DO 27 AO 31 DE ABRILcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/05/... · 2013. 5....

12

Transcript of DO 27 AO 31 DE ABRILcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/05/... · 2013. 5....

  • DO 27 AO 31 DE ABRIL

    - 1 -

    1. PROPOSTA DE INSTRUCIONS SOBRE O ACCESO A XUBILACION PARCIAL E

    O CONTRATO DE REMUDA DO PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

    2. MESA DE NEGOCIACIÓN DE EE.PP. E COMISIÓN DE PERSOAL

    3. LISTAS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

    4. FORMACIÓN CONTINUA

    5. BECAS DE FORMACIÓN

    6. OFERTAS PÚBLICAS DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

    7. OUTRAS NOVAS

    8. PUBLICACIÓN DOS/AS NENOS/AS ADMITIDOS/AS NAS ESCOLAS INFANTÍS

  • DO 27 AO 31 DE ABRIL

    - 2 -

    PROPOSTA DE INSTRUCIONS SOBRE O ACCESO Á XUBILACIÓN PARCIAL E O CONTRATO DE

    REMUDA DO PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

    Despois da publicación do acordo asinado o pasado 27 de marzo de 2013 entre o Comité Intercentros e a

    Xunta de Galicia para o acceso á xubilación parcial e contrato de relevo do persoal laboral do Convenio

    colectivo único da Xunta de Galicia, Dog núm. 83 do 30 de abril,

    http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130430/AnuncioCA05-150413-0013_gl.pdf. Función Pública

    propoñe un documento de instrucción para o desenvolvemento do acceso á xubilación...

    Xunto acompañase a proposta de instruccións sobre o acceso á xubilación parcial e o contrato de remuda

    facilitada pola D.X da Función Pública. A finalidade é a de achegar novas alegacións a esta proposta de

    instruccións, que se poden remitir a esta Central Sindical antes das 12.00 hrs do 3 de xuño.

    PROPOSTA DE FUNCIÓN PÚBLICA:

    O pasado 27 de marzo de 2013 asinouse o “Acordo para o acceso á xubilación parcial e o contrato de remuda do persoal laboral do convenio colectivo único da Xunta de Galicia” sendo necesario ditar unhas instrucións coa finalidade de acadar unha axeitada aplicación do mesmo.

    Primeira.- Requisitos para o acceso á xubilación parcial.

    Poderán acceder á xubilación parcial o persoal laboral da Xunta de Galicia que cumpra os seguintes requisitos:

    1. Atoparse incluído no Anexo do devandito acordo que foi remitido ao Instituto Nacional da Seguridade Social o pasado 15 de abril de 2013 (este anexo atópase a súa disposición na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública).

    2. Ter cumpridos os sesenta e un anos ou sesenta se ten a condición de mutualista con anterioridade ao 1 de xaneiro de 1967.

    3. Acreditar trinta anos de cotización. No suposto de persoas con discapacidade ou trastorno mental bastarán vinte e cinco anos de cotización.

    4. A persoa traballadora que se xubila parcialmente deberá concertar coa Xunta de Galicia un contrato a tempo parcial, reducindo a xornada de traballo e o salario, entre un mínimo dun 25% e un máximo do 75% da xornada de traballo dun traballador a tempo completo comparable.

    5. Acreditar un período de antigüidade na empresa de, polo menos, 6 anos inmediatamente anteriores á data da xubilación parcial.

    6. É necesario que a empresa concerte simultaneamente un contrato de remuda con outra persoa traballadora desempregada, excepto no suposto ca persoa que acceda a esta modalidade de xubilación teña máis de 65 anos de idade.

    7. Que exista unha correspondencia entre as bases de cotización do traballador relevista e do xubilado parcial, de modo que, a correspondente ao traballador relevista non poderá ser inferior ao 65 por 100 da media das bases de cotización correspondentes aos seis últimos meses do período de base reguladora da pensión de xubilación parcial.

    Segunda.- Incompatibilidades.

    A xubilación parcial é incompatible nos seguintes supostos:

    Co desempeño dun posto de traballo a tempo completo.

    Co desempeño dun posto de traballo a tempo parcial ou baixo a modalidade de fixo – descontinuo.

    Coas pensións de incapacidade permanente absoluta e gran invalidez, ou de xubilación. O recoñecemento dalgunha destas pensións produce a extinción da xubilación parcial.

    Coa pensión de incapacidade permanente total para o traballo que se preste en virtude do contrato que deu lugar á xubilación parcial. O recoñecemento desta pensión produce a extinción da xubilación parcial.

    Terceira.- Procedemento das solicitudes de xubilación parcial.

    1. O procedemento iniciarase a instancia da persoa interesada solicitando perante a súa consellería de destino o certificado de empresa, empregando o modelo que se atopa a súa disposición no Instituto Nacional de Seguridade Social.

    http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130430/AnuncioCA05-150413-0013_gl.pdf

  • DO 27 AO 31 DE ABRIL

    - 3 -

    2. Recibida esta solicitude, a dita consellería solicitará da Dirección Xeral da Función Pública a selección do relevista empregando o Decreto 37/2006. Para poder formalizar este tipo de contrato é requisito necesario, que o relevista se atope en situación de desemprego, entendéndose por tal, aquela persoa que non se atope en situación de alta na seguridade social.

    3. Con carácter previo á formalización dos contratos co xubilado parcial e co relevista, a dirección xeral da Función Pública poñerase en contacto co Instituto Nacional de Seguridade Social coa finalidade de determinar se ambas persoas poden subscribir aqueles contratos.

    Namentres a consellería deberá realizar as xestións conducentes a acadar un acordo co xubilado parcial en canto a redución da xornada e a forma de acumular a mesma. Os ditos acordos incorporáranse como cláusulas adicionais ao modelo do contrato que no seu momento se formalice.

    Con carácter xeral a parte da xornada que subsista para o/a traballador/a parcialmente xubilado acumularase anualmente a xornadas completas, sexa nun único prazo ou en varios prazos temporais, agás acordo entre o traballador e a súa consellería de destino.

    4. Recibido por parte do INSS a confirmación da consulta formulada, a dirección xeral da Función Pública poñerase en contacto coa dita consellería, para que esta, unha vez formalizados os contratos co xubilado parcial e co relevista, remita copia compulsada dos mesmos a aquela.

    5. A documentación que deberá remitirse pola Dirección Xeral da Función Públics a delegación do INSS onde resida a persoa interesada é a seguinte:

    a) Modelo da solicitude da prestación e addenda.

    b) Fotocopia compulsada do D.N.I.

    c) Certificación de empresa para a xubilación parcial.

    d) No caso de que a solicitante sexa muller, copia compulsada do libro de familia para verificar a existencia de fillos/as.

    e) Copia compulsada do libro de familia, no caso que desexe que se lle apliquen os beneficios por coidado de fillos.

    f) No caso de ter familiares ao seu cargo que desexe que se inclúan como beneficiarios da asistencia sanitaria, deberá acreditar a súa identidade e o parentesco.

    g) Copia compulsada do contrato a tempo parcial subscrito coa persoa que acceda á xubilación parcial.

    h) Copia compulsada do contrato de remuda subscrito co relevista.

    6. A baixa e alta do xubilado parcial e a alta do relevista deberán gravarse pola correspondente Consellería na aplicación da

    Tesourería Xeral da Seguridade Social de xeito asociado.

    Terceiro.- Limitacións para a formalización do contrato de remuda.

    Así mesmo, debe considerarse que ao formalizar o contrato de relevo se producirá unha mellora de emprego, o que determina que, non será posible que un laboral temporal cese voluntariamente da súa última vinculación para subscribir esta modalidade de contrato; nin que, un laboral temporal con contrato de interinidade sen data certa de extinción, poida extinguir a súa vinculación para formalizar este tipo de contrato.

    Cuarta.- Efectos económicos.

    Prodúcense dende a data en que se inicie a nova xornada laboral reducida.

    O/a traballador/a xubilado/a parcialmente percibirá a parte proporcional do salario que lle corresponda en función da xornada traballada, remuneración que percibirá mensualmente con independencia da acumulación da xornada en xornadas completas.

    Quinta.-

    O/a traballador/a xubilado parcialmente ao abeiro do acordo do 27 de marzo de 2013, estará obrigado a solicitar a xubilación ordinaria ao cumprir a idade de xubilación ordinaria prevista no artigo 161.1.a) e na disposición transitoria vixésima da Lei Xeral de Seguridade Social, data na que se extinguirá a súa relación laboral coa Xunta de Galicia pasando á situación de xubilado total a tódolos efectos.

    Aqueles traballadores que, superen a idade ordinaria de xubilación, poderán acceder á xubilación parcial por un prazo máximo dun ano, sempre que, soliciten unha vez rematado o dito prazo, o seu pase a xubilación ordinaria, dándose por extinguida a súa relación laboral.

    Santiago de Compostela, 29 de maio de 2013

    O director xeral da Función Pública

    José María Barreiro Díaz

  • DO 27 AO 31 DE ABRIL

    - 4 -

    MESA DE NEGOCIACIÓN DE EE.PP. E COMISIÓN DE PERSOAL

    Nota Informativa da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos celebrada o día 28 de maio de

    2013 e da Comisión de Persoal celebrada o día 30 de maio de 2013. Nesta facilitase información dos

    puntos tratados e da Dirección Xeral de Función Pública relativa a procesos de provisión de postos de

    traballo, procesos selectivos, extensión das instrucións de vacacións, licenzas e permisos ao persoal

    laboral, Orde relativa á xornada de traballo, flexibilidade horaria e teletraballo, etc.

    PUNTOS DESTACADOS DA NOTA INFORMATIVA:

    1. Modificación da RPT da Escola Galega de Administración Pública - EGAP

    2. Proxecto de Orde, pola que se convoca o concurso... do Corpo superior de sistemas e tecnoloxías

    da información, Corpo de xestión de sistemas de información e corpo administrativo da escala

    auxiliar de informática.

    3. Modificación da RPT do Instituto de Estudos do Territorio - IET

    4. Proposta do Anteproxecto de Lei do Empregado Público

    5. Circular 1/2013 da DX de Educación, F.P. e Innovación, pola que se regulan para o curso 2012-

    13 as probas de certificación das ensinanzas de idiomas en réxime especial

    6. Prohibición aos Empregados Públicos da asistencia a cursos de formación continua en horario

    laboral da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

    7. Información relativa a: procesos de provisión de concursos, procesos selectivos, orde que regula

    o horario, xornada, flexibilización e teletraballo; RPT de Medio Rural; Anteproxecto de Lei de

    Racionalización do Sector Público; instrucións sobre as vacacións, permisos e licenzas do persoal

    laboral da Consellería de Benestar

    Enlace: http://heraldtoupeiras.es/documentacion/2013/2013%20MESA_XERAL_NEGOCIACI%C3%93N_EMPREGADOS_PUBLICOS_%2028_05.pdf

    LISTAS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

    CONSELLERÍA DE FACENDA – DOG, 29 DE MAIO

    Resolución do 20 de maio de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que de conformidade co

    artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se fai pública a actualización definitiva de méritos

    correspondente ao ano 2012 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a

    persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

    As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. As

    listas atópanse á disposición dos interesados no enlace: http://funcionpublica.xunta.es/?q=node/92

    Contra esta resolución, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de

    Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

    Anexo I: Corpos e escalas (persoal funcionario)

    Anexo II: Grupos e categorias (persoal laboral)

    Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa

    contra incendios forestais e de persoal do Pladiga

    Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130529/AnuncioCA01-200513-0001_gl.pdf

    http://heraldtoupeiras.es/documentacion/2013/2013%20MESA_XERAL_NEGOCIACI%C3%93N_EMPREGADOS_PUBLICOS_%2028_05.pdfhttp://funcionpublica.xunta.es/?q=node/92http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130529/AnuncioCA01-200513-0001_gl.pdf

  • DO 27 AO 31 DE ABRIL

    - 5 -

    FORMACIÓN CONTINUA

    ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - DOG, 30 DE MAIO

    Resolución do 22 de maio de 2013 pola que se convocan 45 actividades de formación continua para o

    persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia para un total de 1530 prazas.

    REQUISITOS:

    Os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración autonómica de Galicia

    que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou

    excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente

    convocatoria e para cada un dos casos no anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de

    Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos

    na Administración xeral.

    O persoal dependente do Parlamento de Galicia, do Valedor do Pobo, do Consello de Contas, do Consello

    Consultivo e doutras entidades e organismos públicos poderán acceder ás accións formativas a través dos

    oportunos convenios que se subscriban para este efecto, de conformidade coa Resolución da Escola

    Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

    PRAZO:

    Comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 18 de xuño

    de 2013 e realizaranse a través do enderezo http://egap.xunta.es/matricula

    DESENVOLVEMENTO:

    Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen

    na convocatoria, baixo a modalidade presencial e teleformación.

    As áreas e órganos que os desenvolven son:

    I. Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades (presencial)

    II. Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa (teleformación)

    III. Réxime xurídico e actividade financeira das administración públicas (presencial e teleformación)

    IV. Presidencia da Xunta de Galicia: Antega (teleformación)

    V. Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza (presencial)

    VI. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza (presencial)

    VII. Consellería de Facenda (teleformación)

    VIII. Consellería do Medio Rural e do Mar: Medio Rural (presencial e teleformación)

    IX. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Presencial)

    X. Consellería de Traballo e Benestar (Presencial)

    Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130530/AnuncioO150-230513-0001_gl.pdf

    http://egap.xunta.es/matriculahttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130530/AnuncioO150-230513-0001_gl.pdf

  • DO 27 AO 31 DE ABRIL

    - 6 -

    OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO DE ENTIDADES LOCAIS

    CONCELLO DA BOLA – BOP DE OURENSE, 31 DE MAIO

    Bases para a selección e posterior contratación dun (1) chofer para máquina rozadora

    PRAZO:

    5 días hábiles, seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

    Enlace: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=124&fecha=20130531

    CONCELLO DE CASTRO CALDELAS – BOP DE OURENSE, 27 DE MAIO

    Bases para a selección e posterior contratación dun (1) condutor de máquina rozadora

    PRAZO:

    5 días hábiles, computados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

    Enlace: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=120&fecha=20130527

    CONCELLO DA MEZQUITA – BOP DE OURENSE, 31 DE MAIO

    Bases específicas de selección persoal dunha praza (1) condutor de tractor con rozadora e outra

    maquinaria similar

    REQUISITOS:

    Estar en posesión do certificado de estudos primarios e estar en posesión do carné de conducir clase B.

    PRAZO:

    7 días naturais, seguintes a publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

    Enlace: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=124&fecha=20130531

    CONCELLO DE MIÑO – BOP DA CORUÑA, 31 DE MAIO

    Oferta de emprego público ano 2012

    PRAZAS:

    3 policías locais, subgrupo C1, escala de servizos especiais, subescala de servizos especiais, mediante o

    sistema de provisión libre.

    Enlace: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/05/31/2013_0000006630.pdf

    CONCELLO DE MONDOÑEDO – BOP DE LUGO, 28 DE MAIO

    Proceso de seleccion de persoal para a cobertura temporal dun (1) posto de auxiliar administrativo da

    oficina de rehabilitación, baixo a modalidade de concurso

    REQUISITOS:

    Titulación mínima do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

    PRAZO:

    70 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio da convocatoria no BOP.

    Enlace: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_8119_1.pdf#PAGE=8

    https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=124&fecha=20130531https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=120&fecha=20130527https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=124&fecha=20130531http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/05/31/2013_0000006630.pdfhttp://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_8119_1.pdf#PAGE=8

  • DO 27 AO 31 DE ABRIL

    - 7 -

    CONCELLO DE RIVEIRA – BOP DA CORUÑA, 28 DE MAIO

    Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 34 socorristas acuáticos

    REQUISITOS:

    Estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente, estar inscrito no Rexistro Profesional de

    Socorristas Acuáticos de Galicia, na sección correspondente a socorristas en espazos acuáticos naturais

    ou, no seu defecto, ter solicitada a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia,

    na sección correspondente a socorristas en espazos acuáticos naturais e presentada declaración

    responsable do cumprimento dos requisitos para o exercicio da actividade de socorrismo, que deberá

    acreditarse mediante copia do documento da solicitude presentada dirixida á Dirección Xeral da Academia

    Galega de Seguridade Pública e copia do documento da declaración presentada. Estar en posesión do

    título de socorrista acuático.

    PRAZO:

    10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

    Enlace: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/05/28/2013_0000006485.pdf

    CONCELLO DE TOEN – BOP DE OURENSE, 30 DE MAIO

    Bases específicas e convocatoria para a contratación dun (1) auxiliar de axuda a domicilio

    REQUISITOS:

    Estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de Atención Sociosanitaria ou

    equivalente ou certificación de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a persoal no domicilio ou

    equivalente.

    PRAZO:

    6 días hábiles, contados dende a publicación destas bases específicas no BOP.

    Enlace: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=123&fecha=20130530

    CONCELLO DE TRASMIRAS – BOP DE OURENSE, 25 DE MAIO

    Bases e convocatoria para a contratación dun (1) socorristas acuático

    REQUISITOS:

    Estar en posesión do título de socorrista acuático, expedido pola Cruz Vermella, a Xunta de Galicia ou

    outro organismo da Administración pública.

    PRAZO:

    10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

    Enlace: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=119&fecha=20130525

    CONCELLO DE VEREA – BOP DE OURENSE, 29 DE MAIO

    Bases das probas selectivas para a provisión, mediante concurso dunha praza (1) condutor de tractor

    rozadora

    REQUISITOS:

    Copia do carné de conducir clase B.

    PRAZO:

    http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/05/28/2013_0000006485.pdfhttps://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=123&fecha=20130530https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=119&fecha=20130525

  • DO 27 AO 31 DE ABRIL

    - 8 -

    10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.

    Enlace: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=122&fecha=20130529

    CONCELLO DE VIGO – BOE, 30 DE MAYO

    Resolución de 9 de mayo de 2013, referente a la convocatoria para proveer dos plazas de ingeniero de

    edificación, clase superior, turno promoción interna.

    PLAZO:

    20 días naturales, a contar desde el siguiente al de la publicación de este anuncio en el BOE.

    Enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2013/05/30/pdfs/BOE-A-2013-5686.pdf

    BECAS DE FORMACIÓN

    MINISTERIO DE DEFENSA - BOE, 31 DE MAIO

    Resolución 3D0/38043/2013, de 22 de mayo, del Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial

    «Esteban Terradas», por la que se convocan becas de formación.

    OBJETO:

    Concesión de 34 becas de formación destinadas a personas que se encuentren en posesión del título de

    Graduado, Licenciado, Ingeniero, Ingeniero Técnico o equivalentes, siempre que hayan terminado sus

    estudios con posterioridad al 30 de julio de 2009.

    Las titulaciones exigidas para cada una de las becas convocadas son las que se señalan en el anexo I de la

    presente convocatoria.

    PLAZO:

    Veinte días naturales a contar desde el siguiente a su publicación en el BOE.

    Enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2013/05/31/pdfs/BOE-A-2013-5737.pdf

    OUTRAS NOVAS

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, E O.U. - DOG, 31 de maio

    Orde do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto,

    materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado

    en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.

    PRAZO:

    a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.

    b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013, ambos inclusive.

    https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=122&fecha=20130529file:///C:/Users/stgo001/Desktop/NEWS/:%20http:/www.boe.es/boe/dias/2013/05/30/pdfs/BOE-A-2013-5686.pdfhttp://www.boe.es/boe/dias/2013/05/31/pdfs/BOE-A-2013-5737.pdf

  • DO 27 AO 31 DE ABRIL

    - 9 -

    c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive.

    d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2014.

    Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130531/AnuncioG0164-280513-0006_gl.pdf

    CONCELLO DE RIBADUMIA - BOP de Pontevedra, 30 de maio

    Texto do convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Ribadumia, subscrito en

    representación da parte económica, por unha representación do Concello, e da parte social polo delegado

    de persoal e por representantes dos sindicatos CSI•F, UGT, CIG e CC.OO, en data 27.02.2013, e ratificado polo Pleno do Concello o 7 de marzo de 2013

    Enlace: http://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2013/bop.PONTEVEDRA.20130530.103.pdf

    MINISTERIO DE EDUCACION, CULTURA Y DEPORTE - BOE, 29 DE MAYO

    Resolución de 25 de abril de 2013, de la Secretaría de Estado de Cultura, por la que se convoca concurso

    específico para la provisión de puestos de trabajo en el Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales, de los subgrupos A1, A2, C1 y C2.

    PLAZO:

    Quince días hábiles, contados a partir del siguiente al de la publicación de la convocatoria en el BOE.

    Enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2013/05/29/pdfs/BOE-A-2013-5629.pdf

    MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL - BOE, 29 DE MAYO

    Orden ESS/934/2013, de 21 de mayo, por la que se convoca concurso específico para la provisión de

    puestos de trabajo en el Instituto Nacional de la Seguridad Social, de los subgrupos A1, A2, C1 y C2.

    PLAZO:

    Quince días hábiles, contados a partir del siguiente al de la publicación de la convocatoria en el BOE.

    Enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2013/05/29/pdfs/BOE-A-2013-5631.pdf

    MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL - BOE, 25 DE MAYO

    Orden ESS/911/2013, de 23 de mayo, por la que se prorrogan los plazos para la presentación de las

    solicitudes y de remisión de los informes-propuesta de los incentivos correspondientes al ejercicio 2012, al

    amparo del Real Decreto 404/2010, de 31 de marzo, por el que se regula el establecimiento de un sistema

    de reducción de cotizaciones por contingencias profesionales a las empresas que hayan

    contribuido especialmente a la disminución y prevención de la siniestralidad laboral.

    Enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2013/05/25/pdfs/BOE-A-2013-5510.pdf

    http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130531/AnuncioG0164-280513-0006_gl.pdfhttp://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2013/bop.PONTEVEDRA.20130530.103.pdfhttp://www.boe.es/boe/dias/2013/05/29/pdfs/BOE-A-2013-5629.pdfhttp://www.boe.es/boe/dias/2013/05/29/pdfs/BOE-A-2013-5631.pdfhttp://www.boe.es/boe/dias/2013/05/25/pdfs/BOE-A-2013-5510.pdf

  • DO 27 AO 31 DE ABRIL

    - 10 -

    PUBLICACIÓN DOS/AS NENOS/AS ADMITIDOS/AS NAS ESCOLAS INFANTÍS

    CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR – DOG, 27 DE MAYO

    Resolución do 20 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación

    da relación definitiva de nenas/os admitidas/os para o curso 2013/14 nas escolas infantís 0-3

    dependentes desta consellería.

    Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130527/AnuncioCA05-210513-0005_gl.pdf

    Resolución do 20 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación

    da relación definitiva de nenas/os admitidas/os para o curso 2013/14 nas escolas infantís 0-3

    dependentes desta consellería.

    Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130527/AnuncioCA05-210513-0007_gl.pdf

    Resolución do 20 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se procede á

    publicación da relación definitiva de nenas/os admitidas/os para o curso 2013/14 nas escolas

    infantís 0-3 dependentes desta consellería.

    Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130527/AnuncioCA05-210513-0008_gl.pdf

    Resolución do 20 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se procede á publicación da

    relación definitiva de nenas/os admitidas/os para o curso 2013/14 nas escolas infantís 0-3

    dependentes desta consellería.

    Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130527/AnuncioCA05-210513-0006_gl.pdf

    As listas definitiva poderase consultar nas respectivas delegacións territoriais, nos propios centros e nas

    páxinas web http://benestar.xunta.es e http://www.escolasinfantis.net.

    As/os solicitantes admitidas/os disporán do prazo establecido no artigo 13 da Orde do 14 de febreiro para

    matricularse, presentando no centro onde obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto

    acompañado do certificado médico da/o nena/o. De non formalizar a matrícula no prazo sinalado,

    considerarase decaída/o na súa solicitude.

    Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a

    conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta

    resolución do Diario Oficial de Galicia.

    http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130527/AnuncioCA05-210513-0005_gl.pdfhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130527/AnuncioCA05-210513-0007_gl.pdfhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130527/AnuncioCA05-210513-0008_gl.pdfhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130527/AnuncioCA05-210513-0006_gl.pdfhttp://benestar.xunta.es/http://www.escolasinfantis.net/

  • DO 27 AO 31 DE ABRIL

    - 11 -