campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns,...

12

Transcript of campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns,...

Page 1: campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns, o Líbano, 1 millón, Irán e Uganda case 1 millón cada un e Etiopía case 800.000
Page 2: campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns, o Líbano, 1 millón, Irán e Uganda case 1 millón cada un e Etiopía case 800.000

Somos unha coalición internacional con presenza en máis de 100 paí-ses, constituída por ONG’s, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso tipo que nos mobili-zamos para reclamarmos o cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos Gobernos para garantir o acceso a unha educación gratuíta, equitativa, de calidade para todas as persoas do mundo.1

Unha vez ao ano, no mes de abril, en todos os países do mundo con presenza da Campaña, organízase a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Saímos á rúa e organizamos diferentes actividades orientadas a crear conciencia social sobre a importancia do dereito á educación. Queremos chamar a atención da comunidade educativa, dos medios de comunicación, da sociedade en xeral e, especialmente, dos representantes políticos sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación de calidade para todos e todas no mundo. No ano 2017, a Campaña Mundial pola Educación (CME) conseguiu mobilizar a máis de 27 millóns de persoas en todo o mundo.

En España, son moitos os logros alcanzados grazas á mobilización desde a primeira edición da SAME no ano 2003. Conseguimos tornar visible a importancia da educación no desenvolvemento integral das persoas e as súas comunidades e manter as políticas de cooperación en educación na axenda política en tempos de crise.

Entre os principais fitos alcanzados pola CME no noso país atópase a aproba-ción dunha proposición non de lei do Congreso dos Deputados orientada a lograr un maior esforzo da cooperación española destinada a educación (2006), ou o compromiso público da Secretaria de Estado de Cooperación Internacional de destinar o 8% da Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) a educación básica (2008). En 2017, a CME centrouse en pór de relevo a necesidade de, no marco do ODS4, promover e facilitar a participación cidadá, e especialmente a infantil e xuvenil, nos procesos políticos necesarios para facer efectivo o dereito á educación.

Baixo o lema “Pido a palabra pola educación”, preto de 40.000 persoas de máis de 30 cidades españolas participaron nas distintas accións destinadas a instar aos Gobernos a que promovan a participación cidadá activa, a transparencia e a prestación de contas de cara ao cumprimento da Axenda 2030.

en 2017 a cme mobilizou a mais de 27 millons de persoas en todo o mundo

a campana mundial pola educacioncampana mundialcampana mundialcampana mundialcampana mundialcampana mundialcampana mundialcampana mundialcampana mundialcampana mundialcampana mundialcampana mundialcampana mundialcampana mundialcampana mundialcampana mundialcampana mundial

educacioneducacioneducacioneducacioneducacioneducacioneducacioneducacioneducacioneducacion

1 Para máis información, pode consultar a páxina web da Campaña Mundial pola Educación en España: http://www.cme-espana.org/

© P

lan

Inte

rnac

iona

l

© M

onte

serín

Fot

ogra

fía/E

ntre

cultu

ras

Somos unha ses, constituída por ONG’s, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso tipo que nos mobilizamos para reclamarmos o cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos Gobernos para garantir o acceso a unha educación gratuíta, equitativa, de calidade para todas as persoas do mundo.

Unha vez ao ano, no mes de abril, en todos os países do mundo con presenza da Campaña, organízase a Saímos á rúa e organizamos diferentes actividades orientadas a crear conciencia social sobre a importancia do dereito á educación. Queremos chamar a atención da comunidade educativa, dos medios de comunicación, da sociedade en xeral e, especialmente, dos representantes políticos sobre a necesidade de facer real e

apolacampana mundialcampana mundial

© P

lan

Inte

rnac

iona

l

Page 3: campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns, o Líbano, 1 millón, Irán e Uganda case 1 millón cada un e Etiopía case 800.000

3

Dese total, 10,3 millóns de persoas cuantificáronse como desprazadas forzosas por primeira vez, o que su-pón que, neste ano, unha media de 20 persoas por minuto víronse obri-gadas a fuxiren dos seus fogares por mor do conflito e a persecución. A maioría das persoas desprazadas forzosamente procuran refuxio den-tro das fronteiras do seu propio país –40,3 millóns–, mentres que outras acolléronse á condición de refuxiadas –22,5 millóns–, das cales 17,25 mi-llóns se encontran baixo a protección de ACNUR e 5,3 millóns son persoas refuxiadas palestinas. Non obstante, nesta cifra non se contabilizan as per-soas que foxen polas denominadas “crises de desenvolvemento lento”, que se deben ao deterioro paulatino do medio ambiente e os recursos na-turais, á violencia cotiá e á fraxilidade dos medios de vida.

Nos últimos anos observamos un incremento masivo dos despra-zamentos forzosos de persoas, principalmente por causa de gra-ves situacións de conflito como no caso de Siria, ou por razóns de persecución política e relixiosa, así como catástrofes naturais e causas derivadas do cambio climático.

En 2016 (último ano para o que hai datos), o número de despraza-mentos forzosos chegou a un novo récord mundial, alcanzando os 65,6 millóns de persoas consideradas desprazadas forzosas por ACNUR. Trátase dunha cifra equivalente á poboación do Reino Unido e case o duplo que en 1997, cando eran 33,9 millóns.

Se se ten en conta este tipo de crise, o Norwegian Refugee Council estima que a cifra actual de persoas desprazadas forzosas podería chegar a du-plicarse. Siria é país de orixe da maioría dos novos desprazamentos en 2016, con 824.000, e tamén é o que máis poboación refuxiada xerou en total (5,5 millóns dun total de 22,5 millóns).

Sen dúbida, o longo conflito neste país é tamén unha das principais causas dos desprazamentos cara a Europa. Non obstante, cabe destacar que a maio-ría das persoas consideradas refuxiadas non están neste continente.

Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns, o Líbano, 1 millón, Irán e Uganda case 1 millón cada un e Etiopía case 800.000 per-soas; velaí os primeiros países nesta lista. En total, estes seis países acollen 8,2 millóns de persoas; entre todos os países do resto de Europa (sen Tur-

a educacion en contextos de EMERXENCIAeducacioneducacioneducacioneducacioneducacioneducacioneducacioneducacioneducacioneducacion

EMERXENCIAEMERXENCIAEMERXENCIAEMERXENCIAEMERXENCIAEMERXENCIAEMERXENCIAEMERXENCIAEMERXENCIAEMERXENCIAEMERXENCIAEMERXENCIA

20 persoas por minuto fuxiron dos seus fogares

© P

ablo

Fun

es/E

ntre

cultu

ras

© S

ergi

Cám

ara/

Entre

cultu

ras

© P

lan

Inte

rnac

iona

l

© P

lan

Inte

rnac

iona

l

Page 4: campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns, o Líbano, 1 millón, Irán e Uganda case 1 millón cada un e Etiopía case 800.000

4

quía) acollemos só 2,3 millóns de refuxiados, malia a que a Unión Europa está composta por 28 estados. Non é unha avalancha, como ás veces se expresa desde as Administracións e os medios, que consideramos que deberían ter especial coidado á hora de expresar este tipo de denominacións que están a propiciar condutas de rexeitamento ou defensivas e que alentan manifesta-cións xenófobas e racistas.

educacion como factor de paz e elemento de proteccion fronte aos agravios, a pobreza e a inxustiza

© A

yuda

en

Acci

ón

© A

yuda

en

Acci

ón

OS MENORESCONSTITUEN o 51% DA POBoACioN REFUxIADA

Estes desprazamentos masivos forzosos de poboación privan ás persoas afectadas de moitos dos seus dereitos –vivenda, comida, servizos básicos e recursos produtivos– entre eles o dereito á educación. De feito, esta situación afecta especialmente aos nenos, nenas e mozos e mozas menores de 18 anos, que constitúen o 51% da poboación refuxiada do mundo.

Os datos relativos ao cumprimento do dereito á educación en situacións de conflito e emerxencia son cada vez máis alarmantes: hai 75 millóns de nenos e nenas entre 3 e 18 anos sen escolarizar en 35 países afectados por dis-tintos tipos de crise, mentres que só a metade da infancia refuxiada ou en situación de desprazamento interno vai á escola primaria, e só un 25% asiste ao primeiro ciclo de educación secundaria. Esta situación non só supón unha vulneración do dereito á educación deses millóns de nenos, nenas, mozos e mozas, que en moitas ocasións deben deixar de asistir á escola por inseguri-dade e/ou falla de recursos, senón que impide que a educación cumpra a súa función como factor de paz e elemento de protección fronte aos agravios, a pobreza e a inxustiza.

