Kalaikia_Mostra de Teatro de Ribadavia

8
Sobre a orixe do festival de teatro máis antigo de Galicia Roberto Pascual, director da MIT, debulla para vós os 25 anos de mostra Suso de Toro, Candido Pazó, Paula Carballeira... Sinaturas de luxo... Todas as actividades previstas para a presente edición La Fura dels Baus súmase á festa celebrando o seu 30º aniversario C olaboradores P rogramación Kontra (portada) 07 05-06 08 03 04 xullo´09 Ribadavia en 25 MIT

description

Kalaikia_Mostra de Teatro de Ribadavia

Transcript of Kalaikia_Mostra de Teatro de Ribadavia

Page 1: Kalaikia_Mostra de Teatro de Ribadavia

Sobre a orixe dofestival de teatromáis antigo de

Galicia

Roberto Pascual,director da MIT,

debulla para vós os25 anos de mostra

Suso de Toro,Candido Pazó, Paula

Carballeira...Sinaturas de luxo...

Todas as actividadesprevistas para apresente edición

La Fura dels Baussúmase á festa

celebrando o seu 30ºaniversario

C o l a b o r a d o r e s P r o g r a m a c i ó n K o n t r a ( p o r t a d a )0705-06 0803 04

xullo09

Ribadaviaen 25 MIT

Page 2: Kalaikia_Mostra de Teatro de Ribadavia

xullo´09

2

Coordinador: Diego Giráldez Maquetación e deseño: Manrique Fernández Responsable da edición dixital: XoséRamón Couñago Administración: Beti Gil

Colaboran: Suso de Toro, Cándido Pazó, Paula Carballeira, Fura dels baus, Antón Fernández Escuredo, Roberto Pascual.Os nosos agradecementos para os responsables da organización da Mostra e o Concello de Ribadavia

www.apeneira.com [email protected] 986 660 986

Aos 25 anos un sente que ten o mundo por diante,séntese disposto a tomar posesión del. A forza daxuventude empurra sen tregua e un sae á rúa dis-

posto a enfrontarse co que lle boten, sexa o que sexa eveña de onde veña.

Pero se falamos dunha mostra de teatro como a deRibadavia, eses 25 anos xa non nos envían sinais deefervescencia xuvenil, senón de experiencia. Un cuar-to de século é moito tempo, día a día, para fornecer osalicerces dunha iniciativa que foi quen de darlle a maná profesionalización do teatro galego para iniciar unhanova andaina xuntos.

Neste tempo, a Mostra Internacional de Teatro (aMIT, como lles gusta dicir aos organizadores), acadou unmáis que merecido lugar de privilexio entre os festivaisde teatro xa non galegos (iso era máis que evidente),nin sequiera estatais (xa fai tempo que superaron esestatus), senón que tamén conseguiu labrarse un peque-no espazo no complicado panorama internacional. Así ée así temos que empezar a valoralo dunha vez por todasnesta Galicia anquilosada na que estamosdemasiado afeitos a que veñan os defóra a dicirnos o que facemos ben.

A MIT de Ribadavia é un doselementos fundamentais dacultura galega contemporá-nea. Así é porque así o qui-xeron un grupo de soñado-res que se botaron a andarpara conseguilo, e porqueasí o quixeron os miles deespectadores que respon-deron enchendo a históri-ca vila ano tras ano, repre-sentación tras representa-ción. E, ademais, porque acultura galega así o necesita.Non estamos sobrados, precisamen-te, de referentes culturais de alto niveldentro de tanta festa gastronómica epaparotadas varias.

