Rosalía viva. Viva Rosalía
-
Author
olhosgrandes-biblioteca -
Category
Documents
-
view
242 -
download
5
Embed Size (px)
description
Transcript of Rosalía viva. Viva Rosalía
-
GUA DIDCTICA
-
Presentacin
Rosala de Castro (1837-1885), fundadora da literatura galega
contempornea, unha figura cumio das letras galegas e
universais. Agora, 125 anos aps o seu falecemento, a exposicin
Rosala sempre viva. Viva Rosala!! pretende demostrar a
actualidade da sa obra.
A travs de cinco caixas de luz compostas de vinte paneis, a/o
visitante acceder a unha explicacin clara e sinttica dos
principais acontementos da biografa da poeta, trazando unha
imaxe autntica de Rosala. Igualmente, a seleccin de textos e
vdeos que acompaan a exposicin, halle permitir constatar
que as reivindicacins que a autora de Follas Novas consuma
non teen precedentes na nosa Historia.
A exposicin Rosala sempre viva. Viva Rosala!! a historia
dunha poeta excepcional e incomprendida, nunha poca que
foi incapaz de asumir un alegato tan admirabelmente
revolucionario como o seu.
-
A presente gua didctica est pensada para complementar a visita
exposicin. As actividades que propomos a seguir resultan fundamentais para
mellor aproveitala, se ben o profesorado deber considerar a idoneidade das
mesmas, adaptndoas e mesmo incorporando novas propostas. Os
obxectivos xerais da exposicin son os seguintes:
a)Acadarmos un coecemento actualizado da biografa de Rosala de
Castro, as como unha visin panormica da sa producin artstica
completa.
b)Relacionarmos os contidos da obra de Rosala co seu contexto histrico.
c)Sermos conscientes das dificultades que as mulleres escritoras achaban
para participaren no sistema literario en rxime de igualdade.
d)Comprobarmos a natureza subversiva da producin rosaliana a travs da
lectura e comentario dos fragmentos propostos na exposicin e mais nesta
gua.
e)Experimentarmos o carcter musical e dramatrxico da obra de Rosala.
-
Penetrar na biografa daqueles personaxes que marcan un antes e un despois
na Historia da humanidade decote tarefa pouco doada. Tal o caso de
Rosala de Castro, cuxo periplo vital resulta especialmente difcil de reconstrur,
feito agravado pola destrucin de grande parte da correspondencia da
poeta no decembrar dos seus das.
Por esta razn, antes de visitar a exposicin, cmpre investigarmos acerca da
sa figura, facendo uso de enciclopedias e dos recursos dixitais que a rede
nos proporciona, por exemplo:
http://www.bvg.udc.es
http://www.rosaliadecastro.org
Despois de nos documentar convenientemente, entre todas e todos,
redactaremos unha breve biografa da escritora. Unha vez realizada a visita,
completaremos o noso traballo cos datos recollidos na mesma.
-
No perodo en que Rosala de Castro escribe, prodcense importantes
acontecementos histricos que actan como pano de fondo da sa
producin artstica. Como poders comprobar, moitos dos temas
presentes na sa obra estn claramente determinados polas
circunstancias histricas.
Actividades
1) Le atentamente o seguinte texto:
Eran as seis da tarde. entrada, fronte ao peirao, cruzronse un
galen de pesca que a coa sa inmensa de lio tendida sobre as
augas, e un xigantesco steamer trasatlntico coa sa hlice a media
mquina. O galen a captura da pescada mar adentro, en longa e
perigosa viaxe, cuxa duracin non excedera de vinte e catro horas. O
steamer via de Buenos Aires, traendo a bordo unhas cantas ducias
de galegos que tornaban da emigracin voluntaria imposta pola
fame...
Ao se cruzaren saudronse na entrada da ra os que hai anos non van
as costas de Galiza e os que viven nelas; uns van e outros voltan,
tendendo desde Vigo s ricas repblicas sudamericanas un cordn de
traballo e esperanzas...
O galego non emigra por pracer, malia o exemplo que lle dan os que
voltan ricos de Amrica; emigra por necesidade. Cando chega o caso
de que na dilatada familia sobra un, o mis forte decdese: xunta os 40
ou 50 pesos que lle custa o frete, merca unha arca de pieiro pintada
de cor escura, e lvaa baleira. O seu propsito traela chea
(Jos Ortega Munilla. El Faro de Vigo, 1885).