Ademais, nos últimos anos as crises humanitarias viraron enormemente com-plexas, de xeito que o tempo que as persoas pasan en situacións de emerxen-cia prolongouse de forma moi considerable. Actualmente, a media de anos que unha persoa refuxiada ou desprazada pasa nesa situación é de de-zasete anos. Isto ten serias implicacións no caso dos nenos, nenas, mozos e mozas que pasaron a súa infancia en campos de refuxiados ou en asentamen-tos improvisados. Nestes contextos, resulta esencial asegurar o seu dereito á educación, na medida en que é a única forma de garantir un presente e un futuro dignos para estes nenos, nenas, mozos e mozas, e evitar a perda de xeracións enteiras.

Page 5: campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns, o Líbano, 1 millón, Irán e Uganda case 1 millón cada un e Etiopía case 800.000

5

A paz comeza por rexeitar a violencia como mecanismo de reso-lución de conflitos.

O conflito está presente permanentemente nas nosas vidas, de xeito que é fundamental que as persoas se eduquen nunha serie de valores que promovan a resolución non violenta dos confli-tos: xustiza, liberdade, cooperación, respecto, solidariedade, a actitude crítica, o compromiso, a autonomía, o diálogo, a parti-cipación.

a educacion, UNHA FERRAMENTA para a construcion da pazeducacion,educacion,educacion,educacion,educacion,educacion,educacion,educacion,educacion,educacion,educacion,

construcion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da pazconstrucion da paz

A construción da paz e a promoción de sociedades máis cohe-sionadas, pois constitúe o piar da identidade, a cultura e os valores da cidadanía.

A protección da infancia fronte aos distintos tipos de violencia a que se pode ver sometida, incluíndo as ameazas específicas que afectan aos menores en situacións de conflito e emerxencia, como o tráfico de menores, o recrutamento como nenos e nenas soldado, a prostitución, a trata ou o matrimonio infantil.

A normalización da vida dos menores afectados, axudándolles a superaren a situación de estrés que atravesan e a recomporen as súas vidas, facilitándolles un espazo non só de aprendizaxe, senón tamén de xogo e lecer no que desenvolveren unha vida social ade-cuada canda outros nenos e nenas da súa idade.

A efectiva reconstrución das zonas afectadas por conflitos ou de-sastres naturais e o seu desenvolvemento a longo prazo, a través do fortalecemento dos seus recursos humanos.

xustiza, liberdade, cooperacion, respecto, solidariedade, actitude critica, compromiso, autonomia, dialogo e participacion

No caso das sociedades afectadas por situacións de conflito e post-conflito, o dereito á educación é esencial para:

© G

emm

a Ló

pez/

Entre

cultu

ras

© A

yuda

en

Acci

ón

Page 6: campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns, o Líbano, 1 millón, Irán e Uganda case 1 millón cada un e Etiopía case 800.000

6

© A

yuda

en

Acci

ón

Sexan conscientes das realidades que vive a infancia tanto en contextos de conflito e emerxencia, coma en situación de desprazamento, e do que su-pón para estas persoas e as súas sociedades vérense privadas do dereito á educación, co obxectivo de xerar climas de convivencia positiva, tolerancia e respecto á diversidade nas nosas comunidades educativas de acollida.

Recoñezan e eviten actitudes como o racismo e a xenofobia, que son froito do medo ao diferente.

Recoñezan o valor da diversidade, mediante a comprensión e o coñece-mento: convivir só é posible se sabemos que o outro existe, se descubrimos aquilo que nos une e temos en común, e aceptamos as nosas diferenzas como unha riqueza.

Así mesmo, a educación nunha cultura de paz pode contribuír a rematar coas situacións de violencia e discriminación presentes nas aulas do noso país, por exemplo o acoso escolar, a través da transmisión de valores como o rexeita-mento da violencia, a empatía e o respecto.

