao final do curso.

a) Proceso de ensino

Proceso de ensino: 1 2 3 4

1.- O nivel de dificultade foi adecuado ás características do alumnado?

2.- Conseguiuse crear un conflito cognitivo que favoreza a aprendizaxe?

3.- Conseguiuse motivar para conseguir a súa actividade intelectual e física?

4.- Conseguiuse a participación activa de todo o alumnado?

5.- Contouse co apoio e implicación das familias no traballo do alumnado?

6.- Mantívose un contacto periódico coa familia por parte do profesorado?

7.- Tomouse algunha medida curricular para atender al alumnado con NEAE?

8- Tomouse algunha medida organizativa para atender al alumnado con NEAE?

9.- Atendeuse adecuadamente á diversidade do alumnado?

10.- Usáronse distintos instrumentos de avaliación?

11.- Dáse un peso real á observación do traballo na aula?

12.- Valorouse adecuadamente o traballo colaborativo do alumnado dentro do grupo?

b) Práctica docente

Práctica docente: 1 2 3 4

1.- Como norma xeral fanase explicacións xerais para todo o alumnado

2.- Ofrécese a cada alumno/a as explicacións individualizadas que precisa?

3.- Elabóranse actividades de distinta dificultade atendendo á diversidade

4.- Elabóranse probas de avaliación de distinta dificultade para os alumnos con NEAE?

5.- Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas en función dos temas a tratar?

6.- Intercálase o traballo individual e en equipo?

5.- Poténcianse estratexias de animación á lectura e de comprensión e expresión oral?

6.- Incorpóranse ás TIC aos procesos de ensino - aprendizaxe

7.- Préstase atención aos temas transversais vinculados a cada estándar?

8.- Ofrécese ao alumnado de forma inmediata os resultados das probas/exames,etc?

9.- Coméntase co alumnado os fallos máis significativos das probas /exames, etc?

10.- Dáselle ao alumnado a posibilidade de visualizar e comentar os seus fallos?

11.- Cal é o grao de implicación nas funcións de titoría e orientación do profesorado?

12.- Realizáronse as ACS propostas e aprobadas?

Page 16: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 16 de 17

13.- As medidas de apoio, reforzo, etc establécense vinculadas aos estándares

14.- Avalíase a eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliaciÓn,.. ?

10. Avaliación da programación didáctica

• Reunións de departamento, nas que se analizará o grao de avance na materia en relación á programación, así como diversos cambios propostos para adaptarse ás necesidades educativos do alumnado.

• Memoria de final de curso, onde se reflexarán os contidos impartidos da programación anual, cambios propostos na mesma para sucesivos cursos ou problemas á hora de poñer en práctica o acordado na mesma.

• Ademais, darémoslle resposta ao seguinte cuestionario ao final de curso:

Mecanismo de avaliación e modificación de programación didáctica Escala

(Indicadores de logro) 1 2 3 4

1.- Deseñáronse unidades didácticas ou temas a partir dos elementos do currículo?

2.- Secuenciáronse e temporalizáronse as unidades didácticas/temas/proxectos?

3.- O desenvolvemento da programación respondeu á secunciación e temporalización?

4.- Engadiuse algún contido non previsto á programación?

5.- Foi necesario eliminar algún aspecto da programación prevista?

6.- Secuenciáronse os estándares para cada unha das unidades/temas

7.- Fixouse un grao mínimo de consecución de cada estándar para superar a materia?

8.- Asignouse a cada estándar o peso correspondente na cualificación ?

9.- Vinculouse cada estándar a un/varios instrumentos para a súa avaliación?

10.- Asociouse con cada estándar os temas transversais a desenvolver?

11.- Fixouse a estratexia metodolóxica común para todo o departamento?

12.- Estableceuse a secuencia habitual de traballo na aula?

13.- Son adecuados os materiais didácticos utilizados?

14.- O libro de texto é adecuado, atractivo e de fácil manipulación para o alumnado?

15.- Deseñouse un plan de avaliación inicial fixando as consecuencias da mesma?

16.- Elaborouse unha proba de avaliación inicial a partir dos estándares?

17.- Fixouse para o bacharelato un procedementos de acreditación de coñecementos previos?

18.- Establecéronse pautas xerais para a avaliación continua: probas, exames, etc.

