Contador de estrelas

5
O CONTADOR DE ESTRELAS Santiago Jaureguízar Santiago Jaureguízar, nado en Bilbao, vive na actualidade en Lugo. Este escritor e xornalista traballa no xornal El Progreso. No ano 2005 obtivo o Premio de Xornalismo Reimóndez Portela e no 2009 o Premio Museo Provincial. Pertence ao movemento Bravá. Foi pioneiro na introdución da literatura galega na rede,

Transcript of Contador de estrelas

Page 1: Contador de estrelas

O CONTADOR DE ESTRELASSantiago Jaureguízar

Santiago Jaureguízar, nado en Bilbao, vive na actualidade en Lugo. Este escritor e xornalista traballa no xornal El Progreso. No ano 2005 obtivo o Premio de Xornalismo Reimóndez Portela e no 2009 o Premio Museo Provincial. Pertence ao movemento Bravá. Foi pioneiro na introdución da literatura galega na rede, con proxectos como: Familia feliz en Vieiros. Son obras súas: As horas sucias, Casa Skylab ou O Globo de Sheakespeare. E en canto á narrativa xuvenil: Todo a cen, Salitre,

Page 2: Contador de estrelas

A cova das vacas mortas, Corazón de chocolate, etc. Ten unha obra de teatro: Estación Mir.

O contador de estrelas narra a historia dunha rapaza de quince anos, Antía, que debe acompañar a súa nai, Rosa, quen vai ir traballar como responsable da emisora no Servizo Antilumes durante o verán. As vacacións de Antía prometen ser aburridas e monótonas, a pasar as tardes lendo e xogando á Nintendo na cafetería do aeródromo. Pero todo cambia cando coñece a Enver, un mozo apaixonado pola astronomía. Entre eles xorde unha relación moi especial: comezan a verse a miúdo e a quedar polas noites nunha torre de control abandonada na que el lle ensina moitas cousas sobre as estrelas e o espazo. O gran soño de Antía é aprender a voar para cruzar o Atlántico e volver atoparse co seu pai. Entón pídelle a Enver, con amplos coñecementos sobre aeronáutica, que lle ensine a pilotar. Así pois, o tema fundamental desta novela é o amor, pois entre Antía e Enver xorde unha relación romántica, platónica, de admiración. Antía así o manifesta ao longo da novela e Enver escríbeo ao final nunha carta. En ningún momento existe entre eles unha relación amorosa física, non hai bicos nin declaracións, é o amor como sentimento. Outra maneira distinta de amor é a que existe entre os pais de Antía. O pai era piloto, pero debido á presión do seu traballo e da súa muller, comezou a beber e bater en Rosa. Isto deu na súa separación tendo Antía só cinco anos, aínda que ambos se seguían amando. Trátase dun amor roto e perdido.

Page 3: Contador de estrelas

Destaco tamén o amor nai-filla: como Rosa loita por sacar a Antía adiante a pesar das dificultades que o abandono do seu pai supuxera, e como lle oculta á nena o negro pasado co seu pai. Un amor filial.

E o amor non correspondido, que é o que hai entre Antía e Nito: Nito desexa que Antía sexa a súa moza, Antía rexéitao sempre.

Podo dicir entón que o amor se ve reflectido de moitas maneiras nesta historia.

En canto á estrutura da novela, esta divídese en dúas partes que corresponden aos meses de xullo e agosto; cada unha delas consta de dez capítulos, en total vinte e un, que van desenvolvendo a presentación, nó e desenlace da historia.

Os personaxes deste libro poderíanse incluír en dous grupos diferentes: por unha banda os mozos e, por outra, os adultos; todos teñen problemas e relacións acordes ás súas idades e situacións.

Como xa dixen, o personaxe principal é Antía, unha adolescente que soña con ser piloto de avións, feita una lea coa súa vida amorosa: ten por unha parte a Enver, un misterioso mecánico albanés de dezaoito anos ao que lle apaixonan as estrelas e o universo, loiro de ollos azuis e moi atractivo en opinión de Antía. E polo outro, a Nito, un mozo inmaduro que deixara os estudos para traballar como repartidor en “pizzamóbil”. Enver cóntalle cousas sobre as persoas, as estrelas, que provén do espazo exterior e ten encomendada unha misión especial, etc. Mentres que Nito só lle ofrece quedadas aburridas .

Page 4: Contador de estrelas

A nai de Antía, Rosa, é encargada da emisora no Servizo Antilumes. Unha nai moi preocupada e pendente da súa filla, sempre procurando o seu benestar. Atópase algo soa e comeza a sentirse atraída por Romar, un piloto serbio, xefe de Enver, que amosa unha actitude despectiva e inxusta cara a el. Outro personaxe importante é o pai de Antía, un home “cuspidiño a ela”, boa persoa segundo Rosa, pero que tivo mala sorte. Despois de anos desaparecido para Antía, reaparece na súa vida unha noite que foxe con Enver a Ribadeo, a beber nun pub. Xa estivera no cárcere por mor dun despiste que tivera un día de néboa e rematara coa vida dun fotógrafo. E volve entrar na cadea xa que resultou ser o famoso Piloto Vermello que andaba a prender lumes e poñendo en perigo persoas e vivendas, na súa avioneta vermella, cheo de carraxe ao coñecer que a súa ex-muller (á que aínda quería) estaba comezando a manter unha relación sentimental con Romar. Despois de ser un home de éxito, pasa a ser un fracasado.

No libro predomina a narración sobre a descrición: abundan os verbos, o diálogo…

O relato está narrado en terceira persoa, narrador omnisciente, que conta centrándose en Antía, cunha linguaxe doada de entender, coloquial e sen vocabulario nin expresión complexos.

A acción transcorre ao longo dos dous meses dun verán da actualidade. Apréciase nalgúns comentarios que se fan, como a Nintendo de Antía. Os feitos sitúanse concretamente no aeródromo de Rozas, Lugo, agás unha noite na que Enver e Antía foxen a Ribadeo.