En definitiva, o acceso á educación –unha educación inclusiva, equitativa e de calidade– non só é un dereito senón que constitúe unha poderosa ferramenta para construír sociedades capaces de resolver os seus conflitos de maneira pacífica, tanto naqueles países que xa se ven afectados por este tipo de si-tuacións como nos que, coma España, se converten en lugar de acollida para as persoas desprazadas forzosamente.

No caso do noso país, a educación é fundamental para que os nenos, nenas, mozos e mozas:

© P

lan

Inte

rnac

iona

Ayu

da e

n Ac

ción

© A

yuda

en

Acci

ón

e fundamental que as persoas se eduquen en valores que promovan a resolucion non violenta dos conflitos

Page 7: campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns, o Líbano, 1 millón, Irán e Uganda case 1 millón cada un e Etiopía case 800.000

Compromete a tódolos países a, en 2030, “conseguir que as cidades e os asentamentos huma-nos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sostibles”, un obxectivo para cuxa consecución cómpre educar os cidadáns e cidadás conscientes dos seus dereitos e deberes, coñecedores da realidade local e global na que viven e, sobre todo, respectuosos e capaces de resolveren pacificamente os conflitos.

o ods 11:

7

os compromisos da comunidade internacional

compromisoscompromisoscompromisoscompromisoscompromisoscompromisoscompromisoscompromisoscompromisoscompromisoscompromisoscompromisoscompromisoscomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacionalcomunidade internacional

© E

duco

© M

onte

serín

Fot

ogra

fía/E

ntre

cultu

ras

© S

alva

Cam

pillo

/Ayu

da e

n Ac

ción

2018 e un ano chave no avance cara ao cumprimento da Axenda 2030 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

“Garantir unha educación de calidade inclusiva, equitativa, e promover as oportunidades de aprendizaxe permanente para todos” na súa meta 7 fai referencia á necesidade de que a educación transmita estes valores propondo: “De aquí a 2030, garantir que todo o alumnado adquira os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desen-volvemento sostible, entre outras cousas mediante a educación para o desenvolvemento sostible e a adopción de estilos de vida sostibles, os dereitos humanos, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz e non violencia, a cidadanía mundial e a valoración da diversida-de cultural e da contribución da cultura ao desenvolvemento sostible”.

Neste sentido, debemos lembrar que a educación promove competencias persoais, emocionais, sociais e cívicas, a par que permite o desenvolvemen-to académico das persoas. A educación en valores ou educación para unha cidadanía global que permita apreciar a riqueza da diversidade e facilite a comunicación cos demais é a única vía para dar cabo ás violencias e cons-truír unha cultura de paz.

En xullo, celebrarase a reunión do Foro Político de Alto Nivel das Nacións Unidas, a plataforma máis im-portante para o seguimento e avaliación do cumprimento dos ODS. Este ano España preséntase ao pro-ceso de revisións voluntarias do cumprimento dos ODS que se desenvolve no marco deste encontro.

Todos estas cuestións foron recollidas na Axenda 2030 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, apro-bados pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en setembro de 2015, especialmente en tres deles:

o ods 4:

Compromete a tódolos países do mundo a “promoveren sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, facilitar acceso á xustiza para todos e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis” e para cuxo cumprimento, como vimos, o papel da edu-cación é fundamental.

o ods 16:

Page 8: campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns, o Líbano, 1 millón, Irán e Uganda case 1 millón cada un e Etiopía case 800.000

8

2 España non só inviste en educación menos que a media da OCDE (2,8% do PIB en educación primaria, secundaria obrigatoria e postobrigatoria, fronte a un 3,5%), senón que a redución do referido investimento foi sensiblemente superior á media europea durante os anos de crise económica (entre 2010 e 2012, o gasto en educación en España reduciuse nun 12%, fronte a un 3% de media na UE-21). Save the Children (2016), Necesita mejorar. Por un sistema educativo que no deje a nadie atrás. https://www.savethechildren.es/sites/default/files/imce/docs/necesita-mejorar-fracaso-escolar-savethechildren.pdf3 A AOD española neta pasou de 4.762 millóns de euros en 2008 a só 1.627 millóns de euros en 2015 (apenas o 0,13% da renda nacional bruta). Alboan, Entreculturas e Fundación Etea, La Ayuda en Educación, a examen 2017. https://www.entreculturas.org/publicaciones/la-aod-en-educacion-examen-20174 Íbid.

o cumprimento do ods 4 require que Espana recupere o seu papel como doadora, especialmente no ambito da educacion

© A

yuda

en

Acci

ón©

Ayu

da e

n Ac

ción

non deixar ninguen atras

Neste sentido, cabe destacar o carácter integral dos ODS; isto significa que, para que a axenda sexa efectiva e consiga o seu propósito de erradicar a po-breza e alcanzar un desenvolvemento sostible, deben cumprirse sen excep-ción os 17 obxectivos que a integran. Cabe destacar a importancia do ODS 4, dedicado especificamente á educación, e de cuxo éxito depende en gran medida a consecución do conxunto da axenda.

