Lic Os Ancares- O Courel

183
ESPAZOS NATURAIS LIC OS ANCARES-O COUREL

Transcript of Lic Os Ancares- O Courel

Page 1: Lic Os Ancares- O Courel

ESPAZOS NATURAISLIC OS ANCARES-O COUREL

Page 2: Lic Os Ancares- O Courel

Un amplo espazo que inclúe dúas áreas coñecidas tradicionalmente como “Os Ancares” e “O Courel”, artellados na contorna das serras do mesmo nome, situadas no leste de Galiza. Un territorio de montañas de relevo abrupto, no que se suceden serras e vales percorridos por ríos que forman parte da cunca do Navia e do Sil (Lor, Quiroga, Selmo, Soldón). Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas, pregamentos), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).A amplitude e importancia ambiental dos Ancares e do Courel faríaos merecentes dunha protección de maior nivel.

Page 3: Lic Os Ancares- O Courel

SITUACIÓN: No surleste da provincia de Lugo, nas comarcas dos Ancares, Quiroga, Sarria e Terra de Lemos. Localidades de referencia: A Proba de Navia, San Román de Cervantes, Becerreá, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, A Cruz do Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga.

SUPERFICIE: 102.635 ha

VALORES NATURAIS: fragas, brañas, pegadas glaciarias, ríos, bosques de ribeira, fervenzas, pregamentos, paisaxe e unha rica flora e fauna.

Page 4: Lic Os Ancares- O Courel

CONCELLOS: Navia de Suarna, CervantesBecerreáAs NogaisTriacastelaPedrafita do Cebreiro SamosO IncioFolgoso do CourelA Pobra de Brollón QuirogaRibas do Sil.

Page 5: Lic Os Ancares- O Courel

PROTECCIÓN-LIC (29 de decembro de 2004)-ZEC (31 de marzo de 2014)-RESERVA DA BIOSFERA “Os Ancares Lucenses e Terras de Navia e Becerreá” (27 de outubro de 2006)-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Ancares.-Reserva Nacional de Caza -Zona de Protección do Oso Pardo -A área correspóndese parcialmente coa IBA 009 Serra dos Ancares, incluída no inventario de SEO/BirdLife (1998).-Monumento Natural “Pregamento xeolóxico de Campodola e Leixazós”.

Page 6: Lic Os Ancares- O Courel

CLIMAOceánico de montaña, con precipitacións abondantes, invernos longos e temperaturas contrastadas, máis suavizadas nos vales, especialmente no Courel, onde se dan veráns máis secos e cálidos.

Page 7: Lic Os Ancares- O Courel

XEOLOXÍA/RELEVOO territorio encádrase dentro das Serras Orientais galegas. A combinación entre a composición das rochas e as forzas oroxénicas, que deron lugar a fracturas e pregamentos, conformou unha paisaxe variada de vales abruptos, cavorcos e cumes que foron logo desgastados ou escavados polos ríos e o xeo ata conformar o aspecto actual.As rochas máis comúns son as lousas, os xistos e, en menor medidas os granitos, as cuarcitas e as calcárias.

Page 8: Lic Os Ancares- O Courel

OS ANCARESA serra máis importante é a dos Ancares, que fai de linde, na liña de cumes con orientación norte-sur, coa provincia de León. Entre ela e o val do Navia esténdese unha sucesión de serras menores: Barreiro, Surcio, Liñares, Brañal, Grandas de Arroxo, Fiosa, Pando, Maseiras e Escrita.

Page 9: Lic Os Ancares- O Courel
Page 10: Lic Os Ancares- O Courel

SERRA DOS ANCARES A unidade de relevo que inclúe a serra dos Ancares forma unha curva de dirección NE SO que segue o linde administrativo entre Galiza, León e Asturias. Son as derradeiras estribacións cara ao Oeste da Cordilleira Cantábrica, limitada polo río Navia no norte (Ibias) e afluentes do Sil (Cúa, Valcarce-Burbia e Ancares) polo leste e sur.

Os Ancares desde Becerreá. A altitude dos Ancares, ademais de facelos visibles desde todas as áreas da contorna, é a consecuencia de que sobre eles se manifesten, antes que en ningunha outra zona, as variacións climáticas.

Page 11: Lic Os Ancares- O Courel

En territorio galego a serra dos Ancares forma unha cadea rectilínea de aspecto macizo de 30 km de lonxitude entre os portos dos Ancares e Pedrafita do Cebreiro.O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León. Na parte galega o máis alto é o Mostallar, na fronteira, con 1.924 m.

Vista da Serra dos Ancares desde a serra de Vilamane; desde o Miravalless, á esquerda, ata Penarrubia, á dereita..

Page 12: Lic Os Ancares- O Courel

O territorio que se coñece co nome dos Ancares chamábase antes Serra dos Picos e Montes de Cervantes. O nome de Ancares aplicóuselle a partir da xeralización do topónimo do Val de Ancares, en terreos do Bierzo leonés.

Page 13: Lic Os Ancares- O Courel

O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León No centro da imaxe.

Page 14: Lic Os Ancares- O Courel

O Mostallar. O cume máis alto da serra na parte galega (na fronteira), con 1.924 m.

Page 15: Lic Os Ancares- O Courel

Tres Bispos, Serra do Pando e Penarubia.

Page 16: Lic Os Ancares- O Courel

Penarrubia, con 1.826 m. Nas súas abas consérvanse unhas das mellores fragas de Galiza (bosques de Brego e Fieiro) e a lagoa de Ferrón.

Page 17: Lic Os Ancares- O Courel

GLACIARISMONa partes altas da serra dos Ancares consérvanse vales de orixe glaciar nos que se poden observar diferentes mostras das glaciacións (morrenas, vales en forma de artesa), como no Val de Tres Bispos, val de Bous en Piornedo, Cancelada, Suárbol...

Corte do solo onde se aprecian os distintos materiais transportados en períodos de xeo-desxeo.

Rochas desgastadas pola acción do xeo no val de Piornedo.

Page 18: Lic Os Ancares- O Courel

Vista desde o Mostallar sobre o val glaciar de Piornedo. No val de Piornedo (val de Bous) houbo un glaciar de 6 km de lonxitude e 180 m de espesor.

Page 19: Lic Os Ancares- O Courel

Circo glaciar de Tres Bispos, cabeceira do Ortigal, afluente do Ser.

Page 20: Lic Os Ancares- O Courel

Pico do Surcio. Na chaira que se ve á dereita da imaxe conflúen Galiza, Asturias e León.

SERRA DE SURCIONo límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur nace o río Rao ou Balouta (afluente do Navia), que forma un profundo canón de grandes paredes verticais de cuarcita, entre esta serra e a do Brañal. A máxima altura é o Pico de Surcio, con 1.456 m.

Page 21: Lic Os Ancares- O Courel

A serra do Barreiro está cuberta de mato agás nos fondos dos vales e nas proximidades dos lugares habitados.

SERRA DO BARREIROSituada no límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE, formada por lousas e cuarcitas. A máxima altura é o Dangoleo, con 1.181 m. Na vertente sur nacen pequenos ríos afluentes do Rao.

Page 22: Lic Os Ancares- O Courel

SERRAS DE MURIAS E DO BRAÑALEsténdense con orientación NE-SO entre os regos de Balouta e Murias. O punto máis alto é o Teso de Sobreporeiras, con 1.252 m.Accedese desde Navia de Suarna pola estrada de Murias. Unha ruta segue a serra, pasa polo penedo.

