UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do...

26
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PROBAS SELECTIVAS CONVOCADAS POR RESOLUCIÓN REITORAL DO 7 DE ABRIL DE 2017 (DOG 24 DE ABRIL E BOE 12 DE MAIO DE 2017) PARA CUBRIR SEIS PRAZAS DA ESCALA: AUXILIAR DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS Subgrupo C1 Acceso libre I. Fase de oposición: segundo exercicio (galego) CÓDIGO EXAME 111 16 de decembro de 2017

Transcript of UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do...

Page 1: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROBAS SELECTIVAS CONVOCADAS POR RESOLUCIÓN

REITORAL DO 7 DE ABRIL DE 2017 (DOG 24 DE ABRIL E BOE 12 DE

MAIO DE 2017) PARA CUBRIR SEIS PRAZAS DA ESCALA:

AUXILIAR DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS

Subgrupo C1

Acceso libre

I. Fase de oposición: segundo exercicio

(galego)

CÓDIGO EXAME 111

16 de decembro de 2017

Page 2: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...
Page 3: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 1 de 24

1. Quen pode utilizar o servizo de préstamo interbibliotecario na Biblioteca Universitaria de

Santiago de Compostela (BUSC)?

a) Só o persoal investigador

b) Calquera usuario da Biblioteca, interno ou externo.

c) Só os membros da Universidade de Santiago de Compostela

d) Calquera persoa que o solicite

2. Segundo o Manual de Procedemento de Préstamo Interbibliotecario de REBIUN (2013), os

prazos de resposta das bibliotecas receptoras deben ser:

a) Dentro dos dous días laborables seguintes á solicitude para as respostas positivas e un

día en negativas.

b) Dentro dos catro días laborables seguintes á solicitude.

c) Dentro dos cinco días laborables seguintes á solicitude en respostas positivas e dous

días en negativas

d) Dentro dos cinco días naturais seguintes á solicitude.

3. Un profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) solicita en préstamo

interbibliotecario un libro da Biblioteca da Universidade de Salamanca. Canto terá que pagar

polo servizo?

a) 8 euros

b) Nada

c) 9,50 euros

d) 3 euros

4. Unha estudante de grao da Universidade de Santiago de Compostela (USC) solicita

fotocopiar un libro de 1890

a) Permíteselle fotocopialo porque está excluído de préstamo.

b) Non se lle permite ningún tipo de reprodución

c) Permíteselle a reprodución pero só en soporte dixital ou por medios fotográficos

d) Permítese só o fotografado con medios propios da biblioteca

5. Cal destes servizos de apoio á docencia e investigación non está establecido na Biblioteca

Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC)?

a) Apoio á busca de financiamento para a investigación

b) Repositorio propio

c) Formación de usuarios a demanda

d) Busca bibliográfica

6. Que é AbsysNet?

a) Unha base de datos

b) Un sistema integrado de xestión bibliotecaria

c) Unha plataforma dixital de acceso libre

d) Un catálogo colectivo

Page 4: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 2 de 24

7. Que non se pode facer dende o OPAC da Biblioteca Universitaria de Santiago de

Compostela (BUSC)?

a) Auto préstamo

b) Reserva de exemplares

c) Consulta de novidades

d) Consulta de bibliografía recomendada por profesor

8. Que catro recursos de busca aparecen destacados na páxina de inicio da web da Biblioteca

Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC)?

a) Catálogo Iacobus, ReBUSCa, PreLo, Sir

b) ReBusca, Catálogo Iacobus, Sir, Minerva

c) Catalogo Iacobus, Dialnet, Minerva,ReBUSCa

d) Catálogo Iacobus, Minerva, Dialnet, PreLo

9. Que é Dialnet?

a) Un portal bibliográfico de acceso á produción científica e humanística hispana

b) Unha base de datos científica sostida polo Consello Superior de Investigacións

Científicas

c) Un boletín electrónico de sumarios de todas as revistas publicadas en español

d) Un repositorio de produción científica europea

10. SFX é:

a) Un buscador e ligador de recursos electrónicos

b) Unha base de datos de artigos científicos publicados por universidades españolas

c) Un portal de revistas electrónicas

d) Un portal que agrupa os recursos de información das bibliotecas universitarias

españolas

11. Como se chama o Blog da Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de

Compostela (USC)?

a) Fonte Limpa

b) Minerva

c) Fonseca

d) A visitadora

12. Que son os palimpsestos?

a) Táboas de arxila con escritura rúnica

b) Cada conxunto de rolos de papiro

c) Manuscritos reutilizados despois de seren borrados

d) Táboas de madeira enceradas atadas por un dos lados

Page 5: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 3 de 24

13. Quen redactou o primeiro tratado de biblioteconomía?

a) Gabriel Naudé

b) Gottfried Leibniz

c) Juan de la Cuesta

d) Sebastián Cramoisy

14. Cando deixa de utilizarse o termo "Librería" para usarse "Biblioteca" na historia da Biblioteca

da Universidade de Santiago de Compostela (BUSC)?

a) S. XVII

b) S. XIX

c) S. XX

d) S. XVIII

15. Quen mandou facer o Libro de Horas de Fernando I?

a) O bispo de Compostela Cresconio II

b) O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario

c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha

d) O fillo de Fernando I, García (futuro rei de Galicia)

16. Cal das seguintes non é unha característica predominante dos libros europeos editados no

século XVI?

a) Tipografía redonda ou romana

b) Carencia de portada

c) Diminución do formato

d) Uso de ilustracións explicativas

17. Quen é o autor do informe sobre a situación das bibliotecas españolas Noticia abreviada de

las bibliotecas y monetarios de España (1788)?

a) Frei Martín Sarmiento

b) Juan de Santander

c) Pedro Rodríguez de Campomanes

d) Manuel Ventura Figueroa

18. Segundo o artigo 11 da Lei 10/2007, de 22 de xuño da lectura, do libro e das bibliotecas, en

cal dos casos seguintes habería excepción ao prezo fixo?

a) Cando o consumidor final sexan bibliotecas, arquivos, museos, centros escolares,

universidades ou institucións ou centros cun fin fundacional científico ou de investigación

b) Cos libros usados

c) Cos libros de texto e material didáctico complementario editados para o

desenvolvemento e aplicación dos currículos de educación primaria e secundaria

obrigatoria

d) Cos libros descatalogados

Page 6: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 4 de 24

19. Segundo o artigo 15 da Lei 10/2007, de 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas, a

que organismo corresponde a elaboración de plans específicos para favorecer e promover o

desenvolvemento e a mellora das condicións das bibliotecas e dos seus servizos?

a) Ás comunidades autónomas

b) Ao Consello Coordinador de Bibliotecas

c) Á Secretaría de Estado de Cultura

d) Ao Consello de Cooperación Bibliotecaria

20. Segundo a Lei 10/2007, de 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas, a definición de

libro é:

a) Unha obra impresa, manuscrita ou pintada nunha serie de follas de papel, pergamiño,

vitela ou outro material unidas por un lado e protexidas con tapas, tamén chamadas

cubertas.

b) Unha obra impresa ou en calquera outro soporte susceptible de lectura que constitúe

unha publicación unitaria nun ou varios volumes

c) Unha obra científica, artística, literaria ou de calquera outra índole que constitúe unha

publicación unitaria en un ou en varios volumes e que pode aparecer impresa ou en

calquera outro soporte susceptible de lectura.

d) Unha obra impresa, manuscrita ou pintada en papel, pergamiño, vitela ou doutro

material, de máis de 48 páxinas

21. Quen xestiona a Axencia do ISBN en España?

a) A Federación de Gremios de Editores de España

b) O Ministerio de Cultura en colaboración coas comunidades autónomas

c) A Biblioteca Nacional de España

d) A Axencia Internacional do ISBN

22. Quen xestiona en España o ISSN segundo a Lei 10/2007, de 22 de xuño, da lectura, do libro

e das bibliotecas

a) A Axencia Española do ISSN

b) O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

c) A Biblioteca Nacional de España

d) A Axencia Española do ISBN

23. A xestión das bibliotecas públicas do Estado en Galicia

a) Non se transferiu á Comunidade Autónoma de Galicia

b) Transferiuse mediante a Lei 5/2012 de Bibliotecas de Galicia

c) Transferiuse en virtude de convenios asinados en 1989

d) Transferiuse en virtude da Lei 10/2007 do 22 de xuño, da lectura, do libro e das

bibliotecas

Page 7: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 5 de 24

24. Cal é o Título que se dedica ás especificidades, entre outras, das bibliotecas universitarias

na Lei 5/2012 de Bibliotecas de Galicia?

a) O Título III

b) O Título IV

c) O Título II

d) O Título VI

25. Segundo o artigo 10 da Lei 5/2012 de bibliotecas de Galicia, a quen corresponde constituír e

elaborar, manter e difundir a bibliografía corrente e retrospectiva de Galicia e o Catálogo

colectivo do patrimonio bibliográfico galego?

a) Á Biblioteca de Galicia

b) Á Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

c) Á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

d) Ao Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia

26. Segundo a Lei 5/2012 de bibliotecas de Galicia, é función do Consello de Cooperación

Bibliotecaria de Galicia:

a) Coordinar o sistema galego de bibliotecas respecto da adaptación aos cambios

tecnolóxicos, sociais e profesionais que afecten aos servizos bibliotecarios

b) Organizar cursos de formación permanente de bibliotecarios e bibliotecarias,

independentemente ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas

c) Emitir informe preceptivo sobre os anteproxectos de lei e de disposicións

regulamentarias referidas ás bibliotecas, así como sobre o Mapa de bibliotecas públicas

de Galicia

d) Coordinar, alentar e elaborar pautas e directrices para o tratamento, a restauración e a

dixitalización do patrimonio bibliográfico galego

27. Cando prescriben as infraccións administrativas que recolle a Lei 5/2012 de bibliotecas de

Galicia?

a) Aos 10 anos as moi graves, aos 5 as graves e aos 2 as leves

b) Aos 10 anos as moi graves e aos 5 as demais

c) Aos 5 anos as moi graves e aos 2 as demais

d) Aos 6 anos as moi graves, aos 4 as graves e aos 2 as leves

28. Segundo a Lei 5/2012, de bibliotecas de Galicia, as persoas titulares dos dereitos de autor

non se poderán opoñer ás reprodución das súas obras:

a) Cando sexan exclusivamente para fins de investigación ou conservación

b) Cando se realicen por calquera biblioteca de titularidade pública

c) Cando se realicen sen finalidade lucrativa por bibliotecas de titularidade pública ou

integradas en institucións de carácter cultural ou científico e sexan exclusivamente para

investigación ou conservación

d) Ningunha das anteriores respostas é correcta, sempre é preceptiva a autorización das

persoas titulares dos dereitos de autor

Page 8: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 6 de 24

29. A actual REBIUN Red de Bibliotecas constituíuse no ano 1996 por acordo de:

a) CRUE e as Bibliotecas do CSIC

b) CODIBUCE e REBIUN

c) REBIUN e CRUE

d) CODIBUCE e CRUE

30. Segundo as Normas y Directrices para Bibliotecas Universitarias y científicas de REBIUN

(1999), que intensidade lumínica máxima non debe superarse nun depósito?