A educación é un motor fundamental para o desenvolvemento sostible, pois non existe unha ferramenta de transformación máis poderosa para promover os dereitos humanos, acabar coa pobreza e construír sociedades máis pací-ficas, cohesionadas e inclusivas. Por iso, o ODS 4 é especialmente relevan-te para a consecución doutros obxectivos relativos á saúde, o crecemento económico e o emprego, o consumo e a produción sostibles ou a mudanza climática.

Outro dos trazos diferenciais dos ODS é a súa universalidade, en virtude da cal ditos obxectivos deben de se aplicar en tódolos países, indepen-dentemente da súa situación económica e nivel de desenvolvemento. Neste sentido, cómpre des-tacar que, tal como o resto de Estados, España comprometeuse a, a través do ODS 4, pór en marcha as políticas necesarias para garantir unha educación gratuíta, inclusiva e de calida-

de para todos e todas tamén dentro das nosas fronteiras. Este compro-miso resulta especialmente relevante nun contexto marcado polos recortes no ensino público producidos nos últimos anos, sensiblemente superiores, amais, á media europea,2 e inclúe a adopción das medidas necesarias para garantir a inclusión dunha educación baseada no respecto, a solidariedade e a non-violencia nos currículos escolares do noso país.

Así mesmo, o cumprimento do ODS 4 require que España recupere o seu papel como doadora, especialmente no ámbito da educación. Os recortes no gasto público afectaron especialmente ao volume de AOD española, que ex-perimentou un descenso de máis do 65% entre 2008 e 2015.3 Estes recortes afectaron desproporcionadamente á axuda destinada á educación, que se reduciu nun 90% entre 2008 e 2015, relegando a España a un papel secun-dario como doadora neste sector.4

En consonancia cos ODS, en particular a referida meta 7 do ODS 4, no Cumio Mundial Humanitario celebrado en maio de 2016 os líderes dos gobernos, or-ganizacións non gobernamentais, sector privado, academia e comunidades comprometéronse a traballar xuntos para tomaren medidas de prevención e mitigación das consecuencias de futuras crises humanitarias.

Unha das responsabilidades incorporadas á Axenda para a Humanidade, adoptada polo Secretario Xeral consiste en non deixar ninguén atrás. Un aspecto que se coidou imprescindible á hora de asumir esta responsa-bilidade é a garantía do acceso seguro a unha educación primaria e se-cundaria de calidade e inclusiva para todos os nenos e nenas durante e despois dun conflito ou emerxencia e en situación de desprazamento.

Page 9: campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns, o Líbano, 1 millón, Irán e Uganda case 1 millón cada un e Etiopía case 800.000

9

Ademais, no marco do Cumio Mundial Humanitario, creouse un fondo espe-cífico destinado á educación en situacións de emerxencia baixo a denomina-ción “A educación non pode agardar”.

Este recente compromiso a nivel internacional supón un recoñecemento aín-da máis firme da gran relevancia que ten a educación dos nenos e das nenas en contextos de crises humanitarias.

En consecuencia, os Estados parte deberán de levar a cabo actuacións que contribúan a garantir de maneira efectiva o dereito á educación dos nenos e nenas en lugares afectados por conflitos armados congruentes co carácter prioritario que, desde o Cumio Mundial Humanitario, se lle atribúe á educa-ción en situacións de emerxencia.

DESAFiOS e PROPOSTAS CONCRETASPROPOSTASPROPOSTASPROPOSTASPROPOSTASPROPOSTASPROPOSTASPROPOSTASPROPOSTASPROPOSTASPROPOSTAS CONCRETAS CONCRETAS CONCRETAS CONCRETAS CONCRETAS CONCRETAS CONCRETAS CONCRETAS CONCRETAS CONCRETASDESAFiOSDESAFiOSDESAFiOSDESAFiOSDESAFiOSDESAFiOSDESAFiOSDESAFiOSDESAFiOSDesde a CME cremos que a educación, amais dun dereito que promove a digni-dade humana, é o único camiño para a pacificación e reconstrución dos lugares afectados por conflitos armados, así como para a construción de sociedades in-clusivas, de paz e acollida. Polo tanto, entendemos que debe de ser tratada como unha cuestión prioritaria.

Por esta razón, propómonos os seguintes desafíos:

Protexer e facer efectivo o dereito á educación de tódolos nenos e nenas que se encontran en países afectados por conflitos armados ou catás-trofes naturais.

Para o efecto, resulta esencial garantir o carácter universal da educación, de forma que as nenas e os nenos pertencentes aos colectivos máis vulnerables como aqueles con menos recursos económicos ou con discapacidades non fiquen excluídos do acceso á educación.

Por un lado, as escolas deben de conformarse como espazos seguros, nos que se protexa os nenos e nenas fronte á explotación e outras graves viola-cións de dereitos habituais en situacións de emerxencia. Por outro lado, a edu-cación debe constituírse como un horizonte de esperanza para os menores con menos oportunidades e en situacións de necesidade.

Garantir que a educación dos nenos e nenas en contextos de conflitos armados sexa de calidade, a través da posta en marcha de medidas como a formación de profesorado, a redución da ratio alumnado/docentes e o aumen-to da participación na xestión da mesma. Unha adecuada formación de capital humano é esencial para a reconstrución e o desenvolvemento das zonas en conflito.

Ademais, unha educación de calidade deberá presentar un carácter inclusivo, é dicir, incorporar a diversidade e a riqueza como valores chave da mesma.

© S

alva

Cam

pillo

/Ayu

da e

n Ac

ción

© E

ntre

cultu

ras

DESAFiO 1

DESAFiO 2

Page 10: campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns, o Líbano, 1 millón, Irán e Uganda case 1 millón cada un e Etiopía case 800.000

10

Pór en valor o papel da educación –unha educación inclusiva, equitativa e de calidade– na construción de sociedades inclusivas nos países de aco-llida como España, baseadas no respecto aos dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, a diversidade e a resolución pacífica de conflitos.

Ademais de erradicar a xenofobia e a discriminación, a educación de paz nos países de acollida prevé os conflitos armados e as catástrofes humanitarias e contribúe a acabar con situacións de violencia e acoso no ámbito educativo.

Avogar por un sistema de acollida de persoas refuxiadas que cumpra coa dignidade humana e os dereitos humanos, a través da habilitación de vías legais e seguras para a chegada de persoas refuxiadas e migrantes. Así mes-mo, cómpre destacar a importancia de garantir os dereitos de protección e educación da infancia refuxiada en España xa que, segundo declarou o Comi-té dos Dereitos do Neno en febreiro de 2018, os menores non acompañados en España non reciben unha educación de calidade suficiente nin unha pro-tección axeitada en centros de acollida do noso país.

© P

lan

Inte

rnac

iona

And

rew

Ash

/JRS

DESAFiO 3

DESAFiO 4

EDUCACioN EN SITUACIONS DE EMERXENCIA

Que recupere o seu compromiso de solidariedade e adopte as medidas nece-sarias para lograr que a Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) española alcance o 0,4% da Renda Nacional Bruta en 2020. No marco deste incre-mento, cómpre aumentar tamén a axuda destinada á educación básica, que se reduciu nun 90% en só sete anos, a través da asignación a esta partida de, cando menos, un 8% da AOD.

Que considere a educación en situacións de emerxencia como un piar fundamental da axuda humanitaria. Nesta liña, en consonancia con algunhas prácticas recentes da Comunidade Internacional e da UE, que en 2016 de-dicou un 6% do seu orzamento en axuda humanitaria á educación en emer-xencia e que en 2018 ten previsto aumentar a un 8%, resulta esencial que España destine, cando menos, un 4% do orzamento en axuda humanitaria á educación e que a referida cifra alcance, eventualmente, un 6%.