Penedo de Murias de Rao, con 1.027 m de altura. Este impresionante penedo de cuarcitas sobresae á beira do camiño de Murias de Rao ás Brañas de Pan de Zarco.

Page 23: Lic Os Ancares- O Courel

SERRA DE GRANDAS DE ARROXO E VILAREsténdese con dirección SO-NO entre os ríos de Quindous e Ser. O cume máis alto acada 1.278 m no contacto coa serra da Fiosa.

Page 24: Lic Os Ancares- O Courel

Vista da serra de Agulleiro e Villous no inverno.

SERRAS DE AGULLEIRO E VILLOUSEsténdense con dirección SO-NO desde Os Ancares ata o río das Pontes. Está rodeada polos regos Ortigal e Piornedo. Os cumes máis altos son o Agulleiro con 1.693 e a Golada da Toca con 1.598 m. Conserva restos de acción glaciar nas súas abas en forma de penedos aliñados.

Page 25: Lic Os Ancares- O Courel

Morrenas nas abas da serra do Agulleiro.

Page 26: Lic Os Ancares- O Courel

Vista da serras da Fiosa e a Cortella (ao fondo) no primeiro plano Xantes, na aba da serra do Agulleiro.

SERRA DA CORTELLAPequeno macizo con dirección oeste-leste rodeada polo norte polo rego de Ribón. O cume máis alto é o Sete Carballos con 1.228 m de altitude.

Page 27: Lic Os Ancares- O Courel

SERRA DA FIOSAEsténdese con orientación N-S, con prolongación cara á serra da Cortella, ao oeste, e do Vilar, ao noroeste. Accedese desde San Román de Cervantes ou Quindous. O punto máis alto é o Monte da Fiosa, con 1.422 m.

Monte da Fiosa (á esquerda) e Pena do Santo.

Vista da serra da Fiosa desde o alto de Boixecide, a carón do Albergue dos Ancares.

Page 28: Lic Os Ancares- O Courel

Serra das Maseiras despois dunha nevada. Detrás vese Penarrubia.

SERRAS DO PANDO E MASEIRASÉ un sistema montañoso que se pode considerar como unha das estribacións dos Ancares, con orientación NE-SO. O punto máis elevado é o monte Fieiró de Deva, con 1.643 m. Está rodeada polos regos da Vara e Brego (afluentes do Cancelada-Cervantes).

Serra do Pando. Ao fondo Tres Bispos (á esquerda) e Penarrubia (á dereita).

Page 29: Lic Os Ancares- O Courel

Vista da Serra das Maseiras co val do rego da Vara desde o camiño a Tres Bispos. Nas abas consérvanse unhas das fragas máis importantes dos Ancares.

Cereixido e detrás a serra do Pando.

Page 30: Lic Os Ancares- O Courel

Val do Navia, limitado pola dereita por un grupo de pequenas serras: Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita. Polas abas destas serras discorren as vías de comunicación de A Coruña e Lugo coa meseta. Ao fondo á esquerda o monte Carballeda (1.392 m) da serra do Piornal. A altitude máxima é o Chao de Pereira con 1.256 m.

Page 31: Lic Os Ancares- O Courel

O COURELO territorio é unha sucesión de serras e vales encaixados que se agrupan a partir da serra do Courel, un eixo que atravesa a área de NE a SO e que rematan no sur no río Sil. Ao leste sitúanse as serras dos Cabalos, Cabreiros, Cereixido e A Aciñeira; ao noroeste as serra de Oribio, Rañadoiro e Piornal e ao oeste as da Trapa, Loúzara e Auga Levada. As máximas alturas atópanse na serra do Courel. As serras están moi fracturadas e pregadas e os distintos terreos afundidos foron aproveitados polos ríos para escavar profundos vales.

Vista dos cumes do Courel desde o Pía Paxaro

Page 32: Lic Os Ancares- O Courel
Page 33: Lic Os Ancares- O Courel

SERRA DO COURELOrientada en dirección NE-SO. Está limitada ao sur polo val do Sil, ao oeste polo río Lor, e polo leste polos vales do Quiroga e O Selmo. Está constituída por unha cadea de montañas pregadas, moi fracturadas e con numerosas fallas (destacan as de dirección nordeste polas que circula o Lor). Os materiais que a forman son moi variados, principalmente lousas e xistos, e, en menor cantidade cuarcitas, areíscas e calcarias. O relevo é abrupto con gorxas profundas e pendentes fortes. As principais alturas son o Formigueiros con 1.647 m, o Pía Paxaro con 1.619 m e o Pico do Boi con 1.178 m.

Page 34: Lic Os Ancares- O Courel

O Courel destaca polas súas formacións xeolóxicas, -con morrenas glaciares terminais e bloques erráticos, e numerosas covas calcárias- e a riqueza da súa flora e fauna, unha das máis completas e diversas de Galiza, porque a súa situación na fronteira entre a rexión eurosiberiana e a mediterránea, unido ás diferentes altitudes e á diversidade dos substratos rochosos fai que se multipliquen as posibilidades de establecemento para as especies.

Lagoa de Lucenza. Instalada nun antigo circo glaciar e moi colmatada polos sedimentos.

Page 35: Lic Os Ancares- O Courel

A serra do Courel conserva exemplos de morfoloxía glaciar: o circo da lagoa da Lucenza, cordóns morrénicos e outros vestixios nos vales da Seara, Vieiros, Vilarbacú, Visuña...

Val de Visuña

Page 36: Lic Os Ancares- O Courel

Val de Visuña

Page 37: Lic Os Ancares- O Courel

Vista da Serra do Piornal desde O Cebreiro.

SERRA DO PIORNALSituada no norte do concello de Pedrafita do Cebreiro, con orientación NO-SE e limitada polo val do Navia ao nordeste. O monte máis alto é o Carballeda, con 1.392 m.

Page 38: Lic Os Ancares- O Courel

Serra do Rañadoiro desde Hospital.

SERRA DO RAÑADOIROSituada entre As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, con orientación NO-SE. O punto máis alto é a Muralla, con 1.480 m. Na vertente sur nace o río Lóuzara afluente do Lor.

Page 39: Lic Os Ancares- O Courel

Vista xeral do Cebreiro.Está situado a nas estribacións da serra do Rañadoiro 1.300 m de altura, entre os montes Pozo de Area (1.394 m) e o Chan da Poza (1.402). É unha zona de transición entre as serras de Ancares e O Courel.

Page 40: Lic Os Ancares- O Courel

SERRA DO ORIBIOEsténdese en dirección E-SO en terreos de Samos e Triacastela, limitada ao norte polo val do río Sarria e ao sur polo Lóuzara. Cara ao sur prolóngase nos montes Balbón (1.148 m) e Modorriñas (1.167) ata a serra da Trapa. Está formada por pelitas e pequenos filóns de calcárias. O monte máis alto é O Oribio, con 1.447 m. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Sarria ou Oribio e na leste afluentes do Lóuzara.

Page 41: Lic Os Ancares- O Courel

Vista desde o Oribio cara a Triacastela e Ancares.

