De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde...

14
1 INFORME DO CONCELLO 1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando as súas batalliñas de cando novo. “Historias de Ramón”, dirá alguén. Desta intentarei sorprendervos. Eu mesmo botei as mans á cabeza cando souben a historieta de hoxe. É de sobra coñecido o das denuncias e multas a cregos nos derradeiros tempos do franquismo. Hóuboas a chorro. A min asaltáronme a casa reitoral, pero xamais pensei que os moradores do mesmo convento polo Nacente me tiñan tan descualificado. Vivindo baixo o mesmo teito, os suspiros saían de entrañas ben distintas. Hai case dous anos caín da burra na que ía tranquilamente montado e aínda non din sandado. Manolo e Carmen do CEMIT tiveron a ben mandarme os documentos que dan fe do aprecio que me tiñan Varela 2 e Secada 3 . (Informe Confidencial). Foi para min como unha revelación. Como quen esperta dun soño imposible. Viñéronme á cabeza as liortas entre Don Camilo e Pepone. Daquela eu ben me decataba que a desconfianza era mutua, pero xamais pensei que ían ser capaces de firmar tamaños informes sobre min. Hoxe reflexiono sobre o asunto. Acompañádeme, se vos apetece. Nun primeiro momento, polos papeis que atopou Manolo no Arquivo do Reino de Galicia (Coruña), pensamos que era unha denuncia que arrincaba do Concello; pero despois, por novas investigacións de Vitucho no mesmo Arquivo, apareceu unha Carta do Gobernador na que pide informes ao Concello 1 Algunhas frases permiten ligazóns con máis información sobre personaxes, documentos ou situacións que se describen no texto. Todos os documentos citados poden lerse en conxunto aquí. 2 Ramón Varela, secretario municipal nos últimos anos do Franquismo 3 Secada derradeiro alcalde do franquismo (1971-1979). Máis información.

Transcript of De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde...

Page 1: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

1

INFORME DO CONCELLO1

"De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade".

Síntome como o avó que machuca aos netos contando as súas

batalliñas de cando novo. “Historias de Ramón”, dirá alguén.

Desta intentarei sorprendervos. Eu mesmo botei as mans á

cabeza cando souben a historieta de hoxe. É de sobra coñecido o

das denuncias e multas a cregos nos derradeiros tempos do

franquismo. Hóuboas a chorro. A min asaltáronme a casa

reitoral, pero xamais pensei que os moradores do mesmo

convento polo Nacente me tiñan tan descualificado. Vivindo

baixo o mesmo teito, os suspiros saían de entrañas ben distintas.

Hai case dous anos caín da burra na que ía tranquilamente

montado e aínda non din sandado. Manolo e Carmen do CEMIT

tiveron a ben mandarme os documentos que dan fe do aprecio

que me tiñan Varela2 e Secada3. (Informe Confidencial).

Foi para min como unha revelación. Como quen esperta dun

soño imposible. Viñéronme á cabeza as liortas entre Don Camilo

e Pepone. Daquela eu ben me decataba que a desconfianza era

mutua, pero xamais pensei que ían ser capaces de firmar

tamaños informes sobre min. Hoxe reflexiono sobre o asunto.

Acompañádeme, se vos apetece.

Nun primeiro momento, polos papeis que atopou Manolo

no Arquivo do Reino de Galicia (Coruña), pensamos que era

unha denuncia que arrincaba do Concello; pero despois, por

novas investigacións de Vitucho no mesmo Arquivo, apareceu

unha Carta do Gobernador na que pide informes ao Concello

1 Algunhas frases permiten ligazóns con máis información sobre personaxes, documentos ou situacións que se describen no texto. Todos os documentos citados poden lerse en conxunto aquí. 2 Ramón Varela, secretario municipal nos últimos anos do Franquismo

3 Secada derradeiro alcalde do franquismo (1971-1979). Máis información.

Page 2: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

2

sobre o crego de Sansa; e todo a raíz da distribución de

“pornografía” electoral sobre as Irmandades de Labregos.

Ramón Varela e Santiago Secada. En verdade non tratei a

fondo con ningún deles. Penso que os dous tiñan as mesmas

ideas e cada un defendía o seu presebe. Odiaban a morte a

Amando4 e este a eles. Por iso, se percibían ou imaxinaban que

te acercabas á lareira de Amando, xa te consideraban inimigo.

Secada é fantoche, faroleiro. Fala e presume para esconder.

Varela era cazurro, furbo ( como din os italianos). Dábache a

patada no nocello ao tempo que sorría e se facía o despistado. A

súa mala idea quedou retratada cando pasou pola Farmacia e lle

di a Carmiña: “Y viste, Carmiña, como te han puesto los de

Pumariño?.” Mostrou mala idea. (Xa comentei isto noutro

relato). Eles danme autorización para cualificalos, xa que tamén

me cualificaron a min.

Con Varela falei soamente cando tiña que arranxar algún

asunto que dependía del. Lembro, p. e. a solicitude para

“desafectar” parte do adro ( Campo da Feira) de Santa Mariña

no que se ía ampliar o cemiterio. Pensei que os papeis

podrecían enriba da súa mesa, pois non daba tramitado o

asunto. O mesmo lle pasaba a Isolina do Rupiallo (cuñada de

meu cuñado Luciano) que ten vido xunta miña buscando

recomendacións para que Varela rematara os papeis das

partillas. Estaba desesperada a pobre. Non foi o único caso.

Outros dous asuntos nos que tiven que acudir a eles por mor

de dous casoiros: un que celebrei nunha habitación do hospital

de Caranza (figurando que fora en San Paio), e outro nunha

cociña en Silvalonga. (Parece que me copiou o Papa Francisco

celebrando un casoiro nun avión). Non é que Varela me 4 Amando Romero Castrillón, empresario gandeiro de San Sadurniño.

Page 3: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

3

mandara facer iso. Non. Refírome que me facilitaron as cousas

para proceder nestes casos especiais, posto que logo había que

inscribilos no Xulgado dicindo que se celebraran nos templos

santos, e non fora así. É dicir: non me complicaron a vida máis do

que xa estaba neses casos.

ANTECEDENTES.

Nun primeiro momento Secada quixo congraciarse comigo.

(Alcalde desde abril 71). Viña á Misa os sábados, coincidía de

vérmonos por varios motivos … e ata que foi alcalde non facía

máis que encirrarme contra Ángel Gavín5 aproveitando as prazas

e as silveiras.

Lembro que o segundo ano de estar eu en Sansa provoquei

unha consulta na igrexa (cos que estaban na Misa) sobre si debía

saír a procesión no día da festa dar a volta á praza. Era un

espectáculo moi orixinal: o persoal tomando o vermú nos

chiringuitos e nós cos santos facendo desfile de modelos.

Santiago Secada (xa alcalde) e máis o Médico, Ramón Méndez,

foron os defensores para que non saíra a procesión; os demais

deixáronse ir. Por suposto que este cura tamén estaba de acordo

aínda que non quería ser o abandeirado da idea. E non porque

me negara a que os Santos saíran recibir o parabén dos devotos.

Líbreme Deus! Ou a tomar o sol unha vez ao ano; senón porque

aquela procesión non era coma esas que dan a volta as igrexas e

teñen o seu aquel relixioso. Aquí había que dar a reviravolta na

mesma praza. Non se trataba de acompañar aos Santos, senón

de ver o espectáculo. Efectivamente, o día da festa, rematada a

Misa, os foguetes empezaron a estalar, pero as campás non

repenicaban e en vez de Santos aparezo eu na praza franqueado

5 Angel Gavín alcalde de San Sadurniño entre 1964-1971.

Page 4: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

4

pola Monxa Luisa María e os rapaces do coro. Notábase

estrañeza nos fregués e nos invitados. Faltaba algo. (Aínda hoxe

sego a cavilar por qué mostrando tan pouco aprecio á procesión

tiñan tanto interese en que se celebrara. Misterios da vida!)

Achegámonos a un dos chiringuitos e alí estaba D. Santiago

latricando con Fernando dos Queixos. Ao verme dime: “Y qué,

Sr. Cura, parece que hay huelga de Santos!”, ao tempo como que

parecía que me chuscaba o ollo dereito. Eu sorrín e asenteille de

seguida: “Fan folga os santos para que traballen os pecadores”. A

cousa seguiu así entre bromas; pero eu ao mesmo que tomaba o

vermú pensaba: “Dáme que este condenado é dos que tiran a

pedra e esconden a man”.

Aquel ano, xa se ve, non saíu a procesión. Algo inimaxinable;

pero ao seguinte tiveron que machucar os cadrís os levadores

para sacar a padroa pola porta e nós volver á pasarela, forzado

polas queixas da xente e a esixencia dos encargados da festa.(!!)

Secada foi descubrindo as miñas non coincidencias coas súas. O

cura anterior ía moitas veces xogar a partida despois de xantar

ao Bar de Senén (no Cine), onde se xuntaba "la creme de la

creme" de Sansa. Eu non fun nunca. Foron aparecendo logo

outras actividades organizadas desde o Tele club e máis tarde

asociación de veciños …Eu actuaba por libre. Non buscaba

depender deles. Deixou de vir á Misa e tampouco participaba

nas reunións que se facían na sala parroquial, das que falo

noutro relato. Seguro que a prédica e parte da Misa en galego

non lle daba devoción.

Lembro tamén unha tumultuosa reunión en Santa Mariña

cando andabamos co tema do teléfono e outra con el e Varela no

Page 5: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

5

Concello coa Directiva do Tele Club de Sansa das que algo contei

noutras historias de FÁLAME.

OS NAMOROS CON AMANDO ROMERO.

Di o Informe de Varela e Secada que “Quiere nombrar presidente

a Amando Romero Castrillón”. Aseguran que “Es el verdadero

autor de la campaña”. “El Sr. Romero guarda gran amistad con

dicho párroco y gran enemistad con el Alcalde”, afirma pola súa

parte o Informe do Tenente Coronel. O misto que acendeu o

lume foi a distribución do papeliño relativo ás eleccións da

Irmandade. Ese foi o misto, pero a leña estaba preparada e

habíaa a pilas. Aproveitaron esa ocasión; as ganas xa estaban no

estómago. O da Irmandade era o que máis lles doía porque

afectaba ao mando único do xeneralísimo Sr. Secada. (Para algún

novo que me estea a ler teño que aclarar que Secada era:

Alcalde, Xefe Local do Movemento, Veterinario, Presidente da

Irmandade ... ). Amando poñíaos a cen. Ademais sempre

atacaba de fronte. Co seu potente soprido tremían as cadeiras

do Concello. Desde a Presidencia de APAS tamén os mareaba. A

mesma prensa fala da movida en Sansa no ano 1975 no artigo

“Mar de fondo en San Saturnino”.

Eu daquela levábame ben con Amando (como con todos). Por

aquel tempo intentou crear unha cooperativa de venda de leite

na que ían participar os de Castro (Raña), os dos Feás, Bertuco da

Feira … Invitoume para que fixera de secretario e aceptei. Celina

sería a administradora. Todo quedou en nada. A única actividade

miña foi a de firmar os libros do que ía ser e non foi. El tamén

formou parte da Comisión que se entrevistou co Bispo en

Mondoñedo cando o meu nomeamento para Viveiro. Despois

Page 6: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

6

funme distanciando polas liortas permanentes que se traían

entre Granxa Romero e a Cooperativa de Prospes; e

definitivamente renegados cando o das Enchousas ...

ESCRITO AOS LABREGOS.

Sindicato SILGA. Redactei un escrito para que o firmaran e

repartiran nas súas Parroquias os cregos de Narahío e Lamas. O

motivo eran as inmediatas “eleccións” na Irmandade de

Labregos. No Informe do alcalde dise que o crego de Lamas non

repartiu os papeis. Efectivamente foi así. Marcelino era un santo

varón, (xamais lle agradecín debidamente os servizos que me

ten prestado, sobre todo nas suplencias cando eu andaba

atarefado coa CANTARELIÑA ou en Venezuela, Suiza, París cos

Saraibas …), pero non quería historias. Dicíache que si ao que ti

propoñías; despois … algo pasota. Por outra banda, neste caso

sentíase acurralado polos de “a cova de ladróns” xa que todos os

días ían xogar o vaso a Casa Hermitas onde el vivía. Máis dunha

vez tenme contado cousas divertidas, pois na “comedilla” de

mostrador case sempre saía remexido cos dados do bote

Amando e tamén, ás veces, o crego de Sansa, adobiado -segundo

me dicía- co sorriso malicioso de Varela. D. José, o crego de

Narahío, efectivamente puxo o “panfleto” nunha mesa que ten

na igrexa con revistas e avisou do tema.

MASAS COMÚNS.

Ao ir andando os traballos da concentración parcelaria en santa

Mariña a xente dábase de conta da cantidade de fincas que

quedaban como masas comúns, que ía mangonear o Concello.

Tivemos unha xuntanza no tele club.