-
a) Cal o tema que se trata no texto?
b) Explica o carcter contraditorio da expresin: emigracin
voluntaria imposta pola fame.
c) Cal a opinin do autor a respecto da natureza da emigracin
galega?
d) Reflexiona acerca das condicins da viaxe daqueles galegos que
emigraban. Existe algn tipo de paralelismo coa situacin das
persoas inmigrantes na actualidade?
2. Le os seguintes versos:
Este vaise i aquel vaise,
E todos, todos se van;
Galicia, sin homes quedas
Que te poidan traballar.
Tes en cambio, orfos e orfas
E campos de soledad,
E nais que non teen fillos
E fillos que non ten pais.
E tes corazns que sufren
Longas ausencias morts,
Viudas de vivos e mortos
Que ningun consolar.
-
a) Os versos que acabas de ler constiten a derradeira parte do
poema Pr Habana!, que abre o Libro V de Follas Novas
(1880), titulado As viudas dos vivos e as viudas dos mortos. Que
se pretende significar co ttulo da derradeira seccin de Follas
Novas, presente tamn neste poema?
b) Cales son as consecuencias da emigracin plasmadas no
poema?
c) Cal pensas que pode ser a opinin de Rosala acerca do
fenmeno emigratorio?
-
Rosala de Castro foi unha escritora profesional no seu sentido
vocacional, consciente das sas capacidades intelectuais e con claras
e lextimas aspiracins de participar no panorama cultural da poca en
que viviu.
Actividade
Le atentamente o seguinte texto:
(...) pero sobre todo, mia amiga, ti non sabes o que ser escritora.
Selo como George Sand1 vale algo; mais doutro xeito, que continuo
tormento! Pola ra sinlante constantemente, e non para ben, e en
todas partes murmuran de ti. Se vas tertulia e falas de algo do que
sabes, se te expresas sequera nunha linguaxe algo correcta, chmante
bacharela, din que te escoitas a ti mesma, que o queres saber todo. Se
gardas unha prudente reserva, que fachendosa!, que orgullosa!
(Rosala de Castro. Las literatas, 1865)
No fragmento anterior, pertencente ao breve ensaio titulado Las
literatas, a escritora profesional Nicanora tenta persuadir a sa amiga,
Eduarda, da conveniencia de non se dedicar escrita literaria:
a) Que argumentos son esgrimidos por Nicanora?
b) Cal era o papel que corresponda desenvolver muller no
sculo XIX? Distaba moito dos valores que representaba a muller
escritora?
c) Poden as queixas expostas neste fragmento ter unha orixe
autobiogrfica?
1 George Sand, pseudnimo da escritora francesa Aurore Dupin (1804-1876).
-
Rosala de Castro estivo intimamente ligada ao teatro, participando en
diversas representacins ao longo da sa vida. Os seus textos, ademais
dun notbel carcter musical, posen unha importante forza
dramtica.
Actividade
Lectura dramatizada (con varias voces) do poema A probia, que
est xorda..., includo no Libro IV de Follas Novas (1880).
-
NA EXPOSICIN... REFLEXIONAMOS!
-
CAIXA 1 (PANEIS 1-4)
Cales son as especiais circunstancias en que ten lugar a
chegada ao mundo de Rosala de Castro?. Por que razn
puido suceder deste xeito?.
Na vida de Rosala, que importancia adquire a figura de
dona Teresa de Castro?. Coeces algunha demostracin
de afecto cara nai na sa obra?.
No fragmento de Padrn!... Padrn! proposto no panel 3, a poeta evoca a felicidade dos seus primeiros anos de
vida. Poderiamos dicir que a dita foi efmera? Xustifica a
ta resposta basendote no poema.
Ao longo do sculo XIX, as taxas de analfabetismo feminino
foron moito superiores s masculinas, xa que tampouco o
acceso da muller educacin se produciu en condicins
de igualdade. Neste contexto, que puido propiciar a
educacin de Rosala? Pensas que a autoaprendizaxe foi
un factor importante? Por que?.
-
CAIXA 2 (PANEIS 5-8)
Dos seguintes adxectivos, sinala os cinco mis apropiados
para caracterizar a Rosala: culta, dcil, revolucionaria,
chorona, ousada, irnica, alegre, apoucada, inculta.
