CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións...

34
CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE TEO EXERCICIO 2000

Transcript of CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións...

Page 1: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

CONSELLO DE CONTAS

DE GALICIA

INFORME DE FISCALIZACIÓN DO

CONCELLO DE TEO

EXERCICIO 2000

Page 2: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________

__________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

ÍNDICE

Páxina

I. INTRODUCCIÓN........................................................................................................................................ 1

1. OBXECTIVOS......................................................................................................................................... 1 2. LIMITACIÓNS ......................................................................................................................................... 1 3. MARCO LEGAL ...................................................................................................................................... 1 4. TRÁMITE DE ALEGACIÓNS .................................................................................................................. 2

II. ORZAMENTO, LIQUIDACIÓN E CONTA XERAL..................................................................................... 2

1. ORZAMENTO ......................................................................................................................................... 2 2. LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO........................................................................................................... 3 3. CONTA XERAL....................................................................................................................................... 5

III. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS ........................................................................... 5

IV. REMANENTE DE TESOURERÍA............................................................................................................... 6

1. DEBEDORES PENDENTES DE COBRO............................................................................................... 6 2. ACREDORES PENDENTES DE PAGO ................................................................................................. 9 3. FONDOS LÍQUIDOS DE TESOURERÍA............................................................................................... 14 4. REMANENTE DE TESOURERÍA AFECTADO A GASTOS CON FINANCIAMENTO AFECTADO...... 14 5. CUANTIFICACIÓN DO ESTADO DE REMANENTE DE TESOURERÍA .............................................. 15

V. ENDEBEDAMENTO................................................................................................................................. 16

1. OPERACIÓNS A LONGO PRAZO........................................................................................................ 16 2. OPERACIÓNS DE TESOURERÍA ........................................................................................................ 17 3. AFORRO NETO.................................................................................................................................... 17

VI. CONCLUSIÓNS ....................................................................................................................................... 17

1. ORZAMENTO, MODIFICACIÓNS DE CRÉDITOS, LIQUIDACIÓN E CONTA XERAL ........................ 17 2. REMANENTE DE TESOURERÍA ......................................................................................................... 18 3. ENDEBEDAMENTO ............................................................................................................................. 19 4. SITUACIÓN ECONÓMICO-FINANCEIRA ............................................................................................ 19

ANEXO: ALEGACIÓNS FORMULADAS POLO CONCELLO ........................................................................ 21

Page 3: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________

_________________________________________________________________________________ 1

Consello de Contas de Galicia

I. INTRODUCCIÓN

1. OBXECTIVOS De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno desta Institución, en sesión realizada o 20 de decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada polo Concello de Teo durante o exercicio 2000, limitada ós seguintes obxectivos: – Verificar a consistencia e razoabilidade dos conceptos que integran o

remanente de tesourería a 31 de decembro de 2000 e, no seu caso, comprobar que se adoptaron as medidas legalmente procedentes para compensar os remanentes de tesourería negativos.

– Comprobar que no momento previo á formalización das operacións de crédito se cumpren os límites fixados na LRFL, analizando tamén o aforro neto da Corporación a 31 de decembro de 2000 e aquelas variables que permiten realizar un diagnóstico da situación económico-financeira da entidade.

2. LIMITACIÓNS As probas realizadas para o cumprimento dos obxectivos fixados, víronse condicionadas polas seguintes limitacións ó alcance: – Os libros de contabilidade non foron encadernados e dilixenciados nos

termos establecidos na Regra 61.2 da ICAL. O dito incumprimento determina que non está garantida a inalterabilidade da información facilitada mediante listados informáticos.

– O Concello non realiza un seguimento dos gastos con financiamento afectado polo que non se puido determinar con exactitude que parte do remanente se debería ter afectado.

3. MARCO LEGAL A normativa que regula a actividade económico-financeira do Concello no referente ás materias obxecto de fiscalización, inclúense fundamentalmente nas seguintes disposicións: – Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL). – Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime

Local (TRRL), aprobado polo Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

– Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL). – Instrucción de Contabilidade para a Administración Local (ICAL), aprobada

por Orde do Ministerio de Economía e Facenda do 17 de xullo de 1990. – Orde do Ministerio de Economía e Facenda do 20 de setembro de 1989,

Page 4: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________ ____

2 __________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

sobre estructura dos orzamentos das entidades locais. – Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia

de orzamentos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

– Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), aprobado polo Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro.

– Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 1684/1990, do 20 de decembro (RXR).

– Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG). – Lei 230/1963, de 28 de decembro, Xeral Tributaria (LXT). – Lei 1/1998, de 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes. – Real Decreto Lexislativo 1091/1988, do 23 de setembro, polo que se aproba

o Texto Refundido da Lei Xeral Orzamentaria (TRLXO). – Lei 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas (LOTC). – Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

4 TRÁMITE DE ALEGACIÓNS En cumprimento do disposto no artigo 58 do regulamento do Consello de Contas de Galicia, os resultados das actuacións realizadas foron remitidas ó Alcalde do Concello en escrito de 25 de outubro de 2002, concedéndolle un prazo ata o 22 de novembro de 2002 para que presentara as alegacións, documentación e xustificantes que estimara oportunos. En relación coas alegacións presentadas, que se incorporan como Anexo ó presente informe, convén precisar o seguinte: a) Se como consecuencia das alegacións se modificara, total ou parcialmente,

o contido do informe ou ben resultara necesario realizar algunha matización, sinalarase en nota a pé de páxina.

b) O Consello de Contas de Galicia non valora as alegacións que: – confirman deficiencias ou irregularidades sinaladas no informe; – ofrecen criterios ou opinións sen soporte documental ou normativo; – non rebaten o contido do informe, proporcionando só explicacións ou

xustificacións da actividade municipal.

