Mar ía e Pedro fan unha viaxe a Santiago de...

26
María e Pedro fan unha viaxe a Santiago de Compostela

Transcript of Mar ía e Pedro fan unha viaxe a Santiago de...

María e Pedro fanunha viaxe a Santiago

de Compostela

María e Pedro

son dous rapaces de 8 anos que dendehai uns días están moi nerviosos; non pa-ran de moverse dun lado ó outro, falanmoi rápido, cústalles quedar durmidos eestán continuamente detrás da súa nai,preguntándolle cantos días faltan parasaír. Non poden máis, as súas ganas porcomezar a tan esperada viaxe son incri-bles. Ah! Pero non vos contei; sabedespor que están tan nerviosos os nosos pro-tagonistas? Pois hai un mes que os seus

2

pais lles dixeron que estaban preparandounha longa viaxe, pero sería unha viaxeque non farían no coche como todos osanos, nin tampouco á praia como todossos veráns; senón que esta vez íana facerandando, a Santiago de Compostela; fa-rían o camiño de Santiago.

As novas aventuras que lles esperabantiñan moi ilusionados a María e a Pedro;coñecerían moitos lugares novos, faríanmoitos amigos, pasaríano moi ben, e so-bre todo, ían aprender moito! Aprenderíanalgo moi importante, aprenderían a cami-ñar pola rúa correndo o menor perigo po-sible; é dicir, aprenderían a ser peóns

4

5

exemplares! Isto gustáballes moito, poislogo serían eles os que lles ensinasen ósseus compañeiros e ás súas compañeirasdo colexio cando realizasen algunha ex-cursión.

Despois de moitos nervios, de moitaspreguntas (algunhas delas sen resposta),e moitos preparativos, por fin chegou odía! A viaxe comezaba; a familia apresurá-base a meter na mochila aquelas cousasque lles acordaban no último momento,un xoguete, o boneco de durmir, o amuletoda sorte, algunha menciña, as gomas dopelo, e outras cousas que lles ían acor-dando mentres se preparaban para partir.

Deron no reloxo as 8 en punto damañá, e a familia saíu pola porta dispostaa camiñar durante unha longa xornada, to-dos… menos Pedro! Que era moi cedo polamañá e aínda andaba un pouco despistado,pois cando María saíu pola porta veunometendo a súa mochila na maleta do co-che, disposto a sentar nel coma todos osanos.

– Pedro!!, dixo María; que hoxe nonimos no coche!

– É verdade! Xa non me lembraba, entreo sono que teño e a ilusión que me fai aviaxe…

6

Pero o sono de Pedro logo marchou;en canto se puxeron a camiñar, comezouxunto coa súa irmá María a dar brincos, acorrer, a xogar…

A súa nai, advertiuno de que iso só opoderían facer mentres camiñasen porzona rural onde non pasasen coches, quelogo cando entrasen na cidade, xa non po-derían ir correndo pola beirarrúa, pois seríaperigoso. Os nenos non o entenderon bene seguiron co seu xogo da pilla sen prestarmoita atención ás palabras da súa nai. Ca-miñando polo monte ían atopando moitosanimais, un esquío, un coello, un rato, moi-tos paxariños, unha lebre, etc; e cando sa-

8

íron de novo á estrada, Pedro e María pri-meiro asustáronse e logo puxéronse tristes,pois viron que un gato fora atropelado porun coche, e laiábase dunha farida nunhadas patiñas traseiras. Daquela a María vi-ñéronselles á mente as palabras que súanai lles dixera había un anaco; (“Só pode-des ir correndo mentres camiñemos poronde non pasan os coches”), e entón pre-guntoulle:

– Mamá, este gato correu por onde pa-san os coches?

– Si María; dixo súa nai; este gato nonfoi coidadoso, quixo cruzar a rúa e non tivoen conta que por esta rúa pasan moitos

9

coches e que podía ter un accidente; poriso cando camiñamos pola estrada debe-mos ter os ollos ben abertos e evitar osmáximos perigos posibles.

Desta vez, María e Pedro entenderonmellor o que a súa nai lles explicaba, e to-márono máis en serio; durante un anacocamiñaron con máis coidado.

Pero pronto esqueceron o acontecido,e de novo se puxeron a saltar e a xogar.

Chegaron á cidade, remataran o ca-miño pola zona rural e os coches pasabancada vez máis a miúdo, o ruído era cadavez máis intenso. Pasaban vehículos de

10

todo tipo, dende os máis grandes ata osmáis pequenos, dende bicicletas de 2 rodasata camións de 8 rodas, pasando por mo-tos, coches, autobuses, algún tractor, fur-gonetas e moitos outros que María e Pedroían contando. Estes dous nenos tamén seían fixando en se os condutores cumpríanou non coas normas de seguridade nosvehículos. Os seus pais explicáranlles quecando se monta nun vehículo, sempre haique poñer o cinto de seguridade, pois setemos algún accidente pode protexernosmoito e incluso salvarnos a vida. Taménlles explicaran que as persoas que van con-ducindo non poden falar polo teléfono mó-bil, nin poden distraerse comendo nin be-

12

bendo; que os nenos pequeniños deben irsentados na súa cadeira regulamentariacorrectamente suxeitos a ela, que non po-den ir no asento de diante.

Un condutor falando polo móbil, unneno moi pequeno no asento dianteiro sena correspondente suxeición, outro condu-tor comendo, outro meniño no asentodianteiro no colo de súa nai sen ningúntipo de protección, o condutor sen cintode seguridade... canto perigo!!

