Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto:...

18
Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un peón conductor e tres peóns para a PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS. RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO A CONVOCATORIA E AS BASES Visto que é necesario constituír unha bolsa de emprego para cubrir o/os posto/s de traballo de Persoal para brigada contraincendios (1 capataz, 1 peón condutor e 3 peóns de brigada) en réxime de persoal laboral e as posibles vacantes subseguintes. Visto a proposta de bases presentada polo Concelleiro de xuventude, seguridade cidadá e participación veciñal. Visto a fiscalización favorable da Intervención municipal. Examinadas as bases da convocatoria en relación coa selección do persoal que vai conformar a bolsa de emprego para Persoal para brigada contraincendios (1 capataz, 1 peón condutor e 3 peóns de brigada) e de conformidade co artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVO PRIMEIRO. Aprobar as bases reguladoras da convocatoria de selección de persoas para a constitución dunha bolsa de emprego para cubrir o/os posto/s de traballo de Persoal para brigada contraincendios (1 capataz, 1 peón condutor e 3 peóns de brigada) en réxime de persoal laboral e as posibles vacantes subseguintes, nos termos en que figuran no expediente e que constan como anexo nesta resolución. SEGUNDO. Convocar as probas selectivas para constituír a bolsa de emprego para cubrir o/os posto/s de traballo de Persoal para brigada contraincendios (1 capataz, 1 peón condutor e 3 peóns de brigada) en réxime de persoal laboral e as posibles vacantes subseguintes, comunicándoo á alcaldía, aos efectos de que designen 5 membros para formar parte do órgano de selección da referida convocatoria. TERCEIRO. Publicar o texto íntegro das bases reguladoras das probas selectivas no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, no taboleiro de edictos do Concello e na sede electrónica municipal. Concello da Pobra do Caramiñal R/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: --- Cod. Validación: 4P25A626966PFMZ3DJX7A9JXQ | Corrección: https://apobra.sedelectronica.es/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 18

Transcript of Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto:...

Page 1: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

Expediente: 1381/2020

Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un peón conductor e tres peóns para a PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS.

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO A CONVOCATORIA E AS BASES

Visto que é necesario constituír unha bolsa de emprego para cubrir o/os posto/s de traballo de Persoal para brigada contraincendios (1 capataz, 1 peón condutor e 3 peóns de brigada) en réxime de persoal laboral e as posibles vacantes subseguintes.

Visto a proposta de bases presentada polo Concelleiro de xuventude, seguridade cidadá e participación veciñal.

Visto a fiscalización favorable da Intervención municipal.

Examinadas as bases da convocatoria en relación coa selección do persoal que vai conformar a bolsa de emprego para Persoal para brigada contraincendios (1 capataz, 1 peón condutor e 3 peóns de brigada) e de conformidade co artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar as bases reguladoras da convocatoria de selección de persoas para a constitución dunha bolsa de emprego para cubrir o/os posto/s de traballo de Persoal para brigada contraincendios (1 capataz, 1 peón condutor e 3 peóns de brigada) en réxime de persoal laboral e as posibles vacantes subseguintes, nos termos en que figuran no expediente e que constan como anexo nesta resolución.

SEGUNDO. Convocar as probas selectivas para constituír a bolsa de emprego para cubrir o/os posto/s de traballo de Persoal para brigada contraincendios (1 capataz, 1 peón condutor e 3 peóns de brigada) en réxime de persoal laboral e as posibles vacantes subseguintes, comunicándoo á alcaldía, aos efectos de que designen 5 membros para formar parte do órgano de selección da referida convocatoria.

TERCEIRO. Publicar o texto íntegro das bases reguladoras das probas selectivas no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, no taboleiro de edictos do Concello e na sede electrónica municipal.

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 1

a 18

Page 2: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

CUARTO. Publicar o anuncio da convocatoria na sede electrónica municipal, no taboleiro de edictos do concello e nun diario dos diarios de maior circulación da provincia, sendo a data deste último anuncio a que servirá para o cómputo do prazo de presentación de instancias.

Mándao e asínao o ALCALDE, na Pobra do Caramiñal, a data da sinatura dixital.

O alcalde

o secretario

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 2

a 18

Page 3: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN CAPATAZ, UN PEÓN CONDUTOR E TRES PEÓNS BRIGADA PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA, NA MODALIDADE DE CONTRATO LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA, DURANTE O PERÍODO DE TRES MESES.

PRIMEIRA.- Obxecto da convocatoria. Modalidade de contratación e duración do contrato.

O obxecto desta convocatoria é a provisión mediante concurso-oposición dunha praza dun capataz, un peón condutor e tres peóns brigada para a brigada de prevención e defensa contra o lume forestal, mediante a contratación laboral de carácter temporal, a través do procedemento de selección que se sinala nestas bases, de conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto Básico do empregado Público, a Lei 7/1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais disposicións de pertinente aplicación.

A duración do contrato de traballo será determinada para desenvolver as tarefas propias dos citados postos de traballo na brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais obxecto do convenio único de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Pobra do Caramiñal para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2019 cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (prorrogado para o ano 2020 mediante addenda asinada en data 27/12/2019) e por un período de vixencia do convenio. A relación laboral formalizarase mediante contrato de obra ou servizo determinado, ao amparo do establecido no artigo 15.1 do Estatuto dos Traballadores.

O persoal contratado, estará suxeito durante a súa relación laboral á normativa sobre incompatibilidades previstas na función pública (Lei 53/1984, do 25 de decembro e Real decreto 598/1985, do 30 de abril).

SEGUNDA.- Financiamento e retribucións.

A contía das retribucións e cotas da Corporación por seguridade social será imputable en base ao convenio único de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Pobra do Caramiñal para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2019 cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 3

a 18

Page 4: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

2014-2020 (prorrogado para o ano 2020 mediante addenda asinada en data 27/12/2019) e coas retribucións aplicables segundo convenio do persoal laboral do Concello:

POSTO RETRIBUCIÓN MENSUAL BRUTA

XEFE DE BRIGADA 1324,20 EUROS

PEON 1035,05 EUROS

CONDUCTOR 1398,22 EUROS

TERCEIRA.- Publicidade de bases e convocatoria.

A convocatoria será publicada mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, no Taboleiro de Anuncios do Concello no taboleiro da sede electrónica municipal.

A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso selectivo, así como as

comunicacións a que dese lugar, realizaranse mediante publicación no taboleiro de

edictos deste Concello, sen prexuízo de calquera outro medio de difusión que se

considere oportuno.

CUARTA.- Horario e tarefas encomendadas. O horario realizarase de luns a domingo, cos descansos que establece a lei, e coa flexibilidade que requira o servizo para o mellor funcionamento do mesmo.

As tarefas encomendadas ós citados postos, son as propias de traballo na brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais obxecto de convenio único coa Consellería do Medio Rural e do Mar anteriormente mencionado.

QUINTA.- Condicións dos aspirantes.

Para tomar parte nas probas selectivas, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos todos e cada un á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

• Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TREBEP. • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 4

a 18

Page 5: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

• Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, non se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitase. No caso de ser nacional doutro Estado, non achacarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. • Estar en posesión de estudos de ESO, graduado escolar ou equivalente, ou certificado de escolaridade e o permiso de condución tipo B, para as categorías de peón condutor e peón. • Para a praza de capataz (xefe de brigada), terá que estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio rural, técnico de emerxencias e protección civil ou formación profesional equivalente. Ademais terá o carné de conducir B.

Os requisitos para concorrer están referidos ó último día de presentación de instancias.

SEXTA.- Presentación de solicitudes. 1.- As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao Sr. alcalde, seguindo o modelo que se incorpora como anexo, na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base Quinta desta convocatoria.

As solicitudes presentaranse no citado Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica municipal, durante os cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Se, conforme ao recollido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se presentan a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude. Doutro modo, a data de anotación no Rexistro Xeral será a que se teña en conta a todos os efectos.

Para ser admitido e, no seu caso, tomar parte nas probas selectivas, bastará con que os aspirantes manifesten nas súas instancias que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais esixidos na Base Quinta, referidos sempre ao día en que remate o prazo de presentación de instancias.

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 5

a 18

Page 6: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

2.- Necesariamente xunto coa solicitude para tomar parte neste proceso selectivo os aspirantes deberán achegar:

a) Fotocopia do DNI ou documento identificativo. b) Fotocopia dos títulos esixidos e permiso de condución. c) Fotocopia da documentación que xustifique os méritos que se aleguen.

Non se terán en conta os méritos alegados e non xustificados documentalmente nin tampouco aqueles méritos que non figuren no baremo. Só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente dentro do prazo de presentación de instancias así como os méritos alegados dentro deste prazo que fosen xustificados con posterioridade no prazo de emenda de defectos formais.

Admítese para os efectos de acreditación da formación mínima requirida, a presentación de fotocopia da solicitude de expedición do título, se ben neste suposto débese acompañar da certificación académica de que se remataron os estudos correspondentes.

Para que teña validez neste proceso selectivo, os documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficias na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de se tratar de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para que teñan validez deberán estar redactados na lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva comunidade, debidamente validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.

Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo estenderase que os interesados aceptan e atacan todas e cada unha das Bases desta convocatoria.

SÉTIMA.- Admisión de aspirantes. Data e lugar de celebración das probas.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde ditará Resolución declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión.

Esta Resolución publicarase no Taboleiro de Anuncios do Concello e será determinante para os efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na lei.

Na mesma Resolución o alcalde determinará o lugar, data e hora de valoración do concurso e da celebración da proba física e da entrevista, así como a composición do Tribunal cualificador.

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 6

a 18

Page 7: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

OITAVA.- Tribunal cualificador.

O Tribunal cualificador será designado por Decreto da Alcaldía, no momento de aprobación das listas de admitidos e excluídos.

Todos os vogais deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza.

O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso, será precisa a asistencia do presidente e do secretario.

O Tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas que estime pertinentes, que se limitarán o exercicio das súas especialidades técnicas en base exclusivamente as cales colaborarán co órgano de selección.

O Tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que se presenten e tomará os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nas bases.

Os membros dos Tribunais deberán absterse de formar porte destes cando concorran as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, notificándollo á autoridade convocante, ou cando realizaran tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

Os aspirantes poderán recusalos de acordo co artigo 24 da mencionada Lei.

Para os efectos de percepción de asistencias polos membros concorrentes ás sesións

dos Tribunais, estes estarán clasificados nas categorías que establece o número 1 do

artigo 30 do decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do

servizo.

NOVENA.- Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.

Sistema de provisión: Concurso- oposición.

Os horarios serán determinados polo Tribunal e non se celebrarán en días festivos, pudendo ser en horario de mañá ou tarde.

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 7

a 18

Page 8: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

Os/as aspirantes serán convocados/as en chamamento único, quedando decaídos no seu dereito aqueles que non comparezan, salvo casos debidamente xustificados e apreciados discrecionalmente polo tribunal.

Os/as aspirantes deberán presentarse para realizar os exercicios provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, e tamén dos medios materiais adecuados que sexan necesarios para a práctica dos mesmos.

A orde de actuación dos/as aspirantes será alfabético, comezando pola letra S, segundo o recollido na resolución do 30 de xaneiro do 2020 pola que se fai público o resultado do sorteo ao que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

1ª Fase Concurso de méritos.

Valorarase ata un máximo de 10 puntos, e consistirá na valoración dos méritos alegados e debidamente acreditados polas persoas aspirantes segundo os baremos referidos a continuación. A estes efectos, o Tribunal avaliador reunirase en sesión non pública para proceder á súa valoración. Soamente teranse en conta os documentos acreditativos que aqueles/as presentasen ata o peche do prazo da convocatoria, sen que poidan presentarse méritos en período de corrección. Non se tomarán en consideración nin serán valorados os méritos que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento de finalización do prazo de presentación de instancias. Con todo, non será necesario presentar documentos que xa se atopen en poder desta Administración, o cal deberá ser alegado expresamente polo/a aspirante.

A documentación que haberá de presentarse para xustificar os méritos que se alegan para a súa valoración, será a seguinte en cada caso:

• A acreditación da experiencia profesional efectuarase mediante certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo e/ou calquera outro certificado ou documento oficial que acredite de xeito fidedigno o tempo traballado e a categoría profesional desempeñada. A non presentación de ámbolos dous documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo e/ou calquera outro certificado ou documento oficial que acredite de xeito fidedigno o tempo traballado e a categoría profesional desempeñada) suporá a non valoración do mérito alegado.

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 8

a 18

Page 9: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

• A experiencia como voluntario nunha agrupación de voluntarios de protección civil acreditarase cun certificado da agrupación de voluntarios onde se recolla o tempo que leva prestando servizos en prevención e defensa contra os incendios forestais.• A acreditación da formación realizarase mediante o correspondente certificado da súa realización expedido pola EGAP, Universidade ou calquera Administración Pública, organismos da administración e institucións públicas ou debidamente homologadas por esta. Non serán obxecto de valoración os certificados expedidos por academias privadas senón se xustifica a homologación sinalada.

Os cursos nos que non se exprese ninguna duración non serán valorados.

A puntación obtida na fase de concurso non terá carácter eliminatorio e non poderá terse en conta para superar o exercicio da fase de oposición.

EXPERIENCIA FORMACIÓN COMP.

EXPERIENCIA PROTECC CIVIL

XEFE 5 3 2

PEON 5 3 2

CONDUCTOR 5 3 2

1.1. Baremo para o posto de XEFE DE BRIGADA: a) Experiencia profesional (ata un máximo de 5,00 puntos): ○ Por cada mes completo desempeñando un posto de traballo como xefe de brigada nas brigadas de prevención e defensa contra os incendios forestais na Xunta de Galicia, nos Concellos ou nas empresas públicas: 0,20 puntos por mes completo.

Neste apartado non se computarán os tempos de servizo que se prestaran simultaneamente a outros tamén alegados e valorados, sexan prestados ou non na mesma empresa.

b) Formación complementaria (ata un máximo de 3 puntos): Por participar en actividades formativas (cursos, seminarios, congresos, xornadas), sempre que se atopen relacionadas coas funcións a desenvolver e organizados, ben por unha Administración Pública, unha Universidade ou impartidos por empresas privadas homologados por unha Administración Pública:○ Por cursos de 10 a 20 horas de duración: 0,10 puntos. ○ Por cursos de 21 a 40 horas de duración: 0,20 puntos. ○ Por cursos de 41 a 60 horas de duración: 0,30 puntos. ○ Por cursos de 61 a 100 horas de duración: 0,40 puntos.

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 9

a 18

Page 10: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

○ Por cursos de más de 100 horas de duración: 0,50 puntos.

c) Experiencia como voluntario en agrupacións de voluntarios de protección civil prestando servizos en prevención e defensa contra os incendios forestais (ata un máximo de 2 puntos).

Por cada mes completo desempeñando funcións de voluntario de protección civil nunha agrupación de voluntarios de protección civil prestando servizos en prevención e defensa contra os incendios forestais. A tales efectos, computarán so os meses nos que o Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia indica que son época de alto perigo en incendios (xullo, agosto e setembro): 0,10 puntos por mes completo.

O antiguedade xustificarase mediante certificación expedida polo representante da Agrupación.

1.2. Baremo para o posto de PÉON:

a) Experiencia profesional (ata un máximo de 5,00 puntos): ○ Por cada mes completo desempeñando un posto de traballo como peón nas brigadas de prevención e defensa contra os incendios forestais na Xunta de Galicia, nos Concellos ou nas empresas públicas: 0,20 puntos por mes completo. Neste apartado non se computarán os tempos de servizo que se prestaran simultaneamente a outros tamén alegados e valorados, sexan prestados ou non na mesma empresa.

b) Experiencia como voluntario en agrupacións de voluntarios de protección civil prestando servizos en prevención e defensa contra os incendios forestais (ata un máximo de 3 puntos). Por cada mes completo desempeñando funcións de voluntario de protección civil nunha agrupación de voluntarios de protección civil prestando servizos en prevención e defensa contra os incendios forestais. A tales efectos, computarán so os meses nos que o Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia indica que son época de alto perigo en incendios (xullo, agosto e setembro): 0,10 puntos por mes completo.

O antiguedade xustificarase mediante certificación expedida polo representante da Agrupación.

c) Formación complementaria (ata un máximo de 2 puntos): Por participar en actividades formativas (cursos, seminarios, congresos, xornadas), sempre que se atopen relacionadas coas funcións a desenvolver e organizados, ben por

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 10

a 1

8

Page 11: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

unha Administración Pública, unha Universidade ou impartidos por empresas privadas homologados por unha Administración Pública: ○ Por cursos de 10 a 20 horas de duración: 0,10 puntos. ○ Por cursos de 21 a 40 horas de duración: 0,20 puntos. ○ Por cursos de 41 a 60 horas de duración: 0,30 puntos. ○ Por cursos de 61 a 100 horas de duración: 0,40 puntos. ○ Por cursos de más de 100 horas de duración: 0,50 puntos.

1.3. Baremo para o posto de PEÓN CONDUTOR:

a) Experiencia profesional (ata un máximo de 5,00 puntos):

Por cada mes completo desempeñando un posto de traballo como peón condutor nas brigadas de prevención e defensa contra os incendios forestais na Xunta de Galicia, nos Concellos ou nas empresas públicas: 0,20 puntos por mes completo

Neste apartado non se computarán os tempos de servizo que se prestaran simultaneamente a outros tamén alegados e valorados, sexan prestados ou non na mesma empresa.

b) Formación complementaria (ata un máximo de 3 puntos): Por participar en actividades formativas (cursos, seminarios, congresos, xornadas), sempre que se atopen relacionadas coas funcións a desenvolver e organizados, ben por unha Administración Pública, unha Universidade ou impartidos por empresas privadas homologados por unha Administración Pública: ○ Por cursos de 10 a 20 horas de duración: 0,10 puntos. ○ Por cursos de 21 a 40 horas de duración: 0,20 puntos. ○ Por cursos de 41 a 60 horas de duración: 0,30 puntos. ○ Por cursos de 61 a 100 horas de duración: 0,40 puntos. ○ Por cursos de más de 100 horas de duración: 0,50 puntos.

c) Experiencia como voluntario en agrupacións de voluntarios de protección civil prestando servizos en prevención e defensa contra os incendios forestais (ata un máximo de 2 puntos).

Por cada mes completo desempeñando funcións de voluntario de protección civil nunha agrupación de voluntarios de protección civil prestando servizos en prevención e defensa contra os incendios forestais. A tales efectos, computarán so os meses nos que o Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia indica que son época de alto perigo en incendios (xullo, agosto e setembro): 0,10 puntos por mes completo.

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 11

a 1

8

Page 12: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

O antiguedade xustificarase mediante certificación expedida polo representante da Agrupación.

2ª FASE: OPOSICIÓN:

A oposición consistirá na realización dos exercicios que se refiren a continuación.

Primeiro exercicio: Proba Teórica. De carácter obrigatorio, e consistirá na contestación por escrito, no tempo máximo de corenta minutos, dun cuestionario de 30 preguntas tipo test, con catro alternativas de resposta cada unha, e que serán propostas polo tribunal avaliador sobre o contido do temario especificado no Anexo II destas bases. Este exercicio é eliminatorio, e valorarase ata o máximo de 30 puntos (a razón de 1 punto por cada resposta correcta), sendo excluídos os/as participantes que non acaden o mínimo de 15 puntos (15 respostas correctas). As respostas falladas non ponderarán con coeficiente negativo. O cuestionario tipo test será o mesmo para o posto de peón e para o posto de peón condutor, e distinto para o posto de xefe de brigada, no que, aínda que o temario sexa o mesmo, incrementarase o nivel de dificultade das preguntas.

Segundo Exercicio: Proba Práctica. Consistirá na realización dunha proba práctica sobre as funcións a desenvolver e o manexo da maquinaria e ferramentas coas que desenvolverá o traballo que será determinada polo Tribunal Cualificador no momento da súa realización. Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio. Valorarase ata o máximo de 10 puntos, sendo necesario para non quedar eliminado obter unha puntuación mínima de 5 puntos.

Terceiro Exercicio: Proba de Coñecemento da lingua galega. De carácter obrigatorio e eliminatorio. Está dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os/as aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos as probas que consideren mais adecuadas para tal comprobación. Esta proba será cualificada como “APTO/A” ou “NON APTO/A”. Quedarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que acrediten estar en posesión do CELGA 3 (para aquelas persoas que se presenten ao posto de xefe de brigada) e CELGA 2 (para aquelas persoas que se presenten aos postos de peóns ou de peón condutor) ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, publicada no DOG nº 146, do 30 de xullo de 2007

2º.- Recoñecemento médico e proba física, eliminatoria.

• Recoñecemento médico:

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 12

a 1

8

Page 13: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

Capataces: Farano as dúas persoas que obteñan maior puntuación na fase de servizos prestados e proba práctica. Peón Conductor: Farano as dúas persoas que obteñan maior puntuación na fase de servizos prestados e proba práctica. Peón: farano as catro persoas que obteñan maior puntuación na fase de servizos prestados e proba práctica. No caso de que un mesmo aspirante acade a puntuación suficiente para a realización do recoñecemento en máis dunha categoría, debe asegurarse que realicen o citado recoñecemento un mínimo de 8 aspirantes.

- Proba física: Realizarase unha vez superado o recoñecemento médico específico e tamén TERÁ CARÁCTER ELIMINATORIO. Consistirá na denominada "Proba do banco" e farase inmediatamente a continuación do recoñecemento médico.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, esta resolverase

pola puntuación obtida na proba práctica e se isto non fora suficiente de persistir o

empate resolverase mediante sorteo público entre os candidatos con igual puntuación.

DÉCIMA.- Proposta de aprobado.

Concluída a cualificación final do proceso selectivo, o Tribunal publicará no citado

Taboleiro de Anuncios do Concello da Pobra do Caramiñal o nome do aspirante

aprobado coa puntuación total final, con especificación desta.

Así mesmo, o Tribunal elevará esta relación, coa acta da sesión, ao alcalde para

proceder á formalización do contrato correspondente, a favor do aspirante que

obtivera a puntuación total máis alta (o Tribunal cualificador non poderá facer proposta

de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas).

Calquera proposta que inclúa máis nomes que prazas convocadas ou que contradiga o

anteriormente establecido, será nula de pleno dereito.

Na acta da última sesión do Tribunal, incluirase unha relación dos aspirantes, por orde

de puntuación, que non foran incluídos na lista de aprobados e proposta de

nomeamento, a efectos de poder, se así se estima, ser contratados eventualmente,

para cubrir provisionalmente as vacantes que se produzan ou as ausencias por

aproveitamento de licenzas regulamentarias, necesidades do servizo, etc.; ou por se

fose necesario cubrir algunha baixa ou renuncia do seleccionado.

A confección desta relación de aspirantes para provisións temporais será aprobada por

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 13

a 1

8

Page 14: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

Decreto da Alcaldía e publicada no Taboleiro de Anuncios do Concello.

UNDÉCIMA.- Presentación da documentación polos aspirantes aprobados.

Os candidatos seleccionados deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello da Pobra

do Caramiñal en horario de 9:00 a 13:30, no prazo de 1 día natural (se o último día do

prazo fose inhábil, trasladarase ao primeiro hábil seguinte) dende que se faga pública

a relación de aprobados (mediante anuncio no Taboleiro do Concello) os documentos

acreditativos das condicións de capacidade e demais requisitos esixidos na

convocatoria:

- Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incapacidade ou

incompatibilidade.

De non presentarse dita documentación no prazo indicado (salvo casos de forza maior)

ou no caso de deducirse da documentación que non se reúnen os requisitos esixidos, o

aspirante non poderá ser contratado; sen prexuízo da responsabilidade en que puidese

incorrer por falsidade na súa solicitude de participación. Neste suposto, o Alcalde-

Presidente contratará ao seguinte aspirante aprobado por orde de puntuación.

DUODÉCIMA.- Formalización do contrato.

Unha vez presentada a documentación á que se refire o apartado anterior, o órgano

competente da Corporación procederá á contratación a favor do aspirante proposto

polo tribunal Cualificador e ao seu chamamento para a súa incorporación.

Será nula a contratación de quen esta incurso en causas de incapacidade específica

conforme á normativa vixente.

A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de cinco días naturais, a

contar desde a data de notificación do acordo de contratación.

Previamente á sinatura dos contratos, os aspirantes contratados deberán subscribir a

declaración á que se refire o artigo 13.1 do Real Decreto 598/1985, de 30 de abril,

sobre incompatibilidades.

Mentres non se formalice o respectivo contrato e non se incorpore ao posto de

traballo, o aspirante non terá dereito a percepción económica de ningunha clase.

DÉCIMO TERCEIRA.- Normas finais.

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 14

a 1

8

Page 15: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

Primeira.– Para todo o non previsto nestas bases, ou naquilo que as contradigan, será

de aplicación supletoria o establecido na Lei reguladora das bases de réxime local, na

Lei de administración local de Galicia, Real Decreto 896/1991, Real Decreto 364/1995,

e demais lexislación vixente que sexa de aplicación.

Segunda .– Agás a convocatoria, que se publicará segundo se establece na base 3ª, os

sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración deste proceso selectivo

faranse públicos, exclusivamente, a través do Taboleiro de Anuncios da Casa do

Concello.

Terceira .– Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da

actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma

establecidos pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.

A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo,

salvo que así o decida o órgano convocante deste.

Cuarta. – Contra as presentes bases e a Resolución que as aproba, que pon fin á vía

administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso–administrativo ante o

Xulgado Contencioso Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses (contados

dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria).

Con carácter potestativo e previo, poderá interpoñer recurso de reposición ante o

mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo dun mes (contado

dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria).

Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que considere procedente.

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 15

a 1

8

Page 16: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

Anexo I: MODELO DE INSTANCIA.

D/Dna.___________________________________________________ de _____ anos, con domicilio en ____________________________________________ nº ____, piso____C.P._______,teléfono____________________, D.N.I.___________________.

EXPÓN:

1º) Que desexo participar no proceso selectivo convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal para a selección de: (sinalar a opción)

CAPATAZ □UN PEÓN CONDUTOR □TRES PEÓNS □

2º) Que reúno todos os requisitos esixidos referidos á data de finalización do prazo sinalado para a presentación da solicitude nas Bases, que acepto e declaro coñecer, e que son certos os datos obrantes na presente instancia, comprometéndome a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Adxunto coa presente instancia, segundo dispón a Base 6ª da convocatoria:

a) Fotocopia autenticada do DNI ou documento identificativo.

b) Fotocopia autenticada dos títulos esixidos e permiso de condución.

c) Fotocopia autenticada da documentación que xustifique os méritos que se aleguen.

Por todo o exposto, SOLICITO:

SER ADMITIDO A PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA AS PRAZAS CITADAS ANTERIORMENTE, EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

Na Pobra do Caramiñal, ____ de ____________ de 2020.

(sinatura)

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 16

a 1

8

Page 17: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

Anexo II: Temario

Tema 1.- O Municipio: concepto e elementos. O termo municipal. Competencias e

organización municipal. Coñecemento do termo municipal da Pobra do Caramiñal:

rúas, prazas, lugares, parroquias. Coñecento dos lugares singulares do Distrito forestal

IV.

Tema 2.- A defensa contra os incendios forestais en Galicia. Os distritos forestales A

rede de radio. O manexo dos equipos de comunicación. A recollida inicial de datos. A

transmisión de datos dun lume.

Tema 3.- O lume forestal, característicase o seu comportamento. Accións básicas de

extinción. A taque directo e indirecto. O final dos lumes.

Tema 4.- A Prevención de incendios. Accións de prevención. Ferramentas de ataque e

prevención. A maquinaria lixeira. O equipamento na loita contra os lumes.

Tema 5.- A conducción dun vehiculo todoterreo. A estiba das ferramentas. A

conducción hacia o lume, aproximación e estacionamento do vehículo.

Tema 6.- A seguridade do persoal en labores de prevención e extinción. Riscos,

medidas preventivas e normas de seguridade. Prevención de accidentes.

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 17

a 1

8

Page 18: Concello da Pobra do Caramiñal · Concello da Pobra do Caramiñal Expediente: 1381/2020 Asunto: Proceso selectivo para a selección, en réxime laboral temporal, dun Capataz, un

Concello da Pobra do Caramiñal

Concello da Pobra do CaramiñalR/ Gasset, 28, A Pobra do Caramiñal. 15940 (A Coruña). Tfno. 981843280. Fax: ---

Cod

. Val

idac

ión:

4P2

5A62

6966

PFM

Z3D

JX7A

9JXQ

| C

orre

cció

n: h

ttps:

//apo

bra.

sede

lect

roni

ca.e

s/

Doc

umen

to a

sina

do e

lect

roni

cam

ente

des

de a

pla

tafo

rma

xest

iona

esP

ublic

o | P

áxin

a 18

a 1

8