II. ORZAMENTO, LIQUIDACIÓN E CONTA XERAL

1. ORZAMENTO O orzamento do exercicio 2000 non foi aprobado pola Corporación, polo que se incumpre o artigo 145 da LRFL, que esixe a elaboración e aprobación anual do mesmo, así como os artigos 149.4 e 150.2 da LRFL, que indican que a aprobación inicial do orzamento xeral polo Pleno terá que efectuarse antes do

Page 5: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________

_________________________________________________________________________________ 3

Consello de Contas de Galicia

15 de outubro e que a súa aprobación definitiva se deberá realizar antes do 31 de decembro do ano anterior ó do exercicio. Durante todo o exercicio 2000 mantívose prorrogado o orzamento de 1999 e non consta que na aplicación da prórroga se teña realizado o axuste dos créditos iniciais do orzamento do exercicio anterior nos termos expostos no artigo 21 do RD 500/1990. Modificacións orzamentarias 1 Por acordo do Pleno da Corporación, de data 26 de decembro de 2000, aprobouse o expediente de modificación de crédito número 2 por 57.740.091 pesetas. Publicado inicialmente no BOP número 298, do 30 de decembro de 2000, apróbase definitivamente por resolución da Alcaldía o día 20 de xaneiro de 2001. De conformidade co establecido no artigo 158.2 en relación co 150 da LRFL, a modificación de créditos non podería ter entrado en vigor ó aprobarse fóra do exercicio correspondente, sendo ó noso xuízo nulos de pleno dereito os actos administrativos derivados da mesma, así como os recoñecementos de obrigas financiados con cargo á modificación por importe de 55.229.114 pesetas, da aplicación orzamentaria 442.227.00 “Gastos de limpeza e recollida de lixo”, e por 2.510.977 pesetas da aplicación 121.622.00 “Gastos edificios industriais”. Non existe reparo da Intervención. Estes feitos poden dar lugar á esixencia de responsabilidade en aplicación do disposto no artigo 154.5 da LRFL.

2. LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO A liquidación do orzamento de 1999 (prorrogado para o exercicio 2000), non foi aprobada polo Alcalde, en contra do disposto no apartado 3 do artigo 172 da LRFL, nin foi remitida á Comunidade Autónoma e á Administración do Estado, requisito previsto no artigo 174.5 da LRFL. Os estados de gastos e ingresos da liquidación do orzamento presentan as magnitudes que a continuación se detallan: Estado de gastos

Capítulo Créditos iniciais

Modifica-cións

Créditos definitivos

Obrigas recoñecidas

Grao execución

Pagos ordenados

Pagos realizados

P.R/O.R. %

I. Gastos persoal 259.240.000 -126.479.091 132.760.909 120.084.906 90,45 119.984.906 119.119.656 99,20

II. Gastos bens e servicios 335.560.000 89.404.114 424.964.114 420.892.634 99,04 370.937.324 345.398.079 82,06

III. Gastos financeiros 750.000 100.000 850.000 503.301 59,21 412.105 412.105 81.88

IV. Transferencias correntes 46.050.000 18.064.000 64.114.000 61.901.770 96,55 59.077.505 57.819.861 93,41

VI. Investimentos reais 270.900.000 18.910.977 289.810.977 288.782.207 99,65 266.668.728 256.528.481 88,83

VII. Transferencias de capital 500.000 0 500.000 0 0 0 0 0

VIII. Activos financeiros 0 0 0 0 0 0 0 0

IX. Pasivos financeiros 2.000.000 0 2.000.000 1.971.804 98,59 1.478.853 1.478.853 75,00

Total 915.000.000 0 915.000.000 894.136.622 97,72 818.559.421 780.757.035 87,32

1 Non se acepta a alegación formulada polo Concello. Non consta no expediente de modificación de créditos que a súa motivación fora algunha das causas contempladas no artigo 158.6 da Lei 39/1988 (“calamidades públicas ou de natureza análoga de excepcional interese xeral”), utilizándose a posteriori como xustificación dos atrasos debidos ás deficiencias na xestión.

Page 6: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________ ____

4 __________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

O grao de execución do orzamento de gastos (obrigas recoñecidas netas/créditos definitivos) sitúase no 97,72%. O índice de execución de pagos (pagos realizados/obrigas recoñecidas) foi dun 87,32%. Estado de ingresos

Capítulo Previsión inicial

Modifica-cións

Previsión definitiva

Dereitos recoñecidos

Grao execución Recadación Grao

recadación Dereitos

pendentes I. Impostos directos 208.850.000 0 208.850.000 204.859.680 98,09% 204.859.680 100% 0

II. Impostos indirectos 120.000.000 0 120.000.000 85.631.922 71,36% 85.631.922 100% 0

III. Taxas e outros ingresos 53.888.000 0 53.888.000 60.391.751 112,07% 30.336.970 50,23% 30.054.781

IV. Transferencias correntes 222.500.000 0 222.500.000 256.240.324 115,16% 256.240.324 100% 0

V. Ingresos patrimoniais 1.904.000 0 1.904.000 1.510.743 79,35% 1.510.743 100% 0

VI. Alleamento investim. reais 100.001.000 0 100.001.000 512.500 0,51% 512.500 100% 0

VII. Transferencias de capital 207.850.000 0 207.850.000 168.750.765 81,19% 168.750.765 100% 0

VIII. Activos financeiros 3.000 0 3.000 0 0% 0 0% 0

IX. Pasivos financeiros 4.000 0 4.000 0 0% 0 0% 0

Total 915.000.000 0 915.000.000 777.897.685 85,02% 747.842.904 96,14% 30.054.781

O grao de execución do orzamento de ingresos (dereitos recoñecidos/ previsións definitivas) sitúase no 85%. O índice de execución da recadación líquida (ingresos líquidos/dereitos recoñecidos) foi do 96%. Este elevado índice de recadación, débese a que o Concello, mediante acordo do 14 de decembro de 1992, delegou a maioría das competencias de xestión e recadación tributaria na Deputación Provincial da Coruña, e recoñecen os dereitos pola parte que liquida a Deputación de conformidade co criterio de caixa. Resultado orzamentario 2 O resultado orzamentario calculado pola Corporación e o derivado dos axustes propostos polo Consello de Contas preséntase no seguinte cadro:

CONSELLO DE CONTAS Resultado orzamentario Segundo cálculos

do Concello Modificacións realizadas

Resultado orzamentario

1 Dereitos recoñecidos netos 777.897.685 777.897.685 2 Obrigas recoñecidas netas 894.136.622 3.465.751 897.602.373 3 Resultado orzamentario (1 – 2) -116.238.937 -119.704.688 4 Desviacións positivas de financiamento 9.153.996 9.153.996 5 Desviacións negativas de financiamento 6 Gastos financiados remanente líquido de tesourería 3.000 (3.000) 7 Resultado orzamentario axustado (3-4+5+6) -116.235.937 -12.622.747 -128.858.684

No resultado orzamentario axustado calculado polo Concello, que ofrece un déficit de 116.235.937 pesetas, realizáronse modificacións que dan un saldo negativo de 128.858.684 pesetas. Estas comprobacións foron:

2 Acéptase parcialmente a alegación formulada ó cálculo do resultado orzamentario e remanente de tesourería, relativa ó importe de 12.490.266 pesetas modificadas como consecuencia do resultado da confirmación de saldos con acredores a 31/12/2000, por canto a mesma recibiuse no Consello de Contas con posterioridade á finalización dos traballos de fiscalización.

Page 7: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________

_________________________________________________________________________________ 5

Consello de Contas de Galicia

– Os dereitos recoñecidos e as obrigas recoñecidas deducidas da contabilidade financeira e da liquidación, coinciden cos importes que figuran rexistrados no resultado orzamentario.

– Rexístranse indebidamente 3.000 pesetas como gastos financiados con remanente líquido de tesourería, debido a que se consignaron inicialmente estas previsións no concepto 870 “remanente de tesourería” e a aplicación informática traslada estes créditos ó resultado orzamentario.

As modificacións realizadas ó resultado orzamentario calculado polo Concello, xorden como consecuencia das incidencias detectadas nos apartados 1 e 2 do epígrafe IV deste Informe, ademais das 3.000 pesetas do parágrafo anterior.

Organización Administrativa A capacidade administrativa do Concello está condicionada pola ausencia de titulares nos postos de traballo de maior cualificación (Secretaría e Intervención), e polo número reducido de traballadores. A Secretaría-Intervención desempéñase dende 1997 de xeito accidental por un funcionario administrativo. O cadro de persoal de funcionarios complétase no exercicio 2000 con outros 3 funcionarios administrativos (grupo C), un arquitecto técnico (grupo B), un asistente social (grupo B), dous policías municipais (grupo D), un subalterno de administración xeral (grupo E), así como un ordenanza de colexio público (grupo E). O Concello ten como persoal laboral fixo un conductor-tractorista (grupo D) e como persoal eventual dous auxiliares da policía local. En total trece persoas, un cadro de persoal insuficiente (os seus gastos representa o 13,4% do orzamento, cando a media dos Concellos do seu tramo poboacional é do 36% do gasto total) para xestionar un municipio de 14.071 habitantes.

3. CONTA XERAL

A conta xeral do exercicio 2000 foi dictaminada pola Comisión Especial de Contas o día 16 de novembro de 2001, superando o límite fixado no artigo 193.2 da LRFL. Aprobouse polo Pleno da Corporación o 12 de marzo de 2002, fóra do prazo determinado polo artigo 193.4 da LRFL e réndese ó Consello de Contas o día 10 de abril de 2002, número de rexistro de entrada 520, con case 6 meses de atraso sobre o prazo límite fixado no artigo 204 da LRFL.

III. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS Certifícase polo secretario do Concello a inexistencia de recoñecementos extraxudiciais de crédito nos exercicios 2000 e 2001. Pero verificouse a existencia de gastos realizados no exercicio, que foron recoñecidos no ano 2001 de forma incorrecta (IV.2.1).

Page 8: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________ ____

6 __________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

IV. REMANENTE DE TESOURERÍA O artigo 93.2.d) do RD 500/1990, do 20 de abril, establece que como consecuencia da liquidación do orzamento da entidade deberase determinar, entre outras magnitudes, o remanente de tesourería, o cal, de conformidade co artigo 172 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, calcularase sumando os fondos líquidos e os dereitos pendentes de cobro ó 31 de decembro, restándolle a todo isto as obrigas recoñecidas e liquidadas non satisfeitas o último día do mesmo, tendo en conta os ingresos afectados e minorando os dereitos pendentes de cobro que se consideren de difícil ou imposible recadación. Para precisar a situación económico-financeira do concello o remanente de tesourería calculado polo equipo auditor inclúe en “acreedores pendentes de pago” os gastos realizados no exercicio 2000 e anteriores non rexistrados na contabilidade municipal, pero que foron despois aprobados mediante recoñecemento extraxudicial de créditos3. Os resultados da análise sobre a composición de cada un dos conceptos integrantes do remanente de tesourería reflíctense nos seguintes apartados.

1. DEBEDORES PENDENTES DE COBRO Os saldos dos debedores pendentes de cobro que se reflicten no remanente de tesourería presentan a seguinte composición:

Debedores pendentes de cobro a 31/12/2000 Importe pesetas De orzamento de ingresos, orzamento corrente 30.054.781 De orzamento de ingresos, orzamentos pechados 25.287.241 Doutras operacións non orzamentarias 20.072.092 ( - ) Saldos de dubidoso cobro 0 ( - ) Ingresos realizados pendentes de aplicación definitiva 0 Total 75.414.114

A representatividade dos saldos de debedores pendentes de cobro está condicionada polas circunstancias que se detallan nos seguintes epígrafes. 1.1. Do orzamento de ingresos, exercicio corrente a) Coherencia interna das cifras de debedores pendentes de cobro do orzamento de ingresos, orzamento corrente Verificouse a coincidencia dos saldos de debedores pendentes de cobro de orzamento corrente coa información do balance de situación e coa liquidación do orzamento.

b) Saldos rexistrados no estado de remanente de tesourería Con obxecto de verificar a realidade dos dereitos pendentes de cobro de orzamento corrente rexistrados no remanente, analizouse a totalidade dos

3 Parágrafo introducido en trámite de alegacións.

Page 9: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________

_________________________________________________________________________________ 7

Consello de Contas de Galicia

saldos que figuran no mesmo e nos que o seu detalle se presenta a continuación:

Concepto Descrición Pendente de cobro a 31/12/2000

312.01 Taxa por recollida de lixo 3.597.764 312.02 Taxa rede de sumidoiros 6.821.085 340.01 Abastecemento de auga 19.635.932 Total 30.054.781

c) Dereitos pendentes de recoñecemento no exercicio O Concello de Teo mediante acordo do 14 de decembro de 1992, delegou as competencias de xestión e recadación tributaria na Deputación Provincial da Coruña. Esta delegación afecta á recadación en vía voluntaria e executiva dos diferentes tributos, agás a recadación das taxas por recollida de lixo, rede de sumidoiros e abastecemento de auga, que xestiona a empresa Aquagest, S.A. (concesionaria do servicio de saneamento e abastecemento de auga potable). En cumprimento do establecido no Documento número 2 de Principios Contables Públicos, da Intervención Xeral da Administración do Estado (IXAE), o recoñecemento dos dereitos correspondentes a tributos nos que a súa recadación se realice por outra entidade, débese axustar ó efectivamente recadado. Este é o motivo polo que non figuran dereitos pendentes de cobro na contabilidade municipal que non sexan os relacionados con taxas de auga, lixo e rede de sumidoiros, onde o recoñecemento dos dereitos débese realizar de conformidade co establecido no artigo 144. a) da LRFL. O Concello de Teo non mantén un criterio homoxéneo na contabilización dos dereitos por taxas de auga, lixo e rede de sumidoiros. Recoñécense os dereitos correspondentes ó primeiro e segundo trimestre do 2000 nese ano, cantidades que quedaron pendentes de cobro ó fin de exercicio, pero non se procede ó rexistro dos dereitos correspondentes ó terceiro e cuarto trimestre do exercicio que son imputados ó 2001. 1.2. Do orzamento de ingresos, exercicios pechados En función do exercicio do seu recoñecemento, os debedores pendentes de cobro de orzamentos pechados que figuran no estado de remanente de tesourería presentan a seguinte distribución:

Exercicio Pendente de cobro a 31/12/2000 1982 143.000 1983 202.050 1984 240.850 1985 330.250 1986 471.042 1987 668.335 1988 1.035.375 1989 1.504.830 1990 3.937.125 1991 5.285.825 1992 8.289.725 1993 3.178.834

Total 25.287.241

Page 10: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________ ____

8 __________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

Con obxecto de verificar a realidade da composición dos debedores pendentes de cobro de orzamentos pechados, analizouse a totalidade da composición destes importes. Das probas realizadas, puxéronse de manifesto as seguintes incidencias: Os saldos pendentes de exercicios pechados, que se detallan máis arriba, correspóndense con dereitos polo imposto sobre vehículos de tracción mecánica, sobre os que non se realizaron actuacións dende o Concello para o seu cobro, o que implica que se poden derivar responsabilidades previstas no artigo 141 do Real Decreto Lexislativo 1091/1988. Como resultado da análise sobre a evolución da recadación dos dereitos pendentes de ingreso, constatouse que durante o exercicio 2001 tampouco se produciu recadación destes recursos procedentes de exercicios pechados. O Concello non inclúe saldos de dubidoso cobro no estado de remanente de tesourería, incumprindo os artigos 172.2 da LRFL, 103 do RD 500/1990 e Regra 350.6 da ICAL, nin establece un criterio para aqueles que se consideren de difícil ou imposible recadación. Os dereitos pendentes de cobro por 25.287.241 pesetas, superaron o prazo de prescrición de catro anos establecido pola Lei 230/1963 Xeral Tributaria e, en aplicación do principio de prudencia, o Concello debería dotar unha provisión por saldos de dubidoso cobro pola totalidade deste importe, así como dar de baixa os dereitos que estean efectivamente prescritos mediante o oportuno expediente de depuración de saldos conforme ó artigo 41 do TRLXO. Deste feito pódense derivar as responsabilidades previstas no artigo 141 do TRLXO. 1.3. Doutras operacións non orzamentarias O estado de situación e movementos dos debedores non orzamentarios presenta un saldo pendente de cobro ó 31 de decembro de 2000 de 20.072.092 pesetas. Analizouse o saldo correspondente á conta 4740 “Facenda Pública, debedora por IVE”, que ten un importe pendente de cobro a fin de exercicio de 18.314.498 pesetas, o que supón un alcance do 91.24% do total de operacións non orzamentarias. O importe pendente de cobro coa Facenda Pública por IVE foi inspeccionado pola Axencia Tributaria, asinándose a dilixencia de conformidade o 25 de xuño de 2001. Esta comprobación ten o carácter de abreviada de acordo cos artigos 121.2 e 123 da LXT e co alcance previsto nos devanditos artigos, limitándose a contrastar os datos declarados cos que constan nos rexistros e documentos exhibidos. A A.E.A.T. realiza a devolución do IVE do exercicio 2000 o día 24 de xullo de 2001.

1.4. Outros ingresos pendentes de aplicación No estado de remanente de tesourería non se rexistran ingresos pendentes de aplicación a 31 de decembro de 2000.

Page 11: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________

_________________________________________________________________________________ 9

Consello de Contas de Galicia

2. ACREDORES PENDENTES DE PAGO Os saldos que figuran na agrupación de acredores pendentes de pago do estado de remanente de tesourería, presentan a seguinte composición:

Acredores pendentes de pago a 31/12/2000 Importe pesetas Do orzamento de gastos correntes Do orzamento de gastos pechados Do orzamento de ingresos De operacións comerciais De recursos doutros entes públicos Doutras operacións non orzamentarias Pagos realizados pendentes de aplicación (-)

113.379.587 21.196.781

0 0 0

35.349.012 0

Total 169.925.380

Como resultado do traballo efectuado, detectáronse as seguintes incidencias, que afectan á fiabilidade dos saldos rexistrados en acredores pendentes de pago, e que se detallan nos epígrafes seguintes. 2.1. Do orzamento de gastos, orzamento corrente a) Coherencia interna das cifras de acredores do orzamento de gastos, orzamento corrente Verificouse a coincidencia dos saldos de acredores pendentes de pago de orzamento corrente coa información do balance de situación e coa liquidación do orzamento. b) Saldos non xustificados 4 c) Gastos realizados pendentes de recoñecemento no exercicio Verificouse a existencia das seguintes obrigas recoñecidas por gastos que corresponden a facturacións do 2000, e que foron imputadas ó exercicio 2001:

Data apunte contable Descrición Provedor Importe

04/01/01 Atencións protocolarias Restaurante Pampín 485.000 10/01/01 Combustibles e carburantes Gasóleo Calefacción, S.L. 154.378 10/01/01 Combustibles e carburantes Gasóleo Calefacción, S.L. 126.000 10/01/01 Combustibles e carburantes Gasóleo Calefacción, S.L. 214.704 15/01/01 Edificios e outras construccións Construccións Raris 272.600 15/01/01 Edificios e outras construccións Construccións Raris 435.000 15/01/01 Edificios e outras construccións Construccións Raris 381.872 15/01/01 Edificios e outras construccións Construccións Raris 285.360 15/01/01 Edificios e outras construccións Construccións Raris 279.560 15/01/01 Maquinaria e instalacións Cefigal, S.L. 295.556 18/01/01 Traballos realizados para outras empresas Cooperativa amiguiños de Teo 225.850 19/01/01 Mobles M. Ceruelo 309.871

Total 3.465.751

Trátase de gastos ou prestacións de servicios que se realizan no ano 2000 polo que a súa imputación ó orzamento de 2001 vulnera o principio de devengo e desvirtúa o cálculo de remanente de tesourería. En consecuencia, de aplicar

4 Suprímese o apartado b) do Informe como consecuencia das alegacións formuladas (ver Nota 2)

Page 12: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________ ____

10 __________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

adecuadamente os Principios Contables Públicos, os saldos pendentes de pago ó fin de exercicio veríanse incrementados en, alomenos, este importe. Polo que se realiza esta modificación no estado de remanente de tesourería, e no resultado orzamentario. d) Resumo Os saldos de acredores pendentes de pago do orzamento de gastos, exercicio corrente, calculados polo equipo auditor como consecuencia das incidencias dos apartados anteriores, son os seguintes:

Descrición Modificacións Débedas que confirman os acredores por importe superior ó rexistrado na relación nominal de acredores. 5 Obrigas non recoñecidas no exercicio ó que corresponde o gasto realizado 3.465.751

Total 3.465.751

2.2. Do orzamento de gastos, orzamentos pechados A estructura que presentan os acredores pendentes de pago por orzamentos pechados, é a seguinte:

Exercicio Obrigas pdtes. orde de pago a 31/12/00

Ordes de pago pendentes a 31/12/00

Total obrigas pendentes de pago

1989 338.585 0 338.585 1990 3.339.320 0 3.339.320 1991 32.465 0 32.465 1992 2.000.000 0 2.000.000 1996 27.668 1.301.515 1.329.183 1997 1.577.633 701.000 2.278.633 1998 1.775.088 1.224.210 2.999.298 1999 6.447.131 2.432.166 8.879.297 Total 15.537.890 5.658.891 21.196.781

a) Coherencia interna das cifras de acredores do orzamento de gastos, orzamentos pechados As cifras contidas no estado de remanente de tesourería por acredores de orzamentos pechados, coinciden coas reflectidas nos demais estados e anexos contables que compoñen a conta xeral. b) Saldos non xustificados A información facilitada polos acredores ó Consello de Contas respecto ós saldos de exercicios pechados non evidencian diferencias que afecten ó remanente e ó resultado orzamentario. c) Análise dos acredores por exercicios A efectos de determinar a esixibilidade das débedas con acredores, realizouse unha análise da composición dos saldos que figuran nos exercicios prescritos (a LXP establece a prescrición de obrigas ós 5 anos). Revisouse a totalidade

5 Elimínase o importe como consecuencia das alegacións formuladas (Nota 2).

Page 13: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________

_________________________________________________________________________________ 11

Consello de Contas de Galicia

dos apuntes das obrigas recoñecidas pendentes de pago obténdose as seguintes incidencias significativas: – Exercicio 1989: O saldo pendente de pago é de 338.585 pesetas e

correspóndese con dous apuntes: o primeiro por unha factura de 55.085 pesetas a nome de Manuel Riveiro Cao por obras do Proxecto Provincial 1989, que propoñemos a súa anulación ó se recoñecer outra vez a obriga no momento de efectuar o pago ó contratista. O outro importe, por 283.500 pesetas, tamén debe anularse, por ser unha subvención a unha agrupación de veciños para obras de iluminado público, pero que despois executou directamente o Concello.

– Exercicio 1990: O saldo de acredores deste exercicio é de 3.339.320 pesetas. Comprobouse que estas obrigas pendentes de pago deben anular se, ó corresponder a dous apuntes con acredores que non teñen esta natureza. Así, figura un saldo de 193.320 pesetas a favor de Touriño e Cebro, S.L. por obras de investimento en iluminado público que non se realizaron; e 3.146.000 pesetas de herdeiros de Joaquín García Louro, pola compra de fincas para construcción dun campo de fútbol que non se chegou a construír.

– Exercicio 1991: As obrigas pendentes de ordenar o pago por 32.465 pesetas, tamén deben anularse. Trátase dun importe duplicado de 17.825 pesetas, que ten como acredor á Deputación da Coruña por anuncios publicados no BOP, e que foi pagado no propio exercicio con cargo á aplicación 121.226.02; e doutra factura de 14.640 pesetas por productos de limpeza para os colexios do municipio, nos que o acredor “Publipromo e punto, S.L.”, cobrou a anterior cantidade no exercicio 2001 ó incluír este importe noutra factura.

– Exercicio 1992: O saldo deste exercicio por 2.000.000 de pesetas débese anular ó existir duplicidade no recoñecemento da obriga. Verificouse que é o importe dunha certificación de obra por reparacións na antiga Consistorial a favor de Riveiro Cao, e que foi contraída a débeda novamente no exercicio 1992 con cargo á aplicación 121.622.00. Verificouse que esta certificación está pagada.

Por todo o anterior, proponse a incoación do oportuno expediente de depuración de obrigas, ó comprobar que se trata de erros materiais que desvirtúan a realidade das débedas que a entidade ten con acredores. Ante a presencia dos erros contables detectados, decidiuse realizar unha mostraxe sobre os apuntes dos saldos de obrigas pendentes de ordenar o pago dos exercicios 1996 (100% do total pendente), 1997 (63,24% do total pendente) e 1998 (62,80 do pendente) para verificar a posible existencia de duplicidade de contraídos. Do traballo realizado obtivéronse as seguintes incidencias: 1996: O saldo pendente de pago por 27.668 pesetas desglósase en dúas

facturas con “estación servicio Pontevea” por importes de 2.800 pesetas, pola adquisición dun cinto para o conductor do tractor municipal e 24.868

Page 14: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________ ____

12 __________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

pesetas, por combustible para vehículos do Concello. Estes dous importes foron pagados no propio exercicio duplicándose a obriga, polo que se propón anular este saldo pendente de pago.

1997: Das probas realizadas sobre o saldo deste exercicio, verificouse que procede anular o importe de 997.708 pesetas correspondentes a: unha factura de 25.000 pesetas a favor de Valeriano Elías Castiñeiras, ó comprobar que foi pagada a débeda. Proponse anular tamén o importe de 972.708 pesetas, por honorarios de redacción dun proxecto para obras de acondicionamento de pistas do municipio a nome de Gilberto Rodríguez Rodríguez, xa que con posterioridade emitiu unha nova factura correctamente expedida e na que a súa obriga foi recoñecida sen que se eliminara o contraído da anterior minuta.

