Comarca Os Ancares

129
OS ANCARES A NATUREZA

Transcript of Comarca Os Ancares

Page 1: Comarca Os Ancares

OS ANCARES A NATUREZA

Page 2: Comarca Os Ancares

A comarca dos Ancares está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atravesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas e de especies), e culturais.

Serra dos Ancares no inverno: Tres Bispos, Penarrubia e serra das Maseiras co val do rego da Vara.

Page 3: Comarca Os Ancares

SUPERFICIE: 1.048,7 km2

POBOACIÓN: 13.350 habitantesCONCELLOS: Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.ESPAZOS PROTEXIDOS:LICs “Os Ancares O Courel” e “Cruzul-Agüeira”.Os Ancares lugueses e os montes de Navia foron declarados Reserva da Biosfera pola UNESCO, en outubro de 2006.

Page 4: Comarca Os Ancares

CLIMAOceánico de montaña con invernos moi fríos e veráns frescos.

Page 5: Comarca Os Ancares

Mecer na serra do Pando. Vista desde o alto do Cieiro. O vapor de auga que se condensa e descende de nivel ao baixar as temperaturas polas noites forma pola mañán masas de nubes das que sobresaen cumes.

Page 6: Comarca Os Ancares

ACTIVIDADESAgrogandaría, forestal, pequenas industrias, servizos, turismo...

Queixo do Cebreiro

Page 7: Comarca Os Ancares

HISTORIA e PATRIMONIOA pesar do seu relevo accidentado son áreas habitadas desde a prehistoria como o atestiguan os numerosos restos arqueolóxicos atopados. Conserva un rico patrimonio histórico-artístico (castros, igrexas, castelos...) e etnográfico (pallozas, hórreos, núcleos tradicionais, pontes, alvarizas, muíños, folclore...).

Capela e castro de Santa María do Castro (Cervantes )

Page 8: Comarca Os Ancares

Igrexa de Nullán (As Nogais)

Igrexa de Noceda (As Nogais)

Page 9: Comarca Os Ancares

Igrexa de Torés (As Nogais)

Igrexa de Berselos (Baralla)

Page 10: Comarca Os Ancares

Igrexa de Santo André das Nogais

Page 11: Comarca Os Ancares

Igrexa de San Martiño de Neira de Rei (Baralla)

Igrexa de San Miguel de Ponte Neira (Baralla)

Page 12: Comarca Os Ancares

Igrexa de Cadoalla (Becerreá)

Page 13: Comarca Os Ancares

Igrexa de Ouselle (Becerreá) Igrexa de Eixibrón (Tortes, Becerreá)

Page 14: Comarca Os Ancares

Igrexa de San Tomé da Cancelada (Cervantes)

Igrexa de Vilapún (Cervantes)

Page 15: Comarca Os Ancares

Igrexa de Dorna (Cervantes)

Igrexa de Donís (Cervantes)

Page 16: Comarca Os Ancares

Igrexa de Hospital (Pedrafita do Cebreiro)

Page 17: Comarca Os Ancares

Castelo de Doiras (Cervantes)

Torre de Doncos (As Nogais)

Page 18: Comarca Os Ancares

Torre de Tores (As Nogais) Igrexa de

Page 19: Comarca Os Ancares

Pazo de Doncos (As Nogais)

Pombeiro en Doncos (As Nogais)

Page 20: Comarca Os Ancares

Muíño en Penamaior (Becerreá)

Muíño en Pontes de Gatín (Liber, Becerreá)

Page 21: Comarca Os Ancares

CONCELLOS

SUPERFICIE: 141,10 km2

POBOACIÓN: 2.774 habitantes (2014)PARROQUIAS: Aranza (Santiago), Arroxo (San Xoán), Baralla (Santa Mª Madalena), Berselos (San Martiño), Costantín (Santa María), Covas (Santiago), Ferreiros (San Pedro), Francos (San Salvador), Guimarei (San Tomé), Laxes (San Pedro), Lebruxo (San Tomé), Lexo (San Xoán), Pacios (Santa María), Pedrafita de Camporredondo (San Xoán), Penarrubia (Santa María), Piñeira (San Salvador), Pol (Santa María), Pousada (Santiago), Recesende (San Cirilo), Riba de Neira (Santalla), San Martín de Neira de Rei (San Pedro), San Miguel de Neira de Rei, Sixirei (San Pedro), Sobrado de Picato (Santa Cruz), Vale (San Xurxo), Vilachambre (Santa Mariña), Vilarpunteiro (Santa Marta), Vilartelín (Santa Eufemia). O río Neira no val de

Neira de Rei.

BARALLAEstá situado no oeste da comarca, no val do río Neira que atravesa o territorio do concello de NE a SO. O territorio é moi irregular. Unha grande parte é montañoso: ao norte os últimos cumes da serra do Puñago, ao leste a de Vilamane e ao sur a Pena do Pico. A máxima altura é o monte Labrada con 900 m. O Neira circula nun primeiro tramo encaixado (vales de Neira de Rei e Baralla) nunha fractura entre lousas, xistos e cuarcitas, e máis abaixo ábrese formando o val de Xusá.

Page 22: Comarca Os Ancares

Casa e hórreo en San Martiño de Neira de Rei.

As principais actividades son a agrogandaría e os servizos.Conserva importantes valores naturais, etnográficos e histórico-artísticos na contorna do río Neira e os seus afluentes: bosques de ribeira, carballeiras, pontes, muíños, ferrerías, arcas para a pesca de anguías, igrexas, casas, pazos, hórreos... Hai sinalizadas varias rutas que percorren os lugares de maior interese do concello.

Page 23: Comarca Os Ancares

SUPERFICIE: 172,01 km2 POBOACIÓN: 2.987 habitantes (2015)PARROQUIAS: Agüeira (San Xoán), Armesto (San Román), Becerreá (San Xoán), Cadoalla (San Pedro), Cascallá (Santa María), O Cereixal (San Xosé), Cruzul (San Martiño), Ferreirós de Valboa (Santa María), Fontarón (Sancti Spiritus), Furco (San Xoán), Guilfrei (Santa Eulalia), Guillén (San Pedro), Liber (San Remixio), Morcelle (San Xulián), Ouselle (San Cosme), Ousón (Santo Adrao), Pando (San Xoán), Penamaior (Santa María de San Lourenzo), Quintá de Cancelada (Santa Eulalia), Sevane (San Xoán), Tortes (San Pedro), Veiga (Santa Mariña), Vilachá (San Pedro), Vilaíz (Santiago), Vilamane (Santa María), Vilouta (Santa Mariña).

