Día género gallego - redec · Mentres mamá está de viaxe, organizámonos nas tarefas da casa...

2
entre iguais Día para os dereitos das mulleres 8 de marzo:

Transcript of Día género gallego - redec · Mentres mamá está de viaxe, organizámonos nas tarefas da casa...

Page 1: Día género gallego - redec · Mentres mamá está de viaxe, organizámonos nas tarefas da casa papá, Carlos e mais eu. Entre os tres é moi fácil realizar as tarefas. Eu poño

entre iguais

DDííaa ppaarraa ooss ddeerreeiittooss ddaass mmuulllleerreess88 ddee mmaarrzzoo::

Día género gallego.qxd 1/8/08 09:43 Página 1

Page 2: Día género gallego - redec · Mentres mamá está de viaxe, organizámonos nas tarefas da casa papá, Carlos e mais eu. Entre os tres é moi fácil realizar as tarefas. Eu poño

InfantilMaleni cóntanos como viven ela e a súa familia, mostrándonos con naturalidade algúns aspectoscotiáns nos que desenvolverse e participar de maneira conxunta nenos e nenas, homes e mulleres.

A través dun contacontos fomentaremos a interacción co alumnado; para iso indícanse algunhaspreguntas que poden ser enriquecidas polo profesor ou profesora de cara a conducir o diálogona asemblea para a comprensión de que os aspectos propostos (profesións, tarefas domésticas,xogos, xoguetes, cores, disfraces) non teñen por que ser diferentes para un sexo ou outro e, des-cubrir a riqueza que supón compartilos sen realizar esta distinción.

OBXECTIVOS

• Descubrir realidades cotiás dos nenos e as nenas como un espazo común a construír entre todos e todas.• Fomentar valores de respecto e estima diante das opcións e afeccións dos demais independentemente do

seu sexo.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Conta contos: O dilleridú (“didgeridoo”) de Maleni

Ola! O meu nome é Maleni, vivo en Nicaragua e teño cinco anos. A miña mamá é capitana dun barco depasaxeiros e pasaxeiras. Ela pasa moito tempo fóra viaxando por todo o mundo.

Nas súas viaxes coñece moitos lugares e xentes. Cando regresa á casa cóntanos historias marabillosassobre o grande e o diferente que é o noso mundo. Tamén atopa persoas con situacións moi difíciles; viu moi-tas mulleres que o pasan mal e nenas que non teñen un colexio onde ir e aprender, só porque son nenas…

O meu papá dá clases de música e canto a nenos e nenas invidentes. Ás veces, cando terminan as clasesvén con algúns dos seus alumnos e alumnas e xantan connosco na casa; encántanos que veña xente, diver-tímonos contando historias e aprendemos uns dos outros.

Tamén teño un irmán (Carlos) que xa está en Primaria. Nos pasámolo moi ben xuntos porque el me aprendeos seus xogos e eu os meus. Tamén compartimos os nosos xoguetes e as fins de semana xogamos ao fút-bol, lemos historias, imos pasear en bicicleta... A miña bici é da miña cor preferida, o verde. A de Carlos élaranxa; a el gústanlle as cores vivas e alegres.

Cal é a vosa cor preferida?Tedes irmáns/ás? A que xogades con eles/as?Que xoguetes vos gustan máis?

Mentres mamá está de viaxe, organizámonos nas tarefas da casa papá, Carlos e mais eu. Entre os tres é moifácil realizar as tarefas. Eu poño a mesa, papá frega os pratos e Carlos axuda a secalos e a varrer. Candovén mamá sempre fai algunha reparación que necesita a casa, dánselle moi ben ese tipo de tarefas.

Que tarefas facedes vós?Podemos realizar nenos e nenas as mesmas tarefas?

O próximo venres facemos unha festa de disfraces na escola para celebrar a chegada da primavera. A min oco-rreúseme disfrazarme de capitana de barco porque me gusta moito o uniforme de mamá pero na tenda só teñende capitán, que podo facer?, de que me podo disfrazar?, de que vos gustaría disfrazarvos?

Cando máis feliz me sinto é cando estamos os catro na casa e sempre estou desexando que mamá cheguee nos fale das cousas que viu e da xente que coñeceu. Nunha das súas últimas viaxes tróuxenos un dilleri-dú, sabedes que vén sendo un dilleridú?

É un instrumento musical australiano, o seu aspecto é cuspido a unha alongada ponla de árbore e candosopras por el regálache o seu misterioso son. A mamá contáronlle que a súa música encanta ás serpes.

Como papá sabe moito de música aprendemos a tocalo moi ben, encántame o dilleridú! Ata a palabra “dille-ridú” ponme sempre moi contenta porque me lembra á mamá. Cando ela non está, vouna cantando caladi-ñamente pola rúa e imaxínome que nese momento estará navegando polos mares ou descubrindo algunhacidade da que logo nos contará historias interesantes.

Queredes repetir comigo a palabra “di-lle-ri-dú”? Veredes que divertida!“Di-lle-ri-dú”, “di-lle-ri-dú”. (E, ponse un ton musical sinxelo e fáiselles repetir varias veces a palabra e poden chiscan os dedos en cadasílaba. Finalizamos cun aplauso).

Xesto: Entre iguais

O profesor ou a profesora di a xeito de palabras máxicas:“Dilleridú, dilleridú, nesta clase os nenos e as nenas xuntas aprenderán; dilleridú, dilleridú, nesta clase osnenos e as nenas xuntas xogarán!”

E cada neno e nena pensa nun compromiso relacionado coas tarefas de casa que poida facer:“Dilleridú, dilleridú, na casa…!”

Achegarémonos á historia de tres mozas e ás dificultades que enfrontan para realizar as súasopcións. Proponse traballar en torno as devanditas historias a través de diferentes preguntase dun xogo de roles promovendo así a argumentación desde a comprensión dos sentimentos dasprotagonistas.

OBXECTIVOS

• Tomar conciencia dos estereotipos baseados no sexo das persoas.• Comprender os sentimentos das persoas que experimentan prexuízos e discriminacións por cuestións de

xénero.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Divídese a clase en varios grupos e entrégase a cada grupo unha información diferente (Ficha A ou Ficha B).Cada grupo le a ficha e contesta ás preguntas do final e a seguir expón o tema da súa ficha e as respostasque deron como grupo.

Ficha A

María e Cristina viven en Asturias e teñen 13 e 14 anos respectivamente. O ano pasado o profesor de traba-llos manuais fíxolles un taller de mecánica no que aprenderon a arranxar aparellos eléctricos, bicis e unhamorea de cousas... Desde entón elas e o seu compañeiro da clase Pedro encargáronse do taller de bicis daescola con moitísimo éxito.

Este verán María e Cristina decidiron irse de vacacións cun grupo do barrio e se ocorreulles poñer un tallerde bicis para sacarse uns cartiños. Buscando local, acordáronse dun cuarto cheo de chirimbolos que é dacomunidade de veciños da casa de María.

María foi falar co presidente da comunidade: “Bos días, quería saber se o cuarto do baixo está libre para poderarranxar bicis”. O presidente contéstalle: “Si, María, pero dille ao teu irmán que veña el persoalmente a falarcomigo”. María explicoulle que non era para o seu irmán senón que era ela a que ía arranxar as bicis cunhaamiga. O presidente, pampo, díxolle: “María, iso é unha parvada onde se viu que as mozas arranxen bicis!”, eengadiu: “Veña, non te amoles e vaite a xogar coa túa amiga ás vosas cousas”.

Contesta por grupos ás seguintes preguntas: Como te sentirías se foses María? Por que lle parece mal aopresidente da comunidade que María e a súa amiga arranxen bicis? Que ideas ten sobre as mozas o presi-dente? Como prexudican estas ideas do presidente a María e Cristina? Como prexudican estas ideas ás rapa-zas e rapaces do seu barrio?

Xogo de rol• Un membro do grupo ponse no lugar de María e intenta convencer ao presidente de que lle deixe insta-lar o local para abrir o taller.• Ao final María convence ao presidente de que lle deixe o local. Conseguírono!

Ao pouco xa teñen ata cartel na porta co seu nome. Marcos pasaba por alí coa súa bici pinchada. Chamaá porta e ao abrir ve que son dous mozas as que están reparando as bicis. Quédase estrañado: poderá fiar-se de que lla arranxen ben?

Contesta ás seguintes preguntas: Por que se estraña Marcos?, que pode sentir?, como cres que se sentenMaría e Cristina diante da súa desconfianza?

Ficha B

Mariela é unha moza de 13 anos que vive en Caracas. Ten dous irmáns e ela é a pequena. Custoulle moitoesforzo sacar unhas boas notas porque ao chegar á casa tiña que axudar á súa nai a coidar do seu avó.Pero conseguiuno e, ademais, é a mellor da clase. Agora ten que elixir e xa lle contou a súa decisión aosseus pais: quere estudar na Universidade da súa cidade para ser informática, como os seus dous irmáns.O pai, con xesto serio, díxolle que iso é unha parvada, unha andrómena; que tiña pensado para ela queestudase idiomas como a súa tía Ana para axudarlle no seu pequeno negocio. Ademais díxolle “quen vaiaxudar á túa nai mentres ti estudas todo ese tempo?”.

Contesta por grupos ás seguintes preguntas: Como te sentirías se foses Mariela? Por que lle parece mal aopai de Mariela que ela queira ser informática? Que ideas ten o pai sobre as nenas? Como prexudicanestas ideas a Mariela? En que beneficiaría que Mariela conseguise o seu propósito? Prexudicaría a alguén?

Xogo de rol:• Un membro do grupo ponse no lugar de Mariela e intenta convencer ao pai de que lle deixe estudar paraser informática.• Ao final Mariela convence ao seu pai. Conseguiuno! En pouco tempo xa montou coa súa única compañeirade estudos unha empresa para dar soporte informático a empresas e ten a súa primeira entrevista cun direc-tor xeral. Ao chegar, o director queda abraiado e pregunta: “Onde está o director da súa empresa?, está doen-te?.” Cristina responde que é ela a directora, mentres ve a desconfianza na súa cara: poderá fiarse da súaempresa?

Contesta ás seguintes preguntas: Por que se estraña o director? Que pode sentir ao saber que Mariela édirectora e informática? Como cres que se senten elas diante da súa desconfianza? Quen sairía prexudica-do/ a se o director rexeita á súa empresa porque ela é muller?

Xesto: Entre iguais

Cada alumno/a escribe nunha folla unha recomendación, palabras de ánimos ou desexos (“As miñas palabraspara...”) para cada un dos protagonistas das historias e pégano no cartel.

RECURSOS

• Cartolinas para repartir coa Ficha A e a Ficha B.

Propoñemos traballar sobre os gustos, afeccións e profesións que normalmente ligamos a undeterminado sexo. Farémolo a través dunha sinxela dinámica con tarxetas que conterán a descri-ción dun personaxe ao que deberán asignar un nome explicando por que pensaron que é rapaz ourapaza.

OBXECTIVOS

• Comprender que as rapaces e os rapaces poden ter os mesmos gustos e afeccións.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Entregamos a cada alumno/a unha tarxeta na que aparece unha pequena descrición onde non figurará se édun rapaz ou unha rapaza, e deberán inventarse un nome para ese personaxe.

Teremos seis tipos de tarxetas de diferentes cores (que representan a seis persoas) e repartiremos tantascomo alumnos e alumnas haxa na clase, polo que varios deles e elas terán a mesma tarxeta.

Unha vez que teñan a tarxeta, deberán lela e poñerlle un nome. Posteriormente, iremos vendo os diferentesnomes que lle deron aos mesmos personaxes presupoñendo o seu sexo. Así, irán saíndo os que teñan a tar-xeta do mesmo personaxe e lerano para os demais dicindo o nome que lle puxeron.

Comprobaremos que diante da mesma tarxeta, uns/has pensarán que é rapaz e outros/as que é rapaza.Cadaquén argumentará por que puxo que é rapaz ou rapaza e tratarase de conducir a reflexión de xeito quevaian tomando conciencia de que tanto rapaces como rapazas poden ter os mesmos gustos e afeccións.

No caso de que non haxa consenso diante dun mesmo personaxe, sopesarán entre todos/as ata determinara identidade do mesmo. Para iso escribiranse no encerado todas as argumentacións que sosteñan que éneno e todas as argumentacións que sosteñan que é nena.

Xesto: Entre iguais

Realizarán a tarxeta con información sobre eles/as mesmos/as, para dicilo en voz alta e pegalo sobre o cartel.

RECURSOS

• Tarxetas para entregar:

Propoñemos unha actividade que conta con dous tempos diferentes. Comezamos cun baróme-tro de ideas que lanza afirmacións para que o alumnado sopese, se posicione ante elas e argu-mente; a seguir haberá outro segundo momento no que, desde as propias opcións persoaispoidan reflexionar se existe ou non un condicionamento social polo feito de ser mozos oumozas.

OBXECTIVOS

• Reflexionar sobre a diferenza de oportunidades entre homes e mulleres.• Tomar conciencia dos condicionamentos sociais derivados de ser homes e mulleres.• Fomentar unha actitude respectuosa diante das opcións dos demais.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Nun extremo da sala colocamos un papel coa palabra “SI” e no lado contrario, outro coa palabra “NON”,delimitando o espazo entre un extremo e o outro cunha liña imaxinaria que atravese o centro da sala. O/aprofesor/a le a primeira frase (apartado Recursos) e cada rapaz/a deberá situarse a carón do folio do “SI”se están de acordo co enunciado, e a carón do “NON” se están en desacordo.

Neste primeiro momento non cabe termo medio, hai que tomar postura claramente no “SI” ou no “NON”.Unha vez que todos e todas estean situados/as no extremo decidido, terán que ir dando os seus argumen-tos; primeiro escóitanse os argumentos dun lado e, a seguir, os do oposto.

Cando se escoiten todos e todas, existe un segundo momento de reformulación de posicións no que teránoportunidade de cambiar de extremo ou situarse nun lugar máis intermedio da sala.

Finalizada esta parte, entregamos unhas pequenas fichas en branco ao alumnado. Nelas han de poñer aprofesión que lles gustaría desempeñar no futuro.

Posteriormente, cada alumno e alumna coloca a súa ficha nun papel continuo que estará dividido en dúascolumnas, unha para mozos e outra para mozas.

Unha vez que temos todas as tarxetas no mural, lemos en voz alta cada unha das diferentes profesións eli-xidas polo alumnado.

Por grupos, deberán facer un reconto das diferentes profesións que saíron, tendo así unha relación defuturos profesionais, divididos por sexo.

Intentaremos facer unha reflexión en gran grupo verbo do resultado:Hai profesións que asociamos ás mulleres e profesións que asociamos aos homes? Por que? Cres quenos condiciona á hora de facer as nosas opcións profesionais o que socialmente se espera que fagamoscomo mozos ou mozas?Se foses do sexo contrario, elixirías a mesma profesión? Por que?

Xesto: Entre iguais

O alumnado fará unha sentada en silencio mentres soa a canción “Ella” do CD de Bebe “Pa'fuera telarañas”.

RECURSOS

• Papel continuo, fichas en branco e rotuladores.• Frases para o barómetro:

Dereitos

• A miña nai ten tanto tempo libre como o meu pai.• A miña avoa necesitou o permiso do meu avó para ter conta corrente e vender as súas cousas.• Se tivese un fillo/a pediríame o permiso de maternidade/paternidade.• Podo chorar cando quero.

Oportunidades

• Prefiro as carreiras de letras.• Ás mozas dánselles peor as ciencias.• As mulleres non inventaron nin produciron nada relevante para a ciencia.• Podo facer todos os deportes que quero.• Ter parella e formar unha familia é moi importante na miña vida.

Obrigas

• Os fillos/as son responsabilidade das nais máis que dos pais.• Volvo a casa á mesma hora cós meus irmáns/as.• Na miña casa o meu pai e a miña nai repártense por igual as tarefas domésticas.• Eu realizo a mesma cantidade de tarefas cós meus irmáns/ás.• Apoio aos meus irmáns/ás pequenos/as nos deberes.• A miña nai faille a maleta ao meu pai cando imos de viaxe.

Cambio

• A situación das mulleres foi avanzando notablemente ao longo do tempo, hai que deixar que as cousas sigano seu ciclo e de vagar acadarase a igualdade.• Grazas ao esforzo e á loita de moitas mulleres, homes e organizacións sociais, as mulleres foron acurtandodistancia con respecto ás oportunidades dos homes; aínda queda un longo camiño por percorrer no que debeimplicarse toda a sociedade (homes, mulleres, gobernos e sociedade civil).

Primaria

Secundaria

Bacharelato

entre iguais

Teño 6 anos, gústame moito xogar ao fútbol ever películas de Walt Disney.

De maior encantaríame traballar nun hospitalcoidando e curando a nenos e nenas.

O meu nome é

Teño 8 anos, a materia que máis me gusta éCoñecemento do Medio, porque de maior gostaríame traballar no campo cultivando froitase verduras e criando animais.

A afección que máis me gusta é bailar, por isovou a clases de baile tres tardes á semana.

O meu nome é

Teño 10 anos, de maior gustaríame traballarcon nenos e nenas, como profesor de Linguanun colexio.

O meu nome é

Teño 7 anos, a miña principal afección é xogarcon coches teledirixidos e ver as carreiras demotociclismo.

Gústame moito axudar á miña nai e ao meu paia cociñar e cando sexa maior traballarei nocomedor do meu colexio, facendo as comidaspara os nenos e nenas.

O meu nome é

Teño 10 anos e o que máis me gusta facer nomeu tempo libre é ir pescar cos meus pais asfins de semana e facer rutas de montaña coabicicleta.

Cando sexa maior, gustaríame moito traballarnunha gardería.

O meu nome é

Teño 11 anos, encántame a natación e patinarno parque. De maior quero ser xornalista.

O meu nome é

entre iguais

entre iguais

entre iguais

Día género gallego.qxd 1/8/08 09:43 Página 2