a) 300 lux

b) 200 lux

c) 150 lux

d) Ningunha das anteriores respostas é correcta

31. Que é RECOLECTA?

a) Un xestor de referencias bibliográficas

b) Un inventario internacional dos repositorios e revistas de acceso aberto que admiten

datos de investigación a escala mundial.

c) Unha plataforma que agrupa a todos os repositorios científicos españois e que provee

de servizos aos xestores de repositorios, aos investigadores e aos axentes implicados

na elaboración de políticas

d) Un portal que reúne as políticas editoriais das revistas españolas respecto ao acceso

aos seus arquivos, os dereitos de explotación e licenzas de publicación

32. Segundo as recomendacións de REBIUN nas súas Normas y directrices para bibliotecas

universitarias y científicas (1999), os criterios que cómpre ter en conta para realizar un

expurgo son:

a) Contido temático, previsión de uso, estado físico e data de publicación.

b) Contido temático, previsión de uso e estado físico.

c) Contido temático, previsión de uso, estado físico e tipo de biblioteca na que se atopa

d) Contido temático, previsión de uso, estado físico e prezo.

33. Os membros de pleno dereito do Consorcio Bugalicia son:

a) As universidades públicas galegas, o SERGAS e a Xunta de Galicia

b) As universidades públicas e privadas galegas e a Xunta de Galicia

c) As Universidades públicas galegas, a Xunta de Galicia e o Centro de Supercomputación

de Galicia

d) As universidades públicas galegas, a Xunta de Galicia, o Centro de Supercomputación

de Galicia, o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) e o Instituto Galego de Calidade

Alimentaria (INGACAL)

Page 9: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 7 de 24

34. Cal do seguintes non é un grupo de traballo de carácter permanente en REBIUN?

a) O Grupo de Traballo de Catálogo Colectivo

b) O Grupo de Traballo de Repositorios

c) O Grupo de Traballo de Formación Profesional

d) O Grupo de Traballo de Estatísticas

35. Existen fondos alleos a temas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no seu

Arquivo Histórico Universitario?

a) Si, os ingresados como consecuencia de compras, depósitos ou doazóns

b) Non, todos os documentos pertencen á USC e están relacionados con temas educativos

c) Si, os fondos do Marquesado de San Martin de Ombreiro

d) Si, o fondo de Xohán Vicente Viqueira e o fondo de Luciano Caño

36. Segundo o Regulamento do Arquivo Histórico Universitario da Universidade de Santiago de

Compostela (USC), a retirada definitiva de documentación administrativa será aprobada por:

a) O reitor, previo informe da Dirección do Arquivo

b) A comisión de valoración de documentación administrativa, previo informe da Dirección

do Arquivo

c) A Dirección do Arquivo

d) O Secretario Xeral da USC, previo informe da Dirección do Arquivo

37. Segundo a Lei 7/2014, de 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, é función

dun arquivo público de carácter histórico:

a) Asesorar desde o punto de vista técnico na elaboración dos proxectos de construción de

arquivos e na determinación dos requisitos profesionais do persoal dos arquivos do

sistema.

b) Promover a recuperación ou reprodución dos documentos constitutivos do patrimonio

documental galego ou de interese para Galicia que estean fóra da Comunidade

c) Exercer as facultades de inspección e tramitar os procedementos sancionadores

d) Promover o intercambio de información entre os arquivos, bibliotecas e museos de

Galicia, do Estado e doutras comunidades autónomas.

38. Están excluídos de consulta en sala no Arquivo Histórico Universitario da Universidade de

Santiago de Compostela (USC):

a) Os conxuntos documentais en fase de organización

b) Os documentos que conteñan datos de índole persoal

c) Os documentos dos que non existan copias dixitalizadas ou microfilmadas

d) Ningún documento está excluído de consulta en sala

Page 10: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 8 de 24

39. Atendendo ao ciclo vital dos documentos, indique cal das seguintes respostas é a correcta

para fixar os diferentes tipos de arquivos:

a) Arquivos de oficina, arquivos histórico-provinciais, arquivos da comunidade autónoma e

arquivo histórico nacional

b) Arquivos da administración local, arquivos da administración rexional, arquivos

autonómicos e arquivos históricos

c) Arquivos activos, arquivos semi-activos e arquivos inactivos

d) Arquivos de xestión, arquivos centrais, arquivos intermedios e arquivos históricos

40. Que é o ciclo vital dos documentos, segundo se establece no Sistema Español de Arquivos?

a) Correspóndese con todas as intervencións polas que pasan os documentos ata a súa

posta a disposición do cidadán

b) Son as diferentes etapas polas que atravesan os documentos desde que se producen

ata a súa eliminación, ou de ser o caso, ata a súa conservación permanente.

c) É o conxunto de técnicas arquivísticas necesarias para xestionar, custodiar e organizar

un arquivo

d) Son as diferentes fases polas que pasa un documento ata quedar asentado

definitivamente no arquivo histórico

41. Que é o Censo-Guía de arquivos?

a) O depósito no cal se conservan as copias en calquera soporte de documentos orixinais

existentes en arquivos, coa finalidade de garantir a información daqueles en caso de

perda ou destrución.

b) O instrumento de referencia no cal, coa finalidade de informar sobre unha materia ou

obxecto específico, se describen unidades documentais relacionadas polo seu autor en

razón dunha afinidade temática, cronolóxica, paleográfica ou formal

c) O instrumento de referencia formado por encabezamentos onomásticos, toponímicos,

cronolóxicos e de conceptos contidos tanto nos propios documentos como nos

instrumentos de referencia e descrición

d) O instrumento de control e difusión, actualmente automatizado, que permite reunir e

coordinar a información sobre arquivos e fondos documentais que forman o Patrimonio

Documental e sobre a súa accesibilidade

42. En que artigo do texto refundido da Lei de propiedade intelectual, figura a exención para as

bibliotecas universitarias da obriga de remuneración por préstamo aos autores das obras?