Despois de visionares o audiovisual Ignotus, responde:
En que contexto histrico se desenvolven os
acontecementos?
Que habilidade pose o protagonista da historia?
Pensas que se trata dunha facultade innata?
Como reacciona Rosala perante os orixinais asubos
do rapaz? Diras que, ademais de ser receptiva para a
msica, a escritora pose sensibilidade social? Por
que?
Cal o desenlace de Ignotus? Pensas que o destino
do protagonista podera ser outro mellor? Propn algn
exemplo.
-
CAIXA 3 (PANEIS 9-12)
A partir do fragmento do prlogo de Follas Novas
proposto no panel 11, responde: Que importancia
concede Rosala lingua galega? Para quen declara
escribir os seus versos? Poderas citar algn texto da
escritora en que se denuncie a precaria situacin do noso
idioma?
Por que razn Cantares gallegos (1863) foi unha obra tan
relevante na historia da nosa literatura? Lembra que o Da
das Letras, que celebramos cada 17 de maio, conmemora
a publicacin deste libro.
A pseudonimia consiste en adoptar un nome ficticio para
asinar unha obra, ocultando as a verdadeira identidade
do autor/a. Poderas sinalar o pseudnimo empregado por
algunha escritora contempornea de Rosala? Cal a sa
caracterstica mis salientbel?
A diferenza doutras escritoras, Rosala de Castro
endexamais fixo uso de pseudnimos masculinos. Pensas
que as escritoras conseguan publicar con maior facilidade
os seus libros se asinaban como se fosen homes? Por que?
-
CAIXA 4 (PANEIS 13-16)
A partir do fragmento do prlogo de Follas novas proposto
no panel 13, responde: Con quen se identifica a escritora?
Por que razn? Ten esta declaracin da poeta algunha
consecuencia na sa obra?
A partir do poema Xan (panel 15):
Enumera as tarefas realizadas por Xan e Pepa.
Consideras que se trata dunha distribucin xusta?
En que consiste a tcnica da inversin de papeis
utilizada por Rosala neste poema? Que finalidade
procura?
Que significado ds aos catro versos derradeiros da
composicin?
A partir da lectura do poema derradeiro de En las orillas del
Sar proposto no panel 16, responde: Como definida a
gloria nos primeiros versos do poema? Procrase acadar
o seu favor? Que denuncia formulada na estrofa
derradeira? Pensas que a obra de Rosala acadou toda a
repercusin merecida?
-
CAIXA 5 (PANEIS 17-20)
A partir da lectura do poema de Follas Novas proposto no
panel 17, responde: Cal o tema principal? Como imaxina
o eu lrico o seu propio pasamento? Cal pode ser a razn
da especial familiaridade da poeta coa morte?
Enumera algunha das reivindicacins que Rosala de
Castro leva a termo nos seus textos. Pensas que a sa obra
, hoxe en da, suficientemente coecida?
-
LIA DO TEMPO
-
Nacemento de Rosala de Castro, en Santiago de Compostela.
Teresa de Castro faise cargo de Rosala
Publicacin do poemario titulado
_________________Matrimonio con Manuel MurguaEscribe os nomes da descendencia :
Publicacin da sa primeira novela, titulada ______________________Publicacin da sa primeira novela, titulada ______________________
Flavio
Publicacin de Cantares Gallegos.Escribe o ttulo de dous poemas desta obra:
Publicacin de Cantares Gallegos.Escribe o ttulo de dous poemas desta obra:
A mi madre
Publicacin do relato titulado__________________Publicacin do relato titulado__________________
Publicacin da novela mis innovadora, titulada __________________________
Publicacin de Follas Novas. Escribe o ttulo de dous poemas desta obra:
El primero loco
Publicacin de
_______________Falecemento de Rosala de Castro, na casa da matanza en Padrn.
ESCRITORA CULTA E PROFESIONAL
POETA REVOLUCIONARIA
FUNDADORA DA LITERATURA GALEGA CONTEMPORNEA
ESCRITORA FEMINISTA
AUTORA UNIVERSAL
Para organizarmos algunhas informacins relevantes, completa os datos que faltan.*
-
Autor do texto: Diego Pardo Amado.Deseo: Andrea Torreiro ReinoProducin: Mr Misto Films