Page 42: Lic Os Ancares- O Courel

MONTES DE LÓUZARAEsténdense con direción NE-SO, rodeados polo norte e oeste polo río do Lóuzara e polo leste e sur polo Lor. Forma o límite oeste da cunca do río Sil.A máxima altura é A Escrita, con 1.460 m.

Page 43: Lic Os Ancares- O Courel

Pena dos Catro Cabaleiros, onde coínciden os concellos do Courel, A Pobra de Brollón, O Incio e Samos. Conta a tradición que nela se reunían unha vez no ano os alcaldes dos catro concellos.

SERRA DA TRAPASerra de perfís suaves, situada entre O Courel, O Incio, Samos e A Pobra de Brollón, con orientación NO-SE, separada da serra de Lóuzara polo río do mesmo nome e rodeada polo val do Lor polo leste e sur, polo Cabe, no oeste e o Antiga no norte. Os materiais dominantes son xistos e lousas. A máxima altura é o Legua, con 1.301 m.Noutros tempos houbo unha gran actividade de minería de ferro.

Page 44: Lic Os Ancares- O Courel

Vista oeste da serra dos Cabalos desde o Courel, co Montouto no centro. Este cume fai fronteira entre Lugo, Ourense e León.

SERRA DOS CABALOSSerra con dirección NE-SO, situada nos límites entre Galiza e León. Está formada por lousas, granitos, areíscas, cuacitas e calcárias. O punto máis alto é o Pico Montouto, con 1.524 m. Polo norte, o leste e o sur está rodeada polo Selmo e os seus afluentes e polo oeste o curso alto do Soldón. Nela nacen afluentes do Soldón (que vai ao Sil). Na súa vertente norte acolle as Devesas do Cervo e de Mazaies.

Page 45: Lic Os Ancares- O Courel

Val do Soldón, sobre cuarcita armoricana, continuación cara ao leste do gran sinclinal de Campodola, onde se observan espectaculares pregamentos de arrastre.

Page 46: Lic Os Ancares- O Courel

SERRA DO CABREIROProlongación da serra dos Cabalos cara ao suroeste entre os ríos Soldón e Vilarmel. As máximas alturas son o Pico da Serrada (1.494 m) e o Alto do Cabreiro (1.388 m). Dos seus cumes baixan varios regos afluentes do Soldón.

Cara sur da Serra do Cabreiro en inverno.

Page 47: Lic Os Ancares- O Courel

SERRA DE CEREIXIDOSituado a partir da Serra dos Cabalos entre Quiroga e A Rúa, con dirección NE-SW. limitada polo norte polo río de Barreiros, polo oeste, polo Soldón e polo sur o val do Sil e a depresión de Valdeorras. Está formada por lousas, granitos, cuacitas e calcárias. A máxima altura é o Lagoa Grande, con 1.246 m.

Page 48: Lic Os Ancares- O Courel

SERRA DE AUGA LEVADAÉ unha pequena serra con dirección NO-SE situada no linde entre Quiroga e A Pobra do Brollón, entre o Canón do Sil (ao sur) e o do Lor (ao leste) onde se atopan os maiores desniveis, co paredes case verticais que caen sobre os vales dos ríos. Está formada por xistos e cuarcitas moi alterados e pregados que nalgúns lugares quedan ao descuberto. O punto máis alto é o Augalevada, con 879 m.Desde os cumes hai boas vistas sobre o Canón do Sil e o val do Lor.

Pregamento na Pena Grande, á beira do Sil

Page 49: Lic Os Ancares- O Courel

SERRA DE BIDUEDOEsténdese ao leste do río Lor con dirección NE-SO. O cume máis importante é Os Conventos (1.136 m)

Canón do Lor, entre Vilar e Froxán

Page 50: Lic Os Ancares- O Courel

PREGAMENTOSAs serras da comarca de Quiroga, en especial O Courel, son un auténtico museo de xeoloxía. En distintos puntos podemos contemplar pregamentos e fallas nos estratos do terreo que son unha testemuña das forzas tectónicas que crearon e erosionaron estas montañas durantes millóns de anos. O máis importante é o de Campodola, pero tamén se poden ver na serra de Auga Levada e Pena Grande, na estrada de Quiroga a Monforte.

Os conventos. Pregues en cuarcitas

Page 51: Lic Os Ancares- O Courel

AS COVASNalgunhas serras da área do Courel hai formacións calcárias nas que se forman cavidades polas que circulan regos subterráneos e nas que hai galerías coN estalactitas e estalagmitas.

Buraca das Choias

Page 52: Lic Os Ancares- O Courel

Cova en Santalla.

Page 53: Lic Os Ancares- O Courel

REDE FLUVIALUnha densa rede de regatos e regos que baixan das numerosas serras e se articulan arredor do Navia (Narón, Ser, Rao) e do Sil (Lor, Quiroga, Selmo, Soldón). Son ríos que salvan fortes desniveis e circulan por profundos vales onde son frecuentes as fervenzas, coñecidas no Courel no nome de pincheiras.

Rego das Pasadas, afluente do Ser.

Río Piornedo ou de Bous ao pé do Mostallar.

Page 54: Lic Os Ancares- O Courel

En xeral os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera, e percorridos encaixados e con grandes desniveis nos que abondan as pozas, rápidos e fervenzas (coñecidas no Courel co nome de pincheiras). Na súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico patrimonio etnográfico: pontes, muíños, caneiros, mazos...

Val do río Ortigal, unha das cabeceiras do Ser (afluente do Navia).

Page 55: Lic Os Ancares- O Courel

Val do Navia desde O Cebreiro. O río, a pouco do seu nacemento, corre por un val limitado pola serra do Piornal, á esquerda e polas serras Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita, á dereita.

RÍO NAVIANace no monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km por territorio galego, métese en Asturias e desemboca na ría de Navia. Aínda que a maior parte da cunca se extende por Asturias, este río recolle as augas das altas montañas luguesas das comarcas do Cebreiro, Ancares e Fonsagrada. O seu percorrido é encaixado e con constantes cambios de dirección por vales fondos e estreitos. Ten un forte caudal de augas procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da fusión das neves caídas nos picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata finais da primavera.

AFLUENTES DO NAVIA NA ZONA:Pola dereita: Valdeparada, Cervantes (Casas ou Cancelada-Toural, Noceda, Brego, Vara-), Quindós, Ser ou Ortigal, Vilapardín, Canlorcia, Rúa, Rao ou Valouta. Pola esquerda: Bullón (Refuxiados), Narón ou Ferreiros, Calamouco, Vilaiz, Donsal, Bullán, Gueizán, Mosteiro e Suarna (Lamas- Castelo, Córneas, Castosa, Ransinde-).

Page 56: Lic Os Ancares- O Courel

O Navia en Agüeira (Becerreá)

“Ponte Vella” sobre o Navia na Pobra de Navia de Suarna.

Page 57: Lic Os Ancares- O Courel

RÍO SER. Fórmase con numerosos regos que baixan dos Ancares e das serras próximas. Nun comezo chámase rego das Pontes. Xúntase co Navia en Souto.

Val do Ser

Page 58: Lic Os Ancares- O Courel

FERVENZA DAS PONTES. Parroquia de Donís (Cervantes). No rego de Piornedo, pouco antes de xuntarse co río das Pontes (Ser). Desde Donís atravésase o lugar ata o río.