a) 37.2

b) 33

c) 31.1

d) En ningún artigo. As bibliotecas universitarias non están eximidas da remuneración por

préstamo aos autores

Page 11: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 9 de 24

43. Segundo o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, non se considera obra orixinal:

a) Un mapa

b) Un informe forense

c) Unha actualización dunha obra

d) Unha coreografía

44. Segundo o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, os dereitos de autor son:

a) Incompatibles cos dereitos de propiedade industrial que poidan existir sobre a obra

b) Acumulables cos dereitos de propiedade industrial que poidan existir sobre a obra

c) Dependentes dos dereitos de propiedade industrial que poidan existir sobre a obra

d) Dependentes doutros dereitos que teñan por obxecto a cousa material á que está

incorporada a creación intelectual

45. Segundo o artigo 32 do texto refundido da Lei de propiedade intelectual, é lícita a inclusión

nunha obra propia de fragmentos doutras alleas de natureza escrita, sonora ou audiovisual,

así como a de obras illadas de carácter plástico ou fotográfico figurativo:

a) Sempre que non se trate de obras xa divulgadas e a súa inclusión se realice a título de

cita ou para a súa análise, comentario ou xuízo critico

b) Sempre que se trate de obras xa divulgadas e a súa inclusión se realice a título de cita

ou para a súa análise, comentario ou xuízo critico

c) Sempre que se trate de obras literarias ou artísticas, non divulgadas, e a súa inclusión

se realice a título de cita ou para a súa análise, comentario ou xuízo critico

d) Ningunha resposta é correcta

46. Sinale a afirmación correcta sobre o Rexistro da Propiedade Intelectual:

a) O rexistro das obras é obrigatorio para adquirir os dereitos de propiedade intelectual

b) O rexistro só pode ser efectuado polo autor da obra obxecto de rexistro

c) O rexistro é un mecanismo administrativo de protección dos dereitos de propiedade

intelectual

d) A solicitude debe presentarse obrigatoriamente de maneira presencial no rexistro central

ou en calquera rexistro territorial

47. Segundo o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, que tipo de obras xa divulgadas

quedan excluídas da posibilidade de facer copias privadas sen autorización do autor?

a) As composicións musicais

b) Os programas de ordenador e as bases de datos electrónicas

c) As obras cinematográficas e audiovisuais

d) Os proxectos, planos, maquetas e deseños de obras arquitectónicas e de enxeñaría

Page 12: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 10 de 24

48. Segundo os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a quen lle

corresponde a creación, modificación e supresión dos departamentos, así como a decisión

sobre a súa adscrición aos centros?

a) Ao Claustro Universitario

b) Ao reitor

c) Ao Consello de Goberno

d) Ao Consello Social

49. Segundo o artigo 135 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a

quen lle corresponde aprobar a implantación ou supresión das titulacións de carácter oficial e

validez en todo o Estado?

a) Á Comunidade Autónoma

b) Ao Consello de Goberno

c) Ao Claustro Universitario

d) Ao Consello Social

50. Segundo o artigo 78 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), é

competencia do Claustro Universitario:

a) Aprobar os convenios de colaboración con outras universidades ou entidades públicas

ou privadas

b) A elaboración dos estatutos, así como a súa modificación

c) Aprobar e propor ao Consello Social o proxecto de orzamento

d) Examinar e aceptar a memoria económica, que incluirá a liquidación do orzamento.

51. Segundo o artigo 38 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), de

quen depende organicamente o persoal de administración e servizos da USC?

a) Do reitor

b) Da Vicexerencia que teña delegadas as competencias en materia de persoal

c) Da Xerencia

d) Da dirección do centro ou servizo ao que estea adscrito o seu posto de traballo

52. Segundo o artigo 171 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC),

quen aproba o orzamento da USC?

a) O Claustro Universitario, previo informe do Consello de Goberno

b) O Consello de Goberno

c) O Consello Social

d) A Xunta de Galicia, previo informe do Claustro Universitario da USC

Page 13: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 11 de 24

53. Segundo o artigo 45 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), quen

aproba as liñas xerais do plan xeral de formación para o persoal de administración e

servizos?

a) O Consello de Goberno, por proposta da Xerencia

b) O Claustro Universitario, por proposta do Consello de Goberno

c) O Consello de Goberno, por proposta do reitor

d) O Claustro Universitario, por proposta do reitor

54. Segundo o artigo 20 da Constitución Española, poderá acordarse o secuestro de

publicacións, gravacións e outros medios de información?

a) Non

b) Si, en virtude dunha orde do Ministerio do Interior

c) Só en virtude dunha resolución xudicial

d) Si, en virtude dun acordo do Goberno

55. Segundo o artigo 29 da Constitución Española, cal dos seguintes non é un dereito

fundamental?

a) O dereito ao segredo das comunicacións e, en especial, das postais, telegráficas e

telefónicas, salvo resolución xudicial

b) O dereito de asociación

c) O dereito a sindicarse libremente

d) O dereito de petición dos Institutos armados

56. Segundo o artigo 55 da Constitución Española, o dereito a folga dos traballadores para a

defensa dos seus intereses poderá ser suspendido:

a) Non pode ser suspendido nunca por ser un dereito fundamental

b) Cando se acorde a declaración do estado de excepción ou de sitio nos termos previstos

na Constitución.

