Concello de Ribadavia – Concello de...

51
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE RIBADAVIA DE 29 DE OUTUBRO DE 2020. No Salón de sesións da Casa do Concello de Ribadavia, sendo as 20 horas e 5 minutos do día 29 de outubro de 2020 reúnese en sesión ordinaria, e en primeira convocatoria, o Concello Pleno, baixo a presidencia do Sr. Alcalde, Don César Manuel Fernández Gil (PP), coa asistencia dos Sres./as. Concelleiros/as que se indican: Concelleiros/as : D. MIGUEL GARCIA DOMINGUEZ (PP) Dª MARIA LUZ EXPOSITO PEREZ (PP) Dª CLARA LOEDA SOTO (PP) Dª YOLANDA GÓMEZ GOMEZ (PP) D. JOSÉ IGNACIO GÓMEZ PÉREZ (PSOE) D. MANUEL VÁZQUEZ LÓPEZ (PSOE) Dª. NOELIA RODRIGUEZ TRAVIESO (PSOE) . D. BRAIS FIDALGO MARTINEZ( RBC) Dª PAULA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ ( RBC) D ENRIQUE RODRÍGUEZ ALEJOS ( RBC) Dª MARÍA TERESA RODRÍGUEZ ESTEVEZ (BNG) Non asiste dona Cristina Otero Alonso ( PSOE). ASISTEN O SECRETARIO, FRANCISCO GASPAR FERNÁNDEZ CASTRO E O INTERVENTOR, DON VICENTE SOTO RODRÍGUEZ. 1. APROBACION, SE PROCEDE, DO BORRADOR DAS ACTAS DAS ÚLTIMAS SESIÓNS CELEBRADAS, QUE FOI A DO 24 DE SETEMBRO DE 2020 (ORDINARIA) . Non formulándose observacións, fica aprobada. 2.-DACION DE CONTA DE: A)DAS RESOLUCIONS DA ALCALDIA, SEGUNDO O EXPEDIENTE QUE SE ACHA NA SESION. De acordo co establecido no artigo 42 do RD 2568/1986, do 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais, e o artigo 22.2 a) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, o Concello Pleno queda enterado das resolucións da Alcaldía ditadas dende a sesión anterior , e que de seguido se relacionan:

Transcript of Concello de Ribadavia – Concello de...

Page 1: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE RIBADAVIA DE 29 DE OUTUBRO DE 2020.

No Salón de sesións da Casa do Concello de Ribadavia, sendo as 20 horas e 5 minutos do día 29 de outubro de 2020 reúnese en sesión ordinaria, e en primeira convocatoria, o Concello Pleno, baixo a presidencia do Sr. Alcalde, Don César Manuel Fernández Gil (PP), coa asistencia dos Sres./as. Concelleiros/as que se indican:

Concelleiros/as :

D. MIGUEL GARCIA DOMINGUEZ (PP)Dª MARIA LUZ EXPOSITO PEREZ (PP)Dª CLARA LOEDA SOTO (PP)Dª YOLANDA GÓMEZ GOMEZ (PP)D. JOSÉ IGNACIO GÓMEZ PÉREZ (PSOE)D. MANUEL VÁZQUEZ LÓPEZ (PSOE)Dª. NOELIA RODRIGUEZ TRAVIESO (PSOE) .D. BRAIS FIDALGO MARTINEZ( RBC)Dª PAULA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ ( RBC)D ENRIQUE RODRÍGUEZ ALEJOS ( RBC)Dª MARÍA TERESA RODRÍGUEZ ESTEVEZ (BNG)

Non asiste dona Cristina Otero Alonso ( PSOE).

ASISTEN O SECRETARIO, FRANCISCO GASPAR FERNÁNDEZ CASTRO E O INTERVENTOR, DON VICENTE SOTO RODRÍGUEZ.

1. APROBACION, SE PROCEDE, DO BORRADOR DAS ACTAS DAS ÚLTIMAS SESIÓNS CELEBRADAS, QUE FOI A DO 24 DE SETEMBRO DE 2020 (ORDINARIA) .

Non formulándose observacións, fica aprobada.

2.-DACION DE CONTA DE: A)DAS RESOLUCIONS DA ALCALDIA, SEGUNDO O EXPEDIENTE QUE SE ACHA NA SESION.

De acordo co establecido no artigo 42 do RD 2568/1986, do 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais, e o artigo 22.2 a) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, o Concello Pleno queda enterado das resolucións da Alcaldía ditadas dende a sesión anterior , e que de seguido se relacionan:

Do 21 de setembro, unha, sobre aboamentos.

Do 22 de setembro; tres; unha, sobre desestimación reclamación; unha, sobre concesión vacacións, unha, sobre aboamentos.

Do 23 de setembro; dúas; unha, sobre rectificación liquidación ICIO; unha, sobre aboamentos.

Page 2: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

Do 24 de setembro; dez; catro, sobre liquidación taxa serv. ext. incendios e outros; unha, sobre fraccionamento débeda ; unha, sobre bonificación IVTM; unha, sobre concesión redución xornada; unha, sobre concesión permiso para exame; unha, sobre formalización contrato; unha, sobre eficacia comunicación previa obra.

Do 25 de setembro; tres; dúas, sobre eficacia comunicación previa obras; unha, sobre aboamentos.

Do 28 de setembro; sete; unha, sobre alta no Padrón Habitantes; tres, sobre liquidación taxa serv. ext. incendios e outros; dúas, sobre concesión permiso para venda ambulante; unha, sobre aboamentos.

Do 29 de setembro, once; oito, sobre liquidación taxa serv. ext. incendios e outros, unha, sobre enterramento; unha, sobre concesión vacacións; unha, sobre aboamentos.

Do 30 de setembro; tres; unha, sobre resolución expte. sancionador; unha, sobre concesión prórroga licenza obra; unha, sobre aboamentos.

Do 01 de outubro; doce; cinco, sobre liquidación plusvalia tres, sobre fraccionamento débeda; unha, sobre adxudicación control de calidade execución obra; unha, sobre ocupación via pública; unha, sobre concesión vacacións; unha, sobre aboamentos.

Do 02 de outubro, dez, unha, sobre alta no Padrón Habitantes; unha, sobre bonificación IVTM; cinco, sobre liquidación plusvalía; unha, sobre fraccionamento débeda; ;unha, sobre formalización contrato; unha, sobre aboamentos.

Do 05 de outubro; oito; unha, sobre alta no Padrón Habitantes; unha, sobre liquidación plusvalía; dúas, sobre fraccionamento débeda; unha, sobre exenc. IVTM; unha, sobre estimación parcial recurso reposición; unha, sobre concesión vacacións; unha, sobre aboamentos.

Do 06 de outubro; tres; unha, sobre estimación parcial recurso reposición; unha, sobre concesión vacacións unha, sobre aboamentos.

Do 07 de outubro; cinco; unha, sobre altas no Padrón Habitantes; unha, sobre expte. sancionador; unha, sobre concesión vacacións; unha, sobre concesión permiso paternidade; unha, sobre aboamentos.

Do 08 de outubro; sete; tres, sobre fraccionamento débeda: unha, sobre reclamación previa de unha empregada; unha, sobre arquivo actuacións; unha, sobre concesión substitución vehículo autoturismo; unha, sobre aboamentos.

Do 09 de outubro; once; unha, sobre alta no Padrón Habitantes; dúas, sobre bonificación IVTM; dúas, sobre fraccionamento débeda; unha, sobre aprobación plan seguridade e saude Mellora Camiños Municipais; unha, sobre xestión preventiva mellora eficiencia enerxética Concello; unha sobre sentenza Tribunal Superior Xustiza Galicia 28.04.2005; dúas, sobre resolución recaida exptes. sancionadores; unha, sobre aboamentos.

Do 13 de outubro; seis; unha, sobre alta no Padrón Habitantes; unha, sobre requirimento; unha, sobre formalización contrato eventual; unha, sobre aprobación taxa

Page 3: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

por ocupación via pública; unha, sobre concesión servizo axuda no fogar; unha, sobre aboamentos.

Do 14 de outubro; quince; catro, sobre fraccionamento débeda; cinco, sobre liquidación plusvalía; unha, sobre cont-admtvo 4129/2020; tres, sobre limpeza terreos; unha, sobre concesión servizo axuda no fogar; unha, sobre aboamentos.

Do 15 de outubro; unha, sobre aboamentos.

Do 16 de outubro; cinco; unha, sobre alta no Padrón Habitantes; dúas; sobre liqud. taxa serv. ext. incendios e outros; unha, sobre requirimento; unha, sobre concesión vacacións.

Do 19 de outubro; oito; dúas, sobre liquidación plusvalía; catro, sobre concesión servizo axuda no fogar; dúas, sobre aboamentos.

Do 20 de outubro; nove; tres; sobre liquidación plusvalía; unha, sobre concesión servizo axuda no fogar; unha, sobre limpeza terreo; unha, sobre formalización contrato persoal; dúas, sobre delegación competencias; unha, sobre aboamentos.

Do 21 de outubro; dezaseis; sete, sobre liquidación plusvalía; unha, sobre fraccionamento débeda; dúas, sobre bonificación IVTM; catro , sobre limpeza terreos; unha, sobre eficacia comunicación previa obras; unha, sobre aboamentos.Do 22 de outubro; vinte e cinco; vinte e unha, sobre liquidación plusvalía; unha, sobre limpeza terreo; dúas, sobre eficacia comunicación previa obras; unha, sobre ocupación dominio público.

Do 23 de outubro; oito; dúas, sobre liquidación plusvalía; dúas, sobre liquidción taxa serv. ext. incendios e outros; unha, sobre nomeamento tribunal postos limpadoras; unha, sobre enterramento; unha, sobre eficacia comunicación previa obras; unha, sobre ocupación dominio público.

Do 26 de outubro; dúas; unha, sobre contencioso-administravo 4129/2020; unha, sobre eficacia comunicación previa obras.

Do 27 de outubro; quince; catro, sobre fraccionamento débeda; nove, sobre liquidación plusvalía; unha, sobre concesión vacacións; unha, sobre eficacia comunicación previa.

Do 28 de outubro; dezanove, sobre liquidación plusvalía.

3.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA 6/2020.

Que a Comisión Especial de Contas e Informativa de Facenda, Promocion Económica e Vitivinícola e Obras , na súa sesión de 22 de outubro de 2020 adoptou o seguinte ditame:

PRIMEIRO. Que se aprobe inicialmente o expediente de modificación de créditos núm.6/2020, na modalidade de crédito extraordinario, e suplemento de crédito, de acordo co seguinte resumo por capítulos: 

Page 4: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

1º CREDITOS NECESARIOS:

- Suplementos de Crédito (Partidas existentes no Orzamento con dotación insuficiente)

Partida Consignación Aumento que Total Finsorzamentaria anterior que se prop.

221.07.925 10.000 10.000 20.000 Equipos de Protección Integral (EPIS), productos de desinfección e realización de probas Covid-19.

671.619.00 0 12.000 12.000 Arranxo varios no parque do Xardinillos.161.489.00 0 1.340 1.340 Subvención nominativa a Asociación de veciños San Pedro de Sanin.

482.221.11 0 1.250 1.250 Sinalización camiño Miñoto.

334.480.00 11.212 16.000 27.212 Subvención nominativa Asocación Musical Banda La Lira.

1522.619.00 0 11.000 11.000 Melloras varias no inmoble municipal sito na rúa Extramuros.

151.640.00 5.925 10.000 15.925 Redacción de Proxectos.

R E S U M OTota créditos extraordinarios e suplementos de crédito ................................. 61.590

Total créditos necesarios .......................................................... 61.590 IMPORTE TOTAL DA OPERACION........................................61.590 =============================================

2º.- FINANCIACIAMENTO

Para financia-los créditos sinalados no apartado anterior, pódense arbitrar-los seguintes recursos:

a) Con cargo ó Remanente Líquido de Tesourería.b) Con cargo a novos ou mayores ingresos recadados sobre os totales previstos

nalgún concepto do orzamento corrente.c) Con cargo a anulacións ou baixas de créditos doutras partidas do Orzamento

vixente non comprometidas, cuxas dotacións se estimen reducibles sen perturbación do respectivo servizo, segundo o detalle que segue:

Partida Consignación Disminución que Total orzamentaria anterior que se prop.

489.00.439 120.000 61.590 58.410 (1).

Total disminución que se propón-------------------------61.590

Page 5: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

(1) Fondo de Emerxencia a Autónomos, Pymes e outras axudas para promocion e activacion do comercio local.

====================================================

RESUMO

- Cantidade que se utiliza procedente do Remanente Líquido de Tesourería-----------0 euros.

- Cantidade que se utiliza procedente de novos o maiores ingresos recadados sobre os totales previstos nalgún concepto do orzamento corrente--------------- 0 euros.

Cantidade que se utiliza procedente de anulacións ou baixas de créditos doutras partidas do Orzamento vixente non comprometidas, cuxas dotacións se estimen reducibles sen perturbación do respectivo servizo--------------------61.590 euros

SEGUNDO. Que se expoña este expediente ao público mediante un anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, por un prazo de quince días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o devandito prazo non se presentan reclamacións; en caso contrario, o Pleno disporá dun prazo dun mes para resolvelas.

Ribeiro en Común presenta a seguinte emenda: Exposición de Motivos :

En relación á proposta de MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA que presentou a Alcaldía na Xunta de Portavoces do pasado 16 de outubro.

No contexto actual tan difícil para a maioría da sociedade ribadaviense, e con moitos casos de veciños que viron reducidos os seus ingresos, non podemos aceptar que o Concello non sexa capaz de facer políticas sociais e pretenda destinar a favores políticos os recursos aprobados polo Pleno para axudarlle a veciñanza que máis o necesita. En crises como as que estamos a vivir, os concellos teñen que estar máis preto ca nunca da veciñanza priorizando as necesidades máis esenciais.

Pola contra, o goberno só destinou 20,000 dos 120,000 euros aprobados e consensuados polo Pleno de maio, despreocupándose das políticas sociais que deben ser prioritarias na crise social, económica e sanitaria que vivimos.

SOLICITAMOS A MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA:

Page 6: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

Ribeiro en Común rexistra unha batería de medidas sociais e investimentos en políticas municipais destinadas aos veciños máis afectados pola crise. Estas medidas irían a cargo da partida que existe actualmente no Concello de Ribadavia de 100.000 euros.

PROPOSTA DE ACORDO

1. Plan de Inserción Laboral e Fomento de Emprego. 20.000 euros.

2. Plan de Modernización do Comercio Local de Ribadavia: Dixitalización, Plataforma Online e Sistema de Reparto domiciliario. 15.000 euros.

3. Estudo Técnico para a mellora enerxética de Ribadavia: Realización do Proxecto Técnico para o Auto abastecemento enerxético de Ribadavia. 3.000 euros.

4. Bono para pago de facturas de primeira necesidade como Luz, Auga e Aluguer. 5.000 euros.

5. Bono de compra no comercio local co obxecto de dinamizar e revitalizar o consumo no comercio de Ribadavia. 20.000 euros.

6. Bono social a parados/as para a adquisición de produtos de primeira necesidade, mercando en establecementos do municipio. 5.000 euros.

7. Reforzo e Ampliación do actual servizo de Conciliación. Axudas municipais á conciliación, suplantando a ausencia da Xunta e como medida para suplir as actividades extraescolares. 2.000 euros.

8. Apoiamos e pedimos que a Deputación Provincial, que foi o goberno e a institución que suspendeu o Convenio que beneficiaba a Asociación A Lira de Ribadavia, sexa quen corrixa este prexuízo contra esta Asociación ribadaviense, intercedendo o Concello de Ribadavia como institución en favor da Asociación A LIRA DE RIBADAVIA. Se así o fai terán o noso apoio. Pedímoslle ao Alcalde de Ribadavia, que tamén é membro do goberno da Deputación, que aprobe nesa institución a axuda a esta e a outras Asociacións de Ribadavia, pois a Deputación é un ente con maiores recursos que o noso Concello e con competencias propias en cultura. Bastaría que apoiaran ás Asociacións de Ribadavia tanto como a Deputación apoia a outras asociacións da provincia con moita menos actividade e representatividade que as que temos en Ribadavia.

9. Debido a que está baleira a partida para equipos de Protección, produtos desinfección e realización probas, o goberno ven de propoñer consignación dunha partida de 20.000 euros. O noso grupo propón que se aumente ata os 25.000 euros. Con estes 5.000 euros incluiríase a compra de máscaras para Colexios.

Page 7: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

10. Creación Partida adquisición de Máquinas e sistema de ventilación mecánica ou de purificadores de aire nos Colexios de Ribadavia, tal e como se ten solicitado no inicio de Curso, e como se ten rexistrado tamén con data 6 de outubro. 5.000 euros.

Esta é unha proposta flexible para o diálogo entre todos os grupos municipais, polo que son partidas modificables sempre coa intención de integrar e tamén asumir outras propostas que os demais grupos realicen.

Ribeiro en Común leva meses pedindo medidas e unha modificación orzamentaria, ten en conta que esta Partida de 100.000 euros aprobouse no mes de maio, consideramos que esta iniciativa da alcaldía chega moi tarde e a destempo.

O BNG presenta a seguinte proposta de engadega á modificación de crédito:

-Axuda as ANPAS do concello de Ribadavia para actuacións de axuda á infancia e estudantes nas aulas e para facilitar o ensino a distancia; máscaras e material de protección , adquisición de equipos informáticos; instalacións de conexións a internet ou purificadores de aire. A través do incremento da partida 226.09.334 en 15.000 euros.

-Subvención aos Establecementos Asociados de Ribadavia para a súa adaptación aos cambios obrigados pola pandemia : comercio on line, medidas de protección e hixiene, así como a posta en marcha de novos produtos e un reforzo da campaña de Nadal. Mediante o incremento da partida 780.00.431 en 15.000 euros.

O financiamento destas propostas realizarase a través da partida orzamentaria 489.00.439 que ten consignados 120.000 euros , dos cales aínda se atopan dispoñibles 58.410 €.

Os pagamentos por parte do concello de Ribadavia ás entidades beneficiarias faranse previa presentación por parte das mesmas entidades de facturas proforma que recollan os gastos qeu van acometer e informe correspondente da intervención municipal de que ditas propostas de gasto se corresponden cos fins para os que foron concedidas.

Sometida a votación a proposta obtense o seguinte resultado , votos a prol PP , reservanse para o pleno PSOE, RENC, BNG fica ditaminada de xeito favorable elevándose a pleno en calidade de ditame

Page 8: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

PRIMEIRO. Que se aprobe inicialmente o expediente de modificación de créditos núm.6/2020, na modalidade de crédito extraordinario, e suplemento de crédito, de acordo co seguinte resumo por capítulos: 

1º CREDITOS NECESARIOS:

- Suplementos de Crédito (Partidas existentes no Orzamento con dotación insuficiente)

Partida Consignación Aumento que Total Finsorzamentaria anterior que se prop.

221.07.925 10.000 20.000 30.000 Equipos de Protección Integral (EPIS), productos de desinfección e realización de probas Covid-19.

161.489.00 0 1.340 1.340 Subvención nominativa a Asociación de veciños San Pedro de Sanin.

432.221.10 0 1.250 1.250 Sinalización camiño Miñoto.

151.640.00 5.925 8.000 13.925 Redacción de Proxectos e Estudios Técnicos.

326.489.00 4.435 5.000 9.435 Subvención Asociación de Pais e Nais de colexios públicos.

R E S U M OTota créditos extraordinarios e suplementos de crédito .................................35.590

Total créditos necesarios .......................................................... 35.590 IMPORTE TOTAL DA OPERACION........................................35.590 =============================================

2º.- FINANCIACIAMENTO

Para financia-los créditos sinalados no apartado anterior, pódense arbitrar-los seguintes recursos:

d) Con cargo ó Remanente Líquido de Tesourería.e) Con cargo a novos ou mayores ingresos recadados sobre os totales previstos

nalgún concepto do orzamento corrente.f) Con cargo a anulacións ou baixas de créditos doutras partidas do Orzamento

vixente non comprometidas, cuxas dotacións se estimen reducibles sen perturbación do respectivo servizo, segundo o detalle que segue:

Partida Consignación Disminución que Total orzamentaria anterior que se prop.

489.00.439 120.000 35.590 84.410 (1).

Total disminución que se propón-------------------------35.590

Page 9: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

(1) Fondo de Emerxencia a Autónomos, Pymes e outras axudas para promocion e activacion do comercio local.

====================================================

RESUMO

- Cantidade que se utiliza procedente do Remanente Líquido de Tesourería-----------0 euros.

- Cantidade que se utiliza procedente de novos o maiores ingresos recadados sobre os totales previstos nalgún concepto do orzamento corrente--------------- 0 euros.

Cantidade que se utiliza procedente de anulacións ou baixas de créditos doutras partidas do Orzamento vixente non comprometidas, cuxas dotacións se estimen reducibles sen perturbación do respectivo servizo--------------------35.590 euros

SEGUNDO. Que se expoña este expediente ao público mediante un anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, por un prazo de quince días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o devandito prazo non se presentan reclamacións; en caso contrario, o Pleno disporá dun prazo dun mes para resolvelas.  

Alcalde.- Neste punto 3 vou a plantexar unha cuestión de orde.Houbo conversas esta semana entre os grupos , hai algúns puntos de acordo, noutros puntos non hai acordo.Vou a retirar da orde do día a proposta de acordo de modificación orzamentaria e plantexar dúas modificacións orzamentarias que supón na práctica un deslinde dos expedientes.Propoño someter a votación a inclusión por urxencia dos dous novos expedientes de modificación orzamentaria.