RÍO ORTIGAL. Parroquia de Donís (Cervantes). Atópase na estrada de Campo da Braña a Piornedo. O Ortigal é unha das cabeceiras do Ser, afluente do Navia. Ten un percorrido en moita pendente con rápidos e fervenzas. A máis accesible está ao pé da estrada e salva un desnivel en cuarcitas de 6-7 m de altura en dous saltos.

Page 59: Lic Os Ancares- O Courel

O REGO DE BOUS OU DE PIORNEDO nace ao pé do Mostallar e desemboca no río das Pontes (afluente do Ser que á súa vez vai ao Navia). En todo o seu percorrido forma varias fervenzas de pequeno tamaño, pozas e rápidos.

Pontella sobre o río Piornedo no camiño do Mostallar.

Page 60: Lic Os Ancares- O Courel

O RAO fórmase con varios regos que baixan das serras de Ancares, Airelos, Murias, Brañal, Surcio e Barreiro e xúntase ao Navia preto do Tabillón. Forma un val moi encaixado con rápidos, fervenzas e tobogáns de moi difícil acceso.

PESQUEIRA DE LASTROA. En Murias (Rao-Navia de Suarna). No rego de Campos, unha das cabeceiras do Murias, afluente do Rao. A fervenza vese xusto en fronte do penedo de Murias..Canon do Rao

(Navia de Suarna), entre Murias e Valouta.

Page 61: Lic Os Ancares- O Courel

O Sil en Augasmestas no encontro co Lor.

RÍO SILO Sil nace en Asturias, na Cordilleira Cantábrica e, despois de cruzar a comarca do Bierzo, entra en Galiza pola depresión de Valdeorras. Percorre un pequeno tramo do espazo polo sur e recibe pola dereita o Soldón, Quiroga e Lor.

Page 62: Lic Os Ancares- O Courel

O Lor ao pouco do seu nacemento

RÍO LORNace nos montes do Cebreiro e ten como cabeceiras os regatos Fonlor (que nace no Cebreiro), Fonte Grande e Brañuelas (que baixan da serra do Courel). Ten un percorrido de 50 km por terreos do Courel e desemboca no Sil en Augasmestas (Castro) entre Quiroga e A Pobra do Brollón. Discorre case sempre encaixado entre ribeiras escarpadas cubertas dunha variada vexetación autóctona.Os afluentes máis importantes pola dereita son o Parada, Folgoso e Vilamor e pola esquerda o Loureiro e o Lóuzara.

Page 63: Lic Os Ancares- O Courel

O Lor na ponte das Arandainas.

Fervenza de Pontalor, nun afluente do Lor entre Lousada (Pedrafita do Cebreiro) e Vilela (O Courel).

O Lor en Vilar

Page 64: Lic Os Ancares- O Courel

O Lor en Barxa de Lor

O Lor en Augasmestas, nunha pincheira que só se pode ver cando se baleira o encoro.

Page 65: Lic Os Ancares- O Courel

O Lor en Augasmestas no encontro co Sil.

Page 66: Lic Os Ancares- O Courel

RÍO LOÚZARAÉ o afluente máis longo do Lor, con 28 km de percorrido. Baixa desde a Serra do Rañadoiro e forma un profundo val entre as serras de Oribio e Lóuzara.Fervenzas: Cova da Fonte, Santalla, Lousadela, Rexiu ou Rixio (Na parroquia de Vilamor)

O Lóuzara en Santalla

Page 67: Lic Os Ancares- O Courel

Pincheira na Cova da Fonte (Santalla).

Pincheira de Santalla de abaixo, nun afluente do Lóuzara.

Page 68: Lic Os Ancares- O Courel

Pincheira nun dos regos que caen no Lóuzara en Casela.

Pincheira de Rixio, nun afluente do Lor en Vilamor.

Page 69: Lic Os Ancares- O Courel

Fonte do Cervo na Devesa de Rogueira

Rego da Rogueira

Page 70: Lic Os Ancares- O Courel

Ferrería de Seoane, no Lor. Pincheira en Folgoso, nun afluente do Lor.

Page 71: Lic Os Ancares- O Courel

RÍO QUIROGANace na cara sudoeste do Pía Páxaro, preto da aldea de Vilarbacú, e fórmase coa confluencia do Rego de Porto Mourelos ou Vilarbacú e o de Pacios. Percorre un total de 24 km sempre dentro do Concello de Quiroga e desemboca no Sil preto da capital municipal. Os afluentes principais son Ferreiriño, As Forcadiña e Regueira.. Pincheiras: A Pedriña (Cruz de Outeiro), A Ola (Besaredonda).

Page 72: Lic Os Ancares- O Courel

Pincheira da Pedriña na Cruz de Outeiro.

Pincheira en Bustelo, nun afluente do Quiroga.

Page 73: Lic Os Ancares- O Courel

Pincheira da Ola na Cruz de Outeiro.

Page 74: Lic Os Ancares- O Courel

RÍO SOLDÓN Nace en A Seara, na cara norte do Aira Grande (Serra do Courel), producto da unión do regato dos Palleiros, o rego das Lastras e a fonte do Caleiro. Percorre terras dos concellos do Courel e Quiroga e desemboca no Sil en Paradaseca. Os seus afluentes pola esquerda son o Montouto, Richein, Vilarmel, Barreiros, e Ferredo ou Fiais. Pola dereita recibe numerosos regos de curto percorrido.Pincheiras: Rego de Montouto, Rinán, Caroceiro, Cereixido, canón do Fiais…

Page 75: Lic Os Ancares- O Courel

O Soldón en Rugando, ondo houbo unha importante ferrería

Page 76: Lic Os Ancares- O Courel

Pincheira de Rinán, nun rego que vai ao Montouto, afluente do Soldón.

Rego de Montouto

Page 77: Lic Os Ancares- O Courel

Pincheira do Caroceiro, nun afluente do Soldón. A máis alta do Courel, con 40 m. Rego de Fiais ou Farredo. Ten numerosas pincheiras

de moi dificil acceso.

Page 78: Lic Os Ancares- O Courel

Río Visuña, unha das cabeceiras do Selmo.

RÍO SELMO Nace na aba sur do Pico Formigueiros, da unión do rego de Forgas, o rego da Lagoa e o rego dos Chaos e, despois de 8 km de percorrido por terreos do concello de Quiroga, vai morrer ao Sil preto da localidade berciana de Frieira. Atravesa o Val de Seara que noutros tempos vertía ao río Soldón e, debido a un afundimento da foxa berciana a finais do Terciario, as augas pasaron a verter na cunca do Selmo. Este río sofre un brusco cambio de dirección á altura da Seara.Pincheiras: Vieiros, Fócaro, A Seara, Cavorco da Fervenza Grande, Ferramulín...

Page 79: Lic Os Ancares- O Courel

Pincheira no Rego de Murelos Pincheira de Fócaro, na Seara, nun afluente do Murelos.

Page 80: Lic Os Ancares- O Courel

Pincheira na Seara

Pincheira en Vieiros

Page 81: Lic Os Ancares- O Courel

Pincheira no Selmo, preto de Vieiros.

Pincheira en Ferramulín nun afluente do SelmoCarvorco da Fervenza Grande. Hórreos.

Page 82: Lic Os Ancares- O Courel

Muíños en Ferramulín

Page 83: Lic Os Ancares- O Courel

RÍO SARRIANace no Oribio e fai de linde do espazo entre Triacastela e Samos.

Canón do Sarria, no seu nacemento na serra do Oribio

Page 84: Lic Os Ancares- O Courel

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea-Lagos e estanques distróficos naturais-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix-Queirogais secos europeos-Queirogais alpinos e boreais-Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis-Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta-Prados alpinos e subalpinos calcáreos-Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia) (* paraxes con notables orquídeas)-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Prados de sega de montaña-Turbeiras altas activas-'Mires' de transición-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)

Page 85: Lic Os Ancares- O Courel

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos-Encostas rochosas calcícola con vexetación casmofítica-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Pavimentos calcarios-Covas non explotadas polo turismo-Faiais acidófilos atlánticos con sotobosque de Ilex e ás veces de Taxus (Quercion robori-petraeae ou Ilici-Fagenion)-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion-Turbeiras boscosas-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica-Bosques mediterráneos de Taxus baccata-Soutos-Sobreirais-Aciñeirais-Acevedos

Page 86: Lic Os Ancares- O Courel

Viola arvensis

FLORAA amplitude do espazo, a variedade litolóxica, morfolóxica, altitudinal e de orientación, xunto coa súa situación no punto de contacto entre as áreas eurosiberiana ou atlántica e mediterránea fan que a variedade florística sexa impresionante, coa presenza de formacións vexetais de grande valor ecolóxico (fragas, aciñeirais, faiais...) e numerosas especies únicas ou pouco comúns.Os cumes das serras están cubertos de pasteiros de montaña e mato de breixos, uces, piornos, xestas, carqueixas, xenebreiros... e por debaixo atópanse as formacións arbóreas, que varían segundo a orientación e a altitude dos montes. Nas proximidades das poboacións hai soutos para o aproveitamento da castaña e da madeira e algunhas zonas están repoboadas con piñeiros

Page 87: Lic Os Ancares- O Courel

Fraga de Cabana Vella, un dos maiores bosques dos Ancares. Está situada no val do rego da Vara. Conserva exemplares monumentais de carballos e acivros.As fragas son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Teñen unha estrutura complexa nas que se diferencia un estrato arbóreo, arbustivo, herbáceo e muscinal. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en menor cantidade capudres, faias, carbas, castiñeiros e especies de folla perenne como loureiros, acivros, érvedos...

Page 88: Lic Os Ancares- O Courel

O avesedo de Donís, situado no val do Ortigal foi o bosque máis grande de Galiza. Durante moitos anos talose madeira de carballo e carba, para as travesas de ferrocarril e a construción naval. Os avesedos son bosques que medran nas abas sombrizas (avesías) orientadas ao norte.

Page 89: Lic Os Ancares- O Courel

Devesa da RogueiraÉ a devesa máis extensa e coñecida de Galiza. Foi declarada recentemente polo Fondo Mundial para a Natureza como unha das seis áreas de bosque autóctono máis importantes da Península Ibérica. Xunto co bosque de Albergária, no Geres portugués é o faial máis occidental de Europa.

Page 90: Lic Os Ancares- O Courel

Interior da Devesa da Rogueira

Page 91: Lic Os Ancares- O Courel

Faial de Liñares. Situado na empinada ladeira do alto do Penedo, sobre rochas calcarias. O bosque complétano acivros, bidueiros e capudres.

Page 92: Lic Os Ancares- O Courel

Devesa de Zanfoga. Situada na vertente norte de Pena Cerveira ao Sur de Zanfoga, nas proximidades de Rubiais. Está formada principalmente por cerquiños, bidueiros, abelairas e carballos.

Page 93: Lic Os Ancares- O Courel

Devesa do Faro

Page 94: Lic Os Ancares- O Courel

Devesa de Riocereixa. Na vertente norte do Pico Faro. Hai faias mesturadas con carballos, acivros e teixos.

Page 95: Lic Os Ancares- O Courel

Devesa de Fonteformosa. Contén o faial máis puro de Galicia formado por árbores de gran altura sen apenas mato. Está rodeado por piornos, bidueiros e cerquiños..

Page 96: Lic Os Ancares- O Courel

Aciñeiral de MercurínAciñeiras (Quercus ilex subsp. ballota): aparecen por baixo dos 800 metros, nos afloramentos calcarios.

Page 97: Lic Os Ancares- O Courel

Sobreiras (Quercus suber) en Froxán

Page 98: Lic Os Ancares- O Courel

Souto de PaderneCastiñeiro (Castanea sativa).Nas proximidades das áreas habitadas os soutos substitúen ao bosque. A utilidade mixta do castiñeiro favoreceu a súa propagación.

Page 99: Lic Os Ancares- O Courel

Bidueiros (Betula celtiberica)

Page 100: Lic Os Ancares- O Courel

Chopo (Populus nigra) destaca nas beiras dos ríos e regatos pola súa verticalidade e a cor amarela que collen no outono.

Page 101: Lic Os Ancares- O Courel

Teixos (Taxus baccata) na Devesa de Rogueira

Page 102: Lic Os Ancares- O Courel

Bosque de acivros na Cabana Vella. A escuridade que hai no interior destes bosques impide o desenvolvemento de calquera outro vexetal.Os acivros (Ilex aquifolium) son importantes para o mantemento da vida na zona. A persistencia das follas crea núcleos libres de neve e os froitos, que se manteñen na árbore ata o inverno e no chan durante moito tempo, son o principal alimento do que dispoñen moitos animais nos momentos máis duros do inverno.

Page 103: Lic Os Ancares- O Courel

Abruñeiro (Prunus spinosa)

Capudre, cancereixo (Sorbus aucuparia)

Érbedo (Arbutus unedo)

Estripo (Crataegus monogyna)

Page 104: Lic Os Ancares- O Courel

Cerdeira de Santa Lucía(Prunus mahaleb)

Page 105: Lic Os Ancares- O Courel

Pradeira de montaña con orquídeas (O Courel)

Page 106: Lic Os Ancares- O Courel

Piornos (Genista florida). Reteñen e enriquecen o solo e sérvenlle de refuxio á fauna.

Page 107: Lic Os Ancares- O Courel

Xesta (Cytisus multiflorus)

Page 108: Lic Os Ancares- O Courel

Breixos (Erica umbellata)

Page 109: Lic Os Ancares- O Courel

Breixo (Daboecia cantabrica...)Uz branca (Erica arborea)

Page 110: Lic Os Ancares- O Courel

Mostallo (Sorbus aria)

Esteva (Cistus salvifolius)

Page 111: Lic Os Ancares- O Courel

Lithodora diffusa

Rhamnus legionensis

Page 112: Lic Os Ancares- O Courel

Lirio (Iris latifolia)

Lilium martagon

Page 113: Lic Os Ancares- O Courel

Pinguicola vulgaris, unha pequena planta carnívora que vive en zonas moi húmidas.

Pinguicola grandiflora

Page 114: Lic Os Ancares- O Courel

Saxifraga spathularis

Saxifraga paniculata

Page 115: Lic Os Ancares- O Courel

Matthiola fruticulosaErinus alpinus

Page 116: Lic Os Ancares- O Courel

O Courel presenta unha das riquezas máis altas do país en canto a diversidade de flora (máis de 800 especies, case a metade das que hai en de Galiza, entre elas numerosas plantas únicas ou raras).Sideritis caurelianaRhamnus legionensisGentiana auranticaPrimula legionensisPrimula elatior bergidensisArenaria grandiflora subsp. incrassata Armeria duriaeiCrepis albida subsp. asturicaFestuca elegansFestuca summilusitanicaGenista sanabrensisGentiana lutea subsp. aurantiacaIberis contractaOmphalodes nitida Lithodora diffusaLuzula sylvatica, subsp. herriquesii Saxifraga spathularisPinguicola grandifloraarleira (Berberis vulgaris)mostallo (Sorbus aria) Genista obtusirameaErodium glandulosum Ophrys ustulata Campanula arbatica subsp. adsurgens, Leontodon farinosus...

Campanula arvatica supsp. adsurgens, especie endémica da Cordilleira cantábrica.

Page 117: Lic Os Ancares- O Courel

Omphalodes nitida (endemismo)

Armeria duriaei

Page 118: Lic Os Ancares- O Courel

Nos Ancares atópanse 20 endemismos da área cantábrica Campanula cantabrica, Gentiana lutea, subsp. aurantiaca, Iris latifolia, Juniperus nana, Vaccinium uliginosum...)

Xensá (Gentiana lutea)

Page 119: Lic Os Ancares- O Courel

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEFestuca elegansFestuca summilusitanicaNarcissus asturiensisNarcissus pseudonarcissus ssp.nobilisSantolina semidentata

Narcissus asturiensis

Page 120: Lic Os Ancares- O Courel

Saxifraga trifurcata

Page 121: Lic Os Ancares- O Courel

Soldaconsolda (Polygonatum verticillatum). Especie rizomatosa da que xorden talos aéreos que desaparecen no outono. So está presente nas Serras Orientais.

Herba do pobre (Clematis vitalba).

Page 122: Lic Os Ancares- O Courel

Herba do gando (Helleborus foetidus)

Amorodos (Fragaria vesca). Atópanse habitualmente nos límites do bosque, en zonas húmidas.

Page 123: Lic Os Ancares- O Courel

Hornungia petreae

Erodium glandulosum

Arzaia (Lavandula stoechas)

Page 124: Lic Os Ancares- O Courel

Antrrhinum meonantumArabis auriculata

Page 125: Lic Os Ancares- O Courel

Orquídeas. No Courel atópase unha gran variedade. entre elas a Ophrys ustulata (única cita en Galicia).

Dactylorhiza sambucina Orchis maculaOrchis italica

Page 126: Lic Os Ancares- O Courel

Fento lingua de cervo (Phyllitis scolopendrium). Aparece en lugares sombrizos á beira das correntes de auga. No Courel atópase unha das variedades de fentos máis ricas de Galiza.

Page 127: Lic Os Ancares- O Courel

Brións (Atópanse multitude de variedades, especialmente nas zonas sombrizas)

Page 128: Lic Os Ancares- O Courel

Liques

Page 129: Lic Os Ancares- O Courel

ÁRBORES SENLLEIRASIncluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P)

CARBALLO (Quercus robur)

Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (Cereixido, Cervantes). Nove exemplares de grande porte, de ata 4,7 m de perímetro. (P)Río Ortigal (P)

Page 130: Lic Os Ancares- O Courel

Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (P)

Page 131: Lic Os Ancares- O Courel

Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes)

CARBA/MOURÉS (Quercus petraea)

Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes). Nas abas de Penalonga.Varios exemplares, os de máis porte acadan os 10,30 m de perímetro.As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Avesedo de Donís (Cervantes)Varios exemplares de ata 6,40 m de perímetro.Río OrtigalTeso das Valiñas (Piornedo)

Page 132: Lic Os Ancares- O Courel

As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Teso das Valiñas

Page 133: Lic Os Ancares- O Courel

Cerquiño (Quercus pyrenaica) da Praza do Campo. Quindous (Cervantes). Mide 18 m de altura e supera os 100 anos.

REBOLO/CERQUIÑO (Quercus pineraica)

Page 134: Lic Os Ancares- O Courel

Avesedo de Donís (Cervantes)

Page 135: Lic Os Ancares- O Courel

Quercus x rosacea (híbrido de carballo e carba)

Praza do Campo. (Quindous- Cervantes)-20,4 m de altura e 6,37 m de perímetro. (P)

Page 136: Lic Os Ancares- O Courel

Rebolos no Teso das Valiñas(Piornedo, Cervantes)

Page 137: Lic Os Ancares- O Courel

CASTIÑEIRO (Castanea sativa)

Aucella (Cervantes)

Vallo (Navia de Suarna) -6 m de perímetro .A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) -6,97m de perímetro.Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)Varios exemplares de ata 8,40 m de perímetro.Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)Varios exemplares de ata 6,30 m de perímetro.Rao (Navia de Suarna), varios exemplares no souto e no centro da aldea, de ata 9,5 m de perímetro.Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes)-10, 30 m de perímetro.Verdello de Cereixedo (A Canceliña, Veiga do Seixo, Cervantes) -7 m de perímetro.

Page 138: Lic Os Ancares- O Courel

Verdello de Cereixedo Castelo de Frades

Page 139: Lic Os Ancares- O Courel

Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)

Page 140: Lic Os Ancares- O Courel

-Suascasas (Seceda- Folgoso do Courel) -Máis de 7 m de perímetro. -Seceda (Folgoso do Courel) -5,28 m de perímetro. -Paderne (Meiraos, Folgoso do Courel)-O Val da Fonte (Paderne, Meiraos, Folgoso do Courel) -18,70 m de altura, 7,80 m de perímetro. (P)-Miraz (Meiraos, Folgoso do Courel) -7,15, 6,50 e 6,32 m de perímetro.-Vilar (Vilamor-Folgoso do Courel) -Mercurín (Folgoso do Courel) -6,20 m de perímetro-Ferrería Vella (Folgoso do Courel) -9,30, 6,70 E 6,50 m de perímetro-Visuña (Folgoso do Courel) -6,10 e 4,67 m de perímetro.-Moreiras (Ribas de Sil).

Castiñeiro Val da Fonte. Paderne. (P)

Page 141: Lic Os Ancares- O Courel

Castiñeiro en Seceda Castiñeiro en Ferreiravella

Page 142: Lic Os Ancares- O Courel

Castiñeiros en Vilar

Page 143: Lic Os Ancares- O Courel

Fraga da Cabana Vella

ACIVRO/XARDÓN (Ilex aquifolium)

Fraga da Cabana Vella(Cereixedo-Cervantes).- Varios exemplares de bo porte.Avesedo de Donís (Cervantes).- Varios exemplares de bo porte de ata 3,20 m de perímetro.

Page 144: Lic Os Ancares- O Courel

Avesedo de Donís

Page 145: Lic Os Ancares- O Courel

BIDUEIRO / BIDO (Betula celtiberica)

Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes). Nas abas de Penalonga.Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro.Avesedo de Donís (Cervantes).Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro.

Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes)

Page 146: Lic Os Ancares- O Courel

Avesedo de Donís (Cervantes).

Page 147: Lic Os Ancares- O Courel

TEIXO(Taxus Bacata)

-Devesa da Escrita (Folgoso do Courel). Varios exemplares de ata 4,6 m de perímetro.-Fraga da Cabanavella (Cervantes). Varios exemplares de ata 2,8 m de perímetro.

Teixo dos Sete Homes. Devesa da Escrita (Paderne, Folgoso do Courel) -4,6 m de perímetro.

Page 148: Lic Os Ancares- O Courel

Donicela (Mustela nivalis)

FAUNAA Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo, entre as que destaca o oso pardo, o pito negro, a lebre de piornal, o bufo real, a charrela..

MAMÍFEROS:Lobo, raposo, gato bravo, algaria, martaraña, garduña, armiño, donicela, lontra, teixugo, porco bravo, corzo, rebezo, ourizo cacho, toupa cega, rato de almizcle, furafolla (grande, ibérico e pequeño), murgaño patibranco, leirón rilón, corta rubia, trilladeira nival, rato mouro, lebre, esquio, morcego pequeño de ferradura, morcego mediterráneo de ferradura, morcego grande de ferradura, morcego de orellas fendidas, morcego rateiro grande, morcego común, morcego orelludo meridional, morcego orelludo común, morcego das covas...

Xabarín (Sus scrofa)

Page 149: Lic Os Ancares- O Courel

AVES: Miñato queimado, aguia albela, gatafornela, azor, gabián, miñato común, aguia real, falcón pequeno, lagarteiro peneireiro, bufo (real e pequeno), moucho común, avelaiona, curuxa común, pombo torcaz, pomba zura, avenoiteira cincenta, bubela común, laverca, cotovía (pequena e dos camiños), andoriña (dos penedos, de cu branco), pica patinegra montesa, merlo rieiro, martiño peixeiro, picanzo (vermello e real, perdiz (rubia e charrela), papuxas, picafollas, ferreiriños, escribentas, papamoscas, choias...

Aguia real (Aquila chrysaetos) Tordo (Turdus philomelos)

Page 150: Lic Os Ancares- O Courel

Víbora de Seoane (Vipera seoanei)

RÉPTILES:Lagarto arnao, lagarto das silvas, lagartixa da serra, lagartixa da braña, lagartixa dos penedos, lagartixa galega, esgonzo común, escáncer común, cobregón, serpe riscada, cobra lagarteira meridional, cobra lagarteira común, cobra de colar, cobra viperina, víbora de Seoane...

Lagarta da serra (Iberolacerta monticola)

Page 151: Lic Os Ancares- O Courel

Rá patilonga (Rana iberica) Sapo común (Bufo bufo)

ANFIBIOS:Ra vermella, ra patilonga, pintafontes común, pintafontes palmado, pintafontes verde, píntega común, saramaganta, sapiño comadrón, sapiño pintoxo, sapo común, sapo corriqueiro...

Page 152: Lic Os Ancares- O Courel

Abellon sobre flores de Eryngium duriaei.

INSECTOSAparecen especies de bolboretas raras en Galiza: Plebejus thersites, Parnassius apollo asturiensis, Lycaena hippothoe.

Page 153: Lic Os Ancares- O Courel

Bolboreta medio luto (Melanargia lachesis).

Cicindela campestris. Este chamativo escarabello é un carnívoro que caza, á carreira, arañas e larvas de insectos.

Bolboreta (Procris statices)

Page 154: Lic Os Ancares- O Courel

Bolboreta (Anthocharis cardamines), femia e macho

Page 155: Lic Os Ancares- O Courel

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEInvertebradosAustropotamobius pallipesCerambyx cerdoLucanus cervusEuphydryas auriniaElona quimperianaGeomalacus maculosusMargaritifera margaritiferaPeixesChondrostoma polylepisRutilus arcasiiAnfibiosChioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoiRéptilesLacerta monticolaLacerta schreiberiMamíferosBarbastella barbastellusGalemys pyrenaicusLutra lutraMiniopterus schreibersiiMyotis emarginatusMyotis myotisRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposiderosUrsus arctos

Caracol (Elona quimperiana)

Lesma (Geomalacus maculosus)

Page 156: Lic Os Ancares- O Courel

ACTIVIDADESAgricultura, gandaría, actividades forestais, apicultura, mineiría (explotacións de lousa e calcárias), turismo...

Page 157: Lic Os Ancares- O Courel

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALEstas serras están habitadas desde tempos moi antigos como o atestiguan petroglifos, mámoas, castros e outros achádegos arqueolóxicos. Na Cova do Uro (entre Pedrfita do Cebreiro e Folgoso do Courel) atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o país.

Castro da Torre (O Courel)

Castro de Santa María (Cervantes)

Page 158: Lic Os Ancares- O Courel

A zona tivo intensa actividade mineira: ouro e ferro nos tempos dos romanos, antimonio (Vilarbacú, que pechou en 1947), chumbo e cinc (no Cebreiro, que pechou na década de 1980), e siderúrxica a partir do XVI,do que das mostra as abundantes ferrerías hidráulicas.

Vilarbacú

A Toca. Antiga explotación romana de ouro no Courel.

Page 159: Lic Os Ancares- O Courel

De todas as épocas consérvase un rico patrimonio histórico-artístico (castros, petróglifos, igrexas, pontes, pazos, castelos...) e etnográfico (núcleos de poboación, pallozas, hórreos, pontellas, muíños, mazos, ferrerías, fornos de cal, ouriceiras, albarizas, aparellos...)

Igrexa de Donís(Cervantes)

Hórreo en Piornedo.

Igrexa de Santa María a Real, no Cebreiro. Formou parte dun mosteiro fundado no século IX que tivo gran importancia como institución hospitalaria no Camiño Francés da Ruta Xacobea. O edificio do antigo hospital está convertido en hospedería.

Page 160: Lic Os Ancares- O Courel

Cabanas na Alzada de Pan de Zarco. As Alzadas eran lugares de pastoreo no verán. As cabanas estaban acondicionadas para residir na tempada de verán mentres se coidaba do gando na montaña. Son comuns nos Ancares.

Page 161: Lic Os Ancares- O Courel

Antigo forno de cal en Cereixido. Nestes fornos calcinábase a rocha calcária a altas temperaturas para convertela en cal. Durante 60 horas queimábanse queirogas e toxos. Unha fornada podia levar ata 50 carros de combustible.

Outeiro (O Courel)

Visuña (O Courel)

Page 162: Lic Os Ancares- O Courel

Os habitantes dos Ancares conservaron unha forma de vida tradicional e unha arquitectura herdada da cultura castrexa, considerada a máis antiga de Galiza e unha das máis antigas de Europa.

Page 163: Lic Os Ancares- O Courel

A palloza é unha construción propia da alta montaña luguesa. Hoxe consérvanse algunhas nos Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A Fonsagrada ata a serra do Courel.É un tipo de vivenda moi primitiva tanto na súa forma como nas súas estruturas. É unha unidade na que se integra a vivenda e todas as dependencias necesarias nunha casa agro-gandeira: corte, forno, almacén...

AS PALLOZAS

Palloza no Cebreiro.

Page 164: Lic Os Ancares- O Courel

A planta pode ser redonda, elíptica, oval, rectangular-redondeada... A construción está realizada cos materiais da contorna aplicando técnicas elementais. Nas paredes úsase xisto e pedra de gran. Madeira de castiñeiro ou de carballo para vigas e soportes e palla centea para a cuberta.Os ocos son reducidos e escasos para evitar perdas de calor. O interior está dividido en dúas partes por unha parede que separa a zona do gando (estravariza) da das persoas. Enriba da estrabariza hai unha división horizontal (barra) que serve de almacén de herba e palla para o inverno, e como dormitorio no verán. O piso é terreo agás na zona da lareira que vai enlousado. Nalgúns casos constrúense tabiques de madeira para delimitar un cuarto de durmir.A altura do cume serve para darlle inclinanción á cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir que o fume se eleve.A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para protexerse dos ventos e íllase da humidade cun rego ou canle (viela) pola que escoa a auga ou a neve.

Page 165: Lic Os Ancares- O Courel

Interior dunha palloza-museo no Cebreiro

Interior dunha palloza-museo en Piornedo.

Palloza en Piornedo.

Page 166: Lic Os Ancares- O Courel

Pallozas en Piornedo (arredor de 1977). O arquitecto Pedro de Llano catalogou no ano 1984, 300 pallozas nos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro, das que 50 estaban habitadas e o resto dedicadas a cortes ou palleiras.

Page 167: Lic Os Ancares- O Courel

ESPAZOS PROTEXIDOSRESERVA DA BIOSFERA OS ANCARES LUCENSES53.664 ha nos concellos de Navia de Suarna, Cervantes e Becerreá cunha poboacións duns 4.900 habitantes.Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña de relevo accidentado con son áreas habitadas desde a prehistoria como o atestiguan os numerosos restos arqueolóxicos atopados. Na actualidade conserva importantes valores naturais e culturais.

Page 168: Lic Os Ancares- O Courel

ZEPA OS ANCARESUn espazo protexido de 12.656 ha en terreos de Cervantes e Navia de Suarna que se corresponde parcialmente tamén coa IBA 009 “Serra dos Ancares”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012). A grande riqueza de aves de diferentes hábitats, tanto sedentarias como migratorias, motivou esta declaración.

Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax).

Voutres (Gyps fulvus)

Page 169: Lic Os Ancares- O Courel

MONUMENTO NATURAL “PREGAMENTO XEOLÓXIO DE CAMPODOLA-LEIXAZÓS”Está situado sobre o val do río Ferreiriño en fronte dos núcleos de Campodola e Leixazós (Quiroga). Mide máis de 2 km e está formado por capas de xistos e cuarcitas. É un exemplo típico dun pregamento tombado. Un sinclinal, un pregamento de forma cóncava na que o eixe de flexión foi orixinalmente vertical. As capas que o compoñen conteñen distintos minerais de períodos xeolóxicos distintos, destacan en cor crara as cuarcitas (478-488 millóns de anos) sobre as zonas escuras con vexetación formadas por lousas (458-478 millóns de anos). Enriba existiu outro gran pregamento orientado en dirección inversa, un anticlinal, que desapareceu a causa da erosión. Vese desde a estrada de Quiroga a a Seoane onde hai un miradoiro e unha área de interpretación.

Page 170: Lic Os Ancares- O Courel

PUNTOS DE INTERESEBECERREÁ •Río Navia

Muíño no río Ferreria (afluente do Narón) en Becerreá.

Page 171: Lic Os Ancares- O Courel

Piornedo

CERVANTES•Piornedo: núcleo tradicional: pallozas, hórreos...•Museo dos Ancares (Cervantes)•Castelos de Doiras e Quindous•Castro de Santa María•Igrexas: Donís, Piornedo, Dorna, •Fervenzas: río Ortigal, río Piornedo, As Pontes•Serra dos Ancares: vales glaciares do Ortigal (Tres Bispos), Piornedo, cumes do Mostallar, Penarrubia...•Abesedo de Cereixedo ou de Donís•Fraga da Cabanavella•Carballos, acivros e bidueiros: Abesedo de Donís, Cabana Vella•Faial de Pintinidoira.

Page 172: Lic Os Ancares- O Courel

Pena Redonda

O INCIO•Pena Redonda •Pena dos Catro Cabaleiros

Page 173: Lic Os Ancares- O Courel

Seceda

FOLGOSO DO COUREL •Minas: A Toca, Torubio Oeste e Torubio Leste, Romeor•Bosques: Romeor, O Faro, Fonteformosa (faias), O Sixto, Liñares, Riocereixa, aciñeiral de Campelo; devesas da Rogueira, A Escrita, O Cervo... •Formacións calcárias: Taro Branco•Ferrería de Seoane•Seceda, aldea declarada “adea típica e conxunto etnográfico de interese turístico” Decreto 201/1997 do 3 de xullo.)•Castros: A Torre, Brigo•Soutos: Miraz, Vilar, Ferramulín, Outeiro...•Museos: Vilar

Page 174: Lic Os Ancares- O Courel

Castelo da Pobra de Navia

NAVIA DE SUARNA•Pobra de Navia: castelo, ponte medieval•Rao: souto da Saencia, miradoiro•Penedo de Murias•Brañas de Pan de Zarco•Canón do Rao•Fervenzas: pesqueira de Lastroa (Rao)

Page 175: Lic Os Ancares- O Courel

Torre de Doncos, á beira do río Navia

AS NOGAIS•Torre de Doncos•Área recreativa do río Navia•Serra da Escrita

Page 176: Lic Os Ancares- O Courel

Palloza no Cebreiro

PEDRAFITA DO CEBREIRO•O Cebreiro: Igrexa de Santa María, pallozas•Igrexa de Hospital•Devesas de Zanfoga, Riocereixa, Brañas,... Faiais de Liñares. Sixto, Fonteformosa...•Fervenza de Pontalor no rego de Vilela•Monte do Murallón (vistas panorámicas)•Pozo do Lago

Igrexa de Hospital

Page 177: Lic Os Ancares- O Courel

Albarizas na serra da Trapa

A POBRA DE BROLLÓN•Monte Legua•Mesa dos Catro Cabaleiros

Page 178: Lic Os Ancares- O Courel

QUIROGA•Pregamento de Campodola e Leixazóz (miradoiro e área de interpretación)•Río Quiroga, pincheiras: A Pedriña (Cruz de Outeiro), A Ola (Besaredonda).•Río Soldón, pincheiras: Rego de Montouto, Rinán, Caroceiro, Cereixido, canón do Fiais…•Río Selmo, pincheiras: Vieiros, Fócaro, A Seara, Cavorco da Fervenza Grande, Ferramulín...•Núcleos tardicionais: A Seara, Outeiro...•Lagoa de Lucenza•Vilarbacú (antigas explotacións mineiras)•O Mazo, ferrería de Rugando•Miradoiro de Bustelo•Fornos de Cal de Cereixido

Outeiro

A Seara

Page 179: Lic Os Ancares- O Courel

O Sil en Ribas de Sil, fronte a Augasmestas

RIBAS DO SIL•Canón do sil•Soutos e carballeiras na beira do Sil

Page 180: Lic Os Ancares- O Courel

O Lóuzara en Gundriz

SAMOS•Gundriz: fervenza e mazo•Santalla: fervenzas e cova•Serra do Oribio

Page 181: Lic Os Ancares- O Courel

Fragas na aba norte do Oribio

TRIACASTELA•Río Oribio•Fragas do Oribio

Page 182: Lic Os Ancares- O Courel

PROBLEMAS-Abandono do medio rural-Incendios forestais-Repoboacións con especies alóctonas...-Apertura de pistas-Explotacións mineiras-Presión turística-Furtivismo

O Lor en Augasmestas co encoro baleiro.

Louseiras no Courel

Page 183: Lic Os Ancares- O Courel

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaDebuxos: Mon Daporta

Setembro 2016