Invitei para informarnos no tema a Leopoldo López, avogado de

comisións labregas, bo amigo meu, pois tivera bastante contacto

Page 7: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

7

con el cando era relixioso pasionista en Melide. Explicou polo

miúdo a lei e aclarou que esas masas comúns pasarían a ser

propiedade do concello. A xente pateaba. "Así que o que é noso

vai pasar para que o merenden eles. Iso non pode ser." O

desacougo era unánime. Pero, para colmo, co letrado viñera

Gino (Domingo Martínez Freire), un crego nado na zona de

Carnota e que agora traballaba nunha autoescola. A exposición

de Leopoldo fora pausada, serena, como corresponde a un home

de leis; pero Gino acendeu o lume dando un mitin contra os

rexedores dos concellos: ladróns, cova de caciques … O

auditorio, pacífico de seu, ardía de rabia. A leña estaba seca e

preparada e Gino de seguida incendiou todo. Pouco faltou para

que sairamos con paos e fouces contra os ladróns.

Como resultado preparei un escrito para que se firmara polos

veciños e darlle curso. Creo que non se fixo. Foi como unha

"interrupción voluntaria del embarazo". Non quixen apertar aos

veciños con firmas comprometidas. Pero de seguro que os

comentarios tiveron que chegar á "cova dos caciques". (Ao ler

agora o escrito descubro que hai unha petición de nova

organización política máis aló do das masas comúns).

ELECCIÓNS NA IRMANDADE.

Este foi outro prato forte. A xente tiña ganas de gobernar a

Irmandade. Cousa deles si, pero na práctica non pintaban nada.

Secada, sendo veterinario, era o Presidente. Algo sen sentido. O

mundo ao revés. Chega o tempo das eleccións. De verdade que

había ganas -e moitas- de coller o mando na Irmandade, pero

non sabíamos como meterlle o dente. Falabamos por detrás das

silveiras. Por fin decidimos convocármonos na casa de Marina (A

Feira). A escusa era que íamos comer unha merendola xuntos.

Page 8: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

8

Por iso a xuntanza foi no comedor do piso. Non queriamos

descubrir o menú. Éramos de 20 a 30 comensais. Pepito

serviunos café con leite. Entramos en materia. Amando levaba a

voz cantante, apoiando o eco Evaristo de Varela. Todos de

acordo en que había que asaltar a Irmandade. Pero … como?

Non sabíamos por onde empezar xa que descoñecíamos o máis

fundamental: cómo estaban as listas ou quén era produtor de

que... Bebido o café (e creo que algunhas pastas) e despois de

darlle mil voltas, acordamos que eu secretamente me puxera en

contacto con Martín (secretario da Irmandade); que o subornara

para que me facilitase unha copia das listaxes. Eu, un pouco

forzado, comprometinme co compromiso. E acordamos -xa que

nos trataran tan ben- unha nova xuntanza no mesmo comedor.

Confésome con Martín. O pecado é gordo, capital. Difícil a

confesión e arriscada a misericordia. Nun tira e afrouxa

acordamos que desde a fiestra da oficina me tiraría aos claustros

o corpo do delito metido en bolsa de plástico –para que non se

mollara se chovía-. Eu de noite rezaba sentíndome pecador e

polas mañás, dominado pola tentación, ía ver se aparecera o

corpo. Pasaron varios días. Nada. Todo igual. Falo de novo co

confesor. Dime que aínda non acabara de facer as copias.

(Lembrade que estamos nos tempos das máquinas de escribir e

do papel de calco. Os dixitais non entenden nada disto).

Acordamos que buscaría a maneira de darme as copias na man,

sen necesidade de tirar o corpo polo chan.

Coas copias, ou con parte delas, chegou o día da acordada

xuntanza. Alá imos para unha nova merenda. Recuncamos case

os mesmos. Por medio das listas fomos vendo quen se podía

presentar por cada sector. Estabamos embelecados nisto

cando, pasada media hora, chega Amando. Entrou tusindo,

Page 9: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

9

suspendeu a nosa emoción, colleu a palabra, e, algo iluminado

por un compañeiro que traía na cachola, asegura con seguridade:

"Parade todo. Non hai nada que facer. Veño da Coruña e sei ben

certo que todo está amañado. Podemos irnos. Non hai nada que

facer”. Como non paraba de esbardallar, eu tratei de pararlle os

pes -coincidía que se colocara ao meu carón-; púxenlle o fincón

e mirei que entrara en razón. Imposible facerlle calar! As

formigas nas neuronas fan as do demo! O furacán -Amando

sempre fala con voz potente- produciu un pequeno rebumbio.