1998: Como resultado do traballo realizado proponse anular obrigas deste exercicio por 200.883 pesetas, nas que o seu detalle se expón a continuación: 100.143 pesetas por póliza de seguro que non se chegou a contratar con Seguros Nacional Suíza; factura por importe de 72.900 pesetas por traballos realizados por Franco Vieites en servicios de saneamento e abastecemento de augas, así como outra factura do mesmo acredor por reparacións no colexio de Ramallosa, na que o seu importe é de 27.840 pesetas. Estas facturas foron pagadas ó contratista duplicándose a obriga.

d) Resumo Como consecuencia do analizado nesta rúbrica, modifícanse ós saldos de acredores pendentes de pago do orzamento de gastos, orzamentos pechados de acordo co seguinte cadro:

Obrigas Modificacións Obrigas do exercicio 1989 que se deben dar de baixa por anulación 338.585 Obrigas do exercicio 1990 que se deben dar de baixa por anulación 3.339.320 Obrigas do exercicio 1991 que se deben dar de baixa por anulación 32.465 Obrigas do exercicio 1992 que se deben dar de baixa por anulación 2.000.000 Obrigas do exercicio 1996 que se deben dar de baixa por anulación 27.668 Obrigas do exercicio 1997 que se deben dar de baixa por anulación 997.708 Obrigas del exercicio 1998 que se deben dar de baixa por anulación 200.883 Total 6.936.629

2.3. Doutras operacións non orzamentarias O desglose destas operacións, de acordo co estado de situación e movementos das operacións non orzamentarias de tesourería, é o seguinte:

Acredores por operacións non orzamentarias Conta Descrición Pendente a 31/12/2000

4750 IRPF Funcionarios, Laborais, etc. 4.116.435 4770 Cota Traballador Seguridade Social acredora 2.480.489 5160 Fianzas Provisionais 2.665.620 5161 Fianzas Definitivas 937.807 5102 Depósitos Entes Públicos 18.061.371 5107 Depósitos Empresas Privadas -1.300 5108 Outros Depósitos Particulares 1.820.607 5180 Acredores por IVE 5.267.983

Total 35.349.012

Page 15: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________

_________________________________________________________________________________ 13

Consello de Contas de Galicia

Analizáronse tres contas, nas que o seu importe representa un alcance do 69,76% sobre os importes pendentes de pago ó fin de exercicio e que son as que a continuación se relacionan: 1º. Conta 4750. Retencións IRPF Funcionarios, Laborais, etc. (4.116.435

pesetas). Verifícase que o saldo da conta 4750 coincide coa cantidade que figura como “Total liquidación” no Modelo 110 de retencións e ingresos á conta correspondente ó último trimestre do ano 2000. Por medio do maior de conceptos non orzamentarios desta conta, comprobouse entre outros aspectos que a contabilización das retencións practicadas en nómina rexístranse correctamente. Como resultado das probas realizadas non se detectaron incidencias significativas. 2º. Conta 4770 Cota traballador Seguridade Social (2.480.489 pesetas). Examináronse as nóminas de decembro de 2000 verificando que o importe da retención que corresponde á cota do traballador coincide co saldo da mencionada conta ó fin do exercicio. Importe que foi pagado á Tesourería Xeral da Seguridade Social en prazo. Das probas realizadas dedúcese que non existen incidencias nesta conta. 3º. Conta 5102 Depósitos entes públicos (18.061.371 pesetas). O Concello de Teo utiliza esta conta para rexistrar movementos do exercicio que son consecuencia de ingresos recibidos na Tesourería da entidade por operacións que non teñen natureza orzamentaria, así como os pagos pola transferencia destes fondos ós seus titulares. O saldo inicial desta conta é acredor por 12.951.169 pesetas, solicitouse detalle da súa composición e non foi facilitado, polo que se propón ó Concello a realización dos traballos oportunos para determinar a súa composición e no seu caso proceder a regularizalo. Revisáronse tódolos apuntes ó haber (ingresos realizados no exercicio) que suman 18.810.352 pesetas, así como a totalidade dos movementos ó debe (pagos efectuados durante o ano) que foron 13.700.150 pesetas. Como resultado do traballo realizado verificouse que un apunte ó haber por importe de 7.473.632 pesetas debe anularse. Trátase dunha subvención da Xunta de Galicia para un programa de aforro enerxético que figura contabilizada a través de orzamento e pagada ó contratista en agosto de 2000 con cargo á aplicación 511.60100. Resumo Os saldos de acredores pendentes de pago doutras operacións non orzamentarias, modificados como consecuencia das incidencias dos apartados anteriores, son os seguintes:

Descrición Modificación Conta 5102 “Depósitos entes públicos” 7.473.632

Page 16: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________ ____

14 __________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

3. FONDOS LÍQUIDOS DE TESOURERÍA O estado de situación de existencias en Tesourería presenta os seguintes saldos a 31 de decembro de 2000:

Conta Descrición Saldo a 31/12/2000 5710/0028 Banco Gallego – Escola Taller 0 5710/0046 Banco Gallego 7.086.583 5710/2091 Caixa Galicia 40.649.540 5710/0072 Banco Pastor 56.332 5710/2222 Banco Gallego – Fincas 55.464.857 5710/1111 Banco Gallego – Servicios Sociais 314.908

Total 103.572.220

Como resultado das comprobacións efectuadas pódense facer as seguintes consideracións: – Recibiuse resposta a tódalas circularizacións bancarias, que confirman os

saldos que figuran a 31 de decembro de 2000. – A conta financeira 5710/0028 do Banco Gallego – Escola Taller, presenta

saldo cero a 31 de decembro de 2000. Segundo consta en certificado solicitado a esta entidade bancaria, a conta foi cancelada o día 9 de marzo de 2001.

Como resultado das comprobacións realizadas non se observaron incidencias relevantes que afecten ós fondos líquidos da Tesourería ó fin de exercicio.

4. REMANENTE DE TESOURERÍA AFECTADO A GASTOS CON FINANCIA-MENTO AFECTADO. O estado de remanente de tesourería non presenta ningún saldo remanente afectado a gastos debido a que o Concello non leva o estado de gastos con financiamento afectado, incumprindo o disposto nas Regras 376 a 381 da ICAL. Realizouse unha mostraxe entre as subvencións percibidas polo Concello, tendente a determinar se existen desviacións de financiamento non calculadas polo Concello, analizando 11 proxectos. Verificouse a existencia de desviacións de financiamento positivas nos seguintes proxectos: – Primeira fase do cemiterio municipal: Este proxecto foi financiado pola

Deputación Provincial nun 94% do custo total. Recoñecéronse dereitos polo financiamento percibido por importe de 2.686.195 pesetas durante o ano 2000, mentres que ata o ano 2001 non se recoñeceron as obrigas derivadas do gasto financiado por importe de 2.827.574 pesetas, polo que de acordo coa Regra 380 da ICAL produciuse no exercicio 2000 unha desviación de financiamento positiva por importe de 2.686.195 pesetas.