19.- Establecéronse criterios para a recuperación dun exame e dunha avaliación

20.- Fixáronse criterios para a avaliación final?

21.- Establecéronse criterios para a avaliación extraordinaria?

22- Establecéronse criterios para o seguimento de materias pendentes?

23.- Fixáronse criterios para a avaliación desas materias pendentes?

24.- Elaboráronse os exames tendo en conta o valor de cada estándar?

25.- Definíronse programas de apoio, recuperación, etc. vinculados aos estándares?

26.- Leváronse a cabo as medidas específicas de atención ao alumnado con NEE?

27.- Leváronse a cabo as actividades complementarias e extraescolares previstas?

28.- Informouse ás familias sobre criterios de avaliación, estándares e instrumentos?

29.- Informouse ás familias sobre os criterios de promoción? (Artº 21º, 5 do D.86/15)

30.- Seguiuse e revisouse a programación ao longo do curso

31.- Contribuíuse desde a materia ao plan de lectura do centro?

32.- Usáronse as TIC no desenvolvemento da materia?

Page 17: ECONOMÍA 2019/2020€¦ · 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..... 8 a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución

Página 17 de 17

11. Atención a diversidade

A programación será aberta e flexible, para poder atender á diversidade do alumnado e intentar

previr ou evitar a aparición de dificultades de aprendizaxe. Para iso é importante personalizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe e fomentar que o alumnado traballe en colaboración a fin de conseguir superar as deficiencias de cada un.

As actividades de clase deben atender principalmente ao traballo en equipo e á axuda recíproca

entre os alumnos/as. Ademais o diálogo profesor-alumnos/as debe ser continuo a fin de facilitar a adaptación de determinadas actividades ó nivel de coñocementos e capacidades de cada alumno/a.

Para a atención a diversidade tentarei adoptar as seguintes medidas: ➢ Propor actividades e exercicios de reforzo ou ampliación aos alumnos/as que o necesiten. ➢ Priorizar os contidos en función dos seus intereses e motivacións. ➢ Partir dos coñecementos previos dos alumnos/as. ➢ Variedade de contidos (procedimentais, conceptuais e actitudinais) ➢ Tratarei de presentar os contidos interrelacionados e buscando, na medida do posible, aplicacións

reais dos mesmos. ➢ Presentación variada do material. ➢ Priorizar o facer dos alumnos/as. ➢ Descompoñer a tarefa en pequenos pasos, do máis sinxelo o máis complexo.

Non obstante, as opcións metodolóxicas escollidas, eminentemente activas, e a variedade das

actividades de aprendizaxe deben contribuír a esta atención individual ao alumno. Excluídas do bacharelato as medidas extraordinarias de atención á diversidade, só queda como manifestación clara de atención á diversidade, o conxunto de aspectos, estratexias, recursos ou procedementos que permiten afrontar e dar resposta á diversidade individual de capacidades, intereses, estilos, ritmos e dificultades de aprendizaxe.

Se coa práctica docente diaria se observase na aula a existencia de alumnos con especiais

características tales que requirisen formulacións particulares, ofrecerase a estes alumnos/as, co apoio e asesoramento do Departamento de Orientación, vías adaptadas ás súas necesidades. Estas vías específicas buscarían o máximo desenvolvemento das súas capacidades para que puidesen acceder a metas iguais ás propostas ós seus compañeiros.

12. Actividades complementarias e extraescolares

É conveniente que se faga algunha actividade complementaria (dentro do horario escolar e de obrigado cumprimento) ou extraescolar (fora do horario escolar e optativas) para que os alumnos/as comproben a aplicación práctica dos contidos. Ao longo do curso trataremos de escoller algunha actividade intimamente relacionada coa materia de Iniciación á actividade emprendedora e empresarial.

13. Constancia de información ao alumnado

O profesor destinará unha sesión a principio do curso para informar ao alumnado da programación da materia. O alumnado ten a posibilidade de consultar a programación didáctica en calquera momento. Esta dispoñibilidade pode ser de dúas formas:

▪ Previa petición ao profesor da materia ou o Xefe do Departamento. Para elo, o seminario posuirá unha copia por escrito da programación didáctica.

▪ Por arquivo electrónico. Para elo, o centro dispón dunha páxina web dende a que se pode descargar a programación didáctica, aportada polo seminario, para a súa consulta.