Nisto levántome, póñolle a man no ombreiro, e dígolle: "Diso

nada, Amando. Xa que chegamos aquí, temos que decidir entre

todos se seguir ou non". A discusión seguiu acalorada. Amando

foise. Nós erre que erre. Bebeuse o café, pero pola cabeza caeu

un xerro de auga fría que conxelou os miolos.

Celebráronse as eleccións. Todo resultou como se pensaba.

Non soubemos ou non puidemos participar nelas como

queríamos, propoñendo candidatos de confianza. Despois das

eleccións preparamos o escrito de anulación das mesmas. Na

redacción creo que nos axudou algún avogado. Non lembro que

se fixo co escrito. Nel pídese, despois da exposición de feitos,

que se repitan. Seguramente que non se firmou tal escrito. Non

ía co meu carácter forzar á xente. Prevía malas consecuencias,

como logo pasou con Amando e compañeiros reunidos na

Irmandade para preparar a denuncia contra o veterinario por

abandono dos centros de inseminación que foi recollida na

prensa da época.

Page 10: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

10

LÉXICO NO INFORME.

Palabras e expresións que aparecen no Informe. Recoñezo que

nunca tiven unha conversación longa nin con Secada nin con

Varela; polo tanto descoñezo o seu léxico … pero penso que hai

palabras no Informe que teñen por pai a Varela. Ten que ser el

o redactor:

Adláteres - catequizar a la juventud ... de un modo nefasto -

derecho de las personas a su autorrealización - revolución

revisionista - disertaciones - exterminio de todo lo presente -

perspectivas - estrategia y táctica -coexistencia pacífica -

yugularlas - intromisión - fundamentos de un nuevo orden

político. Ninguén dos que estaban no Concello era capaz de usar

estas palabras. Soamente Varela.

ANÁLISE DO INFORME. Data 25 de abril do 75. Frases a

estudiar:

“proselitismo a favor de una tendencia política” . Non aclara cal

era a miña tendencia política. Non podían facelo, xa que xamais

pertencín a ningún partido. “Tendencia” claro que si.

“divulga panfletos” . Poida que si, pero non lembro ningún

escrito, pois Pumariño ... Seguro que lle chamaban panfletos

aos debuxos de Castelao cos que tiña “adornada” a la sala de

reunións.

“Practica violencia verbal”. As miñas intervencións verbais eran

exclusivamente as da igrexa, pois non lembro que me dedicara a

dar mitins ou conferencias. Incluso cando viñeron os de Fuxan ou

Airiños actuar aos claustros non fixen as presentacións. E nas

prédicas na igrexa ... ao mellor confundían o que lía no evanxeo

Page 11: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

11

pensando que eran ideas miñas. Todo pode ser. Menos mal que

a miña violencia cualificárona de “verbal”, non física ...

“Menosprecio del Régimen”. Puidera ser. Non o nego. A culpa

non era miña. Eles mesmos dábanme a razón para ese non

aprecio.

“Organiza conferencias donde se exponen los más extraños

principios religiosos y morales”. Aquí habería que matizar. Está

claro que a súa relixión e moral en moitos puntos non cadraban

coa miña: eles envoltos na néboa do nacional catolicismo e do

Franco baixo palio e eu voando coa forza da utopía dunha nova

Igrexa cimentada no Con. Vat. II.

“En teleclubs originó conferencias aparentemente de

propagación del galleguismo, pero de un fondo nefasto”. Este é

un invento máis. As primeiras conferencias de certo calado que

íamos organizar na Semana Cultural (para fin de ano) ás que se

refire o escrito de Fraga; antes non se pretendeu nada a non ser

unha charla da Dra. Mª José Aldecoa sobre o parto sen dor

celebrada no salón de Germán. Por suposto que foi en castelán e

sen ningún fondo nefasto. (Ao mellor entenderon o do “parto”

como algo político).

“Alusiones a una revolución revisionista … un matiz de

exterminio de todo lo presente”. Que si, que si; é verdade. Pois

non faltaba máis. Pero volvo a dicir que son acusacións

xenéricas.

“No establece programa político propio, sin embargo su

estrategia y táctica son de características especiales … como

dictado por una organización política de la clandestinidad, por lo

que sus acciones presentes sería de mucha conveniencia

yugularlas ahora”. O parágrafo se las trae. Pobre de min!

Page 12: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

12

Estratexia e táctica! Organización política da clandestinidade!

Que categoría me daban con iso de estratexia e táctica! Está

copiado ao pé da letra do que sempre lles atribuían aos

opositores do Réxime.