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- ¿ Se debate agora ou ao final do pleno? Solicito que se teña en conta o escrito presentado hoxe polo noso grupo.

Sometida a votación a urxencia é aprobada cos votos a favor de PP (5), PSOE (3) e BNG , e absteción de RENC (3).

Page 10: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

Alcalde.- Incorporarmos ao debate os dous expedientes de modificación orzamentaria. Se debaten conxuntamente e se votan por separado. No novo expediente 6/2020 se implementan partidas co non gastado da modificación orzamentaria de maio. Como non había acordo en todos os puntos, se fai un expediente incorporando os puntos en que hai máis acordo. No expediente 6/2020 se prevé Equipos de Protección Integral (EPIS), productos de desinfección e realización de probas Covid-19; Subvención nominativa a Asociación de veciños San Pedro de Sanin; Sinalización camiño Miñoto; Redacción de Proxectos e Estudios Técnicos435 Subvención Asociación de Pais e Nais de colexios públicos.

No expediente 7/2020 se prevé Arranxo varios no parque do Xardinillos; Subvención nominativa Asociación Musical Banda La Lira; Melloras varias no inmoble municipal sito na rúa Extramuros.

Dª María Teresa Rodríguez Estévez (BNG).-Boa tarde a todos e todas, unha forte aperta para todos os afectados polo covid.Apelar á responsabilidade individual e colectiva neste tema.

Vou a facer unha exposición resumida o BNG está de acordo nalgúns puntos propostos e en desacordo en outros. O BNG presentou unha engadega á modificación de crédito.Na nosa proposta incluíanse todas as ANPAS do concello. Había unha subvención a Establecementos Asociados do Ribeiro para os cambios que a pandemia vai a traer, medidas de protección e hixiene , apoio na campaña de Nadal. Se recibiu unha contestación polo concello ás nosas propostas, aceptando algunhas cuestións que nos parecen escasas. Con bastante esforzo presentamos dúas respostas argumentadas. Hoxe se presenta este novo cambio. Chega tarde ,se tiña que falar antes. Hai cousas moi importantes que atender. Imos a valorar o que se nos presenta.

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- Boa tarde a todos e todas, ánimo aos veciños afectados polo virus e usuarios e traballadores do asilo. A situación pón a crudeza da crise ante a nosa cara. Decía o alcalde que había sintonía nalgunhas propostas, fruto do ambiente pola noticia do domingo. Hai moita distancia política pero prevalece a cruda realidade. O noso grupo fixo o traballo de explicar como vemos a crise en Ribadavia. A modificación chega tarde, houbo un consenso en maio forzado pola oposición cun importante gasto social.Apoiamos volver ao espíritu de unidade e concordia ante o virus. É o que nos transmiten os veciños e veciñas, nos constan casos de situacións moi graves.

Page 11: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

A crise é social e económica, en Carabanchel desaloxaban a unha familia e ao mesmo tempo había unha festa da alta sociedade con demasiados representantes políticos. Todas as axudas á asociacións son útiles neste contexto. É fundamental priorizar a axuda social. A nosa proposta do xoves e de hoxe pide máis axuda social.

O domingo quedamos consternados polas noticias do asilo.Nos consta que o alcalde fixo o posible para reforzar os traballadores. A Xunta non quiso, o concello ten que dar un paso adiante.Non nos gusta a actuación da Xunta, debería ter unha bolsa de traballadores, flexibilizar as contratacións. O concello ten que facer algo, moito máis. Propoñemos axudas á Cruz Vermella e Caritas.

No verao non se acadou plasmar en medidas sociais o acordo de maio. Esa é a nosa crítica. Vai rematar o exercicio económico e aínda estamos esperando que o plan se concrete. Cruz Vermella e Caritas son fiables e axilizan a xestión. Esperamos que se acepte a nosa proposta.Nas propostas do goberno algunhas non nos gustan, outras nos gustan pouco e outras nos gustan. Na subvención á ANPA non concordamos, a responsabilidade é da Administración , non da ANPA. Da máis garantías legais e administrativas, temos técnicos para implementalo. A Xunta agora autoriza esta actuación. Que se axilicen os bonos do comercio, que se axude a quen máis o necesita.

D José Ignacio Gómez Pérez ( PSOE).- Nos sumamos ás palabras de apoio ás persoas que sufren pola situación da pandemia. Manifestar un apoio especial aos traballadores do asilo e aos que coidan dos demais.

Nos imos a ser claros e contundentes no que é prioritario. As demáis cuestións son importantes, pero hai que priorizar. Non é posible o café para todos ,máis nunha situación de crise. Nos sería moi fácil facer unha proposta inasumible, como se fixo na primeira modificación orzamentaria. O goberno ten que priorizar, temos que priorizar onde é máis necesario actuar. Iso é o que é gobernar, non decir o que os veciños queren escoitar e non se pode facer. Nos tivemos que rebaixar a xornada e o soldo dos traballadores, para non ter que botalos á rúa.

Temos que dar unha resposta ao que plantexa o goberno. Na primeira modificación as cuestións prioritarias e que afectan directamente á institución as apoiamos. O dos equipos de protección individual é prioritario, os traballadores do servizo de axuda no fogar ten que estar protexidos. Que a sinalización do camiño Miñoto sexa unha cuestión prioritaria é moi discutible, pero é unha cantidade pequena e se pode asumir. Está pactada con outros concellos. Cando esto se solucione traería xente ao concello. Respecto á redacción de proxectos non debe quedar nadie sen cobrar. Esas foron as nosas propostas por escrito. O PSOE está sendo moi claro, agora hai que escoitar ao goberno e aos demais grupos.Na subvención á ANPA concordamos en que é necesario que a asociación nos diga cal é a súa necesidade. Todas as asociacións se

Page 12: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

teñen que dirixir a todos os grupos. Si se pretende ter o apoio do pleno hai que falar tamén co PSOE. Eiquí non facemos o que fai Baltar.Non imos ser obstáculo para que se aprobe. Que se abra un diálogo coa ANPA para ver quen fai as adquisicións.Isto non o ten que facer a ANPA, o tería que facer a Xunta de Galicia. Non é xusto. O problema o sofren os nosos nenos e nenas. As mascarillas son moi caras, un neno ten que poñer tres ou catro un día no colexio.

É necesario arranxar os Xardinillos. Agora é supernecesario; no seu momento deu para intentar desaloxar ao goberno. Se pode facer coa brigada municipal de obras. Con mantemento non se tivera chegado a esta situación, houbo un problema de deixadez.

O peche no inmoble municipal o poden facer as brigadas. Non lle imos deixar un pufo aos veciños de Sanín. No tema da Banda Lira imos votar en contra, nadie se dirixiu a nos. A situación ven derivada de non facer actuacións no verán e que non houbo a correspondente subvención da Deputación. A Deputación non lle paga e vai a pagar o concello con infinitos menos cartos que a Deputación. Non o podemos facer e así de claro. Sería tomarlle o pelo ás outras asociacións. O que goberna ten que ser serio, non é que non sexa importante pero non é prioritario para o conxunto do pobo.A Escola de Música Municipal tamén ten que adaptarse, a outra é unha entidade privada. Algúns por ser honestos e claros, sufríamos embates cada vez que había unha actuación. Nos imos a facer unha proposta na Deputación para que se busque unha solución ao cultural que deixaron sen pagar.

Para nos todas as propostas dos outros grupos son importantes, pero hai que ver cales son prioritarias. A prioridade de maña pode ser distinta a de hoxe. Estamos dispostos a abrir unha nova vía de diálogo; como no tema dos autónomos a nos se nos vai a encontrar no acordo.

Alcalde.- Estamos totalmente de acordo en que vaian , en primer lugar, as prioridades e, tamén estamos de acordo ,en que poden variar co paso do tempo. Temos que pasar do ofrecemento de consenso a exercelo; de cara xa o documento orzamentario do 2021. Estamos próximos a pechar o exercicio económico, e hai recursos que non se movilizaron e non por inactividade. Eses recursos se poden destinar a outras cuestións.Hai necesidades prioritarias: a loita contra a covid. Hoxe o gasto está desbordado nesa partida; esa partida vai a ser necesaria no exercicio orzamentario vindeiro. Ata xuño viña material de outras administracións. O ano que ven se vai a necesitar máis material, é un tema que habería que ter en conta.

A modificación orzamentaria foi unha proposta aberta; os expedientes se deslindaron para facilitar o acordo nos temas en que pode haber máis consenso.

Page 13: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

O tema de Sanín non é como se plantexou, a actuación xa está feita e a Asociación ten falta de liquidez, precisa unha aportación do concello. A factura xa está pagada, non houbo premeditación no tempo.

No camiño Miñoto cada concello sinala o seu tramo, se pedíu un orzamento para vinte dúas sinais.Os gastos propostos no expediente 7/2020 é unha cuestión de contexto, estamos a piques de pechar o exercicio; para nos sí son prioritarios.Na Banda Lira entendemos o plantexamento e a necesidade, minimizar o importe da perda de ingresos.Emplazo aos grupos para acadar un documento orzamentario que cambie a filosofía dos dos últimos anos. Agradezo o traballo dos grupos na modificación orzamentaria e o acordo acadado en varios puntos.

Dª María Teresa Rodríguez Estévez (BNG).- Concordo no dito polos compañeiros. O importante é priorizar nestes momentos. Me parece ben separar os expedientes. Nos parece moi ben o dos equipos de protección individual.Nos presentamos dúas mocións, que eran un diálogo coa sociedade civil e pedían cousas lóxicas e que foron aprobadas.No tema das axudas ás ANPAS, é unha cuestión que tiñan que facer outras administracións e non o fan. Non todos os nenos teñen ordenador e conexión a internet na casa.Na primeria modificación orzamentaria nos non imos a ser obstáculo.Na segunda modificación nos parecen máis interesantes as nosas propostas.Eu me reuní con varias asociacións e colectivos para explicar as nosas propostas e escoitar a súa opinión e as súas demandas.

D Brais Fidalgo Martínez( RENC).- Intuíamos que o señor alcalde ía a opinar da nosa intervención e da nosa proposta: axuda a Caritas e Cruz Vermella. Falei de cómo se chegou a acordo no pleno de marzo. Estamos concienciados da necesidade de acordo, pese as diferencias políticas. Diante de problemas graves , facemos propostas en positivo que son xustas e necesarias. O alcalde nin nos contesta.

A segunda proposta de modificación orzamentaria, o expediente número sete debería quedar enriba da mesa e estudiar as nosas propostas.

Non hai un proxecto de arranxo para os Xardinillos, non sabemos en que consisten as obras.Sobre a Banda Lira, tivemos unha reunión , quen xenera o problema é a Deputación. O alcalde é membro da Xunta de Goberno da Deputación, que se abra unha liña alternativa para os que perderon as axudas. A Banda Lira ten unha gran actividade cultural e musical. Tivemos unha reunión cordial con eles, con acordos e desacordos. Que resolva o problema a Deputación, o alcalde trae o problema a este pleno para non molestar ao seu xefe. A subvención á Banda Lira é necesaria.

Page 14: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

As obras no inmoble de Extramuros é necesaria, non sabemos se pode agardar ao orzamento de 2021. 6000 euros non chega a nada.

Sumando coa nosa proposta , pedimos que a modificación orzamentaria 7/2020 quede enriba da mesa e que se faga unha proposta de consenso. A sociedade precisa que,nestes momentos, os representantes públicos lles ofrezan certeza e seguridade, dando exemplo chegando a acordos. Ribeiro en Común fai unha oferta de diálogo.

Sobre a modificación 6/2020 ,nos reclamamos fai tempo moitas de esas medidas, fai meses. Feijoo cambiou ao conselleiro de Educación a unha semana do inicio do curso, sinal de que as cousas non ían ben. Moitas cuestións se debían abordar polos directores dos centros, as ANPAS e os concellos indo da man.

É un desprezo a Ribeiro en Común non acoller as nosas iniciativas, a sociedade decatase de que estas necesidades se tiveron que atender antes.O alcalde empeza a falar dos novos orzamentos, o reto é esta semana e esta modificación orzamentaria. Quedan dos meses de anualidade.

O alcalde dixo que non houbo inactividade, que non houbo necesidades; hai frases que me indignan. ¿ Falou o alcalde con Servizos Sociais, con Cáritas e Cruz Vermella? Hai veciños que non chegan a fin de mes. Pido unha rectificación. Se pasou de dous vales a corenta. A moitas familias lles salva o mes. Pido que a segunda modificación quede enriba da mesa e que integra a Caritas e Cruz Vermella.

Falta organización pola Xunta no repunte da segunda ola da pandemia. Debía haber lista de agarda de profesionais e non as hai. Se van a necesitar no futuro inmediato.No tema da ANPA tamén chegamos tarde, se calculou mal. Os grupos da oposición estabamos dispostos a facer antes a modificación orzamentaria, é responsabilidade do goberno , non hai planificación. A función da ANPA non é esa. Se non o fai a Xunta que o faga o concello.Querríamos que a compra se faga a través do concello. Na última xunta de goberno un representante da ANPA pedía que o concello faga a compra. Hai partidas que seguen sen investirse. Temos que chegar a todos os comerciantes do municipio.

D José Ignacio Gómez Pérez ( PSOE).- Procuraremos ter coherencia. A primeira proposta nos une a todos, se sae por unanimidade trasladaría certeza aos veciños.

Se nos obrigan a votar os dous expedientes, no primeiro abstención e no segundo voto en contra. Se o segundo expediente se retira, votamos a favor do primeiro.No tema da ANPA, máis alá da cuestión semántica creo que o material o pode comprar ou facer a xestión o concello. Que a ANPA diga as

Page 15: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

necesidades nunha reunión con todos os grupos. Se pode incorporar o que di RENC e o que se poida facer dentro das nosas capacidades.A oposición está sendo leal e levando ao concello pola senda da concordia, pero ata agora non hai unha actitude recíproca polo alcalde. A subvención á Banda Lira non é que se retire, ía a un fin concreto que non se fixo, eses cartos eran para facer actuacións. Na Deputación hai 600.000 euros para rodaxes e series de televisión, que se abra unha liña para gasto corrente. Se a Deputación tivese un Plan único para cada concello según poboación se acababa o problema.

Alcalde.- Nos estamos a prol de acadar o consenso. O expediente número sete queda sobre a mesa. É bó mandar un mensaxe de unanimidade.

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- Que se incorpore unha modificación para facer aportación a Caritas e Cruz Vermella.

Alcalde.- Houbou unha mala interpretación sobre as ANPAS, non se lles carga esa responsabilidade de adquirir o material. Ten que formalizarse por vía de convenio. As máscaras, o material de protección e os purificadores os vai a adquirir o concello.

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).-¿ É obxecto dunha subvención a ANPA?

Alcalde.- Temos que escoitar, saber as necesidades e firmar un convenio para que poidan aportar a documentación xustificativa.

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- Agradecer que se recolla a nosa proposta de que o material o adquira o concello.

Dª María Teresa Rodríguez Estévez (BNG).- Estamos de acordo en que se retire, e pedimos que se consensúe unha proposta entre todos os grupos.

-Proposta de acordo expediente de modificación orzamentaria número 6 ( bis).

PRIMEIRO. Que se aprobe inicialmente o expediente de modificación de créditos núm.6/2020, na modalidade de crédito extraordinario, e suplemento de crédito, de acordo co seguinte resumo por capítulos: 

1º CREDITOS NECESARIOS:

Page 16: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

- Suplementos de Crédito (Partidas existentes no Orzamento con dotación insuficiente)

Partida Consignación Aumento que Total Finsorzamentaria anterior que se prop.

221.07.925 10.000 20.000 30.000 Equipos de Protección Integral (EPIS), productos de desinfección e realización de probas Covid-19.

161.489.00 0 1.340 1.340 Subvención nominativa a Asociación de veciños San Pedro de Sanin.

432.221.10 0 1.250 1.250 Sinalización camiño Miñoto.

151.640.00 5.925 8.000 13.925 Redacción de Proxectos e Estudios Técnicos.

326.489.00 4.435 5.000 9.435 Subvención Asociación de Pais e Nais de colexios públicos.

R E S U M OTota créditos extraordinarios e suplementos de crédito .................................35.590

Total créditos necesarios .......................................................... 35.590 IMPORTE TOTAL DA OPERACION........................................35.590 =============================================

2º.- FINANCIACIAMENTO

Para financia-los créditos sinalados no apartado anterior, pódense arbitrar-los seguintes recursos:

g) Con cargo ó Remanente Líquido de Tesourería.h) Con cargo a novos ou mayores ingresos recadados sobre os totales previstos

nalgún concepto do orzamento corrente.i) Con cargo a anulacións ou baixas de créditos doutras partidas do Orzamento

vixente non comprometidas, cuxas dotacións se estimen reducibles sen perturbación do respectivo servizo, segundo o detalle que segue:

Partida Consignación Disminución que Total orzamentaria anterior que se prop.

489.00.439 120.000 35.590 84.410 (1).

Total disminución que se propón-------------------------35.590

(1) Fondo de Emerxencia a Autónomos, Pymes e outras axudas para promocion e activacion do comercio local.

====================================================

RESUMO

Page 17: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

- Cantidade que se utiliza procedente do Remanente Líquido de Tesourería-----------0 euros.

- Cantidade que se utiliza procedente de novos o maiores ingresos recadados sobre os totales previstos nalgún concepto do orzamento corrente--------------- 0 euros.

Cantidade que se utiliza procedente de anulacións ou baixas de créditos doutras partidas do Orzamento vixente non comprometidas, cuxas dotacións se estimen reducibles sen perturbación do respectivo servizo--------------------35.590 euros

SEGUNDO. Que se expoña este expediente ao público mediante un anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, por un prazo de quince días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o devandito prazo non se presentan reclamacións; en caso contrario, o Pleno disporá dun prazo dun mes para resolvelas.

 PROPOSTA DE ACORDO

PRIMEIRO. Que se aprobe inicialmente o expediente de modificación de créditos núm.7/2020, na modalidade de crédito extraordinario, e suplemento de crédito, de acordo co seguinte resumo por capítulos: 

1º CREDITOS NECESARIOS:

- Suplementos de Crédito (Partidas existentes no Orzamento con dotación insuficiente)

Partida Consignación Aumento que Total Finsorzamentaria anterior que se prop.

671.619.00 0 12.000 12.000 Arranxo varios no parque do Xardinillos.

334.480.00 11.212 16.000 27.212 Subvención nominativa Asociación Musical Banda La Lira.

1522.619.00 0 6.000 6.000 Melloras varias no inmoble municipal sito na rúa Extramuros.

R E S U M OTota créditos extraordinarios e suplementos de crédito .................................34.000

Total créditos necesarios .......................................................... 34.000 IMPORTE TOTAL DA OPERACION........................................34.000 =============================================

2º.- FINANCIACIAMENTO

Page 18: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

Para financia-los créditos sinalados no apartado anterior, pódense arbitrar-los seguintes recursos:

j) Con cargo ó Remanente Líquido de Tesourería.k) Con cargo a novos ou mayores ingresos recadados sobre os totales previstos

nalgún concepto do orzamento corrente.l) Con cargo a anulacións ou baixas de créditos doutras partidas do Orzamento

vixente non comprometidas, cuxas dotacións se estimen reducibles sen perturbación do respectivo servizo, segundo o detalle que segue:

Partida Consignación Disminución que Total orzamentaria anterior que se prop.

489.00.439 84.410 34.000 50.410 (1).

Total disminución que se propón-------------------------34.000

(1) Fondo de Emerxencia a Autónomos, Pymes e outras axudas para promocion e activacion do comercio local.

====================================================

SEGUNDO. Que se expoña este expediente ao público mediante un anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, por un prazo de quince días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o devandito prazo non se presentan reclamacións; en caso contrario, o Pleno disporá dun prazo dun mes para resolvelas.  

Sometida a votación a proposta relativa ao expediente de modificación orzamentaria 6/2020 fica aprobada por unanimidade.

4.- CONCERTACIÓN OPERACIÓN TESOUREIRÍA.

Concertar coa entidade financeira Banco de Sabadell un crédito para cubrir desfases transitorios de tesourería por importe de 350.000 euros,coas seguintes características:

a) Tipo de interés variable : Euribor a 12 meses +0,53% (No caso que a suma do diferencial máis o marxen sexa negativo considerarase valor cero)

b) Comisión de apertura :0%.

Page 19: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

c) Comisión de non disponibilidade :0%.d) Comisión de excedido: exenta.e) Interés excedido:0,90%.f) Prazo de amortización:1 anog) Recursos afectados como garantía: A totalidade dos recursos do concello de

carácter ordinario non comprometidos por outras operacións de préstamo ou crédito, nos termos do artigo 49 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo.

A urxencia fica aprobada por unanimidade.

Sometida a votación a proposta obtense o seguinte resultado , votos a prol PP (5), PSOE (3) , abstense RENC (3) e BNG fica aprobada.

5.-APROBACIÓN , SE PROCEDE , DOS FESTIVOS LOCAIS PARA O CALENDARIO LABORAL 2021...

A Comisión Especial de Contas e Informativa de Facenda, Promocion Económica e Vitivinícola e Obras , na súa sesión de 22 de outubro de 2020 adoptou o seguinte ditame:

-Propoñer , como festivos locais para o calendario laboral do ano 2021 , consonte ao disposto no artigo 37.2 do Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores e artigo 46 do Real Decreto 2001/1983, os días 16 de febreiro e 8 de setembro .

-Dar traslado do presente acordo á Subdirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Sometida a votación a proposta obtense o seguinte resultado , votos a prol PP , reservanse para o pleno PSOE, RENC, BNG fica ditaminada de xeito favorable elevándose a pleno en calidade de ditame.

D José Ignacio Gómez Pérez ( PSOE).- Nos imos a abster, é unha cuestión do goberno,non imos ser impedimento.

Sometida a votación o ditame obtense o seguinte resultado , votos a prol PP (5), BNG , abstense RENC (3) e PSOE (3) fica aprobada.

Page 20: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

6.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NO PARKING DA ALAMEDA..

A Comisión Especial de Contas e Informativa de Facenda, Promocion Económica e Vitivinícola e Obras , na súa sesión de 22 de outubro de 2020 adoptou o seguinte ditame:PRIMEIRO.-Aprobar con carácter inicial a modificación da a ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO MUNICIPAL DE APARCADOIRO SUBTERRÁNEO NA ALAMEDA E DOS PREZOS PÚBLICOS DO SERVIZO modificando o artigo 32 Tarifas con rotación horaria, apartado 1 e 2 que pasan a ter a seguinte redacción: 1.-As tarifas en réxime de rotación horaria serán as seguintes:Por minuto para cada unha das horas:Do minuto 1 ao 20 –0,03 euros /minuto.Do minuto 21 ao 60-0,0205 euros/minuto.Hora 1,42 euros.2.- Cando a ocupación horaria realizada se comprenda entre un mínimo de 8 horas e un máximo de 24, a tarifa será de 10,70 euros. Se a ocupación excede de 24 horas, aplicaranse as tarifas de cesión temporal diaria.-Abono mensual (24 horas) 49,26 €-Abono nocturno ( de 19.00 a 11:00) 26,76 €( Festivos e domingos , todo o día)-Abono funcionario ( de 7:30 a 15:30) 27,84€-Abono semanal 26,76 €-Abono fin de semana 19,82 €

-Talonario de vales desconto 1 hora 44,98€Talonario de vales desconto 15 minutos 13,39 €

Gastos de mantemeno (1 mes) 14,90 €Metro cadrado de publicidade 17,66 €.

Tarifas Motos As tarifas en réxime de rotación horaria serán as seguintes:Por minuto para cada unha das horas:Do minuto 1 ao 20 –0,015 euros /minuto.

Page 21: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

Do minuto 21 ao 60-0,01002 euros/minuto.Hora 0,71 euros.2.- Cando a ocupación horaria realizada se comprenda entre un mínimo de 8 horas e un máximo de 24, a tarifa será de 5,35 euros. Se a ocupación excede de 24 horas, aplicaranse as tarifas de cesión temporal diaria.-Abono mensual (24 horas) 24,63 €-Abono nocturno ( de 19.00 a 11:00) 13,38 €( Festivos e domingos , todo o día)-Abono funcionario e traballadores ( de 7:30 a 15:30) 13,92€-Abono semanal 13,38€-Abono fin de semana 9,91 €

-Talonario de vales desconto 1 hora 22,49€Talonario de vales desconto 15 minutos 6,69 €

SEGUNDO:-. Expor a información pública o expediente, mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do concello durante o prazo de trinta días hábiles, dentro dos cales os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas, que serán resoltas polo pleno, De non presentarse reclamacións ou suxestións no mencionado prazo , considerarase aprobado definitivamente sen necesidade de acordo expreso polo Pleno.

Sometida a votación a proposta obtense o seguinte resultado , votos a prol PP , reservanse para o pleno PSOE, RENC, BNG fica ditaminada de xeito favorable elevándose a pleno en calidade de ditame

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- Isto é un exemplo de que hai un colectivo que o pide e o goberno é receptivo. Hai moitas reivindicacións no parking que non se traen. Houbo un cambio de empresa , non se optou pola municipalización. Que se aborden melloras na comisión de tráfico.

Page 22: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

Sometida a votación a proposta obtense o seguinte resultado votos a prol PP (5), RENC (3)e BNG, abstencións PSOE (3), fica aprobada.

7.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DO ESTABLECEMENTO DE PREZOS PÚBLICOS POR VENDA DE PRODUTOS DE MERCHANDISING NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO.

A Comisión Especial de Contas e Informativa de Facenda, Promocion Económica e Vitivinícola e Obras , na súa sesión de 22 de outubro de 2020 adoptou o seguinte ditame:

Visto o Real Decreto lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais:-artigo 41 As entidades locais poderán establecer prezos públicos pola prestación de servizos ou a realización de actividades de competencia da entidade local, sempre que non concurra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 20-1-b) desta lei.-artigo 47.1 O establecemento ou modificación dos prezos públicos corresponderá ao pleno da corporación , sen prexuízo das facultades de delegación na Xunta de Goberno Local, consonte ao previsto no artigo 23.2.b) da Lei reguladora de bases de réxime local.PRIMEIRO.-Aprobar con carácter inicial o establecemento dos prezos públicos por merchandising de produtos na Oficina Municipal de Turismo do concello de Ribadavia nas seguintes contías:Camisetas 15 €Máscaras 8 €Bolígrafo 2 €Lapis 1 €Cuncas 10 €Cadernos 5€.SEGUNDO:-. Expor a información pública o expediente , mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do concello durante o prazo de trinta días hábiles, dentro dos cales os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas, que serán resoltas polo pleno, De non presentarse reclamacións ou suxestións no mencionado prazo , consideraranse aprobados definitivamente sen necesidade de acordo expreso polo Pleno.

Sometida a votación a proposta obtense o seguinte resultado , votos a prol PP , reservanse para o pleno PSOE, RENC, BNG fica ditaminada de xeito favorable elevándose a pleno en calidade de ditame

Dª María Teresa Rodríguez Estévez (BNG).- Me gustaría que os produtos fosen de comercio local.

Page 23: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- É un complemento que está ben, hai que introducir outras melloras integrais na oficina, na propia imaxe.

Sometida a votación a proposta obtense o seguinte resultado , votos a prol PP, BNG, abstención PSOE, RENC fica aprobada.

8.- MOCIÓN RENC PARA QUE O CONCELLO DE RIBADAVIA ADOPTE MEDIDAS EXTRAORDINARIAS ANTICOVID NO MUNICIPIO.

Desde o grupo municipal Ribeiro en Común, levamos moito tempo pedindo que se adopten medidas extraordinarias fronte ao aumento de casos COVID no municipio que por desgraza afectan aos nosos veciños e que en calquera momento podería afectar a calquera de nós. Ribeiro en Común levamos tempo pedindo que se leve a cabo unha campaña de prevención por parte do Concello de Ribadavia, sen obter a día de hoxe ningunha resposta positiva do actual goberno. Situación e datos preocupantes: O venres, 2 de outubro, informouse de 14 positivos, fíxose despois de moitos días de silencio do Alcalde, cando xa eran moitos casos coñecidos a través dos propios afectados.Ribeiro en Común reclama medidas excepcionais en Ribadavia para evitar chegar á situación de Ourense cidade.Ribadavia vive un repunte de casos con varios brotes chegando o pasado 2 de outubro a unha nova cifra de 14 persoas afectadas. Non se informa nin das persoas á espera de resultados nin das persoas que viven en cuarentena. A pesar do cal, 4 días despois non se actualizan estes datos.

Para Ribeiro en Común a situación é preocupante e desde o Concello débese reclamar accións das autoridades sanitarias encamiñadas a frear esta dinámica.Moitos veciños quéixanse de falta de información, de falta de rastreadores, de que desde a dirección do SERGAS chegan moi tarde a contactar co entorno das persoas afectadas, falta de información a pais e nais tamén por parte do director do CEIP Ribadavia, sobrecarga de labores nos profesionais sanitarios de Ribadavia, fundamentalmente en pediatría.

Da a sensación de que a pesar de estar previsto un repunte en outono, colle a todas as autoridades por sorpresa.

O noso grupo leva semanas reclamando medidas de choque e liderazgo do Concello: campaña de concienciación na sociedade, campaña de vixilancia da policía, reforzo das medidas de prevención, como reforzo intensivo de desinfección de espazos públicos, parques e edificios públicos, información aos veciños e veciñas sobre casos COVID, e sobre todo ser desde o Concello a institución que reclama que o SERGAS cumpra os protocolos, cousa que non sempre acontece ao chegar en demasiados casos moi tarde.

Pedimos, ademais, que se comecen a adoptar medidas progresivas e temporais de restrición de actividade social e pública, só como medida puntual pero urxente para

Page 24: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

evitar no futuro ter que chegar ás medidas extremas que se están aplicando en Ourense cidade.

Ribeiro en Común temos reclamado incansablemente que se convoque unha Xunta de Portavoces municipais para adoptar medidas de maneira urxente e excepcionais para axudar desde o Concello a frear a situación. Levamos semanas pedíndoo e sendo a situación desprezada polo Alcalde.

Ribeiro en Común continúa a ofrecer o seu apoio para colaborar en todas as medidas que se adopten no Concello encamiñadas a frear está situación, e sobre todo pide que se mellore a coordinación entre todas as Administracións, Concello, Sanidade, Educación, Mobilidade, Delegación provincial da Xunta e do Estado. Agardamos que a partir de agora sexa así. Agardamos que agora si se teñan en contas as nosas demandas, entre elas a de levar a cabo medidas excepcionais de prevención e información.

O máis importante é que os nosos veciños se recuperen o antes posible e que ningún veciño máis se vexa afectado.

O noso grupo recibe queixas veciñais sobre a forma de abordar este tema tan importante por parte do Concello. Queixas de que a información sobre a situación de Ribadavia chega pola prensa ou a través doutros Concellos, e non polas canles oficiais do Concello de Ribadavia. Así, case todos os casos coñécense a través dos propios veciños afectados, cuxo exemplo e valentía está sendo exemplar, sendo eles mesmos os que comunican os seus positivos e mesmo fan o traballo dos famosos “rastreadores”, función de rastreo da Consellaría de Sanidade que está chegando moi tarde.

Neste contexto todas as Administracións deberían duplicar recursos, partidas e persoal para abordar unha sobrecarga de traballo enorme e comprensiva na situación excepcional que vivimos.

Estamos obrigados a tomar medidas dirixidas a protexer e mellorar a vida e a seguridade da nosa poboación. Sabendo que moitas dependen de outras administración, só intentalo, demostraría algo de preocupación pola veciñanza.

Por estes motivos propomos ao Pleno do Concello de Ribadavia a adopción do seguinte ACORDO:

1. Que o Concello de Ribadavia adopte medidas excepcionais no actual contexto:

- Solicitar que a Consellaría de Sanidade reforce o horario e o servizo no noso PAC de servizos médicos e pediatría polas tardes e en fin de semana. O obxectivo é conseguir unha mellor e maior atención e evitar desprazamentos a Ourense nun momento moi delicado e nunha área que está vivindo unha especial incidencia por COVID19.

- Solicitar o establecemento no PAC Comarcal de un punto Covid que faga a recollida de mostras e o posterior servicio de rastreo.

Page 25: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

- Solicitar que a Consellaría de Educación instale un sistema de ventilación mecánica ou purificadores de aire nos colexios. Cando menos se estuden métodos para facelo. Xa que o Protocolo establece medidas que no inverno non serán viables.

- Solicitar que as equipas directivas dos Colexios deben facilitar datos de nenos afectados.

2. Que o Concello de Ribadavia intensifique as medidas de prevención e desinfección de espazos, parques e edificios públicos.

3. Que o Concello de Ribadavia merque con fondos propios mascaras para todo o alumnado dos colexios do noso municipio, para axudar economicamente a moitas familias, xa que existe unha partida creada a proposta dos grupos da oposición.

4. Que o Concello de Ribadavia transmita e faga pública a información oficial no noso municipio. Transparencia e cooperación coa veciñanza e cos grupos municipais debe ser obriga de calquera goberno, tamén do de Ribadavia.

5. Que o Concello de Ribadavia demande que Xunta, Estado e Deputación doten aos Concellos de máis recursos para loitar contra a COVID. Temos que realizar o traballo de outras Administracións, aumentan as nosas competencias pero non nos proporcionan máis recursos e medios para facelo.

6. Que o Concello de Ribadavia invista a partida de 100.000 euros antes de que remate o exercicio fiscal e se perda o seu obxecto social. Que o Concello aprobe e implemente unha batería de medidas sociais e investimentos en políticas municipais destinadas aos veciños máis afectados pola crise. Estas medidas irían a cargo da partida que existe actualmente no Concello de Ribadavia de 100.000 euros e concrétanse no DOCUMENTO E PROPOSTA DE ACORDO presentado por Ribeiro en Común.

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- É unha moción rexistrada fai máis de vinte días, algunhas cuestións se aprobaron na modificación orzamentaria. Parabens para todos por chegar a un acordo por unanimidade. Queda moito por facer. Nunca nos equivocamos en que son os nosos veciños e o que hai que facer por eles.

Non son de recibo as decisións dos políticos do Sergas sobre o noso Centro de Saúde. O noso punto de vista é reivindicar o noso Centro de Saúde, é unha cuestión de proxecto político. Para non colapsar o hospital de Ourense hai que descentralizar determinadas atencións e prevencións.

Nos pedíamos unha serie de cuestións e información puntual, a día de hoxe non sabemos a situación actual de contaxios en Ribadavia.

Alcalde.- 45, me despistei na transmisión.

Page 26: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- A sociedade necesita saber, hai un clima de falta de información, a información é máis importante que fai 20 días. Os grupos precisamos máis información. Se deberían consensuar as medidas a adoptar nos espazos públicos. Temos que concienciar á xente.

Hai que reivindicar ante a Xunta, a Deputación e o Estado que teñen que facer máis polos veciños. As competencias das administracións superiores lle caen ao concello.Necesitamos máis colaboración de outras administracións. O punto seis ven en consonancia co solicitado por nos anteriormente.

Dª María Teresa Rodríguez Estévez (BNG).- O contexto é excepcional , xa o dí todo. Incidir no tema do PAC. Nos somos uns veciños máis de Ribadavia: Hai que prestar axuda aos veciños máis necesitados.

D Manuel Vázquez López ( PSOE).- Boa tarde a todos e todas. Moito ánimo aos traballadores do asilo e a todos os afectados pola covid-19.

Incidir en que entre todos hai que facer unha maior concienciación, todavía se pode frenar o segundo repunte. Para facer unha boa difusión da concienciación que dende o concello se fixera cartelería en sitios adecuados.

Dª Mariluz Expósito Pérez ( PP).- Nos imos a abster, hai algún punto obsoleto. No primeiro punto podemos estar de acordo, nos outros temos algunha dúbida.

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- Máis importante que aprobar a moción é executala.Para nada está obsoleto.As propostas eiquí se aproban por unanimidade, pero as trae a oposición.Os concellos ten que transmitir determinadas cuestións ao Sergas.

Sometida a votación a proposta obtense o seguinte resultado, votos a prol PSOE (3), RENC (3) e BNG, abstención PP (5), fica aprobada.

9.- RATIFICACIÓN DA PERSONACIÓN NO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO 4129/2020 CONTRA A ORDE DE APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN XERAL DE RIBADAVIA.

Considerando que pola premura dos prazos e a dilación no tempo do primeiro pleno ordinario esta Alcaldía ditou o seguinte decreto:

Interposto recurso contencioso-administrativo número 4129/2020 ante a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia , contra Orde de 29.11.2019 de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadavia..Recibido emprazamento en condición de interesado, en cumprimento

Page 27: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

do disposto no artigo 49.1 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso.administrativo, procedente da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, con rexistro de entrada no concello de 13 de outubro de 2020.Visto o artigo 21 da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local:1 O alcalde é o presidente da Corporación e ostenta as seguintes atribucións:k) O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa do concello nas materias da súa competencia,incluso cando as tivera delegado, e, en caso de urxencia, en materias de competencia do pleno, neste suposto dando conta ao mesmo na primeira sesión que se celebra para a súa ratificación.ACORDO:

- Personarse no recurso contencioso-administrativo número 4129/2020 ante a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e en virutde do artigo 24 da Lei 29/1998 Reguladora da xurisdicción contenciosa-administrativa, en relación co artigo 551.3 da Lei Orgánica 6/1985 do Poder Xudicial, o Concello de Ribadavia outorga o avogado Don Angel Pazos Huete, colegiado Nº 409 do ICA de Ourene a represenación e defensa dos dereitos e intereses do Concello, no referido contencioso-administrativo núm. 4129/2020 da Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrtivo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

- Someter o presente decreto á ratificación do pleno na primeira sesión plenaria que se celebre.

Acordase :

-Ratificar o decreto de alcaldía de personación no recurso contencioso-administrativo 4129/2020 ante a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia , outorgando a representación e defensa dos intereses do concello de Ribadavia ao avogado don Angel Pazos Huete.

Dª María Teresa Rodríguez Estévez (BNG).- O BNG vai a votar que sí; que o concello faga unha defensa a ultranza dos intereses municipais.

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- Os políticos e a sociedade esiximos actuacións pulcras; e non se fai con determinadas persoas da cidadanía. Non se pode esixir a moitos veciños cunha situación económica precaria o mantemento e limpeza das fincas,e outros cunha gran capacidade económica, como a familia Docampo, ten os soares a vista de todos descuidados. O noso grupo presentou un escrito cando estaba doña Mariluz Expósito de alcaldese de que se limpiaran soares da familia Docampo e non se fixo nada. A familia que ven de presentar esta denuncia ten moitos inmobles en mal estado e actúa con mala fe. Non é unha maneira de actuar elegante e en beneficio de Ribadavia, unhas persoas con alto poder adquisitivo que non manten os seus inmobles nas condicións adecuadas.

D Manuel Vázquez López ( PSOE).- Hai que defender os intereses do concello, independentemente de quen sexa o denunciante.

Sometida a votación a proposta é aprobada por unanimidade.

Page 28: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

10.- MOCION RENC PARA QUE O CONCELLO INTERVEÑA E APOIE AO ASILO DE RIBADAVIA.

A Comisión Especial de Contas e Informativa de Facenda, Promocion Económica e Vitivinícola e Obras , na súa sesión de 22 de outubro de 2020 adoptou o seguinte ditame: Exposición de Motivos :

Desde Ribeiro en Común levamos moi tempo reclamando que o Concello como Administración actúe directamente en favor do Asilo de Ribadavia. Fixémolo na lexislatura pasada, logrando aprobar unha Moción ao respecto que nunca se levou a cabo, e fixémolo no comezo da actual lexislatura, sen que tampouco se tivera en conta a nosa petición.

A nova era COVID e a dureza na que atacou a moitos Asilos en toda Galicia, e a ameza permanente que pende sobre as persoas de máis idade, xunto coa situación financeira precaria que arrastra desde fai moitos anos o noso Asilo, leva ao noso grupo a de novo traer aquí esta reclamación.

Diciamos en xuño de 2017 que “Ribeiro en Común queremos que o Concello de Ribadavia asuma un papel máis importante e activo no Asilo de Ribadavia e na Fundación Asilo Nosa Señora dos Anxos da que forma parte. Tamén desde o punto de vista económico para que se abandone o hábito instaurado desde fai anos de botar man dos aforros do Asilo para compensar o déficit desta institución que cumpre unha función social que debe ser blindada desde o noso Concello”.

O xoves 15 de outubro de 2020 tivo lugar a última xuntanza do Padroado da Fundación Asilo Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia, do que forma parte un representante de cada grupo municipal, ademais do Alcalde como presidente do mesmo.

Nesta xuntanza o representante de Ribeiro en Común realizou unha serie de propostas, algunhas xa reclamadas con anterioridade, así reclamamos:1ª. Proposta para que o Concello de Ribadavia, como parte principal da Fundación, se implique no sustento do Asilo de Ribadavia. Esta proposta debe ser aprobada polo Pleno do Concello de Ribadavia, como máximo órgano de representación, para que o goberno local proceda á súa aplicación segundo a norma vixente, co obxectivo de que o Concello de Ribadavia se involucre activamente no sustento do Asilo e da importante función social que cumpre na nosa sociedade, cousa que nunca se fixo.2ª. Respecto da situación anual de déficit, e nun contexto no que os traballadores e traballadoras do noso Asilo demostraron unha labor exemplar no freo e prevención da COVID, consideramos que é fulcral que as Administracións públicas se involucren no sustento do dereito fundamental que son os coidados dos nosos maiores e do apoio real a un servizo público básico, máis se cabe no contexto tan duro que vivimos.Nesta terrible crise demostrouse que o modelo público funciona mellor que o privado cando se trata de xestionar dereitos básicos e servizos públicos.As administracións públicas non poden mirar cara outro lado sen facer nada por evitar o déficit anual que ten o Asilo. Déficit que alén de outras consideracións, para o noso grupo non é especialmente alarmante si o comparamos con outros servizos municipais, sendo

Page 29: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

este un servizo non municipal pero si de enorme importancia. Non é comprensible que despois de tantos anos e sendo coñecedores desta realidade, o Concello de Ribadavia a través do seu goberno nunca optara por entrar a axudar economicamente ao Asilo de Ribadavia, como parte fundamental que é do mesmo, xa que sempre se optou por afrontar as perdas anuais a través dos recursos propios da Fundación e nunca a través do Concello.

Un novo edificio para o Asilo de Ribadavia Semella que existe consenso de todos os membros do Padroado de encomendar a realización dun anteproxecto para un novo edificio, co obxectivo de dispor deste documento para poder ter entrevistas institucionais e captar o apoio das Administracións superiores para o financiamento da obra, que segundo os arquitectos encargados ten unha previsión moi superior aos 4 millóns e medio de euros.Neste sentido, ReC entende que o que urxe, ademais do anteproxecto arquitectónico, é a elaboración dun plan económico- financeiro para a obtención de recursos cos que enfrontar esta nova construción, xa que ao final todo se vai reducir a si en Ribadavia temos capacidade para financiar e levar a cabo este proxecto.

Ribeiro en Común considera indispensable:

- Que o Concello de Ribadavia aporte unha partida para a subvención directa por ao Padroado da Fundación Asilo Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia, de acordo á situación financeira da mesma, e sempre de acordo á norma vixente.

- Que o Concello de Ribadavia se tome en serio o novo proxecto e realice a xestións necesarias con Administracións superiores co obxectivo de captar o seu apoio para o financiamento do proxecto que supón un novo Asilo.

- Que o Concello de Ribadavia proceda inmediatamente á elaboración dun plan económico- financeiro para a obtención de recursos cos que enfrontar esta nova construción, co obxectivo de termos capacidade para financiar e levar a cabo este proxecto.

PROPOSTA PARA A SÚA APROBACIÓN:

m) Que se reforce a participación das Administración Públicas no Asilo de Ribadavia, garantindo a súa natureza de servizo público e municipal, así coma o seu fin social e fortemente ribadaviense.

n) Que o Concello de Ribadavia se implique no sustento económico do Asilo de Ribadavia, de acordo a norma vixente, reclamando que Xunta e Deputación comecen a investir neste servizo básico de Ribadavia.

o) Que o Concello de Ribadavia reclame a participación e investimento no actual Asilo de Ribadavia, no actual e tamén no proxecto para un novo Asilo sustentable, público e que priorice o benestar dos seus usuarios e usuarias.

Page 30: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

Que o Concello de Ribadavia comece a traballar no Proxecto dun novo Asilo sustentable que garanta a natureza social e servizo público que sempre tivo o noso Asilo.

Sometida a votación a proposta obtense o seguinte resultado , votos a prol RENC , reservanse para o pleno PP, PSOE, BNG fica ditaminada de xeito favorable elevándose a pleno en calidade de ditame.D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- Para contextualizar, esta moción a quero abordar de maneira independente da situación actual , cunha visión de futuro. É unha proposta para un debate de futuro sobre o asilo.Para futuras xuntanzas do Padroado do asilo, pedir que o concello se involucre económicamente co asilo. O coronavirus obriga a unha reflexión neste tema, hai que mellorar a situación financeira. O concello non debe ser a única administración que participe, que a Deputación e a Xunta colaboren como con outros asilos privados. Debe ser unha prioridade.

Dª María Teresa Rodríguez Estévez (BNG).-Todo o apoio aos traballadores do asilo e ao xerente. Xa no seo do Padroado do asilo temos reclamado moitas cuestións. Pensamos que estas cuestións se deben falar no seo do Padroado.

Dª Noelia Rodríguez Travieso ( PSOE).-Non imos a debatir este tema no pleno. Hai un acordo no Padroado do asilo de non debatir estas cuestións en público. Eu adquirí ese compromiso no seo do Padroado, como membro do mesmo. Por respeto aos traballadores e aos usuarios do asilo Nosa Señora dos Anxos.

O PSOE solicitamos unha reunión do Padroado tras sarí na prensa unha foto do alcalde e do Presidente da Xunta falando do asilo. Nos mantemos o acordado de non falar nos medios de este tema; respetamos as actuacións dos demais. E no seo do Padroado onde se deben abordar estes temas.

Page 31: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

O alcalde fala de pasar de ofrecemento de consenso a exercelo, nos nos comprometemos a actuar nesa liña.

Alcalde.- Estas cuestións se deben tratar no seo do Padroado, por iso nos imos a abster.

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- Reitero o dito na miña primeira intervención. O seo onde aprobar un gasto municipal é o pleno do concello, non no Padroado. Esta cuestión se debate e se acorda no pleno, senón o concello non pode financiar. É así por lei.

Quedou claro na acta da sesión do Padroado a que se deu lectura na comisión informativa que non había tal acordo por parte do noso grupo. En todo caso, nos pedimos que a comunicación do asilo se canalice por vía oficial. O importante non é buscar a polémica, senón ter un debate estrutural , de fondo, sobre o asilo. Pero hai que tomar decisións. O alcalde dixo que hai que falar dos orzamentos de 2021.

Non está prohibido falar do asilo no pleno, é tan importante que o imos a seguir traendo ao pleno. Eiquí é onde hai que falalo. Ésta é unha proposta programática,esencial de Ribeiro en Común.

Sometida a votación a proposta obtense o seguinte resultado votos a prol PSOE (3), RENC (3), Abstención PP (5)e BNG, fica aprobada.

11.- APROBACIÓN, SE PROCEDE , DE “ CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE NOTIFICACIONES URBANÍSTICAS ENTRE EL AYUNTAMIENTO DE RIBADAVIA Y LA REGISTRADORA DE LA PROPIEDAD DE O CARBALLIÑO-RIBADAVIA

A Comisión Especial de Contas e Informativa de Facenda, Promocion Económica e Vitivinícola e Obras , na súa sesión de 22 de outubro de 2020 adoptou o seguinte ditame:

APROBAR O “ CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE NOTIFICACIONES URBANÍSTICAS ENTRE EL AYUNTAMIENTO DE RIBADAVIA Y LA REGISTRADORA DE LA PROPIEDAD DE O CARBALLIÑO-RIBADAVIA”

Page 32: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

HABILITAR AO ALCALDE PARA A SUSCRIPCIÓN DE DOCUMENTOS E TODAS AS ACTUACIÓNS NECESARIAS PARA A FORMALIZACIÓN E IMPLEMENTACIÓN DO CONVENIO.

Sometida a votación a proposta obtense o seguinte resultado , votos a prol PP, PSOE , reservanse para o pleno RENC, BNG fica ditaminada de xeito favorable elevándose a pleno en calidade de ditame.

Sometida a votación o ditame obtense o seguinte resultado , votos a prol PP (5), PSOE (3) , RENC (3) , abstención BNG fica aprobada.

12.- MOCION BNG SOBRE A REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA SANITARIA.

A Comisión Especial de Contas e Informativa de Facenda, Promocion Económica e Vitivinícola e Obras , na súa sesión de 22 de outubro de 2020 adoptou o seguinte ditame:

Exposición de motivos:

A COVID 19 está a por de manifesto que precisamos dun sistema sanitario público forte, cunha Atención Primaria reforzada como porta de entrada, sen recortes, que permita responder ás necesidades de saúde da poboación e na que o persoal sanitario conte con recursos para que as persoas doentes poidan recibir a atención que precisan en cada momento e estar ben dimensionado para abordar as emerxencias sanitarias cando xurdan.

Diante da pandemia a Xunta tomou a decisión de reducir drasticamente a asistencia presencial, o peche de consultorios, algúns centros de saúde e PACs, restrinxir consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas nos hospitais.

A decisión que tomou o Sergas foi que a atención se centraran preferentemente na consulta telefónica, isto está ocasionando moitas dificultadas tanto aos profesionais para poder prestar a asistencia sanitaria como no acceso da poboación á mesma.

Á situación de sobrecarga de traballo que padecían os profesionais da Atención Primaria previa ao coronavirus fóronlle engadindo tarefas de diagnóstico, seguimento, illamento, identificación por coronavirus e funcións de rastrexo.

Unha sobrecarga da atención telefónica e da carga burocrática con graves consecuencias: profesionais ao límite do esgotamento físico e mental, listas de espera de semanas, incluso para unha consulta telefónica, doentes crónicos

Page 33: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

descompensados (persoas hipertensas, diabéticas, con cardiopatías, problemas renais, controis de saúde de pediatría con moitas demoras) e seguen sen publicarse as listas de espera que tiñan que terse feito públicas no mes de xullo.

Esta situación está xerando que cada vez máis persoas estean acudindo á sanidade privada, diante da falta de resposta na sanidade pública, e desprotección da poboación con menos recursos.

A resposta á situación de pandemia non pode estar baseada en incrementar as restricións de acceso á asistencia ao sistema público, porque supón un claro risco para a saúde da poboación. Esta situación pode levarnos a un problema de saúde colectiva, de cronificación de patoloxías, de atención tardía... polo que é preciso desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial con máis persoal, máis información e máis accesibilidade,

Por todo elo, o propomos ao pleno municipal do concello de Ribadavia a adopción do seguinte

Instamos á Xunta a:1 Realizar de inmediato todas as accións precisas para activar a atención presencial en Atención Primaria para dar resposta ás demandas de atención pola Covid-19 , mais tamén ao resto das patoloxías e rematar coas listas de espera neste nivel asistencial, co persoal e as medidas de prevención de contaxios precisos, para garantir unha atención sanitaria digna á poboación.2 Dotar os centros de saúde co número de profesionais que sexa preciso para permitir aumentar o tempo e a calidade da atención asistencial así como incorporar as categorías profesionais imprescindibles para formar equipos multidisciplinares e prestar unha atención integral : psicólogos clínicos, terapeutas ocupacionais, logopedas, podólogos..3 Aumentar os orzamentos destinados a Atención Primaria.4 Modficar o Decreto que regula as Areas e os Distritos Sanitarios para crear unha estrutura de xestión da Atención Primaria con capacidade de decisión, orzamentaria e de recursos humanos.5 Publicar de inmediato a situación das listas de espera hospitalarias e poñer en marcha un plan de choque para reducilas.Sometida a votación a proposta obtense o seguinte

Page 34: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

resultado , votos a prol BNG,PSOE , reservanse para o pleno PP, RENC fica ditaminada de xeito favorable elevándose a pleno en calidade de ditame

D José Ignacio Gómez Pérez ( PSOE).- Dado que se trata de dous temas moi conectados, pedimos que se debatan de forma conxunta as mocións 12 e 13.

Dª María Teresa Rodríguez Estévez (BNG).- Hai que insistir máis nesta situación.A atención primaria sufre recortes lamentables. Non poden traballar por teléfono os médicos, é necesaria a consulta e atención personalizada. Os médicos e sanitarios saen á rúa a protestar. Se evitaría o colapso dos hospitais. É moi importante e estamos de acordo na moción do PSOE.

Dª Noelia Rodríguez Travieso ( PSOE).- Máis recortes da Xunta en atención primaria, nada novo. O sistema galego sería moi bó se tivese bos xestores. O PSOE leva anos denunciando recortes no PAC de Ribadavia. O administrativo do COF non está o martes nin o xoves. As listas de espera están ocultadas e manipuladas.Transcurre máis de medio ano dende a consulta ata a intervención quirúrxica. Os dereitos das mulleres e das persoas sen recursos están discriminados. Os responsables do sistema sanitario galego non fan ben o seu traballo. A xerencia do Sergas en Ourense está sempre recortando. Hai un gran incremento de número de casos de covid. A atención telefónica xenera moita tensión nos traballadores e nos pacientes. A pandemia está mal xestionada. Hai que garantir a calidade asistencial , a correcta atención e a boa utilización dos recursos. A consulta telefónica se da para unha semana despois, a xente precisa atención inmediata.

Aumentaron as consultas nas clínicas privadas, e as perdas humanas , especialmente, entre os menos favorecidos económicamente.

O PSOE sempre reclamou que se cubrisen as baixas do persoal sanitario e non sanitario no Centro de

Page 35: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

Saúde. A traballadora social do Centro de saúde ten un gran campo de traballo. Estamos totalmente en contra da sobrecarga do persoal sanitario e non sanitario.Nesta situación estes servizos son máis necesarios que nunca.

Este centro de saúde é comarcal e está en risco de desaparecer. O Xerente do Sergas de Ourense se comprometeu a cubrir a vacante e leva meses sen cubrirse. Para resolver esta situación se precisa o apoio de todo o consistorio, especialmente do PP. Na comisión informativa e ante a denuncia do PSOE o alcalde anunciou que a cobertura ía a producirse en novembro.

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- Esta moción é un exemplo da postura dos grupos da oposición e do que manifesta unha parte moi importante da sociedade.

A atención telefónica pode ser moi necesaria para certas cuestións, pero si se abusa se volve moi mala. Hai un deseño de sistema sanitario público que falla, se ve máis nesta situación de crise.

Vou a leer a carta dunha médico que é tamén nai de familia: Os sanitarios facemos unha labor valiosa, traballamos arreo. Os traballadores dos centros de saúde debemos ser exemplares. Se hai que esperar moito por unha cita médica non é culpa dos profesionais médicos. O inimigo é o que recorta ou non dota os servizos. Os traballadores non paramos, hai compañeiras sen substituir, unha gran carga burocrática. Non disparemos ao pianista.

Dª Mariluz Expósito Pérez (PP).-O alcalde xa informou en comisións que o día 1 empeza a traballar. Dende o goberno se fixeron as xestións para que a cobertura fose o antes posible. Se identificamos unha necesidade a reivindicamos. Nos imos a abster.

Dª María Teresa Rodríguez Estévez (BNG).- Moita xente está indo á sanidade privada, non todo o mundo pode permítirselo. Hai que reforzar a

Page 36: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

atención primaria e publicar as listas de espera. Se está diagnosticando tarde o cancro. Os sanitarios están lanzando un SOS, hai que escoitalo.

D Brais Fidalgo Martínez ( RENC).- Falta a financiación pública, agora se ve.

Dª Noelia Rodríguez Travieso (PSOE).- O sistema sanitario público funciona, os médicos, enfermeros/as, celadores funcionan. O que non funciona é o xestor do sistema.

A atención telefónica ten que ser para cargar medicación, non para consultar patoloxías.Os grupos demandamos que o PP votase a favor, non que se abstivese.

Sometida a votación a proposta obtense o seguinte resultado votos a prol PSOE (3), RENC (3) e BNG, Abstencións PP (5) ,fica aprobada.

13.- MOCIÓN PSOE SOBRE COBERTURA URXENTE DO POSTO DE TRABALLADOR SOCIAL NO CENTRO DE SAÚDE.

A Comisión Especial de Contas e Informativa de Facenda, Promocion Económica e Vitivinícola e Obras , na súa sesión de 22 de outubro de 2020 adoptou o seguinte ditame: Son múltiples as funcións que desenrolan os profissionais de Traballo Social debido á complexidade e magnitude da realidade que existe na sociedade. Ben sexa por emerxencia social ou sanitaria, é necesaria a implicación do Traballador Social para dar asistencia integral. O seu papel está centrado na solución de problemas da sociedade, a través da intervención, prevención e asistencia.

A crise sanitaria do coronavirus entrou na nosa sociedade e mostra unha capacidade de ensañamento coas persoas moi alto; situación que se viu incrementada a incidencia de transmisión e tamén a urxencia de atender necesidades sociais na poboación.

A atención primaria, é un modelo asistencial integrador que deberá ser parte os servicios sociales, socio-sanitarios. Tanto profissionais como pacientes deberían poder transitar entre sanidade, servizos sociais e comunitarios de xeito continuo, de forma que os servizos se relacionan entre sí, proporcionándose información actualizada e propostas de intervención orientadas a optimizar o bo facer entre un equipo multidisciplinar, que incremente o benestar da cidadanía.

Entre as funcións da traballadora social está todo o relacionado con trámites de dependencia, minusvalías, discapacidades, apoio administrativo, información anticonceptiva, prestacións, información social de embarazos e interrupcións, seguimentos de embarazos en risco,

Page 37: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

informes, consultas, a atención aos pacientes que acuden ao centro de orientación familiar – quenes nin sequera poden pedir nin cita porque o administrativo non existe e o seu teléfono está desviado a área Sanitaria de Ourense- ademáis de impartir charlas nos institutos sobre a covid, métodos anticonceptivos e enfermidades de transmisión sexual, etc..

A crise que estamos a padecer do COVID-19, tamén obriga a supervisar os casos de positivos e/ou de persoas confisnadas, este seguimento correspondente ao T. Social e supón unha sobrecarga do persoal sanitario existente en plena campaña de vacinación pola gripe, entre outras.

Por esta causa non se están a facer seguimentos de pacientes Covid cando estamos atravesando a segunda onda de coronavirus na provincia e no que o Concello de Ribadavia conta con máis afectados que na primeira crise da pandemia.

O PSdeG-PSOE de Ribadavia require ao concello a cobertura urxente do posto de traballador/a social do centro de saúde da vila o cal está sen cubrir dende que se xubilou a anterior traballadora social no mes de agosto.

Os socialistas advertimos de que esta situación sucedería, do mesmo xeito que aconteceu con outras especialidades.

Consideramos inadmisible que desde o Consistorio non se adiantasen aos feitos cando nos atopamos nunha situación grave de risco sanitario onde os servizos sociais son máis indispensables que nunca. Ademáis consideramos esta situación sumamente gravosa, xa que implica que todo o que está relacionado con trámites de dependencia, minusvalías, discapacidades, apoio administrativo, información anticonceptiva, prestacións, información social de embarazos e interrupcións, seguimentos de embarazos en risco, informes, consultas, etc, atópase sen atender.

Para levar a cabo a diagnose situacional do Centro de Saúde de Ribadavia, no que pesan máis as debilidades que as fortalezas, non polo labor impagable dos profissionais, senón que tivemos en conta os diferentes problemas atopados ao longo do tempo; a carencia de persoal, supresión de prazas de diferentes facultativos e en moitas ocasións ausencia durante meses que non permitiu desenrrolar o labor dos profissionalis e accesibilidade dos doentes en calquera das súas áreas.

A análise efectuada e a demanda do Grupo Socialista contra a discriminación negativa entre uns centros de saúde e outros, son os que nos levan a manifestar o problema de saúde que padece o Centro de Saúde da nosa Comarca.

A xerencia do EOXI de Ourense, móstrase desconfiada cos cordinadores de atención primaria, por elo, desprazan as decisión e especialidades á área Sanitaria de Ourense, sin deixar marxe a Atención Primaria. Sen opción á diagnose e valoración entre profisionais ou centros. O xerente do Sergas de Ourense, comprometeuse no seu momento a cubrir a vacante e a día de hoxe está olvidado ese tema.

Proponse a adopción do seguinte acordo:

1 Requerimos ao Concello de Ribadavia a cobertura urxente do posto de traballador/a social no centro

Page 38: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

de saúde da vila o cal está sen cubrir dende que se xubilou a anterior traballadora social no mes de agosto.2 Se dé traslado á Xerencia do EOXI de Ourense para que repoña a praza de traballadora social do Centro de Saúde de Ribadavia, e non se sobrecargue ao persoal existente. A crise sanitaria que estamos a sofrir vai en aumento tanto no noso concello como na provincia.

Sometida a votación a proposta obtense o seguinte resultado , votos a prol PSOE, BNG , reservanse para o pleno PP, RENC fica ditaminada de xeito favorable elevándose a pleno en calidade de ditame

Sometida a votación o ditame obtense o seguinte resultado votos a prol PSOE (3), RENC (3) e BNG, abstencións PP (5) ,fica aprobada.

14.-MOCIÓNS DE URXENCIA

Non houbo.

15.-ROGOS E PREGUNTAS

Dª María Teresa Rodríguez Estévez (BNG).- Case nunca entendemos as contestacións que nos dan aos nosos escritos. A veces non se contesta ao que se pregunta. A nos non nos serven. Solicitar o padrón do IBI de 2021.

Alcalde.- Se aproba no propio ano, cando esté se dará.

Dª María Teresa Rodríguez Estévez (BNG).- Preguntar pola obra do Piñeiral.

Alcalde.- Está no Plan Provincial da Deputación, xa se redactou o proxecto. Hai informe de Patrimonio.

Dª María Teresa Rodríguez Estévez (BNG).- Nunha xunta de portavoces se dixo que todos os xoves o alcalde ía a ter contacto coa Consellería de Sanidade para informar da situación do covid.

Alcalde.- Non hai reunión xa, non hai medidas específicas en Ribadavia.

Dª María Teresa Rodríguez Estévez (BNG).- Se están facendo obras no aparcadoiro , que se abra.

Page 39: Concello de Ribadavia – Concello de Ribadaviaribadavia.gal/wp-content/uploads/2021/02/acta-29-10-2020.doc · Web view2020/10/29  · Interposto recurso contencioso-administrativo

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- Reiterar os rogos do anterior pleno, non se levaron a cabo a maioría.Preguntar pola situación do campo de herba artificial.Preguntar si se está usando o pavillón de Maquiáns , e que clubs o usan.

Alcalde.- Se deu curso ao acordo do pleno, se pedíu un informe á Deputación; se está a espera da chegada do informe. O está facendo un enxeñeiro da Area de Infraestruturas.O pavillón de Maquians está en disposición de ser usado polos clubes. Todos os que solicitaron o uso, o ten.

D Brais Fidalgo Martínez (RENC).- No tema do campo de fútbol reiteramos a necesidade de informe técnico de esta casa.

O único transporte colectivo no noso municipio son os taxis, o concello non se preocupa de tomar medidas. Que se ofreza facer a proba PCR e axuda na desinfección aos taxistas.

E sendo ás 11 horas e trinta minutos o alcalde levanta a sesión do que como secretario dou fe.