c) Cando a autoridade correspondente non autorice unha folga

d) Cando os traballadores non garantan o mantemento dos servizos esenciais á

comunidade

57. O Defensor do Pobo para a defensa dos dereitos comprendidos no Título I da Constitución

Española, poderá supervisar a actividade:

a) Das Cortes Generales

b) De todos os cidadáns

c) Da Administración

d) Do Goberno

Page 14: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 12 de 24

58. Segundo o artigo 3 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das

administracións públicas, terán capacidade de obrar ante as Administracións públicas:

a) Cando a lei o declare expresamente, os grupos de afectados, as unións e entidades con

personalidade xurídica e os patrimonios independentes ou autónomos

b) Cando a lei o declare expresamente, os grupos de afectados, as unións e entidades sen

personalidade xurídica e os patrimonios independentes ou autónomos

c) Cando se estableza regulamentariamente, os grupos de afectados, as unións e

entidades sen personalidade xurídica e os patrimonios independentes ou autónomos

d) Cando se estableza regulamentariamente, os grupos de afectados, as unións e

entidades con personalidade xurídica e os patrimonios independentes ou autónomos

59. Segundo o artigo 16 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das

administracións públicas, cada Administración disporá dun:

a) Rexistro electrónico único

b) Rexistro telemático único

c) Rexistro electrónico xeral

d) Rexistro telemático xeral

60. Segundo o artigo 30 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das

administracións públicas, cando os prazos se sinalen en días:

a) Sempre que por lei ou no Dereito da Unión Europea non se exprese outro cómputo,

enténdese que son hábiles, excluíndo do cómputo os sábados, os domingos e os

declarados festivos

b) Sempre que por lei ou no Dereito da Unión Europea non se exprese outro cómputo,

enténdese que son hábiles, excluíndo do cómputo os domingos e os declarados festivos.

c) Sempre que por lei ou no Dereito da Unión Europea non se exprese outro cómputo,

enténdese que son sempre naturais.

d) Se expresamente non se indica, sempre se entenden por días naturais

61. A Lei de emprego público de Galicia ten por obxecto:

a) Regular o réxime xurídico da función pública galega

b) Determinar as normas aplicables exclusivamente ao persoal funcionario de Galicia

c) Regular exclusivamente as normas aplicables no desenvolvemento do Estatuto básico

do empregado público

d) Regular o réxime xurídico do persoal ao servizo da Xunta de Galicia

62. Segundo o artigo 23 da Lei de emprego público de Galicia, poderase nomear persoal interino

por acumulación de tarefas por un prazo máximo de:

a) Tres anos, ampliables ata doce meses

b) 6 meses, dentro dun período de doce meses

c) 6 meses, ampliables a doce meses

d) Tres anos, ampliables ata seis meses

Page 15: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 13 de 24

63. Segundo o artigo 22 da Lei de emprego público de Galicia, as relacións de postos de traballo

reservarán necesariamente ao persoal funcionario:

a) Os postos que teñan atribuídas funcións que impliquen a realización de tarefas de

contabilidade e tesourería.

b) Os postos de carácter instrumental correspondentes ás áreas de equipamentos e

instalación

c) Os postos de carácter instrumental correspondentes ás áreas de artes gráficas

d) Os postos das áreas de expresión artística

64. Segundo o artigo 29 da Lei de emprego público de Galicia, teñen a condición de persoal

eventual:

a) As persoas que, en virtude de nomeamento e con carácter non permanente, só realizan

funcións expresamente cualificadas como de confianza ou asesoramento especial.

b) As persoas que, en virtude de nomeamento e con carácter permanente, só realizan

funcións expresamente cualificadas como de confianza ou asesoramento especial.

c) As persoas que, en virtude de nomeamento e con carácter non permanente, realicen a

execución de programas de carácter temporal que non respondan a necesidades

permanentes da Administración

d) As persoas que, en virtude de nomeamento e con carácter permanente, só realizan

funcións que impliquen a realización de tarefas de inspección, fiscalización e control

65. Segundo o artigo 17 da Lei 40/2015, do réxime xurídico do sector público, poderá ser

obxecto de deliberación nun órgano colexiado, un asunto que non figure incluído na orde do

día?

a) Non, nunca

b) Si, sempre

c) Non, salvo que asistan todos os membros do órgano colexiado e sexa declarada a

urxencia do asunto polo voto favorable da maioría

d) Non, salvo que asistan a maioría dos membros e sexa declarada a urxencia do asunto

polo presidente

66. Segundo o artigo 17 da Lei 40/2015, do réxime xurídico do sector público, como se adoptan

os acordos dun órgano colexiado?

a) Por maioría de votos

b) Por unanimidade

c) Sempre por maioría absoluta

d) Sempre por maioría simple de votos

Page 16: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 14 de 24

67. Segundo o artigo 9 da Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades, as

unidades de docencia e investigación encargadas de coordinar as ensinanzas dun ou varios

ámbitos de coñecemento son:

a) As facultades

b) Os departamentos

c) Os centros singulares de investigación.

d) Os institutos universitarios de investigación.

68. Segundo o artigo 36 da Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades, o

Goberno regulará as condicións de homologación de títulos estranxeiros de educación

superior, previo informe:

a) Do Consello Social da universidade correspondente.

b) Do Consello de Universidades.

c) Da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación.

d) Da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario

69. Unebook é:

a) Unha plataforma tecnolóxica de revistas electrónicas

b) Unha plataforma de venta do libro universitario español creada pola UNE en 2014

c) Un agregador de literatura dixital

d) Unha plataforma de monografías en acceso aberto

70. Cales son os períodos habituais de embargo, segundo Horizonte 2020?

a) Entre 12 e 24 meses

b) Entre 6 e 12 meses

c) Entre 6 e 36 meses

d) Entre 12 e 36 meses

71. Cal das seguintes afirmacións con respecto ao Acceso Aberto é falsa?

a) Permite a dispoñibilidade gratuíta en internet

b) Os autores ceden todos os dereitos ás editoriais

c) É un sistema de comunicación científica alternativo

d) Non supón un sistema de comunicación científica excluínte

72. Non é función da Comisión de Biblioteca, segundo o Regulamento da Biblioteca Universitaria

de Santiago de Compostela (BUSC):

a) Aprobar as liñas xerais de desenvolvemento das coleccións da BUSC

b) Propoñer e informar as directrices xerais da política bibliotecaria

c) Aprobar a memoria anual da BUSC

d) Informar a programación de edificios, instalacións e equipamentos da BUSC

Page 17: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 15 de 24

73. Como se chama o rexistro de repositorios de acceso aberto e mandatos institucionais para o

arquivo neles?

a) Melibea

b) ROARMAP

c) Sherpa-Juliet

d) Dulcinea

74. Que información hai que introducir na páxina web da Biblioteca Universitaria da Universidade

de Santiago de Compostela (BUSC) para renovar un préstamo?

a) Nome/apelidos e código de barras da Tarxeta Universitaria de Identidade

b) Correo electrónico da USC e contrasinal

c) Nome completo e correo electrónico

d) Correo electrónico da USC e código de barras da Tarxeta Universitaria de Identidade

75. Non é un procedemento habitual de adquisición nas bibliotecas universitarias:

a) A compra a provedores locais

b) A doazón

c) O Depósito Legal

d) A compra consorciada

76. Cal non é un modelo de adquisición de recursos electrónicos?

a) Evidence Based Selection (EBS)

b) Patron-driven acquisition (PDA)

c) Pick and choose

d) Benchmark

77. Cal non é unha función das Subdireccións da Biblioteca Universitaria, segundo o

regulamento da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC)?

a) Colaborar na dirección e coordinación das unidades e servicios bibliotecarios.

b) Asumir as tarefas delegadas pola dirección de acordo ás necesidades funcionais.

c) Substituír ao/á director/a nas súas ausencias.

d) Asesorar nas diferenzas de criterio que poidan xurdir entre a Biblioteca e calquera dos

seus usuarios

78. Cal é a función das bibliotecas universitarias, segundo a Lei 5/2012, de 15 de xuño, de

bibliotecas de Galicia?

a) Facilitar o acceso e a difusión dos recursos de información e colaborar nos procesos de

creación do coñecemento, a fin de contribuír á consecución dos obxectivos da

universidade.

b) Crear e consolidar hábitos de lectura ,así como estimular a creatividade e a imaxinación.

c) Prestar servizos de información a empresas e asociacións.

d) Poñer todos os medios persoais e materiais tendo sempre en mente a intención de

educar, distraer, informar e formar, á comunidade universitaria

Page 18: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 16 de 24

79. Segundo o Regulamento da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC), cal

é unha das excepcións de préstamo fóra das instalacións da Biblioteca Universitaria?

a) Manuais

b) Obras posteriores a 1958

c) Cds

d) Obras de referencia

80. Segundo o regulamento da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC),

quen autoriza a cesión temporal das obras excluídas de préstamo fora das instalacións da

Biblioteca Universitaria para exposicións, reproducións facsimilares, etc?

a) O xerente, co informe previo da Comisión da Biblioteca Universitaria

b) O reitor, co informe previo da Comisión da Biblioteca Universitaria

c) O xerente, co informe da Xunta Técnica da Biblioteca Universitaria

d) O reitor, co informe previo da Dirección da Biblioteca Universitaria

81. Cales son servizos básicos da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC),

segundo o seu regulamento?

a) Salas de traballo en grupo, préstamo de portátiles e horarios extraordinarios en época de

exames.

b) Información bibliográfica, referencia e acceso ao documento, consulta en sala e

préstamo

c) Servizos a minorías étnicas e lingüísticas, a persoas discapacitadas, e que non poidan

acudir á biblioteca

d) Servizos para fomentar o diálogo intercultural e favorecer a diversidade cultural

82. En que área de coñecemento se utiliza “Biblioteca Cochrane Plus”?

a) Historia

b) Dereito

c) Arquitectura

d) Medicina

83. Das seguintes bases de datos, cal é a que recolle referencias sobre literatura internacional,

lingua e lingüística en diferentes idiomas?

a) MLA

b) LISTA

c) CINAHL

d) ASFA

84. Como se chama a plataforma de préstamo de libros electrónicos mercados ou subscritos

pola Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC)?

a) Prelo

b) Scielo

c) Brépolis

d) i-Biblio

Page 19: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 17 de 24

85. O DRM é:

a) O directorio no cal se autoriza a copia de libros electrónicos

b) O sistema empregado para o autopréstamo

c) O sistema empregado polos editores para protexer as obras de copias non autorizadas

d) O directorio de rexistros de monografías

86. Cales son as tres grandes declaracións sobre o Acceso Aberto?

a) Budapest, Bethesda, Barcelona

b) Budapest, Boloña, Berlín

c) Budapest, Bethesda, Boloña

d) Budapest, Berlín, Bethesda

87. En que base de datos podemos consultar se unha revista española na que se publica un

artigo retivo ou non o dereito de comunicación pública?

a) Dialnet

b) Dulcinea

c) Melibea

d) SHERPA-JULIET

88. No contexto do Acceso Aberto, un arquivo post-print é:

a) A versión final dos autores que inclúe os cambios propostos polos revisores

b) A versión non revisada, antes de publicar

c) A versión libre

d) O rexistro electrónico restrinxido

89. Considérase información primaria a que:

a) É elaborada por bibliotecarios, documentalistas e/ou persoas especializadas no

tratamento documental

b) Contén datos e información, segundo esquemas determinados, referentes a outros

documentos

c) Facilita o control e o acceso a toda gama de repertorios de referencia

d) Conten información nova ou orixinal e que non foi sometida a interpretación ou

condensación

90. Cales son fontes de información secundaria?

a) Bibliografías de bibliografías

b) Bibliografías, boletíns de índices, resumos e sumarios

c) Publicacións seriadas e periódicas, proxectos de investigación

d) Actas de congresos, xornadas, simposios

Page 20: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 18 de 24

91. Que é o rexistro no contexto bibliotecario?

a) O acto que declara formalmente a propiedade da obra por parte da biblioteca

b) O acto polo que se transfiren conforme a determinadas regras certos datos técnicos dun

documento a un soporte documental

c) Un acto que pode executarse a distintos niveis, asignando un código de clasificación,

indizando uns termos significativos ou resumindo nuns parágrafos o documento orixinal

d) O acto polo cal se incorpora un documento formalmente á colección

92. A que campo do formato MARC 21 teremos que acudir para consignar a data de impresión

dunha obra?

a) 260

b) 240

c) 300

d) 250

93. Un ISBN que empeza por “978-84-…”, significa que:

a) É de 13 díxitos e de España

b) É de 10 díxitos e de España

c) É de 13 díxitos e de Portugal

d) É de 10 díxitos e de Portugal

94. Segundo as regras de catalogación do Ministerio de Cultura Español, o punto de acceso

para o Departamento de Filoloxía Galega da Facultade de Filoloxía da Universidade de

Santiago de Compostela sería:

a) Departamento de Filoloxía Galega (Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago

de Compostela)

b) Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía. Departamento de

Filoloxía Galega

c) Departamento de Filoloxía Galega (Universidade de Santiago de Compostela)

d) Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filoloxía Galega

95. En que numero da CDU incluiría un libro de literatura galega?

a) 2

b) 8

c) 3

d) 9

96. Cal destas afirmacións non é correcta referida á estrutura do DOI?

a) A primeira parte, o directorio do DOI, é sempre a mesma: http://dx.doi.org

b) Ten un prefixo que identifica ao editor

c) Ten un sufixo que identifica ao obxecto dixital

d) O prefixo e o sufixo están separados polo signo igual (=)

Page 21: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 19 de 24

97. Cal destas características dun libro impreso debe ir consignada nun Sistema Integrado de

Xestión Bibliotecaria no rexistro de exemplar e non no rexistro bibliográfico?

a) ISBN

b) CDU

c) ISSN

d) Código de barras

98. Ao acceder ao catalogo da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC) para

facer unha busca, por defecto buscamos por:

a) Título

b) Autor

c) Palabra clave

d) Materia

99. Cal destes subcatálogos non está dispoñible no despregable “Buscar en” na busca do

catálogo da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC)?

a) Catálogo Galicia

b) Fondo histórico

c) Catálogo de incunables

d) Catálogo de revistas

100. Por cal destes datos non se pode limitar a busca avanzada no catálogo da Biblioteca

Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC)?

a) Ubicación

b) Tipo de material

c) Editorial

d) Procedencia

101. No despregable “Buscar en” do catálogo da Biblioteca Universitaria de Santiago de

Compostela (BUSC), pódese buscar bibliografía recomendada por:

a) Asignatura e profesor

b) Asignatura e curso

c) Profesor e curso

d) Profesor e titulación

102. Segundo o catálogo da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC), de

cal destas procedencias non ten fondo bibliográfico a BUSC?

a) Diego de Fonseca

b) Biblioteca do Duque de Osuna

c) Felipe de Castro

d) Jacobo María de Parga y Puga

Page 22: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 20 de 24

103. Segundo Carrión Gútiez, a ordenación de fondos máis adecuada para bibliotecas non

centradas en funcións eminentemente conservadoras ou de depósito é:

a) Sistemática

b) Por número currens

c) Por grupos

d) Facetada

104. Cal destas afirmacións non é correcta referida ao rexistro de documentos?

a) Os exemplares idénticos do mesmo documento levan distinto número de rexistro

b) Os volumes ou partes dunha obra levan un número de rexistro único

c) O número de rexistro escríbese nos documentos da mesma maneira

independentemente do seu tipo e formato

d) Unha das funcións do rexistro é que nos pode indicar a cantidade total de documentos

que hai na biblioteca

105. A operación que declara formalmente a propiedade do material por parte da biblioteca e

axuda a verificar a paxinación denomínase:

a) Catalogación

b) Selado

c) Rexistro

d) Admisión administrativa

106. Na recepción de documentos, o “kardex” está asociado ao:

a) Rexistro de publicacións monográficas en contornas non automatizadas

b) Rexistro de publicacións periódicas, tanto en contornas automatizadas como non

automatizadas

c) Rexistro de publicacións monográficas en contornas automatizadas

d) Rexistro de publicacións periódicas, pero só en contornas non automatizadas

107. O catálogo adecuado para a realización de recontos e inventarios é o:

a) Catálogo tipográfico

b) Catálogo mixto

c) Catálogo topográfico

d) Catálogo por materias

108. Cales destes factores de deterioro de fondos son de tipo interno ou intrínseco?

a) O tipo de papel e tinta

b) A contaminación atmosférica

c) A temperatura

d) A humidade

Page 23: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 21 de 24

109. Segundo El Plan de preservación y acceso al documento 2011-2015 da Biblioteca

Nacional de España, a actividade cuxo fin primordial é a recuperación das condicións

orixinais do obxecto pola imitación coidadosa dos materiais e as técnicas, actividade que só

