[Escriba texto] [Escriba texto]
Caderno de viaxe
Lembrádesvos da viaxe que emprendemos hai xa sete meses? Naquel momento
levabamos unha equipaxe moi lixeira, cargada de expectativas, dúbidas e un bocexo de
calendario inicial no que ir anotando os grandes fitos do percorrido. Agora que xa
rematamos a viaxe a mochila está chea de historias, actividades, anécdotas,
que vos parece se as relatamos brevemente neste Caderno de viaxe?
A idea desta proposta é coñecer as impresións e sensacións que tivestes ao longo do
proceso do proxecto para poder corrixir e mellorar cuestións metodolóxicas,
temáticas e organizativas de cara ao proxecto do curso 2014-2015.
Trátase dun caderno de redacción libre e extensión persoal (cada quen ocupa as liñas
que precise). Para refrescar a memoria, aquí vos deixamos un pequeno mapa do que
foi o noso percorrido polo Mundo que queremos
Tamén se trata dun caderno valorativo e sensitivo. Gustaríanos coñecer o relato das
vosas sensacións, anhelos, frustracións, enfados, momentos de estres e de ledicia.
MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODA A COLABORACIÓN!
Primeira reunión: entrevista presentación
e diagnóstico
Obradoiro sobre Cooperación
Internacional e ODM
Obradoiros de radio e
televisión
Teatro da Oprimida: A viaxe de Ana
Entrega de traballos feitos polo alumnado
Visita de Radio
Tehuacán
Encontro intercentros
[Escriba texto] [Escriba texto]
Diario de abordo de .CPI Virxe da Cela.
Nautilius-Monferosolidario, 24 de xuño de 2014
Tras unha longa travesía de 10 meses a nosa nave chega a porto para repoñer forzas e revisar esta
aventura que levamos a cabo tres profesoras do CPI Virxe da Cela xunto cos nosos alumnos/as de ESO. Atrás
quedan moitos recordos, desde o noso inicio, neste pequeno camarote atiborrado de obxectos diversos para a
nosa expedición, aquel día que nos reunimos cos armadores de Cooperación Internacional para definir o rumbo
do Mundo que Queremos. Tras aquela primeira impresión sabiamos que a nosa viaxe ía ser exitosa, contábamos
cunha espléndida nave e unha formada tripulación. Queremos agradecer especialmente a María Caride por
todo o seu traballo de planificación, e os numerosos contactos que establecimos vía telegráfica.
Coincidimos con outras naves no medio do océano, tripuladas por Rosa López Miramontes que
dirixía os ODM desde unha perspectiva lúdica, contaxiando moitísimo entusiasmo entre os nosos
mariñeiros/as. Posteriormente topámonos coa nave AGARESO, patroneada por Montse Fernández e Óscar
Vázquez, que nos guiaron nas artes da radio e da fotografía. Meses máis tarde coincidimos coa nave de piratas
Cen Tolas, mulleres con grande forza que tratan de dar solucións aos conflitos a través do Teatro do Oprimido.
Surcamos os mares do sur acompañados da fragata Radio Tehuacán, baixo o mando de Iris, Jasmin e José
Manuel, que nos mostraron como é a vida nesas latitudes, facéndonos valorar o que temos e que habitualmente
nos pasa desapercibido.
E como momento culminante do noso periplo, o Paso do Ecuador, celebrouse mar adentro, na terra do
Apóstolo, xuntándonos a bailar e celebrar un divertido Acto de Clausura na Sala Capitol. Non esquecemos o
chiculate ben quente que paladeamos nunha reunión clandestina no camarote do Almirantazgo, tendo a
oportunidade de coñecer aos outros/as capitáns da escuadra que viaxaron en paralelo.
Enarbolamos as bandeiras da Cooperación Internacional e Rexional e atracamos o noso navío no
astaleiro para poñelo a punto cara a próxima singladura. E agora que estamos en terra, deixaremos que o
destino nos volva a unir nalgunha rúa coruñesa a horas intempestivas da madrugada.
Teresa, Yolanda e Verónica
Top Related