“Visitó los domicilios .. (concentraci..) haciéndoles ver que había

intercedido para que no les perjudicaran”. Hai que ter mala idea

para facer esta interpretación do servicio que lles prestei a

moitos veciños de Santa Mariña. Non ten perdón. Confeso ante

Deus, coñecedor das miñas intencións, que eu ía coa alma limpa;

sen outra motivación que a de axudar nunha tarefa que para

moitos era complicada. Sabía da transcendencia de facer ben as

declaracións das fincas porque na miña aldea de Remourelle

(Ribadeo) xa se fixera a concentración parcelaria. E vivira en

carne propia os problemas derivados dunha mala ou incompleta

declaración das fincas. Pero non ía con segundas nin con

terceiras intencións. Doe, aínda hoxe, constatar isto, porque un

non se imaxina tanta maldade.

“Divulgó que le trasladaban de parroquia para crear un estado

de ánimo especial …. Reunir dinero para un automovil”. Aí vai

outra! Incrible! Así que todo o rebumbio do meu traslado a

Viveiro foi unha trama miña para que me regalaran un coche.

Haberase visto! Isto basta para axuizar todo o que din no

Informe. Por certo, con toda a revolución que se fixo ante o meu

traslado a Viveiro, eles non apareceron por ningures. Era normal.

Lendo o Informe estarían encantados de que eu desaparecera

canto antes de Sansa. E a xente ben se decatou de que os do

Concello durmían a sesta mentres eles remexían Roma con

Santiago.

Page 13: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

13

“Persigue por todos los medios la dominación … y busca los

fundamentos de un nuevo orden político” . Pobre de min! Que

sabería eu de dominación e dun novo orde político! É para rir.

“Por lo que sus acciones presentes será de mucha conveniencia

yugularlas ahora”. Isto da medo. A palabra “yugular” trae

consigo a navalla. Esa é a recomendación que lle dan ao

Gobernador. Claro que falan de xugular accións. Niso foron

listos. Pero non se decataban que detrás das accións está alguén.

Non hai peras se non hai pereira; non chove se non hai nubeiro.

Eles están informando precisamente de quen fai esas accións.

Polo tanto: para xugular a pera hai que xugular a pereira. Non

quero nin pensar que pasaría se, cando en agosto fixeron o

rexistro na reitoral, atoparan alí a ´María´ (compañeira de

Moncho Reboiras)!. Se con pecados veniais piden a xugular, con

mortais pedirían tamén a aorta e ... a forca.

Con todo vese que moi informados non estaban pois nada din

das reunións en Casa Marina das que falei. Aquí tiñan un “bo”

motivo para denunciarnos: “reunións secretas e ilícitas”. Parece

que tampouco sabían nada dos comunistas que eu acubillaba na

habitación que hai derriba da sancristía, parede en medio coa

sala de plenos. Por suposto que, se calaron todo isto, non foi

para beneficiarme. Nada teño que agradecerlles.

TEXTO DO TENENTE DA GARDA CIVIL

. “No contra el Régimen, sino contra el Alcalde D. …. Con el que

mantiene muy malas relaciones” “conferencias … lejos de

tener un fondo nefasto” … en Sta. Marina cooperó

eficazmente con los vecinos ... sin percibir honorario alguno” …

(lo de Vivero) “este sacerdote no es dado a la admisión de

Page 14: De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade. · 1 INFORME DO CONCELLO1 "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade". Síntome como o avó que machuca aos netos contando

14

regalos, no cobra … y si lo hace es con una cantidad

insignificante” … “no necesita hacer prosélitos porque este

sacerdote tiene la práctica totalidad y excelente reputación”.

(copia)

Oh mirácula! Lede o texto amodiño. Non é para crer que,

naqueles momentos, a miña defensa ante o Gobernador estivera

na Garda Civil. Pois ver para crer. Case vai contradicindo punto

por punto o Informe do Concello. Pensamos que o Tenente

Coronel debeu fundamentarse en algún informe do Cabo

(Sarxento) de Sansa; ou polo menos nalgunha conversa

telefónica. É de agradecer que os Gardas me tiveran por santo.

Creo que daquela estaba de Cabo José Goti. Non parece haber

moita coordinación (grazas a Deus) entre a Policía (que debe ser

a que avisa do espallamento de papeis en Santa Mariña, que

motiva despois a carta do Gobernador ao Concello) e a Garda

Civil que se “despacha” con ese Informe tan favorable a min. Se

non fora por eles, ao mellor agora na vellez estaba na forca e sen

xugular.

Cáceres, maio do 2018