– Clausura do vertedoiro municipal: Este proxecto foi financiado pola Deputación provincial na súa totalidade. Recoñecéronse dereitos polo financiamento percibido por importe de 2.198.375 pesetas durante o ano 2000, mentres que ata o ano 2001 non se recoñeceron as obrigas derivadas do gasto financiado por importe de 2.198.375 pesetas, polo que de acordo coa Regra 380 da ICAL produciuse no exercicio 2000 unha desviación de financiamento positiva por importe de 2.198.375 pesetas.

Page 17: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________

_________________________________________________________________________________ 15

Consello de Contas de Galicia

– Construcción da gardería de Calo: Este proxecto foi financiado na súa totalidade pola Xunta de Galicia. Recoñecéronse dereitos polo financiamento percibido polo importe de 6.000.000 de pesetas durante o ano 2000. Recoñecéronse obrigas no ano 2000 derivadas do gasto financiado por importe de 1.730.574 pesetas, recoñecéndose o resto, ata completar a totalidade do gasto, no exercicio 2001 por importe de 4.269.426 pesetas, polo que de acordo coa Regra 380 da ICAL produciuse no exercicio 2000 unha desviación de financiamento positiva por importe de 4.269.426 pesetas.

Baseándose na mostra anterior, o Concello debería, alomenos, ter afectado a gastos con financiamento afectado a cantidade de 9.153.996 pesetas correspondentes ás desviacións de financiamento positivas detectadas nos proxectos analizados. 5. CUANTIFICACIÓN DO ESTADO DE REMANENTE DE TESOURERÍA 6

De acordo coas comprobacións efectuadas e cos resultados obtidos e descritos nos apartados 1, 2, 3 e 4 do epígrafe IV deste Informe, o remanente de tesourería do Concello no exercicio fiscalizado, ascende, de acordo cos cálculos do equipo auditor a -14.435.773 pesetas, mentres que a liquidación do orzamento do exercicio 2000 é de 9.060.954 pesetas. A diferencia explícase polos saldos calculados polo equipo auditor e que se reflicten no seguinte cadro:

Estado de remanente de tesourería Remanente calculado polo Concello

Modificacións propostas

Remanente calculado polo

Consello de Contas1. Debedores pendentes de cobro a 31.12.00

Do orzamento de ingresos correntes Do orzamento de ingresos pechados De operacións comerciais De recursos doutros entes públicos Doutras operacións non orzamentarias Saldos de dubidoso cobro (-) Ingresos realizados pendentes de aplicación (-)

75.414.114 30.054.781 25.287.241

0 0

20.072.092 0 0

(25.287.241)

50.126.873 30.054.781

0 0 0

20.072.092

2. Acredores pendentes de pago a 31.12.00 Do orzamento de gastos correntes Do orzamento de gastos pechados Do orzamento de ingresos De operacións comerciais De recursos doutros entes públicos Doutras operacións non orzamentarias Pagos realizados pendentes de aplicación (-)

169.925.380 113.379.587

21.196.781 0 0 0

35.349.012 0

3.465.751

(6.936.629)

(7.473.632) 0

158.980.870 116.845.338

14.260.152 0 0 0

27.875.380 0

3. Fondos líquidos en Tesourería 103.572.220 103.572.220

4. Remanente de Tesourería afectado a G.F.A. 0 9.153.996 9.153.996

5. Remanente de Tesourería gastos xerais 9.060.954 - 14.435.773 Total Remanente de Tesourería 9.060.954 - 5.281.777

6 Modifícase o importe calculado polo Consello de Contas do remanente de tesorería como consecuencia das alegacións formuladas (ver Nota 2).

Page 18: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________ ____

16 __________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

V. ENDEBEDAMENTO

1. OPERACIÓNS A LONGO PRAZO Durante o exercicio 2000 o Concello de Teo non concertou operacións de crédito. O endebedamento a longo prazo procede dun préstamo subscrito en 1990 con Caixa Galicia por importe de 24.264.941 pesetas con vencemento o día primeiro de outubro do 2002. O Concello non elaborou o estado da débeda, polo que a análise da evolución dos pasivos por créditos realizouse a través da información facilitada polos servicios de Intervención e Tesourería, e unha vez contrastada coa resposta de circularización bancaria. Como resultado dos traballos realizados verificouse que o importe da débeda viva ó 31 de decembro do Concello de Teo é de 3.450.669 pesetas. A información que figura no resume por capítulos do estado de gastos da liquidación do orzamento ofrece as seguintes magnitudes para os capítulos 3 e 9:

Cap. Descrición Créditos iniciais

Modifica-cións

Créditos definitivos

Obrigas recoñecidas

Pagos líquidos

Obrigas pdtes. de pago

3 Gastos financeiros 750.000 100.000 850.000 503.301 412.105 91.196

9 Pasivos financeiros 2.000.000 0 2.000.000 1.971.804 1.478.853 492.951

No estado de ingresos da liquidación do orzamento pódese observar que non foron recoñecidos dereitos no capítulo 9:

Cap. Descrición Créditos iniciais

Modifica-cións

Créditos definitivos

Dereitos recoñecidos Ingresado Dereitos pdtes.

de cobro

9 Pasivos financeiros 4.000 0 4.000 0 0 0

O saldo da conta (170) da contabilidade financeira presenta os seguintes saldos:

Sumas Saldo a 31/12/2000 Nº conta Debe Haber Debedor Acredor

1700 3.943.608 7.394.277 3.450.669

As diferencias que se producen entre o balance de sumas e saldos da contabilidade financeira e a liquidación do orzamento, explícanse polas seguintes circunstancias: – A suma ó debe da conta 1700 por 3.943.608 pesetas é incorrecta xa que se

verificou que as amortizacións practicadas no exercicio son as que figuran nas obrigas recoñecidas da liquidación, isto é, 1.971.804 pesetas. O motivo deste erro obedece a que non se deduciron as amortizacións do exercicio 1999 por importe de 1.971.804 pesetas no balance de sumas e saldos.

– Os movementos do haber da conta 1700 por 7.394.277 pesetas, tamén inclúen o saldo acumulado do exercicio anterior, ó non ter en conta as

Page 19: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________

_________________________________________________________________________________ 17

Consello de Contas de Galicia

amortizacións realizadas durante 1999. Unha vez practicadas as oportunas modificacións, este saldo é de 5.422.473 pesetas.

– O saldo ó fin de exercicio non ofrece variacións como consecuencia das reclasificacións efectuadas xa que a diferencia entre o saldo do haber da conta 1700 por 5.422.473 pesetas e o saldo ó debe desta conta por 1.971.804 da como resultado 3.450.669 pesetas, cantidade real da débeda viva pendente de amortizar polo Concello ó fin de exercicio.

2. OPERACIÓNS DE TESOURERÍA No exercicio fiscalizado o Concello de Teo non formalizou operacións de crédito a corto prazo, e a conta 515 “Operacións de Tesourería” non presenta saldos a 31 de decembro de 2000.

3. AFORRO NETO Procedeuse ó cálculo do aforro neto do exercicio 2000 utilizando as magnitudes procedentes da liquidación de 1999, seguindo os criterios establecidos polo artigo 54 da LRFL, resultando un aforro neto positivo de 92.047.656 pesetas.

Descrición Importe Dereitos recoñecidos (capítulos 1 a 5) (*) 712.651.250 - Obrigas recoñecidas (capítulos 1, 2 y 4) (*) -618.631.790 AFORRO BRUTO 94.019.460 - Anualidade teórica de amortización (**) -1.971.804 Aforro neto. 92.047.656

(*) O último exercicio liquidado ó 31 de decembro de 2000 é o de 1999. (**) Optouse por considerar como anualidade teórica, a amortización efectiva do exercicio.

VI. CONCLUSIÓNS

1. ORZAMENTO, MODIFICACIÓNS DE CRÉDITOS, LIQUIDACIÓN E CONTA XERAL

Organización administrativa O Concello non organiza o cadro de persoal de maneira que se adapte ás necesidades actuais da entidade. Os postos de traballo de secretario e interventor atópanse vacantes dende fai anos e a Corporación non establece créditos orzamentarios para o complemento específico da praza de interventor. Orzamento O Orzamento do exercicio 2000 non foi aprobado pola Corporación, polo que se incumpre non soamente o artigo 145 da LRFL que esixe a elaboración e aprobación anual do mesmo, senón tamén os artigos 149.4 e 150.2 da LRFL, que indican que a aprobación inicial do orzamento xeral polo Pleno terá que

Page 20: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________ ____

18 __________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

efectuarse antes do 15 de outubro e que a súa aprobación definitiva deberá realizarse antes do 31 de decembro do ano anterior ó do exercicio. No suposto de prórroga, a entidade deberase axustar ó establecido no artigo 21 do Real Decreto 500/1990. Modificacións de créditos A modificación de créditos número 2 apróbase definitivamente o día 20 de xaneiro de 2001. De conformidade co establecido no artigo 158.2 en relación co 150 da LRFL, esta modificación non podería ter entrado en vigor ó aprobarse fóra do exercicio correspondente, sendo ó noso xuízo nulos de pleno dereito tódolos actos administrativos derivados da mesma, así como o recoñecemento das obrigas realizadas con cargo ós créditos modificados. Estes feitos poderían dar lugar á esixencia de responsabilidade contable, de conformidade co establecido nos artigos 38.1 e 42 da Lei orgánica 2/1982 do Tribunal de Contas e artigo 141 do TRLXO. Liquidación A liquidación do orzamento de 1999 (prorrogado para o exercicio 2000), non se aproba polo Presidente da Corporación, nin foi remitida á Comunidade Autónoma e á Administración do Estado, incumprindo as esixencias dos artigos 172 e 174 da LRFL. Conta xeral A conta xeral do exercicio 2000 foi dictaminada pola Comisión Especial de Contas, aprobada polo Pleno da Corporación e rendida ó Consello de Contas fóra dos prazos establecidos respectivamente nos artigos 193.2, 193.4 e 204 da LRFL. O resultado orzamentario axustado calculado polo Concello ofrece un déficit de 116.235.937 pesetas. O cálculo efectuado polo equipo auditor incrementa este déficit en 12.622.747 pesetas7 situándose en 128.858.684 pesetas8. Verificouse que para o exercicio 2001 os dereitos recoñecidos no exercicio continúan sendo insuficientes para cubrir as obrigas do mesmo período, xa que os cálculos realizados pola entidade ofrecen un resultado orzamentario axustado negativo por importe de 1.347.356 pesetas.

2. REMANENTE DE TESOURERÍA O remanente de tesourería para gastos xerais do exercicio fiscalizado calculado polo equipo auditor é de -14.435.773 pesetas9, mentres que na liquidación do orzamento establécese un remanente positivo de 9.060.954 pesetas.

7 Modifícase o importe do resultado orzamentario e do remanente de tesourería calculado polo Consello de Contas como consecuencia das alegacións formuladas (ver Nota 2). 8 Idem. 9 Idem.

Page 21: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________

_________________________________________________________________________________ 19

Consello de Contas de Galicia

No exercicio 1999 o estado de remanente de tesourería aprobado polo Concello era de 100.012.650 pesetas, mentres que no exercicio 2001 pasou a ser de 7.926.761 pesetas. O Concello deberá ter en conta as posibles responsabilidades derivadas da prescrición dos dereitos pendentes de cobro nos termos do artigo 141 do TRLXO.

3. ENDEBEDAMENTO Durante o exercicio 2000 o Concello de Teo non concertou operacións de crédito a curto nin a longo prazo. A débeda viva ó 31 de decembro de 2000 é de 3.450.669 pesetas e o aforro neto ó fin de exercicio é de 92.047.656 pesetas.

4. SITUACIÓN ECONÓMICA-FINANCEIRA O resultado orzamentario e o remanente de tesourería negativo calculado polo Consello de Contas no exercicio 2000, definen un escenario de dificultades financeiras a curto prazo. A esto hai que engadir o reducido cadro de persoal e a ausencia de titulares de Secretaría e Intervención. A inexistencia de operacións de tesourería, o elevado saldo dos fondos líquidos ó fin de exercicio e o criterio de prudencia na contabilización dos tributos (criterio de caixa), mitigan esta situación de falta de liquidez, sen prexuízo de que a obrigatoria adopción de medidas contempladas no artigo 174 da LRFL, puidera ocasionar problemas financeiros. Por todo isto, o Concello de Teo deberá corrixir as deficiencias mencionadas, cumprindo de forma rigorosa a legalidade vixente e contabilizando as súas operacións de acordo cos criterios establecidos na ICAL.

Page 22: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada

Informe de Fiscalización do Concello de TEO. Exercicio/2000_________________________

_________________________________________________________________________________ 21

Consello de Contas de Galicia

ANEXO

ALEGACIÓNS FORMULADAS POLO CONCELLO

Page 23: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada
Page 24: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada
Page 25: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada
Page 26: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada
Page 27: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada
Page 28: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada
Page 29: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada
Page 30: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada
Page 31: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada
Page 32: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada
Page 33: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada
Page 34: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · decembro de 2001, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, a fiscalización da actividade económico-financeira realizada