NOSAS demandas

© A

yuda

en

Acci

ón

2-

1-

Así mesmo, para a consecución de tales obxectivos, instamos ao Estado español a que poña en marcha medidas nos seguintes ámbitos:

Page 11: campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns, o Líbano, 1 millón, Irán e Uganda case 1 millón cada un e Etiopía case 800.000

11

5 “De aquí a 2030, garantir que todo o alumnado adquira os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolvemento sostible, entre outras cousas mediante a educación para o desenvolvemento sostible e a adopción de estilos de vida sostibles, os dereitos humanos, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz e non violencia, a cidadanía mundial e a valoración da diversidade cultural e da contribución da cultura ao desenvolvemento sostible”.6 A data de 26 de setembro de 2017, o Goberno español non cumprira co seu compromiso de recolocar 17.337 persoas refuxiadas. A esa data, só se reportaban 1.938 persoas refuxiadas e recolocadas no noso país, o cal supón só un 11,43% do total asignado.

© P

lan

Inte

rnac

iona

l

© D

eyan

ira H

erná

ndez

/Ent

recu

ltura

s

CUMPRIMENTO DA AxENDA 2030 EN ESPAnA

ACOLLIDA DE PERSOAS REFUXIADAS

Que o Goberno nacional e os Gobernos autonómicos establezan mecanis-mos de coordinación efectivos que permitan garantir o dereito de tódolos nenos, nenas, mozos e mozas a unha educación de calidade. Así mesmo, deben adoptar as medidas necesarias para garantir o cumprimento da meta 7 do ODS 45, a través da promoción dunha cultura de paz, dos valores de non-violencia, tolerancia e diversidade sobre os que se sustentan os dere-itos humanos no marco do sistema educativo, tanto de maneira transversal como mediante a incorporación dunha materia específica de Educación para a Cidadanía Global e o Desenvolvemento Sostible nos currículos escolares.

Que o Goberno nacional e os Gobernos autonómicos promovan a adopción de mecanismos que contribúan a unha mellora da convivencia escolar, que impulsen medidas de resolución non-violenta dos conflitos nas comuni-dades educativas como os grupos de alumnado mediador e a formación do profesorado, garantindo a dispoñibilidade dos recursos necesarios para fi-nanciar estas iniciativas. Ademais, deben promoverse iniciativas que permitan sensibilizar á cidadanía acerca da importancia de que todos e cada un de nós contribuamos a construír sociedades de acollida baseadas no respecto aos dereitos humanos, a tolerancia, a diversidade e a non-violencia.

Para todo iso, é fundamental dotar o sistema educativo español dun financia-mento suficiente, a longo prazo e sostido no tempo, polo que demandamos ao Goberno que incremente o investimento en educación ata situalo, cando menos, na media da OCDE (5% do PIB), para ir avanzando gradualmente cara ao horizonte do 7% do PIB.

Que se adopten medidas para ofrecer unha protección efectiva das persoas refuxiadas de maior vulnerabilidade, como os nenos e nenas, garantindo o exercicio dos seus dereitos, especialmente o dereito á educación.

Así mesmo, instamos ao Goberno a cumprir cos seus compromisos en mate-ria de acollida de persoas refuxiadas, habilitando vías legais e seguras para a súa chegada.6

CUMPRIMENTO DA AxENDA 2030 EN ESPAnA

ACOLLIDA DE PERSOAS REFUXIADAS

4-

5-

3-

6-

Page 12: campana mundial - CME · Turquía ten 3 millóns de refuxiados/as, Paquistán acolle 1,4 millóns, o Líbano, 1 millón, Irán e Uganda case 1 millón cada un e Etiopía case 800.000

A Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación está integrada por:

Organizacións que participan na SAME a nivel estatal:Logotipo / color

FERE - CENTROS CATÓLICOS

FERE - CENTROS CATÓLICOS

FERE - CENTROS CATÓLICOS

Dese

ño: M

arib

el V

ázqu

ez. F

otog

rafía

s ca

mpa

ña: M

onts

erra

t de

Pabl

o

Campana Mundial por la Educacion Espana

https://twitter.com/CME_es

Entra en www.cme-espana.org

Campana Mundial pola Educacion-Galicia

A Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación está integrada por:

Organizacións que participan na SAME a nivel estatal:

Colaboran: