Contos como pulgas g
-
Upload
kalandrakacom -
Category
Documents
-
view
247 -
download
5
description
Transcript of Contos como pulgas g
PREMIOLAZARILLO
de creación literaria2006
Título orixinal: Cuentos como pulgas
Colección SETELEGUAS
© do texto: Beatriz Osés, 2013
© das ilustracións: Miguel Ángel Díez Navarro, 2013
© da tradución: Ramón Nicolás, 2013
© desta edición: Kalandraka Editora, 2013
Rúa Pastor Díaz, 1, 4ª A - 36001 PontevedraTelf.: 986 860 [email protected]
Deseño dos logotipos da colección: Óscar Villán
Impreso en Gráficas Anduriña, PontevedraPrimeira edición: xuño, 2013ISBN: 978-84-8464-824-6DL: PO 197-2013Reservados todos os dereitos
Beatriz Osés
Miguel Ángel Díez
C O N T O S D E A U G A
Achegouse aos xuncos con lentitude de hexágonos. Desde
alí chegaba a ver a derradeira liña de ondas. Mirou cara á súa
esquerda, mirou cara á súa dereita. Por uns segundos arroi-
bou de verde, pero decidiu baixar a cremalleira da coiraza.
A tartaruga atravesou correndo a praia nudista. Algúns
mesmo a escoitaron berrar de liberdade. Antes de se mergu-
llar na auga xa se bañara de sol.
Sen medo
O ruído hipnótico da auga aberta sobre a superficie da
bañeira esperta os animais dos canos. Mentres ti te bañas,
asómase a aleta da quenlla que traza xiros vertixinosos no
desaugadoiro, a balea bufando nubes de burbullas esbrancu-
xadas, a raia que sobrevoa os teus pés e che deixa un ronsel
de cóxegas, o oso polar que che sopra frío no pescozo e des-
cobre onde che proe nas costas. Mentres ti te bañas, esperta
o mar. O parrulo de plástico sábeo e, ás veces, anda desacou-
gado.
O que agocha a túa bañeira
No espello
Cando ía moito frío e Juan Luna se erguía descalzo pola
mañá e se achegaba ao cuarto de baño e bocexaba deixando
ver todos os dentes e logo abría a billa e se anicaba sobre
o lavabo e mollaba a cara coa auga xeada… o oso polar, que
o observaba con atención desde o outro lado do espello, imi-
taba todos os seus acenos.
11
Galos de cores
Juan Luna adoitaba cantar na ducha polas mañás. Ás ve-
ces desafinaba moito e o baño enchíaselle de galos de cores.
Contos como pulgas deben lerse
nun lugar e nun tempo á parte,
sen reloxos, nin timbres, nin horarios,
nin pantallas controladoras,
nin actividades didácticas,
nin cualificacións, nin deberes.
Estes contos deben oírse en penumbra
e cos ollos cerrados.
Pois un bo conto, estes contos,
son como «O vello bufo»,
en cuxos ollos caben todas as estrelas.
E cada estrela agocha os soños de milleiros de nenos.
Por iso, o vello bufo coñece todos os segredos,
pero non di nin chío.
Benito Estrella