DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de...

12
DÍA DE ROSALÍA 2019 “Do XIX ao XXI. Libre o teu pensamento” FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (OURENSE) UNIVERSIDADE DE VIGO LUGAR DE CELEBRACIÓN: Campus de Ourense DATAS DE CELEBRACIÓN: 25 de febreiro de 2019 PROFESORADO ORGANIZADOR DO EVENTO: Julio Alonso (Educación Musical), Javier Blanco Sierra (Educación Artística), Xosé Constenla (Didáctica das Ciencias Sociais), Ana Iglesias (Lingua e Literatura galegas), Isabel Mociño (Didáctica da Lingua e da Literatura), Verónica Pousada e Reis Rodríguez (Lingua galega). Colaboración de Filemón Rivas (Vicerreitoría do Campus de Ourense); Persoal da Biblioteca Campus de Ourense. LUGAR DE CELEBRACIÓN: Campus de Ourense DATA DE CELEBRACIÓN: 25 de febreiro de 2019 DESTINATARIOS/AS: alumnado da Facultade de Ciencias da Educación, alumnado do Campus Universitario de Ourense e público en xeral PARTICIPANTES: máis de 100 persoas de diferentes titulacións e cursos. ENTIDADES ORGANIZADORAS: Facultade de Ciencias da Educación, Vicerreitoría do Campus de Ourense-Campus da Auga, Biblioteca Rosalía de Castro do Campus de Ourense, Unidade de Igualdade e Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ,.

Transcript of DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de...

Page 1: DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de Instagram - Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte do

DÍA DE ROSALÍA 2019

“Do XIX ao XXI. Libre o teu pensamento”

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (OURENSE)

UNIVERSIDADE DE VIGO

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Campus

de Ourense

DATAS DE CELEBRACIÓN: 25 de

febreiro de 2019

PROFESORADO ORGANIZADOR DO

EVENTO: Julio Alonso (Educación

Musical), Javier Blanco Sierra (Educación

Artística), Xosé Constenla (Didáctica das

Ciencias Sociais), Ana Iglesias (Lingua e

Literatura galegas), Isabel Mociño

(Didáctica da Lingua e da Literatura),

Verónica Pousada e Reis Rodríguez

(Lingua galega). Colaboración de

Filemón Rivas (Vicerreitoría do Campus

de Ourense); Persoal da Biblioteca

Campus de Ourense.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Campus de Ourense

DATA DE CELEBRACIÓN: 25 de febreiro de 2019

DESTINATARIOS/AS: alumnado da Facultade de Ciencias da Educación,

alumnado do Campus Universitario de Ourense e público en xeral

PARTICIPANTES: máis de 100 persoas de diferentes titulacións e cursos.

ENTIDADES ORGANIZADORAS: Facultade de Ciencias da Educación,

Vicerreitoría do Campus de Ourense-Campus da Auga, Biblioteca Rosalía

de Castro do Campus de Ourense, Unidade de Igualdade e Área de

Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ,.

Page 2: DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de Instagram - Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte do

OBXECTIVOS PEDAGÓXICOS:

Visibilizar a figura e salientar a actualidade da obra de Rosalía de Castro

entre o alumnado e comunidade universitaria do Campus de Ourense.

Divulgar experiencias pedagóxicas e producións literarias que contribúen

a aproximar os clásicos e as efemérides sociais ás xeracións máis novas.

Fomentar a colaboración e participación activa en eventos culturais que no

futuro terán que dinamizar nos centros educativos como futuros mestres

e mestras de Educación Infantil e Primaira.

Integrar nos currículos académicos accións ao redor da literatura galega,

propias do contexto de desenvolvemento do alumando, dende unha

perspectiva transversal e interdisciplinar.

Fomentar a toma de conciencia entre o alumnado, mediadores e público

en xeral da importancia de celebrar as efemérides e darlle sentido de

cohexión social.

Dinamizar accións que contribúa á normalización cultural no ámbito

educativo e social.

PROGRAMA.

- Concurso de decoración de máscaras en Instagram

- Mascarada poética polo campus

- Recitado de poesías en diferentes puntos do campus

- Lectura do manifesto da AELG para o Día de Rosalía “Do XIX ao XXI:

Libre o meu pensamento”

- Entrega de premios do concurso de Instagram

- Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte

do alumnado de Educación Primaria

- Mostra bibliográfica sobre a obra de Rosalía de Castro na Biblioteca do

campus.

- Caldiño de gloria para as persoas asistentes

Page 3: DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de Instagram - Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte do

BASES CERTAME DÍA ROSALIA 2019

1.- Dende a Facultade de Ciencias de Educación e a Área de Cultura do Campus

de Ourense, en conmemoración do Día de Rosalía de 2019, convócase un novo

CERTAME no que animamos a participar ao conxunto da comunidade que

conforma a Universidade de Vigo (alumnado, PAS e PDI).

2.- O certame seguirá o lema proposto pola Asociación de Escritoras e Escritores

en Lingua Galega (AELG): “Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!”