é xustificable por criterios estéticos ou históricos, é a:

a) Restauración

b) Prevención de desastres

c) Preservación

d) Conservación preventiva

110. Entre os métodos de secado de materiais de bibliotecas mollados mencionados nos

Principios para el cuidado y manejo de material de bibliotecas de la IFLA, non se atopa:

a) O secado por conxelación

b) A deshumidificación

c) O secado térmico ao vacío

d) A electrólise

111. Segundo os Principios para el cuidado y manejo de material de bibliotecas da IFLA, as

esporas que se transforman en fungos, desenvolveranse cando existan as seguintes

condicións favorables:

a) Humidade (sobre 65% de HR), escuridade e mala ventilación

b) Humidade (sobre 65% de HR), calor e mala ventilación

c) Escuridade, mala ventilación e calor

d) Escuridade, mala ventilación e frío

112. Nun libro impreso antigo, a signatura tipográfica é:

a) A marca ou símbolo do impresor do libro

b) A marca ou símbolo do editor do libro

c) A signatura que tiña o libro nos talleres tipográficos

d) O sinal que serve para indicar a orde dos pregos

113. O incunable da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC) que está

considerado como exemplar único no mundo é:

a) O Libro de Horas

b) A Gramática Latina de Juan de Pastrana

c) As Cantigas de Santa María

d) O Pergamiño Vindel

114. O creador e promotor da Biblioteca América da Universidade de Santiago de

Compostela (USC) foi:

a) José María de Bustamante y Urrutia

b) O arcebispo Lago González

c) Gumersindo Busto

d) O Duque de Osuna

Page 24: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 22 de 24

115. Segundo a definición recollida no ALA glossary of terms, un libro raro e valioso é:

a) Un libro anterior a 1901

b) Un libro tan vello, pouco común ou difícil de atopar que raramente aparece no mercado

do libro

c) Un incunable ou un impreso dos séculos XIII a XIX

d) Un incunable, un manuscrito ou un impreso dos séculos XIII a XVIII

116. Que son as follas de respecto dun libro?

a) As follas do libro onde se insire a dedicatoria

b) As follas do libro onde se insire a licenza

c) As follas do libro onde se insire a taxa

d) As follas en branco que se colocan ao principio e ao final dun libro

117. Segundo o artigo 110 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia,

inclúense no patrimonio bibliográfico galego as obras nas que concorra algunha das

seguintes circunstancias:

a) Que sexan anteriores a 1801

b) Que conste a existencia de, polo menos, cinco exemplares idénticos en bibliotecas ou

servizos públicos

c) Que teñan características singulares que lles outorguen carácter único (ex libris,

expurgacións, etc.)

d) Que estean conservadas en bibliotecas de titularidade privada ou pública de excepcional

interese para a Comunidade Autónoma

118. Segundo o artigo 110.3 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia,

quedarán sometidos ao réxime de protección que esta lei establece para os bens declarados

de interese cultural:

a) Os inmobles dedicados a bibliotecas de titularidade autonómica

b) Os inmobles dedicados a bibliotecas de titularidade pública

c) Os inmobles dedicados a bibliotecas de titularidade privada

d) Os inmobles dedicados a bibliotecas de titularidade pública e privada

119. Por que, segundo a Lei 16/1985, de 25 de xuño, do patrimonio histórico español se

presume que existen polo menos tres exemplares no caso de obras editadas a partir de

1958?

a) Porque nese ano entrou en vigor a anterior Lei de patrimonio histórico español que

obrigaba ao Depósito Legal de todas as publicacións

b) Porque nese ano empezou a funcionar o Depósito Legal en España

c) Porque nese ano a IFLA aprobou a nova normativa internacional do Depósito Legal

d) Porque dende ese ano a Lei do libro obrigaba aos autores a depositar tres exemplares

das súas obras na Biblioteca Nacional

Page 25: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 23 de 24

120. Segundo o artigo 51.1 da Lei 16/1985, de 25 de xuño, do patrimonio histórico español, a

Administración do Estado, en colaboración coas demais Administracións competentes,

confeccionará:

a) O censo dos bens integrantes do Patrimonio Bibliográfico

b) O catálogo colectivo dos bens integrantes do Patrimonio Bibliográfico

c) O catálogo colectivo dos bens integrantes do Patrimonio Documental

d) O censo colectivo do Patrimonio Documental e Bibliográfico

Preguntas de reserva

121. Cal destas afirmacións non é correcta con respecto á clasificación de Brunet?

a) Foi creada en 1810 polo bibliógrafo francés Jacques-Charles Brunet influído polo

sistema filosófico de Francis Bacon

b) É a máis corrente nas bibliotecas francesas, especialmente para clasificar fondos

antigos e mortos

c) É un exemplo de clasificación de estrutura xerárquica

d) Orixinariamente constaba de 12 grandes grupos ou clases representados por letras

maiúsculas

122. Cal é a tipoloxía das fontes de información segundo a facilidade de acceso?

a) Publicadas, inéditas, reservadas

b) Impresas, audiovisuais, mecanizadas

c) Inmediata, mediata, altamente diferida

d) Primaria, secundaria, terciaria, obras de referencia e consulta

123. Segundo o artigo 37 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, é un

dereito especifico do persoal de administración e servizos:

a) O coñecemento das funcións propias do posto de traballo que desempeñe

b) A permanente actualización no posto de traballo que desempeñe

c) Recibir información exacta e concreta sobre os asuntos que lle afecten

d) Participar activamente no control da calidade da docencia e na elaboración dos seus

criterios xerais de avaliación

124. Cal destas entidades ou asociacións non está relacionada coa xestión dos dereitos de

autor?

a) VEGAP

b) DAMA

c) CEDRO

d) ORCID

Page 26: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA · UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ... O abade do Mosteiro de San Martiño Pinario c) A esposa de Fernando I, a raíña dona Sancha ...

Páxina 24 de 24

125. O documento de REBIUN Normas e directrices para bibliotecas universitarias e

científicas (1999), insta ás bibliotecas universitarias a manter uns determinados servizos. Cal

dos seguintes non está entre os recomendados neste documento?

a) Facilidades para o estudio

b) Hemeroteca

c) Formación de usuarios

d) Horarios amplos ao longo de todo o ano