Día de rosalía

2
CEIP DE PONTE SAMPAIO Curso 2012-2013 Equipo de Dinamización da Lingua Galega A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla a data do 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA. É unha boa forma de homenaxear a esta gran escritora, fundamental para a historia da nosa Lingua. Un repoludo gaiteiro, de pano sedán vestido, como un príncipe cumprido, cariñoso e falangeiro, antre os mo- zos o primeiro e nas ciudades sin par, tiña costume en cantar aló pola mañanciña: -Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar. ROSALÍA DE CASTRO

Transcript of Día de rosalía

Page 1: Día de rosalía

CEIP DE PONTE SAMPAIO

Curso 2012-2013

Equipo de Dinamización da Lingua

Galega

A Consellería de Cultura,

Educac ión e Ordenac ión

Universitaria contempla a data

do 24 de febreiro como DÍA DE

ROSALÍA. É unha boa forma de

homenaxear a esta gran

escritora, fundamental para a

historia da nosa Lingua.

Un repoludo gaiteiro, de pano sedán

vestido, como un príncipe cumprido,

cariñoso e falangeiro, antre os mo-

zos o primeiro e nas ciudades sin

par, tiña costume en cantar aló pola

mañanciña: -Con esta miña gaitiña

ás nenas hei de engañar.

ROSALÍA DE CASTRO

Page 2: Día de rosalía

Rosalía de Castro, nada

e n S a n t i a g o d e

Compostela o 24 de

febreiro de 1837 e finada

en Padrón o 15 de xullo de

1885, é unha das máis

importantes escritoras en

lingua galega, así como

tamén unha das principais

responsables do Rexurdi-

mento galego. Nos seus

primeiros anos Rosalía tivo

unha infancia leda nas

vilas rurais de Ortoño e

Padrón, onde viviu por

tempadas entre os nove e

quince anos. En 1856

trasladouse a Madrid, onde

residiu cunha curmá.

Comezou a publicar e, en

1858 casou con Manuel Murguía,

investigador, cronista

e xornalista.

O 17 de maio, Día

das Letras Galegas

celébrase por ser a

data de edición da súa

obra Cantares

Gallegos.

Rosalía de Castro escribiu tanto

en prosa coma en verso,

empregando o galego e o

castelán. A súa obra estivo

profundamente marcada polas

circunstancias que rodearon a súa

vida: a súa orixe, os problemas

económicos, a perda dos seus

fillos e a súa fráxil saúde. En 1863

foi publicado en Vigo o seu

primeiro grande libro, Cantares

Gallegos, que constitúe o primeiro

libro escrito en galego nunha

época na que a lingua galega

estaba extinta coma lingua

escrita. En 1880 a escritora

publicou unha escolma de poemas

á que chamaría Follas Novas. En

castelán publicaría La flor (1857),

A mi madre (1863) e En las orillas

del Sar (1884) e a novela El

caballero de las botas azules

(1867).

Na actualidade, a figura de

Rosalía de Castro e as súas

creacións literarias son

obxecto dunha grande

bibliografía e recibindo unha

atención crítica, tanto en

España como no estranxeiro.

É tal o interese que espertan

as obras desta escritora no

mundo, que nas derradeiras

décadas os seus libros foron

traducidos a linguas como o

francés, o alemán, o ruso e o

xaponés.

Moitos poemas de Rosalía de

Castro foron musicados polo

cantautor Amancio Prada,

podendo ser escoitados en

in ternet . Búscaos en

youtube:

ht tp ://www.youtube.c om/watch?

feature=player_embedded&v=X1Ov9Jryi

w0

https ://www.youtube.com/watch?

v=gdnVZE5I8Os