3.- Para participar, ademais de formar parte da comunidade da UVigo, será

necesario:

a) Descargar a imaxe en branco de Rosalía de Castro e decorala de xeito

artístico. A tal fin, a Área de Cultura do Campus de Ourense

proporcionará, asemade, cartolinas, para quen prefira empregar o formato

físico, que se poderán recoller no mostrador da Biblioteca do Campus.

b) Ben por medios materiais plásticos, ben por medios dixitais, cada

participante publicará a través da rede social Instagram, unha fotografía

do seu deseño ou o deseño en formato dixital, acompañado do hashtag:

#uvigorosaliapensamento.

c) Ademais da imaxe, cada participante incluirá na súa publicación un texto

de non máis de 200 caracteres a xeito de “pensamento”.

4.- Cada participante SÓ poderá presentar unha máscara.

5.- A data límite para a publicación das propostas artísticas será o venres 22 de

febreiro de 2019 ás 14:00 horas.

6.- Todas as propostas serán valoradas por un xurado composto por persoal

docente da Facultade de Ciencias de Educación e técnicos da Área de Cultura do

Campus de Ourense. Valorarase a calidade artística, así como a complexidade da

súa elaboración e terase en conta a coherencia entre o deseño e a literalidade do

“pensamento”.

7.- Concederanse tres premios, podendo quedar deserto en caso de non acreditar

ningunha das propostas, segundo o xurado, calidade suficiente.

8.- Os premios consistirán:

Un Premio (vale 100€ para mercar nunha libraría)

Page 4: DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de Instagram - Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte do

Dous accésits con material da UVigo.

9.- As persoas que participan asumen o contido das bases deste certame, sendo a

decisión do xurado inapelable.

ALGUNHAS SUXESTIÓNS DE INTERESE:

- A temática é, necesariamente, libre e aberta, coidando que non atente contra as

distintas sensibilidades e sentimentos. Animamos en todo caso, a que garde

relación coa obra e a vida de Rosalía de Castro, así como que faga referencia a

algún tema de relevancia social e/ou cultural.

- Aqueles participantes que escollan o deseño dixital, poden empregar todos os

recursos que ofrecen as novas tecnoloxías (incluídos os da mesma aplicación de

Instagram), polo que pode ser o resultado unha imaxe animada (Gif).

- Aqueles participantes que escollan o deseño material, poden empregar todos os

recursos plásticos (pinturas, cola, purpurina, recortes de prensa....) que estimen

oportunos, así como outros extraídos da propia natureza (follas, pétalos,

pedriñas, herbas, paus...) ou materiais de refugallo.

Page 5: DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de Instagram - Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte do
Page 6: DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de Instagram - Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte do

ITINERARIO DA “MASCARADA POÉTICA” DO DÍA DE ROSALÍA DE

CASTRO NO CAMPUS DE OURENSE, luns 25 de febreiro de 2019

12:00 h.- Encontro e inicio do percorrido na Biblioteca Rosalía de Castro do

Campus de Ourense

12:10 h.- Escola Infantil do Campus

12:15 h.- Cafetería de Empresariais de Turismo

12:20 h.- Estanque diante do Edificio do Campus da Auga

12:30 h.- Pasarela de ferro que une os dous campus de Ourense

12:35 h.- Cafetería do Edificio Politécnico

12:40 h.- Paseo da Igualdade (Reloxo/Egeria)

12:45 h.- Paseo da Igualdade (Figura homenaxe á muller)

12:50 h. Moucho

12:55 h.- Estanque dos patos

13:00 h.- Acto central nas escaleiras

entre o Edificio Politécnico e o Edificio de Ferro

Page 7: DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de Instagram - Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte do

A seguir recóllese a difusión nos medios de prensa e redes sociais:

https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/celebracion-dia-

rosalia-2019

https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/imaxe-palabras-

rosalia-castro-percorren-campus

https://axendacultural.aelg.gal/2019/02/22/dia-de-rosalia-de-castro-2019/

https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/mascarada-celebrar-

dia-rosalia

TVE en galicia. Telexornal de desconexión para Galicia. En

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/gal-20190225inf2/5014051/

(minuto 9:53) e tamén en: http: //www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-

galicia/gal-20190225inf/5013761/ (minuto 23:38)

http://www.laregion.es/articulo/universidad/campus-ourense-suma-

aniversario-nacimiento-rosalia-mascarada/20190225102338856494.html

http://www.laregion.es/content/print/campus-recuerda-rosalia-diferentes-actos-

culturales/20190225100115856491

Page 8: DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de Instagram - Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte do
Page 9: DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de Instagram - Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte do
Page 10: DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de Instagram - Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte do
Page 11: DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de Instagram - Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte do

Algunhas fotografías do evento:

Page 12: DÍA DE ROSALÍA 2019 - Asociación de Escritoras e ... · - Entrega de premios do concurso de Instagram - Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte do