Diario de abordo_profesorado cpi virxe da cela

2
[Escriba texto] [Escriba texto] Caderno de viaxe Lembrádesvos da viaxe que emprendemos hai xa sete meses? Naquel momento levabamos unha equipaxe moi lixeira, cargada de expectativas, dúbidas e un bocexo de calendario inicial no que ir anotando os grandes fitos do percorrido. Agora que xa rematamos a viaxe a mochila está chea de historias, actividades, anécdotas, que vos parece se as relatamos brevemente neste Caderno de viaxe? A idea desta proposta é coñecer as impresións e sensacións que tivestes ao longo do proceso do proxecto para poder corrixir e mellorar cuestións metodolóxicas, temáticas e organizativas de cara ao proxecto do curso 2014-2015. Trátase dun caderno de redacción libre e extensión persoal (cada quen ocupa as liñas que precise). Para refrescar a memoria, aquí vos deixamos un pequeno mapa do que foi o noso percorrido polo Mundo que queremos Tamén se trata dun caderno valorativo e sensitivo. Gustaríanos coñecer o relato das vosas sensacións, anhelos, frustracións, enfados, momentos de estres e de ledicia. MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODA A COLABORACIÓN! Primeira reunión: entrevista presentación e diagnóstico Obradoiro sobre Cooperación Internacional e ODM Obradoiros de radio e televisión Teatro da Oprimida: A viaxe de Ana Entrega de traballos feitos polo alumnado Visita de Radio Tehuacán Encontro intercentros

Transcript of Diario de abordo_profesorado cpi virxe da cela

Page 1: Diario de abordo_profesorado cpi virxe da cela

[Escriba texto] [Escriba texto]

Caderno de viaxe

Lembrádesvos da viaxe que emprendemos hai xa sete meses? Naquel momento

levabamos unha equipaxe moi lixeira, cargada de expectativas, dúbidas e un bocexo de

calendario inicial no que ir anotando os grandes fitos do percorrido. Agora que xa

rematamos a viaxe a mochila está chea de historias, actividades, anécdotas,

que vos parece se as relatamos brevemente neste Caderno de viaxe?

A idea desta proposta é coñecer as impresións e sensacións que tivestes ao longo do

proceso do proxecto para poder corrixir e mellorar cuestións metodolóxicas,

temáticas e organizativas de cara ao proxecto do curso 2014-2015.

Trátase dun caderno de redacción libre e extensión persoal (cada quen ocupa as liñas

que precise). Para refrescar a memoria, aquí vos deixamos un pequeno mapa do que

foi o noso percorrido polo Mundo que queremos

Tamén se trata dun caderno valorativo e sensitivo. Gustaríanos coñecer o relato das

vosas sensacións, anhelos, frustracións, enfados, momentos de estres e de ledicia.

MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODA A COLABORACIÓN!

Primeira reunión: entrevista presentación

e diagnóstico

Obradoiro sobre Cooperación

Internacional e ODM

Obradoiros de radio e

televisión

Teatro da Oprimida: A viaxe de Ana

Entrega de traballos feitos polo alumnado

Visita de Radio

Tehuacán

Encontro intercentros

Page 2: Diario de abordo_profesorado cpi virxe da cela

[Escriba texto] [Escriba texto]

Diario de abordo de .CPI Virxe da Cela.

Nautilius-Monferosolidario, 24 de xuño de 2014

Tras unha longa travesía de 10 meses a nosa nave chega a porto para repoñer forzas e revisar esta

aventura que levamos a cabo tres profesoras do CPI Virxe da Cela xunto cos nosos alumnos/as de ESO. Atrás

quedan moitos recordos, desde o noso inicio, neste pequeno camarote atiborrado de obxectos diversos para a

nosa expedición, aquel día que nos reunimos cos armadores de Cooperación Internacional para definir o rumbo

do Mundo que Queremos. Tras aquela primeira impresión sabiamos que a nosa viaxe ía ser exitosa, contábamos

cunha espléndida nave e unha formada tripulación. Queremos agradecer especialmente a María Caride por

todo o seu traballo de planificación, e os numerosos contactos que establecimos vía telegráfica.

Coincidimos con outras naves no medio do océano, tripuladas por Rosa López Miramontes que

dirixía os ODM desde unha perspectiva lúdica, contaxiando moitísimo entusiasmo entre os nosos

mariñeiros/as. Posteriormente topámonos coa nave AGARESO, patroneada por Montse Fernández e Óscar

Vázquez, que nos guiaron nas artes da radio e da fotografía. Meses máis tarde coincidimos coa nave de piratas

Cen Tolas, mulleres con grande forza que tratan de dar solucións aos conflitos a través do Teatro do Oprimido.

Surcamos os mares do sur acompañados da fragata Radio Tehuacán, baixo o mando de Iris, Jasmin e José

Manuel, que nos mostraron como é a vida nesas latitudes, facéndonos valorar o que temos e que habitualmente

nos pasa desapercibido.

E como momento culminante do noso periplo, o Paso do Ecuador, celebrouse mar adentro, na terra do

Apóstolo, xuntándonos a bailar e celebrar un divertido Acto de Clausura na Sala Capitol. Non esquecemos o

chiculate ben quente que paladeamos nunha reunión clandestina no camarote do Almirantazgo, tendo a

oportunidade de coñecer aos outros/as capitáns da escuadra que viaxaron en paralelo.

Enarbolamos as bandeiras da Cooperación Internacional e Rexional e atracamos o noso navío no

astaleiro para poñelo a punto cara a próxima singladura. E agora que estamos en terra, deixaremos que o

destino nos volva a unir nalgunha rúa coruñesa a horas intempestivas da madrugada.

Teresa, Yolanda e Verónica