DIALNET - usc.es€¦ · DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as...

6
DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as ferramentas necesarias para optimizar as buscas de información entre máis de catro millóns de documentos. Este portal alóxase na Universidade da Rioja, pero a base de datos é alimentada por bibliotecas universitarias españolas e iberoamericanas, bibliotecas públicas e outras institucións, conformando un amplo marco de cooperación bibliotecaria. Se queres saber máis desta fonte de información en canto a produtos e servizos, consulta: http://dialnet.unirioja.es/info/ayuda/plus INSTRUCIONS PARA ACCEDER E UTILIZAR DIALNET. Le atentamente esta información e segue os pasos para usar a base de datos con eficacia. Podes acceder a esta base de datos desde: o a súa páxina web http://dialnet.unirioja.es/ o a web da BUSC, entrando en reBUSCa e buscando por bases de datos o Google, buscando directamente por “Dialnet” o este documento Vas ter que utilizar moito esta base de datos ao longo dos teus estudos, polo que é mellor que te rexistres na súa plataforma para ter acceso a todos os seus produtos e servizos.

Transcript of DIALNET - usc.es€¦ · DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as...

Page 1: DIALNET - usc.es€¦ · DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as ferramentas necesarias para optimizar as buscas de información entre máis de catro millóns

DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as

ferramentas necesarias para optimizar as buscas de información entre

máis de catro millóns de documentos. Este portal alóxase na Universidade

da Rioja, pero a base de datos é alimentada por bibliotecas universitarias

españolas e iberoamericanas, bibliotecas públicas e outras institucións,

conformando un amplo marco de cooperación bibliotecaria.

Se queres saber máis desta fonte de información en canto a produtos

e servizos, consulta: http://dialnet.unirioja.es/info/ayuda/plus

INSTRUCIONS PARA ACCEDER E UTILIZAR DIALNET. Le atentamente esta

información e segue os pasos para usar a base de datos con eficacia.

Podes acceder a esta base de datos desde:

o a súa páxina web http://dialnet.unirioja.es/

o a web da BUSC, entrando en reBUSCa e buscando por bases

de datos

o Google, buscando directamente por “Dialnet”

o este documento

Vas ter que utilizar moito esta base de datos ao longo dos teus estudos, polo que é mellor que te rexistres na súa plataforma para ter acceso a todos os seus produtos e servizos.

Page 2: DIALNET - usc.es€¦ · DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as ferramentas necesarias para optimizar as buscas de información entre máis de catro millóns

PANTALLA PRINCIPAL

O primeiro paso é, como dicimos, “Rexistrarse”. Despregarase un

formulario que terás que cumprimentar.

Cómpre que te rexistres co teu correo electrónico da USC, xa que o dominio @rai.usc.es é o que Dialnet recoñecerá como autorizado para empregar todos os seus produtos e servizos.

Cando esteas rexistrado, entra na base de datos sempre co teu nome de usuario e contrasinal para que che identifique. Isto pódelo facer tanto desde os equipos da rede interna da USC como desde a túa casa, sempre e cando te rexistraras có enderezo electrónico institucional que che da a USC.

[email protected]

Page 3: DIALNET - usc.es€¦ · DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as ferramentas necesarias para optimizar as buscas de información entre máis de catro millóns

COMO FACER BUSCAS E LOCALIZAR DOCUMENTOS

Unha vez rexistrado, cando entres en Dialnet co teu usuario USC verás

que, na marxe dereita, aparecerá o teu nome e o logo da USC. Comproba

que é así, xa que se non te identifica non poderás optar aos servizos de

Dialnet Plus.

Como exemplo de busca imos formular a seguinte cuestión: queremos

atopar documentos sobre a “emigración en Galicia nos últimos 10 anos”,

e interésannos só artigos de revistas.

Podemos formular a busca xa a pantalla inicial, pero para que resulte máis

eficaz, premeremos a opción Buscar no menú superior

Page 4: DIALNET - usc.es€¦ · DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as ferramentas necesarias para optimizar as buscas de información entre máis de catro millóns

Abrirase a seguinte pantalla cun menú despregable:

Utilizamos na busca dous termos simples que resultan da

“conceptualización” do tema: “emigración” e “Galicia”. Formulamos a

busca escribindo os dous termos ligados polo operador booleano “Y”, e

prememos

O resultado é de 57

documentos atopados, que

podemos organizar por

relevancia (importantes) ou

por data de publicación (os

máis recentes).

BUSCAR

Escribimos na caixa “Contiene las palabras”: emigración y Galicia

Marcamos a opción: artigos de revista

E na caixa “Publicados entre”: as datas que interesan, os últimos 10 anos, 2005 e 2015.

Page 5: DIALNET - usc.es€¦ · DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as ferramentas necesarias para optimizar as buscas de información entre máis de catro millóns

Pero aínda podes afinar máis a busca utilizando as opcións do menú da

esquerda (Filtros). Por exemplo imos a sinalizar que queremos artigos a

texto completo.

Que máis podes facer?

É tamén moi interesante a opción de gardar os rexistros que che

interesen. Para iso, sinalaremos os artigos destacados e premeremos en:

Gardar a busca. O seguinte paso é darlle un nome a busca e gardala.

Navega por todas as posibilidades que che ofrecen estes filtros para facer as buscas mais pertinentes.

O resultado é de 43 artigos a texto completo

Page 6: DIALNET - usc.es€¦ · DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as ferramentas necesarias para optimizar as buscas de información entre máis de catro millóns

Para visualizar as referencias gardadas (que no noso exemplo son dúas),

deberemos premer no menú da dereita “Selección”. Desde esta pantalla

podes achegar as referencias ao teu enderezo electrónico ou exportalas

ao teu xestor bibliográfico.

Antes de gardar as referencias ou descargar os artigos a texto completo, é

recomendable que mires o resumo para, así, asegurarte da súa

pertinencia e adaptación á túa necesidade de información. Se o artigo

resulta pertinente, preme en “Texto completo”. Abrirase un Pdf que

podes gardar ou imprimir.

E importante tamén que analices a “referencia bibliográfica” para ver de

que publicación procede o artigo. Ten en conta que, aínda que podas

acceder á versión electrónica do artigo, a meirande parte das veces

procede dunha publicación impresa.

Lembra que a mellor forma de aprender a utilizar esta base de datos é

practicando. Si navegas por este portal descubrirás todas as súas

posibilidades, que seguro che serán de moita utilidade!!!

Desde aquí podes acceder ao resumo e ao texto completo dos artigos