Pero o escenario actual, en si-tuación de crise económica a ni-vel mundial e cun goberno enSan Caetano en permanenteindefinición e despreocu-pado por todo o que se es-cape da uniformidade dic-

tada dende Madrid, parecen augurar un futuro difícil.Precisamente agora que podemos disfrutar de máiscompañías teatrais galegas que nunca, agora que fu-mos quen de formar a un grupo de actores que podenmirar de fronte e sen rubor a calquera colega de profe-sión, agora que demos argallado un feixe de autoresque o mesmo constrúen dramas ao estilo clásico que ra-chan con todas as estruturas existentes, agora que go-zamos de escenógrafos, de decoradores, de deseñado-res de vestiario, de iluminadores... E de público intere-sado no teatro... Agora que estamos en condicións decompetir, non podemos deixar que iniciativas coma es-ta fiquen no esquecemento.

Por todo iso e por tantas outras cousas máis, a nosafelicitación á MIT de Ribadavia polo seu aniversario e onoso máis profundo ánimo para seguir loitando. E se écerto que “toda la vida es sueño y los sueños, sueñosson” (Calderón dixit), soñemos con outros 25 anos deéxito, e despois con 25 máis...

Polo de agora, ergamos o pano e comecemos a ac-tuar.

Arriba o pano...!

Page 3: Kalaikia_Mostra de Teatro de Ribadavia

Tentar reflectir o que representou aMostra Internacional de Teatro deRibadavia no panorama teatral ga-lego resulta, cando menos, preten-

cioso. Tal foi a repercusión dunha actividadedefinida polo seu actual director, RobertoPascual, como “unha das maiores apertas deGaliza co mundo”. E non sen razón.

Este ano conmemoran o 25 aniversariodende que iniciaron a súa andaina. Pero o da-to, sendo real, non é completamente certo.Son 25 anos dende que a mostra botou a an-dar, pero como todo ten un por que, isto nonhabía de ser menos. E debemos remontar-nos uns anos atrás para entender o que pa-sou á beira do río Avia.

Na histórica vila que acolle a mostra exis-tía a “Asociación Cultural Abrente” (que esteano tamén está de aniversario ao cumprir osseus primeiros 40 anos de vida), que asumíatoda a actividade teatral da bisbarra. Mesmoforon creadores dos concursos de textos tea-trais “en galego” que levaban o seu nome,aínda baixo a presión que supuñan os últimoscoletazos do franquismo.

No seo desta asociación nacería no ano1973 o que foi a primeira mostra de teatro fei-ta en Galicia, que se alongou no tempo porespacio de oito anos. Esta mostra, con an-sias de pioneira, foi durante todo aquel tempoa actividade máis relevante realizada na no-sa terra no eido do teatro e tivo como impulsora un veciño da localidade, Rubén García, ver-dadeira alma mater do proxecto.

Aquela primeira mostra non deu máis desi (e xa deu abondo!), pero sentou as basespara todo o que viría a continuación, taménda man do chorado Rubén García. Deste xei-to nace en 1984 a “Mostra Internacional deTeatro” de Ribadavia, moito máis ambiciosa,auténtico escaparate do máis granado do pa-norama en todo o territorio do Estado. Ou oque é o mesmo: o festival de teatro máis rele-vante de Galicia e un dos máis antigos do Es-tado.

Dende aquel intre desfilaron por Ribada-via máis de 300 compañías teatrais proce-dentes, a dicir dos organizadores, de máis de70 países diferentes, e decenas de miles deespectadores que rían, choraban ou se emo-cionaban con cada novo espectáculo.

O falecemento o pasado ano de RubénGarcía, director da Mostra durante todo estetempo, parecía presaxiar momentos duros,pero a semente era demasiado forte comopara permitir que tanto esforzo quedase ennada. A capital do teatro galego asumíu connovos pulos continuar a obra de Rubén, e ni-so estamos nestes intres. Este 25 aniversarionace con ese ansia autoreivindicativa.

“O berce, a capital teatral do país será oque as galegas e os galegos queiramos quesexa. Por iso e porque ninguén sobra nestelabor, anímovos a compartir comigo o honro-so compromiso de impregnar de entusiasmoa aquelas persoas que dende sempre ou porprimeira vez, queiran pisar o epicentro xudíode Galiza”. Son palabras do novo director,Roberto Pascual.

E todo por que? Porque o abrente ten un-ha luz moi especial por enriba do río Avia.

xullo´09

3m._fernández Sobre a luz doabrente en Ribadavia

Page 4: Kalaikia_Mostra de Teatro de Ribadavia

- 25 ANOS DE MOSTRA, TODA UNHA CON-QUISTA...

- Non se pode dicir de mellor maneira.O teatro en Ribadavia sempre estivo rela-cionado coas conquistas, dende os tem-pos da ditadura en que Abrente loitaba porconquistar a liberdade para a nosa cultu-ra, para a nosa lingua, para a nosa socie-dade… Logo, xa en democracia, a con-quista é asentar e estabilizar proxectoscoma este, imprimindo na sociedade osentimento globalmente compartido deque Ribadavia é o mellor escenario para aproxección exterior do noso teatro, da no-sa cultura, do patrominio como berce daque xa é a indiscutible capital do teatrogalego. E por suposto, non deixaremos deapuntar novas conquistas para o futuro: acreación dun patroado para a Mostra, quelle outorgue estabilidade e autonomía fi-nanceira e organizativa, ademais da crea-ción dun novo edificio, que sexa un refe-rente arquitectónico para Ribadavia e pa-ra o teatro galego, onde se poidan crearpostos de traballo relacionados cos servi-zos de cafetería, tenda, biblioteca, admi-nistración, persoal técnico, etc.

- EN QUE SE DIFERENCIA DARLLE FORMA A

UNHA PROGRAMACIÓN DUN ANO NORMAL A ESTA

NA SE CONMEMORA UN CUARTO DE SÉCULO?- Diferénciase nas liñas xerais en que

puntualmente se quere incidir ese ano,pero o que nunca cambiará baixo a miñaxestión será que, en cada unha das liñasda programación, sempre se atenderáaos criterios de calidade e diversificación.Este ano, con motivo do 25 aniversarioquixemos que unha das liñas de progra-mación estivese marcada por significadas

compañías que forman parte da historiado festival, como pode ser La Fura delsBaus, Teatro Corsario, Atalaya ou Sara-bela. Aínda así, quedounos espazo paraincidir no notable incremento de compañí-as internacionais, na aposta polas novaslinguaxes escénicas (Metatarso) e na co-nexión coa lusofonía (cunha das actricesmáis prestixiosas de Portugal, Beatriz Ba-tarda en De homem para homem ou Fiar,Centro de Artes de Rúa de Palmela)…

- CAL É, DENDE O TEU PUNTO DE VISTA, OPRATO FORTE DAS ACTIVIDADES DESTE ANO?

- Na programación eu penso que nonse pode falar de pratos fortes xa que comanos gustos culinarios, elixir un espectácu-lo neste menú escénico tan variado do 25aniversario sería complicadísmo. Hai quepensar que temos dende o Premio Nacio-nal de Teatro (Ariadna, de Atalaya) ata undos coreógrafos máis reputados de Euro-pa, Ron Tannion, de DV8 Phiscal Theatre,clausurando o festival co espectáculo In-Fame, de danza contemporánea. Xa digo,é complicado mesmo para a programa-ción infantil, que ten ofertas de altísimo ni-vel, entre La vida de un piojo llamado Ma-tías (premio Max ao mellor espectáculoinfantil) ou o musical con vestiario de Ága-tha Ruiz de la Prada e máis de 10 actoresen escena Alicia atraviesa el espejo.

Onde si podemos falar de pratos for-tes é nas actividades paralelas: no cursocon Will Keen, un dos maiores especialis-tas en Shakespeare, na edición dun librosobre o XXV aniversario, na apertura dun-ha nova colección de textos teatrais. Sonavances importantísimos que non limitanao festival a ser soamente exhibición deespectáculos.

- QUE PEGADA CRES QUE TEN A MIT A NI-

VEL INTERNACIONAL?- De momento escasa, polo menos in-

suficiente baixo a miña autoesixencia. Éun dos deberes importantes que eu debotentar solucionar. Os primeiros pasos fo-ron incidir publicitariamente en medios defóra, presentar o cartel e programa daMostra no exterior tamén, na Casa de Ga-licia en Madrid. A pegada será maior namedida en que sexamos capaces de ofre-cer unha oferta turística con infraestrutu-ras de calidade, vinculada ao que xa estáfeito, un escenario único, pero con ele-mentos de profesionalización, con perso-al estable e especializado, con elementosque nos axuden a ser competitivos nagran oferta internacional. Recursos xa ostemos, os mellores, a súa historia. O outro

virá coa constitución do padroado e iso xaé compromiso e complicidade de variasadministración.

- SE TIVERAS QUE QUEDARTE CUN MOMEN-TO DOS QUE VIVICHES NA MOSTRA CAL SERÍA?

- De momento non chegaron os mello-res momentos, que será gozar da belezada arte escénica durante 10 días pero…ata o de agora, con tanto traballo… Unhasatisfacción… Un correo electrónico duncidadán belga onde nos felicita polo pro-grama que puido ver na web (www.mitri-badavia.com)

- COMO VES A MOSTRA DENTRO DE 25ANOS ?

- Véxoa cunha plantilla de máis de 10traballadores estables, véxoa con persoalcualificado para cada área, atendendo áelaboración do festival a longo prazo du-rante todo o ano, véxoa recordando a in-auguración destes 25 anos alumados porCándido Pazó e La Fura dels Baus, véxoacon espírito de renovación do xa feito, tannecesario. Véxoa como debería ser a ca-pital teatral dun país normalizado econó-mica e culturalmente. Porque así taménme gustaría ver a toda a sociedade.

xullo´09

4 Roberto Pascual, director da MIT

‘Ribadavia é o mellor escenario paraa proxección exterior do noso teatro’

Roberto Pascual é o novo director da Mostra Internacional deTeatro de Ribadavia, logo do pasamento o pasado ano de

Rubén García, impulsor da MIT dende a súa creación en 1984.Substituir a alguén insubstituíble sempre é complicado, pero

este carballiñés conta cunha dilatada experiencia, comodemostra dende o seu posto de profesor na Escola de Artes

Escénicas de Vigo. Ilusión non lle falta

Na programación penso que non se pode falar de pratosfortes xa que elixir un espectáculo neste

menú escénico tan variado do 25 aniversario sería complicadísmo.

diego_giráldez

Page 5: Kalaikia_Mostra de Teatro de Ribadavia

xullo´095

Onoso país un día coñecerá a inmen-sa riqueza que é posuir numerosascidades e vilas cun valor artístico e

histórico enorme. Unha delas é Ribadavia.Todos os que amamos o viño e gostamosespecialmente do viño branco habiamosperegrinar sequera unha vez na vida a Ri-badavia mais a xente da Galiza que ade-mais estimamos a palabra encarnada enactores e actrices temos a obriga de acu-dir algunha vez.

Estiven na Mostra de Ribadavia un parde veces, como xente que compón o públi-co, como pregoeiro, un honor, e estiven aprimeira vez de todas como teatreiro. Unteatreiro intruso e ventureiro. Daquelamontara con outra xente un grupo de tea-tro na rúa, debeu ser no ano 1977, e máisque o amor ao teatro o que nos unía era oafán de facer propaganda. Con todo, paramin foi un respiro, sentía a obriga da mili-tancia política e iso desviábame da litera-tura, aquilo permitiume brincar a facer li-teratura en acción, a palabra berrada narúa, no curro, na festa. Como tantas cou-sas aquel grupo, "Pepa Loba", perdeusenalgunha revolta dos anos e xa a ninguénacorda, nin a min propio senón é que fagomemoria de Ribadavia e a Mostr. Os textosdaquelas montaxes escribinos a bolígrafo

e coido que nin cheguei a pasalos a máqui-na nin gardalos. E foi ben mellor así, xa unten vergoña de cousas de máis.

Desde aquela observei a Mostra de Te-atro desde a distancia e teño a impresiónde que aínda non deu de si o que ten dedar, a Mostra aínda non é a Mostra. Non sepode comparar a tradición teatral británi-ca coa nosa, non se pode comparar conningunha outra pois humillaríaa, Ribada-via nunca será Edimburgo, pois entre nós oteatro é o que é, así e todo... Así e todo Ri-badavia pola súa continuidade, polo pesohistórico, pola beleza da vila e comarca,debe aspirar a ser un Edimburgo, unha vi-la aberta ao teatro do mundo. Esa debeser a aposta que debera manterse, paraiso precisa un apoio que nunca houbo. Epara iso habería que enlazar a Mostra cosgrandes trazos da política cultural galega.Mesmo con ese espazo baleiro que esta-mos a levantar na Cidade da Cultura, unespazo central que haberá que encher deeventos internacionais, e que podería em-patar os seus fíos cos gromos de creazón evida artística que xa existen no noso país.Unir un brazo con Ribadavia e ofrecer unevento ao mundo.

*Suso de Toro é escritor

Ribadavia, Edimburgo suso_de_toro*

Teresa González Costa_Sempre

quixen bailar un tango_Xerais

Manuel acolle a nova da súamorte, e de maneira serena conside-ra as cousas que nunca vai poder fa-cer, as palabras que non vai apren-der, o tango que quedou sen bailar.Susana, a filla, e Luís, o xenro, mó-vense arredor del como caricaturasinsensibles, preparados para o des-pegue social.

Con Sempre quixen bailar untango, Teresa González Costa obti-vo o XVII Premio Álvaro Cunqueirode textos teatrais o pasado ano. Oxurado salientou a solidez da súa es-trutura dramática así como a súa in-tención de ridiculizar valores domi-nantes na sociedade actual.

Albert Camus_Calígula / O

malentendido_Galaxia

Galaxia presenta dous textosfundamentais na traxectoria literariado Camus dramaturgo traducidos aogalego por Inmaculada Lopez Silva,nos que o autor francés presenta te-mas fundamentais como o exerciciodo poder ou a cobiza, que se vincu-lan coa dimensión máis perversa dacondición humana, quer no plano co-lectivo quer no plano familiar.

Nos dous títulos déixase sentir opeso da filosofía do absurdo, dunhaexistencia dominada polo baleiro e aausencia de significado, nun mundocheo de furia e ruído.

Page 6: Kalaikia_Mostra de Teatro de Ribadavia

xullo´09

6

…polo menos un tempo, tempo abon-do para que encha as rúas, mude arealidade e encha o aire coa súa re-

volución de palabras. Rivadavia, lugar mítico deencontros imposibles, de propostas chegadasdoutras terras, noutras linguas, e destas terras,coa lingua que escollemos para definirnos e defi-nir os conflictos que despois nos acompañaránindependentemente dos corpos nos que se en-

carnen.O teatro non ten corpo, nin lingua, nin orixe

xeográfica concreta, o teatro é sentimento, é aarte do momento, un monstro amorfo de mil ca-ras e mil idiomas, todos falsos, todos reais.

O teatro vive onde lle deixan, onde hai públi-co para el. E Ribadavia acólleo sempre, coma un-ha nai que agarda cada ano a visita do seu fillo.

Cómpre lembrar quen asociou o nome de Ri-

badavia ao do teatro, quen mantén a esperanza,quen contribuíu, contribúe e contribuirá co seutalento a que o público se emocione con cada es-pectáculo, ría, chore, se aburra ou se enfade,porque iso significa que está vivo, como a voz e ocorpo dos personaxes, como a alma de cada fun-ción.

*Paula Carballeira é actriz.

En Ribadavia vive o teatro... paula_carballeira*

Falar do FIT de Ribadavia no seu XXV ani-versario abre varias portas para o discurso.

Podemos entrar, por exemplo, pola que nosleva ao encontro entre a historia teatral dun pa-ís e o seu lugar no mundo. Unha porta a un ca-miño de continuidade desde a emblemáticaMostra de Ribadavia, un dos referentes inaugu-rais do teatro galego, a un Festival que hoxe endía pretende ser mostra da excelencia do teatroque se está a facer a nivel internacional. Unhaambiciosa pretensión que, a máis das veces,choca coas limitacións orzamentarias.

Podemos entrar pola porta da memoria e ahomenaxe debida a quen foi o seu director até asúa morte, Rubén García, un deses homes que,non sendo actor, director, dramaturgo ou profe-sional de calquera outro mester creativo das ar-

tes escénicas, foi un home que ocupou a súa vi-da no teatro. A existencia deste tipo de vínculosserven de indicativo do proceso de asentamen-to dun movemento teatral.

Podemos entrar, non por último senón comoporta central neste meu discurso, na presenzado teatro galego no Festival Internacional. Tén-selle feito a este festival a acusación de non pro-gramar con xenerosidade cuantitativa o teatrodo país. Unha acusación que quizais teña quever co feito apuntado de ser a da capital do Ri-beiro unha das programacións de referenciahistórica para o noso teatro, referencia que se-guramente dificultou a asimilación por parte dosteatristas galegos da nova vocación e definiciónque Ribadavia se impuxo hai vintecinco anos aotrocar o termo “mostra” polo de “festival” e o de“teatro galego” polo de “internacional”. Levadopor esta vocación, Rubén García fixo do teatro

galego un ben escaso no evento que tantosanos dirixiu. Mais velaquí que o que nun princi-pio puido ser valorado negativamente acaboudando un resultado positivo: hoxe en día Riba-davia está considerada unha programación deprestixio para o teatro galego. Estar en Ribada-via significa, en termos cualitativos, moito máisque estar en calquera outra mostra, xornada oufestival dos varios que hai en Galiza. Moitísimomáis do que significaba estar na propia Mostrade Teatro de Ribadavia cando, antes de ser oque agora é, tiña a plausíbel intención de acollerno seu seo todo ou case todo o que se facía noámbito do teatro galego. Todo ben escaso gañaen valoración e hoxe estar no FIT de Ribadaviasupón para os espectáculos galegos un carimbode calidade que, ás veces máis xustificado e ásveces menos, todas as compañías exhiben conorgullo.

Festival Internacional de Teatro de Ribadavia,ou o teatro galego

como ben escasocándido_pazó

Page 7: Kalaikia_Mostra de Teatro de Ribadavia

xullo´09

7

Xoves 1610:00 Taller-entrenamento con La Fura dels Baus.23:00 Ai, Manolo! Teatro do Vilar. Auditorio do Castelo. OFF Mostra.

Venres 1720:00 Inauguración de autoridades no salón de plenos do Concello de Ribadavia.20:30 Pregón do XXV aniversario da MIT a cargo de Cándido Pazó. Praza Maior.23:00 Splash. La Fura dels Baus (Catalunya). Campo de fútbol O Xestal.

Sábado 1812:30 La casa del abuelo. Compañía La Rous (Andalucía). Igrexa da Magdalena.

(Aforo limitado a 50 persoas)13:30 Presentación do libro sobre o XXV aniversario da MIT Ribadavia. Sede da

Mostra Internacional de Teatro.20:30 La casa del abuelo. Compañía La Rous (Andalucía). Igrexa da Magdalena.

(Aforo limitado a 50 persoas)23:00 City/Sim City. Flyhard e Sala Beckett (Catalunya). Auditorio do Castelo.

Domingo 1912:00 Alicia atraviesa el espejo. Réplika Teatro (Madrid). Casa da Cultura.19:30 Presentación da colección Abrente de Teatro, da editorial Difusora, e lectura

dramatizada. Espazo Ruadavia: Alameda.23:00 De la vida de las marionetas. Réplika Teatro (Madrid). Auditorio do Castelo.

Luns 2010:00 Curso de Interpretación. Will Keen. Casa da Cultura.20:00 Trasno. Pistacatro (Galicia). San Paio.20:30 El teatrito del desván. Prod. Cachivache (Madrid). Igrexa da Magdalena.21:00 El teatrito del desván. Prod. Cachivache (Madrid). Igrexa da Magdalena.22:00 El teatrito del desván. Prod. Cachivache (Madrid). Igrexa da Magdalena.23:00 Ariadna. Atalaya (Andalucía). Auditorio do Castelo.

Martes 2110:00 Curso de Interpretación. Will Keen. Casa da Cultura.12:00 El teatrito del desván. Prod. Cachivache (Madrid). Igrexa da Magdalena.20:00 Trasno. Pistacatro (Galicia). San Cristovo.21:00 La vida de un piojo llamado Matías. El espejo negro (Andalucía). Casa da Cul-

tura.23:00 Dáme veleno. Sarabela Teatro(Galicia). Auditorio do Castelo.

Mércores 2210:00 Curso de Interpretación. Will Keen. Casa da Cultura.20:00 Tristán cara de can. Compañía do elefante elegante (Galiza-Portugal). Sput-

MIT. Satélites da MIT en Francelos.20:30 Uma rampa para ti. FIAR (Portugal). Espazo Ruadavia: Alameda.23:00 SMS (Strange Music Symphony). Microband (Italia). Auditorio do Castelo.

Xoves 2310:00 Curso de Interpretación. Will Keen. Casa da Cultura.20:00 Tristán cara de can. Compañía do elefante elegante (Galiza-Portugal). Sput-

MIT. Satélites da MIT en San Andrés.21:00 Mr. Bunk. (Canadá). Espazo Ruadavia: Praza Maior.23:00 A piragua. Abrapalabra (Galicia). Auditorio do Castelo.01:00 Maté a un tipo. Bambalinas Asesinas. Casa da Cultura (Sesión golfa).

Venres 2410:00 Curso de Interpretación. Will Keen. Casa da Cultura.20:15 Presentación do número 59 da Revista Galega de Teatro. Sede da Mostra In-

ternacional de Teatro.21:00 Madrid, laberinto XXI. Metatarso (Madrid). Casa da Cultura.23:00 Blik. Monsier et Madame O. La Volga e Homo Ludens (Francia e Corea). Au-

ditorio do Castelo.

Sábado 2521:00 Mago por casualidade. Teatro de la Plaza - Cooperativa Paulista de Teatro.

(Brasil). Igrexa da Madalena.23:00 El Caballero de Olmedo. Teatro Corsario (Castela-León). Auditorio do Caste-

lo.01:00 Daimonion. Teatro do Mar (Portugal). Espazo Ruadavia: Adro de Santo Do-

mingo.

Domingo 2620:00 De homem para homem. Arena Ensemble (Portugal). Casa da Cultura.23:00 Entrega do premio de Honra Abrente, premio de Textos Teatrais e premio do

público.In-Fame. Excéntrica Prod. Auditorio do Castelo.

01:00 Camping. Teatro Meridional. Espazo Ruadavia: Alameda.

VENDA DE ENTRADAS

* Espectáculos adultos: Xeral 5 €, reducida (parados, estudantes e xubilados) 4 €* Espectáculos infantís: Nen@s 1 €, adultos 3 €, reducida (parados, estudantes e xubilados) 2 €* Información especial:

Entradas non numeradas do Castelo (Bloques 4 e 5) 4 €, prezo único.Campo de fútbol O Xestal – Espectáculo de La Fura dels Baus. Gradas 7 €. Xeral 5€Espectáculo El teatrito del desván. Igrexa da Magdalena. Gratuito.

VENDA ELECTRÓNICA (ata o día antes de cada espectáculo)www.servinova.es Tel. 902 504 500

XXV Mostra Internacional de Teatro. Ribadavia, 2009

PrOGramA

Page 8: Kalaikia_Mostra de Teatro de Ribadavia

8xullo´09

kalai

kia@

apen

eira.

com

986.

660.

986

ww

w.a

pene

ira.co

m

DP: V

G 12

53-2

008

ISSN

: 188

9-46

4X

-QUE REPRESENTA PARA LA FURA ACTUAR EN

RIBADAVIA NO 25º ANIVERSARIO DO FESTIVAL?-En primeiro lugar poder voltar a un sitio

que para nós é entrañable porque foi a segun-da ou terceira praza española que fixemosdespois da estrea en Barcelona. En segundolugar, xa que nós celebramos os 30 anos, é unaniversario conxunto. Eles o 25 e nos os 30. Enterceiro lugar visitar Galiza polo menos unhavez ao ano non fai dano, está moi ben.

-COMO PREPARÁSTEDE O ESPECTÁCULO PARA A

MIT?-Apartir de dous conceptos básicos. O títu-

lo do espectáculo é Splash que é o ruido quefaia a auga nun nacemento. Representamosun pouco o comezo desta 25º mostra. A partirdun concepto da unión da xente, dos peque-nos esforzos que acaban facendo que un Fes-tival dure 25 anos, algo moi complicado nestesintres.

-NON É A PRIMEIRA VEZ QUE VISITADES GALIZA.TRÁTAVOS BEN O PÚBLICO GALEGO?

-Moi ben. Aqui en Ribadavia houbo 80 per-soas en escena das cales 50 son galegas. É oque máis nos importa, o que máis nos gosta échegar a un lugar e non levalo todo nós senóntraballar coa xente de aqui. A implicación é moi

diferente tanto para o público como para os fi-gurantes que nos axudaron a facer este espec-táculo. De momento cada vez que viñemos ti-vemos ganas de voltar... que xa é moito.

-LA FURA FIXO OBRAS PARA MULTITUDES E EN

PEQUENO FORMATO. CALES SON MÁIS AGRADECIDAS

PARA O ACTOR?-Home, para o actor evidentemente son

máis agradecidas as de pequeno formato por-que tes máis capacidade de expresión. Asobras de grande formato queiras ou non sonobras que concebimos dunha forma moi sinxe-la. A dramaturxia non pode ser moi complicadaporque somos conscientes de que nun espec-táculo destas características para 20.000 per-soas non pode ser moi complicada. Nos ma-cro-espectáculos o que prima é a “espectacu-lariedade”, a estética.

-DESPOIS DE ANOS DE INVESTIGACIÓN DRAMA-TÚRXICA. QUEDAN AÍNDA PARA LA FURA INNOVA-CIÓNS POR FACER NO MUNDO DO TEATRO?

-Si. Non só para La Fura senón para omundo do teatro en xeral. Cremos que subver-tir unha linguaxe é moi interesante e moi im-portante. A partir de aqui se o conseguimos ounon é outra cousa que só o público pode dicir.A nosa intención, por exemplo, cando nos me-temos no mundo da ópera, no mundo do teatrode texto, é tentar darlle unha revisión.

La Fura dels Baus celebra aniversario xunto ao MIT de Ribadavia. A súa aportación é unespectáculo especial feito para a ocasión e no que participan tamén actores galegos, e un

obradoiro. Toda unha sorte para os que se acheguen estes días pola capital do Ribeiro.

antón_fdez._escuredo

Pera Tantiña, Director de La Fura dels Baus

‘En Ribadavia celebramosun aniversarioconxunto’