Coresma unha viaxe en clave de oración.

18
Unha viaxe pola Coresma… … en clave de oración

Transcript of Coresma unha viaxe en clave de oración.

Page 1: Coresma unha viaxe en clave de oración.

Unha viaxe pola Coresma…

… en clave de oración

Page 2: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: ir ao deserto para encontrar o esencial

Dáme forza, Señor, para adentrarme no meu interior e encontrar o que ti sementaches en min para ofrecelo aos demais.

Page 3: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: deixarse iluminar pola Luz

Que a túa Luz, Señor, me faga ver a luz, ilumine a miña vida e me axude a comprender o que me dá felicidade e sentido.

Page 4: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: deixarse guiar polo Señor que nos leva polos seus camiños

Grazas, Señor, por todos os que me transmitiron a fe e me axudan a facela máis intensa, máis profunda, máis personalizada, máis madura.

Page 5: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: urxencia de conversión

Que te coñeza, Señor, e me coñeza a min, como ti me coñeces, para que irradie o teu amor a toda persoa que se relacione comigo.

Page 6: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: cambiar de vida.

Axúdame, Señor, a camiñar polos teus camiños. Que nada nin ninguén me aparte do teu amor de Pai.

Page 7: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: facer a vontade de Deus

Veña, Señor, o teu Reino á miña vida, ao noso mundo, á nosa casa, ás nosas relacións humanas. Fai que loite por construír un ambiente máis habitable coa miña presenza sinxela e achegada.

Page 8: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: renovar a fe na oración

Señor, ensíname a orar con limpo corazón, con sentido profundo, con perseverancia e asiduidade, para que saiba discernir a túa vontade.

Page 9: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: corresponder á elección e chamada do Señor.

Señor, empúxame a ser máis, a vivir máis intensamente, a desenvolver todas as miñas capacidades, a loitar por mellorar. Que non me deixe vencer pola comodidade.

Page 10: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: tempo favorable para camiñar e converterse obrando segundo Deus.

Mírote, Señor, e ti mírasme. Fai que encontre en ti a forza que me guía.

Page 11: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: reconciliación con Deus e cos irmáns

Señor, ensíname a vivir as túas ensinanzas desde o interior e sen barreiras. Que elas fecunden en min os bos propósitos que guían a miña vida.

Page 12: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: confiar nos verdadeiros valores.

Axúdame, Señor, a descubrir a quen me necesita, a quen podo botar unha man, e dáme forza para acompañalo, escoitalo e estar ao seu lado.

Page 13: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: recordar a mensaxe de Deus e poñela en práctica

Creo, Señor, pero aumenta a miña fe. Dáme a ledicia de saberte achegado, e a confianza de sentir que ti sempre estás ao meu carón.

Page 14: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: amar a Deus sobre todas as cousas.

Quero, Señor, marchar polos teus camiños, rexeitar os ídolos que non me deixan achegarme a ti,e arraigarme no teu amor.

Page 15: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: facer xermolar a vida que levas no teu interior

Axúdame, Señor, a desenvolver o moito e bo que sementaches en min.

Page 16: Coresma unha viaxe en clave de oración.

Axúdame, Señor, a discernir os meus camiños, a descubrir o que axuda a crecer e madurar, o que conduce ao encontro contigo e cos irmáns.

A Coresma: acoller a vida

Page 17: Coresma unha viaxe en clave de oración.

A Coresma: acompañar a Cristo na súa Paixón

Axúdame, Señor, a ser servidor de todos, con sinxeleza, con humildade, con sinceridade, con amor.

Page 18: Coresma unha viaxe en clave de oración.

Feliz camiño cara á Pascua de Resurrección!