Becerreá un día de inverno. Detrás a serra da Pena do Pico.

BECERREÁEstá situada no centro norte da comarca, na marxe esquerda do río Navia. O territorio é montañoso e descende pouco a pouco cara ao val do Navia que fai de linde polo leste cos concellos de As Nogais e Cervantes. Ao norte atópanse as serras de Calamouco, Portelo, Restelo e Vilamane, ao sur a Pena da Hedra e Albela, e ao oeste a Pena do Pico. O cume máis alto é o Pico da Pena con 1.182 m.O Navia é o río principal e recibe en Becerreá ao San Martiño, Narón e Ferreiros.

Page 24: Comarca Os Ancares

Santa María de Penamaior, románica

do século XII, resto dun antigo mosteiro.

Declarado Ben de Interese Cultural.

Fronte á igrexa atópase un muíño.

As principais actividades son a agrogandaría (especialmente o gando vacún de leite), a forestal e os servizos. A vila de Becerreá é a capital municipal e comarcal e concentra a maioría dos servizos. Acolle importantes valores naturais arredor dos ríos e nas serras. Dentro do territorio do concello está protexido o LIC “Cruzul-Agüeira” e o linde do LIC “Os Ancares O Courel”, que afecta ao curso do río Navia.Tamén conserva un rico patrimonio etnográfico e histórico artístico: pontes, muíños, igrexas, mosteiros, castros...

Page 25: Comarca Os Ancares

CERVANTESEstá situado no extremo oriental da comarca e da provincia de Lugo, no linde con León, na marxe dereita do río Navia.O relevo vai gañando altura desde o val do Navia cara ao leste ata a liña de Cumes dos Ancares onde se atopa a máxima cota (Mostallar, con 1.924 m). Os sistema fluvial está artellado arredor do Navia que recibe varios afluentes que baixan da serra dos Ancares e as súas estribacións: Ser, Castro, Cervantes...

Xantes.

SUPERFICIE: 277,6 km2 POBOACIÓN: 1.487 habitantes (2015)PARROQUIAS: Ambasvías (Santalla),Castelo (San Pedro), O Castro (Santa María), Cereixedo (Santiago), Donís (San Fiz), Dorna (Santa María), Lamas (San Xiao), O Mosteiro (San Xoán), Noceda (San Pedro), O Pando (Santa María), Quindous (San Xusto), A Ribeira (San Martín), San Pedro de Cervantes,San Román de Cervantes, San Tomé de Cancelada, Vilapún (Santa Comba),Vilaquinte (San Breixo), Vilarello (Santa María), Vilasante (Santiago), Vilaspasantes (San Xoán), Vilaver (San Xusto).

Page 26: Comarca Os Ancares

É un concello de montaña eminentemente rural cunha poboación moi avellentada e unha alta taxa de emigración. As principais actividades son a agrogandaría (especialmente gando vacún) e as explotacións forestais. Recentemente están adquirindo importantacia os servizos asociados ao turismo.É un concello cuns grandes valores naturais (fragas, formacións xeolóxicas, especies animais e vexetais raras ou únicas...) e etnográficos (pallozas, hórreos, asentamentos de montaña...).Unha grande parte do territorio está protexido no do LIC “Os Ancares O Courel” e forma parte da Reserva da Biosfera “Os Ancares”.

Piornedo.

Page 27: Comarca Os Ancares

SUPERFICIE: 242,54 km2 POBOACIÓN: 1.211 habitantes (2015) PARROQUIAS: Barcia (San Miguel),Cabanela (Santa María), Castañedo (Santiago), Folgueiras (Santa Eufemia),Freixís (San Pedro), Galegos (Santiago),Moia (Santiago), Mosteiro (San Salvador), Muñís (San Xosé), Penamil (Santiago), Pin (Santa María), A Proba de Navia (Santa María Madanela),Queizán (Santiago), Rao (Santa María), A Ribeira (Santo Estevo), Ribón (Santa Mariña), Son (Santa María), Vallo (Santa Mariña), Vilarpandín (Santo Estevo).

A Pobra de Navia de Suarna. No centro o castelo e a “Ponte Vella”, unha ponte medieval sobre o Navia, de posible orixe romana.

NAVIA DE SUARNASituada ao nordeste da comarca, no linde con Asturias e A Fonsagrada. O territorio pode considerarse, na súa maior parte, de alta montaña. Está ocupado por serras separadas por profundos vales dos ríos que aproveitan as fracturas do terreo. O Val do Navia atravesa o concello de SO a NE e recibe numerosos afluentes: Ser, Mingueiro, Vilarpandín, Moia e Rao, pola dereita; Queizán e Mosteiro pola esquerda. Ao norte atópanse as serras da Mora e A Bara; ao oeste Restelo, Pedruñais e Pedreo; ao sur Murias e Corneantes; e ao leste Ancares, Brañal, Surcio e Barreiro. O cume máis alto do concello é o Tesón, con 1.74 m.

Page 28: Comarca Os Ancares

Castelo da Pobra de Navia de Suarna, destruído na Revolta Irmandiña e

recostruído posteriormente.

As principais actividades son as explotacións forestais, a agrogandaría (especialmente gando vacún) e os servizos. Acolle un grande patrimonio natural e etnográfico e forma parte do LIC “Os Ancares O Courel” e da Reserva da Biosfera “Os Ancares”.

Serra de Airelos e val do Rao. No centro Coro, un núcleo rural que se está rehabilitando.

Page 29: Comarca Os Ancares

Torre de Doncos situada nun resalte rochoso rodeado polo río Navia.

AS NOGAISSituado no centro-sur da comarca, Ten un relevo moi irregular con numerosas serras situadas nas dúas marxes do río Navia que atravesa o concello con dirección SE-NO nun estreito val cunha altitude media de 600-800 m. Ao norte está a serra da Pena da Hedra, ao leste Pintinidoira e A Escrita, ao sur o Rañadoiro, Piornal, A Pena e Travesa, e ao oeste o monte Albela, no linde con Triacastela (comarca de Sarria). O cume máis alto é o Alto do Poio, con 1.415 m.

SUPERFICIE: 110,31 km2 POBOACIÓN: 1.191 habitantes (2015).PARROQUIAS: A Alence (santa Lucía), Doncos (Santiago), Noceda (San Xoán), As Nogais (santa María Madanela), Nullán (San Cosmede), Quintá (San Pedro), Santo André, Torés (San Xoán) e Vilaicente (San Xoán).

Page 30: Comarca Os Ancares

Vista do territorio das Nogais desde os cumes do Rañadoiro, no linde con Pedrafita.

É un concello de montaña eminentemente rural, con pequenos núcleos de poboación e atravesado polas principais vias de comunicación de Galiza coa Meseta.As principais actividades son as explotacións forestais, a agrogandaría e a mineiría.Acolle importantes valores naturais nas serras e nos vales dos ríos e un variado patrimonio histórico-artístico e etnográfico: castelos, pazos, muíños, pontes...O curso do río Navia está protexido no LIC “Os Ancares O Courel”.

Page 31: Comarca Os Ancares

SUPERFICIE: 104,87 km2

POBOACIÓN: 1.119 habitantes (2015).PARROQUIAS: O Cebreiro (Santa María), Fonfría (San Xoán), Hospital (San Xoán), Liñares (Santo Estevo), Lousada (San Vicente), Louzarela (San Xoán), Pacios (San Lourenzo), Padornelo (San Xoán), Pedrafita do Cebreiro Santo Antón), Riocereixa (santa María Madanela), Veiga de Forcas (Santa María) e Zanfoga (San Martiño).

Igrexa de Santa María a Real, no Cebreiro. Formou parte dun mosteiro fundado no século IX que tivo gran importancia como institución hospitalaria no Camiño Francés da Ruta Xacobea. O edificio do antigo hospital está convertido en hospedería.

PEDRAFITA DO CEBREIROEstá situado no sur da comarca, nun terreo de transición entre as serras dos Ancares e O Courel e nun lugar natural de paso entre as serras orientais galegas e as rutas á Meseta.O relevo é moi irregular e está profundamente dividido por fallas aproveitadas polos ríos para escavar os seus vales. A norte está a serra do Piornal; ao leste os Montes de Pedrafita, o Chao da Poza (1402 m), A Pena e A Travesa; ao sur a serra do Courel (O Faro, 1.621 m); e ao oeste o Rañadoiro. O territorio de Pedrafita é punto de separación das vertentes do Navia, cara ao norte, e os Lor e o seu afluente o Lóuzara, cara ao sur.

Page 32: Comarca Os Ancares

Pedrafita cos Ancares ao fondo.

As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal e os servizos, en especial o turismo asociado á natureza e ao Camiño de Santiago, que atravesa o concello e ten no Cebreiro un dos seus referentes máis destacados.Acolle un importante patrimonio natural, etnográfico e histórico-artístico. Parte do curso do Navia está protexido no LIC “Os Ancares O Courel”.

Palloza no Cebreiro

Page 33: Comarca Os Ancares

RELEVOO territorio da comarca dos Ancares é unha sucesión de serras interrumpidas por fracturas e vales fluviais encaixados con predominancia de xistos e lousas e algunhas bandas de cuarcitas.A serra máis importante é a dos Ancares, que fai de linde, na liña de cumes con orientación norte-sur, coa provincia de León. Entre ela e o val do Navia esténdese unha sucesión de serras menores: Barreiro, Surcio, Liñares, Brañal, Granda de Arroxo, Fiosa, Pando, Maseiras e Escrita. Na marxe esquerda do Navia atópanse, de norte a sur, as serras da Mora, Bara, Pedruñais, Portelo, Vilamane, Calamouco, Pena do Pico, Pena da Hedra, Piornal e Rañadoiro. Ao sur da comarca, en terras de Pedrafita do Cebreiro atópanse as últimas estribaciónas cara ao norte da serra do Courel.

Os Ancares desde Becerreá. A altitude dos Ancares,ademais de facelos visibles desde todas as áreas da contorna, é a consecuencia de que sobre eles se manifesten, antes que en ningunha outra zona, as variacións climáticas.

Page 34: Comarca Os Ancares

En xeral son serras de cumes erosionados e ladeiras abruptas que se corresponden cun antigo bloque desgastado e posteriormente erguido pola Oroxenia Alpina no que máis tarde a actividade glaciar e fluvial escavou profundos vales de paredes con grandes desniveis.

Vista desde o alto do Murallón (serra do Rañadoiro). No primeiro plano as serras de Pional e Pena da Hedra e ao fondo Os Ancares.

Page 35: Comarca Os Ancares

Faial de Fonteformosa, nas abas do Faro (Pedrafita do Cebreiro), o faial máis puro de Galiza.

Nestas serras consérvanse formacións vexetais de grande valor ecolóxico: matogueiras, fragas, acibeirais, carballeiras, bidueirais, soutos... e unha rica flora e fauna asociadas entre as que se atopan numerosos endemismos e especies en perigo de extinción.

Page 36: Comarca Os Ancares

Piñeiro Rubio (Pinus silvestris), especie empregada en plantacións forestais.

O capudre ou carnabudo (Sorbus aucuparia) é unha árbore típica das montañas. Cóbrese de flores a finais da primavera e os seus froitos vermellos atraen aos paxaros durante o outono.

Page 37: Comarca Os Ancares

Acibeiral na Fraga da Cabanavella.

Froitos de acivro (Ilex aquifolilium), Os acivros medran como sotobosque nas fragas e carballeiras e ás veces forman bosques monoespecíficos en zonas de altura moi illadas. Son importantes para o mantemento da vida na zona. A persistencia das follas crea núcleos libres de neve e os froitos, que se manteñen na árbore ata o inverno e no chan durante moito tempo, son o principal alimento do que dispoñen moitos animais nos momentos máis duros do inverno.

Page 38: Comarca Os Ancares

Flores de arandeira (Vaccinium myrtillus). Lilium martagon

Page 39: Comarca Os Ancares

Uvas de can (Cornus sanguinea), arbusto de follas ovais que se volven encarnadas no outono. Atópase nas sebes e beirais do bosque en zonas calcárias.

A herba do pobre (Clematis vitalba) en Galiza aparece sempre asociada ás rochas calcarias.

Page 40: Comarca Os Ancares

Liques Eryngium duriaei

Page 41: Comarca Os Ancares

Vista xeral da Serra dos Ancares desde a serra de Vilamane.O territorio que se coñece co nome dos Ancares chamábase antes Serra dos Picos e Montes de Cervantes. O nome de Ancares aplicóuselle a partir da xeralización do topónimo do Val de Ancares, en terreos do Bierzo leonés.

SERRA DOS ANCARES É a prolongación cara ao Oeste da Cordilleira Cantábrica que se extende en dirección NNE a SSO formando unha cadea rectilínea de aspecto macizo de 30 km de lonxitude entre o porto dos Ancares e Pedrafita do Cebreiro e que separa administrativamente Galiza (concello de Cervantes) do Bierzo. Está limitada polo río Navia no oeste, as cabeceiras dos ríos Cua, Burbia e Ancares, polo leste e as estribacións da serra do Courel cara ao sur. As rochas máis abundantes son as lousas do Paleozoico, posteriormente pregadas na Oroxenia Hercínica, que lle confiren un perfil suave, mesturadas con cuarcitas, areíscas e granitos de dúas micas.

Page 42: Comarca Os Ancares

Na vertente leste dos Ancares nacen os ríos que van á cunca do Sil e na oeste os da cunca do Navia (Ser, Rao...).A serra dos Ancares ten un grande interese xeolóxico, biolóxico e etnográfico.Forma parte do LIC “Ancares-Courel”, e da ZEPA e Reserva da Biosfera “Os Ancares” Pódese acceder desde Navia de Suarna, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro ou Ambasmestas. Numerosas rutas permiten percorrer os lugares de maior interese e facer travesías polos cumes conectando coas dos Ancares Leoneses.

O Mostallar. O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León. Na parte galega o máis alto é o Mostallar, na fronteira, con 1.924 m.

Page 43: Comarca Os Ancares

Penarrubia, con 1.826 m. Nas súas abas consérvanse unhas das mellores fragas de Galiza (bosques de Brego e Fieiro) e a lagoa de Ferrón.

Page 44: Comarca Os Ancares

Na partes altas da serra dos Ancares consérvanse vales de orixe glaciar nos que se poden observar diferentes mostras das glaciacións (morrenas, vales en forma de artesa), como no Val de Tres Bispos, val de Bous en Piornedo, Cancelada, Suárbol...

Vista desde o Mostallar sobre o val glaciar de Piornedo

Morrenas en Piornedo. No val de Piornedo (val de Bous) houbo un glaciar de 6 km de lonxitude e 180 m de espesor.

Corte do solo onde se aprecian os distintos materiais transportados en períodos de xeo-desxeo.

Page 45: Comarca Os Ancares

Circo glaciar de Tres Bispos, cabeceira do Ortigal, afluente do Ser.

Page 46: Comarca Os Ancares

Nas zonas baixas dos vales e ata os 1.500 m de altitude medran bosques caducifolios de enorme valor ecolóxico. Nas abas soleadas están formados por cerquiños e nas sombrías de carballos acompañados de carbas, abelairas, freixos, capudres, teixos, pradairos e acivros. Atópanse 20 endemismos de plantas da área cantábrica Campanula cantabrica, Gentiana lutea, subsp. aurantiaca, Iris latifolia, Juniperus nana, Vaccinium uliginosum...)

O avesedo de Donís, situado no val do Ortigal foi o bosque máis grande de Galiza. Durante moitos anos talose madeira de carballo e carba, para as travesas de ferrocarril e a construción naval. Os avesedos son bosques que medran nas abas sombrizas (avesías) orientadas ao norte.

Interior dunha fraga camiño de Penarrubia.

Page 47: Comarca Os Ancares

Nas partes altas da serra aparecen bidueiros acompañados de piornos, xenebreiros, e xensás. O mato está formado por carqueixas, uces e arandeiras. Tamén hai áreas de pradeiras subalpinas e algunhas turbeiras. A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo, entre as que destaca o oso pardo, a lebre de piornal, o bufo real, a charrela...

Pinguicula lusitanica.Nas áreas achairadas dos cumes máis altos abondan as turbeiras onde se poden atopar especies adaptadas aos solos pobres que se alimentan de insectos como as pinguicolas e as rorelas..

Iris latifolia Ranunculus platanifolius

Page 48: Comarca Os Ancares

Narcisos (Narcissus pseudonarcissus) no Campo Formoso (Val do Ortigal)

Page 49: Comarca Os Ancares

Víbora de Seoane (Vipera seoanei cantabrica). Endémica do norte peninsular que en Galiza só se atopa nos Ancares, Courel e Trevinca.

Page 50: Comarca Os Ancares

Vista da serras da Fiosa e a Cortella (ao fondo) no primeiro plano Xantes, na beira da serra do Agulleiro.

SERRA DA CORTELLAPequeno macizo con dirección oeste-leste rodeada polo norte polo rego de Ribón. O cume máis alto é o Sete Carballos con 1.228 m de altitude. Accedese desde Vilar de Mouros.

Page 51: Comarca Os Ancares

SERRA DA FIOSAEsténdese con orientación N-S, con prolongación cara á serra da Cortella, ao oeste, e do Vilar, ao noroeste. Accedese desde San Román de Cervantes ou Quindous. O punto máis alto é o Monte da Fiosa, con 1.422 m.Accedese desde a estrada de Cervantes (San Román) a Degrada.

Monte da Fiosa (á esquerda) e Pena do Santo.

Vista da serra da Fiosa desde o alto de Boixecide, a carón do Albergue dos Ancares.

Page 52: Comarca Os Ancares

Serra das Maseiras despois dunha nevada. Detrás vese Penarrubia.

SERRAS DO PANDO E MASEIRASÉ un sistema montañoso que se pode considerar como unha das estribacións dos Ancares, con orientación NE-SO. O punto máis elevado é o monte Fieiró de Deva, con 1.643 m. Está rodeada polos regos da Vara e Brego (afluentes do Cancelada-Cervantes).Accedese desde Cereixedo, Pando e Deva. Unha ruta que sae do Albergue dos Ancares permite percorrer as fragas do rego da Vara e continuar cara a Penarrubia. Desde Doiras, por Vilanova do Pedregal sae outra ruta que chega a Penarrubia e pasa polo rego de Brego. Serra do Pando. Ao fondo

Tres Bispos (á esquerda) e Penarrubia (á dereita).

Page 53: Comarca Os Ancares

Vista da Serra das Maseiras co val do rego da Vara desde o camiño a Tres Bispos. Nas abas consérvanse unhas das fragas máis importantes dos Ancares.

Cereixido e detrás a serra do Pando.

Page 54: Comarca Os Ancares

SERRA DE GRANDA DE ARROXO E VILAREsténdese con dirección SO-NO entre os ríos de Quindous e Ser. O cume máis alto acada 1.278 m no contacto coa serra da Fiosa. Accedese desde Quindous por Vilarín ou desde Vilar.

Page 55: Comarca Os Ancares

Serra do Vilar

Page 56: Comarca Os Ancares

Vista da serra de Agulleiro e Villous no inverno.

SERRAS DE AGULLEIRO E VILLOUSEsténdense con dirección SO-NO desde Os Ancares ata o río das Pontes. Está rodeada polos regos Ortigal e Piornedo. Os cumes máis altos son o Agulleiro con 1.693 e a Golada da Toca con 1.598 m. Conserva restos de acción glaciar nas súas abas en forma de penedos aliñados.Accedese desde Vilarello ou Piornedo. Unha ruta que segue o río Piornedo sube aos cumes onde se poden atravesar fragas e acibeirais.

Page 57: Comarca Os Ancares

SERRAS DE MURIAS E DO BRAÑALEsténdense con orientación NE-SO entre os regos de Balouta e Murias. O punto máis alto é o Teso de Sobreporeiras, con 1.252 m.Accedese desde Navia de Suarna pola estrada de Murias. Unha ruta segue a serra, pasa polo penedo de Murias e as Brañas de Pan de Zarco e sae na Cruz de Cespedosa.

Vista da zona de Murias de Rao. De esquerda a dereita: o canón do Rao, a serra do Brañal co Penedo de Murias e a serra de Airelos.

Page 58: Comarca Os Ancares

Vista das Brañas de Pan de Zarco, nos cumes da serra do Brañal.

Cabanas na Alzada de Pan de Zarco. As Alzadas eran lugares de pastoreo no verán. As cabanas estaban acondicionadas para residir na tempada de verán mentres se coidaba do gando na montaña.

Penedo de Murias de Rao, con 1.027 m de altura. Este impresionante penedo de cuarcitas sobresae á beira do camiño de Murias de Rao ás Brañas de Pan de Zarco.

Page 59: Comarca Os Ancares

Pico do Surcio. Na chaira que se ve á dereita da imaxe conflúen Galiza, Asturias e León.

SERRA DE SURCIONo límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur nace o río Rao ou Balouta (afluente do Navia), que forma un profundo canón de grandes paredes verticais de cuarcita, entre esta serra e a do Brañal. A máxima altura é o Pico de Surcio, con 1.456 m. Accedese desde Navia de Suarna, pola estrada de Rao.

Page 60: Comarca Os Ancares

A serra do Barreiro está cuberta de mato agás nos fondos dos vales e nas proximidades dos lugares habitados.

SERRA DE BARREIROSituada no límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE, formada por lousas e cuarcitas. A máxima altura é o Dangoleo, con 1.181 m. Na vertente sur nacen pequenos ríos afluentes do Rao. Accedese desde Navia de Suarna.

Page 61: Comarca Os Ancares

Serra de Louxas cos Ancares ao fondo.

SERRA DE LOUXASCon orientación E-O, en terreos dos concellos de A Fonsagrada e Navia de Suarna. O punto máis alto é A Louriña, con 912 m. Ten formas suaves e achairadas, aproveitadas en grande parte para pastos e outros cultivos.Accedese desde a estrada de Navia de Suarna á Fonsagrada, ou pola do Cereixal a Asturias, que percorre os cumes.

Page 62: Comarca Os Ancares

Vista desde o cume do Restelo cara á serra de Louxas.

MONTE RESTELOÉ o cume dun sistema de serras radiais que perden altura cara ao vales do Navia e o Suarna. Pola súa posición é un magnífico miradoiro sobre as serras dos Ancares, A Fonsagrada e Becerreá.

Page 63: Comarca Os Ancares

Bidueiros na serra do Portelo.

SERRA DO PORTELOSituada no concello de Becerreá, con orientación NO-SE. O punto máis alto é o Portelo, con 938 m. Accedese pola estrada do Cereixal (Becerreá) a Fontaneira.

Page 64: Comarca Os Ancares

Serra de Vilamane. Ao fondo Os Ancares.

SERRA DE VILAMANESituada ao sur da serra do Portelo, coa mesma orientación. O monte máis alto é o Lago, con 1.046 m. Na vertente oeste nacen varios afluentes do Navia.Accedese desde O Cereixal (Becerreá) pola estrada que vai á Fonsagrada.

Page 65: Comarca Os Ancares

SERRA DE PUÑAGOXunto coa da Vaqueriza e Miradoiro, separadas por pequenas diferenzas de cota, forman unha liña recta contínua, con orientación N-S, na que apenas se diferencian os cumes.Están formadas por faixas concéntricas de pelitas, cuarcitas, calcárias e areíscas. O punto máis alto é o Lagua, con 945 m. Accedese desde a estrada de Baralla a Meira. Vista do conxunto das serras,

O Puñago á esquerda e a Vaqueriza á dereita.

Detalle da serra do Puñago, na que se aprecian os distintos aproveitamentos do monte.

Page 66: Comarca Os Ancares

Nas partes baixas da serra do Calamouco consérvanse carballeiras e nas altas monte baixo e plantacións de piñeiros.

SERRA DE CALAMOUCOEsténdese con orientación norte-sur a continuación da serra de Vilamane en terreos do concello de Becerreá. O cume máis alto é o Castiñeira, con 896 m.Accedese desde Becerreá.

A serra do Calamouco está atravesada poloa autovía A Coruña-Benavente que salva os desniveis por medio de túneis e viadutos.

Page 67: Comarca Os Ancares

Vista da cara sur da Pena do Pico.

SERRA DE PENA DO PICOEsténdese en dirección N-SO en terreos do concello de Becerreá. Está formada por xistos e cuarcitas e a máxima altura é o Monte da Pena, con 1.182 m. Nas súas abas consérvanse boas carballeiras. Accedese desde Becerreá, pola estrada de Láncara.

Page 68: Comarca Os Ancares

Aciñeiral de Cruzul, na aba sur do Serrón da Pena da Hedra sobre unha formación de rochas calcárias.

SERRÓN DE PENA DA HEDRAEsténdese con orientación NO-SE, en terreos de Becerreá e As Nogais. O punto máis alto é O Figueiro, con 1.046 m. Nas súas abas atópase o espazo “Cuzul-Agüeira” onse se conservan fragas mixtas, soutos e aciñeirais de grande valor ecolóxico.Accedese desde As Nogais ou Becerreá.

Pena da Hedra (aba sur)

Page 69: Comarca Os Ancares

Vista da Serra do Piornal desde O Cebreiro.

SERRA DO PIORNALSituada no norte do concello de Pedrafita do Cebreiro, con orientación NO-SE e limitada polo val do Navia ao nordeste. O monte máis alto é o Carballeda, con 1.392 m.Accedese desde As Nogais ou desde Pedrafita.

Page 70: Comarca Os Ancares

Val do Navia, limitado pola dereita por un grupo de pequenas serras: Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita. Polas abas destas serras discorren as vías de comunicación de A Coruña e Lugo coa meseta. Ao fondo á esquerda o monte Carballeda (1.392 m) da serra do Piornal. A altitude máxima é o Chao de Pereira con 1.256 m.

Page 71: Comarca Os Ancares

Serra do Rañadoiro desde Hospital.

SERRA DO RAÑADOIROSituada entre As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, con orientación NO-SE. O punto máis alto é a Muralla, con 1.480 m. Na vertente sur nace o río Lóuzara que vai cara ao Courel a xuntarse co Lor. Accedese desde Pedrafita (O Cebreiro) ou Triacastela.

Page 72: Comarca Os Ancares

Vista xeral do Cebreiro.Está situado a nas estribacións da serra do Rañadoiro 1.300 m de altura, entre os montes Pozo de Area (1.394 m) e o Chan da Poza (1.402). É unha zona de transición entre as serras de Ancares e O Courel.

Page 73: Comarca Os Ancares

Devesa de Zanfoga e serra do Courel.

SERRA DO COURELOrientada en dirección NE-SO, separada do sistema de serras dos Ancares pola serra do Rañadoiro. As últimas estribacións cara ao norte están no concello de Pedrafita do Cebreiro, no linde coa provincia de León. As principais alturas nesta comarca son O Faro, con 1.615 e o Pico Grande, con 1.544.Os materiais que a forman son moi variados, principalmente lousas e xistos, e, en menor cantidade cuarcitas, areíscas e calcarias. Destaca polas devesas e faiais que se conservan nas súas ladeiras: devesa de Zanfoga e Riocereixa e faial de Fonteformosa. Accedese desde O Cebreiro ou Hospital. Unha pista de montaña segue os cumes e sae no Formigueiros, nun dos accesos á Devesa de Rogueira.

Page 74: Comarca Os Ancares

OS RÍOSA rede fluvial da comarca dos Ancares está dividida en dúas polas serras do Rañadoiro e Piornal. O Navia (que desemboca no Cantábrico, en Asturias) circula cara ao norte e recolle as augas dos numerosos afluentes que baixan do complexo sistema de serras que rodean as súas marxes. Cara ao sur circulan o Lor e o seu afluente o Lóuzara que recollen as augas dos montes de Pedrafita e van verter ao Sil. O Neira recolle as augas das serras do noroeste e xúntase ao Miño nas proximidades de Portomarín.

Rego das Pasadas, afluente do Ser.

Río Piornedo ou de Bous ao pé do Mostallar.

Page 75: Comarca Os Ancares

En xeral os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera, e percorridos encaixados e con grandes desniveis nos que abondan as pozas, rápidos e fervenzas. Na súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico patrimonio etnográfico: pontes, muíños, caneiros, mazos...

Val do río Ortigal, unha das cabeceiras do Ser (afluente do Navia).

Page 76: Comarca Os Ancares

Val do Navia desde O Cebreiro. O río, a pouco do seu nacemento, corre por un val limitado pola serra do Piornal, á esquerda e polas serras Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita, á dereita.

RÍO NAVIANace no monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km por territorio galego, métese en Asturias e desemboca na ría de Navia. Aínda que a maior parte da cunca se extende por Asturias, este río recolle as augas das altas montañas luguesas das comarcas do Cebreiro, Ancares e Fonsagrada. O seu percorrido é encaixado e con constantes cambios de dirección por vales fondos e estreitos. Ten un forte caudal de augas procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da fusión das neves caídas nos picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata finais da primavera. Varios tramos forman parte do LIC “Ancares-Courel”.

AFLUENTES DO NAVIA NA COMARCA:Pola dereita: Valdeparada, Cervantes (Casas ou Cancelada-Toural, Noceda, Brego, Vara-), Quindós, Ser ou Ortigal, Vilapardín, Canlorcia, Rúa, Rao ou Valouta. Pola esquerda: Bullón (Refuxiados), Narón ou Ferreiros, Calamouco, Vilaiz, Donsal, Bullán, Gueizán, Mosteiro e Suarna (Lamas- Castelo, Córneas, Castosa, Ransinde-).

Page 77: Comarca Os Ancares

O Navia en Agüeira (Becerreá)

“Ponte Vella” sobre o Navia na Pobra de Navia de Suarna.

Muíño no río Ferreria (afluente do Narón) en Becerreá.

Río Narón en Cruzul.O NARÓN é un afluente do Navia que discorre polo concello de Becerreá. Fórmase pola confluencia de varios regueiros que nacen nas serras de Pena do Pico e Pena da Hedra, o máis importante é o Ferreiros.

Page 78: Comarca Os Ancares

Ponte de Gatín sobre o Navia (Liber, Becerreá)

Page 79: Comarca Os Ancares

RÍO SER. Fórmase con numerosos regos que baixan dos Ancares e das serras próximas. Nun comezo chámase rego das Pontes. Xúntase co Navia en Souto.

Val do Ser

Page 80: Comarca Os Ancares

Fervenza no rego de Boixecide, un afluente do Ortigal. Salva un desnivel en cuarcitas de 6-7 m de altura en dous saltos

RÍO ORTIGAL. É unha das cabeceiras do Ser (Navia). Ten un percorrido con numerosos rápidos e fervenzas.

Page 81: Comarca Os Ancares

O REGO DE BOUS OU DE PIORNEDO nace no Penalonga e desemboca no río das Pontes (cabeceira do Ser que á súa vez vai ao Navia). En todo o seu percorrido forma varias fervenzas de pequeno tamaño, pozas e rápidos. Pódense observar na ruta que vai de Piornedo ao Mostallar, na estrada de Campo da Braña a Piornedo (un pouco antes de Donís) ou na desembocadura cando se xunta co río das Pontes.

Pontella sobre o río Piornedo no camiño do Mostallar.

Page 82: Comarca Os Ancares

FERVENZA DAS PONTES. Na parroquia de Donís (Cervantes). No rego de Bous ou de Piornedo, pouco antes de xuntarse co río das Pontes (Ser).

Page 83: Comarca Os Ancares

O RAO fórmase con varios regos que baixan das serras de Ancares, Airelos, Murias, Brañal, Surcio e Barreiro e xúntase ao Navia preto do Tabillón. Forma un val moi encaixado con rápidos, fervenzas e tobogáns de moi difícil acceso.

PESQUEIRA DE LASTROA. En Murias (Rao-Navia de Suarna). No rego de Campos, unha das cabeceiras do Murias, afluente do Rao. A fervenza vese xusto en fronte do penedo de Murias. O acceso é practicamente imposible xa que o río forma un canón con moito desnivel e varias fervenzas, rápidos e tobogáns en cuarcitas.

Canon do Rao (Navia de Suarna), entre Murias e Valouta.

Page 84: Comarca Os Ancares

O Lor en Zanfoga.

RÍO LORNace nos montes do Cebreiro e ten como cabeceiras os regatos Fonlor (que nace no Cebreiro), Fonte Grande e Brañuelas (que baixa da serra do Courel). Ten un percorrido de 50 km por terreos do Courel e desemboca no Sil en Augasmestas. Ten un curto percorrido por esta comarca, polo concello de Pedrafita do cebreiro, no seu curso alto.

Fervenza de Pontalor, nun

afluente do Lor entre Lousada

(Pedrafita do Cebreiro) e Vilela

(O Courel).

Page 85: Comarca Os Ancares

Río Neira en San Martiño de Neira de Rei (Baralla).

RÍO NEIRANace nas proximidades de Fontaneira (Baleira) e xúntase ao Miño entre os concellos de Portomarín, O Páramo e Láncara. Na comarca percorre o concello de Baralla.Recibe pola dereita o Val Pedroso, Mazuco, A Pena, Xemil, Guimarei, Basille, A Carballeira, A Aspara e O Val. Pola esquerda o Busto, Furco, O Souto, Pena do Gato, As Veigas, Cobo e Toanzos.

Mazo a carón do río Busto, un afluente do Neira, no lugar de Os Mazos (Baralla).

Page 86: Comarca Os Ancares

AS ÁRBORESNa comarca dos Ancares atópanse varias fragas representativas dos bosques naturais atlánticos (caducifolos) caracteristicos de Galiza. Son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Teñen unha estrutura complexa nas que se diferencia un estrato arbóreo, arbustivo, herbáceo e muscinal. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en menor cantidade capudres, faias, carbas, castiñeiros e especies de folla perenne como loureiros, acivros, érvedos... Ademais atópanse boas representación de acibeirais, carballeiras, soutos, aciñeirais e faiais. Algunhas áreas están repoboadas con piñeiros.En moitos lugares consérvanse exemplares monumentais de carballos, bidueiros, acivros, faias e castiñeiros.

Capudres na fraga de Penarrubia, un dos maiores

bosques dos Ancares.

Page 87: Comarca Os Ancares

Abesedo de Donís.

Page 88: Comarca Os Ancares

Fraga da Cabanavella (Os Ancares)

Page 89: Comarca Os Ancares

Devesa de Zanfoga. Situada na vertente norte de Pena Cerveira.

Page 90: Comarca Os Ancares

Devesa de Riocereixa (serra do Courel).

Page 91: Comarca Os Ancares

Faial de Fonteformosa (serra do Courel).

Page 92: Comarca Os Ancares

Faial de Liñares, situado na encosta ladeira do Alto do Penendo (serra do Rañadoiro) sobre rochas calcárias. O bosque complétano acivros, bidueiros e capudres.

Page 93: Comarca Os Ancares

Acibeiral nos Ancares.

Page 94: Comarca Os Ancares

O cultivo de castiñeiros tivo sempre unha grande importancia na comarca. A utilidade mixta do castiñeiro para madeira e castañas favoreceu o seu cultivo, que noutros tempos ocupou amplas superficies. Na actualidade segue sendo unha fonte de recursos para os habitantes da montaña.

Page 95: Comarca Os Ancares

ÁRBORES SENLLEIRASIncluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P)

A Cortella. (Becerreá).

CARBALLO (Quercus robur)

A Cortella. (Becerreá). -14 m de altura e 5,70 m de perímetro. Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (Cereixido, Cervantes). Nove exemplares de grande porte, de ata 4,7 m de perímetro. (P)Río Ortigal (P)

Page 96: Comarca Os Ancares

Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (P)

Page 97: Comarca Os Ancares

Eixibrón (Tortes, Becerreá) -6,30 m de perímetro Eixibrón (Tortes, Becerreá) -4,37 m de perímetro

Page 98: Comarca Os Ancares

Eixibrón (Tortes, Becerreá) -5,46 m de perímetro

San Martiño de neira (Baralla) -5,85 m de perímetro

Page 99: Comarca Os Ancares

Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes)

CARBA/MOURÉS (Quercus petraea)

Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes). Nas abas de Penalonga.Varios exemplares, os de máis porte acadan os 10,30 m de perímetro.As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Avesedo de Donís (Cervantes)Varios exemplares de ata 6,40 m de perímetro.Río OrtigalTeso das Valiñas (Piornedo)

Page 100: Comarca Os Ancares

As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Teso das Valiñas

Page 101: Comarca Os Ancares

Avesedo de Donís (Cervantes)

Page 102: Comarca Os Ancares

Quercus x rosacea (híbrido de carballo e carba)

Praza do Campo. (Quindous- Cervantes)-20,4 m de altura e 6,37 m de perímetro. (P)

Page 103: Comarca Os Ancares

CERQUIÑO/REBOLO (Quercus pyrenaica)

Praza do Campo. (Quindous. Cervantes).

Praza do Campo. (Quindous. Cervantes). -16,9 m de altura e 4,15 m de perímetro. (P)As Freitas (Piornedo, Cervantes)No Teso das Valiñas

Page 104: Comarca Os Ancares

CASTIÑEIRO (Castanea sativa)

Aucella (Cervantes)

Vallo (Navia de Suarna) -6 m de perímetro .A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) -6,97m de perímetro.Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)Varios exemplares de ata 8,40 m de perímetro.Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)Varios exemplares de ata 6,30 m de perímetro.Rao (Navia de Suarna), varios exemplares no souto e no centro da aldea, de ata 9,5 m de perímetro.Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes)-10, 30 m de perímetro.Verdello de Cereixedo (A Canceliña, Veiga do Seixo, Cervantes) -7 m de perímetro.Noceda(As Nogais)

Page 105: Comarca Os Ancares

Rebolos no Teso das Valiñas(Piornedo, Cervantes)

Page 106: Comarca Os Ancares

Verdello de Cereixedo Castelo de Frades

Page 107: Comarca Os Ancares

A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) Vallo (Navia de Suarna)

Page 108: Comarca Os Ancares

Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)

Page 109: Comarca Os Ancares

Rao (Navia de Suarna),

Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)

Page 110: Comarca Os Ancares

Noceda(As Nogais)

Page 111: Comarca Os Ancares

Doncos (As Nogais)- 735 e 6,28 m de perímetro

Page 112: Comarca Os Ancares

Fraga da Cabana Vella

ACIVRO/XARDÓN (Ilex aquifolium)

Fraga da Cabana Vella(Cereixedo-Cervantes).- Varios exemplares de bo porte.Avesedo de Donís (Cervantes).- Varios exemplares de bo porte de ata 3,20 m de perímetro.

Page 113: Comarca Os Ancares

Avesedo de Donís

Page 114: Comarca Os Ancares

BIDUEIRO / BIDO (Betula celtiberica)

Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes). Nas abas de Penalonga.Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro.Avesedo de Donís (Cervantes).Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro.

Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes)

Page 115: Comarca Os Ancares

Avesedo de Donís (Cervantes).

Page 116: Comarca Os Ancares

Val do río Ortigal (Cervantes)

Page 117: Comarca Os Ancares

FAIA (Fagus sylvatica)

-Pintinidoira (Vilaspasantes-Cervantes)(P)

Page 118: Comarca Os Ancares

-Faias de Pintinidoira (P)

Page 119: Comarca Os Ancares

CAPUDRE (Sorbus aucuparia)

Val do río Ortigal (Cervantes)

Page 120: Comarca Os Ancares

A Corredoira (Nullán, As Nogais)

CERDEIRA (Prunus avium)

Page 121: Comarca Os Ancares

ESPAZOS PROTEXIDOSRESERVA DA BIOSFERA OS ANCARES53.664 ha nos concellos de Navia de Suarna, Cervantes e Becerreá cunha poboacións duns 4.900 habitantes.Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña de relevo accidentado. Son áreas habitadas desde a prehistoria como o atestiguan os numerosos restos arqueolóxicos atopados. Na actualidade conserva importantes valores naturais e culturais.

Page 122: Comarca Os Ancares

LIC “OS ANCARES O COUREL” É un grande espazo de 102.830 ha que abrangue as Serras Orientais de Lugo, ata o límite con León, nesta comarca os concellos de Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. É un espazo eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros que verten as súas augas case por completo ao río Navia.Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas) e etnográficos.

Pita do monte (Tetrao urogallus), unha especie que desapareceu dos Ancares. A Fauna dos Ancares é moi variada e conta con moitas especies en perigo, a de maior interese é o oso pardo, que procedente dos montes cantábricos aparece esporadicamente polos Ancares.

Aula da Natureza, en Degrada.

Page 123: Comarca Os Ancares

LIC CRUZUL-AGÜEIRAPequeno espazo (652 ha) situado nos concellos de Becerreá e As Nogais que inclúe os bosques de Cruzul e Agüeira e parte do curso do río Navia e os seus afluentes Valdeparada e Boullón.

O aciñeiral de Cruzul está situado ás beiras do Río Narón sobre un estreito banco de calcarias dolomíticas mesturadas con lousas e cuarcita con fortes pendentes que proporcionan un ambiente seco. É o bosque de aciñeiras situado máis ao norte de Galiza, un enclave mediterráneo inmerso dentro do dominio florístico eurosiberiano. Está formado por aciñeiras mesturadas con rebolos e castiñeiros. No sotobosque hai uvas de can (Tamus communis), Anthyllis vulneraria e Lithodora diffusa.

O bosque da Agüieira está próximo á localidade da Agüeira, na marxe esquerda do curso alto do Navia. Desenvólvese sobre outeiros redondeados de lousas. Está formado por cerquiños acompañados de freixos, pradairos, bidueiros, abeleiras e abundantes fentos. Abondan os soutos.

Page 124: Comarca Os Ancares

Entre a avifauna propia de matogueiras, pasteiros e rochedos montanos atópanse a moi ameazada charrela (Perdix perdix), a pica alpina (Anthus spinoletta), a azulenta alpina (Prunella collaris), o merlo rubio (Monticola saxatilis), e a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax).

ZEPA OS ANCARESUn espazo protexido de 12.656 ha en terreos de Cervantes e Navia de Suarna que se corresponde parcialmente tamén coa IBA 009 “Serra dos Ancares”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012). A serra dos Ancares constitúe o límite sudoccidental da área de distribución durante a época de cría para un bo número de especies eurosiberianas vinculadas aos bosques montanos, aínda que os seus efectivos son en xeral moi escasos. Entre elas, dúas están probablemente extintas na actualidade, a pita do monte cantábrica (Tetrao urogallus subsp. Cantabricus) (sen datos de cría desde 1995) e o peto mediano (Dendrocopos medius). A becada (Scolopax rusticola), o peto negro (Dryocopus martius), a estreliña do norte (Regulus regulus), e o ferreiriño palustre (Parus palustris), son outras especies deste grupo de aves forestais de ámbito moi restrinxido en Galiza.

Hai unha interesante poboación de aves rapaces, con presenza de aguia real (Aquila chrysaetos), actualmente non nidificante, miñato abelleiro (Pernis apivorus), aguia cobreira (Circaetus gallicus), gatafornela (Circus cyaneus ), tartaraña cincenta (Circus pygargus), aguia calzada (Hieraaetus pennatus), falcón peregrino (Falco peregrinus), e bufo real (Bubo bubo), entre as nidificantes probables ou seguras.

Bufo real

Choia

Page 125: Comarca Os Ancares

A palloza é unha construción propia da alta montaña luguesa. Hoxe consérvanse algunhas nos Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A Fonsagrada ata a serra do Courel.É un tipo de vivenda moi primitiva tanto na súa forma como nas súas estruturas. É unha unidade na que se integra a vivenda e todas as dependencias necesarias nunha casa agro-gandeira: corte, forno, almacén...

AS PALLOZAS

Palloza no Cebreiro.

Page 126: Comarca Os Ancares

A planta pode ser redonda, elíptica, oval, rectangular-redondeada... A construción está realizada cos materiais da contorna aplicando técnicas elementais. Nas paredes úsase xisto e pedra de gran. Madeira de castiñeiro ou de carballo para vigas e soportes e palla centea para a cuberta.Os ocos son reducidos e escasos para evitar perdas de calor. O interior está dividido en dúas partes por unha parede que separa a zona do gando (estravariza) da das persoas. Enriba da estrabariza hai unha división horizontal (barra) que serve de almacén de herba e palla para o inverno, e como dormitorio no verán. O piso é terreo agás na zona da lareira que vai enlousado. Nalgúns casos constrúense tabiques de madeira para delimitar un cuarto de durmir.A altura do cume serve para darlle inclinanción á cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir que o fume se eleve.A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para protexerse dos ventos e íllase da humidade cun rego ou canle (viela) pola que escoa a auga ou a neve.

Page 127: Comarca Os Ancares

Interior dunha palloza-museo no Cebreiro

Interior dunha palloza-museo en Piornedo.

Palloza en Piornedo.

Page 128: Comarca Os Ancares

Pallozas en Piornedo (arredor de 1977). O arquitecto Pedro de Llano catalogou no ano 1984, 300 pallozas nos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro, das que 50 estaban habitadas e o resto dedicadas a cortes ou palleiras.

Page 129: Comarca Os Ancares

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Abril 2017