E QUE, SE SOMOS DIFERENTES? · 2021. 1. 20. · nos fan sentir diferentes. Pero iso, é facer o que...

1
b rdos 23 A día de hoxe segue existindo a discriminación entre homes e mulleres. Nin o home é máis ca muller, nin a muller menos que o home. Todos e cada un de nós debemos ser aceptados tal e como somos, sen ter en conta a nosa relixión, cor de pel ou orientación sexual. Nesta sociedade aínda hai moitos adolescentes que seguen discriminando ás persoas que son distintas a eles, que teñen outra forma de ver as cousas. Inda é pouca a xente nova que ten a valentía de dicir o que realmente pensa e sente polo medo a quedarse soa, a non ter apoio por parte das persoas que nos importan e nos rodean e pola sensación de sentirse mal e inferior ante as críticas que poidamos recibir dos outros. Ser forte e afirmarse nas diferenzas non sempre é fácil. Todas e todos sabemos que é moito máis doado e máis cómodo disimular, ou tentar disimular, aquelas cousas que nos fan sentir diferentes. Pero iso, é facer o que os demais queren, non o que queremos nós e, ademais, por moito que nos esforcemos, en realidade nunca lograremos enganarnos a nós mesmos. Disimular ou ocultar fará a longo prazo que nos sintamos mal con nós mesmos. É moi importante aprender a ser forte cando unha persoa nos critica polo que somos ou deixamos de ser. Nunca deberíamos negar o que somos, pensamos ou sentimos por medo ou vergoña ao que pensen os demais, porque senón nunca seremos capaces de demostrar quen somos en realidade ou quen queremos ser. Moitas veces, negámonos a deixar ver a nosa verdadeira forma de ser e facémoslles ver aos demais o que eles queren ver. Cada un é como quere, viste como lle peta, pensa libremente e sente como quere, porque o bonito é ser diferente. Que hai de malo en ser como somos? Que importancia teñen a cor da pel, as nosas crenzas relixiosas, a lingua que utilicemos, o país do que procedemos ou a nosa orientación sexual? En realidade, no mundo non hai dúas persoas iguais, todas e todos somos distintos e todos e cada un de nós temos os mesmos dereitos e deberíamos ter as mesmas oportunidades. Que isto sexa así fai que o mundo sexa un lugar diverso e agradable onde é posible coñecer a moita xente, persoas distintas coas que compartir cousas e de quen podemos aprender. Ou é que prefeririades que todos viñésemos ao instituto coa mesma roupa? Que todos tivésemos o mesmo corte de pelo e... lésemos os mesmos libros e... xogásemos aos mesmos videoxogos e... comésemos o mesmo tipo de comida e... Nós preferimos un mundo de persoas libres onde cada quen poida defender e mostrar as súas particularidades. María Araújo Pires, Patricia Arias Chachero E QUE, SE SOMOS DIFERENTES? Ilustración: Laura Abalo, 2ºBACH.-B

Transcript of E QUE, SE SOMOS DIFERENTES? · 2021. 1. 20. · nos fan sentir diferentes. Pero iso, é facer o que...

  • b r

    dos

    23

    A día de hoxe segue existindo a discriminación entre homes e mulleres. Nin o home é máis ca muller, nin a muller menos que o home. Todos e cada un de nós debemos ser aceptados tal e como somos, sen ter en conta a nosa relixión, cor de pel ou orientación sexual. Nesta sociedade aínda hai moitos adolescentes que seguen discriminando ás persoas que son distintas a eles, que teñen outra forma de ver as cousas.

    Inda é pouca a xente nova que ten a valentía de dicir o que realmente pensa e sente polo medo a quedarse soa, a non ter apoio por parte das persoas que nos importan e nos rodean e pola sensación de sentirse mal e inferior ante as críticas que poidamos recibir dos outros.

    Ser forte e afi rmarse nas diferenzas non sempre é fácil. Todas e todos sabemos que é moito máis doado e máis cómodo disimular, ou tentar disimular, aquelas cousas que nos fan sentir diferentes. Pero iso, é facer o que os demais queren, non o que queremos nós e, ademais, por moito que nos esforcemos, en realidade nunca lograremos enganarnos a nós mesmos. Disimular ou ocultar fará a longo prazo que nos sintamos mal con nós mesmos.

    É moi importante aprender a ser forte cando unha persoa nos critica polo que somos ou deixamos de ser. Nunca deberíamos negar o que somos, pensamos ou sentimos por medo ou vergoña ao que pensen os demais, porque senón nunca seremos capaces de demostrar quen somos en realidade ou quen queremos ser. Moitas veces, negámonos a deixar ver a nosa verdadeira forma de ser e facémoslles ver aos demais o que eles queren ver.

    Cada un é como quere, viste como lle peta, pensa libremente e sente como quere, porque o bonito é ser diferente. Que hai de malo en ser como somos? Que importancia teñen a cor da pel, as nosas crenzas relixiosas, a lingua que utilicemos, o país do que procedemos ou a nosa orientación sexual?

    En realidade, no mundo non hai dúas persoas iguais, todas e todos somos distintos e todos e cada un de nós temos os mesmos dereitos e deberíamos

    ter as mesmas oportunidades. Que isto sexa así fai que o mundo sexa un lugar diverso e agradable onde é posible coñecer a moita xente,

    persoas distintas coas que compartir cousas e de quen podemos aprender.

    Ou é que prefeririades que todos viñésemos ao instituto coa mesma roupa? Que todos tivésemos o mesmo corte de pelo

    e... lésemos os mesmos libros e... xogásemos aos mesmos videoxogos e... comésemos o mesmo tipo de comida e...

    Nós preferimos un mundo de persoas libres onde cada quen poida defender e mostrar as súas

    particularidades.

    María Araújo Pires, Patricia Arias Chachero

    Ou é que prefeririades que todos viñésemos ao instituto coa

    e... lésemos os mesmos libros e... xogásemos aos mesmos videoxogos e... comésemos o mesmo tipo de comida e...

    E QUE, SE SOMOS DIFERENTES?

    Ilustración: Laura Abalo, 2ºBACH.-B