Os nosos dous amigos continuabancamiñando xunto cos seus pais, e íanse fi-xando noutros detalles:

13

– María; dixo Pedro; fíxaste en quenleva o casco posto? Mira para o ciclista!Leva casco e chaleco reflector!

– Si Pedro! E mira, o motorista taménos leva posto!

– Claro; díxolles o seu pai; é moi im-portante que poñan o casco, pois así, secaen ou teñen calquera accidente non semancarán tanto.

– Ah! E o chaleco tamén é para protexeras costas?, pregunta Pedro

– Non, o chaleco serve para que os de-mais condutores vexan mellor ós ciclistase ós motoristas, así evitan ser atropelados.

14

Os coches pasan moi rápido, non dátempo nin de velos; os nenos necesitancruzar a rúa e non son capaces; menosmal que a súa nai os para! Doutro xeito se-rían atropelados. Non se pode cruzar a rúase non temos un semáforo ou un paso depeóns. O pai de María e de Pedro explíca-lles que para cruzar dunha beirarrúa á outradeben buscar sempre un semáforo e espe-rar que a luz dos peóns se poña en verde,pois se a temos en vermello significaríaque non podemos cruzar.

– E que ocorre se non hai semáforos?,pregunta Pedro

– Se non hai semáforos, debemos buscar

16

un paso de peóns; unhas liñas brancas egrosas pintadas na estrada; nestas liñas, oscoches teñen que parar para deixarnos pasar;pero antes de pasar temos que parar e mirarben se veñen coches, se veñen, debemosesperar a que paren para que nos deixen pa-sar e así asegurarnos de que nos viron. Destexeito non seremos atropelados.

– E se non temos semáforos nin pasosde peóns?, pregunta María

– Ti que cres que debes facer María?,dille a nai

– Pois non cruzo que me poden atro-pelar!

17

–Ha ha, si que podes cruzar María; con-téstalle súa nai; pero debes facelo con máiscoidado que nunca, estás totalmente des-protexida sen semáforos nin pasos de pe-óns, polo que debes cruzar a rúa mirandomoitas veces á dereita e á esquerda e ase-gurándote ben de que non veñen vehículospor ningún lado; cando xa esteas totalmentesegura, debes cruzar sen présas.

– Ai! A miña botella de auga caeu naestrada! Vou por ela!

– QUIETO! (Berra a nai de Pedro aga-rrándoo pola cazadora), case te atropelaesa moto! Se che cae algo na estrada men-tres vas camiñando, debes asegurarte moi

18

ben de que podes recuperar o obxecto ca-ído sen correr ningún tipo de perigo, re-corda que pola estrada pasan moitos e moivariados vehículos.

María e Pedro acaban de recibir unhaboa lección, agora xa son máis conscientesdos seus erros e van con moito máis coi-dado pola rúa.

A nosa familia está chegando ó remateda súa viaxe; pero seguen camiñando comesmo ánimo co que empezaron. Duranteo seu traxecto atopáronse con outra familiaque tamén ía facendo o Camiño de San-tiago; así María e Pedro coñeceron a Ra-quel, unha nena de 6 anos que ía facendo

20

o camiño cos seus pais. Como chegou ahora de merendar, sentaron na terraza dunbar para pedir uns bocadillos. Cando re-mataron a merenda, os tres nenos puxé-ronse a xogar coa pelota de Raquel, ataque o pai dos nosos protagonistas lles dixo:

– Vedes aquel cristal roto?

– Si.

– Pois foron os xogadores do equipode baloncesto que lle deron coa pelota e oromperon; vedes aquela señora maior quevén camiñando por alí?

– Si, a do sombreiro azul.

21

– E que lle pasará se vos escapa a pelotae lle dades con ela?

– Pois que se mancará e incluso podecaer, responderon os nenos.

– E se a pelota vos vai para a estrada?Continuou o pai de María e Pedro.

– Pois non podemos ir por ela porquepasan coches, ademais se a pisan coas rodaspodemos provocar un accidente e ademaisquedamos sen pelota; contestou María.

– Pois daquela case mellor non xoga-mos aquí con ela, dixo Raquel.

E Raquel tiña moita razón; xogar con

22

pelotas nas beirarrúas é algo moi perigoso,podemos causar moitos danos se non acontrolamos ben.

E por fin, María, Pedro, Raquel e osseus pais, chegaron á Catedral de Santiagode Compostela dando por finalizada a súaviaxe, na que como vimos, aprenderonmoitas cousas! Agora si sabían ser bos pe-óns; sabían como facer para non correr pe-rigos nas rúas das transitadas cidades.

Cando chegaron á casa, non tardaronmoito en quedar durmidos, pois ían bencansos! Pero o esforzo merecéralles a pena;daba gusto velos despois nas excursiónsdo colexio dirixindo os seus compañeiros

24

e aprendéndolles todo o que eles sabíanpara que tampouco lles pasase nada malopolas rúas das cidades.

Os mestres estaban moi contentos coneles, por que eran o perfecto exemplo daseguridade nas estradas.

Realmente, todos debemos tomarexemplo de María e Pedro, vixiar ben oscoches, camiñar con seguridade e coidardos que están con nós; deste xeito evitare-mos moitos accidentes que ocorren porimprudencias.

Así que xa sabedes; moito coidado.

25