Conclusion Mesa Sectorial castaña

1
Mesa Sectorial na procurada posta en marcha dun contrato homologado para a castaña. OURENSE, 23 DE MAIO DE 2008 Nesta reunión, celebrada o día 23 de maio no marco das I Xornadas Internacionais sobre o Castiñeiro, entre representantes dos sindicatos agrarios e das industrias, coa administración como mediadora, para sentar as bases dun documento que recolla uns criterios obxectivos e unhas variables conforme as cales cada produtor poderá negociar coa empresa o prezo ao que lle venderá o produto nunha determinada campaña. Esta iniciativa enmárcase na estratexia global posta en marcha pola Consellaría do Medio Rural para darlle estabilidade aos distintos sectores agroalimentarios. No caso específico da castaña, o poder acadar un contrato ten unha especial importancia por canto se parte dun sector altamente desestruturado e cunha importante dispersión entre a oferta e a demanda, polo que con este novo mecanismo se concentran os intereses dos diferentes axentes e se sentan as bases para un óptimo aproveitamento multifuncional do monte, ligado á nova política forestal que se vén poñendo en marcha nos últimos anos. A produción de castaña en Galicia sitúase entre 15.000 e 30.000 toneladas anuais, con 4.424 hectáreas de souto censadas que se localizan principalmente nas comarcas orientais de Lugo e Ourense. En canto ás industrias, operan 21 no conxunto do territorio galego, algunhas en exclusiva (7 en Ourense e 3 en Lugo) e outras conxuntamente con outros produtos como cogomelos, froitos do bosque e patacas. Desde a Consellaría do Medio Rural estase a traballar para vertebrar este sector dun xeito transversal de forma que .ademais de avanzar nas relacións comerciais entre os diferentes axentes, se ordene o cultivo de cara a conseguir un mellor aproveitamento. En Ourense, a 23 de maio de 2008

description

conclusiones mesa sectorial de la castaña, futuro y presente.posibilidades de desarrollo del sector.

Transcript of Conclusion Mesa Sectorial castaña

  • Mesa Sectorial na procurada posta en marcha dun

    contrato homologado para a castaa. OURENSE, 23 DE MAIO DE 2008

    Nesta reunin, celebrada o da 23 de maio no marco das I Xornadas Internacionais sobre o Castieiro, entre representantes dos sindicatos agrarios e das

    industrias, coa administracin como mediadora, para sentar as bases dun documento que recolla uns criterios obxectivos e unhas variables conforme as cales cada

    produtor poder negociar coa empresa o prezo ao que lle vender o produto nunha determinada campaa. Esta iniciativa enmrcase na estratexia global posta en

    marcha pola Consellara do Medio Rural para darlle estabilidade aos distintos sectores agroalimentarios.

    No caso especfico da castaa, o poder acadar un contrato ten unha especial importancia por canto se parte dun sector altamente desestruturado e cunha

    importante dispersin entre a oferta e a demanda, polo que con este novo mecanismo se concentran os intereses dos diferentes axentes e se sentan as bases para

    un ptimo aproveitamento multifuncional do monte, ligado nova poltica forestal que se vn poendo en marcha nos ltimos anos.

    A producin de castaa en Galicia sitase entre 15.000 e 30.000 toneladas anuais, con 4.424 hectreas de souto censadas que se localizan principalmente nas

    comarcas orientais de Lugo e Ourense. En canto s industrias, operan 21 no conxunto do territorio galego, algunhas en exclusiva (7 en Ourense e 3 en Lugo) e

    outras conxuntamente con outros produtos como cogomelos, froitos do bosque e patacas.

    Desde a Consellara do Medio Rural estase a traballar para vertebrar este sector dun xeito transversal de forma que .ademais de avanzar nas relacins comerciais

    entre os diferentes axentes, se ordene o cultivo de cara a conseguir un mellor aproveitamento.

    En Ourense, a 23 de maio de 2008